SlideShare a Scribd company logo
1 of 28
Download to read offline
LETLETRAS GALEGAS 20RAS GALEGAS 201919
nacementonacemento
O día dos Inocentes de 1905 nace
Antonio Fraguas.
A Insuela de Cotobade en que eu
nacín... era unha aldea con máis vacas
que veciños. Agora veciños quedan
moi poucos, e vacas, ningunha.
Son fillo de solteira. Pero un fillo de
solteira un tanto especial, porque
deixei de selo cando tiña sete anos.
Ata entón non coñecín o meu pai,
emigrado no Brasil, e foi a miña nai
quen me forneceu de todo o que un
neno precisa: atención, aprecio,
educación, compañía... e un lapote de
cando en vez...
unha segunda naiunha segunda nai
O neno aprende moito con “mamá Antonia”.
A miña nai [tamén] é Mamá Antonia...
Mamá Antonia nunca fora á escola, e o único
que sabía de letras e de números era o que
fora aprendendo en por ela nos mercados e
nas feiras en que traballaba desde nena. Pero
o seu enxeño natural compensaba a falta de
escola, e a súa axilidade para o cálculo era tal
que acababa ela máis rápido facendo as
contas de cabeza que calquera de nós con
lapis e papel.
Sempre tiña un truco para me axudar a
entender e gardar na cabeza todo o que a miña
nai me ensinaba...
... Así que ata os sete anos non tiven pai, pero
tiven dúas nais.
primeira escola e chegada do paiprimeira escola e chegada do pai
En 1910 comeza na escola da súa
aldea.
As únicas cousas que me explicou
[o mestre] foron dúas verbas, que
“torto” era que lle faltaba un ollo e
que “afónico” era o que lle faltaba a
palabra, é dicir, que non podía falar.
Nunca collín na man unha tiza; vin
unha cousa branca que lle deron
unha vez a un rapaz porque foi o
inspector da escola...
...O que aprendín ben foi a ler.
En 1912 regresa de Brasil o seu pai
que casa e recoñece ao fillo.
unha escola diferenteunha escola diferente
En 1918 pasa unha tempada na
escola de Famelga, este mestre
marcará o seu futuro.
“Era unha marabilla escoitar falar
aquel home. Non se conformaba
con dar a lección de corrido,
sempre tiña tempo para explicar
os motivos, as razóns, o porqué
de cada cousa...
...non só quería que don Antonio
fose o meu mestre, senón que eu
algún día quería ser un mestre
como don Antonio...
na Boa Vilana Boa Vila
...Era a primeira vez que saía da miña
aldea de Insuela, e aínda que Pontevedra
non é grande, a min parecíame a cidade
máis populosa do mundo...
...Cando cheguei a Pontevedra para
matricularme no Instituto, chamábanme
“o da aldea”. Case todos eran da cidade,
e para eles resultaba estraño que un
rapaz coma min, procedente dese
mundo para eles descoñecido, fose
compañeiro seu de estudos. Algúns
preguntábanme como era a vida no sitio
de onde eu viña...
Eu, claro, era “un da aldea”, un da aldea
que non sabía falar castelán, e tiven que
aprender ben o castelán...
con bos mestres e amigoscon bos mestres e amigos
Entre 1919 e 1924 estuda bacharelato
tendo mestres como Castelao e Losada
Diéguez e amigos como Sebastián
González García-Paz ou Luís Bouza.
En 1923 forma parte da Sociedade da
Lingua.
... Xurdiu así una pequena sociedade
que chamamos: Sociedade da Lingua...
Tiñamos como temas de estudo facer
un Dicionario Galego, estudar os
brasóns pontevedreses e facer un
estudio da economía das repoboacións
forestais feitas polos veciños das
parroquias e lugares campesíos de
Galicia
en Compostelaen Compostela
Desde o curso 1924-25 é un brillante
alumno (oito matrículas de honra) na
Facultade de Filosofía e Letras da
Universidade compostelá,
Publica os seus primeiros artigos, en
castelán no xornal El Pueblo Gallego
(8/10/1927: "Compostela al día. Un
artista olvidado", sobre o escultor Uxío
Souto e a súa Druidesa) e xa en 1929 en
A Nosa Terra "Unha serán na catedral"
en galego.
soldado da terra naisoldado da terra nai
No bienio 1926-28 cumpre o servizo militar
en Compostela e imparte clases como
profesor auxiliar na Facultade de Filosofía e
Letras (ata 1933)
A finais de 1927 é proposto para o
Seminario de Estudos Galegos (SEG) onde
ingresa como numerario ao ano seguinte co
estudo "O castro de Soutolongo (Lalín)".
Participa en varias xeiras ou traballos de
campo do SEG como os de Terra de Melide
e Terra de Deza. É secretario de actas e
bibliotecario do citado Seminario.
voda dun locutorvoda dun locutor
En 1932 participa en Radio Galicia como unha das voces
pioneiras no uso do galego na radio.
O 16 de xullo deste mesmo ano casa en Valga con Teresa
Martínez Magariños.
...Teresa foi a miña compañeira durante máis de setenta
anos, e sen o seu apoio permanente non sei eu o que sería
de min. Non só aturou o meu compromiso permanente
con Galicia e a súa cultura, sacándolle horas ao noso
descanso e ao noso tempo xuntos, senón que foi o meu
apoio nos momentos difíciles que vivimos, especialmente
durante a guerra civil e os anos posteriores...
...Non puiden encontrar ninguén mellor para compartir o
meu paso polo mundo...
un profesor galeguista en A Estradaun profesor galeguista en A Estrada
En novembro de 1933, coas oposicións aprobadas,
incorporase ao claustro do Instituto de A Estrada. Un
profesor comprometido cos novos métodos de ensino e coa
causa galeguista, chegando a ser en 1936 candidato á
alcaldía de A Estrada e participando en mitins a prol do
Estatuto de autonomía.
...A Estrada, cando eu cheguei alí no ano 1933, era un
ermo, pero asemade unha vila desexosa de formar parte
daquel novo tempo que supuxo a República. Todos os
proxectos que puxen en marcha, desde o museo á
biblioteca, foron acollidos con entusiasmo polos veciños,
que os fixeron seus e que os converteron no centro da vida
cultural daquela localidade buliciosa e con gran tradición
literaria...
a hecatombea hecatombe
En maio de 1937 a Comisión de Depuración de Enseñanza de Pontevedra
ordena a separación definitiva do ensino público do profesor A. Fraguas.
E chegou a denuncia de que era comunista perigoso e, no acto suspendéronme
...En 1936 todo quedou cernado de raíz... a min salvoume a vida o aprecio dos
veciños da Estrada e a proximidade a miña casa natal de Insuela, onde me
tiven que agochar durante meses para non ser vítima do odio que se
desencadeou...
...Eu funme zafando, pero durante anos espertei con medo de que me viñesen
buscar para unha camiñada polo monte, de ida pero sen volta. Xa nada volveu
ser igual.
Eu era profesor de Xeografía e Historia no Instituto da Estrada, e co grupo
