SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  25
LETRAS E
MULLERES NO
MUNDO ANTIGO:
FEMININO,
PLURAL
8 de marzo: Día da Muller
Algún dos moitos pensadores machistas e
misóxinos que no mundo existiron definíu ás
mulleres como homes inacabados e receptáculos
para criar meniños.
Con razón un dos motivos
polos que o filósofo Tales de
Mileto daba grazas ás
divindades era por ter nacido
varón e non muller.
Moitas rapazas da época antiga
comezaban sendo dominadas
polos pais ou irmáns, logo polos
cónxuxes e remataban baixo o
control dos fillos; sempre un
varón gobernaba nas súas vidas.
As mulleres levaban unha vida enclaustrada (as súas saídas
eran mínimas: algunha celebración relixiosa ou visitas ás
amigas e sempre vixiadas) e carecían de dereitos políticos.
Coidar do marido e da prole e atender as tarefas
domésticas (entre as que cómpre salientar a costura: más
vale una buena muger con una rueca hilando que no cien
reynas malas con sus sceptros reynando, di Guevara no s.
XVI) consumían o seu tempo,
desta maneira merecerían un epitafio como o gravado sobre
a tumba de Claudia:
Esta é a triste sepultura dunha
fermosa muller. Os seus pais
chamárona Claudia. Amaba de
todo corazón ao seu cónxuxe.
Tivo dous fillos. Foi de
conversación agradable e de
conducta axeitada. Coidou da
súa casa e fiaba na roca.
Canto menos se falase delas
mellor, vexamos o que dí
Pericles respecto das viúvas
dos caidos nos primeiros
tempos da Guerra do
Peloponeso:
E se tamén debo referirme á
virtude das mulleres que
agora quedarán viúvas, con
brevidade direino todo: a vosa
gloria máis grande consistirá
en non ser inferiores á vosa
natural condición e en que
entre os homes se fale de vos
o menos posible.
Tres adxectivos latinos recollen o arquetipo da
muller antiga encarnado na grega Penélope e
na romana Lucrecia: univira (muller dun único
home), domiseda (muller da súa casa) e
lanifica (muller que fía, costureira)
Penélope Lucrecia
Mais cómpre coñecer tamén a existencia de
mulleres que xa no mundo antigo foron quen
de rachar coas imposicións para facer valer
os seus talentos.
Un bo inicio pode ser acudir a pluma do
bispo renacentista e mindoniense Frei
Antonio de Guevara (nada adicto ás
mulleres) que na súa obra Relox de
príncipes recolle anécdotas e nomes de
famosas mulleres antigas, apoiado en todo
tipo de fontes (Boccaccio, Varrón, Virxilio,
Estrabón, Dióxenes Laercio...)
Lelia Sabina:
unha das fillas do cónsul Sila, a romana máis sabia
da súa época, excelente lectora en grego e latín e
magnífica escritora de cartas e discursos que, unha
vez memorizados, pronunciaba o seu pai. Dise que
defendeu no senado ao seu pai da matanza de tres
mil romanos “porque muchas vezes acontece que la
cordura de los fijos buenos remedia los desatinos de
los padres locos”
Entre os discípulos do filósofo
Platón destaca a parella
formada polas doutas gregas
Lasterma e Axiotea, tiña o
mestre en tan alta estima as
súas capacidades que non
comezaba as súas leccións
mentres algunha delas non
chegara porque “en más tenía
el divino Platón la memoria y
entendimiento de aquellas
mugeres solas que no la
filosofía de todos sus filósofos
juntos”
Areta, filla do filósofo Aristipo, era considerada unha
das maiores coñecedoras da obra socrática. Escribíu
sobre multitude de temas: louvanzas de Sócrates, sobre
