SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  16
Télécharger pour lire hors ligne
MURAIS DO NOSO COMEDOR
UN CURSO MÁIS MEDRANDO
XUNTOS NA NOSA ESCOLA
Recollemos aquí algúns dos melllores momentos deste curso,
no que un ano máis fomos Medrando Xuntos na escola de
San Clodio. Esta revista pretende ser un pequeno resumo
dalgunhas das experiencias que foron chegando ao longo dos
meses. Moitas das actividades aquí recollidas podedes tamén
velas con máis detalle no nosos blogs.
Duis varius:
[Fecha]
Para decorar o noso comedor
quixemos facer entre todos estes
fermosos muráis e así poñelo bonitiño.
ANDURIÑAREVISTA ESCOLAR CURSO 2016-2017
C E I P D E S A N C L O D I O
SOMOS UNS
NATURALISTAS
MOI ARTISTAS!
FOI ESTE UN CURSO NO QUE SE
DESENVOLVERON DISTINTOS
PROXECTOS E ACTIVIDADES
NAS QUE O NOSO ARTE E A
NATUREZA FORON OS
PROTAGONISTAS EN MOITAS
DAS ACTIVIDADES
REALIZADAS.
2
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
DATAS ESPECIAIS
Como cada ano ao longo do curso vimos festexando algunhas
datas especiais e esta pretende ser so unha pequena mostra delas.
SAMAIN- HALLOWEEN
Neste ano esta festa deixounos algúns recordos especiais
coma os contos e debuxos para saber a qué temos medo,
pantasmas pintados cos pés, disfraces que nos poñen os pelos
de punta, comidas que arrepían o corpo no comedor, xogos
no patio para morder mazás ou escoller truco ou trato e doces
asquerosamente deliciosos, para coñecer de preto como fan
noutros lugares do mundo. Para rematar unha festa e entrega
de diplomas polas cabazas talladas na casa coas familias, son
algunhas das actividades da nosa escola.
MAGOSTO
O Día do magosto na nosa escola foi un día cheíño
de castañas asadas, risas cos amigos, xogos ben
divertidos coma a Diana-castaña, Carreiras de sacos,
a Castaña-culler, os Aros, a Castaña agochada ...
e sobre todo festa!
Magosto,
magosto
Non vaias co posto,
Leva castañas,
Alegra ese corpo!...
E é que xa o dí o
noso Rap do
Magosto favorito:
3
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
DATAS ESPECIAIS
NADAL
Cando chega o Nadal no Ceip de San Clodio
traballamos arreo, facermos cada un a súa Postal de
Nadal, decoramos o cole cun adorno feito en familia,
adornamos a árbore, montamos o Belén e o último
día de escola celebrámolo festexandoo cun festival
compartido coas familias, os amigos e veciños. O
noso traballo quere ser una maneira especial de
desexarlles así un Bo Nadal e unhas felices festas
para todos.
ENTROIDO ROCKEIRO
Co Entroido chega o
momento da festa rachada. E así na
nosa escola adicámonos a disfrutalo
intensamente. Este ano, tamén
empezamos por celebrar os Xoves de Compadres e
Comadres, facendo os nosos respectivos, coa axuda das
familias. Achegámonos tamén a coñecer de preto ás Pantallas
de Xinzo de Limia, unha das figuras máis representativas do
Entroido Galego.
Ademais chegou á escola como en anos anteriores O Meco,
que nesta ocasión viña moi “Rockeiro” e durante a semana
enteira nos invitou a engalanarnos con divertidos
complementos, iso si, rockeiros como non!.
E para rematar a semana o día 24 celebramos unha festa na
que xogamos e nos divertimos cos compañeriros e á que se
achegaron a vernos e disfrutar tamén as familias.
4
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
CONVIVENCIA CO
CEIP DA POBRA DO BROLLÓN
O venres, 31 de marzo, tivemos a convivencia co CEIP da Obra do Brollón; sempre é agardada
por todos con moita ilusión, xa que unha das características do noso centro é a apertura ao exterior
e ás convivencias. Para recibilos ben fixemos unha fermosa pancarta e unha carta de benvida.
Despois dun pequeno aperitivo para coller forzas para toda a mañá, marchamos ata o concello para
disfrutar xuntos da actuación de Migallas: “Canta connosco”, onde cantamos rimos e nos
divertimos moito xuntos. Logo voltamos ao cole onde os maiores disputaron un partido de futbol e
os máis pequenos fixeron un obradoiro de manualidades. Unha vez rematada a mañá fomos ata o
comedor para compartir o xantar e logo xa so nos quedou tempo para intercambiar uns agasallos e
facernos unha foto xuntiños, como despedida, agardando xa que chegue o momento de xuntarnos
de novo no vindeiro curso.
Estámolo desexando!.
5
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
PROXECTO VOZ NATURA
2
axuda dos obreiros do concello de Ribas de Sil.
E logo nós empezamos coa plantación de
varias prantas enredadeiras que adornarán os
muros do patio dos maiores. Para os traballos
máis duros contamos coa axuda dun
traballador do concello que nos fixo unha
zanxa, na que logo nós preparamos a terra
mesturada co abono que agora a fin de curso
está a dar vida ás prantiñas que fomos
poñendo nela.
O XARDIN INTERIOR
Ademais do xardín do patio, estamos tamén
creando un pequeno espazo dentro do cole
para coidar un xardín interior. Así, cada un
dos nenos e nenas de primaria prantou a súa
pranta nunha maceta de terra que
trouxemos da nosa casiña e
mesturamos con abono para que lles
de alimento durante os próximos
SEMANA DA ÁRBORE E A AUGA
O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da auga e o 22 o
Día Mundial da árbore. Dende a biblioteca do Ceip de San
Clodio, quixemos unirnos a esta celebración en colaboración
coa Deputación de Lugo, que nos enviou unha pequena árbore
e un contiño. Eses días realizáronse no noso centro diferentes
actividades como a plantación dun ameneiro, nun terreo cedido
polo Concello de Ribas de Sil. Tamén investigamos sobre as
carácterísticas desta árbore e a súa preferencia por terreos
próximos a lugares húmidos, polo que é moi adecuada para
vivir en San Clodio, a carón do río Sil. O que nos fixo moita
ilusión foi o bautizo desta árbore co nome de Claudio, escollido
por sorteo na biblioteca e tamén facer un pequeno mural no que
o debuxamos entre todos.
1
O XARDÍN DO NOSO PATIO
Hai quen dí que nestes tempos de hoxe os nenos
e nenas adoecen de déficit de contacto coa
natureza. E nós, como cremos que non anda
moi desencamiñada esta opinión, quixemos
poñer un chisco da nosa parte para remédialo.
Por iso, nos días do comezo do outono,
estivemos traballando moito, para aproveitar os
días de bo tempo e porque queremos construir
un fermoso xardín que embeleza o patio da
escola.
Nas primeiras semanas estivemos preparando a
terra, para o que
contamos coa
6
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
PROXECTO VOZ NATURA
2
moito agarimo.
Ademáis as nenas e nenos de infantil
prantamos anaquiños de edras que fomos
coidando dentro da aula ata que boten raíces
fortes, e que logo pasamos a prantar fóra, para
que medren ben fortes. Aprendemos así a
reproducir prantas por sementes, anacos…