galeguista da vila fixeramos a campaña do Estatuto. Ó se producir o
alzamento viñeron uns falanxistas de fóra e con varios mozos, algúns deles ex-
alumnos meus, organizaron a represión. Primeiro déronnos o ricino e logo
mandáronnos borrar con cepillos e sosa viva todas as pintadas de ESTATUTO
SI, que fixeramos no chan, arredor da fonte e noutros lugares concorridos. Os
rapaces da vila, por me favorecer, na vez do cepillo e a sosa metéronme nas
mans unha bandeira, que sería a falanxista, digo eu. Tiñamos que ir cantando
o Cara al Sol, pero eu non o sabía, trabucábame e díxome un deles: “Non
cante, don Antonio, no cante, deixe”
a longa noite de pedraa longa noite de pedra
Na Compostela da inmediata posguerra imparte
clases na academia Menéndez y Pelayo, da que
consta como director un crego, e tamén algunhas
como profesor encargado na Universidade, mentres
aproveita o resto do tempo para redactar a tese de
doutoramento, que defenderá na Universidade de
Madrid a mediados de 1948.
...eu acoplárame a un crego que era licenciado en
Filosofía e Letras... Eu non podía dar clase, podía
dar clase clandestinamente, a min estábame
prohibido dar clase... Veu cinco ou seis veces a
policía a ver se eu era dono de non sei que cousas...
A academia estivo alí [Algalia de Abaixo] ata que eu
saín catedrático, e incluso un tempo máis.
o herdeiro de Castelao na RAGo herdeiro de Castelao na RAG
A Real Academia Galega acorda nomealo membro correspondente
a finais de 1942, e de número o 19 de abril de 1951, para ocupar a
cadeira de Castelao. O discurso de ingreso, “Coplas que se
cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade”, leuno o 8 de maio
de 1956; nel comeza facendo unha loanza do seu antecesor na
cadeira e mestre:
...Veño a ocupar un lugar que quedou baleiro... o amigo Daniel,
o médico que por non poder varrer a morte do leito dos enfermos
non quixo exercer a medicina. Quizais fora mellor deixar
vacante o seu posto deica que outro artista como el ou Rosalía,
as dúas representacións de Galicia máis sinceras e acabadas,
viñera ocupar esta cadeira. Non debera ser eu o destinado que
son home de poucas letras e a quen a arte lle foxe como foxe o
vento que canta nas ripas dunha cancela. Veño pro sitio dun
home cuxo nome leva unha proxección universal de sincera
grandeza e popularidade...
no Instituto “Padre Sarmiento”no Instituto “Padre Sarmiento”
Cando en 1944 o Instituto Padre Sarmiento de
Estudios Gallegos ven a cubrir o baleiro
deixado polo desaparecido SEG, ocúpase da
biblioteca e da coordinación da sección de
Etnografía e Folclore, é comisario de varias
exposicións á vez que colaborador da revista
Cuadernos de Estudios Galegos -na que entre
1946 e 1975 insire 13 artigos- e publica tamén
dous libros (Historia del Colegio de Fonseca e
Los colegiales de Fonseca)
...a min nomeáronme en seguida para coidar
dos libros... E alí, de noite, eu fun catalogando
todo o que había;
en Lugoen Lugo
Oposita de novo a cátedras de instituto, pero fracasa varias veces polos antecedentes políticos,
como lle di un dos membros do xurado.
...díxome o director do Instituto San Isidro: “A usted le ha hundido la política. El tribunal le
respeta a usted muchísimo, tiene a usted en gran consideración, pero la política no le dejó ser
[catedrático de instituto]
Por fin aproba en 1950 e é destinado ao Instituto de Lugo:
Os meus anos en Lugo foron como unha explosión de felicidade tras o tempos amargos que me
tocou vivir...
Lugo para min significou o mesmo que para Frei Luís o de “Diciamos onte”: A liberdade. Foi a
volta á miña vida académica, por iso nunca poderei esquecer Lugo.
...Para un profesor coma min, que gusta de explicar as cousas sobre o terreo, dar clase en Lugo
foi un regalo formidable que non quixen desaproveitar...
de novo Compostelade novo Compostela
En 1959 torna a Compostela como profesor do
Instituto Rosalía de Castro, do que será xefe de estudos
e vicesecretario, ao tempo que imparte algunhas clases
na Facultade de Filosofía e Letras, ata que se xubila o
28 de decembro de 1975.
Eu non fixen máis que cumprir cunha obriga, a
obriga de ensinar, principalmente de ensinar a
aprender e de fortalecer a personalidade.
o Museo do Pobo Galego: un devezo cumpridoo Museo do Pobo Galego: un devezo cumprido
O 24 de xaneiro de 1976 asiste á primeira
xuntanza para a creación dun museo
galego de antropoloxía, que se
denominará Museo do Pobo Galego.
...do [proxecto] que estou máis orgulloso
é do que deu como resultado a creación
do Museo do Pobo Galego. Penso que
Galicia tiña necesidade dun espazo así,
para ensinarlles a propios e foráneos a
súa esencia como comunidade de seu,
construída paseniño ao longo da historia.
unha vasta bibliografíaunha vasta bibliografía
Antonio Fraguas é autor de múltiples
publicacións en diversos ámbitos: xeografía,
historia, biografía, antropoloxía, etnografía,
folclore...
Unha das súas permanentes teimas foi o estudo
e divulgación da cultura popular galega nas súas
múltiples manifestacións: os xogos infantís, o
lobo, o Nadal e os Reis, a familia, a vendima, os
maios, o San Xoán, a Pascua, o magosto, as
xaneiras, os fiadeiros, as palilladas, os muíños e
as muiñadas, a emigración, o mundo do mar, os
refráns, os curandeiros, o ciclo dos cultivos, o
demo e os lobishomes, os cemiterios…
profeta na súa terraprofeta na súa terra
Foi distinguido con múltiples premios e nomeamentos: Pedrón de
Ouro, premio Trasalba, medalla Castelao, premio de Investigación
da Xunta de Galicia, Cronista Xeral de Galicia (1992), premio das
Letras e das Artes da Xunta de Galicia; Lugo, Melide e Santiago
de Compostela danlle o seu nome a unha rúa etc... distincións que
sempre acolleu con moita humildade:
Vaia o meu fondo... sentimento de agradecemento pero reparen
en que eu non son merecente de semellante lembranza... porque
eu non fixen máis que cumprir cunha obriga, a obriga de
ensinar, principalmente de ensinar a aprender e de fortalecer a
personalidade (agradecemento cando lle dedicaron unha rúa en
Compostela)
os que acordaron darlle o meu nome nada podían esperar de
min, porque non son un político, nin son nada, non máis que un
pobre profesor xubilado (cando lle dedicaron unha rúa en Lugo)
paixón polos librospaixón polos libros
Máis de trece mil títulos forman a súa
