SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  9
Télécharger pour lire hors ligne
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer naceu en Lugo no ano 1956. Comezou
a carreira de Filoloxía Hispánica en Lugo para rematala en
Santiago de Compostela. Na actualidade é profesor na
Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo). O
seu labor desenvólvese especialmente en poesía (Tigres de
ternura/ Ámote, vermella/ Amores e clamores...) narrativa
(Metarelatos/ Contos e descontos...) e o ensaio (José Angel
Valente/ Ánxel Fole...)

Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
lunes 17 de febrero de 2014
Claudio Rodríguez Fer
1.

Observando datos da súa xuventude axiña nos decatamos da súa precocidade en determinados aspectos literarios, sociopolíticos... (escribir versos con 8 anos, militancia antifranquista xa como estudante de bacharelato...) A que poderiamos achacar
esta precocidade? Foron aquelas persoas, circunstancias... as que serviron de alicerce do seu futuro persoal e literario?
Supoño que, para comezar a escribir tan cedo, influíu ter sido fillo de mestra de escola unitaria, pois a miña nai levoume con ela ao
colexio dende moi pequeno e por tanto medrei oíndo ler e falar en alto a ela e ao alumnado maior. De feito, eu nacín na propia
escola, que estaba nunha dependencia anexa da nosa vivenda, pois, como era a peza máis grande da casa, a miña nai decidiu ter alí o
parto.
En canto á militancia antifascista, tivo que influír ser fillo de pai represaliado polo franquismo, que mesmo chegara a estar
preso, aínda que el trataba de que eu non me metese en nada subversivo para que non me pasase o mesmo.

2.

Outro aspecto seu que poderiamos considerar realmente precoz foi o do seu contacto cos cinepoemas. Está o futuro da nosa
poesía, ou da poesía en xeral, na súa interacción con outras artes coma o cinema, a música?...
Eu creo que a poesía non debe reducirse á literatura, porque tamén se manifesta no cine, na música e no resto das artes. Así o
entendín dende moi novo e por isto tratei de fusionar cine e poesía nos cinepoemas e por isto compuxen tamén poesía visual, como o
poema que acabo de facer en Nova York con fotos da miña infancia.

3.

Considérano a Vostede como o “pai” da poesía erótica escrita en galego. Como comezou en
vostede esa devoción por esta temática xa alá polos oito anos? Foi produto de circunstancias ou
ben se centrou máis no seu “eu”?
Eu sentín xa de neno a chamada do erotismo, pois lembro que me gustaban moito as nenas dende
que teño memoria de min, así que compuxen axiña algúns versos inspirados por elas, como uns que
dicían: "Quisiera cantar tu pelo como hacen los poetas / y más acariciarte el pecho cuando te salgan
las tetas".
De mozo, inspiráronme as mozas e dende entón xa nunca deixaron de inspirarme as mulleres,
pero non só pola beleza do seu corpo, senón tamén da súa mente. Iso si, sempre de maneira concreta
e nunca inventada.

lunes 17 de febrero de 2014

Claudio Rodríguez Fer de neno, A
aventura dos rañaceos
Claudio Rodríguez Fer
4.

Outra precocidade súa foi a dos seus primeiros pasos no xornalismo alá por finais da ditadura. Como lembra aquela etapa marcada
por unha forte represión e censura?
En efecto, comecei a publicar na prensa, aos dezaseis anos, aínda durante o franquismo, e por tanto tiven problemas coa censura. Por
exemplo, prohibíuseme publicar un artigo sobre o cine do director sueco Ingmar Bergman porque foi considerado antiteolóxico e
tamén me censuraron noutro varias alusións á presenza da guerra civil na literatura.
A censura franquista prohibía, sobre todo, cuestionar a ditadura militar, a relixión católica e a represión sexual, pois o que
pretendía a ditadura era ter súbditos submisos, obedientes e reprimidos, exactamente as tres cousas que eu non era nin quería ser.

5.

