2. Tempo de cambios?
Os últimos cambios políticos trouxeron compromisos de goberno expresados
en forma de leis ou proxectos de lei. Hoxe referirémonos aos que tocan de
cheo en materias que, como ambientais afectan a todos pero aínda máis aos
que que estamos interesados en frenar a degradación que está a sufrir a nosa
costa. Un deles é a nova normativa galega de ubicación de plantas de acui-
cultura. O novo goberno da Xunta de Galicia ven de deseñar un plan que
recolle o compromiso de respectar a súa ubicación fóra dos terreos da Rede
Natura e con esto xa nos debía abondar a todos os naturalistas. Sen embar-
go, esto non é exactamente así porque contempla 13 novas plantas, superan-
do en 5, que significan un 31% máis de terreo adicado a este labor, con res-
pecto ao plan aprobado polo anterior goberrno en funcións xusto despois de
perder as eleccións. Dos 26 novos proxectos que recolle o plan, 5 son impor-
tantes ampliacións de plantas xa ubicadas con anterioridade na Rede Natu-
ra, coma o de Lira (Carnota), e outros 9 están ubicados en terreos moi próxi-
mos a eses espazos protexidos que mesmo son susceptibles de ser incluidos
neles, coma os que lle afectan á Costa da Morte en Merexo (Muxía), Camelle
(Camariñas), Xandriña-Sabadelle (Vimianzo-Camariñas) e Seiruga (Malpi-
ca), onde está contemplado que as súas tuberías surcarán os terreos da Rede
Natura entrando así a formar parte da fermosa paisaxe agora malamente
protexida. Así, máis da metade dos novos proxectos aféctanlle directamente
aos espazos que se din protexer. Cando menos é contraditorio que por unha
banda nada de novas plantas en zonas protexidas coma a de Toruriñán, pero
por outra ubicaránse outras xusto ao lado delas e mesmo permiten amplia-
cións dalgunhas plantas que xa están alí.
Tamén controvertida é a lei do litoral, que prohíbe construir a menos de 500
m da costa. É un motivo de ledicia ver que con esto se impide encher a costa
de ladrillo como a mediterránea e mesmo a das Rías Baixas pero tamén é bas-
tante evidente que será moi difícil de cumprir en moitos dos nosos concellos
por ser estes eminentemente costeiros. A fisonomía nestes lugares medrará
cara a enriba pois se non se poden facer novas edificacións neles, os alcaldes
terán que permitir elevar máis plantas nas xa existentes, conseguindo así os
gobernanrtes autonómicos o mesmo fin que o que din tentar evitar. Parece
demagóxico promulgar leis de carácter xeral e non ofrecer simultáneamente
os instrumentos para desenrolalas. Sería moito máis eficiente e realista que
todos os concellos (ou alomenos os que non superasen un mínimo de habi-
tantes) delegasen as competencias urbanísticas no goberno galego ou nas res-
pectivas diputacións, que así terían certa razón de ser.
É desalentador, pero tanto nun coma no outro caso ocorrésenos que os gober-
nantes (con intención ou sen ela) van a conseguir o que menciona G. Tomasi di
Lampedusa no Gatopardo: facer grandes cambios para que todo siga igual.
EDITORIAL
SUMARIO
O avalanco real . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. 4
Fungos parasitos de árbores . . . . . . . . 6
Phallales . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8
Cogomelos raros na Costa da Morte. 11
O xénero Hydnum . . . . . . . . . . . . . . . . 13
Gastronomía . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15
O sabugueiro. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16
Arte románica en Muxía . . . . . . . . . . . 18
Salazóns na Costa da Morte . . . . . . . . 20
BBoolleettíínn
COORDINA e REDACTA Carlos Regueira
COLABORAN Violeta Corujo, José Mª Costa, JMC
Marcote, César Pérez, Manuel Pose, Miguel Sil-
varredonda e Chemi Traba ASESORA LINGÜISTA
Mª Xosé Quintans DESEÑO E MAQUETACIÓN
Carlos Regueira IMPRIME euroGráficas (Santa
Comba) DEPÓSITO LEGAL: C - 1829/2002
É unha publicación gratuita da Asociación
Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo.
NIF: G-15791403
Tf. 981747044
Fax: 981747044
e-mail: panderaposo@panderaposo.com
Asociación micolóxico-naturalista PAN DE RAPOSO
LLLLiiiinnnngggguuuu aaaa dddd eeee vvvvaaaaccccaaaa
oooo xxxxéééénnnneeeerrrroooo hhhhyyyy ddddnnnnuuuummmm tttteeeennnn
aaaabbbbuuuunnnnddddaaaannnntttteeeessss eeee aaaapppprrrreeeecccciiiiaaaaddddoooossss ccccooooggggoooommmmeeeelllloooossss
nº 10 Verán de 2006
Avalanco real, o pato azul
Orde Phallales: sorprendente
Máis sobre cogomelos parasitos
O sabugueiro
Románico rural en Muxía
As salazóns na Costa da Morte
Fotos da portada
e da contraportada:
J.M. Castro Marcote
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 2
3. Hoxe toca falar da páxina da sociedade micolóxica
ERROTARI de Durango (Biscaia), pertencente á
Asociación Micolóxica de Durango, nacida en 2000,
e que literalmente significa "molinero/a", nome
común de Clitopilus prunulus. Esta páxina está divi-
dida en seis enlaces.
QUIENES SOMOS. Lévanos a coñecer a súa histo-
ria, os obxectivos que se fixaron e a un formulario
para darse de alta como socio.
ACTIVIDADES. É unha listaxe co programa anual
de actividades a desenvolver, programación de fes-
texos e as fotografías premiadas no concurso foto-
gráfico que convocan todos os anos.
MICOLOGÍA. Este é o máis complexo e completo,
con tres apartados diferenciados: Iniciación, Micros-
copía e Galería de fotografías. Iniciación divídese en
cogomelos e fungos, cando e onde saen, carácteres orga-
nolépticos e principais xéneros. En cogomelos e fungos
comentan sobre as crenzas populares e unha breve
descrición do que é un cogomelo e un fungo e a
forma de nutrirse, describindo cada grupo en fun-
ción do tipo de alimentación. Cando e onde saen
informa da mellor época e os lugares onde buscar
cogomelos, así como unhas sinxelas normas de
recollida. Carácteres organolépticos céntrase exclusi-
vamente nos cheiros, agrupando especies afíns
neste sentido. Principais xéneros fai unha breve des-
crición duns poucos. Microscopía carece de datos.
Galería de fotografías divídese en introdución, na que
comentan sobre a zona de estudo e ecoloxía das
fotografías que colleitan e expoñen; hábitats comen-
ta sobre os ecosistemas onde fixeron as fotos; e
especies onde ordenan alfabeticamente en dúas lis-
tas diferenciadas por nome científico e nome
común unhas 850 especies, aproximadamente, con
fotografía e unha breve ficha.
LINKS. Ofrece unha listaxe con enlaces con páxinas
doutras asociacións nacionais ou internacionais.
PUBLICACIONES. Ten dous apartados, un coa
revista da asociación, onde expón a portada e os
sumarios das tres revistas publicadas. No outro
ofrecen os tres libros publicados pola asociación e
os catro publicados por José Manuel Ruíz.