a crianza dos nenos, das batallas atenienses, acerca das
infidelidades das mulleres, de agricultura, sobre formigas
e abellas, sobre as vaidades da mocidade e as
calamidades da vellez... Ensinou durante trinta e cinco
anos e tivo como discípulos a máis de cen filósofos.
Morta aos setenta e sete anos, os atenienses
dedicáronlle este epitafio:
“Aquí yaze Areta, la gran greciana, lumbre que fue de
toda la Grecia, la qual tuvo la fermosura de Elena, la
honestidad de Thirma, la péñola de Aristipo, el ánima de
Sócrates y la lengua de Omero”
Incluso o gran Pitágoras tivo unha irmá,
de nome Teoclea, que lle ensinaba
filosofía e unha filla, chamada
Polícrata, sabia e elocuente a tal
punto que “valía más la palabra que ella
dezía hablando a la rueca, que no la
philosophía que su padre leýa en la
Academia”. A esta filla Pitágoras no seu
testamento recoméndalle: “que seas tal
y tan buena, que, si los hados me
quitaren la vida, a lo menos tú sustentes
mi memoria; porque ya sabes tú lo que
dixo Omero hablando de Achiles y de
Pirro: que la buena vida del hijo vivo
sustenta la fama del padre muerto”
De Nicóstrata ou Carmenta, muller do rei
Evandro, que versificaba con tanta facilidade
como outros escribían en prosa e que
vaticinou a destrución de Troia e o imperio de
Roma sobre o mundo coñecido, dicíase que
os seus escritos sobre a guerra de Troia de
conservarse enturbarían os poemas
homéricos.
Alexandre Magno non casou coa filla de Darío porque,
aínda que fermosa e rica, non era sabia, prefiríu a
Barsina, pobre e non moi agraciada mais “en las letras
griegas y latinas era muy doctíssima”. Aos que non
entendían a súa elección díxolles: “en los casamientos
harto abasta que el marido sea rico y la muger que
tomare sea sabia; porque el oficio del marido es ganar lo
perdido y el oficio de la muger es conservar lo ganado”
Os lidios reservan un lugar principal
na súa lista de monarcas a raíña
Mirtis, de corpo moi pequeno mais
con grandes coñecementos
filosóficos (e por iso recibiu o alcume
de “Gigantea”) posto que “los
antiguos tanta gloria davan a las
mugeres doctas en las letras como
davan a los hombres que eran
diestros en las armas”.
A romana Cornificia, de ilustre familia e
quizais pertencente ao círculo dos neotéricos,
compuxo epigramas que Xerónimo cualifica de
insignes. Irmá do poeta Quinto Cornificio din
que versificaba mellor e con máis rapidez que
o seu irmán.
Cornelia, da familia dos Escipións e nai dos
Gracos, é autora da primeira carta privada que
podemos ler na literatura latina, primeiro exemplo de
prosa literaria escrita por unha muller antes do
florecemento da literatura latino-cristiá. No foro foille
dedicada unha estatua de bronce, a primeira dunha
muller en Roma. Nunha ocasión preguntada por un
romano de que estaba máis orgullosa, dixo: “Más me
precio yo de la sciencia que he deprendido que no de
los fijos que he parido; porque al fin los hijos
sustentan en honra la vida, mas los discípulos
perpetúan la fama después de la muerte”.
A súa cultura e obra foi
louvada por moitos
escritores, sirva de
exemplo Cicerón: “Si el
nombre de muger a
Cornelia no la abatiera,
entre todos los filósofos
merescía ser única;
porque jamás vi de
carnes flacas proceder
sentencias tan graves”
Cornelia rexeita a coroa de Ptolomeo VIII,
cadro de Laurent de La Hyre
(Museo de Belas Artes de Budapest)
