SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  32
TEMA 14
A HERDANZA DA CULTURA CLÁSICA



                           1º ESO
INTRODUCIÓN
●   A cultura creada polos antigos gregos e romanos é un dos grandes
    patrimonios da humanidade e a base da nosa cultura occidental.
●   Os gregos foron un pobo preocupado polo ser humano, polo saber, pola
    arte e pola organización da sociedade. E en Grecia naceron a filosofía, o
    coñecemento científico, os canons artísticos, os Xogos Olímpicos e a
    democracia como forma de goberno.
●   Os romanos, pola contra, foron un pobo máis práctico. As súas
    construcións arquitectónicas, as súas obras de enxeñaría, a súa
    concepción urbanística, as súas leis, as formas de ocio de seu e, sobre
    todo, a súa lingua son un legado primordial para todos os pobos que
    recibiron a súa influencia.
1
A RELIXIÓN GREGA E ROMANA
OS DEUSES GRECORROMANOS
●   Os gregos crearon unha relixión politeísta e unha mitoloxía que vai ser adoptada polos
    romanos.
●   Os deuses gregos habitaban no Olimpo, eran antropomorfos, personificaban as forzas do
    Universo (ceo, mar, lume,...), representábanse con símbolos do seu poder (tridente, raio,...) e
    ademais eran inmortais. Existían heroes (fillos de deuses e mortais)
●   Os mitos gregos explicaban a orixe do mundo e mais dos deuses. Exemplos: mito do talón de
    Aquiles ou o mito de Pandora.
CULTO PRIVADO E CULTO PÚBLICO
Grecia
●   O culto privado realizábase no ámbito do fogar e
    estaba dirixido polo pai de cada familia. Nel os gregos
    imploraban o favor dos deuses e ofrecíanlles diversos
    produtos.
●   Os cidadáns acudían aos templos para renderlles
    culto público aos deuses con ofrendas, sacrificios ou
    procesións. Non había sacerdotes.
●   Había tamén os cultos panhelénicos, comúns a
    todas as cidades gregas e que tiñan lugar nos
    santuarios: xogos olímpicos en Olimpia na honra de
    Zeus.
Roma
●   As vivendas tiñan un altar doméstico onde se lles         Larario ou altar doméstico
    rendía culto aos deuses da casa e do fogar (lares e
    penates) e aos espíritos dos antepasados (manes).
●   Había cultos públicos dirixidos polos sacerdotes
    (pontifex) nos que se realizaban sacrificios e
    procesións en honor dos deuses e do emperador.
OS ORÁCULOS E OS AUSPICIOS
●   Os gregos e mais os romanos eran moi supersticiosos e, antes de emprenderen calquera
    acción importante, querían indagar a vontade dos deuses.
●   Os gregos consultaban os oráculos, onde unha pitonisa respondía, en nome de Apolo, as
    preguntas que os humanos lle dirixían sobre o seu futuro. Un dos oráculos máis importantes
    atopábase no santuario de Delfos.
●   En Roma existían diversos métodos para coñecer a vontade dos deuses. O máis frecuente era
    a interpretación do voo das aves (auspicios) polos agoreiros.
●   Os deuses tamén daban a coñecer a súa vontade de xeito espontáneo, enviando un sinal,
    chamados presaxios ou agoiros e prodixios, que debía ser interpretados polos sacerdotes.
2
A CULTURA CLÁSICA
A CULTURA CLÁSICA
●   Grecia foi o berce da Filosofía e do pensamento racional, xa que os gregos buscaron unha
    explicación lóxica dos fenómenos que acontecían ao seu redor. Os grandes filósofos gregos
    foron Sócrates, Platón e Aristóteles.
●   Moitos pensadores gregos trataron de buscar unha explicación científica do funcionamento
    da natureza. Pitágoras (matemáticas), Arquímedes (física), Hipócrates (medicina),
    Eratóstenes (xeografía) e Aristarco (astronomía)
●   A gran contribución da cultura romana foi o dereito, que constitúe a base da lexislación de
    moitos Estados modernos.
●   O teatro foi a gran creación literaria do mundo grecorromano e foi concibido cunha función
    lúdica e didáctica. Existen dous grandes xéneros teatrais: a traxedia e a comedia.
     –   A traxedia amosa a loita do ser humano enfrontado a forzas invencibles (o destino, a
         culpa...) e ten un desenlace funesto. Os grandes autores tráxicos foron os gregos Esquilo,
         Sófocles e Eurípides.
     –   A comedia recrea os aspectos festivos e alegres da realidade, con accións da vida cotiá e
         desenlace feliz. Neste xénero salientan os gregos Aristófenes e Menandro e os romanos
         Plauto e Terencio
A CULTURA CLÁSICA




