Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.
A ILLA DE SAN SIMÓN
Testemuña do amor e
da guerra.
PAISAxE huMANIzADA PoLA
hIStorIA
AS ILLAS DE SAN SIMÓN
BrEVE hIStorIA
As illas de San Simón, son dous pequenos
illotes, situados na enseada do mesmo
nome, ...
AS ILLAS DE SAN SIMÓN
BrEVE hIStorIA
• O 6 de xuño de 1838, a raíña gobernadora María
Cristina concedía por "Real Orden" a...
uNhA ILLA SEMPrE huMANA
 Refuxio
 Centro monástico no medioevo e fonte de inspiración para os
poetas
 Obxectivo de pira...
o NoME DA ILLA VÉN…
• A maior antigüidade onomástica da illa vén de
finais do século XII, datas nas que a Orde
Militar do ...
A LINguA gALEgA, LINguA Do
AMor MEDIEVAL
Sediame eu na ermida de San Simón
e cercáronmi as ondas, que grandes son
eu atend...
AS CANtIgAS DE AMIgo
• Son cantigas cun punto de vista feminino
• Proceden da canción feminina popular, concretamente das ...
PEDRO MADRUGA i
• Durante o reinado de Enrique IV (1455-1474), don Pedro, beneficiándose do favor e a
debilidade da coroa,...
PEDRO MADRUGA ii
• Durante a Guerra Irmandiña (1467-1469) don Pedro refuxiouse en Portugal, onde gañou a
amistade do monar...
PEDRO MADRUGA iii
• Pedro Madruga na Guerra de Sucesión (1474 - 1479).
• En 1474, morto Enrique IV, estala o conflicto suc...
PEDRO MADRUGA iV
• Acontecemento singular, dentro das escaramuzas que provocou o conflicto sucesorio en Galicia, foi a
pri...
PEDRO MADRUGA V
• O ocaso de Pedro Madruga (1480 - 1486).
• O arzobispo de Fonseca, paladín da coroa en Galicia, rompía to...
PEDRO MADRUGA Vi
• A morte de Pedro Madruga, en 1486, queda envolta na duda e o
misterio.
• Viaxa a Alba de Tormes buscand...
CASTELO DE SOUTOMAiOR i
• O Castelo de Soutomaior está
situado nun lugar
verdaderamente privilexiado
pola ampla paisaxe qu...
CASTELO DE SOUTOMAiOR ii
• Esta posición a pouca altura, ademáis de señorear as tierras do seu feudo
e controlar as comuni...
Castelo de soutomaior iii
• Unha das características do Castelo de Soutomaior é a gran variedade de técnicas
constructivas...
Castelo de soutomaior iV
• A nova modificación na Galería das
Damas permite que esta sexa visitable,
ofreceendo un novo mi...
a guerra, sempre a
guerra… Vaite
• Unha serie de infortunios levou á chamada a Flota de Ouro
a dar con sus magoados ósos n...
a Batalla de raNde
23 de outuBro de 1702
• a illa Como testemuña da guerra
de suCesióN
• Ademais do ouro e a prata, Rande ...
Que era uN galeóN
• Os galeóns eran "barcos pesados e relativamente
moi capaces (desprazaban unhas mil toneladas),
dotados...
Flota Francesa
Participantes:
15 navíos, 3 fragatas, 1 brulote e 1 aviso
Incidencias:
6 navíos e 2 fragatas foron capturad...
a eNseada de saN simóN,
mitifiCada pola literatura de
Xulio VerNe
Xulio VerNe
• Xulio verne é o autor de
Vinte mil leguas de viaxe no
fondo do mar en que un
submariño, o Nautilus,
entra na...
A ILLA COMO LAZARETO I
• A entrada en funcionamiento, en 1842, do Lazareto de San Simón, no fondo da Ría
de Vigo, resultou...
A ILLA COMO LAZARETO II
• O que, en boa parte, hai que agradecerllo ao
médico Taboada Leal, quen, xa no ano 1829,
comenzou...
A ILLA, dE nOvO, TEsTEMuñA dO
hORROR dA guERRA
• A guerra, sempre a guerra… vaite
• Douscentos trinta e catro anos despois...