biblioteca privada que cede ao Museo do
Pobo Galego o 17 de decembro de 1994 ao
tempo que escribe no libro de ouro do Museo:
No día que deixamos o noso "tesouro", a
sinxela biblioteca co pensamento na nosa
terra e na nosa cultura.
A nosa biblioteca é o legado que lles
deixamos aos que veñan detrás, e aínda que
non tivemos fillos, cada un dos libros que
fomos atesourando foi unha pequena
criatura que nos acompañou silandeira ao
longo das nosas vidas.
adeús a compañeira de toda a vidaadeús a compañeira de toda a vida
O 29 de marzo de 1996 falece dona
Teresa, coa que casara en 1932. Unha
muller que
máis dunha vez disimulou que eu
comprase algún libro para a nosa
biblioteca, sabedora da ilusión que
me facía algún volume detrás do que
levaba moito tempo cobizoso, e iso
aínda que os cartos fixesen falta para
cuestións máis importantes, como o
propio sustento diario.
pasamentopasamento
O 5 de novembro de 1999 Antonio Fraguas morre
en Santiago de Compostela. Os seus restos
repousan á entrada do cemiterio compostelán de
Boisaca, entre Aurelio Aguirre, Valle-Inclán e,
dende o 5 de xaneiro de 2012, tamén a carón do
seu amigo Díaz Pardo.
O século que agora rematamos ten que gravar en
todas as pedras de Compostela o talante
simpático, tenro, firme e (malia o seu arrandear
de paisano crebado pola querencia da terra e do
po bíblico) seguro deste noso don Antón. Deste
don Antón, O Noso que se nos foi onte
silandeiramente.
(Anxo Tarrío, “Don Antón, o Noso” in O Correo
Galego, 6/11/1999)
o seu Día das Letraso seu Día das Letras
O 7 de xullo de 2018 a Real Academia
Galega, decidiu que Fraguas sería o
escritor homenaxeado o Día das Letras
Galegas do ano 2019, coincidindo co
vixésimo aniversario do seu pasamento.
...A Fermín [Bouza Brey, colega seu do
SEG e xuíz na Estrada] dedicáronlle o
Día das Letras Galegas en 1992. Quen
me dera que algún ano mo dedicasen
a min tamén. Aínda que eu xa non o
verei...
o ano Fraguaso ano Fraguas
Neste 2019 son moitas as iniciativas que teñen
como centro a vida e obra de Antonio Fraguas:
primavera das letras, exposición itinerante
"Antonio Fraguas, memoria dun soño", traballos
de centros escolares,...
O 17 de maio a RAG tributará homenaxe a
Antonio “o da aldea” celebrando xuntanza en
Famelga, ao pé da escola onde outro Antonio
(mestre de Famelga) engaiolou e marcou o camiño
do noso Antonio.
E seguirán os actos...
Oxalá, pasados os fastos deste 2019, non quede no
esquecemento o legado deste galego bo e
xeneroso ao que os seus alumnos canonizaron
como “San Fraguas”
A cidade de Tui ten dous motivos xeográficos como cuarteis de senlleiro brasón: o río Miño e o
monte Aloia. Forma un conxunto monumental que comenza na Santa Igrexa Catedral e remata
nas mansións campesiñas extramuros da cidade. Na súa historia hai afastadas raíces, moitas aínda
descoñecidas na sombra da incertidume e a hipótese, máis ou menos lexendaria, de que un día se
poida mostrar a testemuña fidelísima que nos diga o nome dos históricos que tiveron a idea de
erguer en Tui a súa morada.
Pero se a historia da cidade ten lenda, tamén a ten o monte Aloia ou monte de San Xulián. É un
dos mellores miradores de Galicia. Dende o seu cume enxérganse Vigo, as illas Cíes, as Estelas de
Baiona, o pazo de Monterreal, o Pico de Santa Tegra, Caminha e as vilas do norte de Portugal, e a
liña do Miño deica Salvaterra.
No cume está a capela de San Xulián, levantada na explanada, e logo a cruz monumental, que lle
pon remate. Aquí celébrase unha gran romaría adicada ó titular do monte. Conta a tradición que
no momento de ocorrer a invasión musulmá en España, os tudenses fuxiron para os montes e
levaron para o Aloia “el cuerpo y reliquias del Mártir San Xulián”, segundo refire Ávila y
Lacueva... O monte está, segundo as lendas xeográficas, cheo de reliquias de santos enterrados alí.
E aínda chega unha crenza de santidade ó supor que San Xulián sufriu martirio no mesmo
monte...
"San Xulián do Monte Aloia" in Romarías e Santuarios, Galaxia, Vigo, 1989 (2ª), pp. 363-5
coda: un texto de Fraguas sobre Tuicoda: un texto de Fraguas sobre Tui
créditoscréditos
AA. VV., AA. VV., Antonio Fraguas Fraguas, 1905-1999. Un homeAntonio Fraguas Fraguas, 1905-1999. Un home
que traballou sempre por e pra Galicia. Ofrenda no seuque traballou sempre por e pra Galicia. Ofrenda no seu
CentenarioCentenario, Xunta de Galicia-Fundación Antonio Fraguas-, Xunta de Galicia-Fundación Antonio Fraguas-
Museo do Pobo Galego, 2006,  267 pp.Museo do Pobo Galego, 2006,  267 pp.
AA. VV., AA. VV., Coñecendo a Antonio Fraguas. Roteiros LiterariosCoñecendo a Antonio Fraguas. Roteiros Literarios,,
Hércules de Ediciones, A Coruña, 2019, 93 pp.Hércules de Ediciones, A Coruña, 2019, 93 pp.
AA. VV., AA. VV., O Instituto Rosalía de Castro e o Colexio SanO Instituto Rosalía de Castro e o Colexio San
ClementeClemente, Xunta de Galicia-Concello de Santiago, 2012,, Xunta de Galicia-Concello de Santiago, 2012,
pp. 129-138pp. 129-138
CAJARAVILLE, Héctor, CAJARAVILLE, Héctor, Antonio .. O bo mestre, o mestreAntonio .. O bo mestre, o mestre
bobo, Xerais, Vigo, 2019, 108 pp. , Xerais, Vigo, 2019, 108 pp. 
FRAGUAS, Antonio, FRAGUAS, Antonio, As cousas de Antonio de InsuelaAs cousas de Antonio de Insuela,,
Editorial Compostela-Edicións O Correo Galego, Santiago,Editorial Compostela-Edicións O Correo Galego, Santiago,
1996, 96 pp.1996, 96 pp.
FRAGUAS, Antonio, FRAGUAS, Antonio, Do tempo e dos astrosDo tempo e dos astros, Galaxia, Vigo,, Galaxia, Vigo,
2019, 56 pp. 2019, 56 pp. 
FRAGUAS, Antonio, FRAGUAS, Antonio, Romarías e santuariosRomarías e santuarios, Galaxia, Vigo,, Galaxia, Vigo,
19881988
VILLANUEVA GESTEIRA, Malores, VILLANUEVA GESTEIRA, Malores, Antonio Fraguas.Antonio Fraguas.
Mestre da memoriaMestre da memoria, Galaxia, Vigo, 2019, 196 pp. , Galaxia, Vigo, 2019, 196 pp. 
https://academia.gal/letras-actual
https://gl.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%B3n_Fraguas
http://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2019/
http://www.lingua.gal/letras-galegas/_/contido_0057/
2019-antonio-fraguas-fraguas
https://www.tabeirosmontes.com/a-interrupcioacuten-
traacutexica-do-galeguismo.html
https://emigracion.xunta.gal/es/conociendo-galicia/apr
ende/entrevista/anton-fraguas-fraguas
https://fraguasenlugo.org/
17 MAIO 201917 MAIO 2019

