SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  14
Télécharger pour lire hors ligne
O pasado mércores día 22 de
novembro os alumnos de 4º da
ESO realizamos unha excursión a
Santiago, na cal asistimos a un
pleno, fomos á Cidade da Cultu-
ra, perdémonos polas encantado-
ras rúas de Santiago e fixemos
unha visita guiada polo Parla-
mento. Ás 9:30 da mañá parti-
mos rumbo á Cidade da Cultura,
onde Miguel, o noso guía, nos levou polas diferentes instalacións. O que máis me cha-
mou a atención foi a explicación que nos deu sobre a estrutura do edificio. Contounos
que o arquitecto pretendía plasmar a paisaxe galega, e conseguiu que a construción
semellara unha montaña. Tamén me chamou moito a atención a biblioteca, que con-
taba con andeis compactos onde se almacenan todos os escritos publicados en Galicia;
dende libros ata xornais. Ao finalizar esta visita dirixímonos ao Parlamento, onde
puidemos presenciar un pleno, o mellor momento da excursión, onde vimos distintos
grupos parlamentarios debatendo sobre diferentes aspectos. Unha mágoa non poder
estar máis tempo. Despois contamos con tempo libre para xantar na cidade vella de
Santiago e internarnos nas súas rúas, tendas, catedral, seminario... Para finalizar es-
ta actividade volvemos ao Parlamento galego onde Hixinio nos guiou polas diferentes
salas de reunións dos distintos grupos parlamentarios; tamén nos aclarou os distintos
conceptos relacionados con este ámbito poñéndonos un vídeo, e fixemos un pequeno
debate entre as dúas clases de 4º. En definitiva, foi unha xornada na que aprende-
mos moitas cousas novas, pero sobre todo, pasámolo xenial... Aínda que chegamos a
casa bastante cansos...!
Icía.
VISITA DO ALUMNADO DE 4º ESO AO
PARLAMENTO DE GALICIA E AO GAIAS
EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Crónicas dos alumnos
Mércores 22 de novembro
Página 2
Realizamos unha viaxe a Santiago na que
fomos todos os alumnos de 4º ESO e nela
realizamos varias visitas: a primeira visita
foi no Gaiás (Cidade da Cultura de Gali-
cia). É un complexo arquitectónico, obra
de Peter Einseman. Concretamente, o
Gaiás encóntrase na cúspide do monte
Gaiás; o complexo está formado por va-
rios edificios e espazos orientados a
proxectos culturais e de entretemento. Despois fomos ao Parlamento a ver unha sesión (un
pleno), que na miña opinión foi o mellor da excursión .
Pola tarde, cando acabamos de comer, volvemos ir ao Parlamento xa que tiñamos unha guía
turística no seu interior. Nesta visita aprendín que o Parlamento é unha institución onde reside
o poder lexislativo da comunidade autonómica de Galicia, a cal ten moitas funcións (por exem-
plo: controlar a acción executiva da Xunta de Galicia). Tamén aprendemos a composición de es-
canos (Partido Popular de Galicia, En Marea, Partido Socialista de Galicia e Bloque Nacionalista
Galego).
Esta viaxe, na miña opinión, estivo moi ben, xa que aprendimos diversas cousas.
Yasmina.
Dende o meu punto de vista, a excursión que fixemos recentemente a Santiago estivo
bastante ben, aínda que o museo do Gaiás xa o visitamos hai algún tempo, pero gustou-
me igual, aínda que pensaba que duraba máis tempo e había máis cousas que ver. O
Parlamento encantoume pero para min foi mellor a visita deste que cando vimos como
debatían porque me pareceu algo aburrida, xa que sempre facían o mesmo. O que máis
me gustou desa parte foi o home que pasaba a rechear os vasos de auga, ese foi o mellor
de todos (eu vou traballar niso). Pero o mellor de todo foron as dúas horas libres que
tivemos, onde puidemos comer e pasear por Santiago libremente, pero sobre todo sacar
fotos.
Sofía.
Página 3
O pasado mércores fixemos unha saída a Santia-
go de Compostela. Comezamos visitando o Gaiás,
onde nos levaron por todos os seus edificios en-
sinándonos e explicándonos cada unha das fun-
cións deles. Unha das cousas que máis me chamou
a atención foi a explicación de por que as dife-
rentes partes do Gaiás teñen esas formas.
Despois fomos ao Parlamento onde estivemos
vendo unha discusión entre os diferentes partidos que me gustou bastante e pareceume moi in-
teresante. Cando rematou tivemos tempo libre, que foi o que máis me gustou xa que puidemos
ver libremente a cidade de Santiago e coñecela un pouco máis. Cando rematou o tempo libre
para comer tivemos a visita guiada polo Parlamento onde nos levaron polas diferentes salas dos
partidos e explicáronnos brevemente como funcionaba. A excursión foi moi interesante e pasá-
molo moi ben, aínda que ao final da visita ao Parlamento estabamos un pouco cansos.
Vera.
A visita a Santiago encantoume, paseino moi ben e gustáronme moito as visitas que realizamos.
A primeira visita ao Gaiás foi moi amena e descubrín cousas novas e moi interesantes como o
sistema de almacenamento dos libros da Biblioteca e Arquivo de Galicia que me sorprendeu
moito, e tamén aprendín o por que da forma deste museo.