VISITA DO SEPRONA
Dentro do Programa Voz Natura temos a sorte de
poder contar coa posibilidade de cos axentes do
Seprona, se acheguen ata o noso centro. Así este ano,
o día 8 de febreiro, puidemos coñecer de preto cal é
súa a labor de protección do medio ambiente e
aprender cómo podemos colaborar nós a esta tarefa
tan importante para todos.
1
AS TREPADORAS DO PATIO DE
INFANTIL.
Aproveitando estes fermosos días de bo tempo
que nos regalou o mes de febreiro, as nenas e
nenos de infantil botamos man de de luvas
e sachos para adicarnos a facer unha plantación
de edras e outras trepadoras como xazmíns e
madresilvas, coas que queremos
engalanar os muros do patio de
infantil.
Así primeiro sachamos e abonamos
a terra, para despois plantar e regar
as nosas preciosas plantiñas, ás que
nos vindeiros meses coiadremos con
7
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
MOMENTOS XUNTOS
LECTURAS APADRIÑADAS
DÍA DA PAZ
Como cada ano o día 30 de Xaneiro conmemorase o Día da Paz
e a Non Violencia en todo o mundo, nós quixemos este ano
unirnos tamén á celebración desta data tan importante, para iso
xuntámonos todos na bilbioteca do cole, alí escoitamos aos
nenos e nenas do 2º grupo de primaria interpretar o Himno da
Alegría, e logo compartimos cos demais as nosas cartas, poemas
e debuxos que con motivo desta data lles imos enviar aos nenos
e nenas do Ceip Ricardo Gasset de O incio, onde lles contamos
qué é para nós A PAZ, para así intercambiar opinións con
outros nenos e nenas sobre este tema.
E logo dun tempo tivemos contestación, as nenas e nenos do
Cole do Incio, mandáronnos de volta una cartiña coa suá
contestación….
RECIBIMOS CARTA DENDE O INCIO
Desta vez fomos nós os que recibimos carta e
esta viña dende o Ceip Ricardo Gasset do
Incio. Sentamos todos xuntos para abrir o
sobre, e era un sobre ben grande!, no que
viñan unha chea de cousiñas interesantes:
uns contos inventados por eles e as súas
cartas de presentación que nos
acompañáron logo nas nosas aulas.
Moitas grazas ás nosas amigas e amigos do
Incio por estes fermosos traballos.
Organizado dende a biblioteca do Ceip de
San Clodio, realizáronse diferentes
actividades como unha lectura apadriñada
dos maiores de primaria para as nenas e
nenos de infantil e 1º de primaria dun conto.
8
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
OUTRAS ACTIVIDADES E TRABALLOS
CARTA EN CADEA
CHARLAS INFORMATIVAS
PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL
O día 29 de xaneiro tivemos con nós no cole a Ramón,
un membro do corpo da Garda Civil, que nos veu a
explicar moitas cousas interesantes sobre o racismo e a
xenofobia aos nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de primaria.
Unha charla informativa incluída como en anos
anteriores no Plan Director.
HIXIENE POSTURAL COA FISIOTERAPEUTA
Coa axuda de Mª Jesús, fisioterapeuta de Quiroga e
experta no tema, esta tarde de maio aprendemos a
controlar as posturas do noso corpo, á hora de
sentarnos nas cadeiras, levar o peso das nosas
mochilas, camiñar pola rúa ou incluso durmir na cama
pola noite. Estamos moi agradecidos pola súa
xenerosa visita.
DEFENDENDO O GALEGO
Neste caso a actividade consistíu en facer un anuncio
a través do cartel publicitario. Así, elaboramos un
cartel no que se intenta convencer ao receptor da
mensaxe publicitaria da importancia que ten para as
galegas e os galegos a súa lingua.
No més de novembro recibimos unha sorpresa no
noso cole, chegounos unha carta dende o concello
de Ribas de Sil. Era unha carta en cadea que viña
xa dende outros concellos, asociacións, e coles
polos que anteriormente pasara antes de chegar a
nós. Era unha carta dun neno con cancro que
pedía axuda para entrar no libro dos
Record Guinnes, e nós tamén quixemos botarlle
unha man, estas son algunhas das imaxes e o día
1 de decembro enviámola a varios sitios diferentes
para continuar a cadea.
9
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
DIVERSIÓN NA ESCOLA
TÍTERES DE OUTONO
“Divermaxia” co MAGO PACO
MIGALLAS: “Canta Connosco”
Cantar e bailar,
escoitar e imaxinar,
amasar e pintar… e
moitas outras cousas a
carón dos amigos, son
algunhas das mellores
experiencias que poidamos disfrutar. E
Todo iso foi posible grazas a estas
actividades. Mil grazas a todos os que as
fixeron posibles.
OQO:“Coas mans na masa”
Este ano tivemos a sorte de contar con divertidos momentos,
moitos deles grazas á colaboración coa Biblioteca do Concello de
Ribas de Sil e á Anpa do Ceip de San Clodio.
MIRCROMINA: “ Vacacións no mar”
O día 11 de novembro tivemos unha tarde
de títeres, grazas á colaboración da Anpa
do Ceip de San clodio, foi unha tarde de
risas, contos e novos descubrimentos,
unha chulada!.
Esta foi unha actividade de animación á lectura a
través da maxia mediante contos e xogos.
Da que puidemos disfrutar grazas á colaboración
da Biblioteca do Concello de Ribas de Sil. O
Mago Paco é un mago moi peculiar que non para
de argallar novas maxias para as nenas e nenos,
nas que mestura a risa, a lectura de contos e a
maxia para sorprender aos mais cativos coas súas
historias cheas de ledicia.
10
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
Obradoiro de arte naturalista: “A miña terra galega pintada”
QUÉ PODEMOS FACER CO GALEGO?
Podemos pintar as nosas costumes:
Esta actividade consistíu en pintar costumes típicas galegas, lugares de Galicia, tradicións, obxectos,
realidades variadas como gastronomía, música, o noso río Sil, o mar.... vinculando así a expresión plástica
coa identidade do noso pobo .
No mes de marzo organizouse un obradoiro de pintura no patio ao longo dunha semana na hora do recreo no
que invitamos a participar a todo o alumnado do centro. Para iso, as nenas e nenos do cole so necesitaban
pensar nun tema que lles apetecera pintar, podían tamén traer da casa unha foto, imaxe, idea, esquema... para
pintar para así facer, todos e cada un deles, a súa obra de arte.
Unha vez rematada esta actividade fixemos unha exposición no centro coas nosas
coloridas obras.
11
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
LETRAS GALEGAS
Na semana das Letras Galegas festexamos a sorte
de ter unha língua propia, de contar con bos titiriteiros
coma Mircromina títeres que nos trouxo “ Vacacións no
mar”, de ter tamén bos libros escritos na nosa língua e
ainda mellores contacontos.
Como nos gusta moito divertirnos disfrutamos este ano
do teatro e os obradoiros, nos que a través de fermosas
historias como a de Maruxa aprendemos a facer pan e,
ainda algo máis incrible, a utilzar a masa para crear un
cadro cheiño de arte, Arte Infantil.
Ademáis achegámonos á figura de Carlos Casares e as
