SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  26
A II República (1931-1936)
Antecedentes: Restauración e Ditadura de Primo de Rivera




 O longo período de réxime liberal da
 Restauración (1976-1923) rematou coa
 Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930).

 Eran dous réximes ao servizo dos
 intereses dos poderosos, que
 monopolizaban o poder e reprimían
 calquera protesta das clases populares
 co apoio do Exército e da Igrexa.

 O intento de volver á Restauración en
 1930 foi un fracaso que tamén provocou
 a caída da Monarquía de Alfonso XIII.




                                            Directorio militar con Alfonso XIII e Primo de Rivera
A España de 1930


España tiña uns 23 millóns de
habitantes. Máis de 10 millóns non
sabían ler nin escribir.

O 47% da poboación activa traballaba na
agricultura. Case 2 millóns de labregos
eran xornaleiros sen terra que se
concentraban no sur. Os campesiños
galegos sobrevivían en reducidos
latifundios.
                                              Razbona (Guadalajara). Tomás Camarillo
O 20% da poboación activa traballaba
nas fábricas, na mineiría e na
construción, con soldos insuficientes e
horarios excesivos.

Os sindicatos (a CNT anarquista e a
UGT socialista) tiñan as súas bases nas
áreas industriais de Cataluña e o País
Vasco, e entre os xornaleiros andaluces.

A crise do 29 afectou sobre todo ás
clases populares, aumentando moito o
desemprego nos anos trinta.


                                             Escola do concello da Estrada. Pedro Brey
A proclamación da República (abril de 1931)

As forzas republicanas uníronse en
agosto de 1930 no chamado Pacto de
San Sebastián. En decembro, o intento
de pronunciamento militar republicano
iniciado en Jaca, fracasou.

O 12 de abril celeráronse eleccións
municipais, gañando as candidaturas
republicanas nas grandes cidades.

O 14 de abril o rei abdicou e marchou ao
exilio. Proclamouse a República cun
enorme entusiasmo popular.

O Comité Revolucionario saído do Pacto
de San Sebastián tomou o poder,
formando un Goberno provisional.




                                           Proclamación da República na Porta do Sol. Alfonso
O Bienio Progresista (1931-1933): A Constitución de 1931


O Goberno provisional convocou
eleccións en xuño de 1931, que gañaron
as esquerdas. Formouse un goberno de
coalición entre republicanos de
esquerda e socialistas.

Elaborouse unha nova Constitución, na
que as esquerdas impuxeron a súa
maioría parlamentaria. Os artigos máis
discutidos foron os relacionados coa
organización do territorio (as
autonomías), as relacións Igrexa-Estado
e o voto das mulleres.
O Bienio Progresista (1931-1933): A Igrexa


Na Constitución separouse a Igrexa do
Estado, rematando cos privilexios
seculares da Igrexa católica: suprimiuse
a contribución económica do Estado;
prohibiuse que as Ordes relixiosas
exerceran o ensino, a industria ou o
comercio; secularizáronse os
cemiterios; aprobouse a Lei do Divorcio;
etc.

As esquerdas vían á Igrexa como unha
aliada das clases dominantes, e estas
fixeron da cuestión relixiosa un           Expulsión de España do cardenal Segura (xuño 1931)
elemento fundamental da súa oposición
á República.

A Igrexa apoiou á dereita e serviu en
1936 de coartada ideolóxica ao bando
franquista na Guerra Civil.
O Bienio Progresista (1931-1933): as autonomías
A existencia de forzas nacionalistas nas
tres rexións con lingua propia, con gran
apoio en Cataluña (Esquerra
Republicana), levou a que na
Constitución se recollera a posibilidade
de que se aprobasen estatutos e se
creanse gobernos autónomos, fronte a
unha dereita centralista que os vía coma
un atentado á unidade da patria.               Cataláns a favor do Estatuto

O Estatuto catalán aprobouse en 1932,
pero o vasco e o galego non puideron
aplicarse polo estalido da Guerra Civil.




