2. Antecedentes: Restauración e Ditadura de Primo de Rivera
O longo período de réxime liberal da
Restauración (1976-1923) rematou coa
Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930).
Eran dous réximes ao servizo dos
intereses dos poderosos, que
monopolizaban o poder e reprimían
calquera protesta das clases populares
co apoio do Exército e da Igrexa.
O intento de volver á Restauración en
1930 foi un fracaso que tamén provocou
a caída da Monarquía de Alfonso XIII.
Directorio militar con Alfonso XIII e Primo de Rivera
3. A España de 1930
España tiña uns 23 millóns de
habitantes. Máis de 10 millóns non
sabían ler nin escribir.
O 47% da poboación activa traballaba na
agricultura. Case 2 millóns de labregos
eran xornaleiros sen terra que se
concentraban no sur. Os campesiños
galegos sobrevivían en reducidos
latifundios.
Razbona (Guadalajara). Tomás Camarillo
O 20% da poboación activa traballaba
nas fábricas, na mineiría e na
construción, con soldos insuficientes e
horarios excesivos.
Os sindicatos (a CNT anarquista e a
UGT socialista) tiñan as súas bases nas
áreas industriais de Cataluña e o País
Vasco, e entre os xornaleiros andaluces.
A crise do 29 afectou sobre todo ás
clases populares, aumentando moito o
desemprego nos anos trinta.
Escola do concello da Estrada. Pedro Brey
4. A proclamación da República (abril de 1931)
As forzas republicanas uníronse en
agosto de 1930 no chamado Pacto de
San Sebastián. En decembro, o intento
de pronunciamento militar republicano
iniciado en Jaca, fracasou.
O 12 de abril celeráronse eleccións
municipais, gañando as candidaturas
republicanas nas grandes cidades.
O 14 de abril o rei abdicou e marchou ao
exilio. Proclamouse a República cun
enorme entusiasmo popular.
O Comité Revolucionario saído do Pacto
de San Sebastián tomou o poder,
formando un Goberno provisional.
Proclamación da República na Porta do Sol. Alfonso
5. O Bienio Progresista (1931-1933): A Constitución de 1931
O Goberno provisional convocou
eleccións en xuño de 1931, que gañaron
as esquerdas. Formouse un goberno de
coalición entre republicanos de
esquerda e socialistas.
Elaborouse unha nova Constitución, na
que as esquerdas impuxeron a súa
maioría parlamentaria. Os artigos máis
discutidos foron os relacionados coa
organización do territorio (as
autonomías), as relacións Igrexa-Estado
e o voto das mulleres.
6. O Bienio Progresista (1931-1933): A Igrexa
Na Constitución separouse a Igrexa do
Estado, rematando cos privilexios
seculares da Igrexa católica: suprimiuse
a contribución económica do Estado;
prohibiuse que as Ordes relixiosas
exerceran o ensino, a industria ou o
comercio; secularizáronse os
cemiterios; aprobouse a Lei do Divorcio;
etc.
As esquerdas vían á Igrexa como unha
aliada das clases dominantes, e estas
fixeron da cuestión relixiosa un Expulsión de España do cardenal Segura (xuño 1931)
elemento fundamental da súa oposición
á República.
A Igrexa apoiou á dereita e serviu en
1936 de coartada ideolóxica ao bando
franquista na Guerra Civil.
7. O Bienio Progresista (1931-1933): as autonomías
A existencia de forzas nacionalistas nas
tres rexións con lingua propia, con gran
apoio en Cataluña (Esquerra
Republicana), levou a que na
Constitución se recollera a posibilidade
de que se aprobasen estatutos e se
creanse gobernos autónomos, fronte a
unha dereita centralista que os vía coma
un atentado á unidade da patria. Cataláns a favor do Estatuto
O Estatuto catalán aprobouse en 1932,
pero o vasco e o galego non puideron
aplicarse polo estalido da Guerra Civil.
Campaña contra o Estatuto catalán
8. O Bienio Progresista (1931-1933): as mulleres
Na II República as mulleres viron mellorar
como nunca a súa situación xurídica e
social. Recoñeceuse a súa igualdade cos
homes.
Na conquista do sufraxio foi fundamental a
loita da deputada Clara Campoamor, fronte
a oposición ou indeferenza da maioría dos
deputados, mesmo de moitos das
esquerdas que pensaban que as mulleres
podían ser manipuladas.