FORO. Conecta co foro da asociación.
En resumo, paréceme unha excelente páxina para
visitar, aínda que non estea completa.
brevesInternet
Gulliver. Pois xa vemos como andan a
cultivar as setas por China. Haberá
que preguntarlles o xeito de misturar
as vitaminas para que podamos obter
aquí uns boletiños xeitosos e así poder
paliar a desfeita dos incendios.
Especialización. Desde hai algún
tempo comezan a xurdir iniciativas
coma a do rótulo do lado atopado en
Salamanca . Aledámonos delas e
augurámoslle un bo porvir, sobre
todo pola conta que nos ten.
Punto negro. Nas andainas que
facemos por tantos lugares ás
veces custa non botar un sorriso
ao contemplar certas cousas.
Partillas.A esto chámase unha partilla
ben feita. Vese que un dos herdeiros
pasou do tema ou ben non lle gustaba
a proposta “arquitectónica” do outro.
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 3
4. O
alavanco real ou azulón (Anas
Platyrthynchos) é un pato de
superficie do xénero Anas,
pertencente á orde dos anseriformes e
á familia Anatidae. É unha das espe-
cies máis estendidas de pato salvaxe,
da que descenden a maioría dos patos
domésticos, cos cales habitualmente
crea mestizaxe e ás veces dan indivi-
duos albinos. Habita áreas de tempe-
ratura subtropical de Norte América,
Europa e Asia. Tamén frecuenta Cen-
troamérica e o Caribe. En Galicia é
sedentario e probablemente é o máis
coñecido de todos os patos.
Identificación. O macho e inconfun-
dible coa cabeza e pescozo verdes,
este último cun colar branco, peito
castaño, corpo cincento, espellete
morado aveirado de branco, rabo
negro en cuña coas rectrices externas
brancas e características plumas revi-
radas cara arriba, infracobertoras cau-
dais negras, peteiro amarelo e patas
alaranxadas. En plumaxe de eclipse,
xuño-setembro, é coma a femia pero
coa cor do peteiro e do curuto máis
escuros. A femia é parda apencada, ten
espellete e o peteiro é pardo alaranxa-
4
AAAAllllaaaavvvvaaaa nnnnccccoooo rrrreeeeaaaallll,,,, oooo mmmmááááiiiissss
ccccoooommmmúúúúnnnn ddddoooossss ppppaaaattttoooossss
Por César PérezUnha avUnha ave sempre agradable de ve sempre agradable de verer
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 4
5. rio Xallas, a ría de Lires, o esteiro do
Anllóns ou os humedais de Razo e Bal-
daio entre outros moitos enclaves.
Comportamento. É unha ave moi gre-
garia, bastante arisca e desconfiada,
que raramente permite o acercamento
a corta distancia, sendo normalmente o
primeiro pato que fuxe ante a presen-
cia humana. Agrúpase para sestear
durante o día e pola noite desprázase
aos comedeiros. A súa gran capacidade
de adaptación e aproveitamento de
distintas fontes de alimentos son as
razóns da súa numerosa poboación,
que crece cada ano. Come principal-
mente sementes, brotes e vástagos de
prantas acuáticas e invertebrados. A
súa presenza en estado salvaxe é bene-
ficiosa para os humanos, xa que des-
trúe larvas de mosquito.
NOTA ACRARATORIA
do. Os inmaduros son semellantes a
ela, co peteiro arrubiado e pés amare-
los. A femia desta especie diferénciase
da do pato cincento (Cast.: ánade
friso) pola coloración do peteiro, polo
ventre e pola diferente cor do espelle-
te. Na época de cría a femia pón de 3
a 12 ovos que eclosionarán ao cabo de
15 a 27 días. A femia coida as súas
crías en solitario. A cría é amarela e
marrón a manchas. Son case indepen-
dentes desde o primeiro día, alimén-
tanse sós e en só 2 ou 3 meses xa están
totalmente preparados para voar.
Hábitat. Habita todo tipo de hume-
dais (naturais ou artificiais) indepen-
dentemente da súa estensión, profun-
didade e grado de humanización.
Nidifica alonxado das zonas húmi-
das, en cultivos ou baldíos. Tamén
pode criar en árbores. Ocupa perfec-
tamente cauces fluviais. Na Costa da
Morte podémolos contemplar en moi-
tos sitios, como a lagoa de Louro, na
Boca do Río en Carnota, os encoros do
fauna
Os patos son anátidas de tamaño
mediano de voo rápido e potente con
diferencia sexual cromática na maior
parte das especies. As femias son moi
semellantes entre si polo que resulta
difícil a súa identificación. En voo
caracterízanse polo curto rabo e o pes-
cozo longo. Pódense dividir en:
Patos propiamente ditos: nadadores,
que só mergullan a metade anterior do
corpo para procurar a súa mantenza,
erguen o voo de golpe sen necesidade
de carreira previa.
Parrulos: mergulladores, introducen
totalmente o corpo baixo a auga para
procurar o alimento. Para iniciar o voo
necesitan impulsarSe mediante unha
carreira sobre a superficie da auga.
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 5
6. N
o número anterior falabamos
do destructivos que poden
chegar a ser os cogumelos
parasitos para as prantas e os árbores.
Non só nos bosques provocan estas
accións, tamén nos parques, nas casas
atacando as vigas, nas construcción en
madeira, nos aserradeiros, nas vías do
tren, nos árbores frutais... Pero, ¿como
son? ¿que formas teñen?
Poden ter morfoloxías diversas, mem-
branosa, de costra, de ramiñas ou de
masas xelatinosas, entre outras, pero as
fórmulas máis representativas son
dúas. A de típico cogomelo, con pé e
sombreiro ben diferenciado, e outra
con forma de plataforma ou abanico,
coma unha repisa semicircular posta
sobre a árbore ca cara superior máis
inclinada como recordando os cascos
dos cabalos, dise ungulada. Destes
xéneros con especies con forma máis
ou menos "ungulada" imos falar neste
artigo. Os máis representativos poden
ser Fomes, Phellinus, Inonotus, Gano-
derma e Fistulina.
Fomes. Presentan as especies deste
xénero a típica forma ungulada, de
pezuño de cabalo, son de consistencia
dura e a estructura da cutícula, de
cores grisáceas ou pardas, e diferente
da carne. Ésta oscurece ao reaccionar
con bases fortes. O seu crecemento é
plurianual. A especie tipo e Fomes
fomentarius. Este fungo pode alcanzar
tamaños de ata 40 cm. Ten a cutícula
zonada, algo pruinosa, e de cores gri-
sáceas, pardas ou case negras. O hime-
nio constitúeno poros regulares de
pequeno tamaño. Medra sobre troncos
de faias causando podremia amarela e
logo branca.
Phellinus. Non teñen pé. A carne de
cores ferruxinosas ennegrece coa pota-
sa. O himenio está formado por poros
moi pequeniños e redondeados.
Medran de forma resupinada, coma
unha costra ou almofadiña sobre os
troncos e ramas de diferentes árbores.