                                           Campaña contra o Estatuto catalán
O Bienio Progresista (1931-1933): as mulleres
Na II República as mulleres viron mellorar
como nunca a súa situación xurídica e
social. Recoñeceuse a súa igualdade cos
homes.

Na conquista do sufraxio foi fundamental a
loita da deputada Clara Campoamor, fronte
a oposición ou indeferenza da maioría dos
deputados,      mesmo de moitos das
esquerdas que pensaban que as mulleres
podían ser manipuladas.

Conseguiuse a igualdade xurídica cos
homes, regulouse o matrimonio civil e o
divorcio e equiparouse o dereito á
educación e ao traballo.

Non sempre sen conseguiu, a pesar da
lexislación, romper o machismo
sociolóxico, pero todos os avances na
igualdade remataron co triunfo do
franquismo.




                            Clara Campoamor
O Bienio Progresista (1931-1933): a Educación



Impulsouse o ensino público para
diminuír o elevado analfabetismo (30%,
40% nas mulleres). Construíronse 5.000
novas escolas cada ano, formándose
miles de novos mestres.

Tamén se fomentou a creación de
bibliotecas ambulantes, das Misións
Pedagóxicas (escolas itinerantes) e
grupos de teatro como La Barraca,
formado por universitarios voluntarios e
que promoveu García Lorca.

Todas estas medidas contaron coa
pechada oposición da Igrexa e da
dereita, que as vían como un perigo que
atentaba contra o control que
tradicionalmente exercían sobre a
sociedade.




                                           Monicreques das Misións Pedagóxicas en Malpica
O Bienio Progresista (1931-1933): o Exército



A depuración dos elementos máis
reaccionarios, subordinado o Exército
ao poder civil, e a reducción do elevado
número de oficiais foron os dous
obxectivos principais do Goberno.

Sen embargo, os altos oficiais seguiron
a ser maioritariamente conservadores e
dispostos a intervir na vida política.

En agosto de 1932 o xeneral Sanjurjo xa
                                                  Azaña (xefe do Goberno, con Franco (1932)
encabezou un intento de golpe de
estado (a sanjurjada) contra as reformas
republicanas. Fracasou pero foi o
primeiro aviso do que aconteceu en
1936.




                                           Sanjurjo, segundo pola esquerda, o 10 de agosto de 1932
O Bienio Progresista (1931-1933): A conflitividade social

O Goberno aprobou medidas
encamiñadas a mellorar a situación dos
traballadores. Pero estas eran
insuficientes nun contexto de crise
económica cun forte aumento do paro.
A reforma agraria non se aprobou ata
setembro de 1932 e aplicouse con moita
lentitude.

A conflitividade social foi en aumento,
protagonizada polos sindicatos, sobre
todo o anarquista da CNT. Houbo
contantes enfrontamentos entre as
forzas de orde pública e os               Matanza de Casas Viejas
traballadores. O de máis sona foi o de
Casas Viejas, en Cádiz, onde morreron
23 xornaleiros que participaran nunha
ocupación de fincas.

A conflitividade provocou a rotura da
coalición de goberno e a convocatoria
de eleccións en novembro de 1933, nas
que participaron por primeira vez as
mulleres.




                                              Folga en Valencia
O Bienio de Dereitas (1933-1936)




Nas eleccións a esquerda sufriu unha
importante derrota. O partido máis
votado foi a CEDA (Confederación de
Dereitas Autónomas) pero, ao non
aceptar a República o partido que
formou goberno foi o Partido Radical de
Lerroux.

Neste período paraliráronse as medidas
reformistas do primeiro bienio,
devolvendo ás clases privilexiadas á
posición dominante de que gozaban ata
a proclamación da República.