A ILLA, CAMpO dE
COnCEnTRACIón duRAnTE A
guERRA CIvIL dE EspAñA• Aproveitando as instalacións do antigo convento e do laza...
• Buque mercante Upu Mendi, fondeado preto da Illa
de San Simón con máis de 600 presos republicanos
da Fronte de Asturias,...
CAL é O TEu fuTuRO, O nOsO
fuTuRO?
O fuTuRO fACéMOLO nós
• O futuro das Illas de San
Simón e de San Antonio
está na nosa vontade de
conservar un patrimonio
n...
Prochain SlideShare
Chargement dans…5
×

Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2

243 vues

Publié le

a illa de San Simón

Publié dans : Formation
  • Soyez le premier à commenter

  • Soyez le premier à aimer ceci

Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2

  1. 1. A ILLA DE SAN SIMÓN Testemuña do amor e da guerra.
  2. 2. PAISAxE huMANIzADA PoLA hIStorIA
  3. 3. AS ILLAS DE SAN SIMÓN BrEVE hIStorIA As illas de San Simón, son dous pequenos illotes, situados na enseada do mesmo nome, no fondo da ría de Vigo, fronte á parroquia de San Pedro de Cesantes. Segundo antigas tradicións foron sede dun mosteiro benedictino destruído nalgunha das razzias viquingas ou sarracenas que arrasaron as costas galegas entre os séculos X e XII. Tamén sitúase nelas a finais do século XII un mosteiro da Orde do Temple, adicado a San Simón. Destes tempos é a fermosa cantiga que o trobador Mendiño compuxo adicada á illa e que é un dos máis fermosos textos da lírica medieval. A presencia de distintas ordes relixiosas ao longo dos tempos no mosteiro situado nas illas alternouse coas incursións navais dos xa mencionados viquingos ou sarracenos e dos corsarios ingleses e holandeses, que dende 1583, da man de Francis Drake, ata 1719 caeron sobre elas en cada un dos seus ataques nas rías galegas.
  4. 4. AS ILLAS DE SAN SIMÓN BrEVE hIStorIA • O 6 de xuño de 1838, a raíña gobernadora María Cristina concedía por "Real Orden" a súa "Real Gracia para la construcción de un Lazareto (o segundo de España adicado á leprosería) en la Isla de San Simón".Na illa de San Antonio construiríanse outro peirao, un alboio ou almacén de ventilación, un hospital sucio e un cemiterio, sendo circundada toda a illa por unha parede de 10 pés. Ámbalas dúas illas quedarían unidas dende entón por unha ponte de pedra de tres arcos. Funcionaron as illas como lazareto ata 1927. Durante a II República, o goberno decidiu establecer nela un orfanato dependente da mariña mercante, pero non chegou a funcionar como tal pois en 1936, a raíz da sublevación militar, foi convertido o conxunto en colonia penitenciaría, instalándose a guarnición militar na illa de San Antonio e os reclusos na de San Simón. As illas, que comezaran sendo un lugar de reclusión voluntario para a contemplación e a reflexión dos relixiosos, pasaban a ser un lugar de aillamento sanitario dos leprosos, peligrosos para a sociedade pola posibilidade de contaxio, e despois de reclusión forzosa para os disidentes co levantamento fascista e o seu posterior réxime de dictadura. • Clausurada a penitenciaría en 1943, permaneceu semiabandonada ata que en 1948 foi destinada a Albergue Nacional, clausurado en 1950 con motivo dun naufraxio no que perderon a vida corenta e tres membros da "Guardia de Franco". O Catedrático de Historia Contemporánea Xosé ramón Barreiro comenta, no libro AILLADOS este derradeiro episodio negro con estas palabras: "Como nunha traxedia antiga, o manso mar da Illa exerceu simbólicamente a súa xustiza sobre algúns dos vencedores."
  5. 5. uNhA ILLA SEMPrE huMANA  Refuxio  Centro monástico no medioevo e fonte de inspiración para os poetas  Obxectivo de piratas  Leprosería e lazareto  Campo de concentración na posguerra  Abandoada a súa sorte  Suxeito pasivo de múltiples proxectos  O futuro…?