O mundo coñecido en tempos de Eratóstenes
A CULTURA CLÁSICA




                   Máscaras



O teatro clásico
3
A ARQUITECTURA GREGA
A ARQUITECTURA GREGA
●   As dimensións das construcións gregas eran reducidas, pensadas á medida do ser
    humano.
●   Os gregos non usaron nin o arco nin a bóveda.
●   O deseño dos seus edificios baseábase na unión de columnas verticais e trabes
    horizontais, que chamamos arquitrabe ou lintel. Por iso dicimos que a arquitectura
    grega é arquitrabada ou alintelada.
●   Foron os creadores das ordes ou estilos arquitectónicos: dórico, xónico e corintio.
●   Unha orde é a maneira de dispoñérense os elementos da fachada dun edificio
    segundo unha proporción e unha regra establecidas.
AS ORDES ARQUITECTÓNICAS



●Dórica: a máis sobria e de
columnas máis robustas.
●Xónica:   esvelta    e    máis
decorada. Chapitel con volutas
●Corintia: unha variedade da
xónica que salienta polos
capiteis de follas de acanto.
DÓRICO




Templo do Tesouro dos Atenienses (Delfos), de estilo dórico, 490 a.C
XÓNICO




Templo de Atenea Nike, de estilo xónico, 421 a.C.
CORINTIO




Templo de Zeus ou Olimpieion, de estilo corintio, iniciado no século VI a.C. e rematado no II d.C
TEMPLOS
●   Os templos eran a morada
    dos deuses e no seu interior
    non entraban os fieis.
●   A planta era rectangular e
    distinguianse as seguintes
    partes:
     –   No centro situábase a
         cella , onde se gardaba
         a estatua da deidade.
     –   Rodeábanse       dunha
         columnata     chamada
         perístilo.
     –   O exterior decorábase
         con     esculturas   ,
         situadas no frontón e
         no friso.


                                        Partenón de Atenas
OS TEATROS
●   Os teatros son outra gran construción pública grega, construíanse aproveitando a
    aba dunha montaña.
●   As bancadas tiñan forma semicircular e unha inclinación que lles proporcionaba
    unha acústica e mais unha visibilidade perfectas. A escena e mais a orquestra
    situábanse na parte chá.




                                          Teatro de Epidauro
4
A ARQUITECTURA ROMANA
A ARQUITECTURA ROMANA
●   A arquitectura romana, é continuadora das formas estéticas
    gregas.
●   Os romanos salientaron na construción de obras públicas e no
    urbanismo, foron grandes enxeñeiros.
●   Nas súas edificacións mesturaron elementos arquitectónicos
    gregos, como o sistema de sustentación por columnas, con
    técnicas etruscas ou orientais, como o arco e a bóveda.
    Tamén empregaron a cúpula.
●   Empregaban como material construtivo ladrillos e un primitivo
    formigón, outra das contribucións da arquitectura romana. Os
    edificios públicos máis luxosos recubríanse de adobe pintado
    ou de mármore.
●   As cidades romanas estaban amuralladas e as rúas
    formaban unha cuadrícula. As vivendas podían ser
    unifamiliares (domus) ou de varios andares, que acabaron
    recibindo tamén o nome de ínsulas.
●   O eixe da cidade viña definido por dúas rúas principais: o
    cardo (eixe N-S) e o decumano (eixe Le-O) que se cruzában
                                                                       Plano cidade romana
    nunha gran praza, o foro, que acollía os edificios públicos máis
    importantes.
OBRAS PÚBLICAS
Entre as obras públicas romanas cabe salientar as seguintes:
 ●   Os edificios relixiosos, como o templo, tanto de planta rectangular como circular.
 ●   Os edificios destinados á administración e ao goberno, como o foro e mais a basílica.
 ●   Os espazos para o lecer, entre os que salientan o teatro, o anfiteatro, o circo e mais as
     termas.
 ●   As vías de comunicación, principalmente as calzadas e as pontes.
 ●   Os acuedutos para abasteceren de auga as cidades.
 ●   Os monumentos conmemorativos, como as columnas, os mausoleos e os arcos de
     triunfo.