                                          Cola para votar nas eleccións de 1933
O Bienio de Dereitas (1933-1936): a revolución de outubro

A vida política radicalizouse        e a
conflitividade social foi en aumento. O
PSOE e a UGT decidíronse pola vía
revolucionaria, as dereitas contactaron
cos nazis e fascistas de Alemaña e Italia
e a maioría dos partidos crearon milicias
armadas.

No verán de 1934 as esquerdas (agás a
CNT) uníronse nas Alianzas Obreiras
para frear ao fascismo. En outubro          Columna de prisioneiros en Asturias
iniciaron un movemento revolucionario
cando entraron cinco ministros da
CEDA no Goberno.

A revolución só triunfou en Asturias,
onde tamén participaron os anarquistas.
Os obreiros controlaron a situación
durante dúas semanas, sendo
derrotados polas forzas coloniais de
Marrocos, baixo a supervisión de
Franco. A represión foi moi dura, con
30.000 encarcerados, entre eles o
goberno da Generalitat catalá.



                                            Goberno da Generalitat preso. Alfonso
A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936)
O Goberno de Lerroux caeu por un
escándalo de corrupción: o estraperlo.
Nas eleccións de febreiro a esquerda
acudiu unida na Fronte Popular e
venceu por pouca marxe ás dereitas.

A política da Fronte Popular (co galego
Casares Quiroga como xefe do
Goberno) limitouse a acelerar as
reformas postas en marcha no primeiro
bienio.




                                          Cartel da CEDA con Gil Robles




                                          Zonas onde gañou a Fronte Popular
A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936): cara a Guerra



A dereita non aceptou os resultados das
eleccións de febreiro e aceleraron os
preparativos para facerse co poder pola
forza.

A violencia política foi en aumento, con
numerosos enfrontamento nas rúas (en
cinco meses houbo 269 asasinatos
políticos).
                                                     Tensión nas rúas
Os asasinatos do tenente Castillo polos
falanxistas e do deputado da dereita,
Calvo Sotelo, como vinganza, foron a
escusa para que os conspiradores
iniciaran o golpe de estado o 17 de xullo
na colonia marroquí.




                                            Tenente Castillo e Calvo Sotelo
O Estatuto de Autonomía de Galicia

Os grupos nacionalistas galegos
crearon o primeiro partido político en
1931: o Partido Galeguista. A súa acción
política centrouse na consecución da
autonomía.

O Estatuto iniciou o seu proceso de
aprobación en 1932, cando foi apoiado
polos concellos de Galicia reunidos en
Santiago. Durante o Bienio de Dereitas
paralizouse todo o proceso autonómico.
                                                     Alonso Ríos na campaña do Estatuto
En 1936 o Partido Galeguista únese á
Fronte Popular e o 28 de xuño
celebrouse o referendo, sendo aprobado
por unha gran maioría.

Ao iniciarse a Guerra, Castelao teimou
para conseguir que as Cortes da
República aprobasen o Estatuto, nunha
decisión máis simbólica que efectiva,
que non tivo transcendencia ata a
Constitución de 1978, cando Galicia é
recoñecida como nacionalidade
histórica.



                                           Carteis de Luis Seoane e Castelao a favor do Estatuto
VIDA COTIÁ: campesiños




Descanso da malla, Mequinenza, 1932                        Familia campesiña, 1932




Traballando no campo andaluz          Campesiñas galegas         Carro en San Ramón, Lleida
VIDA COTIÁ: obreiros e empregados




  Pescadaría en Madrid, 1935         Mineiros asturianos, 1934         Perruquería de Sevilla, 1934




Canteira en Collado Mediano    Traballador dunha imprenta, 1932   Construción do viaduto en Madrid, 1935
VIDA COTIÁ: mulleres




 Na escola, Madrid, 1936                                                     Extraendo sangue, 1934




                            Modistillas pedindo noivo a San Antonio,
                                      Madrid, 1933. Alfonso



                                                                       Mulleres na industria téxtil
Modistas, Madrid, 1934
VIDA COTIÁ: traballos á marxe