Unha especie representativa que
medra sobre os pinos é Phellinus pini,
se o cortamos de xeito horizontal
semella un triángulo, ainda que o seu
aspecto é semicircular ou oblongo. A
superficie é rugosa e desigual, presen-
ta surcos concéntricos de cores pardas
que ennegrecen coa idade. A carne moi
dura é de cores pardos ou leonados. Os
tubos do himenio presentanse estratifi-
cados en capas anuais e os poros desi-
guais e irregulares de ata 1 ou 2 por
mm teñen tons amarelo grisáceos.
Medra sobre coníferas causando
podredume parda moi danina.
Inonotus. medran de xeito resupinado
e de forma anual. A parte superior do
sombreiro non presenta unha costra
dura como nos xéneros anteriores. O
himenio en tubos forma unha capa
FFuunnggooss ppaarraassiittooss ddee áárrbboorreess ((IIII))
6
Máis datos sobre estes importantes axentes destructivos
por J.Mª Traba Velay
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 6
7. diferente da carne, esta poder ser
esponxosa e logo dura, coloreada e
logo máis escura. Unha especie ben
coñecida é Inonotus radiatus, é de
pequeno tamaño, ata 6 cm de diáme-
tro, de forma ungulada. A cutícula
tomentosa, rugosa e de cor pardo ama-
rela escurece co tempo. A marxe é máis
clara e de forma ondulada. Pode
medrar sobre troncos e ramas de fron-
dosas, en filas ou columnas de varios
individuos, causando podremia branca
e fibrosa.
Ganoderma. As especies de este xéne-
ro teñen a cutícula recuberta dunha
capa lacada e brilante. A carne é moi
dura de cor leonada ou parda. A máis
coñecida e Ganoderma lucidum, coñeci-
da como "pipa" pola súa forma. Ten un
pé rudimentario de cor grana que ao
medrar ensánchase no extremo for-
mando un sombreiro cada vez máis
grande de ata 10 cm de diámetro. A
cutícula lacada é de cor leonada ver-
mella ou púrpura e ao final máis escu-
ra. Ten a marxe máis clara. Medra
sobre troncos e tocóns de carballos e
castiñeiros causando podremia branca.
Pódese usar como adorno e nos países
asiáticos ten usos medicinais.
Fistulina. Este xénero so ten unha espe-
cie, Fistulina hepatica, que a diferencia dos
anteriores é comestible, un bo comesti-
ble. E un fungo carnoso cos tubos do
himenio non soldados entre si. Ten forma
de abanico extendido ou fígado, de ahí o
seu nome común "figado de boi". Pode
chegar at os 25 cm de diámetro. A cutícu-
la é viscosenta en tempo húmido de cor
pardo vermella ou rosa vermella, cuberta
de papilas de cor sangue. O himenio for-
mado por tubos finos, cortos e clíndricos,
separables e de cor branca. Ten a carne
maciza e fibrosa de sabor algo ácedo. É
un bo comestible que se come incluso
cru. Nace sobre troncos de carballos e
castiñeiros producindo unha podremia
parda.
setas
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 7
8. O
orden Phallales encóntrase dentro
dos Gasteromycetes e caracteríza-
se por ter a gleba esporal verdosa
e xelatinosa ou mucilaxinosa. Ten asigna-
das seis familias e tres delas teñen repre-
sentación en Europa.
Hysterangiaceae. Con receptáculos hipo-
xeos e semimihipoxeos ao madurar.
Phallaceae. Con receptáculos epixeos,
cilíndrico fusiformes, simples, sen rami-
ficar e coa gleba na parte apical do
receptáculo.
Clathraceae. Con receptáculos epixeos,
complexos, con formas moi variables,
xeralmente ramificados ou reticulados
e coa gleba no interior da rede ou dos
brazos.
É un orden que non deixa indiferente a
ninguén, tanto polas súas formas peculia-
res como polos seu cheiro. Xeralmente
medran en ambientes ricos en residuos e
madeira, con abondante materia orgá-
nica, sendo saprofitos.
O cheiro da gleba xelatinosa imita ao
de excrementos ou cadáveres e atrae ás
moscas dende moi lonxe. Estas acuden
nun gran número para alimentarse
dos doces nutrintes da matriz da masa
esporal. As esporas pasan a través do
aparato dixestivo das moscas sen
estragarse e son expulsadas cos excre-
mentos, sendo este o único medio de
propagación. Existen numerosas espe-
cies, a maioría de distribución tropical,
encontrándose na Península Ibérica
catorce especies. Dentro das Clathrace-
ae temos os xéneros: Ileodictyon, Lysu-
rus, Clathrus e Colus. Dentro das Pha-
llaceae: Mutinus e Phallus. Dentro das
Clathraceae, o xénero Clathrus é o máis
Asombrosos cogomelos
de aspectos e olores
inconfundibles
8
Foto: J.M.C. Marcote
por J. M.C. Marcote
Foto: J.M.C. Marcote
Phallus impudicus
Mutinus ravanelli
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 8
9. abondante, con dúas especies presen-
tes en Galicia.
Clathrus archeri (Berk.) Dring. É
unha especie orixinaria de Tasmania e
Australia que chega a Europa na pri-
meira guerra mundial, a través dos
soldados australianos ou da lan
importada para facer os uniformes
dos soldados. A primeira cita ibérica
dase en Tolosa en 1968 e hoxendía está
estendida por toda Europa, parte de
África e o norte da Península. Medra
baixo árbores de folla, parques e xar-
díns, en solos ricos en materia orgánica.
Desenvólvese a partir dun ovo subglo-
boso e semihipoxeo, co peridio branco e
liso. Ao madurar ábrese polo ápice e
emerxe o carpóforo, formado por un pé
e, xeralmente, cinco brazos de forma
triangular que se abren lembrando a
unha lura. A carne cavernosa, de cor
branca, rosada no pé e vermella escarla-
ta nos brazos. Na base permenecen os
restos do exoperidio a modo de volva.
A gleba recobre a superficie interior dos
brazos, de cor verde olivácea e olor a
excrementos.
Clathrus ruber P. Micheli: Pers.
Medra en solos ricos e piñeiros areo-
sos das zonas costeiras, ainda que
está distribuido por toda a Penínsu-
la. Primeiro globoso, semihipoxeo e
con cordóns miceliares na base. Exo-
peridio branco con sucos pentago-
nais que lembran a un balón de fút-
bol. Ao madurar emerxe unha masa
alaranxada ou vermella con forma de
rede, permanecendo os restos do
exoperidio na base a modo de volva.
A gleba xelatinos ae de cor verde,
atópase no interior da rede.
PhallalesPhallales
Foto: J.M.C. MarcoteClathrus archeri
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 9
10. Dentro das Phallaceae, encontramos
seis especies en Galicia. A diferencia
fundamental entre os dous xéneros e
que no xénero Phallus a gleba atópase
sobre un receptáculo en forma de
capuchón no ápice do pseudopé, men-
tres que no Mutinus a gleba sitúase
directamente sobre o pseudoestípite.
Ademais, os exemplares do xénero
Mutinus son máis pequenos.