                                Mausoleo de Augusto                       Arco de Constantino

 Columna de Trajano
5
ESCULTURA, CERÁMICA E PINTURA EN GRECIA
A ESCULTURA GREGA
●   As estatuas esculpíanse en pedra, mármore ou bronce e estaban pintadas con
    vivas cores.
●   Pretendían representar a beleza ideal e o movemento.
●   Buscaron as proporcións ideais do corpo humano e desenvolveron un modelo para a
    súa representación baseado nun xogo de proporcións entre as distintas partes do
    corpo: o canon.
●   Tres etapas:
    –   Época arcaica.
    –   Época clásica.
    –   Época helenística.
A ESCULTURA GREGA: ÉPOCA ARCAICA
●   Na época arcaica representábase a mozos/atletas espidos (koúroi) e doncelas
    ataviadas con vestidos (korai). O corpo tratábase rixidamente, sen movemento, en
    posición frontal, cos brazos pegados ao corpo, unha perna adiantada, expresión do
    rostro hierática (inexpresiva), amosando un medio sorriso.




    Koré do peplo     Kourós de Anavyssos     Cleobis e Bitón        Dama de Auxerre
A ESCULTURA GREGA: ÉPOCA CLÁSICA
●   Na época clásica (séculos V e IV a.C) conseguiron representar o corpo humano de maneira
    proporcionada (canon) e harmónica. Ademais dotárono de axilidade, beleza e de movemento, e
    déronlles aos rostros unha expresión serena. Perfección técnica. Escultores destacados: Mirón,
    Fidias, Polícleto, Praxíteles e Lisipo.




Discóbolo de Mirón     Policleto, Doríforo
                                                                               Lisipo, Apoxiómeno

                                             Praxíteles, Hermes con Dionisos
A ESCULTURA GREGA: ÉPOCA HELENÍSTICA
●   Na época helenística a escultura adquiriu un sentido máis dramático e realista, xa que se
    buscaba a expresión das emocións humanas (dor, forza, tensión...). Alcanzouse tamén unha
    enorme perfección técnica na representación da vestimenta e da expresividade do rostro.




                                                Gálata moribundo




    Laoconte e os seus fillos                                                   Venus de Milo
CERÁMICA E PINTURA GREGA
●   Os oleiros gregos foron hábiles artesáns. Moitas pezas tiñan fermosas pinturas. Estas
    imaxes proporcionáronnos unha valiosa información sobre a cultura e mais o modo de vida
    dos gregos.
●   Salientaban as de figuras negras sobre fondo ocre ou vermello e as de figuras vermellas
    sobre fondo negro.
●   Aínda que sabemos que moitos edificios gregos estaban decorados con pinturas, a maioría
    delas non se conservaron. Grazas á decoración da cerámica podemos coñecer os temas e
    algunhas das características da pintura grega
6
ESCULTURA, PINTURA E MOSAICO EN ROMA
A ESCULTURA
●   A escultura romana está moi influída
    pola grega. Coñecemos moitas
    esculturas gregas porque ata nós
    chegaron as súas copias romanas,
    non as orixinais.
    TIPOLOXÍA ESCULTÓRICA
     –   Retrato:    que    presenta   un
         marcado         realismo      en
         contraposición co idealismo dos
         gregos, amosaban mesmo os
         defectos da persoa representada.
         O busto, que é a representación
         da cabeza e dunha parte do
         tronco, acadou un enorme éxito,                       Marco Aurelio
         así como as estatuas ecuestres.                                       Augusto de prima porta
                                            Togado Barberini
     –   Relevo: Amosan aspectos da
         vida cotiá e as xestas dos
         exércitos e dos emperadores
         romanos (conmemorativos).                                        Procesión
                                                                          Ara Pacis
O MOSAICO
●   Os mosaicos servían para decorar os pavimentos e as paredes dos palacios e das
    casas. Elaborábanos con pequenas pezas de pedra, vídro ou cerámica chamadas
    teselas.
●   Os mosaicos podían ter decoración xeométrica ou figurativa. Na decoración
    figurativa representábanse temas da vida cotiá, mitolóxicos, paisaxes,...
A PINTURA ROMANA
●   Os romanos adoitaban decorar as súas vivendas con pinturas murais. Consérvanse sobre
    todo na cidade de Pompeia. As devanditas pinturas realizábanse coa técnica do fresco
●   Os temas máis representados eran os mitolóxicos, as escenas da vida cotiá, os retratos, as
    paisaxes e as construcións arquitectónicas de fantasía.
●   A pintura caracterizábase polo seu realismo, detallismo, colorido e uso da perspectiva.
FIN