Home anuncio en Barcelona, 1934.                Casimiro Municio, verdugo de      Recollendo cabichas en Madrid, 1934.
          Centelles                                 Madrid, 1932. Alfonso




       Vendedores de gravatas en Madrid, 1935                                  Prostitutas e ‘chulos’
VIDA COTIÁ: educación




Autobús das Misións Pedagóxicas     Nenos nunha representación da Misións   Montaxe dun escenario da Misións Pedagóxicas




     Nenos e nenas na escola                        Escola                         Aula da Universidade de Madrid
VIDA COTIÁ: a relixión




Primeira Comuñón en Xunquiera de Ambía, 1935                  Comuñón na celebración de Cristo Rey no Cerrro de los Ángeles




Procesión en Sevilla                  Curas con nenos orfos                          A primeira misa, 1935
VIDA COTIÁ: os deportes




   Partido de fútbol en Gijón                                    Partido de baloncesto España & Portugal




Ximnasio en Gijón               Vicente Trueba, ciclista, 1933                    Ricardo Zamora, 1936
VIDA COTIÁ: as cidades




Autobús de liña de Barreiros, Ourense, 1932                         Rúa do Progreso, Ourense                 Vigo, 1935




Tranvía de Madrid                             Praza da República de Vilagarcía                 Praza de Lepanto, Cuntis
VIDA COTIÁ: estampas




  Moeda de dunha peseta de 1933                                Teléfono




                                                                                              Anuncio de 1936




Cartel de Bagaría                 Portada dunha revista naturista         Auto xiro de De la Cierva sobre Madrid, 1934
II República (1931-1936)

Contenu connexe

Tendances

Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)xosea
 
Sociedade e industrialización (1830-1930)
Sociedade e industrialización (1830-1930)Sociedade e industrialización (1830-1930)
Sociedade e industrialización (1830-1930)xosea
 
Tema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra CivilTema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra Civilaialo1
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7aialo1
 
Segunda República (1931-1936)
Segunda República (1931-1936)Segunda República (1931-1936)
Segunda República (1931-1936)xosea
 
Tema 10 – tempos de confrontación en españa
Tema 10 – tempos de confrontación en españaTema 10 – tempos de confrontación en españa
Tema 10 – tempos de confrontación en españasergiocesures
 
Tema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónTema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónrubempaul
 
UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era EvaPaula
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10ahia5
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10ahia5
 
Tema9 O Franquismo
Tema9 O FranquismoTema9 O Franquismo
Tema9 O Franquismoaialo1
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasrubempaul
 

Tendances (19)

Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)Segundo franquismo (1959-1975)
Segundo franquismo (1959-1975)
 
Sociedade e industrialización (1830-1930)
Sociedade e industrialización (1830-1930)Sociedade e industrialización (1830-1930)
Sociedade e industrialización (1830-1930)
 
Tema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra CivilTema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra Civil
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Historia, tema 10
Historia, tema 10Historia, tema 10
Historia, tema 10
 
Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019Directrices ABAU 2019
Directrices ABAU 2019
 
Segunda República (1931-1936)
Segunda República (1931-1936)Segunda República (1931-1936)
Segunda República (1931-1936)
 
Tema 10 – tempos de confrontación en españa
Tema 10 – tempos de confrontación en españaTema 10 – tempos de confrontación en españa
Tema 10 – tempos de confrontación en españa
 
Definiciones
DefinicionesDefiniciones
Definiciones
 
Tema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónTema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razón
 
4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
 
UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Tema9 O Franquismo
Tema9 O FranquismoTema9 O Franquismo
Tema9 O Franquismo
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesas
 
Tema10
Tema10Tema10
Tema10
 

En vedette (10)

Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
 

Similaire à II República (1931-1936)

Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en Españarubempaul
 
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Agrela Elvixeo
 
Tema 10, historia
Tema 10, historiaTema 10, historia
Tema 10, historiaeva gerpe
 
Tema 10 historia
Tema 10 historiaTema 10 historia
Tema 10 historiaRaqueldiz
 
Tema 10 historia
Tema 10 historiaTema 10 historia
Tema 10 historiaRaqueldiz
 
España e Galiza.
España e Galiza.España e Galiza.
España e Galiza.franbragado
 
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo AmaliaEvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo AmaliaAmalia1111
 
Tema 10 sociais
Tema 10 sociaisTema 10 sociais
Tema 10 sociaisAliiciiaa
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10yrda
 
Traballo de sociais, tema 10
Traballo de sociais, tema 10Traballo de sociais, tema 10
Traballo de sociais, tema 10LourdesErea
 
Tema 10 historia
Tema 10 historiaTema 10 historia
Tema 10 historiapablopotel
 
Presentación historia
Presentación historiaPresentación historia
Presentación historiasergiomanteiga
 

Similaire à II República (1931-1936) (20)

Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
República e ditadura en España
República e ditadura en EspañaRepública e ditadura en España
República e ditadura en España
 
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
 
Tema 10
Tema 10 Tema 10
Tema 10
 
Tema10
Tema10Tema10
Tema10
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Tema 10, historia
Tema 10, historiaTema 10, historia
Tema 10, historia
 
Tema10 ESPAÑA E GALICIA Principio de S. XX
Tema10 ESPAÑA E GALICIA Principio de S. XXTema10 ESPAÑA E GALICIA Principio de S. XX
Tema10 ESPAÑA E GALICIA Principio de S. XX
 
Tema 10 historia
Tema 10 historiaTema 10 historia
Tema 10 historia
 
Tema 10 historia
Tema 10 historiaTema 10 historia
Tema 10 historia
 
España e Galiza.
España e Galiza.España e Galiza.
España e Galiza.
 
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo AmaliaEvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
 
Tema 10 sociais
Tema 10 sociaisTema 10 sociais
Tema 10 sociais
 
Fabio raris
Fabio rarisFabio raris
Fabio raris
 
Tema 10
Tema 10Tema 10
Tema 10
 
Traballo de sociais, tema 10
Traballo de sociais, tema 10Traballo de sociais, tema 10
Traballo de sociais, tema 10
 
Resumo
ResumoResumo
Resumo
 
Tema 10 historia
Tema 10 historiaTema 10 historia
Tema 10 historia
 
Presentación historia
Presentación historiaPresentación historia
Presentación historia
 

Plus de Heladio Anxo Fernández (20)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Magán
MagánMagán
Magán
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 
Xinzo
XinzoXinzo
Xinzo
 
Gontade
GontadeGontade
Gontade
 
Cequeril
CequerilCequeril
Cequeril
 
CastrolandíN
CastrolandíNCastrolandíN
CastrolandíN
 
Cardecide E Laxos
Cardecide E LaxosCardecide E Laxos
Cardecide E Laxos
 
Calvos
CalvosCalvos
Calvos
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Guimarei
GuimareiGuimarei
Guimarei
 

II República (1931-1936)