súas obras máis axeitadas para o público infantil: A
Galiña Azul, o Can Rin e o Lobo Crispín, Toribio....Así
mesmo as nenas e nenos do 1º grupo de primaria
propóñennos agora o reto de resolver esta sopa de letras
sobre o autor homenaxeado este ano.
VISITA DO IES DE QUIROGA
O xoves 1 de xuño, os mozos e mozas do Clube
de lectura do IES de Quiroga, viñeron ata o
Ceip de San Clodio para lernos unha selección
de obras moi variadas aos nenos e nenas de
infantil e primeiro de primaria.
Deleitándonos cuns contos e poemas ben
fermosos.
Quedamos
encantados
coa
experiencia e
estamos
desexando que
se repita no
vindeiro curso
de novo.
12
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE ROUPA
Ao longo da 1ª semana de abril na nosa escola levamos a cabo unha actividade de recollida de
roupa e calzado usados para colaborar con Mariola Solidaria, que está a realizar unha campaña
solidadria en beneficio da ONG GLOBAL HUMANITARIA en países como a India e
Guatemala.
Na campaña do 2017 o proxecto co que colaboran é o "FOGAR DE ACOLLIDA FULTALA,
BARUIPUR" na India. O Proxecto consiste en proporcionar atención integral a 35 nenas en
situación de vulnerabilidade a través deste fogar, que leva funcionando dende maio do 2003 e que
está xestionado por BSSK e Global Humanitaria.
As beneficiarias son as nenas que vivían nas estacións do tren e nas chabolas adxacentes de
Calcuta e Baruipur. Tamén se ofrece apoio a nenas que carecen de familiares ou que se ven
incapacitados para ocuparse delas e, polo tanto, viven en absoluto estado de desproteción e falla de
dereitos básicos.
PARTICIPAMOS NUN PROGRAMA DE RADIO
O luns 29 de maio, tivemos a oportunidade de participar no programa " Hoy por hoy" da Cadena
Ser. Un programa en directo emitido dende San Clodio, adicado integramente ao noso concello,
Ribas de Sil. Este programa dirixido polo locutor Juan Carlos Rodríguez emitíuse para toda a
provincia de Lugo. Todo o alumnado de primaria acudiu ao salón de actos do concello para poder
coñecer dende dentro como se fai un programa de radio. Foi toda unha experiencia, e gustounos
moito poder participar ao lado do noso Alcalde, Miguel Angel Sotuela Vega; a deputada de cultura
da Deputación de Lugo, Pilar García Porto; o Tenente de alcalde Roberto Castro e tamén Manuel
Cao, quen foi parte do noso colexio ata non hai moitos anos como director e tamén profesor xunto
á súa dona Pepita, entre outros. Con todos eles compartimos unha xornada moi entretida e na que
aprendemos moitas cousiñas interesantes da historia do noso concello e dos plans de presente e
tamén do futuro para Ribas de Sil.
13
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
VIAXE Á CASA DO PATRÓN – LALÍN
“ De viaxe a Lalín” (Redactado polo 2º grupo de Primaria)
O pasado venres, 26 de maio celebramos a nosa viaxe de estudos, que desta volta nos levou á Casa
do Patrón, en Codeseda (Lalín).
Despois de algo máis dunha hora de desprazamento en autobús chegamos á capital do Deza a
media mañá e alí fomos recibidos polas propietarias do complexo etnográfico Casa do Patrón, que
farían de guías na nosa visita.
O grupo de expedicionarios partiuse en dous, por un lado os de Infantil e polo outro os de
Primaria e visitamos unha ducia de salas do museo: Escola, fotografía, barbería, carpintería,
cantería, iluminación, medicina, relixión, matanza, habitación, liño, taberna, agricultura e
ganderiría...
Sen lugar a dúbidas o que máis nos chamou a atención foron as diferentes composicións das
escolas das distintas épocas da historia.
De seguido participamos nun obradoiro de barro no que guiados por un monitor fomos quen de
facer unhas cuncas modelando a arxila no obradoiro de cerámica.
Logo de xantar en dependencias da Casa do Patrón, subimos ao autobús de Severo para
emprender o camiño de volta a San Clodio.
14
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
Un conto dos nenos e nenas de infantil:
“A VIAXE DOS MALABARISTAS”
2
DO QUE LLE PASARA AO PEIXE
DÍXOLLE QUE NON SE PREOCUPARA
QUE EL PODÍA AXUDARLLE A
RECUPERAR ÓS SEUS AMIGOS.
MENTRAS TANTO O MONO QUE
ESTABA MOI TRISTE E ALGO
ENFADADO PORQUE OS SEUS AMIGOS
SE BURLARAN DEL, MARCHOU DALÍ
CORRENDO. PERO AO PASAR POR
RIBA DA PONTE O OGRO TIROUNO DA
PONTE ABAIXO. CANDO O MONO
CAEU Ó RÍO O PEIXE CORTOULLE A
BARRIGA COA SÚA ALETA E ASÍ OS
SEUS AMIGOS PUIDERON SAÍR
PITANDO, E MARCHARON TODOS RÍO
ABAIXO CARA O MAR.
UN POUCO DESPOIS OS
MALABARISTAS QUE ESTABAN
PREOCUADOS ACHEGÁRONSE AO RÍO
E PUIDERON RESCATAR Ó MONO.
LEVÁRONO PARA A CARAVANA E
COSÉRONLLE A BARRIGA.
CANDO OS ELEFANTES SE
ENTERARON DO QUE LLE PASARA Ó
MONO POLA SÚA CULPA, SENTÍRONSE
MOI MAL, E MOI ARREPENTIDOS
FORON A DESCULPARSE CON EL.
O MONO PERDOOUNOS E ENTÓN
VOLVERON A SER AMIGOS, FORON
FELICES E COMERON PERDICES.
E COLORIN COLORADO ESTE CONTO
CONTIÑO ESTÁ REMATADIÑO.
FIN.
1
HABÍA UNHA VEZ UNS MALABARISTAS
QUE VIVÍAN NUNHA CARAVANA E
VIAXABAN POLO MUNDO ENTEIRO. UN
DÍA CANDO VIAXABAN POLA SELVA,
COÑECERON A UNS ELEFANTES E UN
MONO QUE QUERÍAN VIAXAR CON
ELES.
UNHA TARDE DO VERÁN QUE ÍA
MOITA CALOR, OS ELEFANTES, QUE
ERAN MOI PRESUMIDOS, ESTABAN
BAÑÁNDOSE NO RÍO QUE ATOPARON
CANDO IAN DE CAMIÑO PARA VISITAR
SAN CLODIO.
O MONO, QUE ERA MOI PEQUENO E
ALGO TRASTE, SUBIU A UN
CASTIÑEIRO QUE HABÍA CERCA DO RÍO
E EMPEZOU A TIRAR CASTAÑAS AOS
ELEFANTES. OS SEUS AMIGOS
QUIXERON GASTARLLE UNHA BROMA
E BOTÁRONLLE UN CHORRO DE AUGA
FRÍA DO RÍO, CADA UN COA SÚA
TROMPA.
ENTÓN O MONO SALTOU DA ÁRBORE
PARA ESCAPAR PERO ESBAROU E
CAEU. CAEU NO MEDIO DUNHA CHEA
DE PEIXES, E COMO TIÑA MOITA FAME
COMEUNOS TODOS MENOS UN.
QUEDOULLE A BARRIGA TAN GRANDE
QUE ESTABA A PUNTO DE ESTOUPAR.
ENTÓN OS ELEFANTES RIRONSE DA
SÚA BARRIGA GORDA. O PEIXE
ESCAPOU NADANDO E ESCONDEUSE
BAIXO DA PONTE. ALÍ VIVÍA UN OGRO
VERDE, XIGANTE E MOI VELLO.
CANDO O OGRO ESCOITOU A HISTORIA
15
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO
Ilustracións do conto de infantil:
Para disfrutar e rir un pouco nada mellor que un contiño, un conto inventado e ilustrado polos nenos
e nenas de infantil, eles son os autores e tamén os ilustradores, estes son os seus DEBUXOS.
E AGORA A PASAR
UN BO VERÁN!
Como se foi vendo a través destas páxinas este foi un ano
cheo de pequenas aventuras, con cousas ben interesantes que
fomos facendo ao longo deste tempo.
Agardamos co vindeiro curso nos traia polo menos outras
tantas e que tamén estea cheo de sorrisos, agarimo e bo
traballo para así poder seguir medrando xuntos.
FIN DE CURSO
DENDE ESTAS PÁXINAS QUEREMOS DAR AS
GRAZAS A TODOS OS QUE FORMASTES PARTE
DESTA AVENTURA.
PARA REMATAR UNHA FOTO DE GRUPO
SOLUCIÓN:
ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO CURSO 2016-17