  6. 6. o NoME DA ILLA VÉN… • A maior antigüidade onomástica da illa vén de finais do século XII, datas nas que a Orde Militar do Temple habitou a illa ata a súa extinción no ano 1312. Foron eles, os Templarios, os que construíron nela unha igrexa baixo a advocación de SAN SIMÓN APÓSTOL, haxiotopónimo que se mantén na actualidade, polo que o trobador Meendinho xa recolle esta denominación anterior no século XIII.
  7. 7. A LINguA gALEgA, LINguA Do AMor MEDIEVAL Sediame eu na ermida de San Simón e cercáronmi as ondas, que grandes son eu atendendo o meu amigo eu atendendo o meu amigo! Estando na ermida ante o altar, e cercáronmi as ondas grandes do mar; eu atendendo o meu amiigo eu atendendo o meu amigo! E cercáromni as ondas, que grandes son non hei barqueiro nen remador; eu atendendo o meu amigo eu atendendo o meu amigo! E cercáronmi as ondas, do alto mar, non hei barqueiro nen sei remar, eu atendendo o meu amigo eu atendendo o meu amigo! Non hei barqueiro nen remador, morreréi fremosa no mar maior, eu atendendo o meu amigo eu atendendo o meu amigo! Non hei barqueiro nen sei remar, morrerei fremosa no alto mar, eu atendendo o meu amigo eu atendendo o meu amigo!
  8. 8. AS CANtIgAS DE AMIgo • Son cantigas cun punto de vista feminino • Proceden da canción feminina popular, concretamente das maguasajas árabes, en que unha moza bota en falta o seu amigo. • A cantiga de amigo da escola galego-portuguesa cultívase desde o século XII, chegando ao seu esplendor no século XIII, O rei Don Dinis en Portugal, o bispo Xelmirez en Santiago e Alfonso X “o Sabio” en Castela. • O sur da Península ibérica está dominada polos árabes. • Neste tipo de cantigas femininas é frecuente que a moza fale con elementos da natureza (as ondas do mar, as flores do verde pino, os cervos…) ou con amigas, ou coa súa nai, isto dalle un ton moi coloquial e menos culto que as cantigas de amor. • Nas cantigas de amigo nas que aparece o mar como interlocutor ou como escenario, o mar simboliza sempre o desexo sexual e o culto á fertilidade.
  9. 9. PEDRO MADRUGA i • Durante o reinado de Enrique IV (1455-1474), don Pedro, beneficiándose do favor e a debilidade da coroa, consolida e incrementa os seus dominios. Éstes consistían, inicialmente, no castelo de Soutomaior, que Vasco da Ponte (cronista galego de comenzos do s. XVI), evalúa como casa de setenta ou oitenta lanzas. Exercía o control directo sobre outra serie de casa fortes e torres que salpicaban o suroeste de Galicia dende o río Ulla ata o Miño; entre elas: Trinidad, Alba, Cotobade e Fornelos. Contaba, igualmente, coa posesión en feudo dun total de vinte feligresías en Terra de Salnés, que o arzobispo de Santiago, don Rodrigo Luna, concedera a Alvar Páez de Soutomaior. • Hacia 1467 obtuvo don Pedro, de Enrique IV, un xuro de 150.000 maravedís sobre as rentas reais de Pontevedra, Vigo e Redondela; concesión que lle serviu de pretexto para señorear estas tres cidades durante os anos 70 do s. XV, e que lle acarreou, ó mesmo tempo, o enfrentamento permanente co arzobispo de Santiago, don Alonso de Fonseca, a cal xurisdicción pertencían ditas cidades. Pedro Madruga continuou, como os seus predecesores Soutomaior, exercendo a encomenda sobre a igrexa de Tui, de forma que máis parecían os Soutomaior os señores da Igrexa, que os seus propios obispos, cos que o conflicto foi tamén permanente. • Finalmente, don Pedro Madruga chegou a titularse Vizconde Tui e Mariscal de Baiona.
