SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  48
ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS
“ASCM”
MEMORIA
2011
EIVA nº 28
4
5 	
6
7
8
10
14
16
18
20
28
32
36
38
40
42
44
46
ÍNDICE
P RESENTACIÓN
Saúda do presidente
Saúda da concelleira 	
Quen somos
Xunta directiva
Onde estamos
P ROGRAMAS E A CTIVIDADES
Accesibilidade
Transporte adaptado
Orientación e intermediación laboral
Educación e formación
Deporte adaptado
Voluntariado
Lecer e tempo libre
Infancia e xuventude
Muller
Maiores
Información e asesoramento
Divulgación e sensibilización
Financiadores
resentación
P
4
SAÚDA DO PRESIDENTE
DA “ASCM”
Un ano máis é tempo de facer reconto
das actividades desenvoltas no último
exercicio. 2011 foi un novo ano de
esforzos; a crise obríganos a facer
máis con menos, e é por iso polo que
as actividades de formación e continuo
traballo de orientación e intermediación
laboral que leva a cabo a ASCM,
adquiren grande importancia.
Falando de esforzo, aproveito esta oportunidade para
mostrar desde aquí o noso máis sincero agradecemento ao
noso equipo de voluntarias e voluntarios, sen os cales serían
imposibles a maior parte das nosas actividades.
2011 foi tamén un ano de importantes preparativos para a
celebración do 25º Aniversario da ASCM que terá lugar neste
2012. É inevitable facer un repaso deses 25 anos na mente
dos que tanto tempo levamos traballando neste proxecto de
acción social. Estes preparativos foron un momento de pensar
nos nosos logros e tamén no que poderiamos ter feito mellor,
e sobre todo, no moito que nos queda por facer.
Esperamos que esteades connosco nesta celebración e
sobre todo neste proxecto común que é a ASCM, proxecto no
que todas e todos sodes imprescindibles.
Ás persoas que creron en nos MOITAS GRAZAS, e ás
moitas que esperaban máis de nos, PERDÓN, moitas cousas
quedaron por facer, pero seguro seguiremos intentándoo.
GRACIAS Ángel Garate
5
A calidade de vida, o benestar social
da sociedade e un concepto abstracto,
que debe materializarse en recursos
concretos e utilizables na vida cotiá.
As Administracións Públicas estamos
obrigadas a facilitar o uso dos
recursos públicos, pero moitas veces
atopamos que non somos capaces de
facer chegar as persoas interesadas, no
momento adecuado eses recursos.
Neste punto xogan un papel fundamental o movemento
asociativo especializado, tal como é o caso da Asociación
Sociocultural de Minusválidos de Narón e Ferrol. O
asociacionismo garantiza, como non podía ser doutra
maneira, aos seus asociados a circulación de información
útil, especifica, ademais da defensa dos seus intereses diante
das administracións; e por ende, contribúen a crear opinión
positiva sobre as problemáticas que lles afectan.
Na dobre dimensión que me atangue, nos ámbitos da acción
socialedaparticipacióncidadávencellánseasímesmoasdúas
facianas que se dan na diversidade funcional, a de garantía
de dereitos aistenciais e de promoción da visibilización e
participación da cidadanía con diversidade funcional. E aí e
onde tedes garantido o meu compromiso institucional para
traballar a prol da igualdade de oportunidades e a xustiza
social.
Catalina Mª García Blanco
SAÚDA da Concelleira de Acción
Social e Participación Cidadá
do CONCELLO DE NARÓN
6
QUEN SOMOS
A Asociación Sociocultural de Minusválidos “ASCM”
creouse no ano 1987 como unha entidade sen ánimo de lucro
que ten como obxectivo a plena integración das persoas con
discapacidade. Levamos, polo tanto, 25 anos traballando a
prol do colectivo de persoas con diversidade funcional nos
distintos ámbitos en que se desenvolven a cotío.
A nosa labor veuse recoñecida pola Xunta de Galicia ao
declarar a nosa asociación “de utilidade pública” (DOG
mércores 11 de agosto de 2010 -Orden de 4 de agosto de
2010 Consellería de Presidencia, Administracións Públicas
e Xustiza).
Cada ano, a ASCM publica un anuario no que se recollen
todas as actividades realizadas no exercicio anterior. Con esta
memoria, a Asociación non só pretende manter informados
aos socios/as dos eventos organizados ano tras ano, senón
que trata tamén de expoñer á cidadanía en xeral as áreas
sociais nas que é necesario seguir traballando para conquerir
a plena integración das persoas con diversidade funcional.
Ademais, este ano 2012, a ASCM celebra o seu 25º
aniversario e xa temos en marcha unha serie de actividades
que queremos desenrolar para conmemorar tal data, tan
significativa para a nosa entidade.
Porque todos somos persoas con algún tipo de
discapacidade, nalgún momento da nosa vida, xa sexa
temporal ou permanente, e porque é unha realidade que pode
cambiar a vida nun segundo: un accidente laboral, doméstico.
de tráfico... pode truncar a nosa forma de ver as cousas.
¡Se te pos nese lugar, quererás apoiar e participar!
7
XUNTA DIRECTIVA
Presidente
Ángel Gárate
Vicepresidente Tesoreiro
Álvaro Illobre
Secretaria
Lucía Pérez
Vocal
Basilio Durán
Vocal
Abelardo Teijido
Vocal
Antonio Vázquez
Manuel S. R.
Sanesteban
8
ONDE ESTAMOS
R/Fernando VI Bloque 2 Baixos 18-19
Tlf: 981 35 14 30 Fax: 981 35 14 50
Email: ascm.ferrol@ascmferrol.com
FERROL
Ctra Castilla 256, Bajo
Tlf: 981 38 53 66 Fax: 981 38 67 22
Email: ascmnaron@ascmferrol.com
NARÓN
rogramas
P
ctividades
A
e
10
ACCESIBILIDADE
O Servizo de Accesibilidade da ASCM informa, asesora
e leva a cabo actuacións en materia de axudas técnicas,
accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas.
O ámbito de actuación deste servizo non é soamente no
eido urbanístico, senón tamén no que atinxe ao transporte e
á comunicación.
No 2011 este servizo atendeu máis de 800 consultas de
diversaíndole,comoasesoramentoeneliminacióndebarreiras
arquitectónicas ou tramitación de denuncias ante diferentes
organismos e entidades. A maioría das consultas versaron
sobre as adaptacións funcionais do fogar, eliminación das
barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da
vivenda, sobre axudas e subvencións, sobre a accesibilidade
aos edificios públicos e sobre o transporte.
Neste ano continuouse co Estudio de Accesibilidade e
Supresión de Barreiras Arquitectónicas encargado polo
Concello de Narón no marco do convenio de colaboración.
Seguindo coas campañas informativas realizadas durante
os anos anteriores na divulgación e denuncia da problemática
do colectivo de persoas con discapacidade, a ASCM segue
realizando un seguimento sobre as infraccións cometidas
polos conductores que ocupan prazas de aparcadoiro
reservadas a persoas con movilidade reducida, ocupación
de pasos de peóns, ramplas, beirarrúas, etc. por medio das
MULTAS SIMBÓLICAS, que se impoñen aos vehículos en
situación de infracción.
11
35%
20%
13%
23%
9%
CONSULTAS SERVIZO ACCESIBILIDADE
Adaptación do fogar
Normativa urbanística
Reclamacións
Axudas e subvencións
Outras
0 100 200 300 400 500 600 700
2007
2008
2009
2010
2011
EVOLUCIÓN MULTAS SIMBÓLICAS
12
13
14
TRANSPORTE ADAPTADO
A ASCM, en colaboración cos Concellos de Ferrol e
Narón leva a cabo un servizo de transporte adaptado para o
desprazamento das persoas con mobilidade reducida que non