Contenu connexe

Tendances

REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19Cid22
 
Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14albinonunez
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barciaceeabarcia
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016lolaiglesias
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13abalarcurros
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018ceipmontemogos
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
Programa pais nadal 2014
Programa pais nadal 2014Programa pais nadal 2014
Programa pais nadal 2014María PriPri
 
Erase Uha Vez A Dúas
Erase Uha Vez A DúasErase Uha Vez A Dúas
Erase Uha Vez A Dúasaldeatotal
 

Tendances (20)

Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
 
Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018
 
O noso libro voador
O noso libro voadorO noso libro voador
O noso libro voador
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Programa pais nadal 2014
Programa pais nadal 2014Programa pais nadal 2014
Programa pais nadal 2014
 
Revandaina 1
Revandaina 1Revandaina 1
Revandaina 1
 
Erase Uha Vez A Dúas
Erase Uha Vez A DúasErase Uha Vez A Dúas
Erase Uha Vez A Dúas
 

Similaire à Anduriña 2017

Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2cbrial
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombrecbrial
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervomaria
 
Veciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña IVeciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña Iaavvmagdalena
 
Carta puca6
Carta puca6Carta puca6
Carta puca6maria
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020anxovila
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barciaceeabarcia
 
Carta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS ClasesCarta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS Clasesbiblioperillo
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023anxovila
 
ORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdf
ORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdfORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdf
ORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdfceeabarcia
 

Similaire à Anduriña 2017 (20)

Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombre
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervo
 