No Parlamento vimos as diferentes salas e as súas funcións, e tamén asistimos ao debate que
me gustou moito xa que foi interesante ver aos políticos falar.
Recomendo esta visita e a repetiría xa que o pasamos moi ben e aprendimos un montón de
cousas novas e interesantes.
Juan.
Página 4
O pasado mércores, día 22 de novembro, os alumnos e alumnas de 4 de ESO tivemos a sorte
de viaxar ata Santiago para visitar o Gaiás (Cidade da Cultura) e o Parlamento Galego.
Na Cidade da Cultura descubrimos a riqueza cultural galega que, por desgraza, segue a ser moi
descoñecida e desaproveitada. Alí vimos o museo do Gaiás, con exposicións temporais; a arqui-
tectura e os diversos compoñentes do complexo; a Biblioteca e o Arquivo Galegos, con máis de
2.000.000 de libros, e o Centro de Emprendemento. Neste último, se cadra o que máis goza-
mos, chamounos a atención o gran traballo que fan dende a Cidade da Cultura para impulsar
as innovacións e as pequenas empresas.
Sen dúbida, todo un complexo de inigualable valor cultural (e arquitectónico!).
No parlamento galego tivemos a sorte de asistir a unha sesión de pleno, na que se discutía a
situación actual dos montes de Galiza. Esta foi unha experiencia nova para tod@s.
Ademais, realizamos unha visita guiada por todas as estancias do edificio. Sen dúbida, as que
máis nos gustaron foron as salas de reunión dos distintos partidos políticos. Tamén realizamos
prácticas de debate, e mesmo descubrimos que podemos participar directamente no goberno!
Foi unha xornada xenial que repetiríamos sen dúbida.
Verónica.
Página 5
O que máis me chamou a atención da excursión foi o debate entre os distintos partidos políticos,
que tivo lugar na cámara do Parlamento. No Gaiás descubrimos que a estrutura en forma de
montaña dos edificios, débese á intención do arquitecto de integralos na natureza do contorno. E
no Parlamento aprendimos como se desenvolven os debates entre os voceiros dos diferentes parti-
dos. A xornada fíxose moi entretida e amena, xa que aprendimos moitas cousas interesantes e
tamén tivemos un tempo libre, no que puidemos coñecer e gozar da cidade de Santiago. O mo-
mento máis divertido foi no Parlamento, cando fixemos unha pequena e breve representación dun
hipotético debate entre nós. Na miña opinión, poderíase prolongar o tempo de chegada, para
aproveitar máis a visita de pola tarde ao Parlamento.
Carmen.
Nesta excursión, visitamos, en primeiro lugar, o Gaiás. Aínda que a gran maioría de nós xa fora,
a verdade é que foi agradable volver visitalo, xa que fomos xa hai uns anos e non estivo mal re-
cordalo. Logo fomos ao Parlamento, e o que máis me gustou foi ver o pleno e máis tarde facer
nós mesmos un debate, que foi unha experiencia divertida á vez que educativa. Á marxe de todo
iso, o que máis me gustou de toda a excursión foi o noso tempo libre para comer e dar unha vol-
ta pola cidade.
Uxía.
Página 6
O pasado mércores realizamos unha excursión a Santiago de Compostela, a capital de Galicia.
Nela aprendemos moitas cousas e pasámolo ben. O primeiro sitio que visitamos foi o Gaiás,
onde recibimos unha visita guiada. Segundo chegamos, explicounos cal é o motivo de que tive-
ra esa forma, que foi a representación do casco vello de Santiago. A continuación visitamos a
parte onde se situaban moitas empresas, as cales podían traballar individualmente ou en co-
working.
Finalmente visitamos a biblioteca, onde gardan todos os libros, arquivos, xornais... dende hai
anos.
O que máis me chamou a atención foi o túnel subterráneo, onde podes pasar dunha parte do
museo a outra e por onde descargan toda a mercancía necesaria. Tras rematar a visita na
cidade da cultura, collemos o bus e marchamos para o centro de Santiago, onde tivemos a
oportunidade de ver unha parte dun pleno. Unha vez saímos, decidimos ir a xantar, onde
tiñamos liberdade para ir xantar onde preferira cada un. No tempo libre que tivemos dende
que rematamos de xantar ata as catro, aproveitamos para ver a cidade. Despois volvimos ao
Parlamento, onde, nesta ocasión, vímolo máis detidamente. Creo que esta excursión serviunos
para aprender moito e coñecer sitios novos, ademais de pasar un bo rato todos xuntos.
Paula López.
Página 7
Na excursión que fixemos a Santiago visitamos
a Cidade da Cultura e o Parlamento. O que
máis me chamou a atención da Cidade da
Cultura foi o tamaño que ten, a cantidade de
diñeiro que se investiu e a similitude que ten
coa zona vella de Santiago de Compostela,
pareceume moi orixinal. Cando rematamos a
visita ao Gaiás fomos ao Parlamento a ver un
pleno. Xa pola tarde, volvimos para facer a
visita completa, vimos as salas nas que se reú-
nen os diferentes partidos políticos, o hemici-
clo, e moitas cousas máis. Tamén fixemos un
pequeno debate para aprender a falar ante
outros grupos parlamentarios e argumentar
as nosas propostas. Ambas visitas me gustaron
moito.
Andrea Díaz.