  • 1. A II República (1931-1936)
  • 2. Antecedentes: Restauración e Ditadura de Primo de Rivera O longo período de réxime liberal da Restauración (1976-1923) rematou coa Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Eran dous réximes ao servizo dos intereses dos poderosos, que monopolizaban o poder e reprimían calquera protesta das clases populares co apoio do Exército e da Igrexa. O intento de volver á Restauración en 1930 foi un fracaso que tamén provocou a caída da Monarquía de Alfonso XIII. Directorio militar con Alfonso XIII e Primo de Rivera
  • 3. A España de 1930 España tiña uns 23 millóns de habitantes. Máis de 10 millóns non sabían ler nin escribir. O 47% da poboación activa traballaba na agricultura. Case 2 millóns de labregos eran xornaleiros sen terra que se concentraban no sur. Os campesiños galegos sobrevivían en reducidos latifundios. Razbona (Guadalajara). Tomás Camarillo O 20% da poboación activa traballaba nas fábricas, na mineiría e na construción, con soldos insuficientes e horarios excesivos. Os sindicatos (a CNT anarquista e a UGT socialista) tiñan as súas bases nas áreas industriais de Cataluña e o País Vasco, e entre os xornaleiros andaluces. A crise do 29 afectou sobre todo ás clases populares, aumentando moito o desemprego nos anos trinta. Escola do concello da Estrada. Pedro Brey
  • 4. A proclamación da República (abril de 1931) As forzas republicanas uníronse en agosto de 1930 no chamado Pacto de San Sebastián. En decembro, o intento de pronunciamento militar republicano iniciado en Jaca, fracasou. O 12 de abril celeráronse eleccións municipais, gañando as candidaturas republicanas nas grandes cidades. O 14 de abril o rei abdicou e marchou ao exilio. Proclamouse a República cun enorme entusiasmo popular. O Comité Revolucionario saído do Pacto de San Sebastián tomou o poder, formando un Goberno provisional. Proclamación da República na Porta do Sol. Alfonso
  • 5. O Bienio Progresista (1931-1933): A Constitución de 1931 O Goberno provisional convocou eleccións en xuño de 1931, que gañaron as esquerdas. Formouse un goberno de coalición entre republicanos de esquerda e socialistas. Elaborouse unha nova Constitución, na que as esquerdas impuxeron a súa maioría parlamentaria. Os artigos máis discutidos foron os relacionados coa organización do territorio (as autonomías), as relacións Igrexa-Estado e o voto das mulleres.
  • 6. O Bienio Progresista (1931-1933): A Igrexa Na Constitución separouse a Igrexa do Estado, rematando cos privilexios seculares da Igrexa católica: suprimiuse a contribución económica do Estado; prohibiuse que as Ordes relixiosas exerceran o ensino, a industria ou o comercio; secularizáronse os cemiterios; aprobouse a Lei do Divorcio; etc. As esquerdas vían á Igrexa como unha aliada das clases dominantes, e estas fixeron da cuestión relixiosa un Expulsión de España do cardenal Segura (xuño 1931) elemento fundamental da súa oposición á República. A Igrexa apoiou á dereita e serviu en 1936 de coartada ideolóxica ao bando franquista na Guerra Civil.
  • 7. O Bienio Progresista (1931-1933): as autonomías A existencia de forzas nacionalistas nas tres rexións con lingua propia, con gran apoio en Cataluña (Esquerra Republicana), levou a que na Constitución se recollera a posibilidade de que se aprobasen estatutos e se creanse gobernos autónomos, fronte a unha dereita centralista que os vía coma un atentado á unidade da patria. Cataláns a favor do Estatuto O Estatuto catalán aprobouse en 1932, pero o vasco e o galego non puideron aplicarse polo estalido da Guerra Civil. Campaña contra o Estatuto catalán