More Related Content

What's hot

04 Carlos casares como profesor
04 Carlos casares como profesor04 Carlos casares como profesor
04 Carlos casares como profesoriescc
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivastudense
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeAsnosasletras
 
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e XuvenilLetras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e XuvenilBibliotecadicoruna
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Roteiro Cultural Oleiros 2014
Roteiro Cultural Oleiros 2014Roteiro Cultural Oleiros 2014
Roteiro Cultural Oleiros 2014Xenza
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsBibliotecaRevoltas
 

What's hot (20)

Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
04 Carlos casares como profesor
04 Carlos casares como profesor04 Carlos casares como profesor
04 Carlos casares como profesor
 
Luz Pozo Garza
Luz Pozo GarzaLuz Pozo Garza
Luz Pozo Garza
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e XuvenilLetras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Roteiro Cultural Oleiros 2014
Roteiro Cultural Oleiros 2014Roteiro Cultural Oleiros 2014
Roteiro Cultural Oleiros 2014
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Pepe carreiro
Pepe carreiroPepe carreiro
Pepe carreiro
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 

Similar to Fraguas en 25 diapositivas

Anton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalAnton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalNoeliaVentosinosBast
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Marlou
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezRomán Landín
 
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezUnidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezRomán Landín
 
Letras Galegas 2014. Ceip de Arzúa
Letras Galegas 2014.  Ceip de ArzúaLetras Galegas 2014.  Ceip de Arzúa
Letras Galegas 2014. Ceip de Arzúarociofernandezfer
 
Xosé Filgueira Valverde
Xosé Filgueira ValverdeXosé Filgueira Valverde
Xosé Filgueira Valverdebiblionova
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obramonadela
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorearcalcetin5
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósMaraFont
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorearcalcetin5
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da mullerunriodeverbas
 

Similar to Fraguas en 25 diapositivas (20)

Anton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universalAnton fraguas do local ao universal
Anton fraguas do local ao universal
 
Diaz Castro
Diaz CastroDiaz Castro
Diaz Castro
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez BlázquezUnidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
Unidade Didáctica ÁLvarez Blázquez
 
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez BlázquezUnidade didáctica Álvarez Blázquez
Unidade didáctica Álvarez Blázquez
 
Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 
Letras Galegas 2014. Ceip de Arzúa
Letras Galegas 2014.  Ceip de ArzúaLetras Galegas 2014.  Ceip de Arzúa
Letras Galegas 2014. Ceip de Arzúa
 
Xosé Filgueira Valverde
Xosé Filgueira ValverdeXosé Filgueira Valverde
Xosé Filgueira Valverde
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorear
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorear
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 

More from tudense

Alfabeto biblioteca
Alfabeto bibliotecaAlfabeto biblioteca
Alfabeto bibliotecatudense
 
Carlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudensesCarlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudensestudense
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturatudense
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 
Sétima arte, territorio galego e feminino
Sétima arte,  territorio galego e femininoSétima arte,  territorio galego e feminino
Sétima arte, territorio galego e femininotudense
 
Muller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galegaMuller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galegatudense
 
Muller, territorio da escultura
Muller, territorio da esculturaMuller, territorio da escultura
Muller, territorio da esculturatudense
 
Arte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mulleresArte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mullerestudense
 
Ciencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mulleresCiencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mullerestudense
 
Rosalía nas artes plásticas escultura
Rosalía nas artes plásticas  esculturaRosalía nas artes plásticas  escultura
Rosalía nas artes plásticas esculturatudense
 
Amor, territorio da pintura
Amor, territorio da pinturaAmor, territorio da pintura
Amor, territorio da pinturatudense
 
Amor, territorio da escultura
Amor, territorio da esculturaAmor, territorio da escultura
Amor, territorio da esculturatudense
 
Co p de paz e pintura
Co p de paz e pinturaCo p de paz e pintura
Co p de paz e pinturatudense
 
Estatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidadeEstatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidadetudense
 
Violencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artesViolencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artestudense
 
A morte, territorio das artes
A morte, territorio das artesA morte, territorio das artes
A morte, territorio das artestudense
 
Biblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pinturaBiblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pinturatudense
 
As caras de Manuel María
As caras de Manuel MaríaAs caras de Manuel María
As caras de Manuel Maríatudense
 
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)Presentación sobre dislexia (gabinete graña)
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)tudense
 
Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras xornadas tdah 2015
Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras  xornadas tdah 2015Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras  xornadas tdah 2015
Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras xornadas tdah 2015tudense
 

More from tudense (20)

Alfabeto biblioteca
Alfabeto bibliotecaAlfabeto biblioteca
Alfabeto biblioteca
 
Carlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudensesCarlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudenses
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da escultura
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Sétima arte, territorio galego e feminino
Sétima arte,  territorio galego e femininoSétima arte,  territorio galego e feminino
Sétima arte, territorio galego e feminino
 
Muller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galegaMuller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galega
 
Muller, territorio da escultura
Muller, territorio da esculturaMuller, territorio da escultura
Muller, territorio da escultura
 
Arte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mulleresArte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mulleres
 
Ciencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mulleresCiencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mulleres
 
Rosalía nas artes plásticas escultura
Rosalía nas artes plásticas  esculturaRosalía nas artes plásticas  escultura
Rosalía nas artes plásticas escultura
 
Amor, territorio da pintura
Amor, territorio da pinturaAmor, territorio da pintura
Amor, territorio da pintura
 
Amor, territorio da escultura
Amor, territorio da esculturaAmor, territorio da escultura
Amor, territorio da escultura
 
Co p de paz e pintura
Co p de paz e pinturaCo p de paz e pintura
Co p de paz e pintura
 
Estatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidadeEstatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidade
 
Violencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artesViolencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artes
 
A morte, territorio das artes
A morte, territorio das artesA morte, territorio das artes
A morte, territorio das artes
 
Biblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pinturaBiblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pintura
 
As caras de Manuel María
As caras de Manuel MaríaAs caras de Manuel María
As caras de Manuel María
 
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)Presentación sobre dislexia (gabinete graña)
Presentación sobre dislexia (gabinete graña)
 
Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras xornadas tdah 2015
Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras  xornadas tdah 2015Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras  xornadas tdah 2015
Conferencia 2 0_intervención_bausela herreras xornadas tdah 2015
 