O pasado mércores 22 de novembro, os alumnos de 4° de ESO fomos pasar a mañá e parte da
tarde a Santiago de Compostela. O primeiro que fixemos foi ir ao monte Gáias, á Cidade da
Cultura, onde aprendemos que o plano da Cidade da Cultura é como a parte vella de Santiago
e tamén aprendemos un montón de cousas dos diferentes edificios. Alí tamén visitamos a parte
subterránea que conecta todos os edificios. O que máis me chamou a atención foron os andeis
da biblioteca. Despois fomos ao Parlamento a ver uns minutos do debate no pleno e logo deixá-
ronnos unas horas para xantar e dar unha volta por Santiago. Pola tarde volvimos otra vez ao
Parlamento para que nos explicaran o seu funcionamento.
Lorena.
Página 8
O pasado xoves 23 de novembro fixemos unha visita á cidade de Santiago de Compostela.
Dende o meu punto de vista, foi unha excursión moi entretida e interesante, xa que, á par-
te de dedicarlle tempo ás visitas organizadas, tivemos un par de horas de tempo libre para
comer e facer unha pequena visita á cidade. Na miña opinión, iso foi o máis divertido, xa
que foi a primeira vez que fun a Santiago; pareceume unha cidade preciosa, e a súa cate-
dral é impresionante. Respecto á visita ao Gaiás, quedei sorprendido co dato de que teña as
mesmas proporcións que o casco antigo de Santiago, e tiña unha biblioteca cunha gran can-
tidade de libros, dende moi antigos ata novos; pareceume sorprendente que teñan libros
como o de Galiza Emigrante e revistas como A Nosa Terra, as que cría que eran moi difíci-
les de atopar. No Parlamento, pola mañá vimos unha sesión parlamentaria, na que se non
me lembro mal debatían dúas mulleres sobre aspectos relacionados coa economía de Galicia,
unha era do BNG e a outra do PP; pola tarde tivemos unha visita guiada polas súas salas,
podendo acceder á de cada partido político. Concluíndo, penso que foi unha excursión boísi-
ma na que á parte de pasalo ben aprendín cousas novas, e quero agradecerlle aos profesores
que nos acompañaron o seu esforzo, xa que esta foi unha das moi poucas excursións que ti-
vemos en toda a ESO, e penso que non saíu tan mal como se esperaba.
Borja Souto.
Página 9
O pasado mércores, os alumnos de 4º ESO realizamos unha saída ata a cidade de Santiago,
onde visitamos a Cidade da Cultura, durante a mañá, e o Parlamento Galego, durante a tarde.
A visita ao Gaiás non foi nada novo para nós dado que en cursos anteriores xa fixeramos unha
excursión parecida, pero hai que admitir que nesta visita puidemos ver máis lugares da Cidade
da Cultura. O máis interesante foi a biblioteca, na que se gardan ao redor dun millón de libros
cun sistema de andeis moi avanzado e sorprendente.
Ao rematar a comida por Santiago puidemos pasear libremente polas súas rúas. Ao redor das
catro da tarde partimos ata o Parlamento, onde puidemos ver un anaco do pleno, xa pola ma-
ñá. Unha vez alí, o guía levounos polas diferentes salas do Parlamento nas que se reúnen os
grupos parlamentarios. Tamén acudimos ata a sala parlamentaria, que foi o momento máis
divertido da visita ao Parlamento. Xa rematadas as actividades, eu creo que foi unha excursión
bastante interesante pero tamén incluiría unha visita á Catedral.
Mario.
Página 10
O pasado mércores 22 de novembro, os alumnos de cuarto de ESO realizamos unha viaxe a
Santiago. Primeiro visitamos a Cidade da Cultura, que xa coñeciamos, mais esta vez non a
visitamos como museo, senón que as explicacións ían encamiñadas ao por que da súa estéti-
ca e ao por que da súa construción naquel monte; ademais dos seus funcionamentos. Sor-
prendeume que os edificios formasen parte da ladeira da montaña e por outra banda
aprendín o que era o “Coworking” (varias empresas traballando nun mesmo espazo) e
tamén asombroume a estrutura das empresas que non traballaban con este método, as pa-
redes das súas oficinas estaban feitas con caixas de cartón. Pola tarde asistimos á visita
guiada ao Parlamento, aínda que pola mañá foramos alí a ver un pleno, o cal me gustou
moito xa que non é o mesmo velo na televisión que en directo. A visita guiada foi tamén
entretida, puidemos ver as diferentes salas do Parlamento e fixemos un debate, para en-
tender dalgunha maneira o traballo que se desempeña no hemiciclo. Pareceume unha ex-
cursión moi entretida aínda que me gustaría estar máis tempo vendo o pleno.
Sara.
Página 11
Onte, mércores 22 de novembro, fomos a Santiago a ver a Cidade da Cultura e o Parlamento.
Saímos do CPI As Mirandas ás 9:30h da mañá e chegamos a Santiago sobre ás 11:00 h, onde
vimos a Cidade da Cultura pola mañá. Despois fomos a xantar co meu grupo de amigos ao Bur-
guer King e visitamos a Catedral de Santiago. Pola tarde visitamos o Parlamento e chegamos a
Ares ás 19:30 h. A Cidade da Cultura ten forma de monte, en concreto ao monte Gaiás no que
está situado. Nela vimos unhas columnas que eran diferentes unhas das outras, a Biblioteca. O
