2. INTRODUCIÓN
● A cultura creada polos antigos gregos e romanos é un dos grandes
patrimonios da humanidade e a base da nosa cultura occidental.
● Os gregos foron un pobo preocupado polo ser humano, polo saber, pola
arte e pola organización da sociedade. E en Grecia naceron a filosofía, o
coñecemento científico, os canons artísticos, os Xogos Olímpicos e a
democracia como forma de goberno.
● Os romanos, pola contra, foron un pobo máis práctico. As súas
construcións arquitectónicas, as súas obras de enxeñaría, a súa
concepción urbanística, as súas leis, as formas de ocio de seu e, sobre
todo, a súa lingua son un legado primordial para todos os pobos que
recibiron a súa influencia.
4. OS DEUSES GRECORROMANOS
● Os gregos crearon unha relixión politeísta e unha mitoloxía que vai ser adoptada polos
romanos.
● Os deuses gregos habitaban no Olimpo, eran antropomorfos, personificaban as forzas do
Universo (ceo, mar, lume,...), representábanse con símbolos do seu poder (tridente, raio,...) e
ademais eran inmortais. Existían heroes (fillos de deuses e mortais)
● Os mitos gregos explicaban a orixe do mundo e mais dos deuses. Exemplos: mito do talón de
Aquiles ou o mito de Pandora.
5. CULTO PRIVADO E CULTO PÚBLICO
Grecia
● O culto privado realizábase no ámbito do fogar e
estaba dirixido polo pai de cada familia. Nel os gregos
imploraban o favor dos deuses e ofrecíanlles diversos
produtos.
● Os cidadáns acudían aos templos para renderlles
culto público aos deuses con ofrendas, sacrificios ou
procesións. Non había sacerdotes.
● Había tamén os cultos panhelénicos, comúns a
todas as cidades gregas e que tiñan lugar nos
santuarios: xogos olímpicos en Olimpia na honra de
Zeus.
Roma
● As vivendas tiñan un altar doméstico onde se lles Larario ou altar doméstico
rendía culto aos deuses da casa e do fogar (lares e
penates) e aos espíritos dos antepasados (manes).
● Había cultos públicos dirixidos polos sacerdotes
(pontifex) nos que se realizaban sacrificios e
procesións en honor dos deuses e do emperador.
6. OS ORÁCULOS E OS AUSPICIOS
● Os gregos e mais os romanos eran moi supersticiosos e, antes de emprenderen calquera
acción importante, querían indagar a vontade dos deuses.
● Os gregos consultaban os oráculos, onde unha pitonisa respondía, en nome de Apolo, as
preguntas que os humanos lle dirixían sobre o seu futuro. Un dos oráculos máis importantes
atopábase no santuario de Delfos.
● En Roma existían diversos métodos para coñecer a vontade dos deuses. O máis frecuente era
a interpretación do voo das aves (auspicios) polos agoreiros.
● Os deuses tamén daban a coñecer a súa vontade de xeito espontáneo, enviando un sinal,
chamados presaxios ou agoiros e prodixios, que debía ser interpretados polos sacerdotes.
8. A CULTURA CLÁSICA
● Grecia foi o berce da Filosofía e do pensamento racional, xa que os gregos buscaron unha
explicación lóxica dos fenómenos que acontecían ao seu redor. Os grandes filósofos gregos
foron Sócrates, Platón e Aristóteles.
● Moitos pensadores gregos trataron de buscar unha explicación científica do funcionamento
da natureza. Pitágoras (matemáticas), Arquímedes (física), Hipócrates (medicina),
Eratóstenes (xeografía) e Aristarco (astronomía)
● A gran contribución da cultura romana foi o dereito, que constitúe a base da lexislación de
moitos Estados modernos.
● O teatro foi a gran creación literaria do mundo grecorromano e foi concibido cunha función
lúdica e didáctica. Existen dous grandes xéneros teatrais: a traxedia e a comedia.
– A traxedia amosa a loita do ser humano enfrontado a forzas invencibles (o destino, a
culpa...) e ten un desenlace funesto. Os grandes autores tráxicos foron os gregos Esquilo,
Sófocles e Eurípides.