  10. 10. PEDRO MADRUGA ii • Durante a Guerra Irmandiña (1467-1469) don Pedro refuxiouse en Portugal, onde gañou a amistade do monarca veciño, e contruxo matrimonio ventaxoso con doña Teresa de Táboa, da que tuvo sete fillos: Álvaro, Fernando, Cristóbal, Diego, Alfonso, Mayor e Constanza; así comezaba o que ía ser unha constante na súa traxectoria, a vinculación política e familiar con Portugal. A reacción feudal contra os Irmandiños proporcionoulle a oportunidade de introducirse no escenario nobiliar galego e gañar nel un posto eminente; cruza a fronteira portuguesa e recupera os seus dominios sin dificultade, derrotando ás hostes irmandiñas cerca de Pontevedra; ponse en contacto co arzobispo Fonseca e con don Juan Pimentel, irmán do conde de Benavente, ós que axuda a recuperar as súas anteriores posesións; por último, organiza á nobleza galega desbaratada e conducea ata o desmantelamento das posicións irmandiñas. • Era a alianza conxuntural da nobreza contra o enemigo común, que pronto se vería rota polas exixencias particulares de cada un. Pola súa parte, o de Soutomaior contaba cos servizos e axuda dunha serie de cabaleiros de acostamento ós que sostiña nas súas terras e dominios (os Montenegro ou os Valladares, entre outros), así como dos seus familiares os Soutomaior de Lantaño, ou seu fiel amigo don Lope Sánchez de Moscoso, conde Altamira. O momento cumbre da ascensión de Pedro Madruga prodúcese en 1475, cando obtén do rei portugués Alfonso V o título e os dereitos de conde de Camiña; por entonces constituira un dominio case exclusivo sobre a zona suroeste de Galicia, onde o pobo o invocaba como <<o noso rei>>; titulación acorde, polo demáis, coas súas pretensións hexemónicas, expresadas rotundamente nas súas propias palabras: <<en Galicia basta mi casa>>.
  11. 11. PEDRO MADRUGA iii • Pedro Madruga na Guerra de Sucesión (1474 - 1479). • En 1474, morto Enrique IV, estala o conflicto sucesorio entre a súa irmá Isabel e a súa filla Juana; mentras a nobreza galega adopta unha actitude espectante, seus dous líderes máis cualificados posicionanse rápidamente. Pedro Madruga ó lado de Juana e do bando portugués; e iso, por afinidade xeográfica e cultural, por vinculación familiar, e con miras á salvagarda dos seus interéses persoais, a cabalo entre o sur de Galicia e o norte Portugal. Fonseca ó lado de Isabel e da futura monarquía dos Reis Católicos, buscando a rehabilitación e o ascenso político. A intervención de don Pedro no conflicto sucesorio proporcionanos os acontecementos máis apasionantes da súa biografía. • Influe decisivamente no falido matrimonio entre Juana e o monarca portugués Alfonso V, programa e facilita a invasión portuguesa de Castilla; e él mesmo abre un frente galego na guerra, proclamando a Alfonso e Juana reis de Portugal, Castilla León e Galicia en Vigo, Caldas de Reis, Pontevedra, Padrón, Baiona e Tui. A esta presencia portuguesa en Galicia opuxose enerxicamente o obispo de Tui, don Diego de Muros, que tivo que sufrir, por elo, un prolongado cautiverio en terras portuguesas. • En outono de 1476 o arzobispado Fonseca, o conde de Monterrey, xunto cos nobres galegos que, de mellor a peor gana, incorporaranse ó bando isabelino, mandados por fray Arias del Rio, correxidor maior de Galicia, dirixense a Pontevedra, dispostos a reducir ó de Camiña; os secunda por mar unha escadra mandada por Ladrón de Guevara. Madruga resiste dous prolongados cercos á cidade, que terminan en fracaso polos asaltantes, quenes se deciden por unha tregua na primaveira de 1477.