que máis me gustou foi a sala de Emprendemento, xa que nela había diferentes empresas
(microempresas ou macroempresas), nas que por 60€/mes, dispoñían de moitas cousas. Tamén
nos ensinaron como era a Cidade da Cultura dende 1999 ata agora e Anxo contou unha anéc-
dota na que dicía que antes había no lugar moitas aguias. Despois fomos ao Parlamento a ver un
debate parlamentario no que os diferentes partidos políticos debatían sobre un tema, neste caso,
sobre os incendios. Pola tarde volvimos á Catedral de Santiago cada un pola súa conta. De novo
visitamos en grupo as instalacións do Parlamento de Galicia. Nel estivemos en diferentes salas
nas que cada unha tiña a súa propia función e visitamos onde pola mañá viramos o debate polí-
tico. Finalmente chegamos ás 19:30 h.
Iago.
Página 12
Bos días! O mércores 22 o alumnado de 4° de ESO fixemos unha excursión a Santiago para
visitar o Parlamento de Galicia e o Gaiás. Nesta excursión aprendemos quen foi Peter Einsen-
man e o por que da forma de construción do edificio, xunto coas funcións do Parlamento e
como se traballaba nel. Eu paseino moi ben en xeral, pero os meus momentos favoritos foron
cando realizamos o debate e a visita da cidade. Cando chegamos, o primeiro que fixemos foi
ir ao Gaiás e a continuación a visita ao Parlamento para ver como realizaban un debate.
Despois chegou o momento da comida e o paseo por Santiago, visitando os lugares máis
coñecidos da cidade como por exemplo a catedral. Por último, regresamos ao Parlamento
pero esta vez para ver como era.
A excursión foi xenial e para repetir!!
Andrea Riveiro.
O pasado mércores, os alumnos de Cuarto realizamos unha saida a Santiago de Compostela,
nesta viaxe visitamos a Cidade da Cultura, o Parlamento galego e a parte vella da cidade.
O que máis me chamou a atención da saída foi a explicación que nos deron sobre a estrutura e a
forma do Monte Gaías, tamén aprendimos as funcións que desempeña, as partes do edificio e os
partidos políticos que forman o Parlamento. A mellor parte da excursión foi o tempo libre onde
puidemos explorar a cidade e así coñecela máis. A xornada desenvolveuse con normalidade aínda
que ao final da visita do Parlamento estabamos cansos.
A excursión foi fantástica, pasamos un día moi divertido e estamos desexando que chegue o se-
gundo trimestre para ter outra saída.
Paula Mesías.
Página 13
O día 22 de novembro 4º de ESO foi a Santiago a visitar o Gaiás, a Cidade da Cultura de Ga-
licia, e o Parlamento de Galicia. Pareceume unha importante e interesante visita, xa que alí
tivemos guías que nos estiveron contando e explicando todo sobre os dous lugares, dende a
construción ata que puidemos ver un anaco de debate.
Eu penso que o que máis nos chamou a atención foi cando nos ensinaron os grandes túneles
por abaixo do Gaiás, tamén a maneira de organizar os libros na biblioteca, todo era máis mo-
derno do de pensabamos. No Parlamento tamén nos decatamos da biblioteca, xa que, á parte
de ter moitos libros, tiña distintos mobles de grandes escritores. Esta viaxe foi co obxectivo de
aumentar o noso coñecemento; e foi así, no primeiro lugar vimos a maqueta do museo, a cal
foi feita por Peter Einsenman. El ensinounos unha maneira de colocar os teitos para que dende
a cidade de Santiago non se puidesen ver os edificios, que só se poida ver o bosque. Aquí vos
deixo unha foto para que non creades que estou tola.
Vedes!! Agora xa podo seguir… O momento máis divertido foi cando o noso guía da Cidade da
Cultura nos ensinou a biblioteca, quedamos sen palabras ao ver que os andeis estaban xuntos e
se separaban ao premer un botón. Sobre o Parlamento foi xenial ver toda esa xente expoñer as
súas ideas, e a forma de falar… Pero fíxose un pouco aburrido na última parte, pero polo de-
mais todo foi xenial. Vouvos contar que estar sentado nas cadeiras dos maiores partidos políti-
cos é como se te sentiras maior e máis importante. Foi todo xenial e os profes portáronse bas-
tante ben deixándonos por Santiago…
Lara.
O pasado mércores día 22 de novembro realizamos unha saída a Santiago de Compostela, on-
de puidemos visitar a Cidade da Cultura e o Parlamento de Galicia. Na Cidade da Cultura, o
que máis me chamou a atención foi a biblioteca, ese mecanismo que teñen os andeis, aínda que
tamén me chamou a atención a forma paisaxista dos edificios. Esta visita gustoume bastante,
xa que vimos lugares que non puidemos ver cando fomos a anterior vez. No Parlamento de
Galicia, o que máis me gustou foi ver un anaco dunha sesión plenaria, aínda que tampouco es-
tivo mal o percorrido polo Parlamento, o malo é que xa estabamos cansos. A xornada desen-
volveuse ben. Cando chegamos a Santiago, o primeiro que fixemos foi visitar a Cidade da Cul-
tura, cando rematamos fomos ver un anaco dunha sesión plenaria ao Parlamento. A conti-
nuación fomos a comer, e ao rematar, deixáronnos tempo libre, onde visitamos a catedral de
Santiago e pasámolo moi ben.
Julia.