Phallus impudicus L. Pers. Medra en
solos con abondancia de restos de
madeira. De novo presenta forma de
ovo liso e branco con un cordón
miceliar na base. Ao madurar ábrese
polo ápice e emerxe un pé branco,
oco, longo, cilíndrico, de 10 a 20 cm
de alto por 2 a 3 de ancho e coa
superficie cuberta de poros. Na parte
superior ten un sombreiro cónico con
numerosos alveolos e un orificio no
ápice. A gleba é de cor verde escura e
alóxase nos alveolos. Olor a cadáver.
10
Phallus hadriani Vent.: Pers. Diferén-
ciasse do anterior por que ten o exope-
ridio do ovo de cor rosado e agleba de
cor pardoescura. Cheiro entre esper-
mático e cadavérico. Outros dous Pha-
llus citados na Península son Phallus
duplicatus Bosc e Phallus rubicundus
(Bosc) Fr.
Mutinus caninus (Huds. : Pers.) Fr.
Medra en solos co abondantes restos
leñosos en descomposición e as
veces nos pés de tocos moi deterio-
rados, en pequenos grupos. De novo
presenta forma de ovo con dous cor-
dóns miceliares na base. Exoperidio
branco e liso. Ao madurar, ábrese
polo ápice e emerxe un pé abranca-
zado ou amarelo ocre claro, oco
longo e cilíndrico, de 4-9 cm de alto
por 0,5-1 cm de ancho e coa superfi-
cie cuberta de poros. Na parte supe-
rior ten un ensanchamento que é
unha continuación do pé, de cor ver-
mella e con numerosos eminúsculos
alveolos. A gleba de cor parda olivá-
cea alóxase nos alveolos. Olor débil
a excrementos.
Mutinus elegans (Mont.) E. Fischer in
Sacc. É máis grande, non ten o ensan-
chamento no ápice e ten a gleba menos
localizada ao largo do pé. O exoperidio
é rosado e o pé rosa amarillento intenso.
Mutinus ravenelii (Berk. & Curt.)
E.Fischer.-É unha especie americana
que se diferencia de M. caninus po lo
seu aspecto más robusto, o pseudoestí-
pite fusiforme e a cor máis vermella,
que vai dende o branco na volva hasta
o vermello carmín debaixo da gleba, ó
envellecer vólvese cor salmón. O ano
pasado encontrámolo en Galicia uns
socios de Pan de Raposo grazas a un
aviso da nosa amiga Milagros da Coru-
ña, a que lle agradecemos tan valiosa
información.
Clathrus archeri Foto: J.M.C. Marcote
Foto: J.Mª. CostaPhallus hadriani
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 10
11. COGOMELOS RAROS
NA COSTA DA MORTE (II)
N
este artigo vaise falar de copri-
nos interesantes que atopamos
na nosa bisbarra. A pesar da súa
rareza teñen unha cualidade añadida que
é a de unha fácil determinación, tanto
polas suas características como polo seu
hábitat. Coprinus spilosporus medra sobre
o chan rico en restos vexetais, Coprinus
xanthothrix é lignícola e Coprinus angula-
tus medra sobre restos de madeira quei-
mada.
Coprinus spilosporus Romagn. É fácil
de recoñecer pola forma redondeada
do seu sombreiro. Mentres que a maio-
ría dos coprinos teñen o sombreiro con
forma cónica ou cilíndrica, C. spilospo-
rus ten forma semiesférica recordando
máis ás Psathyrella que aos do seu
propio xénero. Outra característica
importante é o seu pé cun bulbo basal
ben marcado. O sombreiro é hemisfé-
rico, de 1,5 a 2,5 cm de diámetro, pri-
meiro totalmente recuberto dun veo bran-
co uniforme que máis tarde rómpese en
escamas moi fugaces. A pel e lisa, de cor
gris, un pouco lubricada en tempo húmi-
do. O marxe é estriado ata 2/3 da súa lon-
xitude e as lamelas son anchas e delicues-
centes. Pé de 4 a 5 cm de alto por 0,3 cm
de diámetro, cilíndrico, fistuloso, ensan-
chado na base e terminando nun bulbo
ben marcado. Carne escasa, inodora e
insípida.
Foto: J.M.C. Marcote
por J.M.C. Marcote
Coprinus spilospoprus
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 11
12. e con poro xerminativo, de 8 a 10 por 5 a
6 micras. A cutícula é himeniforme con
células alargadas ou fusiformes. Como
se pode apreciar na fotografía, cando é
xoven adoita ter unhas escamas espe-
ciais ourizadas na parte máis alta do
sombreiro. Atopámolo en Fisterra en
Xaneiro de 2005, medrando sobre
madeira de xesta.
Coprinus angulatus Peck. É un peque-
no coprino que medra sobre restos de
madeira queimada e se caracteriza polo
sombreiro ovoide acampanado e suca-
do, de cor pardo vermello, e ó micros-
copio pola forma das esporas, que
recorda a da mitra papal. Sombreiro, 2
a 3 cm de alto, claramente sucado e de
forma acampanada, coa cutícula de cor
ocre ou pardo vermella. Pé cilíndrico,
liso e branquiño. Esporas con tres lóbu-
los irregulares, dándolle o aspecto de
mitra, de 9,5 a 10 por 7 a 8 micras. Ato-
pámolo en Zas sobre restos de madeira
queimada de eucalipto, onde saían
xunto a outros coprinos como C. lagopi-
des, C. micaceus e outros cogomelos,
pero de esto falaremos noutra ocasión.
Esporas ovoides ou troncocónicas, a
modo de grans de millo, con un peque-
no poro xerminativo central, de 9,5 a 10
por 7,5 a 8,5 micras. Encontrámolo
medrando na terra con abondantes res-
tos vexetais de piñeiro e carballo, en
pequenos grupos. Vimianzo, 27 de agos-
to de 2006. Exsiccata: Pan de Raposo-
1270806152.
Coprinus xanthothrix Romagn. É un
pequeño coprino que medra sobre
madeira, é lignícola. Pode confundirse
con C. domesticus, de tamaño máis gran-
de e tamén lignícola e con C. micaceus
que medra no chan sobre restos vexetais
e moitas veces sobre restos de madeira
queimada. O sombreiro, delicuescente, é
ovoide e de pequeno tamaño, 1,0 a 2,5
cm de diámetro, ao madurar vólvese
aplanado e lixeiramente umbonado. A
pel é estriada e está recuberta de un veo
branco e graúdo que máis tarde vólvese
gris. Lamelas brancas que se volven
mouras pola cor das esporas. As esporas
son elípticas, de cor marrón escuro, lisas
Coprinus xanthothrix
Coprinus angulatus
Foto: J.M.C. Marcote
Foto: J.M.C. Marcote
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:33 Página 12
13. Sombreiro: De 5 a 10 cm de diámetro,
ás veces máis. Carnoso, convexo,
despois irregularmente estendido,
coa marxe ondulada e incurvada.
Cutícula rugosa, mate e seca. De cor
variable, branquiña, ocre pálida a
cor gamuza con tonos asalmonados
ou leonados.
Himenio: Formado por aguillóns frá-
xiles e decurrentes, apretados. De
cor branco-crema, algo rosados ao
medrar. De sabor amargo.
Pé: De ata 7 cm. Moitas veces excén-
trico e algo deformado. Branco e
máis pálido que có sombreiro. De
consistencia máis dura que a carne
do chapeu.
Carne: Compacta pero quebradiza.