  12. 12. PEDRO MADRUGA iV • Acontecemento singular, dentro das escaramuzas que provocou o conflicto sucesorio en Galicia, foi a prisión que sufriu Pedro Madruga a mans de don Rodrigo Alonso Pimentel, entre 1477 e 1478. Esta circunstancia foi aproveitada polo prelado compostelán e os demáis adversarios de Camiña paa dirixirse a Pontevedra e rendila; dende alí poderaronse de Redondela, Pontesampaio e Vigo; ocuparon varias fortlizas do de Soutomaior e realizan novas fortificacións na zona. Os partidarios de Soutomaior sólo conseguen sosterse no seu propio castelo, en Salvaterra e Fornelos. Era a hora da revancha de Fonseca. • Tras conseguir a súa liberdade, Pedro Madruga regresa a Galicia na primaveira de 1478; en menos dun ano consegue recuperar os dominios perdidos, apoderase de García Sarmiento, señor de Sobroso e do seu tio Fernán de Camba, dando morte a Gregorio de Valladares e a Tristán de Montenegro (antigos vasalos seus, agora no bando isabelino); os fonsecanos sólo conseguen manterse con dificultades en Pontevedra e Baiona. Según nos narra o cronista do s. XVII Felipe de la Gándara, un elemento clave nos éxitos militares de Madruga foi a utilización, por sus huestes, de arcabuces e outras armas de fogo, <<cousa que ata entón non se oira nin vira en España>>. En 1479 firmábanse as paces entre Castilla e Portugal, ó tempo que os Reis Católicos consolidábanse como monarcas de Castilla e Aragón. A pesar de que nos tratados se contemplaba un perdón xeral para os nobres que estiveran ó lado do monarca portugués, e de forma especial para Pedro Madruga, a situación política e militar da Península, que el soubera utilizar tan hábilmente en beneficio propio, tornábase agora adversa.
  13. 13. PEDRO MADRUGA V • O ocaso de Pedro Madruga (1480 - 1486). • O arzobispo de Fonseca, paladín da coroa en Galicia, rompía toda  relación con Pedro Madruga, reclamándolle a devolución das feligresías que tiña en feudo. Os Reis esixían a entrega de Vigo e Redondela á Igrexa de Santiago. Don Diego de Muros, obispo de Tui, queixábase ante a Curia Romana dos abusos que Pedro cometía contra a súa Igrexa. • Por outra parte, en 1480, estaban xa en Galicia, Antón de Paz, cos seus cuadrilleiros da Irmandade, e o Gobernador Acuña, dispostos a acabar co de Camiña. O cerco cerrábase sobre o señor de Soutomaior. Dándose éste conta do comprometido da súa situación, intenta actuación de desagravio hacia os seus adversarios e hacia a Coroa, e así, en 1482, restitúe a don Diego de Muros todos os bens que tiña usurpados á Igrexa de Tui. • Pero os Reis Católicos xa prepararan o final de Pedro Madruga. Protexeran na Corte a seu fillo maior, Álvaro de Sotomayor, e agora lle esixen que se faga cargo do señorío, desposeendo o seu pai. Don Álvaro, fiel ós desexos da Coroa, preséntase, en 1483, nas terras do seu pai e valéndose do engano, apodérase do castelo de Soutomaior; Pedro Madruga, que se atopaba en Portugal, ó coñecer esta traición, deshereda a seu fillo maior e arroialle a sua maldición. Pero, nun momento no que os feitos mandaban, todo isto era palabras que soaban a canto de cisne. Don Álvaro de Soutomaior heredaría o señorío co apoio e a confianza da Coroa, e ia a convertirse nun novo tipo de nobre, sumiso á voluntade dos monarcas.
  14. 14. PEDRO MADRUGA Vi • A morte de Pedro Madruga, en 1486, queda envolta na duda e o misterio. • Viaxa a Alba de Tormes buscando a reconciliación e a gracia reais; sen conseguir os seus propósitos atopa alí a morte. Vasco da Ponte narranos expresivamente: • <<…unos dixeron que el conde muriera allí de dos carbúnculos, otros dixeron que el alcalde de Proiaño entrara en el monasterio con sus porquerones y que le hechara un garrote en el pescuezo; unos dicen que fue de una manera y otros dicen que fue de otra, quizá fue de entrambas maneras>>. • Desaparecía así o persoaxe tal vez máis singular da axitada Galicia de fins do s.XV, e ó que a crónica coetánea,
  15. 15. CASTELO DE SOUTOMAiOR i • O Castelo de Soutomaior está situado nun lugar verdaderamente privilexiado pola ampla paisaxe que desde alí se divisa, a unos 119 metros sobre o nivel do mar, dominando o territorio enmarcado polo val do río Verdugo, desde a súa confluencia co río Oitavén ata a súa desembocadura na enseada de San Simón, en Arcade. Colocado no centro xeográfico do concello do mesmo nome, dista uns seis kilómetros por estrada da costa marítima e  un kilómetro e medio en líña recta do río Verdugo.