Admision
AdmisionAdmision
Admision
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
Veciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña IVeciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña I
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Carta puca6
Carta puca6Carta puca6
Carta puca6
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 
Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Carta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS ClasesCarta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS Clases
 
As datas e festas importantes
As datas e festas importantesAs datas e festas importantes
As datas e festas importantes
 
Os nosos ríos
Os nosos ríosOs nosos ríos
Os nosos ríos
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
ORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdf
ORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdfORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdf
ORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdf
 

Plus de Ana Jato Rodriguez (20)

Os nosos aniversarios
Os nosos aniversariosOs nosos aniversarios
Os nosos aniversarios
 
PESCADORES DE SAN CLODIO
PESCADORES DE SAN CLODIOPESCADORES DE SAN CLODIO
PESCADORES DE SAN CLODIO
 
Graduación xuño 15
Graduación xuño 15Graduación xuño 15
Graduación xuño 15
 
Museo bicheiro
Museo bicheiroMuseo bicheiro
Museo bicheiro
 
Contacontos no sil
Contacontos no sil Contacontos no sil
Contacontos no sil
 
Castro caldelas
Castro caldelasCastro caldelas
Castro caldelas
 
Letras galegas 15
Letras galegas 15Letras galegas 15
Letras galegas 15
 
Mascota biblioteca
Mascota bibliotecaMascota biblioteca
Mascota biblioteca
 
Día do libro
Día do libroDía do libro
Día do libro
 
A troita e as anguías
A troita e as anguíasA troita e as anguías
A troita e as anguías
 
O traxe novo do rei
O traxe novo do reiO traxe novo do rei
O traxe novo do rei
 
Plantando iris
Plantando irisPlantando iris
Plantando iris
 
O universo
O universoO universo
O universo
 
Entroido 2015 CEIP de SAN CLODIO
Entroido 2015  CEIP de SAN CLODIOEntroido 2015  CEIP de SAN CLODIO
Entroido 2015 CEIP de SAN CLODIO
 
A neve
A neveA neve
A neve
 
Día da paz
Día da pazDía da paz
Día da paz
 
Os piratas de infantil
Os piratas de infantilOs piratas de infantil
Os piratas de infantil
 
Para que sirven os nº
Para que sirven os nºPara que sirven os nº
Para que sirven os nº
 
