Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Anduriña
1. C U R S O 2 0 1 5 - 1 6
ANDURIÑAREVISTA ESCOLAR DO CEIP DE SAN CLODIO
OUTRO ANO XUNTOS
Co remate de curso é hora
de volver a vista atrás e ver
que as cousas que se
fixemos todos xuntos neste
ano nos aportaron boas
experiencias e axudaron a
formar o noso carácter.
ORGULLOSOS DA NOSA ESCOLA
Un curso cheo de
acontecementos
Como sempre neste ano o Ceip de San Clodio tivo un curso
cheiño de actividades e esta revista pretende ser un
escaparate que amose una boa parte delas.
Pintando en
familia
Os nenos e nenas do Ceip de San
Clodio están moi orgullosos do seu
cole e por iso se comprometen
sempre nas tarefas de limpeza, nas
de recollida de follas para facer
compost, nas de reciclaxe e moitas
outras que se realizan na nosa
escola.
2. 2
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
OBRADOIROS DE PINTURA
NO PATIO
Pintando en familia pasamos dun
patio en gris a un patio cheiño das
cores do arco da vella.
O mellor de todo este proxecto foi o bo
ambiente e as ganas de todos de facer algo tan
divertido xuntos.
Moitísimas grazas familias!.
OBRADOIROS DE RECICLAXE
Ao longo deste curso estivemos levando a cabo unha
serie de obradoiros de reciclaxe nos que intentamos dar
novos usos a distintos materiais que normalmente van
a parar ao lixo.
RECICLANDO CON ARTE
Algunha das actividades foi montar entre todos un
cadro ao estilo do dun famoso artista, " kandiski ",
elaborado con tapóns e cores, papeis e cartón reciclado,
nas que se traballa o plano e as figuras xeométricas, os
tamaños e a composición de cores. Pero tamén se
traballaron obras con volume e se elaboraron
esculturas.
3. 3
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
FESTAS DA ESCOLA
No outono empeza o noso particular ciclo
anual de festas da escola, que rematará
alá polo mes de xuño co fin de curso e a
chegada do verán.
SAMAIN 2015
Festas e cabazas, todo un éxito de participación nesta
nosa escola. Contos de medo, Cabazas talladas,
Maquillaxes terroríficos, Disfraces arrepiantes,
Diplomas, Música e Festa. Unha pasada de divesión...
Xa estamos desexando que volva o do próximo ano.
XOGOS NO SAMAÍN
No tempo de outono chegan as cabazas e con elas os
xogos en familia para tallalas e decoralas, os días fanse
máis pequenos e as noites máis grandes, coa escuridade
chegan tamén os xogos e disfraces de medo, tempo de
troula, tempo de festa….
Tempo de castañas, tempo de magosto. Estreamos os
xogos no patio cos amigos e queda na nosa memoria,
xa que logo, un día memorable para a lembranza.
Fermoso outono e agarimosa a nosa escola.
Os xogos tradicionais convértense así nunha
ferramenta para disfrutar da compaña dos amigos, para
aprender a convivir, para medrar e facernos grandes
festexando o magosto e as cousas boas do día a día da
nosa vida na escola.
MAGOSTO 2015
4. 4
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
FESTAS DA ESCOLA
Co Nadal chega á nosa escola o punto máis forte
das festas do ano, pois nestas datas celebramos
un festival ao que se convidan as familias e os
vecinos do noso entorno.
NADAL 2015
O Nadal é tempo de ledicia tamén na nosa escola,
tempo de festexar o remate do primeiro trimestre, e
para iso nada mellor que facelo cun festival cheo de
emocións e agasallos. Compartilo noso traballo coas
familias fai que sexa moi emocionante para todos nós.
Tempo de inverno e de remanso na nosa
escola, tempo de meditar sobre como tratamos
aos demais e de xuntar esforzos por crear un
ambiente de amor e paz na nosa vida cotiá.
Por estas datas fixéronse diversas actividades como
decoración de muráis con mandalas e o alfabeto da
convivencia, ademais dunha videoconferencia para
intercambiar experiencias coas nenas e nenos do Ceip
Ricardo Gasset do Incio. Unha data chea de contos,
historietas e boa música.
DÍA DA PAZ 2015
5. 5
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
FESTAS DA ESCOLA
Co Entroido chega á nosa escola a algarabía, o
tempo das risas e as bromas, do bo humor e da
mellor das diversións.
ENTROIDO 2016
Xogos, disfraces e a visita do Meco cunha chea de
mandados para facer todos xuntos e reinventar cada
día a maneira de divertirnos moito gastando moi
pouco, grazas a utilizar roupas vellas da casa e sen
mercar nada ou case nadiña.
Como en anos anteriores no cole montamos una
actividade que consiste en que axudados polas
familias, cada neno fai una comadre e cada nena fai o
seu compadre. Logo traense á escola e o venres xusto
antes da festa podemos facer o xogo de esconder uns
os das outras e viceversa.
