1. CEIPANTONIO PEDROSA LATAS,
09/03/2015
O XORNAL DE 5º
A MULLER TRABALLADORA
Yasmina, Jimena e Brais
Para o día da muller, o CEIP Antonio
Pedrosa Latas organizará unha xornada
conmemorativa. Para elo, foron
convidadas a vir ao noso colexio a once
mulleres representativas da vila, para que
nos contaran un pouco de este día tan
importante.
Ademais, haberá un expositor feito con
siluetas de mulleres traballando e ,pola
tarde, os nenos de segundo, reuniranse
coas súas nais.
Tamén van facer unha exposición de
fotografías de mulleres traballando.
Todos os alumnos fixemos uns debuxos e
colgámolos nos corredores para que
todos os viran.
Logo, pola tarde,
farase unha
xornada de portas
abertas no centro,
onde se
proxectarán vídeos.
Unha pelexa de fútbol de 2º
David ,Óscar e Míriam
No patio de abaixo, xogando ao fútbol pelexáronse os nenos de 2º.
O 25 de febreiro no patio de abaixo, o balón saíu do campo. Un
equipo foi a recollela pero tocáballe sacar ao outro equipo e
comezaron a empuxarse e pelexáronse. Ao fin veu un profesor e
castigounos cinco minutos a todos.
2. CEIPANTONIO PEDROSA LATAS,
09/03/2015
O DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Aula de 5º
No colexio CEIP Antonio Pedrosa Latas
festexamos o día da muller traballadora
convidando ao noso centro a once mulleres
representativas da vida da nosa vila. Os nenos e
nenas dos distintos cursos de primaria
fixémoslles preguntas, entre as cales atópanse:
Gústanvos os vosos traballos?
Para a cal Antonia respondeu; Gústame moito,
as persoas pedíanme que me fora, pero eu non
me ia.
Levantábame moi cedo, a unha ou dúas da mañá.
Cando non sabía facer algo, persoas que non me
coñecían axudábanme, e de isto non me esquezo.
Cres que o teu traballo e importante?
Lara contestou: Si, pero tamén creo que hai
traballos mais importantes como: ser mestre ou
médico …
Pero, seguindo co meu traballo que é o deporte,
eu considéroo un traballo normal e importante,
porque é bo para a saúde e para sentirse ben.
Cál era o seu horario?
Pregunta a cal a xemelga Nieves dixo:
Naqueles tempos non había horarios. Tiñan que
esperar a que os barcos remataran de fanar, para
meterse ao mar a descargar o peixe.
Gustaríalle que os seus fillos traballaran no
mesmo?
Enma Bermúdez contounos que quere que os
seus fillos estuden e saquen unha carreira. Pero
todos somos importantes, e teño un bo traballo
aquí con todos estes nenos marabillosos.
UN NENO FERIDO
Carla e Marta.
Un neno de cuarto curso foi lesionado por causa dunha zancada,no fútbol.
Un neno de cuarto curso tivo unha lesión no pavillón por causa dunha zancada,cando
estaba xogando ao fútbol sen que causara danos .
Sucedeu sobre as doce da maña. Estaban nenos de case todo los cursos.
Había moitas testemuñas, entre elas, alguén máis importante, un profesor.
Eduardo solucionou todo falando coas persoas que viron os feitos do sucedido.
3. CEIPANTONIO PEDROSA LATAS,
09/03/2015
Os campionatos do
colexio
Ainhoa e Hugo
No colexio de Antonio Pedrosa Latas fan un
campionato
No colexio de Antonio Pedrosa Latas fan uns
xogos tradicionais no recreo .
Comezou a facelos Vicente Míguez, profesor
de relixión .
Os xogos desenvólvense no pavillón e na
charca. Os nenos divírtense moitísimo .
Os cursos que participan son 2º,3º,4º,5º e 6º.
Os xogos son: labirinto, pés quedos, fútbol,
brille, pano e béisbol, que se fan no pavillón
e labirinto, as bolas. e pés quedos que se fan
na charca
EXCURSIÓN A MARCELLE
1º Y 2º
Os alumnos de 1º e 2º
acompañados dos seus titores:
Eduardo e Maricarmen irán a
Marcelle e pararán en Vilalba.
O 5/6/2015 1º e 2º irán a Marcelle a
estudar a flora e a fauna. Terán que levar
roupa cómoda e comida xa que pararán
en Vilalba a comer e mercar un xeado. A
excursión custará 20 euros.
EXCURSIÓN A SARRIA 3º
E 4º
Os nenos e nenas de 3º e 4º van ir a
granxa escola de Sarria
acompañados dos seus titores :
Paco e Anxélica
Os nenos e nenas de 3º e 4º, xa están
preparando a súa viaxe a granxa escola de
Sarria.
Sairán o 11/5/2015 e volverán o día 12.
Aos nenos custaralles aproximadamente
50 euros.
Farán moitas actividades relacionadas co
traballo na granxa.
DÍA DA MULLER
TRABALLADORA
O luns 9/3/2015 virán unhas
mulleres a darnos unha charla.
Os nenos e nenas de 2º, 3º,4º,5º e 6º
faranlles unhas preguntas as mulleres
relacionadas co seu traballo.
Tamén farán uns traballos dedicados as súas
nais co título “A miña nai é traballadora”.
Alba, Janet e Ivonne
AXENDA CULTURAL
VISITA DE SOGAMA
O 28/4/2015 virá Sogama a
darnos unha charla sobre o
reciclaxe.
Aprenderemos a coidar o medio
ambiente, a reciclar...