O seu contacto con Santiago de Compostela tras a caída do franquismo supuxo un cambio radical en Vostede ou máis ben unha
continuación daqueles feitos precoces aos que antes aludimos? Que supuxo para Vostede aquela efervescencia cultural e política
dos últimos anos da década dos setenta?
Para min. Santiago sucedeu a Lugo naqueles tempos de grande iniciativa, esperanza e creatividade, nos que participei con
entusiasmo. Neses anos escribín boa parte dos meus primeiros libros e entrei en contacto con intelectuais de toda Galicia. Claro que
tras a morte do ditador aínda continuou a represión, mesmo con mortos na rúa, porque o posfranquismo durou ata os anos oitenta e,
a algúns efectos, perdura ata hoxe.

6.

Na súa triloxía sobre memoria histórica (Lugo Blues / A loita continúa / Ámote vermella) foron
máis de vinte anos os que transcorreron... Puido marcar este tempo os puntos de vista, a
temática... destas obras poéticas?
A memoria da represión do meu lugar inmediato, a cidade de Lugo, fóra ocultada e negada, e para
reivindicala escribín Lugo Blues. Logo, para reivindicar toda a memoria antifascista galega escribín
A loita continúa.
Mais aínda dentro dos esquecidos estaban máis esquecidas as mulleres que os homes, cando elas
padeceran moitas veces o dobre, por sumarse á represión política fascista a represalia machista:
rapadura do pelo, violacións e outras barbaridades, así que para reivindicar ás vítimas de tanto
sufrimento escribín Ámote vermella. De todas esas vítimas son e síntome fillo.
Carmen Blanco e Claudio
Rodríguez Fer nos anos 70

lunes 17 de febrero de 2014
Claudio Rodríguez Fer
7.

Temos unha cita súa que di: “A auténtica poesía é o último bastión de resistencia ao
capitalismo e á deshumanización”. Cre Vostede que a súa poesía (erótica, de vitalismo
intercultural, de apertura intercultural...) contribuíu a esta resistencia e en que medida
contribuíu?
A poesía é e debe ser irredutible e non debe someterse a ningún poder, así que o simple feito de
cultivala con esta concepción subversiva e libertaria en todos os terreos xa contribúe, aínda que
sexa modestamente, á loita polo humanismo, pola liberdade e pola xustiza, principios que
combateu directamente o fascismo, pero que continúa negando tamén o capitalismo
deshumanizado que trata de comprarnos e de vendernos como se fósemos mercancías.

8.

Até que punto a poesía medieval, especialmente aquela de temática erótica, puido influír na
súa poesía? Considérase vostede un vangardista neotrobadoresco coma o propio Cunqueiro?

Claudio Rodríguez Fer, ante o
seu poema Paz para sempre, na
Coruña

Eu comecei facer poesía erótica antes de coñecer a poesía medieval, pero cando a lin quedei
fascinado precisamente polo seu erotismo e pareceume que podía asimilala dende a miña posición
vangardista, aínda que sen facer neotrobadorismo.
Ademais gustábame moito a presenza de animais na poesía medieval, como a dos cervos, que
aparecen xa no meu primeiro libro. Logo introducín outros animais, tanto na miña obra poética
(Tigres de ternura, Cebra) como na narrativa (“A muller loba”, “A raposa boreal”, “A osa que
chove”, etc.). Sempre me encantaron os animais e, de neno, tiven gatos e dúas cadelas chamadas
Lilith e Lúa.

9.

Segue vostede a pensar que o erotismo é “o impulso máis auténtico da vida” ou tamén
teriamos que considerar outros temas coma o social, o cultural... para amosar ese impulso?
Todos os temas son importantes, pero o erotismo é o que está máis naturalmente entrañado
coa vida, posto que esta vén del, así que para min segue a ser o pulo vital máis auténtico.

lunes 17 de febrero de 2014

Claudio Rodríguez Fer nun
tranvía da illa de Man
Claudio Rodríguez Fer
10.