Branca o principio, ocre ao roce. De
olor débil, agradable, e sabor doce,
vólvese algo amarga ao madurar.
Hábitat: Atópase no outono e inver-
no tanto en bosques de coníferas
como de frondosas en grupos de
numerosos exemplares.
Comestibilidade: É un bo comestible
que recorda ao sabor das noces.
O XÉNERO HYDNUM
Hydnum repandum Linneo Ex
Fries.
Galego: lingua de vaca
Castelán: gamuza, lengua de gato
Euskera: tripaki argi
Catalá: aguilletes, llémena
Texto: J.Mª. Traba Velay
Fotos: J.M.C. Marcote
Estes cogomelos distínguense moi
ben polas súas púas do himenio
E
ste xénero pertence ao Orden
Cantharellales, Familia Hydna-
ceae. Cacterízase por ter o hime-
nio formado por púas ou aguillóns
dispostos baixo o sombreiro, sendo
estes fácilmente separables da carne.
As especies que compoñen o Xénero
Hydnum son terrícolas e presentan
formas típicas con pé e chapeu ben
diferenciados, de carne homoxénea
algo coriácea e quebradiza, e todos
comestibles. O pé e central, as veces
algo excéntrico e o chapeu liso ou ape-
nas tomentoso. As súas cores varian
entre os tonos máis ou menos verme-
llo pálidos, gamuza, rosados ou
abrancazados.
Está composto o Xénero de 3 especies.
A especie típica é Hydnum repandum,
que xa se trata ao marxe, e as outras son
Hydnum rufescens e Hydnum albidum.
Hydnum repandum
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:34 Página 13
14. Hydnum rufescens. É para algúns
autores unha simple variedade de
Hydnum repandum pero é máis
pequeno e fráxil, con cores máis
avermelladas ou amarelo verme-
llas. Ten un sombreiro que ás veces
é algo deprimido, de cutícula algo
aterciopelada. O himenio presenta
uns aguillóns máis longos e menos
decurrentes que a especie tipo e
como no chapeu son de cores
menos pálidas. O pé é menos
robusto, máis esbelto que en H.
repandum. É comestible pero menos
abundante.
Hydnum albidum. Como no caso
anterior semella un H. repandum de
cores moi brancas pero en realidade
é unha especie ben diferenciada,
moi rara, que en Galicia non atopa-
mos. Ten un sombreiro ben irre-
gular de ata 10 centímetros, bran-
co puro que se mancha de pardo
amarelo ao medrar. A cutícula e
algo aterciopelada, rugosa e con
pequenos bultos a modo de che-
pas. O himenio fórmano abun-
dantes aguillóns ben apretados,
subdecurrentes de cor abrancaza-
da manchada de pardo amarela. O
pé é cilindrico, corto e robusto. A
carne é máis fráxil que nas outras
especies e fructifica fundamental-
mente baixo piñeiros. É un bo
comestible. Según algúns o mellor
do xénero.
Hydnum rufescens
Detalle do himenio dun Hydnum
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:34 Página 14
15. o chef Miguel
recoméndanos...
gastronomía
ensalada morna de coprinos, percebesensalada morna de coprinos, percebes
e herbas aromáticase herbas aromáticas
INGREDIENTES (1 ración)
30 g coprinos pechados e frescos
1 folla de albahaca
1 rama de rucola
1 rama de tomillo
1 rama de herba Luisa
60 g de percebe
50 ml de aceite de oliva
25 ml de vinagre de Módena
Sal Maldón
conserva de morchela en escabeche econserva de morchela en escabeche e
longueiróns de Fisterralongueiróns de Fisterra
INGREDIENTES (1 ración)
4 morchelas pequenas
4 longueiróns pequenos
70 ml de aceite de oliva
1 culleriña de pimentón doce
25 ml de viño branco
25 ml de auga de cocción do lon-
gueirón
25 ml de vinagre de xerez
6 grans de pementa negra e sal
ELABORACIÓN
1. Escaldar as morchelas 20 segundos.
2. Abrir os longueiróns e retirar a cuncha.
Reservar a auga da súa cocción.
3. Nun cazo poñer aceite e saltear as mor-
chelas 1 minuto. Engadir pimentón e, de
seguido, o viño, vinagre e a auga de coc-
ción do marisco.
4. Levantar o fervor, separar do lume e
engadir os longueiróns.
5. Enfriar e servir.
ELABORACIÓN
1. Limpar e preelaborar os coprinos.
Escaldalos durante 15 segundos.
2. Lavar e limpar as herbas.
3. Cocer os percebes a 85ºC durante minu-
to e medio. Pelar e reservar o quente.
4. Coa auga de cocción dos percebes ela-
borar unha vinagreta misturando esta co
aceite e o vinagre. Sazonar a gusto e
reservar.
5. Dispoñer en prato morno os ingre-
dientes armoniosamente. Por último
aliñar coa vinagreta de percebe.
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:34 Página 15
16. flora
Texto e fotos: Manuel Pose
O SABUGUEIRO (Sambucus nigra L.)
Arboriño empregado con fins medicinais
A
orixe do nome latino do saúco é
descoñecida, aínda que hai auto-
res que consideran que provén
da palabra grega sambuke, frauta, porque
supón que dos talos ocos deste arbusto
confeccionábase este instrumento.
Arbusto ou pequeno arbolillo caducifo-
lio e moi ramificado da familia Caprifo-
liaceae de copa redondeada ata o chan,
regular e moi densa. Non adoita pasar
dos 5 metros de altura, con todo, baixo
certas condicións de terreo favorable,
temperatura e humidade adecuadas,
pode crecer por encima desa altura.
Tronco. É, xeralmente, retorcido e pouco
groso, non excedendo, case nunca, dos 30
centímetros de diámetro. Del parten as
numerosas e retortas ramas, que á súa
vez se volven a ramificar; e así varias
veces. A cortiza, sempre gretada, é, a pri-
meira vista, parecida á textura da cortiza
e de cor pardo grisácea, volvéndose máis
grisácea nas ramas e verdosa nas poliña
novas. A médula, de cor esbrancuxada, é
moi grosa e moi branca, como esponxosa.
Follas. Nacen das novas poliñas do ano.
Son compostas, imparipinnadas e forma-
das por 5 ou 7 folíolos lanceolados, ase-
rrados, algo pelosos polo envés e dispos-
tos por parellas en situación oposta e un
folíolo na terminación. A partir do outo-
no comeza a caída das follas que se pode
prolongar durante o inverno.
Flores. Son hermafroditas e están dispos-
tas en corimbos aplanados que se for-
man na terminación das poliñas do
mesmo ano. Aparecen de forma moi
numerosa, son moi pequenas e de cor
branca. Cáliz formado por 5 sáibaos e
corola por 5 pétalos soldados, coma se
fose unha soa peza, entre os que se sitú-
an os 5 estambres do androceo. Ovario
ínfero tricarpelar, onde se acha soldado o
cáliz, con 3 estigmas sésiles. A floración
prodúcese na primavera e no verán,
dependendo da altitude na que se atope.
Froito. Frutifica durante o verán e o outo-
no, dependendo, do mesmo xeito que a
floración, da altitude. O froito é unha
pequena baga globosa, negra ou violácea
Sambucus nigra L.