poden utilizar o transporte público e que son derivadas polos
Servizos Sociais. Desprazamentos aos centros educativos,
atención sanitaria, actividades escolares, centros de día,
actividades de ocio, deportivas, formativas ou actividades
culturais, etc.
No ano 2011 este servizo percorreu máis de 87.000 km
e atendeu a 293 usuarios, suplindo en moitos casos as
deficiencias do servizo de transporte 065.
O servizo de transporte adaptado da ASCM conta con
furgonetas adaptadas, que foron adquiridas coa colaboración
de: Deputación da Coruña, Fundación Vodafone, Fundación
Once, Caja Madrid, Concello de Ferrol, Concello de Narón,
achegas particulares e un acto benéfico.
Obxectivos :
* * Fomentar a independencia e autonomía das persoas
con mobilidade reducida.
* * Garantir a escolarización das persoas con mobilidade
reducida.
* * Cubrir o servizo que hoxe non se está cubrindo co
transporte público.
* * Atender as necesidades das persoas con dificultades
para desprazarse.
15
16
ORIENTACIÓN E
INTERMEDIACIÓN LABORAL
A Asociación Sociocultural de Minusválidos conta cun
servizo de orientación e intermediación laboral e cunha bolsa
de emprego que inclúe a 797 persoas con discapacidade.
Durante o ano 2011 atendéronse máis de 1000 consultas
e realizáronse máis de 800 entrevistas. Este servizo realiza
un proceso de inserción laboral co seguinte protocolo de
actuación:
* * Estudo individualizado de cada demandante de
emprego.
* * Inclusión nun grupo en función do perfil laboral que
presente.
* * Preparación para a inserción no mercado laboral.
* * Orientación formativa e formación.
* * Inserción e seguimento da persoa contratada.
* * Asesoramento ás empresas sobre incentivos e
subvencións ás que poden acceder ao contratar a
persoas con discapacidade.
“Dende a ASCM consideramos que é necesario
potenciar este servizo poñendo en marcha campañas
de fomento de emprego, facendo un chamamento ás
empresas da comarca para que cumpran coa normativa
de contratar ás persoas con discapacidade, e para que
sexan conscientes de que moitos empregos podense
realizar perfectamente por persoas con discapacidade”.
17
18
EDUCACIÓN E
FORMACIÓN
Na súa labor de promover e propiciar a formación destinada
a conseguir a integración social e laboral, a ASCM realizou
un curso de Educación de Adultos como apoio formativo a
20 persoas que desexaban conseguir o título da ESO e varios
cursos sobre novas tecnoloxías: introducción á informática,
informática xeral, correo electrónico, redes sociais e fotografía
dixital.
Aentidadetaménalbergouocursode“MonitorSociocultural”,
no marco do Programa de Cursos de Formación para
Desempregados da Consellería de Traballo e Benestar.
O curso para “Coidadores de persoas con discapacidade
física e psíquica”, impartido na ASCM, tivo unha moi boa
acollida e uns resultados altamente satisfactorios como
formación específica nun eido laboral moi demandado na
actualidade.
As actividades formativas da ASCM están destinadas ás
persoas asociadas e á cidadanía en xeral coa finalidade
de desenvolver unha acción integradora. Neste senso
organizáronse diversas charlas e talleres como os de Manexo
de cadeira de rodas, Xornadas de transporte adaptado, Taller
de manexo e mantemento de cadeiras de rodas e un Curso
de conducción segura.
Ademais, a entidade realizou unhas sesións formativas
dirixidas ao propio persoal da ASCM, a través da Fundación
Luis Vives e tamén con recursos propios.
19 19
20
DEPORTE ADAPTADO
A ASCM continúa promocionando a Boccia, deporte que
aporta grandes beneficios ás persoas afectadas por parálise
cerebral e outras discapacidades físicas severas.
* * “Curso de Formación en Boccia”: O curso, impartido
por árbitros e técnicos de boccia, consistiu na formación
coma xuices de tempo e de mesa deste peculiar deporte.
Tivo unha duración de 4h. e unha participación de 16
persoas. O curso realizouse no mes de marzo.
* * Golf adaptado: A ASCM colaborou co Concello
participando na Semana do Golf en Narón, que
se celebrou no mes de xullo. Nestas xornadas
especialmente adicadas ás persoas con discapacidade
participaron unhas 15 persoas que poideron recibir
unhas clases e disfrutar dun día de golf adaptado.
* * Contamos con outras actividades deportivas como
son: natación (piscina terapéutica Narón), baloncesto
en cadeira de rodas, tenis en cadeira de rodas e tiro.
Asimismo, participamos en actividades de mantemento
físico a través de programas municipais, como é a de
“Activación saudable” do Concello de Narón.
Cabe mencionar ademais o gran éxito de participación
no Rallye Social ASCM que transcurríu polos concellos de
Ferrol, Narón, San Sadurniño, Moeche, Somozas, As Pontes,
Ribadeume, A Capela e Neda.
21
22
23
“OS COLLUDOS” 2011
“ASCM”
CONVIVENCIA GANDARÍO 2011
“ASCM”
26
27
VOLUNTARIADO
A Asociación Sociocultural de Minusválidos contou neste
ano coa inestimable colaboración de 50 voluntarios/as
dos que un 90% ten algún tipo de discapacidade. A área
de voluntariado encárgase da captación e da formación
específica, aínda que incide especialmente na promoción dos
valores do Voluntariado. Con esta finalidade de difusión, a
ASCM organizou en outubro unhas Xornadas de Voluntariado
no concello de Narón e participou no XIV Congreso Estatal de
Voluntariado que tivo lugar na Coruña entre o 29 de novembro
e o 1 de decembro.
O recoñecemento ao Voluntario do Ano, que anualmente
otorga a ASCM ao voluntario/a que mostra máis implicación,
recaeu nesta edición en Sebastián Castiñeira, a quen se lle
fixo entrega dun diploma durante a cea anual da Asociación
celebrada no mes de novembro.
Ao longo do ano 2011, e cunha periodicidade semanal,
desenvolveronse asimismo talleres grupales de habilidades,
monitorizados por voluntarios e voluntarias, como: pintura en
tea, fieltro e grupo de teatro.
28
29
Este é un extracto da carta que un/a voluntario/a anónimo
envióu á ASCM que amosa o que significa ser voluntario e o
gratificante que resulta:
30
31
32
LECER E TEMPO LIBRE
Taller de Teatro ASCM: Dende o 2007, o grupo de Teatro
da ASCM actuou en máis de trinta entidades, centros de
maiores, colexios e asociacións de Ferrol e comarca, sempre
de forma gratuíta. Tres son as obras teatrais interpretadas
polo grupo de teatro:
* * “A Familia Rufo”, baseada na convivencia dunha familia
onde cada un dos membros amosan unha personalidade
totalmente distinta.
* * “Así era eu, e así me foi”. Esta obra trata sobre os
accidentes de tráfico e as súas consecuencias. Cabe
remarcar que esta obra se presentou á IX Edición do
Concurso de Teatro convocado pola Dirección Xeral
de Tráfico, e aínda que non gañou, obtivo un premio
de consolación que foi entregado en persoa polo Xefe
Provincial de Tráfico, Pedro Pastor.
* * “Con premeditación e alevoisía”. O argumento desta
obra xira arredor dun xuízo entre varias persoas
pertencentes á mesma comunidade veciñal.
Outros talleres que tiveron gran actividade neste ano foron
o “Taller de pintura en tea”, o “Taller de labores e bolillos” e o
“Taller de ensaio da comparsa para o entroido” no que houbo
unha primeira parte de creación e confección dos disfraces