Fraguas en 25 diapositivas

  • 1. LETLETRAS GALEGAS 20RAS GALEGAS 201919
  • 2. nacementonacemento O día dos Inocentes de 1905 nace Antonio Fraguas. A Insuela de Cotobade en que eu nacín... era unha aldea con máis vacas que veciños. Agora veciños quedan moi poucos, e vacas, ningunha. Son fillo de solteira. Pero un fillo de solteira un tanto especial, porque deixei de selo cando tiña sete anos. Ata entón non coñecín o meu pai, emigrado no Brasil, e foi a miña nai quen me forneceu de todo o que un neno precisa: atención, aprecio, educación, compañía... e un lapote de cando en vez...
  • 3. unha segunda naiunha segunda nai O neno aprende moito con “mamá Antonia”. A miña nai [tamén] é Mamá Antonia... Mamá Antonia nunca fora á escola, e o único que sabía de letras e de números era o que fora aprendendo en por ela nos mercados e nas feiras en que traballaba desde nena. Pero o seu enxeño natural compensaba a falta de escola, e a súa axilidade para o cálculo era tal que acababa ela máis rápido facendo as contas de cabeza que calquera de nós con lapis e papel. Sempre tiña un truco para me axudar a entender e gardar na cabeza todo o que a miña nai me ensinaba... ... Así que ata os sete anos non tiven pai, pero tiven dúas nais.
  • 4. primeira escola e chegada do paiprimeira escola e chegada do pai En 1910 comeza na escola da súa aldea. As únicas cousas que me explicou [o mestre] foron dúas verbas, que “torto” era que lle faltaba un ollo e que “afónico” era o que lle faltaba a palabra, é dicir, que non podía falar. Nunca collín na man unha tiza; vin unha cousa branca que lle deron unha vez a un rapaz porque foi o inspector da escola... ...O que aprendín ben foi a ler. En 1912 regresa de Brasil o seu pai que casa e recoñece ao fillo.
  • 5. unha escola diferenteunha escola diferente En 1918 pasa unha tempada na escola de Famelga, este mestre marcará o seu futuro. “Era unha marabilla escoitar falar aquel home. Non se conformaba con dar a lección de corrido, sempre tiña tempo para explicar os motivos, as razóns, o porqué de cada cousa... ...non só quería que don Antonio fose o meu mestre, senón que eu algún día quería ser un mestre como don Antonio...
  • 6. na Boa Vilana Boa Vila ...Era a primeira vez que saía da miña aldea de Insuela, e aínda que Pontevedra non é grande, a min parecíame a cidade máis populosa do mundo... ...Cando cheguei a Pontevedra para matricularme no Instituto, chamábanme “o da aldea”. Case todos eran da cidade, e para eles resultaba estraño que un rapaz coma min, procedente dese mundo para eles descoñecido, fose compañeiro seu de estudos. Algúns preguntábanme como era a vida no sitio de onde eu viña... Eu, claro, era “un da aldea”, un da aldea que non sabía falar castelán, e tiven que aprender ben o castelán...
  • 7. con bos mestres e amigoscon bos mestres e amigos Entre 1919 e 1924 estuda bacharelato tendo mestres como Castelao e Losada Diéguez e amigos como Sebastián González García-Paz ou Luís Bouza. En 1923 forma parte da Sociedade da Lingua. ... Xurdiu así una pequena sociedade que chamamos: Sociedade da Lingua... Tiñamos como temas de estudo facer un Dicionario Galego, estudar os brasóns pontevedreses e facer un estudio da economía das repoboacións forestais feitas polos veciños das parroquias e lugares campesíos de Galicia
  • 8. en Compostelaen Compostela Desde o curso 1924-25 é un brillante alumno (oito matrículas de honra) na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade compostelá, Publica os seus primeiros artigos, en castelán no xornal El Pueblo Gallego (8/10/1927: "Compostela al día. Un artista olvidado", sobre o escultor Uxío Souto e a súa Druidesa) e xa en 1929 en A Nosa Terra "Unha serán na catedral" en galego.
  • 9. soldado da terra naisoldado da terra nai No bienio 1926-28 cumpre o servizo militar en Compostela e imparte clases como profesor auxiliar na Facultade de Filosofía e Letras (ata 1933) A finais de 1927 é proposto para o Seminario de Estudos Galegos (SEG) onde ingresa como numerario ao ano seguinte co estudo "O castro de Soutolongo (Lalín)". Participa en varias xeiras ou traballos de campo do SEG como os de Terra de Melide e Terra de Deza. É secretario de actas e bibliotecario do citado Seminario.
  • 10. voda dun locutorvoda dun locutor En 1932 participa en Radio Galicia como unha das voces pioneiras no uso do galego na radio. O 16 de xullo deste mesmo ano casa en Valga con Teresa Martínez Magariños. ...Teresa foi a miña compañeira durante máis de setenta anos, e sen o seu apoio permanente non sei eu o que sería de min. Non só aturou o meu compromiso permanente con Galicia e a súa cultura, sacándolle horas ao noso descanso e ao noso tempo xuntos, senón que foi o meu apoio nos momentos difíciles que vivimos, especialmente durante a guerra civil e os anos posteriores... ...Non puiden encontrar ninguén mellor para compartir o meu paso polo mundo...
  • 11. un profesor galeguista en A Estradaun profesor galeguista en A Estrada En novembro de 1933, coas oposicións aprobadas, incorporase ao claustro do Instituto de A Estrada. Un profesor comprometido cos novos métodos de ensino e coa causa galeguista, chegando a ser en 1936 candidato á alcaldía de A Estrada e participando en mitins a prol do Estatuto de autonomía. ...A Estrada, cando eu cheguei alí no ano 1933, era un ermo, pero asemade unha vila desexosa de formar parte daquel novo tempo que supuxo a República. Todos os proxectos que puxen en marcha, desde o museo á biblioteca, foron acollidos con entusiasmo polos veciños, que os fixeron seus e que os converteron no centro da vida cultural daquela localidade buliciosa e con gran tradición literaria...