Boccaccio cita na súa obra acerca das
mulleres ilustres a Proba: gran
coñecedora dos versos de Homero e
Virxilio comentou con eles os textos
bíblicos sendo digno de admiración
“haver esta muger tovido entero
conoscimiento de los libros de la
Sagrada Scriptura, lo qual havemos
conoscido en pocos hombres en
nuestro tiempo”
Moitas máis romanas e gregas
conseguiron infiltrarse nun
mundo literario acaparado polos
varóns, da maioría conservamos
poucos ou ningúns escritos pero
quedan nomes que merecen ser
citados:
Na Oratoria: 
• Hortensia (filla do orador Quinto Hortensio, pronunciou no
foro un elaborado discurso en defensa da exención do tributo
que os triunviros pretendían cobrar ás máis ricas mulleres
romanas),
• Mesia (autodefendeuse nun xuízo utilizando todo tipo de
recursos oratorios grazas aos que logrou a absolución pero
tamén o alcume de Marimacho porque “baixo o seu aspecto
feminino escondía un alma varonil” ao dicir de Valerio
Máximo) ou
• Carfania (as súas desaforadas actuacións nos tribunais
motivaron a promulgación dun edicto prohibindo ás mulleres
actuar en defensa doutros para evitar que atentasen contra o
pudor propio de seu sexo e que exercesen profesións
varonís).
No xénero epistolar:
Amais da xa citada Cornelia, 
• Servilia (unha das amantes de César para quen redactou
unha das poucas cartas latinas de amor escritas en prosa),
• Clodia, Terencia (carteábase co seu cónxuxe Cicerón
cando este estaba lonxe do fogar para telo informado da
política, da administración familiar, de asuntos
económicos...),
• Tulia (filla de Terencia e Cicerón, as súas epístolas eran
de tipo familiar),
• Fulvia, Acia (nai de Augusto ao que escribe para
comunicarlle o asasinato de César e pedirlle que regrese a
Roma para facerse cargo dos asuntos familiares e da nova
situación),
• Livia Drusila, a emperatriz Flacida...
Na poesía
• as latinas Perila (posible fillastra de Ovidio), Sulpicia I
(compuxo elexías inspiradas no seu amor a Cerinto),
Sulpicia II (contemporánea de Marcial, escribe poesía
amorosa e quizais unha sátira en setenta hexámetros na
que lamenta a situación decadente de Roma na época de
Domiciano e quéixase da expulsión dos filósofos da cidade)
ou Aconia Fabia Paulina (do século IV d. C.,
conservamos os versos dedicados ao seu cónxuxe,
verdadeiro canto de amor conxugal) e
• as gregas Corina (competidora de Píndaro), Praxila 
(entre outras compuxo cancións para acompañar ao viño
que se recitaban despois do banquete), Nóside (autora de
epigramas de tema feminino), Filina, Ánite, 
Telesila...sen esquecer a coñecida Safo.
Na filosofía a pitagórica Esara (III a.C)
• No mundo das ciencias a alquimista do século II d. C.
María
• E imos rematar, a finais do século IV, cunha muller
peregrina, escritora e da Gallaecia (a primeira escritora
galega en latín!) Exeria: movida pola súa sede de
coñecemento emprendeu unha viaxe aos santos lugares
da que nos deixou un diario, o documento máis antigo
dunha peregrinación. Ela, da mesma maneira que todas
as mulleres citadas anteriormente, desafiou as sexistas
normas da súa época. Todas elas son exemplos de que
aínda en tempos difíciles e en condiciones adversas, as
mulleres foron quen de realizar con éxito grandes
empresas en áreas dominadas polos varóns.
Por todo o exposto, letras e mulleres
teñen xénero feminino e número plural.
Retrato ideal de Exeria