O acuario
O acuarioO acuario
O acuario
 
Facemos un volcán
Facemos un volcánFacemos un volcán
Facemos un volcán
 

Anduriña 2017

  • 1. MURAIS DO NOSO COMEDOR UN CURSO MÁIS MEDRANDO XUNTOS NA NOSA ESCOLA Recollemos aquí algúns dos melllores momentos deste curso, no que un ano máis fomos Medrando Xuntos na escola de San Clodio. Esta revista pretende ser un pequeno resumo dalgunhas das experiencias que foron chegando ao longo dos meses. Moitas das actividades aquí recollidas podedes tamén velas con máis detalle no nosos blogs. Duis varius: [Fecha] Para decorar o noso comedor quixemos facer entre todos estes fermosos muráis e así poñelo bonitiño. ANDURIÑAREVISTA ESCOLAR CURSO 2016-2017 C E I P D E S A N C L O D I O SOMOS UNS NATURALISTAS MOI ARTISTAS! FOI ESTE UN CURSO NO QUE SE DESENVOLVERON DISTINTOS PROXECTOS E ACTIVIDADES NAS QUE O NOSO ARTE E A NATUREZA FORON OS PROTAGONISTAS EN MOITAS DAS ACTIVIDADES REALIZADAS.
  • 2. 2 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO DATAS ESPECIAIS Como cada ano ao longo do curso vimos festexando algunhas datas especiais e esta pretende ser so unha pequena mostra delas. SAMAIN- HALLOWEEN Neste ano esta festa deixounos algúns recordos especiais coma os contos e debuxos para saber a qué temos medo, pantasmas pintados cos pés, disfraces que nos poñen os pelos de punta, comidas que arrepían o corpo no comedor, xogos no patio para morder mazás ou escoller truco ou trato e doces asquerosamente deliciosos, para coñecer de preto como fan noutros lugares do mundo. Para rematar unha festa e entrega de diplomas polas cabazas talladas na casa coas familias, son algunhas das actividades da nosa escola. MAGOSTO O Día do magosto na nosa escola foi un día cheíño de castañas asadas, risas cos amigos, xogos ben divertidos coma a Diana-castaña, Carreiras de sacos, a Castaña-culler, os Aros, a Castaña agochada ... e sobre todo festa! Magosto, magosto Non vaias co posto, Leva castañas, Alegra ese corpo!... E é que xa o dí o noso Rap do Magosto favorito:
  • 3. 3 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO DATAS ESPECIAIS NADAL Cando chega o Nadal no Ceip de San Clodio traballamos arreo, facermos cada un a súa Postal de Nadal, decoramos o cole cun adorno feito en familia, adornamos a árbore, montamos o Belén e o último día de escola celebrámolo festexandoo cun festival compartido coas familias, os amigos e veciños. O noso traballo quere ser una maneira especial de desexarlles así un Bo Nadal e unhas felices festas para todos. ENTROIDO ROCKEIRO Co Entroido chega o momento da festa rachada. E así na nosa escola adicámonos a disfrutalo intensamente. Este ano, tamén empezamos por celebrar os Xoves de Compadres e Comadres, facendo os nosos respectivos, coa axuda das familias. Achegámonos tamén a coñecer de preto ás Pantallas de Xinzo de Limia, unha das figuras máis representativas do Entroido Galego. Ademais chegou á escola como en anos anteriores O Meco, que nesta ocasión viña moi “Rockeiro” e durante a semana enteira nos invitou a engalanarnos con divertidos complementos, iso si, rockeiros como non!. E para rematar a semana o día 24 celebramos unha festa na que xogamos e nos divertimos cos compañeriros e á que se achegaron a vernos e disfrutar tamén as familias.
  • 4. 4 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO CONVIVENCIA CO CEIP DA POBRA DO BROLLÓN O venres, 31 de marzo, tivemos a convivencia co CEIP da Obra do Brollón; sempre é agardada por todos con moita ilusión, xa que unha das características do noso centro é a apertura ao exterior e ás convivencias. Para recibilos ben fixemos unha fermosa pancarta e unha carta de benvida. Despois dun pequeno aperitivo para coller forzas para toda a mañá, marchamos ata o concello para disfrutar xuntos da actuación de Migallas: “Canta connosco”, onde cantamos rimos e nos divertimos moito xuntos. Logo voltamos ao cole onde os maiores disputaron un partido de futbol e os máis pequenos fixeron un obradoiro de manualidades. Unha vez rematada a mañá fomos ata o comedor para compartir o xantar e logo xa so nos quedou tempo para intercambiar uns agasallos e facernos unha foto xuntiños, como despedida, agardando xa que chegue o momento de xuntarnos de novo no vindeiro curso. Estámolo desexando!.
  • 5. 5 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO PROXECTO VOZ NATURA 2 axuda dos obreiros do concello de Ribas de Sil. E logo nós empezamos coa plantación de varias prantas enredadeiras que adornarán os muros do patio dos maiores. Para os traballos máis duros contamos coa axuda dun traballador do concello que nos fixo unha zanxa, na que logo nós preparamos a terra mesturada co abono que agora a fin de curso está a dar vida ás prantiñas que fomos poñendo nela. O XARDIN INTERIOR Ademais do xardín do patio, estamos tamén creando un pequeno espazo dentro do cole para coidar un xardín interior. Así, cada un dos nenos e nenas de primaria prantou a súa pranta nunha maceta de terra que trouxemos da nosa casiña e mesturamos con abono para que lles de alimento durante os próximos SEMANA DA ÁRBORE E A AUGA O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da auga e o 22 o Día Mundial da árbore. Dende a biblioteca do Ceip de San Clodio, quixemos unirnos a esta celebración en colaboración coa Deputación de Lugo, que nos enviou unha pequena árbore e un contiño. Eses días realizáronse no noso centro diferentes actividades como a plantación dun ameneiro, nun terreo cedido polo Concello de Ribas de Sil. Tamén investigamos sobre as carácterísticas desta árbore e a súa preferencia por terreos próximos a lugares húmidos, polo que é moi adecuada para vivir en San Clodio, a carón do río Sil. O que nos fixo moita ilusión foi o bautizo desta árbore co nome de Claudio, escollido por sorteo na biblioteca e tamén facer un pequeno mural no que o debuxamos entre todos. 1 O XARDÍN DO NOSO PATIO Hai quen dí que nestes tempos de hoxe os nenos e nenas adoecen de déficit de contacto coa natureza. E nós, como cremos que non anda moi desencamiñada esta opinión, quixemos poñer un chisco da nosa parte para remédialo. Por iso, nos días do comezo do outono, estivemos traballando moito, para aproveitar os días de bo tempo e porque queremos construir un fermoso xardín que embeleza o patio da escola. Nas primeiras semanas estivemos preparando a terra, para o que contamos coa