así como elaboración das letras das cancións e unha parte
de actuacións en diversos concellos da comarca, asociacións
veciñais, centros de maiores, desfiles polas rúas, etc.
Ademais organizáronse diversas saídas ou excursións de
carácter cultural e diversas xuntanzas de carácter lúdico-
festivo.
33
34
35
36
INFANCIA E XUVENTUDE
A ASCM tamén pensa nos máis pequenos da casa e todos
os anos organiza algunha actividade adicada ós nenos. Neste
ano foi o “Show de la Brujita Tapita”.
A organización destes eventos supón para os voluntarios
e usuarios unha maneira de integración social, ó participar
activamente no desenrolo do show.
Por estes motivos, este ano, a ASCM decidiu traer á cidade
de Ferrol, o espectáculo lúdico – educativo “El Show de
la Brujita Tapita”, interpretado polo “Dúo Tiempo de Sol”,
que presenta un proxecto no que conxugan unha proposta
artística, dirixida ós nenos/as, cunha pedagóxica orientada
ós docentes. Cerca de 1000 persoas achegáronse ata FIMO
para presenciar este espectáculo.
Dentro das accións da ASCM con respecto á infancia, cabe
sinalar que un grupo de voluntarios/as da ASCM visitou o
Colexio La Salle, dentro da “Semana do P.A.R” (Semana do
Plan de Achegamento á Realidade) que organiza todos os
anos o centro educativo, co obxectivo de ensinar e concienciar
ós máis pequenos sobre algunhas das realidades que afectan
á nosa sociedade.
Dentro deste plan, un grupo de voluntarios achegáronse
ó colexio, e durante unhas horas compartiron cos rapaces
as diferentes experiencias polas que pasa unha persoa con
mobilidade reducida.
37
38
MULLER
No mes de decembro, unha representación da ASCM asistiu
á novena edición das xornadas “Mujer con discapacidad ante
la crisis” organizadas pola Coordinadora de Persoas con
Discapacidade Física de Canarias, a través da Federación
Coamificoa, da que forma parte a ASCM e coa que colabora
asiduamente en multitude de eventos.
Estas xornadas celebráronse no Museo de Historia Casa
Lercaro de San Cristóbal de la Laguna en Tenerife, nos
días 15- 16 de decembro. Durante estes días os asistentes
tiveron a oportunidade de analizar a través de conferencias
e debates, a realidade das mulleres con discapacidade nun
momento de precariedade como o existente na actualidade.
O obxectivo:
* * Crear puntos de encontro e actuacións a levar a cabo
para mellorar esta situación, e intentar impulsar o nivel
de inserción laboral das mulleres con discapacidade.
A Asociación Sociocultural de Minusválidos participou tamén
nos actos organizados polo concello de Ferrol para denunciar
a Violencia de Xénero. Lucía Pérez, secretaria da ASCM,
deu lectura ao Manifesto no Pazo Municipal. Previamente
realizárase unha ofrenda floral nos Xardíns de Herrera.
Nestes actos estiveron presentes unha representación da
Xunta Directiva e un grupo de voluntarios/as da ASCM.
39
40
MAIORES
Co obxectivo de facer chegar aos nosos socios e socias e
ás súas familias o noso traballo, a ASCM deseña actividades
para tódolos grupos de idades. Deste xeito levouse a cabo
unha importante labor dirixida ás persoas da terceira idade.
Neste senso tiveron unha grande acollida as diversas
actuacións en centros de maiores e asociacións veciñais
a través do grupo de Teatro ASCM e coa participación do
Equipo de Voluntariado, que levaron diversas actividades
de entretenimiento e interactuación cos diferentes grupos de
maiores.
A Asociación Sociocultural de Minusválidos fixo un
importante traballo coa terceira idade, promovendo ademais
que a participación dos maiores non quedara soamente en
actividades puntuais, senón que se perpetuara ó longo do
ano en distintos talleres e actividades programadas dende a
entidade.
Así, un grupo de 12 voluntarios visitaron este nadal o Centro
Gerontológico EUXA de Narón e participaron nas actividades
de concienciación e achegamento á discapacidade.
Outro exemplo foi a visita e actuación que a Comparsa “Os
Colludos” da ASCM fixo no Fogar de Maiores da Fundación
Terra de Trasancos de O Val – Narón con motivo da
celebración do Entroido 2011.
41
42
INFORMACIÓN E
ASESORAMENTO
ConesteservizoaASCMofreceinformacióneasesoramento
a todos os seus socios sobre as vantaxes e outras medidas
de apoio para persoas con discapacidade, como por exemplo:
* * Recoñecemento, declaración e cualificación do grado
de discapacidade.
* * Beneficios fiscais, prestacións económicas, sociais
e sanitarias ás que poden acceder as persoas con
mobilidade reducida.
* * Adaptacións no fogar.
* * Información sobre trámites administrativos (como
solicitar os certificados de minusvalía ou dependencia,
tarxetas de estacionamento, exencións, merca de
vehículos, etc).
* * Información de subvencións e axudas dos organismos
públicos, así como a realización de xestión e entrega
ante as administracións públicas.
* * Información sobre aspectos xurídicos (denuncias,
recursos, dereitos das persoas con discapacidade).
* * Grupos de autoaxuda con apoio psicolóxico.
Cada un dos departamentos que conforman este servizo
(legal, accesibilidade, emprego, etc.) encárganse despois de
resolver cada unha das dúbidas, trámites ou problemas que
teñen os nosos usuarios. No ano 2011 atendéronse unhas
9.000 consultas.
43
44
DIVULGACIÓN E
SENSIBILIZACIÓN
Ademais de utilizar os medios de prensa, radio e TV, a
ASCM complementa a súa canle de comunicación cunha
páxina web, blog, carteis, dípticos e trípticos varios.
Asimesmo, a ASCM desenvolve unha labor fundamental
na organización e/ou participación en xornadas e congresos
sobre discapacidade: “Xornada de desenrolo asociativo en
materia de transporte e discapacidade en Galicia” e “Xornadas
de Voluntariado” en Narón, xornadas “Mujer con discapacidad
ante la crisis” en Tenerife, “Congreso de Voluntariado” en
Santiago, “Semana da Diversidade” en Ferrol, etc.
Tamén se traballa dende a entidade dun xeito presencial
e coa colaboracón do Equipo de Voluntariado da ASCM en
contacto directo a través de charlas nos colexios, co obxectivo
de sensibilizar aos máis novos sobre a problemática das
persoas discapacitadas no seu entorno habitual.
Dende a ASCM faise un gran esforzo para ter presenza
nos medios, coa finalidade de informar, denunciar e facer
presión, para que a realidade coa que se traballa non sexa
algo descoñecido para unha gran parte da cidadanía e haxa
unha verdadeira incidencia social.
Direccións web:
* * http://www.ascmferrol.com/
* * http://noticias-ascm.blogspot.com.es/
* * http://voluntariadoascm.blogspot.com.es/
46
FINANCIADORES
A Asociación Sociocultural de Minusválidos “ASCM” recibe,
para o seu financiamento, achegas de administracións e
organismos públicos, privados e a través das aportacións dos
socios/as e donativos.
PÚBLICOS:
PRIVADOS:
- Outras empresas.
- Particulares.
FAITESOCIO/A
TEÑAS ALGÚN TIPO DE
DISCAPACIDADE OU
NON, PODES FACERTE
SOCIO POR...
¡SÓ 20 €/ANO!
OU COLABORA CO
TEU DONATIVO EN:
NOVAGALICIA BANCO:
2080 5214 99 3040000107
CAJA MADRID:
2038 4005 62 6000042224
LA CAIXA:
2100 1456 67 0200048161
BANCO POPULAR:
0097 8985 41 0600058203
Memoria 2011