  • 8. O Bienio Progresista (1931-1933): as mulleres Na II República as mulleres viron mellorar como nunca a súa situación xurídica e social. Recoñeceuse a súa igualdade cos homes. Na conquista do sufraxio foi fundamental a loita da deputada Clara Campoamor, fronte a oposición ou indeferenza da maioría dos deputados, mesmo de moitos das esquerdas que pensaban que as mulleres podían ser manipuladas. Conseguiuse a igualdade xurídica cos homes, regulouse o matrimonio civil e o divorcio e equiparouse o dereito á educación e ao traballo. Non sempre sen conseguiu, a pesar da lexislación, romper o machismo sociolóxico, pero todos os avances na igualdade remataron co triunfo do franquismo. Clara Campoamor
  • 9. O Bienio Progresista (1931-1933): a Educación Impulsouse o ensino público para diminuír o elevado analfabetismo (30%, 40% nas mulleres). Construíronse 5.000 novas escolas cada ano, formándose miles de novos mestres. Tamén se fomentou a creación de bibliotecas ambulantes, das Misións Pedagóxicas (escolas itinerantes) e grupos de teatro como La Barraca, formado por universitarios voluntarios e que promoveu García Lorca. Todas estas medidas contaron coa pechada oposición da Igrexa e da dereita, que as vían como un perigo que atentaba contra o control que tradicionalmente exercían sobre a sociedade. Monicreques das Misións Pedagóxicas en Malpica
  • 10. O Bienio Progresista (1931-1933): o Exército A depuración dos elementos máis reaccionarios, subordinado o Exército ao poder civil, e a reducción do elevado número de oficiais foron os dous obxectivos principais do Goberno. Sen embargo, os altos oficiais seguiron a ser maioritariamente conservadores e dispostos a intervir na vida política. En agosto de 1932 o xeneral Sanjurjo xa Azaña (xefe do Goberno, con Franco (1932) encabezou un intento de golpe de estado (a sanjurjada) contra as reformas republicanas. Fracasou pero foi o primeiro aviso do que aconteceu en 1936. Sanjurjo, segundo pola esquerda, o 10 de agosto de 1932
  • 11. O Bienio Progresista (1931-1933): A conflitividade social O Goberno aprobou medidas encamiñadas a mellorar a situación dos traballadores. Pero estas eran insuficientes nun contexto de crise económica cun forte aumento do paro. A reforma agraria non se aprobou ata setembro de 1932 e aplicouse con moita lentitude. A conflitividade social foi en aumento, protagonizada polos sindicatos, sobre todo o anarquista da CNT. Houbo contantes enfrontamentos entre as forzas de orde pública e os Matanza de Casas Viejas traballadores. O de máis sona foi o de Casas Viejas, en Cádiz, onde morreron 23 xornaleiros que participaran nunha ocupación de fincas. A conflitividade provocou a rotura da coalición de goberno e a convocatoria de eleccións en novembro de 1933, nas que participaron por primeira vez as mulleres. Folga en Valencia
  • 12. O Bienio de Dereitas (1933-1936) Nas eleccións a esquerda sufriu unha importante derrota. O partido máis votado foi a CEDA (Confederación de Dereitas Autónomas) pero, ao non aceptar a República o partido que formou goberno foi o Partido Radical de Lerroux. Neste período paraliráronse as medidas reformistas do primeiro bienio, devolvendo ás clases privilexiadas á posición dominante de que gozaban ata a proclamación da República. Cola para votar nas eleccións de 1933
  • 13. O Bienio de Dereitas (1933-1936): a revolución de outubro A vida política radicalizouse e a conflitividade social foi en aumento. O PSOE e a UGT decidíronse pola vía revolucionaria, as dereitas contactaron cos nazis e fascistas de Alemaña e Italia e a maioría dos partidos crearon milicias armadas. No verán de 1934 as esquerdas (agás a CNT) uníronse nas Alianzas Obreiras para frear ao fascismo. En outubro Columna de prisioneiros en Asturias iniciaron un movemento revolucionario cando entraron cinco ministros da CEDA no Goberno. A revolución só triunfou en Asturias, onde tamén participaron os anarquistas. Os obreiros controlaron a situación durante dúas semanas, sendo derrotados polas forzas coloniais de Marrocos, baixo a supervisión de Franco. A represión foi moi dura, con 30.000 encarcerados, entre eles o goberno da Generalitat catalá. Goberno da Generalitat preso. Alfonso