Conseguiuse a igualdade xurídica cos
homes, regulouse o matrimonio civil e o
divorcio e equiparouse o dereito á
educación e ao traballo.
Non sempre sen conseguiu, a pesar da
lexislación, romper o machismo
sociolóxico, pero todos os avances na
igualdade remataron co triunfo do
franquismo.
Clara Campoamor
9. O Bienio Progresista (1931-1933): a Educación
Impulsouse o ensino público para
diminuír o elevado analfabetismo (30%,
40% nas mulleres). Construíronse 5.000
novas escolas cada ano, formándose
miles de novos mestres.
Tamén se fomentou a creación de
bibliotecas ambulantes, das Misións
Pedagóxicas (escolas itinerantes) e
grupos de teatro como La Barraca,
formado por universitarios voluntarios e
que promoveu García Lorca.
Todas estas medidas contaron coa
pechada oposición da Igrexa e da
dereita, que as vían como un perigo que
atentaba contra o control que
tradicionalmente exercían sobre a
sociedade.
Monicreques das Misións Pedagóxicas en Malpica
10. O Bienio Progresista (1931-1933): o Exército
A depuración dos elementos máis
reaccionarios, subordinado o Exército
ao poder civil, e a reducción do elevado
número de oficiais foron os dous
obxectivos principais do Goberno.
Sen embargo, os altos oficiais seguiron
a ser maioritariamente conservadores e
dispostos a intervir na vida política.
En agosto de 1932 o xeneral Sanjurjo xa
Azaña (xefe do Goberno, con Franco (1932)
encabezou un intento de golpe de
estado (a sanjurjada) contra as reformas
republicanas. Fracasou pero foi o
primeiro aviso do que aconteceu en
1936.
Sanjurjo, segundo pola esquerda, o 10 de agosto de 1932
11. O Bienio Progresista (1931-1933): A conflitividade social
O Goberno aprobou medidas
encamiñadas a mellorar a situación dos
traballadores. Pero estas eran
insuficientes nun contexto de crise
económica cun forte aumento do paro.
A reforma agraria non se aprobou ata
setembro de 1932 e aplicouse con moita
lentitude.
A conflitividade social foi en aumento,
protagonizada polos sindicatos, sobre
todo o anarquista da CNT. Houbo
contantes enfrontamentos entre as
forzas de orde pública e os Matanza de Casas Viejas
traballadores. O de máis sona foi o de
Casas Viejas, en Cádiz, onde morreron
23 xornaleiros que participaran nunha
ocupación de fincas.
A conflitividade provocou a rotura da
coalición de goberno e a convocatoria
de eleccións en novembro de 1933, nas
que participaron por primeira vez as
mulleres.
Folga en Valencia
12. O Bienio de Dereitas (1933-1936)
Nas eleccións a esquerda sufriu unha
importante derrota. O partido máis
votado foi a CEDA (Confederación de
Dereitas Autónomas) pero, ao non
aceptar a República o partido que
formou goberno foi o Partido Radical de
Lerroux.
Neste período paraliráronse as medidas
reformistas do primeiro bienio,
devolvendo ás clases privilexiadas á
posición dominante de que gozaban ata
a proclamación da República.
Cola para votar nas eleccións de 1933
13. O Bienio de Dereitas (1933-1936): a revolución de outubro
A vida política radicalizouse e a
conflitividade social foi en aumento. O
PSOE e a UGT decidíronse pola vía
revolucionaria, as dereitas contactaron
cos nazis e fascistas de Alemaña e Italia
e a maioría dos partidos crearon milicias
armadas.
No verán de 1934 as esquerdas (agás a
CNT) uníronse nas Alianzas Obreiras
para frear ao fascismo. En outubro Columna de prisioneiros en Asturias
iniciaron un movemento revolucionario
cando entraron cinco ministros da
CEDA no Goberno.
A revolución só triunfou en Asturias,
onde tamén participaron os anarquistas.
Os obreiros controlaron a situación
durante dúas semanas, sendo
derrotados polas forzas coloniais de
Marrocos, baixo a supervisión de
Franco. A represión foi moi dura, con
30.000 encarcerados, entre eles o
goberno da Generalitat catalá.
Goberno da Generalitat preso. Alfonso
14. A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936)
O Goberno de Lerroux caeu por un
escándalo de corrupción: o estraperlo.