Contenu connexe

En vedette

Refleksjonsspørsmål vgo dømmekraft
Refleksjonsspørsmål vgo dømmekraftRefleksjonsspørsmål vgo dømmekraft
Refleksjonsspørsmål vgo dømmekraftiktplan
 
Vypusk 1 31-konakt
Vypusk 1 31-konaktVypusk 1 31-konakt
Vypusk 1 31-konaktsansanych86
 
Nefyodov history of_ukraine
Nefyodov history of_ukraineNefyodov history of_ukraine
Nefyodov history of_ukrainenefyodovdv
 
Agastya- sesbenia grandiflora
Agastya- sesbenia grandifloraAgastya- sesbenia grandiflora
Agastya- sesbenia grandifloraSJG AY M C KOPPAL
 
Digiscan (bibnetprojectrevue 2013)
Digiscan (bibnetprojectrevue 2013)Digiscan (bibnetprojectrevue 2013)
Digiscan (bibnetprojectrevue 2013)Bibnet vzw
 
102.05.30 品德教育-輪胎公司犯法買賣發票-文生高中教師研習-詹翔霖教授
102.05.30 品德教育-輪胎公司犯法買賣發票-文生高中教師研習-詹翔霖教授102.05.30 品德教育-輪胎公司犯法買賣發票-文生高中教師研習-詹翔霖教授
102.05.30 品德教育-輪胎公司犯法買賣發票-文生高中教師研習-詹翔霖教授文化大學
 
Publicaciones cientficas Sociedad Española Urgencias Pediatricas 2006 2010
Publicaciones cientficas Sociedad Española Urgencias Pediatricas 2006 2010 Publicaciones cientficas Sociedad Española Urgencias Pediatricas 2006 2010
Publicaciones cientficas Sociedad Española Urgencias Pediatricas 2006 2010 Javier González de Dios
 
Building a team by Doina Leca
Building a team by Doina LecaBuilding a team by Doina Leca
Building a team by Doina LecaPivorak MeetUp
 
Refleksjonsspørsmål vgo kuratortjenester
Refleksjonsspørsmål vgo kuratortjenesterRefleksjonsspørsmål vgo kuratortjenester
Refleksjonsspørsmål vgo kuratortjenesteriktplan
 
отчёт о результатах самообследования
отчёт о результатах самообследованияотчёт о результатах самообследования
отчёт о результатах самообследованияВладеймир Потанин
 
50 programas pseudocódigo y diagramas de flujo
50 programas pseudocódigo y diagramas de flujo50 programas pseudocódigo y diagramas de flujo
50 programas pseudocódigo y diagramas de flujoMichelle Peña
 
Experience Certificates
Experience CertificatesExperience Certificates
Experience CertificatesBatul Hussain
 
02.德國古堡田園13日.詳細行程表
02.德國古堡田園13日.詳細行程表02.德國古堡田園13日.詳細行程表
02.德國古堡田園13日.詳細行程表溫秀嬌
 
Bang gia thiet_bi_dien_chint-01-10-2012
Bang gia thiet_bi_dien_chint-01-10-2012Bang gia thiet_bi_dien_chint-01-10-2012
Bang gia thiet_bi_dien_chint-01-10-2012Lãng Quên
 

En vedette (17)

Refleksjonsspørsmål vgo dømmekraft
Refleksjonsspørsmål vgo dømmekraftRefleksjonsspørsmål vgo dømmekraft
Refleksjonsspørsmål vgo dømmekraft
 
Vypusk 1 31-konakt
Vypusk 1 31-konaktVypusk 1 31-konakt
Vypusk 1 31-konakt
 
Mayoristas
Mayoristas
Mayoristas
Mayoristas
 
Nefyodov history of_ukraine
Nefyodov history of_ukraineNefyodov history of_ukraine
Nefyodov history of_ukraine
 
Agastya- sesbenia grandiflora
Agastya- sesbenia grandifloraAgastya- sesbenia grandiflora
Agastya- sesbenia grandiflora
 
Digiscan (bibnetprojectrevue 2013)
Digiscan (bibnetprojectrevue 2013)Digiscan (bibnetprojectrevue 2013)
Digiscan (bibnetprojectrevue 2013)
 
102.05.30 品德教育-輪胎公司犯法買賣發票-文生高中教師研習-詹翔霖教授
102.05.30 品德教育-輪胎公司犯法買賣發票-文生高中教師研習-詹翔霖教授102.05.30 品德教育-輪胎公司犯法買賣發票-文生高中教師研習-詹翔霖教授
102.05.30 品德教育-輪胎公司犯法買賣發票-文生高中教師研習-詹翔霖教授
 
Publicaciones cientficas Sociedad Española Urgencias Pediatricas 2006 2010
Publicaciones cientficas Sociedad Española Urgencias Pediatricas 2006 2010 Publicaciones cientficas Sociedad Española Urgencias Pediatricas 2006 2010
Publicaciones cientficas Sociedad Española Urgencias Pediatricas 2006 2010
 