Contenu connexe

Plus de Yolanda Castro

La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoYolanda Castro
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoYolanda Castro
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoYolanda Castro
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoYolanda Castro
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Yolanda Castro
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaYolanda Castro
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaYolanda Castro
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaYolanda Castro
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoYolanda Castro
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroYolanda Castro
 
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de AresBases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de AresYolanda Castro
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandasManifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandasYolanda Castro
 
Mulleres gañadoras do premio nobel da paz
Mulleres gañadoras do premio nobel da pazMulleres gañadoras do premio nobel da paz
Mulleres gañadoras do premio nobel da pazYolanda Castro
 
Relacion def titulos_clubs16_17_
Relacion def titulos_clubs16_17_Relacion def titulos_clubs16_17_
Relacion def titulos_clubs16_17_Yolanda Castro
 

Plus de Yolanda Castro (20)

La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustrado
 
The red chair
The red chairThe red chair
The red chair
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustrado
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiago
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y Marta
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatia
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatia
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
 
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de AresBases concurso Fotografía Concello de Ares
Bases concurso Fotografía Concello de Ares
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Bases PREGUNTÓN 2018
Bases PREGUNTÓN 2018Bases PREGUNTÓN 2018
Bases PREGUNTÓN 2018
 
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandasManifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
Manifesto 8 marzo, Día da Muller. CPI As MIrandas
 
Mulleres gañadoras do premio nobel da paz
Mulleres gañadoras do premio nobel da pazMulleres gañadoras do premio nobel da paz
Mulleres gañadoras do premio nobel da paz
 
Relacion def titulos_clubs16_17_
Relacion def titulos_clubs16_17_Relacion def titulos_clubs16_17_
Relacion def titulos_clubs16_17_
 