  • 14. A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936) O Goberno de Lerroux caeu por un escándalo de corrupción: o estraperlo. Nas eleccións de febreiro a esquerda acudiu unida na Fronte Popular e venceu por pouca marxe ás dereitas. A política da Fronte Popular (co galego Casares Quiroga como xefe do Goberno) limitouse a acelerar as reformas postas en marcha no primeiro bienio. Cartel da CEDA con Gil Robles Zonas onde gañou a Fronte Popular
  • 15. A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936): cara a Guerra A dereita non aceptou os resultados das eleccións de febreiro e aceleraron os preparativos para facerse co poder pola forza. A violencia política foi en aumento, con numerosos enfrontamento nas rúas (en cinco meses houbo 269 asasinatos políticos). Tensión nas rúas Os asasinatos do tenente Castillo polos falanxistas e do deputado da dereita, Calvo Sotelo, como vinganza, foron a escusa para que os conspiradores iniciaran o golpe de estado o 17 de xullo na colonia marroquí. Tenente Castillo e Calvo Sotelo
  • 16. O Estatuto de Autonomía de Galicia Os grupos nacionalistas galegos crearon o primeiro partido político en 1931: o Partido Galeguista. A súa acción política centrouse na consecución da autonomía. O Estatuto iniciou o seu proceso de aprobación en 1932, cando foi apoiado polos concellos de Galicia reunidos en Santiago. Durante o Bienio de Dereitas paralizouse todo o proceso autonómico. Alonso Ríos na campaña do Estatuto En 1936 o Partido Galeguista únese á Fronte Popular e o 28 de xuño celebrouse o referendo, sendo aprobado por unha gran maioría. Ao iniciarse a Guerra, Castelao teimou para conseguir que as Cortes da República aprobasen o Estatuto, nunha decisión máis simbólica que efectiva, que non tivo transcendencia ata a Constitución de 1978, cando Galicia é recoñecida como nacionalidade histórica. Carteis de Luis Seoane e Castelao a favor do Estatuto
  • 17. VIDA COTIÁ: campesiños Descanso da malla, Mequinenza, 1932 Familia campesiña, 1932 Traballando no campo andaluz Campesiñas galegas Carro en San Ramón, Lleida
  • 18. VIDA COTIÁ: obreiros e empregados Pescadaría en Madrid, 1935 Mineiros asturianos, 1934 Perruquería de Sevilla, 1934 Canteira en Collado Mediano Traballador dunha imprenta, 1932 Construción do viaduto en Madrid, 1935
  • 19. VIDA COTIÁ: mulleres Na escola, Madrid, 1936 Extraendo sangue, 1934 Modistillas pedindo noivo a San Antonio, Madrid, 1933. Alfonso Mulleres na industria téxtil Modistas, Madrid, 1934
  • 20. VIDA COTIÁ: traballos á marxe Home anuncio en Barcelona, 1934. Casimiro Municio, verdugo de Recollendo cabichas en Madrid, 1934. Centelles Madrid, 1932. Alfonso Vendedores de gravatas en Madrid, 1935 Prostitutas e ‘chulos’
  • 21. VIDA COTIÁ: educación Autobús das Misións Pedagóxicas Nenos nunha representación da Misións Montaxe dun escenario da Misións Pedagóxicas Nenos e nenas na escola Escola Aula da Universidade de Madrid
  • 22. VIDA COTIÁ: a relixión Primeira Comuñón en Xunquiera de Ambía, 1935 Comuñón na celebración de Cristo Rey no Cerrro de los Ángeles Procesión en Sevilla Curas con nenos orfos A primeira misa, 1935
  • 23. VIDA COTIÁ: os deportes Partido de fútbol en Gijón Partido de baloncesto España & Portugal Ximnasio en Gijón Vicente Trueba, ciclista, 1933 Ricardo Zamora, 1936
  • 24. VIDA COTIÁ: as cidades Autobús de liña de Barreiros, Ourense, 1932 Rúa do Progreso, Ourense Vigo, 1935 Tranvía de Madrid Praza da República de Vilagarcía Praza de Lepanto, Cuntis
  • 25. VIDA COTIÁ: estampas Moeda de dunha peseta de 1933 Teléfono Anuncio de 1936 Cartel de Bagaría Portada dunha revista naturista Auto xiro de De la Cierva sobre Madrid, 1934