Contenu connexe

Tendances

A civilización grega
A civilización gregaA civilización grega
A civilización gregarubempaul
 
Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10
Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10
Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10Dudas-Historia
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanamasinisa
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antigarubempaul
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoDudas-Historia
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanarubempaul
 
Organización administrativa e ordenación territorial en España
Organización administrativa e ordenación territorial en EspañaOrganización administrativa e ordenación territorial en España
Organización administrativa e ordenación territorial en EspañaAgrela Elvixeo
 
Idade antiga. os estados
Idade antiga. os estadosIdade antiga. os estados
Idade antiga. os estadosmasinisa
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)Dudas-Historia
 
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaActividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaAgrela Elvixeo
 
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamiaUnidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamiaAgrela Elvixeo
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoriamasinisa
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)rubempaul
 
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)masinisa
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Mediarubempaul
 

Tendances (20)

A civilización grega
A civilización gregaA civilización grega
A civilización grega
 
Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10
Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10
Desde el Neolítico a Egipto incluídos. T9 e 10
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romano
 
Mesopotamia. tema 10
Mesopotamia. tema 10Mesopotamia. tema 10
Mesopotamia. tema 10
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
Organización administrativa e ordenación territorial en España
Organización administrativa e ordenación territorial en EspañaOrganización administrativa e ordenación territorial en España
Organización administrativa e ordenación territorial en España
 
Idade antiga. os estados
Idade antiga. os estadosIdade antiga. os estados
Idade antiga. os estados
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)
 
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaActividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
 
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamiaUnidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia
Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia
 
A prehistoria
A prehistoriaA prehistoria
A prehistoria
 
Imperio Romano
Imperio RomanoImperio Romano
Imperio Romano
 
A antiga grecia
A antiga greciaA antiga grecia
A antiga grecia
 
Grecia e roma
Grecia e romaGrecia e roma
Grecia e roma
 
Hispania Romana
Hispania RomanaHispania Romana
Hispania Romana
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
 
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
A historia de españa na idade moderna (s. xvi xvii)
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 

Similaire à Tema 14 A herdanza da cultura clásica

Similaire à Tema 14 A herdanza da cultura clásica (20)

A civilización grega 2ª parte
A civilización grega 2ª  parteA civilización grega 2ª  parte
A civilización grega 2ª parte
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
 
Arquitectura grega e romana
Arquitectura grega e romanaArquitectura grega e romana
Arquitectura grega e romana
 
Arquitectura grega II
Arquitectura grega IIArquitectura grega II
Arquitectura grega II
 
Tema 3 arte romano
Tema 3 arte romanoTema 3 arte romano
Tema 3 arte romano
 
A ARTE ROMANA
A ARTE ROMANAA ARTE ROMANA
A ARTE ROMANA
 
Grecia final
Grecia finalGrecia final
Grecia final
 
Grecia
GreciaGrecia
Grecia
 
A arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénicaA arte clásica. Arte minoica e arte micénica
A arte clásica. Arte minoica e arte micénica
 
T.6.el arte romano
T.6.el arte romanoT.6.el arte romano
T.6.el arte romano
 
Propíleos
PropíleosPropíleos
Propíleos
 
A arquitectura na Grecia clásica
A arquitectura na Grecia clásicaA arquitectura na Grecia clásica
A arquitectura na Grecia clásica
 
O legado cultural greco-latino
O legado cultural greco-latinoO legado cultural greco-latino
O legado cultural greco-latino
 
Tema 2 arte griego
Tema 2 arte griegoTema 2 arte griego
Tema 2 arte griego
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 
Tema 11. a antiga grecia
Tema 11. a antiga greciaTema 11. a antiga grecia
Tema 11. a antiga grecia
 