  16. 16. CASTELO DE SOUTOMAiOR ii • Esta posición a pouca altura, ademáis de señorear as tierras do seu feudo e controlar as comunicacións de sur a norte da provincia, ofrece as ventaxas de atoparse escondido ante as invasións realizadas por mar (normandos, turcos, piratas, etc.) e dispoñer de abundancia de auga para desenvolver os seus propios cultivos e pastos para a gandería. A construción orixinal data do sécuo XII, aínda que será con Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido polo alcume de Pedro Madruga, co quen alcance o seu máximo esplendor, xa que chegou a ser o epicentro da actividade política dol sur de Galicia durante o século XV. A nova modificación na Galería das Damas permite que esta sexa visitable, ofrecendo un novo mirador sobre o patio de armas.
  17. 17. Castelo de soutomaior iii • Unha das características do Castelo de Soutomaior é a gran variedade de técnicas constructivas empregadas, o que proba as moitas reconstrución levadas a cabo a medida que os tempos fóron sendo mellores e segundo fosen sendo necesarios os perfeccionamentos nas fortificacións. O cambio máis destacado foi no século XIX cando o castelo pasa a mans do Marqués de la Vega de Armijo coa construción neogótica da "Galería de Damas", éste transfórmao nunha residencia de verán. A súa inmediata sucesora é a súa sobriña, a Marquesa de Ayerbe, coñecida popularmente como a "Marquesa Roxa". Foi unha das precursoras do movemento feminista en España. Precisamente foi tamén a autora dunha das mellores publicacións sobre o pasado do castelo. O seu segundo esposo, o doutor Lluria, construiu un sanatorio nos seus arredores. Sen embargo, debido as súas actividades políticas, convertiron a Soutomaior nun centro sospeitoso de conspiraciones políticas e perderon a propiedade no ano 1917.En 1982 o castelo pasou a mans da Diputación Provincial de Pontevedra quen encarga a un grupo de expertos a restauración do conxunto, procedéndose a un estudio histórico e análise da súa evolución constructiva, reprantexándose todo o conxunto ata chegar á solución de enfatizar o diálogo entre fortaleza militar medieval e palacio medieval decimonónico. A fin da rehabilitación lógrase cinco anos despois, na que se repoñen entre outros elementos; teitos artesonados de madeira do palacio neogótico; substitúense as carpinterías exteriores e repónse a cuberta do castelo por unha estructura metálica, ofrecendo maior volume utilizable.
  18. 18. Castelo de soutomaior iV • A nova modificación na Galería das Damas permite que esta sexa visitable, ofreceendo un novo mirador sobre o patio de armas. • Hoxe en día as vellas pedras da fortaleza, xunto co Xardín que a rodea, destacan sobre as irregulares parcelas de cultivo que en suave pendente descenden ata o río. Constitúe unha paraxe para vivir plácidamente das comodidades que a natureza pode ofrecer, con abundancia de auga e bosques próximos con grandes posibilidades de caza, o deporte favorito na época das orixes deste castelo, sen esquecernos tampouco da pesca que ofrecen os ríos do lugar.
  19. 19. a guerra, sempre a guerra… Vaite • Unha serie de infortunios levou á chamada a Flota de Ouro a dar con sus magoados ósos no fondo da ría de Vigo. A ríxida burocracia, a guerra, os piratas e unha profunda indecisión propiciaron que os moitos tesouros acumulados durante séculos por aztecas e incas non alcanzaran nunca o seu destino e quedaran repartidos entre corsarios ingleses e holandeses, mercenarios franceses e, sobre todo, o fango marino da ría viguesa. O que pode considerarse como o máis grande tesouro da historia só é propiedade dos peixes e nebuloso horizonte dos moitos aventureiros que han buscado ouro nestas augas.
  20. 20. a Batalla de raNde 23 de outuBro de 1702 • a illa Como testemuña da guerra de suCesióN • Ademais do ouro e a prata, Rande cobrouse dous mil mortos e outros tantos feridos españois e oitocentos mortos e máis de cincocentos feridos ingleses. Ao día seguinte, amaneceu sobre unha bahía cuberta pola silenciosa resaca do combate, aínda que, moi cedo, o barón holandés Sparr atacou a baleira Redondela, apoderándose da prata por valor de cincoenta mil libras esterlinas.