– A comedia recrea os aspectos festivos e alegres da realidade, con accións da vida cotiá e
desenlace feliz. Neste xénero salientan os gregos Aristófenes e Menandro e os romanos
Plauto e Terencio
12. A ARQUITECTURA GREGA
● As dimensións das construcións gregas eran reducidas, pensadas á medida do ser
humano.
● Os gregos non usaron nin o arco nin a bóveda.
● O deseño dos seus edificios baseábase na unión de columnas verticais e trabes
horizontais, que chamamos arquitrabe ou lintel. Por iso dicimos que a arquitectura
grega é arquitrabada ou alintelada.
● Foron os creadores das ordes ou estilos arquitectónicos: dórico, xónico e corintio.
● Unha orde é a maneira de dispoñérense os elementos da fachada dun edificio
segundo unha proporción e unha regra establecidas.
13. AS ORDES ARQUITECTÓNICAS
●Dórica: a máis sobria e de
columnas máis robustas.
●Xónica: esvelta e máis
decorada. Chapitel con volutas
●Corintia: unha variedade da
xónica que salienta polos
capiteis de follas de acanto.
16. CORINTIO
Templo de Zeus ou Olimpieion, de estilo corintio, iniciado no século VI a.C. e rematado no II d.C
17. TEMPLOS
● Os templos eran a morada
dos deuses e no seu interior
non entraban os fieis.
● A planta era rectangular e
distinguianse as seguintes
partes:
– No centro situábase a
cella , onde se gardaba
a estatua da deidade.
– Rodeábanse dunha
columnata chamada
perístilo.
– O exterior decorábase
con esculturas ,
situadas no frontón e
no friso.
Partenón de Atenas
18. OS TEATROS
● Os teatros son outra gran construción pública grega, construíanse aproveitando a
aba dunha montaña.
● As bancadas tiñan forma semicircular e unha inclinación que lles proporcionaba
unha acústica e mais unha visibilidade perfectas. A escena e mais a orquestra
situábanse na parte chá.
Teatro de Epidauro
20. A ARQUITECTURA ROMANA
● A arquitectura romana, é continuadora das formas estéticas
gregas.
● Os romanos salientaron na construción de obras públicas e no
urbanismo, foron grandes enxeñeiros.
● Nas súas edificacións mesturaron elementos arquitectónicos
gregos, como o sistema de sustentación por columnas, con
técnicas etruscas ou orientais, como o arco e a bóveda.
Tamén empregaron a cúpula.
● Empregaban como material construtivo ladrillos e un primitivo
formigón, outra das contribucións da arquitectura romana. Os
edificios públicos máis luxosos recubríanse de adobe pintado
ou de mármore.
● As cidades romanas estaban amuralladas e as rúas
formaban unha cuadrícula. As vivendas podían ser
unifamiliares (domus) ou de varios andares, que acabaron
recibindo tamén o nome de ínsulas.
● O eixe da cidade viña definido por dúas rúas principais: o
cardo (eixe N-S) e o decumano (eixe Le-O) que se cruzában
Plano cidade romana
nunha gran praza, o foro, que acollía os edificios públicos máis
importantes.
21. OBRAS PÚBLICAS
Entre as obras públicas romanas cabe salientar as seguintes:
● Os edificios relixiosos, como o templo, tanto de planta rectangular como circular.
● Os edificios destinados á administración e ao goberno, como o foro e mais a basílica.
● Os espazos para o lecer, entre os que salientan o teatro, o anfiteatro, o circo e mais as
termas.
● As vías de comunicación, principalmente as calzadas e as pontes.
● Os acuedutos para abasteceren de auga as cidades.
● Os monumentos conmemorativos, como as columnas, os mausoleos e os arcos de
triunfo.
Mausoleo de Augusto Arco de Constantino
Columna de Trajano
23. A ESCULTURA GREGA
● As estatuas esculpíanse en pedra, mármore ou bronce e estaban pintadas con
vivas cores.