Galego: bieiteiro, binteiro, baiteiro,
sabugueiro, sabucu, sabugu
Castelán: saúco, sabuco, sabugo, sayu
go, canillero, linsusa
Catalán: saüc, saüquer, saüquera,
bonarbre .
Eúskaro: sauko, sakuta, intxusa, sabu
kitze, txotxika
16
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:35 Página 16
17. cando está madura, que contén moito
zume da mesma cor e de 3 a 5 sementes.
Reprodúcese por sementes, plantadas na
primavera ou outono, e tamén por brotes.
Pódese achar en Europa, Asia e norte de
África e polas zonas tépedas e frías do con-
tinente americano. En España distribúese
principalmente pola metade setentrional
da península, faltando totalmente nas Illas
Baleares. Esténdese polos pisos inferior e
montano ata non máis aló dos 800 metros
en chans soltos, fondos e ricos en nutrien-
tes, preferentemente en lugares frescos e
húmidos, así é frecuente atopalo preto de
ríos ou correntes de auga e en bosques
umbríos e húmidos; linderos de bosques
mixtos, robledales, soutos e aciñais. A
pesar do seu pouco agradable cheiro, sobre
todo das súas follas, a cultura popular utili-
zou este arboliño desde tempos inmemo-
riais, tanto polas súas propiedades medici-
ñais e alimenticias coma por outros usos
diversos. A madeira é tan mala que racha e
torce con moita facilidade e non se empre-
ga nin como combustible porque arde con
dificultade. As follas, cortiza fresca e froitos
inmaturos son lixeiramente tóxicos, pero
non así as flores e os froitos cando están
maduros por iso nalgúns lugares séguense
consumindo as flores cocidas ou empana-
das en receitas máis ou menos complexas.
Cos froitos fanse licores, augardentes, xaro-
pes, marmeladas e compotas. Pero, sen
dúbida, o uso como planta medicinal fixo
desta árbore un dos máis populares, polo
menos no mundo rural. Contén nitrato
potásico, pectina, taninos, pequenas canti-
dades de aceite esencial, azucres, ácidos
orgánicos, alcaloides (sambucina) e vitami-
na C. Ten propiedades sudoríficas, diuréti-
cas, depurativas e antiinflamatorias.
Emprégase en casos de catarros, gripes,
afeccións de garganta e cutáneas, conxunti-
vitis, como tonificante e como laxante
suave, dermatite, feridas e queimaduras.
Como non podía ser doutro xeito, a cultura
popular hao provisto de usos máxicos, xa
desde a época dos celtas, para os que eran
unha árbore sacra, ao que denominaban
Ruis no seu alfabeto druídico Ogham, e
rexía a época do 2 ao 29 de outubro. Úsase
en distintos ritos relacionados co solsticio
de verán, xeralmente para espantar os
malos espíritos para utilizarse máis tarde
como protector do gando e as facendas.
Asphodelus albus Miller
Galego: abrótega, abrótiga, mortegas
Castelán: gamón, asfódelo, albezón
Familia: Liliaceae.
Altura: Ata 100 centímetros.
Tipo: Perenne.
Floración: De abril a xuño.
Talo: Dereito, poucas veces ramificado, liso,
forte e duro. Raíces con forma de tubérculo.
Follas: Moi numerosas e todas en roseta basal,
carnosas, moi longas e estreitas (20-60 x 1-2
cm) e sección con forma de V aberta. Do cen-
tro da roseta parte o talo.
Flores: Inflorescencia terminal con forma de
espiga. Flores brancas. Perianto dividido en 6
tépalos de ata 3 cm de longo cunha liña central
lonxitudidal de cor abermellada. Androceo
con 6 estames libres. Ovario súpero trilocular
con 3 carpelos soldados, estilo longo e delgado
e estigma dividido en 4 lóbulos desiguais.
Froito: Cápsula casi esférica de cor castaño
cando está madura, de 1 cm ou algo máis de
diámetro, dividido en 3 lóbulos pouco marca-
dos e con 6 sementes no interior.
Hábitat: En solos pobres procedentes de
rochas silíceas, bosques, descampados, brei-
xos e diversos matorrais. Distribuida por todo
o sur de Europa.
Importancia práctica: Antigamente consumíase
a raíz, pero na actualidades xa non se fai por-
que contén asfodelina, un alcaloide velenoso.
Tamén se empregou na fabricación de cosmé-
ticos e obtención de alcohol. A raíz machuca-
da úsase, en aplicación externa, para combar-
tir eccemas, herpes ou psoriase.
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:35 Página 17
18. A abundante arquitectura relixiosa do concello de
Muxía atópase, ao igual que a súa poboación,
espallada polas pequenas aldeas do interior.
Seguindo un roteiro de norte a sur o viaxeiro pode
visitar as igrexas parroquiais de San Pedro de
Leis, San Martiño de Ozón, Santa María de
Morquintián, San Xiao de Moraime, Santa Leo-
cadia de Frixe e San Cristovo de Nemiña, bos
exemplos do predominio na comarca do que os
historiadores da arte dan en chamar "románico
rural galego".
Daucu carota L. subsp.
gummifer Hooker.
Galego: cenoura, cenoira, cenoria
Castelán: bufanaga, acenoria, sinoria, forrajera
Familia: Umbelliferae (Apiaceae).
Altura: Case sempre menor dos 100 cm
Tipo: Bienal.
Floración: De abril en diante.
Talo: Recto, delgado e estriado, recuberto de
pelos duros e inclinados, moi correoso e difícil
de romper. Ten unha raíz longa e leñosa, en
forma de nabo, non comestible.
Follas: Algo carnosas e brillantes. Polas feridas
exuda un líquido gomoso.
Flores: Inflorescencia terminal umbelar de 15-
30 radios e ata 10 cm de diámetro. Flores pen-
támeras e hermafroditas de cor branca ou rosa-
da, xeralmente cunha flor púrpura no centro.
Cáliz con dentes moi pequenos ou ausentes,
corola con 5 pétalos desiguais, androceo con 5
estames, xineceo con 2 carpelos, ovario ínfero e
2 estilos libres.
Froito: Oblongo, comprimido, con 5 costelas
primarias ciliadas e 4 secundarias con espinas.
Maduración no verán e outono.
Hábitat: Crece desde a beira do mar ata non
máis dos 800 metros, nas beiras de camiños,
pastizais, lugares areosos e, en xeral, en lugares
dedicados a inculto, con independencia do
tipo de chan. Cultívase en todo o mundo a
subespecie sativus, a popular zanahoria.
Importancia práctica: Os froitos e a raíz empré-
ganse polas súas propiedades diuréticas.
Ademais, polo seu alto contido en provita-
mina A, é beneficiosa en caso de trastornos
da visión e alteracións da pel.
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:35 Página 18
19. P
ara "entender" estas construc-
cións temos que situarnos crono-
loxicamente entre finais do S. XI
e principios do S. XIII nos dominios do
conde Pedro Froilaz e a súa familia, os
Traba, ligados aos monarcas Alfonso
VII, Fernando II ou Alfonso IX, gran-
des mecenas e protectores das terras
monxías. Foi no S. XII cando se edifica-
ron a maioría destas igrexas nunha
coxuntura favorable: crecemento
demográfico, importantes transforma-
cións no plano social e económico e
estabilidade política.