  • 6. 6 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO PROXECTO VOZ NATURA 2 moito agarimo. Ademáis as nenas e nenos de infantil prantamos anaquiños de edras que fomos coidando dentro da aula ata que boten raíces fortes, e que logo pasamos a prantar fóra, para que medren ben fortes. Aprendemos así a reproducir prantas por sementes, anacos… VISITA DO SEPRONA Dentro do Programa Voz Natura temos a sorte de poder contar coa posibilidade de cos axentes do Seprona, se acheguen ata o noso centro. Así este ano, o día 8 de febreiro, puidemos coñecer de preto cal é súa a labor de protección do medio ambiente e aprender cómo podemos colaborar nós a esta tarefa tan importante para todos. 1 AS TREPADORAS DO PATIO DE INFANTIL. Aproveitando estes fermosos días de bo tempo que nos regalou o mes de febreiro, as nenas e nenos de infantil botamos man de de luvas e sachos para adicarnos a facer unha plantación de edras e outras trepadoras como xazmíns e madresilvas, coas que queremos engalanar os muros do patio de infantil. Así primeiro sachamos e abonamos a terra, para despois plantar e regar as nosas preciosas plantiñas, ás que nos vindeiros meses coiadremos con
  • 7. 7 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO MOMENTOS XUNTOS LECTURAS APADRIÑADAS DÍA DA PAZ Como cada ano o día 30 de Xaneiro conmemorase o Día da Paz e a Non Violencia en todo o mundo, nós quixemos este ano unirnos tamén á celebración desta data tan importante, para iso xuntámonos todos na bilbioteca do cole, alí escoitamos aos nenos e nenas do 2º grupo de primaria interpretar o Himno da Alegría, e logo compartimos cos demais as nosas cartas, poemas e debuxos que con motivo desta data lles imos enviar aos nenos e nenas do Ceip Ricardo Gasset de O incio, onde lles contamos qué é para nós A PAZ, para así intercambiar opinións con outros nenos e nenas sobre este tema. E logo dun tempo tivemos contestación, as nenas e nenos do Cole do Incio, mandáronnos de volta una cartiña coa suá contestación…. RECIBIMOS CARTA DENDE O INCIO Desta vez fomos nós os que recibimos carta e esta viña dende o Ceip Ricardo Gasset do Incio. Sentamos todos xuntos para abrir o sobre, e era un sobre ben grande!, no que viñan unha chea de cousiñas interesantes: uns contos inventados por eles e as súas cartas de presentación que nos acompañáron logo nas nosas aulas. Moitas grazas ás nosas amigas e amigos do Incio por estes fermosos traballos. Organizado dende a biblioteca do Ceip de San Clodio, realizáronse diferentes actividades como unha lectura apadriñada dos maiores de primaria para as nenas e nenos de infantil e 1º de primaria dun conto.
  • 8. 8 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO OUTRAS ACTIVIDADES E TRABALLOS CARTA EN CADEA CHARLAS INFORMATIVAS PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL O día 29 de xaneiro tivemos con nós no cole a Ramón, un membro do corpo da Garda Civil, que nos veu a explicar moitas cousas interesantes sobre o racismo e a xenofobia aos nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de primaria. Unha charla informativa incluída como en anos anteriores no Plan Director. HIXIENE POSTURAL COA FISIOTERAPEUTA Coa axuda de Mª Jesús, fisioterapeuta de Quiroga e experta no tema, esta tarde de maio aprendemos a controlar as posturas do noso corpo, á hora de sentarnos nas cadeiras, levar o peso das nosas mochilas, camiñar pola rúa ou incluso durmir na cama pola noite. Estamos moi agradecidos pola súa xenerosa visita. DEFENDENDO O GALEGO Neste caso a actividade consistíu en facer un anuncio a través do cartel publicitario. Así, elaboramos un cartel no que se intenta convencer ao receptor da mensaxe publicitaria da importancia que ten para as galegas e os galegos a súa lingua. No més de novembro recibimos unha sorpresa no noso cole, chegounos unha carta dende o concello de Ribas de Sil. Era unha carta en cadea que viña xa dende outros concellos, asociacións, e coles polos que anteriormente pasara antes de chegar a nós. Era unha carta dun neno con cancro que pedía axuda para entrar no libro dos Record Guinnes, e nós tamén quixemos botarlle unha man, estas son algunhas das imaxes e o día 1 de decembro enviámola a varios sitios diferentes para continuar a cadea.
  • 9. 9 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO DIVERSIÓN NA ESCOLA TÍTERES DE OUTONO “Divermaxia” co MAGO PACO MIGALLAS: “Canta Connosco” Cantar e bailar, escoitar e imaxinar, amasar e pintar… e moitas outras cousas a carón dos amigos, son algunhas das mellores experiencias que poidamos disfrutar. E Todo iso foi posible grazas a estas actividades. Mil grazas a todos os que as fixeron posibles. OQO:“Coas mans na masa” Este ano tivemos a sorte de contar con divertidos momentos, moitos deles grazas á colaboración coa Biblioteca do Concello de Ribas de Sil e á Anpa do Ceip de San Clodio. MIRCROMINA: “ Vacacións no mar” O día 11 de novembro tivemos unha tarde de títeres, grazas á colaboración da Anpa do Ceip de San clodio, foi unha tarde de risas, contos e novos descubrimentos, unha chulada!. Esta foi unha actividade de animación á lectura a través da maxia mediante contos e xogos. Da que puidemos disfrutar grazas á colaboración da Biblioteca do Concello de Ribas de Sil. O Mago Paco é un mago moi peculiar que non para de argallar novas maxias para as nenas e nenos, nas que mestura a risa, a lectura de contos e a maxia para sorprender aos mais cativos coas súas historias cheas de ledicia.
  • 10. 10 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO Obradoiro de arte naturalista: “A miña terra galega pintada” QUÉ PODEMOS FACER CO GALEGO? Podemos pintar as nosas costumes: Esta actividade consistíu en pintar costumes típicas galegas, lugares de Galicia, tradicións, obxectos, realidades variadas como gastronomía, música, o noso río Sil, o mar.... vinculando así a expresión plástica coa identidade do noso pobo . No mes de marzo organizouse un obradoiro de pintura no patio ao longo dunha semana na hora do recreo no que invitamos a participar a todo o alumnado do centro. Para iso, as nenas e nenos do cole so necesitaban pensar nun tema que lles apetecera pintar, podían tamén traer da casa unha foto, imaxe, idea, esquema... para pintar para así facer, todos e cada un deles, a súa obra de arte. Unha vez rematada esta actividade fixemos unha exposición no centro coas nosas coloridas obras.
  • 11. 11 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO LETRAS GALEGAS Na semana das Letras Galegas festexamos a sorte de ter unha língua propia, de contar con bos titiriteiros coma Mircromina títeres que nos trouxo “ Vacacións no mar”, de ter tamén bos libros escritos na nosa língua e ainda mellores contacontos. Como nos gusta moito divertirnos disfrutamos este ano do teatro e os obradoiros, nos que a través de fermosas historias como a de Maruxa aprendemos a facer pan e, ainda algo máis incrible, a utilzar a masa para crear un cadro cheiño de arte, Arte Infantil. Ademáis achegámonos á figura de Carlos Casares e as súas obras máis axeitadas para o público infantil: A Galiña Azul, o Can Rin e o Lobo Crispín, Toribio....Así mesmo as nenas e nenos do 1º grupo de primaria propóñennos agora o reto de resolver esta sopa de letras sobre o autor homenaxeado este ano. VISITA DO IES DE QUIROGA O xoves 1 de xuño, os mozos e mozas do Clube de lectura do IES de Quiroga, viñeron ata o Ceip de San Clodio para lernos unha selección de obras moi variadas aos nenos e nenas de infantil e primeiro de primaria. Deleitándonos cuns contos e poemas ben fermosos. Quedamos encantados coa experiencia e estamos desexando que se repita no vindeiro curso de novo.