Nas eleccións de febreiro a esquerda
acudiu unida na Fronte Popular e
venceu por pouca marxe ás dereitas.
A política da Fronte Popular (co galego
Casares Quiroga como xefe do
Goberno) limitouse a acelerar as
reformas postas en marcha no primeiro
bienio.
Cartel da CEDA con Gil Robles
Zonas onde gañou a Fronte Popular
15. A Fronte Popular (febreiro-xullo 1936): cara a Guerra
A dereita non aceptou os resultados das
eleccións de febreiro e aceleraron os
preparativos para facerse co poder pola
forza.
A violencia política foi en aumento, con
numerosos enfrontamento nas rúas (en
cinco meses houbo 269 asasinatos
políticos).
Tensión nas rúas
Os asasinatos do tenente Castillo polos
falanxistas e do deputado da dereita,
Calvo Sotelo, como vinganza, foron a
escusa para que os conspiradores
iniciaran o golpe de estado o 17 de xullo
na colonia marroquí.
Tenente Castillo e Calvo Sotelo
16. O Estatuto de Autonomía de Galicia
Os grupos nacionalistas galegos
crearon o primeiro partido político en
1931: o Partido Galeguista. A súa acción
política centrouse na consecución da
autonomía.
O Estatuto iniciou o seu proceso de
aprobación en 1932, cando foi apoiado
polos concellos de Galicia reunidos en
Santiago. Durante o Bienio de Dereitas
paralizouse todo o proceso autonómico.
Alonso Ríos na campaña do Estatuto
En 1936 o Partido Galeguista únese á
Fronte Popular e o 28 de xuño
celebrouse o referendo, sendo aprobado
por unha gran maioría.
Ao iniciarse a Guerra, Castelao teimou
para conseguir que as Cortes da
República aprobasen o Estatuto, nunha
decisión máis simbólica que efectiva,
que non tivo transcendencia ata a
Constitución de 1978, cando Galicia é
recoñecida como nacionalidade
histórica.
Carteis de Luis Seoane e Castelao a favor do Estatuto
17. VIDA COTIÁ: campesiños
Descanso da malla, Mequinenza, 1932 Familia campesiña, 1932
Traballando no campo andaluz Campesiñas galegas Carro en San Ramón, Lleida
18. VIDA COTIÁ: obreiros e empregados
Pescadaría en Madrid, 1935 Mineiros asturianos, 1934 Perruquería de Sevilla, 1934
Canteira en Collado Mediano Traballador dunha imprenta, 1932 Construción do viaduto en Madrid, 1935
19. VIDA COTIÁ: mulleres
Na escola, Madrid, 1936 Extraendo sangue, 1934
Modistillas pedindo noivo a San Antonio,
Madrid, 1933. Alfonso
Mulleres na industria téxtil
Modistas, Madrid, 1934
20. VIDA COTIÁ: traballos á marxe
Home anuncio en Barcelona, 1934. Casimiro Municio, verdugo de Recollendo cabichas en Madrid, 1934.
Centelles Madrid, 1932. Alfonso
Vendedores de gravatas en Madrid, 1935 Prostitutas e ‘chulos’
21. VIDA COTIÁ: educación
Autobús das Misións Pedagóxicas Nenos nunha representación da Misións Montaxe dun escenario da Misións Pedagóxicas
Nenos e nenas na escola Escola Aula da Universidade de Madrid
22. VIDA COTIÁ: a relixión
Primeira Comuñón en Xunquiera de Ambía, 1935 Comuñón na celebración de Cristo Rey no Cerrro de los Ángeles
Procesión en Sevilla Curas con nenos orfos A primeira misa, 1935
23. VIDA COTIÁ: os deportes
Partido de fútbol en Gijón Partido de baloncesto España & Portugal
Ximnasio en Gijón Vicente Trueba, ciclista, 1933 Ricardo Zamora, 1936
24. VIDA COTIÁ: as cidades
Autobús de liña de Barreiros, Ourense, 1932 Rúa do Progreso, Ourense Vigo, 1935
Tranvía de Madrid Praza da República de Vilagarcía Praza de Lepanto, Cuntis
25. VIDA COTIÁ: estampas
Moeda de dunha peseta de 1933 Teléfono
Anuncio de 1936
Cartel de Bagaría Portada dunha revista naturista Auto xiro de De la Cierva sobre Madrid, 1934