A Hélade
A HéladeA Hélade
A Hélade
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 
A arquitectura romana
A arquitectura romanaA arquitectura romana
A arquitectura romana
 
Tema 2 arte griego
Tema 2 arte griegoTema 2 arte griego
Tema 2 arte griego
 

Plus de rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 

Plus de rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 

Dernier

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (12)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Tema 14 A herdanza da cultura clásica

  • 1. TEMA 14 A HERDANZA DA CULTURA CLÁSICA 1º ESO
  • 2. INTRODUCIÓN ● A cultura creada polos antigos gregos e romanos é un dos grandes patrimonios da humanidade e a base da nosa cultura occidental. ● Os gregos foron un pobo preocupado polo ser humano, polo saber, pola arte e pola organización da sociedade. E en Grecia naceron a filosofía, o coñecemento científico, os canons artísticos, os Xogos Olímpicos e a democracia como forma de goberno. ● Os romanos, pola contra, foron un pobo máis práctico. As súas construcións arquitectónicas, as súas obras de enxeñaría, a súa concepción urbanística, as súas leis, as formas de ocio de seu e, sobre todo, a súa lingua son un legado primordial para todos os pobos que recibiron a súa influencia.
  • 4. OS DEUSES GRECORROMANOS ● Os gregos crearon unha relixión politeísta e unha mitoloxía que vai ser adoptada polos romanos. ● Os deuses gregos habitaban no Olimpo, eran antropomorfos, personificaban as forzas do Universo (ceo, mar, lume,...), representábanse con símbolos do seu poder (tridente, raio,...) e ademais eran inmortais. Existían heroes (fillos de deuses e mortais) ● Os mitos gregos explicaban a orixe do mundo e mais dos deuses. Exemplos: mito do talón de Aquiles ou o mito de Pandora.
  • 5. CULTO PRIVADO E CULTO PÚBLICO Grecia ● O culto privado realizábase no ámbito do fogar e estaba dirixido polo pai de cada familia. Nel os gregos imploraban o favor dos deuses e ofrecíanlles diversos produtos. ● Os cidadáns acudían aos templos para renderlles culto público aos deuses con ofrendas, sacrificios ou procesións. Non había sacerdotes. ● Había tamén os cultos panhelénicos, comúns a todas as cidades gregas e que tiñan lugar nos santuarios: xogos olímpicos en Olimpia na honra de Zeus. Roma ● As vivendas tiñan un altar doméstico onde se lles Larario ou altar doméstico rendía culto aos deuses da casa e do fogar (lares e penates) e aos espíritos dos antepasados (manes). ● Había cultos públicos dirixidos polos sacerdotes (pontifex) nos que se realizaban sacrificios e procesións en honor dos deuses e do emperador.
  • 6. OS ORÁCULOS E OS AUSPICIOS ● Os gregos e mais os romanos eran moi supersticiosos e, antes de emprenderen calquera acción importante, querían indagar a vontade dos deuses. ● Os gregos consultaban os oráculos, onde unha pitonisa respondía, en nome de Apolo, as preguntas que os humanos lle dirixían sobre o seu futuro. Un dos oráculos máis importantes atopábase no santuario de Delfos. ● En Roma existían diversos métodos para coñecer a vontade dos deuses. O máis frecuente era a interpretación do voo das aves (auspicios) polos agoreiros. ● Os deuses tamén daban a coñecer a súa vontade de xeito espontáneo, enviando un sinal, chamados presaxios ou agoiros e prodixios, que debía ser interpretados polos sacerdotes.