Contenu connexe

Tendances

Cantigas sta maria
Cantigas sta mariaCantigas sta maria
Cantigas sta mariaLoli Cid Cid
 
PROSA_MEDIEVAL
PROSA_MEDIEVALPROSA_MEDIEVAL
PROSA_MEDIEVALxenevra
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaVinseiro
 
Faro de Vigo 2011 09-27
Faro de Vigo 2011 09-27Faro de Vigo 2011 09-27
Faro de Vigo 2011 09-27EdicionsCuruxa
 
A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...
A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...
A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...EdicionsCuruxa
 
Analise e fontes do n.s. de rafael dieste
Analise e fontes do n.s. de rafael diesteAnalise e fontes do n.s. de rafael dieste
Analise e fontes do n.s. de rafael diesteXenza
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medievalxenevra
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosMarlou
 
Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27EdicionsCuruxa
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegasagarridog
 
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
Xente ao lonxe   eduardo blanco amorXente ao lonxe   eduardo blanco amor
Xente ao lonxe eduardo blanco amorMaría Sánchez
 
Presentación tópicos literarios
Presentación tópicos literariosPresentación tópicos literarios
Presentación tópicos literariosmirucapcpi
 

Tendances (20)

Cantigas de santa maría
Cantigas de santa maríaCantigas de santa maría
Cantigas de santa maría
 
Cantigas sta maria
Cantigas sta mariaCantigas sta maria
Cantigas sta maria
 
A lírica medieval
A lírica medievalA lírica medieval
A lírica medieval
 
PROSA_MEDIEVAL
PROSA_MEDIEVALPROSA_MEDIEVAL
PROSA_MEDIEVAL
 
Prosa medieval
Prosa medievalProsa medieval
Prosa medieval
 
Séculos escuros e ilustración
Séculos escuros e ilustraciónSéculos escuros e ilustración
Séculos escuros e ilustración
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesa
 
Faro de Vigo 2011 09-27
Faro de Vigo 2011 09-27Faro de Vigo 2011 09-27
Faro de Vigo 2011 09-27
 
A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...
A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...
A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anx...
 
Analise e fontes do n.s. de rafael dieste
Analise e fontes do n.s. de rafael diesteAnalise e fontes do n.s. de rafael dieste
Analise e fontes do n.s. de rafael dieste
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textos
 
Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27
 
Muller Na Lite1
Muller Na Lite1Muller Na Lite1
Muller Na Lite1
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
Xente ao lonxe   eduardo blanco amorXente ao lonxe   eduardo blanco amor
Xente ao lonxe eduardo blanco amor
 
Música no Renacemento
Música no RenacementoMúsica no Renacemento
Música no Renacemento
 
Epica Latina 2009
Epica Latina 2009Epica Latina 2009
Epica Latina 2009
 
Presentación tópicos literarios
Presentación tópicos literariosPresentación tópicos literarios
Presentación tópicos literarios
 

Similaire à Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl

C:\Fakepath\ Feminino, Plural
C:\Fakepath\ Feminino, PluralC:\Fakepath\ Feminino, Plural
C:\Fakepath\ Feminino, Pluralmfarpon
 
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónstrafegandoronseis
 
Personaxes pioneiros 1 20
Personaxes pioneiros 1 20Personaxes pioneiros 1 20
Personaxes pioneiros 1 20Matilde De Cal
 
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Marlou
 
Narrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 pptNarrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 pptMrc558688
 
Reis católicos - Renacemento
Reis católicos - RenacementoReis católicos - Renacemento
Reis católicos - Renacementoaggcoruxo
 
Narrativa medieval II
Narrativa medieval IINarrativa medieval II
Narrativa medieval IIMrc558688
 
Res Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiRes Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiAlfonso Blanco
 
Res Historiae Vrbis Romae
Res Historiae Vrbis RomaeRes Historiae Vrbis Romae
Res Historiae Vrbis RomaeAlfonso Blanco
 
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein. Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein. rcms9
 
Cuestions ppau grego 19 20
Cuestions  ppau grego  19 20Cuestions  ppau grego  19 20
Cuestions ppau grego 19 20JuanGalvez37
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegasLourenço Alvarez Ruiz
 
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESOManuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESOtrafegandoronseis
 

Similaire à Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl (20)

C:\Fakepath\ Feminino, Plural
C:\Fakepath\ Feminino, PluralC:\Fakepath\ Feminino, Plural
C:\Fakepath\ Feminino, Plural
 
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os TemposBeatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
Beatriz Perez Mulleres Cientificas De Todos Os Tempos
 
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
 
Personaxes pioneiros 1 20
Personaxes pioneiros 1 20Personaxes pioneiros 1 20
Personaxes pioneiros 1 20
 
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
Son muller, e que? (por Puala Cambeses)
 
As damas do laboratorio
As damas do laboratorioAs damas do laboratorio
As damas do laboratorio
 
Narrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 pptNarrativa medieval 1 ppt
Narrativa medieval 1 ppt
 
Reis católicos - Renacemento
Reis católicos - RenacementoReis católicos - Renacemento
Reis católicos - Renacemento
 
Exeria
Exeria Exeria
Exeria
 
Literatura latina
Literatura latinaLiteratura latina
Literatura latina
 
Narrativa medieval II
Narrativa medieval IINarrativa medieval II
Narrativa medieval II
 
Res Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani ImperiiRes Historiae Romani Imperii
Res Historiae Romani Imperii
 
Res Historiae Vrbis Romae
Res Historiae Vrbis RomaeRes Historiae Vrbis Romae
Res Historiae Vrbis Romae
 
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein. Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
Biografía de Mary Shelley e o mito de Frankenstein.
 
Cidades de Italia
Cidades de ItaliaCidades de Italia
Cidades de Italia
 
risco
riscorisco
risco
 
Cuestions ppau grego 19 20
Cuestions  ppau grego  19 20Cuestions  ppau grego  19 20
Cuestions ppau grego 19 20
 
Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESOManuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
 

Letras e Mulleres No Mundo Antigo Feminino Pl

  • 1. LETRAS E MULLERES NO MUNDO ANTIGO: FEMININO, PLURAL 8 de marzo: Día da Muller
  • 2. Algún dos moitos pensadores machistas e misóxinos que no mundo existiron definíu ás mulleres como homes inacabados e receptáculos para criar meniños. Con razón un dos motivos polos que o filósofo Tales de Mileto daba grazas ás divindades era por ter nacido varón e non muller.
  • 3. Moitas rapazas da época antiga comezaban sendo dominadas polos pais ou irmáns, logo polos cónxuxes e remataban baixo o control dos fillos; sempre un varón gobernaba nas súas vidas.
  • 4. As mulleres levaban unha vida enclaustrada (as súas saídas eran mínimas: algunha celebración relixiosa ou visitas ás amigas e sempre vixiadas) e carecían de dereitos políticos. Coidar do marido e da prole e atender as tarefas domésticas (entre as que cómpre salientar a costura: más vale una buena muger con una rueca hilando que no cien reynas malas con sus sceptros reynando, di Guevara no s. XVI) consumían o seu tempo, desta maneira merecerían un epitafio como o gravado sobre a tumba de Claudia:
  • 5. Esta é a triste sepultura dunha fermosa muller. Os seus pais chamárona Claudia. Amaba de todo corazón ao seu cónxuxe. Tivo dous fillos. Foi de conversación agradable e de conducta axeitada. Coidou da súa casa e fiaba na roca.
  • 6. Canto menos se falase delas mellor, vexamos o que dí Pericles respecto das viúvas dos caidos nos primeiros tempos da Guerra do Peloponeso: E se tamén debo referirme á virtude das mulleres que agora quedarán viúvas, con brevidade direino todo: a vosa gloria máis grande consistirá en non ser inferiores á vosa natural condición e en que entre os homes se fale de vos o menos posible.
  • 7. Tres adxectivos latinos recollen o arquetipo da muller antiga encarnado na grega Penélope e na romana Lucrecia: univira (muller dun único home), domiseda (muller da súa casa) e lanifica (muller que fía, costureira) Penélope Lucrecia
  • 8. Mais cómpre coñecer tamén a existencia de mulleres que xa no mundo antigo foron quen de rachar coas imposicións para facer valer os seus talentos. Un bo inicio pode ser acudir a pluma do bispo renacentista e mindoniense Frei Antonio de Guevara (nada adicto ás mulleres) que na súa obra Relox de príncipes recolle anécdotas e nomes de famosas mulleres antigas, apoiado en todo tipo de fontes (Boccaccio, Varrón, Virxilio, Estrabón, Dióxenes Laercio...)