  21. 21. Que era uN galeóN • Os galeóns eran "barcos pesados e relativamente moi capaces (desprazaban unhas mil toneladas), dotados, incluso os de comercio, de grandes castelos a proa e a popa. Estas inxentes masas que pesaban sobre os seus dous extremos restábanlle boa parte das súas facultades mariñas, pois o balanceo dos castelos e a resistencia que ofrecían ao vento eran outros tantos estorbos para desafiar o tempo. Pero a excelencia dos galeóns non se medía pola súa rapidez, senón pola seguridade que brindan aos navegantes. Os enormes castelos que agobiaban a esas naves obedecían simplemente a unha necesidade militar que era a máis urxente e atendible. Como os galeóns usaban a táctica da abordaxe para combater entre sí, o máis importante era que o inimigo, ao querer achegarse, tivese que asaltar un verdadeiro castelo flotante. E non cabía facer distinción entre os galeóns de guerra e os pacíficos de comercio, porque nos seus tempos o mar estaba infestado de merodeadores e piratas que obrigaban a precaverse aínda aos máis inofensivos".
  22. 22. Flota Francesa Participantes: 15 navíos, 3 fragatas, 1 brulote e 1 aviso Incidencias: 6 navíos e 2 fragatas foron capturados e levados 9 navíos e 1 fragata foron afundidos ou incendiados na ribeira 1 aviso e 1 brulote foron afundidos Flota española Participantes 3 galeóns de guerra 14 galeóns comerciais 2 pataches 1 barco auxiliar Incidencias: 6 galeones e 1 patache foron capturados e levados 1 galeón e un patache foron capturados inservibles para navegar e queimados na ría polos holandeses 3 galeóns encallaron en augas pouco fondas (Cesantes) e arderon na ribeira 7 galeóns foron a pique 1 barco auxiliar foi afundido. Flota anglo-holandesa Ingleses: 32 navíos e 7 brulotes Holandeses: 10 navíos Hai que engadir a estes outros brulotes, transportes de tropas e de gando e avituallamento, catro barcos-hospital, e numerosos barcos auxiliares que non tomaron parte na batalla. Coa unión posterior da escuadra de Sir Cloudesley Shovel que entra na ría despois da batalla (chega o día 27 de outubro dende Fisterra), a flota anglo-holandesa estaba composta finalmente por 140 velas. Ningún navío inglés nin holandés foi afundido. Flota anglo-holandesa: 23.599 (10.012 capitanes, lugartenientes e mariños, 13.587 oficiais e soldados das tropas de desembarco) 3.115 canóns Flota franco-española: 10.790 homes -mariños e soldados- 1.541 canóns Mortos e feridos na Batalla 2.000 mortos da escuadra franco-española e outros 2.000 feridos 800 mortos da anglo-holandesa e 500 feridos
  23. 23. a eNseada de saN simóN, mitifiCada pola literatura de Xulio VerNe
  24. 24. Xulio VerNe • Xulio verne é o autor de Vinte mil leguas de viaxe no fondo do mar en que un submariño, o Nautilus, entra na ría de Vigo procurando o tesouro de Rande para poder seguir mantendo o submariño, desta maneira a xeografía da ría de Vigo entra, de novo, na literatura universal, pois este libro está traducido a infinidade de linguas.
  25. 25. A ILLA COMO LAZARETO I • A entrada en funcionamiento, en 1842, do Lazareto de San Simón, no fondo da Ría de Vigo, resultou ser punto de inflexión clave para despegue dun porto que, a partir de aquel entón, convertiuse en escala de cuarentena obrigada para tódolos barcos que despois quixeran acceder a calquer outro punto do noroeste peninsular.O gran movemiento marítimo que impulsou o lazareto, as entradas e saídas de centos de buques tódolos anos, impulsou antigos e novos negocios de consignación, aprovisionamento, reparación e un longo etcétera. Ao longo da ducia de años que seguiron a súa inauguración, entre 1842 y 1854, fonderaron na Ría nada menos que 2.349 naves de tódalas bandeiras para pasar, coas súas tripulacións e viaxeiros, a necesaria cuarentena para evitar a difusión de enfermidades importadas, polo que se pode afirmar que aquelas instalacións supuxeron o arranque de Vigo como gran porto do Atlántico.