Que a un escritor ou escritora lle editen unha publicación onde se recolleite toda a súa obra (como ocorreu coa súa obra Contos
e descontos onde se recolleitou toda a súa narrativa) supón que se lle marque unha liña final para seguir a publicar ese xénero?
Seguiu Vostede a escribir narrativa despois do 2011?

A reunión de obras faise necesaria para facilitar a súa lectura cando se esgotan as edicións
anteriores, pero non ten porqué influír na escritura, que adoita provir de causas máis profundas.
Dito isto, eu escribín sempre moita menos narrativa que poesía e, en consecuencia, seguín
escribindo poesía dende que se reuniron as miñas obras poéticas en Amores e clamores e non,
polo menos de momento, relatos, dende que se reuniron as miñas obras narrativas en Contos e
descontos.
O último conto que escribín, incluído nesta obra, é “O neno que non quería ir á guerra”,
composto por tres historias sobre a miña infancia: “Eu teño un canciño”, “A vaca con zocas” e
“A republiquiña dos animais”.
11.

Carmen Blanco e Claudio
Rodríguez Fer.

Que atrancos e que realidades, anécdotas... tivo Vostede cando se mergullou na literatura galega durante a guerra civil para a
súa tese doutoral?

Tiven moitas dificultades, porque non me deixaban acceder a determinados arquivos e porque moita xente non quería que se
investigase ou que se soubese a verdade, así que mesmo recibín algunha ameaza, sobre todo en Galicia. Fóra de Galicia había outro
tipo de obstáculos máis técnicos; por exemplo, foime imposible dar en Rusia cos álbums de debuxos publicados por Castelao alí
durante a guerra civil.
Polo contrario, houbo outras persoas que me axudaron moito, por exemplo as agradecidas viúvas de escritores represaliados,
como Dieste, Carballo Calero, Ángel Johán ou Aníbal Otero, que case me adoptan como fillo.
12.

Non podiamos deixar de lle preguntar polo papel desempeñado especialmente na súa obra literaria por Carmen Blanco.

Carmen Blanco inspiroume moitos poemas e algún relato, polo que lle dediquei expresamente varios libros, dende o meu inicial
Poemas de amor sen morte. Ademais, ela deseñou por completo Tigres de ternura para as súas tres primeiras edicións e ilustrou
Historia da lúa, A muller núa e Vulva, todos dedicados a ela, como tamén Cebra, A boca violeta, Extrema Europa e A unha muller
descoñecida. Mais tamén aparece poetizada na triloxía da memoria e no meu último poemario publicado, Unha tempada no paraíso.
Por outra parte con ela promovín os cadernos Unión libre, os caderniños Poesía para Tod@s e a Asociación para a Dignificación
das Vítimas do Fascismo, entre outros moitos proxectos culturais e cívicos comúns.

lunes 17 de febrero de 2014
Claudio Rodríguez Fer
13.

Que supón para Vostede cada vez que ve unha obra súa traducida a outro idioma? Considera Vostede que traducir lírica é algo
perigoso ou, cando menos, unha diminución do seu significado?

Gústame moito que se fagan traducións da miña poesía, aínda que partindo de que o resultado ten que ser unha obra diferente,
porque as linguas non son nomenclaturas, senón sistemas complexos con sons e asociacións intraducibles. Pero diferente, non quere
dicir peor, senón simplemente distinta, porque mesmo pode saír enriquecida ou mellor que o orixinal.

14.

Foi Vostede amigo e especialista na obra de José Ángel Valente. Que nos podería dicir brevemente
deste autor e da súa obra? Supuxo a súa obra algún influxo para Vostede?

Valente foi un gran escritor políglota que viviu en distintos lugares da Europa máis avanzada sen
deixar de ser antifranquista e galego, pois aínda que escribiu fundamentalmente en castelán, tamén
cultivou a nosa lingua por ser a falada polos inmigrantes galegos en Suíza, onde el era funcionario
internacional. A súa obra é dunha perfección e dunha apertura extremas e supuxo un exemplo
mundial para moitos escritores e artistas. A min, dende que o lin, xa antes de coñecelo, estimuloume
o sentido do rigor, da profundidade e da universalidade, que son as características que trato de
imprimir ás miñas obras sobre el e á Cátedra Valente que dirixo na Universidade de Santiago de
Compostela.