  • 8. A CULTURA CLÁSICA ● Grecia foi o berce da Filosofía e do pensamento racional, xa que os gregos buscaron unha explicación lóxica dos fenómenos que acontecían ao seu redor. Os grandes filósofos gregos foron Sócrates, Platón e Aristóteles. ● Moitos pensadores gregos trataron de buscar unha explicación científica do funcionamento da natureza. Pitágoras (matemáticas), Arquímedes (física), Hipócrates (medicina), Eratóstenes (xeografía) e Aristarco (astronomía) ● A gran contribución da cultura romana foi o dereito, que constitúe a base da lexislación de moitos Estados modernos. ● O teatro foi a gran creación literaria do mundo grecorromano e foi concibido cunha función lúdica e didáctica. Existen dous grandes xéneros teatrais: a traxedia e a comedia. – A traxedia amosa a loita do ser humano enfrontado a forzas invencibles (o destino, a culpa...) e ten un desenlace funesto. Os grandes autores tráxicos foron os gregos Esquilo, Sófocles e Eurípides. – A comedia recrea os aspectos festivos e alegres da realidade, con accións da vida cotiá e desenlace feliz. Neste xénero salientan os gregos Aristófenes e Menandro e os romanos Plauto e Terencio
  • 9. A CULTURA CLÁSICA O mundo coñecido en tempos de Eratóstenes
  • 10. A CULTURA CLÁSICA Máscaras O teatro clásico
  • 12. A ARQUITECTURA GREGA ● As dimensións das construcións gregas eran reducidas, pensadas á medida do ser humano. ● Os gregos non usaron nin o arco nin a bóveda. ● O deseño dos seus edificios baseábase na unión de columnas verticais e trabes horizontais, que chamamos arquitrabe ou lintel. Por iso dicimos que a arquitectura grega é arquitrabada ou alintelada. ● Foron os creadores das ordes ou estilos arquitectónicos: dórico, xónico e corintio. ● Unha orde é a maneira de dispoñérense os elementos da fachada dun edificio segundo unha proporción e unha regra establecidas.
  • 13. AS ORDES ARQUITECTÓNICAS ●Dórica: a máis sobria e de columnas máis robustas. ●Xónica: esvelta e máis decorada. Chapitel con volutas ●Corintia: unha variedade da xónica que salienta polos capiteis de follas de acanto.
  • 14. DÓRICO Templo do Tesouro dos Atenienses (Delfos), de estilo dórico, 490 a.C
  • 15. XÓNICO Templo de Atenea Nike, de estilo xónico, 421 a.C.
  • 16. CORINTIO Templo de Zeus ou Olimpieion, de estilo corintio, iniciado no século VI a.C. e rematado no II d.C
  • 17. TEMPLOS ● Os templos eran a morada dos deuses e no seu interior non entraban os fieis. ● A planta era rectangular e distinguianse as seguintes partes: – No centro situábase a cella , onde se gardaba a estatua da deidade. – Rodeábanse dunha columnata chamada perístilo. – O exterior decorábase con esculturas , situadas no frontón e no friso. Partenón de Atenas
  • 18. OS TEATROS ● Os teatros son outra gran construción pública grega, construíanse aproveitando a aba dunha montaña. ● As bancadas tiñan forma semicircular e unha inclinación que lles proporcionaba unha acústica e mais unha visibilidade perfectas. A escena e mais a orquestra situábanse na parte chá. Teatro de Epidauro
  • 20. A ARQUITECTURA ROMANA ● A arquitectura romana, é continuadora das formas estéticas gregas. ● Os romanos salientaron na construción de obras públicas e no urbanismo, foron grandes enxeñeiros. ● Nas súas edificacións mesturaron elementos arquitectónicos gregos, como o sistema de sustentación por columnas, con técnicas etruscas ou orientais, como o arco e a bóveda. Tamén empregaron a cúpula. ● Empregaban como material construtivo ladrillos e un primitivo formigón, outra das contribucións da arquitectura romana. Os edificios públicos máis luxosos recubríanse de adobe pintado ou de mármore. ● As cidades romanas estaban amuralladas e as rúas formaban unha cuadrícula. As vivendas podían ser unifamiliares (domus) ou de varios andares, que acabaron recibindo tamén o nome de ínsulas. ● O eixe da cidade viña definido por dúas rúas principais: o cardo (eixe N-S) e o decumano (eixe Le-O) que se cruzában Plano cidade romana nunha gran praza, o foro, que acollía os edificios públicos máis importantes.
  • 21. OBRAS PÚBLICAS Entre as obras públicas romanas cabe salientar as seguintes: ● Os edificios relixiosos, como o templo, tanto de planta rectangular como circular. ● Os edificios destinados á administración e ao goberno, como o foro e mais a basílica. ● Os espazos para o lecer, entre os que salientan o teatro, o anfiteatro, o circo e mais as termas. ● As vías de comunicación, principalmente as calzadas e as pontes. ● Os acuedutos para abasteceren de auga as cidades. ● Os monumentos conmemorativos, como as columnas, os mausoleos e os arcos de triunfo. Mausoleo de Augusto Arco de Constantino Columna de Trajano