Formulario 2
Formulario 2Formulario 2
Formulario 2
 
Formulario 1
Formulario 1Formulario 1
Formulario 1
 

Visita a Santiago de Compostela. 4º ESO. CPI As Mirandas. Ares

  • 1. O pasado mércores día 22 de novembro os alumnos de 4º da ESO realizamos unha excursión a Santiago, na cal asistimos a un pleno, fomos á Cidade da Cultu- ra, perdémonos polas encantado- ras rúas de Santiago e fixemos unha visita guiada polo Parla- mento. Ás 9:30 da mañá parti- mos rumbo á Cidade da Cultura, onde Miguel, o noso guía, nos levou polas diferentes instalacións. O que máis me cha- mou a atención foi a explicación que nos deu sobre a estrutura do edificio. Contounos que o arquitecto pretendía plasmar a paisaxe galega, e conseguiu que a construción semellara unha montaña. Tamén me chamou moito a atención a biblioteca, que con- taba con andeis compactos onde se almacenan todos os escritos publicados en Galicia; dende libros ata xornais. Ao finalizar esta visita dirixímonos ao Parlamento, onde puidemos presenciar un pleno, o mellor momento da excursión, onde vimos distintos grupos parlamentarios debatendo sobre diferentes aspectos. Unha mágoa non poder estar máis tempo. Despois contamos con tempo libre para xantar na cidade vella de Santiago e internarnos nas súas rúas, tendas, catedral, seminario... Para finalizar es- ta actividade volvemos ao Parlamento galego onde Hixinio nos guiou polas diferentes salas de reunións dos distintos grupos parlamentarios; tamén nos aclarou os distintos conceptos relacionados con este ámbito poñéndonos un vídeo, e fixemos un pequeno debate entre as dúas clases de 4º. En definitiva, foi unha xornada na que aprende- mos moitas cousas novas, pero sobre todo, pasámolo xenial... Aínda que chegamos a casa bastante cansos...! Icía. VISITA DO ALUMNADO DE 4º ESO AO PARLAMENTO DE GALICIA E AO GAIAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA Crónicas dos alumnos Mércores 22 de novembro
  • 2. Página 2 Realizamos unha viaxe a Santiago na que fomos todos os alumnos de 4º ESO e nela realizamos varias visitas: a primeira visita foi no Gaiás (Cidade da Cultura de Gali- cia). É un complexo arquitectónico, obra de Peter Einseman. Concretamente, o Gaiás encóntrase na cúspide do monte Gaiás; o complexo está formado por va- rios edificios e espazos orientados a proxectos culturais e de entretemento. Despois fomos ao Parlamento a ver unha sesión (un pleno), que na miña opinión foi o mellor da excursión . Pola tarde, cando acabamos de comer, volvemos ir ao Parlamento xa que tiñamos unha guía turística no seu interior. Nesta visita aprendín que o Parlamento é unha institución onde reside o poder lexislativo da comunidade autonómica de Galicia, a cal ten moitas funcións (por exem- plo: controlar a acción executiva da Xunta de Galicia). Tamén aprendemos a composición de es- canos (Partido Popular de Galicia, En Marea, Partido Socialista de Galicia e Bloque Nacionalista Galego). Esta viaxe, na miña opinión, estivo moi ben, xa que aprendimos diversas cousas. Yasmina. Dende o meu punto de vista, a excursión que fixemos recentemente a Santiago estivo bastante ben, aínda que o museo do Gaiás xa o visitamos hai algún tempo, pero gustou- me igual, aínda que pensaba que duraba máis tempo e había máis cousas que ver. O Parlamento encantoume pero para min foi mellor a visita deste que cando vimos como debatían porque me pareceu algo aburrida, xa que sempre facían o mesmo. O que máis me gustou desa parte foi o home que pasaba a rechear os vasos de auga, ese foi o mellor de todos (eu vou traballar niso). Pero o mellor de todo foron as dúas horas libres que tivemos, onde puidemos comer e pasear por Santiago libremente, pero sobre todo sacar fotos. Sofía.
  • 3. Página 3 O pasado mércores fixemos unha saída a Santia- go de Compostela. Comezamos visitando o Gaiás, onde nos levaron por todos os seus edificios en- sinándonos e explicándonos cada unha das fun- cións deles. Unha das cousas que máis me chamou a atención foi a explicación de por que as dife- rentes partes do Gaiás teñen esas formas. Despois fomos ao Parlamento onde estivemos vendo unha discusión entre os diferentes partidos que me gustou bastante e pareceume moi in- teresante. Cando rematou tivemos tempo libre, que foi o que máis me gustou xa que puidemos ver libremente a cidade de Santiago e coñecela un pouco máis. Cando rematou o tempo libre para comer tivemos a visita guiada polo Parlamento onde nos levaron polas diferentes salas dos partidos e explicáronnos brevemente como funcionaba. A excursión foi moi interesante e pasá- molo moi ben, aínda que ao final da visita ao Parlamento estabamos un pouco cansos. Vera. A visita a Santiago encantoume, paseino moi ben e gustáronme moito as visitas que realizamos. A primeira visita ao Gaiás foi moi amena e descubrín cousas novas e moi interesantes como o sistema de almacenamento dos libros da Biblioteca e Arquivo de Galicia que me sorprendeu moito, e tamén aprendín o por que da forma deste museo. No Parlamento vimos as diferentes salas e as súas funcións, e tamén asistimos ao debate que me gustou moito xa que foi interesante ver aos políticos falar. Recomendo esta visita e a repetiría xa que o pasamos moi ben e aprendimos un montón de cousas novas e interesantes. Juan.
  • 4. Página 4 O pasado mércores, día 22 de novembro, os alumnos e alumnas de 4 de ESO tivemos a sorte de viaxar ata Santiago para visitar o Gaiás (Cidade da Cultura) e o Parlamento Galego. Na Cidade da Cultura descubrimos a riqueza cultural galega que, por desgraza, segue a ser moi descoñecida e desaproveitada. Alí vimos o museo do Gaiás, con exposicións temporais; a arqui- tectura e os diversos compoñentes do complexo; a Biblioteca e o Arquivo Galegos, con máis de 2.000.000 de libros, e o Centro de Emprendemento. Neste último, se cadra o que máis goza- mos, chamounos a atención o gran traballo que fan dende a Cidade da Cultura para impulsar as innovacións e as pequenas empresas. Sen dúbida, todo un complexo de inigualable valor cultural (e arquitectónico!). No parlamento galego tivemos a sorte de asistir a unha sesión de pleno, na que se discutía a situación actual dos montes de Galiza. Esta foi unha experiencia nova para tod@s. Ademais, realizamos unha visita guiada por todas as estancias do edificio. Sen dúbida, as que máis nos gustaron foron as salas de reunión dos distintos partidos políticos. Tamén realizamos prácticas de debate, e mesmo descubrimos que podemos participar directamente no goberno! Foi unha xornada xenial que repetiríamos sen dúbida. Verónica.