15.

José Ángel Valente e Claudio
Rodríguez Fer

E finalmente, chámanos a atención que Vostede, un autor especialista en lírica, centrase unha gran parte da súa obra ensaística en
Ánxel Fole, un especialista en narración. A que se debeu esta empatía co seu conveciño?
Fole, a quen coñecín sendo adolescente, foi para min como un avó que me contaba as historias
prohibidas dos tempos libres da Segunda República e que me falaba da lingua, da literatura e da
cultura galegas, entón completamente marxinadas no ensino e na sociedade. Os seus preciosos contos
de misterio, cheos de intriga e humor, déronme a coñecer de novo a Galicia máis profunda e arredada
e quedeille agradecido para sempre. Ademais, a miña empatía con el proviña tamén de que fora
profesor particular da miña nai e de que o seu xeneroso humanismo me recordaba ao do meu pai.
Ánxel Fole e Claudio Rodríguez
Fer nos anos 70

lunes 17 de febrero de 2014
Retrato de Claudio Rodríguez Fer realizado por:
Alex Vede Cabalar, alumno do MGB

IO
R
A

N
IO
T
ES
U

C

lunes 17 de febrero de 2014
obra
a
unh
/-a e gos?
utor gale
a
a
/ha raria
oesí
Un lite
eap

o
anc ovo.
l
nB aN
e
arm e Olg
C
d

Un personaxe galego e
un estranxeiro?

Un p

erson
axe l
i
iden terario c
o qu
tifiq
Alex
e se
ue?
is Z

A estranxeira na súa patria de
Rosalía de Castro e, para mal,
O Gran Inquisidor de
Dostoievski.

orba
, de N
Kaz
antz
icos
akis
.

nto
Unha película de cine?
me
onu bel?
e
m tá
s d as
Dersu Uzala de
olo im
Un lien
erm vít
sa
X
.
Akira Kurosawa.
al “ polas oruña
i
r
a
mo ade” na C
obr
e
a
O m iberd smo
nh s?
u
e l qui
a e xeiro
e
paz fran
or/ ran
Unha obra teatral?
t
sd
u
do
a a ia est
olla n.
eF a
n/h erar
Antígona de Sófocles. U lit
ges hitm
Bor t W
Cal é a súa fonte de
uis Wal
e L de
inspiración
org

O amor.

lunes 17 de febrero de 2014

J

a
erb
h
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?

Un feito histórico?

A resistencia
antifascista
galega e mundial.

Para visitar, Nova York; para
descansar, a Illa de Man.

r
io po
e
anc r?
Un liza
os
rea
es a
c

Depende do momento,
pero, en xeral, mundo
urbano e montaña.

li
is fe todo, a
r má sobre
Face is e,
ero.
a
dem uen qu
q

Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?

Un/ha autor/-a con quen se
identifique?

Autora, Emily Dickinson;
autor,
André Breton.
Outro entretemento
ademais da lectura?
Viaxar.

lunes 17 de febrero de 2014

Un tipo

de músi
ca? Unh
a
canción
?