  • 9. Lelia Sabina: unha das fillas do cónsul Sila, a romana máis sabia da súa época, excelente lectora en grego e latín e magnífica escritora de cartas e discursos que, unha vez memorizados, pronunciaba o seu pai. Dise que defendeu no senado ao seu pai da matanza de tres mil romanos “porque muchas vezes acontece que la cordura de los fijos buenos remedia los desatinos de los padres locos”
  • 10. Entre os discípulos do filósofo Platón destaca a parella formada polas doutas gregas Lasterma e Axiotea, tiña o mestre en tan alta estima as súas capacidades que non comezaba as súas leccións mentres algunha delas non chegara porque “en más tenía el divino Platón la memoria y entendimiento de aquellas mugeres solas que no la filosofía de todos sus filósofos juntos”
  • 11. Areta, filla do filósofo Aristipo, era considerada unha das maiores coñecedoras da obra socrática. Escribíu sobre multitude de temas: louvanzas de Sócrates, sobre a crianza dos nenos, das batallas atenienses, acerca das infidelidades das mulleres, de agricultura, sobre formigas e abellas, sobre as vaidades da mocidade e as calamidades da vellez... Ensinou durante trinta e cinco anos e tivo como discípulos a máis de cen filósofos. Morta aos setenta e sete anos, os atenienses dedicáronlle este epitafio: “Aquí yaze Areta, la gran greciana, lumbre que fue de toda la Grecia, la qual tuvo la fermosura de Elena, la honestidad de Thirma, la péñola de Aristipo, el ánima de Sócrates y la lengua de Omero”
  • 12. Incluso o gran Pitágoras tivo unha irmá, de nome Teoclea, que lle ensinaba filosofía e unha filla, chamada Polícrata, sabia e elocuente a tal punto que “valía más la palabra que ella dezía hablando a la rueca, que no la philosophía que su padre leýa en la Academia”. A esta filla Pitágoras no seu testamento recoméndalle: “que seas tal y tan buena, que, si los hados me quitaren la vida, a lo menos tú sustentes mi memoria; porque ya sabes tú lo que dixo Omero hablando de Achiles y de Pirro: que la buena vida del hijo vivo sustenta la fama del padre muerto”
  • 13. De Nicóstrata ou Carmenta, muller do rei Evandro, que versificaba con tanta facilidade como outros escribían en prosa e que vaticinou a destrución de Troia e o imperio de Roma sobre o mundo coñecido, dicíase que os seus escritos sobre a guerra de Troia de conservarse enturbarían os poemas homéricos.
  • 14. Alexandre Magno non casou coa filla de Darío porque, aínda que fermosa e rica, non era sabia, prefiríu a Barsina, pobre e non moi agraciada mais “en las letras griegas y latinas era muy doctíssima”. Aos que non entendían a súa elección díxolles: “en los casamientos harto abasta que el marido sea rico y la muger que tomare sea sabia; porque el oficio del marido es ganar lo perdido y el oficio de la muger es conservar lo ganado”
  • 15. Os lidios reservan un lugar principal na súa lista de monarcas a raíña Mirtis, de corpo moi pequeno mais con grandes coñecementos filosóficos (e por iso recibiu o alcume de “Gigantea”) posto que “los antiguos tanta gloria davan a las mugeres doctas en las letras como davan a los hombres que eran diestros en las armas”.
  • 16. A romana Cornificia, de ilustre familia e quizais pertencente ao círculo dos neotéricos, compuxo epigramas que Xerónimo cualifica de insignes. Irmá do poeta Quinto Cornificio din que versificaba mellor e con máis rapidez que o seu irmán.
  • 17. Cornelia, da familia dos Escipións e nai dos Gracos, é autora da primeira carta privada que podemos ler na literatura latina, primeiro exemplo de prosa literaria escrita por unha muller antes do florecemento da literatura latino-cristiá. No foro foille dedicada unha estatua de bronce, a primeira dunha muller en Roma. Nunha ocasión preguntada por un romano de que estaba máis orgullosa, dixo: “Más me precio yo de la sciencia que he deprendido que no de los fijos que he parido; porque al fin los hijos sustentan en honra la vida, mas los discípulos perpetúan la fama después de la muerte”.