  • 12. a hecatombea hecatombe En maio de 1937 a Comisión de Depuración de Enseñanza de Pontevedra ordena a separación definitiva do ensino público do profesor A. Fraguas. E chegou a denuncia de que era comunista perigoso e, no acto suspendéronme ...En 1936 todo quedou cernado de raíz... a min salvoume a vida o aprecio dos veciños da Estrada e a proximidade a miña casa natal de Insuela, onde me tiven que agochar durante meses para non ser vítima do odio que se desencadeou... ...Eu funme zafando, pero durante anos espertei con medo de que me viñesen buscar para unha camiñada polo monte, de ida pero sen volta. Xa nada volveu ser igual. Eu era profesor de Xeografía e Historia no Instituto da Estrada, e co grupo galeguista da vila fixeramos a campaña do Estatuto. Ó se producir o alzamento viñeron uns falanxistas de fóra e con varios mozos, algúns deles ex- alumnos meus, organizaron a represión. Primeiro déronnos o ricino e logo mandáronnos borrar con cepillos e sosa viva todas as pintadas de ESTATUTO SI, que fixeramos no chan, arredor da fonte e noutros lugares concorridos. Os rapaces da vila, por me favorecer, na vez do cepillo e a sosa metéronme nas mans unha bandeira, que sería a falanxista, digo eu. Tiñamos que ir cantando o Cara al Sol, pero eu non o sabía, trabucábame e díxome un deles: “Non cante, don Antonio, no cante, deixe”
  • 13. a longa noite de pedraa longa noite de pedra Na Compostela da inmediata posguerra imparte clases na academia Menéndez y Pelayo, da que consta como director un crego, e tamén algunhas como profesor encargado na Universidade, mentres aproveita o resto do tempo para redactar a tese de doutoramento, que defenderá na Universidade de Madrid a mediados de 1948. ...eu acoplárame a un crego que era licenciado en Filosofía e Letras... Eu non podía dar clase, podía dar clase clandestinamente, a min estábame prohibido dar clase... Veu cinco ou seis veces a policía a ver se eu era dono de non sei que cousas... A academia estivo alí [Algalia de Abaixo] ata que eu saín catedrático, e incluso un tempo máis.
  • 14. o herdeiro de Castelao na RAGo herdeiro de Castelao na RAG A Real Academia Galega acorda nomealo membro correspondente a finais de 1942, e de número o 19 de abril de 1951, para ocupar a cadeira de Castelao. O discurso de ingreso, “Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade”, leuno o 8 de maio de 1956; nel comeza facendo unha loanza do seu antecesor na cadeira e mestre: ...Veño a ocupar un lugar que quedou baleiro... o amigo Daniel, o médico que por non poder varrer a morte do leito dos enfermos non quixo exercer a medicina. Quizais fora mellor deixar vacante o seu posto deica que outro artista como el ou Rosalía, as dúas representacións de Galicia máis sinceras e acabadas, viñera ocupar esta cadeira. Non debera ser eu o destinado que son home de poucas letras e a quen a arte lle foxe como foxe o vento que canta nas ripas dunha cancela. Veño pro sitio dun home cuxo nome leva unha proxección universal de sincera grandeza e popularidade...
  • 15. no Instituto “Padre Sarmiento”no Instituto “Padre Sarmiento” Cando en 1944 o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos ven a cubrir o baleiro deixado polo desaparecido SEG, ocúpase da biblioteca e da coordinación da sección de Etnografía e Folclore, é comisario de varias exposicións á vez que colaborador da revista Cuadernos de Estudios Galegos -na que entre 1946 e 1975 insire 13 artigos- e publica tamén dous libros (Historia del Colegio de Fonseca e Los colegiales de Fonseca) ...a min nomeáronme en seguida para coidar dos libros... E alí, de noite, eu fun catalogando todo o que había;
  • 16. en Lugoen Lugo Oposita de novo a cátedras de instituto, pero fracasa varias veces polos antecedentes políticos, como lle di un dos membros do xurado. ...díxome o director do Instituto San Isidro: “A usted le ha hundido la política. El tribunal le respeta a usted muchísimo, tiene a usted en gran consideración, pero la política no le dejó ser [catedrático de instituto] Por fin aproba en 1950 e é destinado ao Instituto de Lugo: Os meus anos en Lugo foron como unha explosión de felicidade tras o tempos amargos que me tocou vivir... Lugo para min significou o mesmo que para Frei Luís o de “Diciamos onte”: A liberdade. Foi a volta á miña vida académica, por iso nunca poderei esquecer Lugo. ...Para un profesor coma min, que gusta de explicar as cousas sobre o terreo, dar clase en Lugo foi un regalo formidable que non quixen desaproveitar...
  • 17. de novo Compostelade novo Compostela En 1959 torna a Compostela como profesor do Instituto Rosalía de Castro, do que será xefe de estudos e vicesecretario, ao tempo que imparte algunhas clases na Facultade de Filosofía e Letras, ata que se xubila o 28 de decembro de 1975. Eu non fixen máis que cumprir cunha obriga, a obriga de ensinar, principalmente de ensinar a aprender e de fortalecer a personalidade.
  • 18. o Museo do Pobo Galego: un devezo cumpridoo Museo do Pobo Galego: un devezo cumprido O 24 de xaneiro de 1976 asiste á primeira xuntanza para a creación dun museo galego de antropoloxía, que se denominará Museo do Pobo Galego. ...do [proxecto] que estou máis orgulloso é do que deu como resultado a creación do Museo do Pobo Galego. Penso que Galicia tiña necesidade dun espazo así, para ensinarlles a propios e foráneos a súa esencia como comunidade de seu, construída paseniño ao longo da historia.
  • 19. unha vasta bibliografíaunha vasta bibliografía Antonio Fraguas é autor de múltiples publicacións en diversos ámbitos: xeografía, historia, biografía, antropoloxía, etnografía, folclore... Unha das súas permanentes teimas foi o estudo e divulgación da cultura popular galega nas súas múltiples manifestacións: os xogos infantís, o lobo, o Nadal e os Reis, a familia, a vendima, os maios, o San Xoán, a Pascua, o magosto, as xaneiras, os fiadeiros, as palilladas, os muíños e as muiñadas, a emigración, o mundo do mar, os refráns, os curandeiros, o ciclo dos cultivos, o demo e os lobishomes, os cemiterios…
  • 20. profeta na súa terraprofeta na súa terra Foi distinguido con múltiples premios e nomeamentos: Pedrón de Ouro, premio Trasalba, medalla Castelao, premio de Investigación da Xunta de Galicia, Cronista Xeral de Galicia (1992), premio das Letras e das Artes da Xunta de Galicia; Lugo, Melide e Santiago de Compostela danlle o seu nome a unha rúa etc... distincións que sempre acolleu con moita humildade: Vaia o meu fondo... sentimento de agradecemento pero reparen en que eu non son merecente de semellante lembranza... porque eu non fixen máis que cumprir cunha obriga, a obriga de ensinar, principalmente de ensinar a aprender e de fortalecer a personalidade (agradecemento cando lle dedicaron unha rúa en Compostela) os que acordaron darlle o meu nome nada podían esperar de min, porque non son un político, nin son nada, non máis que un pobre profesor xubilado (cando lle dedicaron unha rúa en Lugo)