O blues
e “Ton
style” de
Léo
Ferré.
Un l

O av

ugar
a

xeita
lectu do para
ra?
a

ión,
pero
calq
uera tamén
outro
.
a?

topí
u
nha
U

e
ond
a,
tari esión,
liber
opr
pía
uto tira nin , nin
A
exis xustiza der.
o
non n in
in p
n
ni
sión
e
repr

Contenu connexe

Tendances

Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
profelinguagalega
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4º
xenevra
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
xenevra
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
Asnosasletras
 

Tendances (20)

Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.Celso emilio ferreiro ps.
Celso emilio ferreiro ps.
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4º
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania Pose
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
O manifesto "Máis Alá"
O manifesto  "Máis Alá"O manifesto  "Máis Alá"
O manifesto "Máis Alá"
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Literatura latina
Literatura latinaLiteratura latina
Literatura latina
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 

En vedette

Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
Asnosasletras
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
Asnosasletras
 

En vedette (17)

Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 
Francisco Pillado
Francisco PilladoFrancisco Pillado
Francisco Pillado
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Carlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevistaCarlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevista
 
Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso MonteroXesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Fernán vello
Fernán velloFernán vello
Fernán vello
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 

Similaire à Claudio Rodríguez Fer

María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
Asnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
Asnosasletras
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
xenevra
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
Asnosasletras
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
Asnosasletras
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
Asnosasletras
 

Similaire à Claudio Rodríguez Fer (20)

María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 

Plus de Asnosasletras

Plus de Asnosasletras (20)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Dernier