  26. 26. A ILLA COMO LAZARETO II • O que, en boa parte, hai que agradecerllo ao médico Taboada Leal, quen, xa no ano 1829, comenzou a predicar a necesidade de tal establecemiento sanitario. Os feitos viñeron a darlle a razón en 1834, cando en tódalas poboacións do litoral desatouse unha fortísima epidemia de cólera morbo - ao parecer, procedente de Inglaterra e traída por unha escadra de guerra portuguesa -, que en Vigo alcanzou unha especial virulencia, producindo un considerable número de mortos. O proxecto desenvolveuno o mesmo Taboada, inspirándose nos lazaretos de Marsella e Estocolmo, daquela considerados os mellores de Europa. Coma sempre ocurría cando se trata de Vigo - e segue ocurrindo, que exemplos non faltan -, o goberno da nación mostrouse moi remiso a dispoñer dos fondos necesarios para a súa construción, polo que a súa inauguración sufreu notables retrasos. Ata que tivo que intervir un importante industrial da época, outro vigués destacado do século XIX, Norberto Velázquez Moreno, de orixe rioxano, quen aportou do seu pecunio particular os caudais que se necesitaban para que o establecemento puidese converterse en realidade.
  27. 27. A ILLA, dE nOvO, TEsTEMuñA dO hORROR dA guERRA • A guerra, sempre a guerra… vaite • Douscentos trinta e catro anos despois, San Simón acolle de novo a dor, o sangue e o odio:
  28. 28. A ILLA, CAMpO dE COnCEnTRACIón duRAnTE A guERRA CIvIL dE EspAñA• Aproveitando as instalacións do antigo convento e do lazareto instalouse nas primeiras semanas da guerra civil unha especie de cárcere provisional para presos gubernativos que aínda non foran encausados pola xurisdicción militar. Nesta época moitos dos detidos de San Simón foron sacados por elementos de Falanxe, Garda Civil e os chamados "cívicos", e executados nas cunetas das estradas e diante dos muros dos cimeterios. Segúndo testemuños, o director de San Simón e das prisións de Pontevedra, Lago Búa, e o médico forense Bustelo, foron responsables, xunto co teniente Rodríguez da Garda Civil, de moitos "paseos"; tamén dedicáronse a deter a persoas de dereitas ás que logo poñían en liberdade a cambio de importantes cantidades de diñeiro. Denunciados por unha desas persoas de dereitas, foron condeados a morte en consello de guerra celebrado a porta pechada, e executados por un piquete ao mando, "casualmente", do seu compinche o teniente Rodríguez. • Ao derrumbarse o Fronte Norte moitos prisioneiros foron conducidos a esta cárcere provisional en funcións de campo de concentración. Desde o porto de Bilbao partiu o barco prisión "Upo Mendi", cheo de prisioneros, coa finalidade de integralo no sistema concentracionario de San Simón. A falta de calado impediu que o "Upo Mendi" se acercara o suficiente á illa, permanecendo fondeado en augas máis profundas da ría de Vigo. A San Simón foron tamén conducidos desde o campo de concentración de Camposancos varios presos condenados a pena de morte para seren executados. • Ao finalizar a guerra tratouse de converter o Campo de Concentración de San Simón nun centro de reclusión para presos maiores de sesenta anos de idade, trasladando a centenares deles desde tódalas partes de España
  29. 29. • Buque mercante Upu Mendi, fondeado preto da Illa de San Simón con máis de 600 presos republicanos da Fronte de Asturias, todos nas adegas amontoados, con ratas, sen auga e malas condicións hixiénico sanitarias (debían facer as necesidades físicas en caldeiros). Cando o buque quedou escorado pola entrada de auga os presos foron evacuados a Illa e unha grande parte chegou ao Campo de Concentración de O Pasaxe (Colexio dos P.P. Xesuítas) en Camposancos, na Garda.    
  30. 30. CAL é O TEu fuTuRO, O nOsO fuTuRO?
  31. 31. O fuTuRO fACéMOLO nós • O futuro das Illas de San Simón e de San Antonio está na nosa vontade de conservar un patrimonio natural, cultural e histórico de extraordinaria personalidade. • Procuremos que non volvan a seren testemuñas da guerra, está nas nosas mans.

×