Neste mundo rural, con enclaves mal
comunicados, cunha poboación aínda
máis espallada que na actualidade e
que vivía basicamente da agricultura,
xorde unha prolífica arte rural, froito
dunha grande demanda popular que
ve nas igrexas tanto un refuxio espiri-
tual coma un lugar de defensa en situa-
cións límite, ademais dun punto de
encontro para solucionar os problemas
relacionados coa colectividade. E non
podemos esquecer a importancia de
Muxía como finisterre xacobeo e que
moitos peregrinos a Compostela conti-
nuaban a súa andaina ata este recun-
cho, fenómeno que tamén demanda
infraestructuras. Para cubrir ditas
demandas, polos mesmos camiños
chegaron á Costa da Morte unha serie
de obradoiros itinerantes procedentes
de Santiago, os cales, unha vez ralenti-
zadas as obras da basílica compostelá,
difundirán polo rural as técnicas
aprendidas na construcción da mesma.
En canto ás características constructi-
vas, salientar en primeiro lugar o
emprego de materiais locais coma o
granito, que condiciona a cantería
como tipo de aparello. A tipoloxía das
igrexas segundo a súa planta responde
maioritariamente a edificios de nave e
ábsida únicas, esta última case sempre
rectangular, con sinxelos sistemas de
cuberta: teitumes de madeira a dúas
augas nas naves, reservando a bóveda
de canón para as ábsidas. As excep-
cións son os edificios vencellados a
comunidades monásticas, con tres
naves e tres ábsidas semicirculares,
caso das igrexas de Ozón e Moraime,
constituindo a segunda o exemplo
mellor conservado de articulación do
espazo en tramos, típico da arquitectu-
ra románica.
Outros elementos arquitectónicos son
as torres-campanario, máis ben escasas
(Moraime e Morquintián), as espada-
nas, de construcción máis sinxela, e os
distintos elementos ornamentais, que
no interior do edificio se concentran na
ábsida e no arco trunfal que da acceso
ao presbiterio e no exterior nos canzo-
rros dos beirados, así como en portas e
ventás. Trátase de motivos xeométri-
cos, vexetais e figurativos, tanto de
humanos coma de animais (reais ou
imaxinarios) e nos que predomina a
temática sacra sobre a profana, esta
última relacionada co mundo dos
xograres, esa xente de mal vivir (Mor-
quintián, Leis). A escultura constituía
naqueles tempos un auténtico "catecis-
mo en imaxes", onde se recollían prin-
cipios teolóxicos e morais, lidos coma
se fosen cómix polos nosos iletrados
antergos.
arte
O ROMÁNICO RURAL GALEGO NO
CONCELLO DE MUXÍA
I. Contexto histórico e características constructivas
por J.Mª Costa Lago
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:35 Página 19
20. 20
P
aseando polas praias de Carnota
chámanos a atención unhas edifica-
cións coñecidas como salazóns, sali-
nas ou mesmo almacéns. Son construc-
cións adicadas á salgadura do peixe, bási-
camente sardiña, procedemento usado
maiormente entre outros como o afuma-
do, o escabechado ou o secado. O salgado,
procedemento máis usado en Galiza para
a conserva do peixe, consistía en descabe-
zar, eviscerar e limpar a especie máis
común que era a sardiña. Foi unha activi-
dade complementaria da pesca á que se
chamaba escochado, realizada preferente-
mente por famiiares dos mariñeiros de
todas as parroquias, coincidindo coas
épocas de abundancia de peixe, almace-
nándoas en barrís, coas que facían fronte
ás duras tempadas de escasez de peixe ou
mal tempo para saír ao mar.
Facendo un pouco de historia e con res-
pecto á pesca, o ilustrado Lucas Labrada
a comezos do século XIX di: "La pesca
que se hace en Finisterre, Corcubión, Cee
y El Pindo asciende anualmente a sesen-
ta mil millares de sardina, 200 quintales
de congrio, 1.500 de merluza y 300 de
abadejo". Ocorreu ao longo do século
pasado, cando se instalaron as industrias
de salazón polas familias catalanas na
maior parte dos portos de A Costa da
Morte, que ata entón adicábanse entre
outras á pesca da balea. Neste momento
a pesca sufre un cambio importante adi-
cándose á salazón da sardiña e aos seca-
deiros de congro. A iniciativa foi promo-
vida, según se conta, polo naufraxio en
costas galegas dun veleiro francés que
transportaba unha partida de conservas
de sardiñas de Nantes. As sardiñas des-
pertaron o interese de D. Victor Curbera
Puig, quen pensou na aplicación da abun-
dante e excelente materia prima que
entón existía nas nosas rías.
A instalación destas factorías concéntran-
se principalmente na ría de Corcubión,
Quilmas, Caldebarcos, Panchés, O Pindo,
Brens, Corcubión e Duio pero tamén
houbo factorías nas rías de Camariñas e
Muxía, nas de Corme e Laxe e na vila de
Malpica. Introducíuse ademais un cambio
nas condicións de traballo; os mariñeiros
que ata entón traballaban de xeito autóno-
mo, pasaron a ser asalariados destes
novos empresarios que se fan donos dos
medios de producción e comercialización.
Os galegos preparaban a sardiña polo
procedemento do escochado; sacában-
lle a cabeza e tripas e o peixe mantiña
toda a súa graxa, oxidándose rapida-
mente ao contacto co aire e collendo
unha cor amarelenta pouco apetecible
para un comestible, impedindo a súa
exportación a mercados de clima máis
cálidos coma os do Mediterráneo. Co
método catalán, salgaban as sardiñas
AA IINNDDUUSSTTRRIIAA DDAA SSAALLAAZZÓÓNN
NNAA CCOOSSTTAA DDAA MMOORRTTEE
paseando por aquí
por V. Corujo
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:36 Página 20
21. enteiras que eran procesadas en lotes,
mesturando o sal coa axuda de pas e
efectuando a súa inmersión en salmoi-
ra dentro de píos de cantería cuxa cabi-
da era moi superior á dos recipientes
de madeira que se usaban con anterio-
ridade nas citadas adegas das viven-
das, onde permanecían pechadas de 13
a 15 días, que era cando abrían os laga-
res e pasaban ao morto para o seu pren-
sado moi a modiño ata quedar limpas
de graxa, polo que o custo da produc-
ción era máis baixo, a sardiña tiña
mellor presenza, e comercializábanse
todos os excedentes, malia que o seu
gusto era peor que a preparada á gale-
apenas modificou as estructuras económicas
galegas porque os beneficios levábanse para
Cataluña, pero resultou ser o xérmolo da
industria conserveira do século XX. Este sis-
tema orixinou varios conflictos anticatalanis-
tas, como o que se deu na vila de Cee no ano
1757, cando un grupo dunhas setenta mulle-
res atacaron aos empleados de fomentadores
cataláns, destrozándolles os aparellos que
usaban. Na primeira etapa, (1750-1813) os
comerciantes cataláns desprazábanse a Gali-
za por colleitas, compraban, e ás veces mani-
pulaban a pesca salgada, traían viños para
comerciar, augardentes e estampados de
algodón, e, para facer rendíbel a viaxe de
volta, enchían os barcos co peixe salgado ela-
ga. A única innovación tecnolóxica que
trouxeron os cataláns a Galiza foi a do
uso dunha prensa de madeira, denomi-
nada "prensa de machos", que extraía a
graxa das sardiñas colocadas unhas
enriba das outras, prensándoas durante
unhas doce horas e deixando que esta
saíse lentamente e se deslizase por
unha rede de canles cara un pozo de
almacenamento. A graxa recollida ven-
díase como saín para curtir peles e se
preparar pinturas. A escama do peixe
utilizábase para estercar as leiras.