Building a team by Doina Leca
Building a team by Doina LecaBuilding a team by Doina Leca
Building a team by Doina Leca
 
Refleksjonsspørsmål vgo kuratortjenester
Refleksjonsspørsmål vgo kuratortjenesterRefleksjonsspørsmål vgo kuratortjenester
Refleksjonsspørsmål vgo kuratortjenester
 
отчёт о результатах самообследования
отчёт о результатах самообследованияотчёт о результатах самообследования
отчёт о результатах самообследования
 
50 programas pseudocódigo y diagramas de flujo
50 programas pseudocódigo y diagramas de flujo50 programas pseudocódigo y diagramas de flujo
50 programas pseudocódigo y diagramas de flujo
 
Experience Certificates
Experience CertificatesExperience Certificates
Experience Certificates
 
02.德國古堡田園13日.詳細行程表
02.德國古堡田園13日.詳細行程表02.德國古堡田園13日.詳細行程表
02.德國古堡田園13日.詳細行程表
 
El enfoque de genero en la curricula universitaria
El enfoque de genero en la curricula universitariaEl enfoque de genero en la curricula universitaria
El enfoque de genero en la curricula universitaria
 
Bang gia thiet_bi_dien_chint-01-10-2012
Bang gia thiet_bi_dien_chint-01-10-2012Bang gia thiet_bi_dien_chint-01-10-2012
Bang gia thiet_bi_dien_chint-01-10-2012
 
Codigos (1) aranz
Codigos (1) aranzCodigos (1) aranz
Codigos (1) aranz
 

Similaire à Memoria 2011

Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019psdegbergondo
 
Posicionamiento gallego final
Posicionamiento gallego finalPosicionamiento gallego final
Posicionamiento gallego finalsatelite1
 
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)AutismoGalicia
 
Tríptico informativo
Tríptico informativoTríptico informativo
Tríptico informativoBNGdoPorrinho
 
Presentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da celaPresentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da celasatelite1
 
IAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIGADI
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventudeomixboiro
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnJorge Suárez
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo psdegbergondo
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014 Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014 AsocXaruma
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdfTecer Galicia Tecer Podemos
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16cacharila
 

Similaire à Memoria 2011 (20)

Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y TicPropuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
 
programa bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdfprograma bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdf
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
 
Posicionamiento gallego final
Posicionamiento gallego finalPosicionamiento gallego final
Posicionamiento gallego final
 
Programa electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do PorriñoPrograma electoral do BNG do Porriño
Programa electoral do BNG do Porriño
 
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
Memoria resumo de actividades 2013 (Federación Autismo Galicia)
 
Tríptico informativo
Tríptico informativoTríptico informativo
Tríptico informativo
 
Presentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da celaPresentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da cela
 
IAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixital
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventude
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en Común
 
Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018Boletin fec abril 2018
Boletin fec abril 2018
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Augas
AugasAugas
Augas
 
Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014 Memoria Xaruma 2014
Memoria Xaruma 2014
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
 

Plus de Asociación Sociocultural ASCM

Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.
Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.
Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.Asociación Sociocultural ASCM
 

Plus de Asociación Sociocultural ASCM (20)

Plan de Voluntariado ASCM (2020)
Plan de Voluntariado ASCM (2020)Plan de Voluntariado ASCM (2020)
Plan de Voluntariado ASCM (2020)
 
Bases XI Edición Premio "Carro de Prata"
Bases XI Edición Premio "Carro de Prata"Bases XI Edición Premio "Carro de Prata"
Bases XI Edición Premio "Carro de Prata"
 
Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.
Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.
Folla de inscrición Candidatura Premios Carro de Prata.
 
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de PrataFolleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
 
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de PrataFolleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
 
Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".
Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".
Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".
 
Plan Estratégico ASCM
Plan Estratégico ASCMPlan Estratégico ASCM
Plan Estratégico ASCM
 
Mision , Visión y Valores
Mision , Visión y ValoresMision , Visión y Valores
Mision , Visión y Valores
 
Informe auditoría ASCM
Informe auditoría ASCMInforme auditoría ASCM
Informe auditoría ASCM
 
Plan estrategico ascm (2015 2017)
Plan estrategico ascm (2015 2017) Plan estrategico ascm (2015 2017)
Plan estrategico ascm (2015 2017)
 
Bases do concurso +capaz
Bases do concurso +capazBases do concurso +capaz
Bases do concurso +capaz
 
Plan de voluntariado ASCM
Plan de voluntariado ASCMPlan de voluntariado ASCM
Plan de voluntariado ASCM
 
Conclusiones I jornadas Cinofiloterapia ASCM
Conclusiones I jornadas Cinofiloterapia ASCMConclusiones I jornadas Cinofiloterapia ASCM
Conclusiones I jornadas Cinofiloterapia ASCM
 
Xente!! Senta e Sente
Xente!! Senta e Sente Xente!! Senta e Sente
Xente!! Senta e Sente
 
Senta e sente power point
Senta e sente power pointSenta e sente power point
Senta e sente power point
 
Boccia pc´s 1
Boccia pc´s 1Boccia pc´s 1
Boccia pc´s 1
 
Plan voluntariado ascm
Plan voluntariado ascmPlan voluntariado ascm
Plan voluntariado ascm
 
Clasificacion open conductores tras 6 pruebas
Clasificacion open conductores tras 6 pruebasClasificacion open conductores tras 6 pruebas
Clasificacion open conductores tras 6 pruebas
 
Clasificacion open navegantes tras 6 pruebas
Clasificacion open navegantes tras 6 pruebasClasificacion open navegantes tras 6 pruebas
Clasificacion open navegantes tras 6 pruebas
 
Celebración día do discapacitado na FIMO
Celebración día do discapacitado na FIMOCelebración día do discapacitado na FIMO
Celebración día do discapacitado na FIMO
 