  • 22. 5 ESCULTURA, CERÁMICA E PINTURA EN GRECIA
  • 23. A ESCULTURA GREGA ● As estatuas esculpíanse en pedra, mármore ou bronce e estaban pintadas con vivas cores. ● Pretendían representar a beleza ideal e o movemento. ● Buscaron as proporcións ideais do corpo humano e desenvolveron un modelo para a súa representación baseado nun xogo de proporcións entre as distintas partes do corpo: o canon. ● Tres etapas: – Época arcaica. – Época clásica. – Época helenística.
  • 24. A ESCULTURA GREGA: ÉPOCA ARCAICA ● Na época arcaica representábase a mozos/atletas espidos (koúroi) e doncelas ataviadas con vestidos (korai). O corpo tratábase rixidamente, sen movemento, en posición frontal, cos brazos pegados ao corpo, unha perna adiantada, expresión do rostro hierática (inexpresiva), amosando un medio sorriso. Koré do peplo Kourós de Anavyssos Cleobis e Bitón Dama de Auxerre
  • 25. A ESCULTURA GREGA: ÉPOCA CLÁSICA ● Na época clásica (séculos V e IV a.C) conseguiron representar o corpo humano de maneira proporcionada (canon) e harmónica. Ademais dotárono de axilidade, beleza e de movemento, e déronlles aos rostros unha expresión serena. Perfección técnica. Escultores destacados: Mirón, Fidias, Polícleto, Praxíteles e Lisipo. Discóbolo de Mirón Policleto, Doríforo Lisipo, Apoxiómeno Praxíteles, Hermes con Dionisos
  • 26. A ESCULTURA GREGA: ÉPOCA HELENÍSTICA ● Na época helenística a escultura adquiriu un sentido máis dramático e realista, xa que se buscaba a expresión das emocións humanas (dor, forza, tensión...). Alcanzouse tamén unha enorme perfección técnica na representación da vestimenta e da expresividade do rostro. Gálata moribundo Laoconte e os seus fillos Venus de Milo
  • 27. CERÁMICA E PINTURA GREGA ● Os oleiros gregos foron hábiles artesáns. Moitas pezas tiñan fermosas pinturas. Estas imaxes proporcionáronnos unha valiosa información sobre a cultura e mais o modo de vida dos gregos. ● Salientaban as de figuras negras sobre fondo ocre ou vermello e as de figuras vermellas sobre fondo negro. ● Aínda que sabemos que moitos edificios gregos estaban decorados con pinturas, a maioría delas non se conservaron. Grazas á decoración da cerámica podemos coñecer os temas e algunhas das características da pintura grega
  • 28. 6 ESCULTURA, PINTURA E MOSAICO EN ROMA
  • 29. A ESCULTURA ● A escultura romana está moi influída pola grega. Coñecemos moitas esculturas gregas porque ata nós chegaron as súas copias romanas, non as orixinais. TIPOLOXÍA ESCULTÓRICA – Retrato: que presenta un marcado realismo en contraposición co idealismo dos gregos, amosaban mesmo os defectos da persoa representada. O busto, que é a representación da cabeza e dunha parte do tronco, acadou un enorme éxito, Marco Aurelio así como as estatuas ecuestres. Augusto de prima porta Togado Barberini – Relevo: Amosan aspectos da vida cotiá e as xestas dos exércitos e dos emperadores romanos (conmemorativos). Procesión Ara Pacis
  • 30. O MOSAICO ● Os mosaicos servían para decorar os pavimentos e as paredes dos palacios e das casas. Elaborábanos con pequenas pezas de pedra, vídro ou cerámica chamadas teselas. ● Os mosaicos podían ter decoración xeométrica ou figurativa. Na decoración figurativa representábanse temas da vida cotiá, mitolóxicos, paisaxes,...
  • 31. A PINTURA ROMANA ● Os romanos adoitaban decorar as súas vivendas con pinturas murais. Consérvanse sobre todo na cidade de Pompeia. As devanditas pinturas realizábanse coa técnica do fresco ● Os temas máis representados eran os mitolóxicos, as escenas da vida cotiá, os retratos, as paisaxes e as construcións arquitectónicas de fantasía. ● A pintura caracterizábase polo seu realismo, detallismo, colorido e uso da perspectiva.
  • 32. FIN