  • 5. Página 5 O que máis me chamou a atención da excursión foi o debate entre os distintos partidos políticos, que tivo lugar na cámara do Parlamento. No Gaiás descubrimos que a estrutura en forma de montaña dos edificios, débese á intención do arquitecto de integralos na natureza do contorno. E no Parlamento aprendimos como se desenvolven os debates entre os voceiros dos diferentes parti- dos. A xornada fíxose moi entretida e amena, xa que aprendimos moitas cousas interesantes e tamén tivemos un tempo libre, no que puidemos coñecer e gozar da cidade de Santiago. O mo- mento máis divertido foi no Parlamento, cando fixemos unha pequena e breve representación dun hipotético debate entre nós. Na miña opinión, poderíase prolongar o tempo de chegada, para aproveitar máis a visita de pola tarde ao Parlamento. Carmen. Nesta excursión, visitamos, en primeiro lugar, o Gaiás. Aínda que a gran maioría de nós xa fora, a verdade é que foi agradable volver visitalo, xa que fomos xa hai uns anos e non estivo mal re- cordalo. Logo fomos ao Parlamento, e o que máis me gustou foi ver o pleno e máis tarde facer nós mesmos un debate, que foi unha experiencia divertida á vez que educativa. Á marxe de todo iso, o que máis me gustou de toda a excursión foi o noso tempo libre para comer e dar unha vol- ta pola cidade. Uxía.
  • 6. Página 6 O pasado mércores realizamos unha excursión a Santiago de Compostela, a capital de Galicia. Nela aprendemos moitas cousas e pasámolo ben. O primeiro sitio que visitamos foi o Gaiás, onde recibimos unha visita guiada. Segundo chegamos, explicounos cal é o motivo de que tive- ra esa forma, que foi a representación do casco vello de Santiago. A continuación visitamos a parte onde se situaban moitas empresas, as cales podían traballar individualmente ou en co- working. Finalmente visitamos a biblioteca, onde gardan todos os libros, arquivos, xornais... dende hai anos. O que máis me chamou a atención foi o túnel subterráneo, onde podes pasar dunha parte do museo a outra e por onde descargan toda a mercancía necesaria. Tras rematar a visita na cidade da cultura, collemos o bus e marchamos para o centro de Santiago, onde tivemos a oportunidade de ver unha parte dun pleno. Unha vez saímos, decidimos ir a xantar, onde tiñamos liberdade para ir xantar onde preferira cada un. No tempo libre que tivemos dende que rematamos de xantar ata as catro, aproveitamos para ver a cidade. Despois volvimos ao Parlamento, onde, nesta ocasión, vímolo máis detidamente. Creo que esta excursión serviunos para aprender moito e coñecer sitios novos, ademais de pasar un bo rato todos xuntos. Paula López.
  • 7. Página 7 Na excursión que fixemos a Santiago visitamos a Cidade da Cultura e o Parlamento. O que máis me chamou a atención da Cidade da Cultura foi o tamaño que ten, a cantidade de diñeiro que se investiu e a similitude que ten coa zona vella de Santiago de Compostela, pareceume moi orixinal. Cando rematamos a visita ao Gaiás fomos ao Parlamento a ver un pleno. Xa pola tarde, volvimos para facer a visita completa, vimos as salas nas que se reú- nen os diferentes partidos políticos, o hemici- clo, e moitas cousas máis. Tamén fixemos un pequeno debate para aprender a falar ante outros grupos parlamentarios e argumentar as nosas propostas. Ambas visitas me gustaron moito. Andrea Díaz. O pasado mércores 22 de novembro, os alumnos de 4° de ESO fomos pasar a mañá e parte da tarde a Santiago de Compostela. O primeiro que fixemos foi ir ao monte Gáias, á Cidade da Cultura, onde aprendemos que o plano da Cidade da Cultura é como a parte vella de Santiago e tamén aprendemos un montón de cousas dos diferentes edificios. Alí tamén visitamos a parte subterránea que conecta todos os edificios. O que máis me chamou a atención foron os andeis da biblioteca. Despois fomos ao Parlamento a ver uns minutos do debate no pleno e logo deixá- ronnos unas horas para xantar e dar unha volta por Santiago. Pola tarde volvimos otra vez ao Parlamento para que nos explicaran o seu funcionamento. Lorena.
  • 8. Página 8 O pasado xoves 23 de novembro fixemos unha visita á cidade de Santiago de Compostela. Dende o meu punto de vista, foi unha excursión moi entretida e interesante, xa que, á par- te de dedicarlle tempo ás visitas organizadas, tivemos un par de horas de tempo libre para comer e facer unha pequena visita á cidade. Na miña opinión, iso foi o máis divertido, xa que foi a primeira vez que fun a Santiago; pareceume unha cidade preciosa, e a súa cate- dral é impresionante. Respecto á visita ao Gaiás, quedei sorprendido co dato de que teña as mesmas proporcións que o casco antigo de Santiago, e tiña unha biblioteca cunha gran can- tidade de libros, dende moi antigos ata novos; pareceume sorprendente que teñan libros como o de Galiza Emigrante e revistas como A Nosa Terra, as que cría que eran moi difíci- les de atopar. No Parlamento, pola mañá vimos unha sesión parlamentaria, na que se non me lembro mal debatían dúas mulleres sobre aspectos relacionados coa economía de Galicia, unha era do BNG e a outra do PP; pola tarde tivemos unha visita guiada polas súas salas, podendo acceder á de cada partido político. Concluíndo, penso que foi unha excursión boísi- ma na que á parte de pasalo ben aprendín cousas novas, e quero agradecerlle aos profesores que nos acompañaron o seu esforzo, xa que esta foi unha das moi poucas excursións que ti- vemos en toda a ESO, e penso que non saíu tan mal como se esperaba. Borja Souto.
  • 9. Página 9 O pasado mércores, os alumnos de 4º ESO realizamos unha saída ata a cidade de Santiago, onde visitamos a Cidade da Cultura, durante a mañá, e o Parlamento Galego, durante a tarde. A visita ao Gaiás non foi nada novo para nós dado que en cursos anteriores xa fixeramos unha excursión parecida, pero hai que admitir que nesta visita puidemos ver máis lugares da Cidade da Cultura. O máis interesante foi a biblioteca, na que se gardan ao redor dun millón de libros cun sistema de andeis moi avanzado e sorprendente. Ao rematar a comida por Santiago puidemos pasear libremente polas súas rúas. Ao redor das catro da tarde partimos ata o Parlamento, onde puidemos ver un anaco do pleno, xa pola ma- ñá. Unha vez alí, o guía levounos polas diferentes salas do Parlamento nas que se reúnen os grupos parlamentarios. Tamén acudimos ata a sala parlamentaria, que foi o momento máis divertido da visita ao Parlamento. Xa rematadas as actividades, eu creo que foi unha excursión bastante interesante pero tamén incluiría unha visita á Catedral. Mario.