Memoria 2011

  • 1. ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS “ASCM” MEMORIA 2011 EIVA nº 28
  • 2. 4 5 6 7 8 10 14 16 18 20 28 32 36 38 40 42 44 46 ÍNDICE P RESENTACIÓN Saúda do presidente Saúda da concelleira Quen somos Xunta directiva Onde estamos P ROGRAMAS E A CTIVIDADES Accesibilidade Transporte adaptado Orientación e intermediación laboral Educación e formación Deporte adaptado Voluntariado Lecer e tempo libre Infancia e xuventude Muller Maiores Información e asesoramento Divulgación e sensibilización Financiadores
  • 4. 4 SAÚDA DO PRESIDENTE DA “ASCM” Un ano máis é tempo de facer reconto das actividades desenvoltas no último exercicio. 2011 foi un novo ano de esforzos; a crise obríganos a facer máis con menos, e é por iso polo que as actividades de formación e continuo traballo de orientación e intermediación laboral que leva a cabo a ASCM, adquiren grande importancia. Falando de esforzo, aproveito esta oportunidade para mostrar desde aquí o noso máis sincero agradecemento ao noso equipo de voluntarias e voluntarios, sen os cales serían imposibles a maior parte das nosas actividades. 2011 foi tamén un ano de importantes preparativos para a celebración do 25º Aniversario da ASCM que terá lugar neste 2012. É inevitable facer un repaso deses 25 anos na mente dos que tanto tempo levamos traballando neste proxecto de acción social. Estes preparativos foron un momento de pensar nos nosos logros e tamén no que poderiamos ter feito mellor, e sobre todo, no moito que nos queda por facer. Esperamos que esteades connosco nesta celebración e sobre todo neste proxecto común que é a ASCM, proxecto no que todas e todos sodes imprescindibles. Ás persoas que creron en nos MOITAS GRAZAS, e ás moitas que esperaban máis de nos, PERDÓN, moitas cousas quedaron por facer, pero seguro seguiremos intentándoo. GRACIAS Ángel Garate
  • 5. 5 A calidade de vida, o benestar social da sociedade e un concepto abstracto, que debe materializarse en recursos concretos e utilizables na vida cotiá. As Administracións Públicas estamos obrigadas a facilitar o uso dos recursos públicos, pero moitas veces atopamos que non somos capaces de facer chegar as persoas interesadas, no momento adecuado eses recursos. Neste punto xogan un papel fundamental o movemento asociativo especializado, tal como é o caso da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Narón e Ferrol. O asociacionismo garantiza, como non podía ser doutra maneira, aos seus asociados a circulación de información útil, especifica, ademais da defensa dos seus intereses diante das administracións; e por ende, contribúen a crear opinión positiva sobre as problemáticas que lles afectan. Na dobre dimensión que me atangue, nos ámbitos da acción socialedaparticipacióncidadávencellánseasímesmoasdúas facianas que se dan na diversidade funcional, a de garantía de dereitos aistenciais e de promoción da visibilización e participación da cidadanía con diversidade funcional. E aí e onde tedes garantido o meu compromiso institucional para traballar a prol da igualdade de oportunidades e a xustiza social. Catalina Mª García Blanco SAÚDA da Concelleira de Acción Social e Participación Cidadá do CONCELLO DE NARÓN
  • 6. 6 QUEN SOMOS A Asociación Sociocultural de Minusválidos “ASCM” creouse no ano 1987 como unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a plena integración das persoas con discapacidade. Levamos, polo tanto, 25 anos traballando a prol do colectivo de persoas con diversidade funcional nos distintos ámbitos en que se desenvolven a cotío. A nosa labor veuse recoñecida pola Xunta de Galicia ao declarar a nosa asociación “de utilidade pública” (DOG mércores 11 de agosto de 2010 -Orden de 4 de agosto de 2010 Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza). Cada ano, a ASCM publica un anuario no que se recollen todas as actividades realizadas no exercicio anterior. Con esta memoria, a Asociación non só pretende manter informados aos socios/as dos eventos organizados ano tras ano, senón que trata tamén de expoñer á cidadanía en xeral as áreas sociais nas que é necesario seguir traballando para conquerir a plena integración das persoas con diversidade funcional. Ademais, este ano 2012, a ASCM celebra o seu 25º aniversario e xa temos en marcha unha serie de actividades que queremos desenrolar para conmemorar tal data, tan significativa para a nosa entidade. Porque todos somos persoas con algún tipo de discapacidade, nalgún momento da nosa vida, xa sexa temporal ou permanente, e porque é unha realidade que pode cambiar a vida nun segundo: un accidente laboral, doméstico. de tráfico... pode truncar a nosa forma de ver as cousas. ¡Se te pos nese lugar, quererás apoiar e participar!
  • 7. 7 XUNTA DIRECTIVA Presidente Ángel Gárate Vicepresidente Tesoreiro Álvaro Illobre Secretaria Lucía Pérez Vocal Basilio Durán Vocal Abelardo Teijido Vocal Antonio Vázquez Manuel S. R. Sanesteban
  • 8. 8 ONDE ESTAMOS R/Fernando VI Bloque 2 Baixos 18-19 Tlf: 981 35 14 30 Fax: 981 35 14 50 Email: ascm.ferrol@ascmferrol.com FERROL Ctra Castilla 256, Bajo Tlf: 981 38 53 66 Fax: 981 38 67 22 Email: ascmnaron@ascmferrol.com NARÓN
  • 10. 10 ACCESIBILIDADE O Servizo de Accesibilidade da ASCM informa, asesora e leva a cabo actuacións en materia de axudas técnicas, accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas. O ámbito de actuación deste servizo non é soamente no eido urbanístico, senón tamén no que atinxe ao transporte e á comunicación. No 2011 este servizo atendeu máis de 800 consultas de diversaíndole,comoasesoramentoeneliminacióndebarreiras arquitectónicas ou tramitación de denuncias ante diferentes organismos e entidades. A maioría das consultas versaron sobre as adaptacións funcionais do fogar, eliminación das barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda, sobre axudas e subvencións, sobre a accesibilidade aos edificios públicos e sobre o transporte. Neste ano continuouse co Estudio de Accesibilidade e Supresión de Barreiras Arquitectónicas encargado polo Concello de Narón no marco do convenio de colaboración. Seguindo coas campañas informativas realizadas durante os anos anteriores na divulgación e denuncia da problemática do colectivo de persoas con discapacidade, a ASCM segue realizando un seguimento sobre as infraccións cometidas polos conductores que ocupan prazas de aparcadoiro reservadas a persoas con movilidade reducida, ocupación de pasos de peóns, ramplas, beirarrúas, etc. por medio das MULTAS SIMBÓLICAS, que se impoñen aos vehículos en situación de infracción.
  • 11. 11 35% 20% 13% 23% 9% CONSULTAS SERVIZO ACCESIBILIDADE Adaptación do fogar Normativa urbanística Reclamacións Axudas e subvencións Outras 0 100 200 300 400 500 600 700 2007 2008 2009 2010 2011 EVOLUCIÓN MULTAS SIMBÓLICAS
  • 12. 12
  • 13. 13