A burguesía catalana introduce un siste-
ma de producción capitalista aínda que
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:36 Página 21
22. borado polos pescadores galegos. Máis
tarde difundiron a súa técnica de prensado,
que eliminaba a graxa e conservaba máis
tempo o peixe, podendo comerciar mellor o
producto ao longo de todo o Mediterráneo.
Nunha segunda etapa, (1813-1830) moitas
familias catalanas acabaron asentándose
definitivamente nas rías galegas debido ao
crecemento dos seus negocios e, xa nunha
terceira fase comezan coa transformación
das salgadeiras en fábricas de conservas
enlatadas destinadas á exportación, anima-
dos polo desestanco e abaratamento do sal
e pola desmilitarización dos pescadores.
Estes empresarios cataláns con fortes axu-
das do goberno de entón, construíron gran-
des almacéns ou factorías de salgadura.
Dos primeiros almacéns construídos en
Galiza no século XVIII, feitos con madeiras
e con escasos medios, non quedan vesti-
xios, xa que foron substituídos por edifica-
cións de mampostería, cachote de pedra ou
sillares, que son hoxe as contruccións en
ruínas que abondan na nosa costa. Estos
almacéns, ou salgadeiras parten dunha
planta rectangular distribuída en tres sec-
cións diferenciadas.
22
Chanca. É a parte da fábrica constituída
polos lagares ou pías, nos que se salgaba
a sardiña. Estos lagares estaban escava-
dos na terra, construídos con lousas de
perpiaño no fondo e nos laterais, que son
medianeiros e unidas con morteiro de cal
hidráulico.
Claro ou patio. Estaba descuberto, a
diferencia da chanca e do morto. O chan
está lusado e inclinado cara ó centro
polo que descorre unha gabia de pedra
que se une á saída da fábrica con outra
máis grande que ía dar ao mar. Pola
gabia desaugaba a choiva, a auga do
lavado do peixe e a do baldeo diario do
claro. Este baldeo facíase con auga do
mar mesturada con sosa cáustica para
eliminar as graxas do lousado e evitar os
escorregamentos dos traballadores e tra-
balladoras.
Morto. Era a parte da fábrica destinada ao
prensado da sardiña, e alí atopabanse as
pozas para o saín e a morca. Ao longo do
morto atopábase a grade, formada por
dúas trabes de madeira.
O morto e a chanca atopábanse teitados
cunha estructura de madeira que descan-
saba sobre esteos de pedra e alí se situaba
un local teitado no que se gardaban e repa-
saban as redes dos barcos. Isto aínda se
observa en salgadeiras como a de Fisterra.
Ademais destes espazos comúns a todas as
salgadeiras, existía un depósito de sal, afo-
nil ou alfolí, situado ao remate da chanca.
Nalgúns edificios erguían un volume que
ben podía adicarse a despacho do dono, ou
tamén acoller o uso de casa-cuarto que
podía incluir un despacho.
Entre Camariñas e Muros destacan arqui-
tecturas deste tipo como o conxunto de sal-
gadeiras en Quilmas, en Carnota, e os seca-
doiros de congro en Muxía e aquelas
dunha segunda industrialización, como as
ruínas da baleeira de Caneliñas. O incre-
mento da producción e o éxito comercial
catalán veu dado pola interación destos
tres factores: o aumento das capturas debi-
do ás redes de arrastre, a organización do
traballo e as novas técnicas conserveiras.
Isto último propiciou algúns cambios no
deseño do edificio adicado ao salgado da
sardiña, que foron facéndose máis impor-
tantes ao introducir o enlatado e que aca-
barían derivando máis tarde no abandono
da vella salgadeira, ben na súa transforma-
ción, ben na súa incorporación a unha nave
maior. Son moitas e variadas as arquitectu-
ras da primeira e segunda industrializa-
ción adicadas á explotación do mar, feitas
nos cen anos que van de mediados do
século XIX a mediados do século XX.
Temos na nosa costa un patrimonio que
explica a transformación da mesma e dos
seus habitantes, un ben aínda sen valorar,
descoñecido e pouco estudado. É necesario
dar a coñecer estas arquitecturas indus-
triais e procurar que calquera intervención
que se achegue a elas sexa proteccionista,
dándolle un uso social e mantelas aprovei-
tando as grandes posibilidades que o seu
entorno ofrece.
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:36 Página 22
23. Se queres formar parte da Asociación ou escribir algunha colaboración no
Boletín, por favor enche os espacios cos teus datos e mándaos ao enderezo:
Asociación Pan de Raposo, Rúa de Arriba, nº 1 15270 CEE (A Coruña).
Nome: ______________________________________________
Enderezo: ______________________________________________
C.P.: ______________________________________________
Localidade: ______________________________________________
Teléfonos: ______________________________________________
Fax: ______________________________________________
e-mail: ______________________________________________
Tamén podes suscribirte a BBoolleettíínn por só 5 € de gastos de envío ao ano.
Contáctanos no Tf. 981747044 ou no enderezo panderaposo@panderaposo.com
pan de raposo
No pasado outono, fundouse no
concello de Ames unha agrupación
micolóxica que pretende integrarse
en Pan de Raposo e participar nas
nosas actividades. En tan pouco
tempo organizaron xa varias saí-
das, coma as que percorreron as
beiras dos ríos Sar (na zona de Teo)
e Xallas (en Tapia), outra na que
visitaron Guitiriz e outra a desem-
bocadura do Anllóns na Barra de
Ponteceso. Adoitan facer os “xoves
micolóxicos”. Boa sorte!!
O 25 de novembro do pasado ano,
unha vez rematadas as actividades da
VI Semana Micolóxica da Costa da
Morte, celebrouse a VI Cea Pan de
Raposo. Nesta ocasión a festa organi-
zouse en Neaño (Cabana) e coma
sempre o chef Miguel tivo que escoitar
as máis cálidas felicitacións polo éxito
das súas elaboracións culinarias.
Cada vez un sinte que é todo un pri-
vilexio participar desta exquisita cita
gastronómica.
Na pasada primavera un grupo de
compañeiros visitou unha zona tan
singular como a paraxe das Médu-
las, no límite xeográfico de Galicia e
León. Alí puideron percorrer os
seus antigos soutos e admirar aque-
la característica paisaxe luar. Esta
visita contrastou coa que se fixo
semanas antes ao percorrido da
Freixa do concello da Lama (Ponte-
vedra), entre bosques de acivros e
fragas polas que descorre o río
Xesta.
10 Boletín conselleria medio ambiente.qxd 11/1/08 10:36 Página 23