  • 21. paixón polos librospaixón polos libros Máis de trece mil títulos forman a súa biblioteca privada que cede ao Museo do Pobo Galego o 17 de decembro de 1994 ao tempo que escribe no libro de ouro do Museo: No día que deixamos o noso "tesouro", a sinxela biblioteca co pensamento na nosa terra e na nosa cultura. A nosa biblioteca é o legado que lles deixamos aos que veñan detrás, e aínda que non tivemos fillos, cada un dos libros que fomos atesourando foi unha pequena criatura que nos acompañou silandeira ao longo das nosas vidas.
  • 22. adeús a compañeira de toda a vidaadeús a compañeira de toda a vida O 29 de marzo de 1996 falece dona Teresa, coa que casara en 1932. Unha muller que máis dunha vez disimulou que eu comprase algún libro para a nosa biblioteca, sabedora da ilusión que me facía algún volume detrás do que levaba moito tempo cobizoso, e iso aínda que os cartos fixesen falta para cuestións máis importantes, como o propio sustento diario.
  • 23. pasamentopasamento O 5 de novembro de 1999 Antonio Fraguas morre en Santiago de Compostela. Os seus restos repousan á entrada do cemiterio compostelán de Boisaca, entre Aurelio Aguirre, Valle-Inclán e, dende o 5 de xaneiro de 2012, tamén a carón do seu amigo Díaz Pardo. O século que agora rematamos ten que gravar en todas as pedras de Compostela o talante simpático, tenro, firme e (malia o seu arrandear de paisano crebado pola querencia da terra e do po bíblico) seguro deste noso don Antón. Deste don Antón, O Noso que se nos foi onte silandeiramente. (Anxo Tarrío, “Don Antón, o Noso” in O Correo Galego, 6/11/1999)
  • 24. o seu Día das Letraso seu Día das Letras O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento. ...A Fermín [Bouza Brey, colega seu do SEG e xuíz na Estrada] dedicáronlle o Día das Letras Galegas en 1992. Quen me dera que algún ano mo dedicasen a min tamén. Aínda que eu xa non o verei...
  • 25. o ano Fraguaso ano Fraguas Neste 2019 son moitas as iniciativas que teñen como centro a vida e obra de Antonio Fraguas: primavera das letras, exposición itinerante "Antonio Fraguas, memoria dun soño", traballos de centros escolares,... O 17 de maio a RAG tributará homenaxe a Antonio “o da aldea” celebrando xuntanza en Famelga, ao pé da escola onde outro Antonio (mestre de Famelga) engaiolou e marcou o camiño do noso Antonio. E seguirán os actos... Oxalá, pasados os fastos deste 2019, non quede no esquecemento o legado deste galego bo e xeneroso ao que os seus alumnos canonizaron como “San Fraguas”
  • 26. A cidade de Tui ten dous motivos xeográficos como cuarteis de senlleiro brasón: o río Miño e o monte Aloia. Forma un conxunto monumental que comenza na Santa Igrexa Catedral e remata nas mansións campesiñas extramuros da cidade. Na súa historia hai afastadas raíces, moitas aínda descoñecidas na sombra da incertidume e a hipótese, máis ou menos lexendaria, de que un día se poida mostrar a testemuña fidelísima que nos diga o nome dos históricos que tiveron a idea de erguer en Tui a súa morada. Pero se a historia da cidade ten lenda, tamén a ten o monte Aloia ou monte de San Xulián. É un dos mellores miradores de Galicia. Dende o seu cume enxérganse Vigo, as illas Cíes, as Estelas de Baiona, o pazo de Monterreal, o Pico de Santa Tegra, Caminha e as vilas do norte de Portugal, e a liña do Miño deica Salvaterra. No cume está a capela de San Xulián, levantada na explanada, e logo a cruz monumental, que lle pon remate. Aquí celébrase unha gran romaría adicada ó titular do monte. Conta a tradición que no momento de ocorrer a invasión musulmá en España, os tudenses fuxiron para os montes e levaron para o Aloia “el cuerpo y reliquias del Mártir San Xulián”, segundo refire Ávila y Lacueva... O monte está, segundo as lendas xeográficas, cheo de reliquias de santos enterrados alí. E aínda chega unha crenza de santidade ó supor que San Xulián sufriu martirio no mesmo monte... "San Xulián do Monte Aloia" in Romarías e Santuarios, Galaxia, Vigo, 1989 (2ª), pp. 363-5 coda: un texto de Fraguas sobre Tuicoda: un texto de Fraguas sobre Tui
  • 27. créditoscréditos AA. VV., AA. VV., Antonio Fraguas Fraguas, 1905-1999. Un homeAntonio Fraguas Fraguas, 1905-1999. Un home que traballou sempre por e pra Galicia. Ofrenda no seuque traballou sempre por e pra Galicia. Ofrenda no seu CentenarioCentenario, Xunta de Galicia-Fundación Antonio Fraguas-, Xunta de Galicia-Fundación Antonio Fraguas- Museo do Pobo Galego, 2006,  267 pp.Museo do Pobo Galego, 2006,  267 pp. AA. VV., AA. VV., Coñecendo a Antonio Fraguas. Roteiros LiterariosCoñecendo a Antonio Fraguas. Roteiros Literarios,, Hércules de Ediciones, A Coruña, 2019, 93 pp.Hércules de Ediciones, A Coruña, 2019, 93 pp. AA. VV., AA. VV., O Instituto Rosalía de Castro e o Colexio SanO Instituto Rosalía de Castro e o Colexio San ClementeClemente, Xunta de Galicia-Concello de Santiago, 2012,, Xunta de Galicia-Concello de Santiago, 2012, pp. 129-138pp. 129-138 CAJARAVILLE, Héctor, CAJARAVILLE, Héctor, Antonio .. O bo mestre, o mestreAntonio .. O bo mestre, o mestre bobo, Xerais, Vigo, 2019, 108 pp. , Xerais, Vigo, 2019, 108 pp.  FRAGUAS, Antonio, FRAGUAS, Antonio, As cousas de Antonio de InsuelaAs cousas de Antonio de Insuela,, Editorial Compostela-Edicións O Correo Galego, Santiago,Editorial Compostela-Edicións O Correo Galego, Santiago, 1996, 96 pp.1996, 96 pp. FRAGUAS, Antonio, FRAGUAS, Antonio, Do tempo e dos astrosDo tempo e dos astros, Galaxia, Vigo,, Galaxia, Vigo, 2019, 56 pp. 2019, 56 pp.  FRAGUAS, Antonio, FRAGUAS, Antonio, Romarías e santuariosRomarías e santuarios, Galaxia, Vigo,, Galaxia, Vigo, 19881988 VILLANUEVA GESTEIRA, Malores, VILLANUEVA GESTEIRA, Malores, Antonio Fraguas.Antonio Fraguas. Mestre da memoriaMestre da memoria, Galaxia, Vigo, 2019, 196 pp. , Galaxia, Vigo, 2019, 196 pp.  https://academia.gal/letras-actual https://gl.wikipedia.org/wiki/Ant%C3%B3n_Fraguas http://consellodacultura.gal/diadasletrasgalegas/2019/ http://www.lingua.gal/letras-galegas/_/contido_0057/ 2019-antonio-fraguas-fraguas https://www.tabeirosmontes.com/a-interrupcioacuten- traacutexica-do-galeguismo.html https://emigracion.xunta.gal/es/conociendo-galicia/apr ende/entrevista/anton-fraguas-fraguas https://fraguasenlugo.org/
  • 28. 17 MAIO 201917 MAIO 2019