● Pretendían representar a beleza ideal e o movemento.
● Buscaron as proporcións ideais do corpo humano e desenvolveron un modelo para a
súa representación baseado nun xogo de proporcións entre as distintas partes do
corpo: o canon.
● Tres etapas:
– Época arcaica.
– Época clásica.
– Época helenística.
24. A ESCULTURA GREGA: ÉPOCA ARCAICA
● Na época arcaica representábase a mozos/atletas espidos (koúroi) e doncelas
ataviadas con vestidos (korai). O corpo tratábase rixidamente, sen movemento, en
posición frontal, cos brazos pegados ao corpo, unha perna adiantada, expresión do
rostro hierática (inexpresiva), amosando un medio sorriso.
Koré do peplo Kourós de Anavyssos Cleobis e Bitón Dama de Auxerre
25. A ESCULTURA GREGA: ÉPOCA CLÁSICA
● Na época clásica (séculos V e IV a.C) conseguiron representar o corpo humano de maneira
proporcionada (canon) e harmónica. Ademais dotárono de axilidade, beleza e de movemento, e
déronlles aos rostros unha expresión serena. Perfección técnica. Escultores destacados: Mirón,
Fidias, Polícleto, Praxíteles e Lisipo.
Discóbolo de Mirón Policleto, Doríforo
Lisipo, Apoxiómeno
Praxíteles, Hermes con Dionisos
26. A ESCULTURA GREGA: ÉPOCA HELENÍSTICA
● Na época helenística a escultura adquiriu un sentido máis dramático e realista, xa que se
buscaba a expresión das emocións humanas (dor, forza, tensión...). Alcanzouse tamén unha
enorme perfección técnica na representación da vestimenta e da expresividade do rostro.
Gálata moribundo
Laoconte e os seus fillos Venus de Milo
27. CERÁMICA E PINTURA GREGA
● Os oleiros gregos foron hábiles artesáns. Moitas pezas tiñan fermosas pinturas. Estas
imaxes proporcionáronnos unha valiosa información sobre a cultura e mais o modo de vida
dos gregos.
● Salientaban as de figuras negras sobre fondo ocre ou vermello e as de figuras vermellas
sobre fondo negro.
● Aínda que sabemos que moitos edificios gregos estaban decorados con pinturas, a maioría
delas non se conservaron. Grazas á decoración da cerámica podemos coñecer os temas e
algunhas das características da pintura grega
29. A ESCULTURA
● A escultura romana está moi influída
pola grega. Coñecemos moitas
esculturas gregas porque ata nós
chegaron as súas copias romanas,
non as orixinais.
TIPOLOXÍA ESCULTÓRICA
– Retrato: que presenta un
marcado realismo en
contraposición co idealismo dos
gregos, amosaban mesmo os
defectos da persoa representada.
O busto, que é a representación
da cabeza e dunha parte do
tronco, acadou un enorme éxito, Marco Aurelio
así como as estatuas ecuestres. Augusto de prima porta
Togado Barberini
– Relevo: Amosan aspectos da
vida cotiá e as xestas dos
exércitos e dos emperadores
romanos (conmemorativos). Procesión
Ara Pacis
30. O MOSAICO
● Os mosaicos servían para decorar os pavimentos e as paredes dos palacios e das
casas. Elaborábanos con pequenas pezas de pedra, vídro ou cerámica chamadas
teselas.
● Os mosaicos podían ter decoración xeométrica ou figurativa. Na decoración
figurativa representábanse temas da vida cotiá, mitolóxicos, paisaxes,...
31. A PINTURA ROMANA
● Os romanos adoitaban decorar as súas vivendas con pinturas murais. Consérvanse sobre
todo na cidade de Pompeia. As devanditas pinturas realizábanse coa técnica do fresco
● Os temas máis representados eran os mitolóxicos, as escenas da vida cotiá, os retratos, as
paisaxes e as construcións arquitectónicas de fantasía.
● A pintura caracterizábase polo seu realismo, detallismo, colorido e uso da perspectiva.