Como remate desta semana de Entroido
montamos entre todos, logo dun xantar tradicional
destas datas, unha festa con música e disfraces, á
que tamén invitamos ás familias a participar. A
diversión está deste xeito asegurada.
XOVES DE COMPADRES E
COMADRES
6. 6
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
LETRAS GALEGAS 2016
MANUEL MARÍA
2
“SONETOS AO VAL DE QUIROGA”.
O venres 12 de febreiro achegámonos ata o
auditorio de Quiroga, para asistir á presentación
da reedición desta fermosa obra de Manuel
María, autor a quen este ano se lle adica o Día
das Letras Galegas. Na que xunto coas nenas e
nenos do Ceip de Quiroga e tamén as mozas e
mozos do IES de Quiroga participamos
aportando os nosos debuxos para a ilustración
dos seus sonetos.
Alí estiveron con nós as autoridades dos dous
concellos ademais dun representante da
Fundación Manuel María, quenes nos
agasallaron cun exemplar deste libro para cada
un de nós. Realmente para todos foi toda unha
experiencia.
1
Este ano foi especialmente relevante para nós
esta data, porque a figura de Manuel María é
moi coñecida e querida por estas terras.
Ademais de residir durante grande parte da súa
vida no sur lucense, o poeta mantiña un estreito
vínculo coa comarca quiroguesa por ser a terra
de orixe da súa avoa Consuelo Casanova
Neira, natural da parroquia de Hospital. Na
Casa Museo de Manuel María exponse unha
navalla con mango de madeira nobre que
pertenceu á súa avoa e que leva gravadas as
súas iniciais. O escritor levouna sempre consigo
como recordo.
7. 7
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
PROXECTO VOZ NATURA
DÍA DA ÁRBORE
No mes de marzo, para celebrar o Día da Árbore, e
grazas á colaboración da Deputación de Lugo, aínda
que choveu un pouquiño os máis maiorciños da escola
plantaron un castiñeiro ao que entre todos eleximos
bautizar como Manoliño.
EXPERIMENTOS CON PRANTAS
Para enterder mellor o ciclo reproductivo das prantas e
para comprobrar as diferentes formas que estas teñen
de reproducirse, na aula de infantil estivemos
prantando anaquiños de prantas, sementes e
miniprantiñas, ás que nos seguintes meses coidamos
con moito agarimo, e tivemos a sorte de velas medrar.
HORTO ALTERNATIVO
Para construir este minihorto alternativo utilizamos
material de refugallo, como as botellas de plástico, coas
que montamos columnas que logo enchemos de terra e
nas que plantamos algunhas aromáticas, que sempre
podemos utilix¡zar logo nos obradoiros de aromas ou
na cociña.
XARDÍN INTERIOR
Para arranxar unha zona interior do noso cole este ano
plantamos diferentes tipos de prantas crasas, que son
máis resistentes ás condicións de extrema sequía e
calor, que en ocasións van a ter que padecer, por iso
nos esforzamos moito en que se fagan fortes e se
adapten a vivir con nós na nosa escola procurándolles
os nosos mellores coidados.
8. 8
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
CONVIVENCIA CO CEIP DA
POBRA DO BROLLÓN
CHEGAMOS CEDIÑO
Chegar ao cole da Pobra do Brollón foi moi especial,
reencontrarse con amigos doutros anos e ser tan ben
recibidos con música e globos de agasallo é unha
inmensa ledicia para todas e todos nós. Sentímos moi
queridos.
O PROCESO DO PAN
Amasalo pan foi unha das mellores experiencias deste
día, o que se completou ademáis coa posibilidade de
metelo a cocer no forno e logo pódelo levar para as
nosas casiñas e comelo na merenda.
UUUUUM! QUÉ RICO!
Dende aquí queremos deixar constancia do noso
agradecemento tamén ás panadarías da Pobra do
Brollón por esta actividade tan interesante e
motivadora e enriquecedora para todos nós.
ANDAINA POLA RIBEIRA SACRA
Os máis maiorciños tiveron a oportunidade de facer un
percorrido a pé por fermosos lugares deste concello,
visitaron as adegas de Vilachá e chegaron ao mirador
que ofrece unhas espectaculares vistas da Ribeira Sacra
na que se cultiva unha das mellores uvas do noso país.
COMIDA ENTRE AMIGOS
Despois de tanta actividade chegou o momento de
repoñer forzas, para iso nada mellor que un bo xantar
entre amigos, cos que ademáis de boas viandas
puidemos compartir agradables conversas. Antes de
rematar a nosa visita cun partido de fútbol para os máis
maiorciños e xogos no patio para a xente máis
menuda.
9. DESPEDIDA DOS DE SEXTO
Dende estas páxinas queremos tamén dar a nosa despedida aos
nenos de sexto, Manuel, Lucía e Isaac e lembrarlles que sempre
que queiran visitarnos serán benvidos nesta escola que tamén foi
a súa.
Desexámosvos o mellor para a nova andaina que no vindeiro
curso empezaredes no IES de Quiroga.
Noraboa e a por todas!
ANDURIÑA CEIP SAN CLODIO 2015-16