  • 14. 14 TRANSPORTE ADAPTADO A ASCM, en colaboración cos Concellos de Ferrol e Narón leva a cabo un servizo de transporte adaptado para o desprazamento das persoas con mobilidade reducida que non poden utilizar o transporte público e que son derivadas polos Servizos Sociais. Desprazamentos aos centros educativos, atención sanitaria, actividades escolares, centros de día, actividades de ocio, deportivas, formativas ou actividades culturais, etc. No ano 2011 este servizo percorreu máis de 87.000 km e atendeu a 293 usuarios, suplindo en moitos casos as deficiencias do servizo de transporte 065. O servizo de transporte adaptado da ASCM conta con furgonetas adaptadas, que foron adquiridas coa colaboración de: Deputación da Coruña, Fundación Vodafone, Fundación Once, Caja Madrid, Concello de Ferrol, Concello de Narón, achegas particulares e un acto benéfico. Obxectivos : * * Fomentar a independencia e autonomía das persoas con mobilidade reducida. * * Garantir a escolarización das persoas con mobilidade reducida. * * Cubrir o servizo que hoxe non se está cubrindo co transporte público. * * Atender as necesidades das persoas con dificultades para desprazarse.
  • 15. 15
  • 16. 16 ORIENTACIÓN E INTERMEDIACIÓN LABORAL A Asociación Sociocultural de Minusválidos conta cun servizo de orientación e intermediación laboral e cunha bolsa de emprego que inclúe a 797 persoas con discapacidade. Durante o ano 2011 atendéronse máis de 1000 consultas e realizáronse máis de 800 entrevistas. Este servizo realiza un proceso de inserción laboral co seguinte protocolo de actuación: * * Estudo individualizado de cada demandante de emprego. * * Inclusión nun grupo en función do perfil laboral que presente. * * Preparación para a inserción no mercado laboral. * * Orientación formativa e formación. * * Inserción e seguimento da persoa contratada. * * Asesoramento ás empresas sobre incentivos e subvencións ás que poden acceder ao contratar a persoas con discapacidade. “Dende a ASCM consideramos que é necesario potenciar este servizo poñendo en marcha campañas de fomento de emprego, facendo un chamamento ás empresas da comarca para que cumpran coa normativa de contratar ás persoas con discapacidade, e para que sexan conscientes de que moitos empregos podense realizar perfectamente por persoas con discapacidade”.
  • 17. 17
  • 18. 18 EDUCACIÓN E FORMACIÓN Na súa labor de promover e propiciar a formación destinada a conseguir a integración social e laboral, a ASCM realizou un curso de Educación de Adultos como apoio formativo a 20 persoas que desexaban conseguir o título da ESO e varios cursos sobre novas tecnoloxías: introducción á informática, informática xeral, correo electrónico, redes sociais e fotografía dixital. Aentidadetaménalbergouocursode“MonitorSociocultural”, no marco do Programa de Cursos de Formación para Desempregados da Consellería de Traballo e Benestar. O curso para “Coidadores de persoas con discapacidade física e psíquica”, impartido na ASCM, tivo unha moi boa acollida e uns resultados altamente satisfactorios como formación específica nun eido laboral moi demandado na actualidade. As actividades formativas da ASCM están destinadas ás persoas asociadas e á cidadanía en xeral coa finalidade de desenvolver unha acción integradora. Neste senso organizáronse diversas charlas e talleres como os de Manexo de cadeira de rodas, Xornadas de transporte adaptado, Taller de manexo e mantemento de cadeiras de rodas e un Curso de conducción segura. Ademais, a entidade realizou unhas sesións formativas dirixidas ao propio persoal da ASCM, a través da Fundación Luis Vives e tamén con recursos propios.
  • 19. 19 19
  • 20. 20 DEPORTE ADAPTADO A ASCM continúa promocionando a Boccia, deporte que aporta grandes beneficios ás persoas afectadas por parálise cerebral e outras discapacidades físicas severas. * * “Curso de Formación en Boccia”: O curso, impartido por árbitros e técnicos de boccia, consistiu na formación coma xuices de tempo e de mesa deste peculiar deporte. Tivo unha duración de 4h. e unha participación de 16 persoas. O curso realizouse no mes de marzo. * * Golf adaptado: A ASCM colaborou co Concello participando na Semana do Golf en Narón, que se celebrou no mes de xullo. Nestas xornadas especialmente adicadas ás persoas con discapacidade participaron unhas 15 persoas que poideron recibir unhas clases e disfrutar dun día de golf adaptado. * * Contamos con outras actividades deportivas como son: natación (piscina terapéutica Narón), baloncesto en cadeira de rodas, tenis en cadeira de rodas e tiro. Asimismo, participamos en actividades de mantemento físico a través de programas municipais, como é a de “Activación saudable” do Concello de Narón. Cabe mencionar ademais o gran éxito de participación no Rallye Social ASCM que transcurríu polos concellos de Ferrol, Narón, San Sadurniño, Moeche, Somozas, As Pontes, Ribadeume, A Capela e Neda.
  • 21. 21
  • 22. 22
  • 24.
  • 26. 26
  • 27. 27
  • 28. VOLUNTARIADO A Asociación Sociocultural de Minusválidos contou neste ano coa inestimable colaboración de 50 voluntarios/as dos que un 90% ten algún tipo de discapacidade. A área de voluntariado encárgase da captación e da formación específica, aínda que incide especialmente na promoción dos valores do Voluntariado. Con esta finalidade de difusión, a ASCM organizou en outubro unhas Xornadas de Voluntariado no concello de Narón e participou no XIV Congreso Estatal de Voluntariado que tivo lugar na Coruña entre o 29 de novembro e o 1 de decembro. O recoñecemento ao Voluntario do Ano, que anualmente otorga a ASCM ao voluntario/a que mostra máis implicación, recaeu nesta edición en Sebastián Castiñeira, a quen se lle fixo entrega dun diploma durante a cea anual da Asociación celebrada no mes de novembro. Ao longo do ano 2011, e cunha periodicidade semanal, desenvolveronse asimismo talleres grupales de habilidades, monitorizados por voluntarios e voluntarias, como: pintura en tea, fieltro e grupo de teatro. 28
  • 29. 29 Este é un extracto da carta que un/a voluntario/a anónimo envióu á ASCM que amosa o que significa ser voluntario e o gratificante que resulta:
  • 30. 30
  • 31. 31
  • 32. 32 LECER E TEMPO LIBRE Taller de Teatro ASCM: Dende o 2007, o grupo de Teatro da ASCM actuou en máis de trinta entidades, centros de maiores, colexios e asociacións de Ferrol e comarca, sempre de forma gratuíta. Tres son as obras teatrais interpretadas polo grupo de teatro: * * “A Familia Rufo”, baseada na convivencia dunha familia onde cada un dos membros amosan unha personalidade totalmente distinta. * * “Así era eu, e así me foi”. Esta obra trata sobre os accidentes de tráfico e as súas consecuencias. Cabe remarcar que esta obra se presentou á IX Edición do Concurso de Teatro convocado pola Dirección Xeral de Tráfico, e aínda que non gañou, obtivo un premio de consolación que foi entregado en persoa polo Xefe Provincial de Tráfico, Pedro Pastor. * * “Con premeditación e alevoisía”. O argumento desta obra xira arredor dun xuízo entre varias persoas pertencentes á mesma comunidade veciñal. Outros talleres que tiveron gran actividade neste ano foron o “Taller de pintura en tea”, o “Taller de labores e bolillos” e o “Taller de ensaio da comparsa para o entroido” no que houbo unha primeira parte de creación e confección dos disfraces así como elaboración das letras das cancións e unha parte de actuacións en diversos concellos da comarca, asociacións veciñais, centros de maiores, desfiles polas rúas, etc. Ademais organizáronse diversas saídas ou excursións de carácter cultural e diversas xuntanzas de carácter lúdico- festivo.