  • 12. 12 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO CAMPAÑA SOLIDARIA: RECOLLIDA DE ROUPA Ao longo da 1ª semana de abril na nosa escola levamos a cabo unha actividade de recollida de roupa e calzado usados para colaborar con Mariola Solidaria, que está a realizar unha campaña solidadria en beneficio da ONG GLOBAL HUMANITARIA en países como a India e Guatemala. Na campaña do 2017 o proxecto co que colaboran é o "FOGAR DE ACOLLIDA FULTALA, BARUIPUR" na India. O Proxecto consiste en proporcionar atención integral a 35 nenas en situación de vulnerabilidade a través deste fogar, que leva funcionando dende maio do 2003 e que está xestionado por BSSK e Global Humanitaria. As beneficiarias son as nenas que vivían nas estacións do tren e nas chabolas adxacentes de Calcuta e Baruipur. Tamén se ofrece apoio a nenas que carecen de familiares ou que se ven incapacitados para ocuparse delas e, polo tanto, viven en absoluto estado de desproteción e falla de dereitos básicos. PARTICIPAMOS NUN PROGRAMA DE RADIO O luns 29 de maio, tivemos a oportunidade de participar no programa " Hoy por hoy" da Cadena Ser. Un programa en directo emitido dende San Clodio, adicado integramente ao noso concello, Ribas de Sil. Este programa dirixido polo locutor Juan Carlos Rodríguez emitíuse para toda a provincia de Lugo. Todo o alumnado de primaria acudiu ao salón de actos do concello para poder coñecer dende dentro como se fai un programa de radio. Foi toda unha experiencia, e gustounos moito poder participar ao lado do noso Alcalde, Miguel Angel Sotuela Vega; a deputada de cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto; o Tenente de alcalde Roberto Castro e tamén Manuel Cao, quen foi parte do noso colexio ata non hai moitos anos como director e tamén profesor xunto á súa dona Pepita, entre outros. Con todos eles compartimos unha xornada moi entretida e na que aprendemos moitas cousiñas interesantes da historia do noso concello e dos plans de presente e tamén do futuro para Ribas de Sil.
  • 13. 13 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO VIAXE Á CASA DO PATRÓN – LALÍN “ De viaxe a Lalín” (Redactado polo 2º grupo de Primaria) O pasado venres, 26 de maio celebramos a nosa viaxe de estudos, que desta volta nos levou á Casa do Patrón, en Codeseda (Lalín). Despois de algo máis dunha hora de desprazamento en autobús chegamos á capital do Deza a media mañá e alí fomos recibidos polas propietarias do complexo etnográfico Casa do Patrón, que farían de guías na nosa visita. O grupo de expedicionarios partiuse en dous, por un lado os de Infantil e polo outro os de Primaria e visitamos unha ducia de salas do museo: Escola, fotografía, barbería, carpintería, cantería, iluminación, medicina, relixión, matanza, habitación, liño, taberna, agricultura e ganderiría... Sen lugar a dúbidas o que máis nos chamou a atención foron as diferentes composicións das escolas das distintas épocas da historia. De seguido participamos nun obradoiro de barro no que guiados por un monitor fomos quen de facer unhas cuncas modelando a arxila no obradoiro de cerámica. Logo de xantar en dependencias da Casa do Patrón, subimos ao autobús de Severo para emprender o camiño de volta a San Clodio.
  • 14. 14 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO Un conto dos nenos e nenas de infantil: “A VIAXE DOS MALABARISTAS” 2 DO QUE LLE PASARA AO PEIXE DÍXOLLE QUE NON SE PREOCUPARA QUE EL PODÍA AXUDARLLE A RECUPERAR ÓS SEUS AMIGOS. MENTRAS TANTO O MONO QUE ESTABA MOI TRISTE E ALGO ENFADADO PORQUE OS SEUS AMIGOS SE BURLARAN DEL, MARCHOU DALÍ CORRENDO. PERO AO PASAR POR RIBA DA PONTE O OGRO TIROUNO DA PONTE ABAIXO. CANDO O MONO CAEU Ó RÍO O PEIXE CORTOULLE A BARRIGA COA SÚA ALETA E ASÍ OS SEUS AMIGOS PUIDERON SAÍR PITANDO, E MARCHARON TODOS RÍO ABAIXO CARA O MAR. UN POUCO DESPOIS OS MALABARISTAS QUE ESTABAN PREOCUADOS ACHEGÁRONSE AO RÍO E PUIDERON RESCATAR Ó MONO. LEVÁRONO PARA A CARAVANA E COSÉRONLLE A BARRIGA. CANDO OS ELEFANTES SE ENTERARON DO QUE LLE PASARA Ó MONO POLA SÚA CULPA, SENTÍRONSE MOI MAL, E MOI ARREPENTIDOS FORON A DESCULPARSE CON EL. O MONO PERDOOUNOS E ENTÓN VOLVERON A SER AMIGOS, FORON FELICES E COMERON PERDICES. E COLORIN COLORADO ESTE CONTO CONTIÑO ESTÁ REMATADIÑO. FIN. 1 HABÍA UNHA VEZ UNS MALABARISTAS QUE VIVÍAN NUNHA CARAVANA E VIAXABAN POLO MUNDO ENTEIRO. UN DÍA CANDO VIAXABAN POLA SELVA, COÑECERON A UNS ELEFANTES E UN MONO QUE QUERÍAN VIAXAR CON ELES. UNHA TARDE DO VERÁN QUE ÍA MOITA CALOR, OS ELEFANTES, QUE ERAN MOI PRESUMIDOS, ESTABAN BAÑÁNDOSE NO RÍO QUE ATOPARON CANDO IAN DE CAMIÑO PARA VISITAR SAN CLODIO. O MONO, QUE ERA MOI PEQUENO E ALGO TRASTE, SUBIU A UN CASTIÑEIRO QUE HABÍA CERCA DO RÍO E EMPEZOU A TIRAR CASTAÑAS AOS ELEFANTES. OS SEUS AMIGOS QUIXERON GASTARLLE UNHA BROMA E BOTÁRONLLE UN CHORRO DE AUGA FRÍA DO RÍO, CADA UN COA SÚA TROMPA. ENTÓN O MONO SALTOU DA ÁRBORE PARA ESCAPAR PERO ESBAROU E CAEU. CAEU NO MEDIO DUNHA CHEA DE PEIXES, E COMO TIÑA MOITA FAME COMEUNOS TODOS MENOS UN. QUEDOULLE A BARRIGA TAN GRANDE QUE ESTABA A PUNTO DE ESTOUPAR. ENTÓN OS ELEFANTES RIRONSE DA SÚA BARRIGA GORDA. O PEIXE ESCAPOU NADANDO E ESCONDEUSE BAIXO DA PONTE. ALÍ VIVÍA UN OGRO VERDE, XIGANTE E MOI VELLO. CANDO O OGRO ESCOITOU A HISTORIA
  • 15. 15 ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO Ilustracións do conto de infantil: Para disfrutar e rir un pouco nada mellor que un contiño, un conto inventado e ilustrado polos nenos e nenas de infantil, eles son os autores e tamén os ilustradores, estes son os seus DEBUXOS.
  • 16. E AGORA A PASAR UN BO VERÁN! Como se foi vendo a través destas páxinas este foi un ano cheo de pequenas aventuras, con cousas ben interesantes que fomos facendo ao longo deste tempo. Agardamos co vindeiro curso nos traia polo menos outras tantas e que tamén estea cheo de sorrisos, agarimo e bo traballo para así poder seguir medrando xuntos. FIN DE CURSO DENDE ESTAS PÁXINAS QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TODOS OS QUE FORMASTES PARTE DESTA AVENTURA. PARA REMATAR UNHA FOTO DE GRUPO SOLUCIÓN: ANDURIÑA CEIP DE SAN CLODIO CURSO 2016-17