  • 10. Página 10 O pasado mércores 22 de novembro, os alumnos de cuarto de ESO realizamos unha viaxe a Santiago. Primeiro visitamos a Cidade da Cultura, que xa coñeciamos, mais esta vez non a visitamos como museo, senón que as explicacións ían encamiñadas ao por que da súa estéti- ca e ao por que da súa construción naquel monte; ademais dos seus funcionamentos. Sor- prendeume que os edificios formasen parte da ladeira da montaña e por outra banda aprendín o que era o “Coworking” (varias empresas traballando nun mesmo espazo) e tamén asombroume a estrutura das empresas que non traballaban con este método, as pa- redes das súas oficinas estaban feitas con caixas de cartón. Pola tarde asistimos á visita guiada ao Parlamento, aínda que pola mañá foramos alí a ver un pleno, o cal me gustou moito xa que non é o mesmo velo na televisión que en directo. A visita guiada foi tamén entretida, puidemos ver as diferentes salas do Parlamento e fixemos un debate, para en- tender dalgunha maneira o traballo que se desempeña no hemiciclo. Pareceume unha ex- cursión moi entretida aínda que me gustaría estar máis tempo vendo o pleno. Sara.
  • 11. Página 11 Onte, mércores 22 de novembro, fomos a Santiago a ver a Cidade da Cultura e o Parlamento. Saímos do CPI As Mirandas ás 9:30h da mañá e chegamos a Santiago sobre ás 11:00 h, onde vimos a Cidade da Cultura pola mañá. Despois fomos a xantar co meu grupo de amigos ao Bur- guer King e visitamos a Catedral de Santiago. Pola tarde visitamos o Parlamento e chegamos a Ares ás 19:30 h. A Cidade da Cultura ten forma de monte, en concreto ao monte Gaiás no que está situado. Nela vimos unhas columnas que eran diferentes unhas das outras, a Biblioteca. O que máis me gustou foi a sala de Emprendemento, xa que nela había diferentes empresas (microempresas ou macroempresas), nas que por 60€/mes, dispoñían de moitas cousas. Tamén nos ensinaron como era a Cidade da Cultura dende 1999 ata agora e Anxo contou unha anéc- dota na que dicía que antes había no lugar moitas aguias. Despois fomos ao Parlamento a ver un debate parlamentario no que os diferentes partidos políticos debatían sobre un tema, neste caso, sobre os incendios. Pola tarde volvimos á Catedral de Santiago cada un pola súa conta. De novo visitamos en grupo as instalacións do Parlamento de Galicia. Nel estivemos en diferentes salas nas que cada unha tiña a súa propia función e visitamos onde pola mañá viramos o debate polí- tico. Finalmente chegamos ás 19:30 h. Iago.
  • 12. Página 12 Bos días! O mércores 22 o alumnado de 4° de ESO fixemos unha excursión a Santiago para visitar o Parlamento de Galicia e o Gaiás. Nesta excursión aprendemos quen foi Peter Einsen- man e o por que da forma de construción do edificio, xunto coas funcións do Parlamento e como se traballaba nel. Eu paseino moi ben en xeral, pero os meus momentos favoritos foron cando realizamos o debate e a visita da cidade. Cando chegamos, o primeiro que fixemos foi ir ao Gaiás e a continuación a visita ao Parlamento para ver como realizaban un debate. Despois chegou o momento da comida e o paseo por Santiago, visitando os lugares máis coñecidos da cidade como por exemplo a catedral. Por último, regresamos ao Parlamento pero esta vez para ver como era. A excursión foi xenial e para repetir!! Andrea Riveiro. O pasado mércores, os alumnos de Cuarto realizamos unha saida a Santiago de Compostela, nesta viaxe visitamos a Cidade da Cultura, o Parlamento galego e a parte vella da cidade. O que máis me chamou a atención da saída foi a explicación que nos deron sobre a estrutura e a forma do Monte Gaías, tamén aprendimos as funcións que desempeña, as partes do edificio e os partidos políticos que forman o Parlamento. A mellor parte da excursión foi o tempo libre onde puidemos explorar a cidade e así coñecela máis. A xornada desenvolveuse con normalidade aínda que ao final da visita do Parlamento estabamos cansos. A excursión foi fantástica, pasamos un día moi divertido e estamos desexando que chegue o se- gundo trimestre para ter outra saída. Paula Mesías.
  • 13. Página 13 O día 22 de novembro 4º de ESO foi a Santiago a visitar o Gaiás, a Cidade da Cultura de Ga- licia, e o Parlamento de Galicia. Pareceume unha importante e interesante visita, xa que alí tivemos guías que nos estiveron contando e explicando todo sobre os dous lugares, dende a construción ata que puidemos ver un anaco de debate. Eu penso que o que máis nos chamou a atención foi cando nos ensinaron os grandes túneles por abaixo do Gaiás, tamén a maneira de organizar os libros na biblioteca, todo era máis mo- derno do de pensabamos. No Parlamento tamén nos decatamos da biblioteca, xa que, á parte de ter moitos libros, tiña distintos mobles de grandes escritores. Esta viaxe foi co obxectivo de aumentar o noso coñecemento; e foi así, no primeiro lugar vimos a maqueta do museo, a cal foi feita por Peter Einsenman. El ensinounos unha maneira de colocar os teitos para que dende a cidade de Santiago non se puidesen ver os edificios, que só se poida ver o bosque. Aquí vos deixo unha foto para que non creades que estou tola. Vedes!! Agora xa podo seguir… O momento máis divertido foi cando o noso guía da Cidade da Cultura nos ensinou a biblioteca, quedamos sen palabras ao ver que os andeis estaban xuntos e se separaban ao premer un botón. Sobre o Parlamento foi xenial ver toda esa xente expoñer as súas ideas, e a forma de falar… Pero fíxose un pouco aburrido na última parte, pero polo de- mais todo foi xenial. Vouvos contar que estar sentado nas cadeiras dos maiores partidos políti- cos é como se te sentiras maior e máis importante. Foi todo xenial e os profes portáronse bas- tante ben deixándonos por Santiago… Lara.
  • 14. O pasado mércores día 22 de novembro realizamos unha saída a Santiago de Compostela, on- de puidemos visitar a Cidade da Cultura e o Parlamento de Galicia. Na Cidade da Cultura, o que máis me chamou a atención foi a biblioteca, ese mecanismo que teñen os andeis, aínda que tamén me chamou a atención a forma paisaxista dos edificios. Esta visita gustoume bastante, xa que vimos lugares que non puidemos ver cando fomos a anterior vez. No Parlamento de Galicia, o que máis me gustou foi ver un anaco dunha sesión plenaria, aínda que tampouco es- tivo mal o percorrido polo Parlamento, o malo é que xa estabamos cansos. A xornada desen- volveuse ben. Cando chegamos a Santiago, o primeiro que fixemos foi visitar a Cidade da Cul- tura, cando rematamos fomos ver un anaco dunha sesión plenaria ao Parlamento. A conti- nuación fomos a comer, e ao rematar, deixáronnos tempo libre, onde visitamos a catedral de Santiago e pasámolo moi ben. Julia.