  • 33. 33
  • 34. 34
  • 35. 35
  • 36. 36 INFANCIA E XUVENTUDE A ASCM tamén pensa nos máis pequenos da casa e todos os anos organiza algunha actividade adicada ós nenos. Neste ano foi o “Show de la Brujita Tapita”. A organización destes eventos supón para os voluntarios e usuarios unha maneira de integración social, ó participar activamente no desenrolo do show. Por estes motivos, este ano, a ASCM decidiu traer á cidade de Ferrol, o espectáculo lúdico – educativo “El Show de la Brujita Tapita”, interpretado polo “Dúo Tiempo de Sol”, que presenta un proxecto no que conxugan unha proposta artística, dirixida ós nenos/as, cunha pedagóxica orientada ós docentes. Cerca de 1000 persoas achegáronse ata FIMO para presenciar este espectáculo. Dentro das accións da ASCM con respecto á infancia, cabe sinalar que un grupo de voluntarios/as da ASCM visitou o Colexio La Salle, dentro da “Semana do P.A.R” (Semana do Plan de Achegamento á Realidade) que organiza todos os anos o centro educativo, co obxectivo de ensinar e concienciar ós máis pequenos sobre algunhas das realidades que afectan á nosa sociedade. Dentro deste plan, un grupo de voluntarios achegáronse ó colexio, e durante unhas horas compartiron cos rapaces as diferentes experiencias polas que pasa unha persoa con mobilidade reducida.
  • 37. 37
  • 38. 38 MULLER No mes de decembro, unha representación da ASCM asistiu á novena edición das xornadas “Mujer con discapacidad ante la crisis” organizadas pola Coordinadora de Persoas con Discapacidade Física de Canarias, a través da Federación Coamificoa, da que forma parte a ASCM e coa que colabora asiduamente en multitude de eventos. Estas xornadas celebráronse no Museo de Historia Casa Lercaro de San Cristóbal de la Laguna en Tenerife, nos días 15- 16 de decembro. Durante estes días os asistentes tiveron a oportunidade de analizar a través de conferencias e debates, a realidade das mulleres con discapacidade nun momento de precariedade como o existente na actualidade. O obxectivo: * * Crear puntos de encontro e actuacións a levar a cabo para mellorar esta situación, e intentar impulsar o nivel de inserción laboral das mulleres con discapacidade. A Asociación Sociocultural de Minusválidos participou tamén nos actos organizados polo concello de Ferrol para denunciar a Violencia de Xénero. Lucía Pérez, secretaria da ASCM, deu lectura ao Manifesto no Pazo Municipal. Previamente realizárase unha ofrenda floral nos Xardíns de Herrera. Nestes actos estiveron presentes unha representación da Xunta Directiva e un grupo de voluntarios/as da ASCM.
  • 39. 39
  • 40. 40 MAIORES Co obxectivo de facer chegar aos nosos socios e socias e ás súas familias o noso traballo, a ASCM deseña actividades para tódolos grupos de idades. Deste xeito levouse a cabo unha importante labor dirixida ás persoas da terceira idade. Neste senso tiveron unha grande acollida as diversas actuacións en centros de maiores e asociacións veciñais a través do grupo de Teatro ASCM e coa participación do Equipo de Voluntariado, que levaron diversas actividades de entretenimiento e interactuación cos diferentes grupos de maiores. A Asociación Sociocultural de Minusválidos fixo un importante traballo coa terceira idade, promovendo ademais que a participación dos maiores non quedara soamente en actividades puntuais, senón que se perpetuara ó longo do ano en distintos talleres e actividades programadas dende a entidade. Así, un grupo de 12 voluntarios visitaron este nadal o Centro Gerontológico EUXA de Narón e participaron nas actividades de concienciación e achegamento á discapacidade. Outro exemplo foi a visita e actuación que a Comparsa “Os Colludos” da ASCM fixo no Fogar de Maiores da Fundación Terra de Trasancos de O Val – Narón con motivo da celebración do Entroido 2011.
  • 41. 41
  • 42. 42 INFORMACIÓN E ASESORAMENTO ConesteservizoaASCMofreceinformacióneasesoramento a todos os seus socios sobre as vantaxes e outras medidas de apoio para persoas con discapacidade, como por exemplo: * * Recoñecemento, declaración e cualificación do grado de discapacidade. * * Beneficios fiscais, prestacións económicas, sociais e sanitarias ás que poden acceder as persoas con mobilidade reducida. * * Adaptacións no fogar. * * Información sobre trámites administrativos (como solicitar os certificados de minusvalía ou dependencia, tarxetas de estacionamento, exencións, merca de vehículos, etc). * * Información de subvencións e axudas dos organismos públicos, así como a realización de xestión e entrega ante as administracións públicas. * * Información sobre aspectos xurídicos (denuncias, recursos, dereitos das persoas con discapacidade). * * Grupos de autoaxuda con apoio psicolóxico. Cada un dos departamentos que conforman este servizo (legal, accesibilidade, emprego, etc.) encárganse despois de resolver cada unha das dúbidas, trámites ou problemas que teñen os nosos usuarios. No ano 2011 atendéronse unhas 9.000 consultas.
  • 43. 43
  • 44. 44 DIVULGACIÓN E SENSIBILIZACIÓN Ademais de utilizar os medios de prensa, radio e TV, a ASCM complementa a súa canle de comunicación cunha páxina web, blog, carteis, dípticos e trípticos varios. Asimesmo, a ASCM desenvolve unha labor fundamental na organización e/ou participación en xornadas e congresos sobre discapacidade: “Xornada de desenrolo asociativo en materia de transporte e discapacidade en Galicia” e “Xornadas de Voluntariado” en Narón, xornadas “Mujer con discapacidad ante la crisis” en Tenerife, “Congreso de Voluntariado” en Santiago, “Semana da Diversidade” en Ferrol, etc. Tamén se traballa dende a entidade dun xeito presencial e coa colaboracón do Equipo de Voluntariado da ASCM en contacto directo a través de charlas nos colexios, co obxectivo de sensibilizar aos máis novos sobre a problemática das persoas discapacitadas no seu entorno habitual. Dende a ASCM faise un gran esforzo para ter presenza nos medios, coa finalidade de informar, denunciar e facer presión, para que a realidade coa que se traballa non sexa algo descoñecido para unha gran parte da cidadanía e haxa unha verdadeira incidencia social. Direccións web: * * http://www.ascmferrol.com/ * * http://noticias-ascm.blogspot.com.es/ * * http://voluntariadoascm.blogspot.com.es/
  • 45.
  • 46. 46 FINANCIADORES A Asociación Sociocultural de Minusválidos “ASCM” recibe, para o seu financiamento, achegas de administracións e organismos públicos, privados e a través das aportacións dos socios/as e donativos. PÚBLICOS: PRIVADOS: - Outras empresas. - Particulares.
  • 47. FAITESOCIO/A TEÑAS ALGÚN TIPO DE DISCAPACIDADE OU NON, PODES FACERTE SOCIO POR... ¡SÓ 20 €/ANO! OU COLABORA CO TEU DONATIVO EN: NOVAGALICIA BANCO: 2080 5214 99 3040000107 CAJA MADRID: 2038 4005 62 6000042224 LA CAIXA: 2100 1456 67 0200048161 BANCO POPULAR: 0097 8985 41 0600058203