  • 18. A súa cultura e obra foi louvada por moitos escritores, sirva de exemplo Cicerón: “Si el nombre de muger a Cornelia no la abatiera, entre todos los filósofos merescía ser única; porque jamás vi de carnes flacas proceder sentencias tan graves” Cornelia rexeita a coroa de Ptolomeo VIII, cadro de Laurent de La Hyre (Museo de Belas Artes de Budapest)
  • 19. Boccaccio cita na súa obra acerca das mulleres ilustres a Proba: gran coñecedora dos versos de Homero e Virxilio comentou con eles os textos bíblicos sendo digno de admiración “haver esta muger tovido entero conoscimiento de los libros de la Sagrada Scriptura, lo qual havemos conoscido en pocos hombres en nuestro tiempo”
  • 20. Moitas máis romanas e gregas conseguiron infiltrarse nun mundo literario acaparado polos varóns, da maioría conservamos poucos ou ningúns escritos pero quedan nomes que merecen ser citados:
  • 21. Na Oratoria:  • Hortensia (filla do orador Quinto Hortensio, pronunciou no foro un elaborado discurso en defensa da exención do tributo que os triunviros pretendían cobrar ás máis ricas mulleres romanas), • Mesia (autodefendeuse nun xuízo utilizando todo tipo de recursos oratorios grazas aos que logrou a absolución pero tamén o alcume de Marimacho porque “baixo o seu aspecto feminino escondía un alma varonil” ao dicir de Valerio Máximo) ou • Carfania (as súas desaforadas actuacións nos tribunais motivaron a promulgación dun edicto prohibindo ás mulleres actuar en defensa doutros para evitar que atentasen contra o pudor propio de seu sexo e que exercesen profesións varonís).
  • 22. No xénero epistolar: Amais da xa citada Cornelia,  • Servilia (unha das amantes de César para quen redactou unha das poucas cartas latinas de amor escritas en prosa), • Clodia, Terencia (carteábase co seu cónxuxe Cicerón cando este estaba lonxe do fogar para telo informado da política, da administración familiar, de asuntos económicos...), • Tulia (filla de Terencia e Cicerón, as súas epístolas eran de tipo familiar), • Fulvia, Acia (nai de Augusto ao que escribe para comunicarlle o asasinato de César e pedirlle que regrese a Roma para facerse cargo dos asuntos familiares e da nova situación), • Livia Drusila, a emperatriz Flacida...
  • 23. Na poesía • as latinas Perila (posible fillastra de Ovidio), Sulpicia I (compuxo elexías inspiradas no seu amor a Cerinto), Sulpicia II (contemporánea de Marcial, escribe poesía amorosa e quizais unha sátira en setenta hexámetros na que lamenta a situación decadente de Roma na época de Domiciano e quéixase da expulsión dos filósofos da cidade) ou Aconia Fabia Paulina (do século IV d. C., conservamos os versos dedicados ao seu cónxuxe, verdadeiro canto de amor conxugal) e • as gregas Corina (competidora de Píndaro), Praxila  (entre outras compuxo cancións para acompañar ao viño que se recitaban despois do banquete), Nóside (autora de epigramas de tema feminino), Filina, Ánite,  Telesila...sen esquecer a coñecida Safo.
  • 24. Na filosofía a pitagórica Esara (III a.C) • No mundo das ciencias a alquimista do século II d. C. María • E imos rematar, a finais do século IV, cunha muller peregrina, escritora e da Gallaecia (a primeira escritora galega en latín!) Exeria: movida pola súa sede de coñecemento emprendeu unha viaxe aos santos lugares da que nos deixou un diario, o documento máis antigo dunha peregrinación. Ela, da mesma maneira que todas as mulleres citadas anteriormente, desafiou as sexistas normas da súa época. Todas elas son exemplos de que aínda en tempos difíciles e en condiciones adversas, as mulleres foron quen de realizar con éxito grandes empresas en áreas dominadas polos varóns.
  • 25. Por todo o exposto, letras e mulleres teñen xénero feminino e número plural. Retrato ideal de Exeria