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Claudio Rodríguez Fer

  • 1. Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer naceu en Lugo no ano 1956. Comezou a carreira de Filoloxía Hispánica en Lugo para rematala en Santiago de Compostela. Na actualidade é profesor na Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo). O seu labor desenvólvese especialmente en poesía (Tigres de ternura/ Ámote, vermella/ Amores e clamores...) narrativa (Metarelatos/ Contos e descontos...) e o ensaio (José Angel Valente/ Ánxel Fole...) Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados lunes 17 de febrero de 2014
  • 2. Claudio Rodríguez Fer 1. Observando datos da súa xuventude axiña nos decatamos da súa precocidade en determinados aspectos literarios, sociopolíticos... (escribir versos con 8 anos, militancia antifranquista xa como estudante de bacharelato...) A que poderiamos achacar esta precocidade? Foron aquelas persoas, circunstancias... as que serviron de alicerce do seu futuro persoal e literario? Supoño que, para comezar a escribir tan cedo, influíu ter sido fillo de mestra de escola unitaria, pois a miña nai levoume con ela ao colexio dende moi pequeno e por tanto medrei oíndo ler e falar en alto a ela e ao alumnado maior. De feito, eu nacín na propia escola, que estaba nunha dependencia anexa da nosa vivenda, pois, como era a peza máis grande da casa, a miña nai decidiu ter alí o parto. En canto á militancia antifascista, tivo que influír ser fillo de pai represaliado polo franquismo, que mesmo chegara a estar preso, aínda que el trataba de que eu non me metese en nada subversivo para que non me pasase o mesmo. 2. Outro aspecto seu que poderiamos considerar realmente precoz foi o do seu contacto cos cinepoemas. Está o futuro da nosa poesía, ou da poesía en xeral, na súa interacción con outras artes coma o cinema, a música?... Eu creo que a poesía non debe reducirse á literatura, porque tamén se manifesta no cine, na música e no resto das artes. Así o entendín dende moi novo e por isto tratei de fusionar cine e poesía nos cinepoemas e por isto compuxen tamén poesía visual, como o poema que acabo de facer en Nova York con fotos da miña infancia. 3. Considérano a Vostede como o “pai” da poesía erótica escrita en galego. Como comezou en vostede esa devoción por esta temática xa alá polos oito anos? Foi produto de circunstancias ou ben se centrou máis no seu “eu”? Eu sentín xa de neno a chamada do erotismo, pois lembro que me gustaban moito as nenas dende que teño memoria de min, así que compuxen axiña algúns versos inspirados por elas, como uns que dicían: "Quisiera cantar tu pelo como hacen los poetas / y más acariciarte el pecho cuando te salgan las tetas". De mozo, inspiráronme as mozas e dende entón xa nunca deixaron de inspirarme as mulleres, pero non só pola beleza do seu corpo, senón tamén da súa mente. Iso si, sempre de maneira concreta e nunca inventada. lunes 17 de febrero de 2014 Claudio Rodríguez Fer de neno, A aventura dos rañaceos
  • 3. Claudio Rodríguez Fer 4. Outra precocidade súa foi a dos seus primeiros pasos no xornalismo alá por finais da ditadura. Como lembra aquela etapa marcada por unha forte represión e censura? En efecto, comecei a publicar na prensa, aos dezaseis anos, aínda durante o franquismo, e por tanto tiven problemas coa censura. Por exemplo, prohibíuseme publicar un artigo sobre o cine do director sueco Ingmar Bergman porque foi considerado antiteolóxico e tamén me censuraron noutro varias alusións á presenza da guerra civil na literatura. A censura franquista prohibía, sobre todo, cuestionar a ditadura militar, a relixión católica e a represión sexual, pois o que pretendía a ditadura era ter súbditos submisos, obedientes e reprimidos, exactamente as tres cousas que eu non era nin quería ser. 5. O seu contacto con Santiago de Compostela tras a caída do franquismo supuxo un cambio radical en Vostede ou máis ben unha continuación daqueles feitos precoces aos que antes aludimos? Que supuxo para Vostede aquela efervescencia cultural e política dos últimos anos da década dos setenta? Para min. Santiago sucedeu a Lugo naqueles tempos de grande iniciativa, esperanza e creatividade, nos que participei con entusiasmo. Neses anos escribín boa parte dos meus primeiros libros e entrei en contacto con intelectuais de toda Galicia. Claro que tras a morte do ditador aínda continuou a represión, mesmo con mortos na rúa, porque o posfranquismo durou ata os anos oitenta e, a algúns efectos, perdura ata hoxe. 6. Na súa triloxía sobre memoria histórica (Lugo Blues / A loita continúa / Ámote vermella) foron máis de vinte anos os que transcorreron... Puido marcar este tempo os puntos de vista, a temática... destas obras poéticas? A memoria da represión do meu lugar inmediato, a cidade de Lugo, fóra ocultada e negada, e para reivindicala escribín Lugo Blues. Logo, para reivindicar toda a memoria antifascista galega escribín A loita continúa. Mais aínda dentro dos esquecidos estaban máis esquecidas as mulleres que os homes, cando elas padeceran moitas veces o dobre, por sumarse á represión política fascista a represalia machista: rapadura do pelo, violacións e outras barbaridades, así que para reivindicar ás vítimas de tanto sufrimento escribín Ámote vermella. De todas esas vítimas son e síntome fillo. Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer nos anos 70 lunes 17 de febrero de 2014
  • 4. Claudio Rodríguez Fer 7. Temos unha cita súa que di: “A auténtica poesía é o último bastión de resistencia ao capitalismo e á deshumanización”. Cre Vostede que a súa poesía (erótica, de vitalismo intercultural, de apertura intercultural...) contribuíu a esta resistencia e en que medida contribuíu? A poesía é e debe ser irredutible e non debe someterse a ningún poder, así que o simple feito de cultivala con esta concepción subversiva e libertaria en todos os terreos xa contribúe, aínda que sexa modestamente, á loita polo humanismo, pola liberdade e pola xustiza, principios que combateu directamente o fascismo, pero que continúa negando tamén o capitalismo deshumanizado que trata de comprarnos e de vendernos como se fósemos mercancías. 8. Até que punto a poesía medieval, especialmente aquela de temática erótica, puido influír na súa poesía? Considérase vostede un vangardista neotrobadoresco coma o propio Cunqueiro? Claudio Rodríguez Fer, ante o seu poema Paz para sempre, na Coruña Eu comecei facer poesía erótica antes de coñecer a poesía medieval, pero cando a lin quedei fascinado precisamente polo seu erotismo e pareceume que podía asimilala dende a miña posición vangardista, aínda que sen facer neotrobadorismo. Ademais gustábame moito a presenza de animais na poesía medieval, como a dos cervos, que aparecen xa no meu primeiro libro. Logo introducín outros animais, tanto na miña obra poética (Tigres de ternura, Cebra) como na narrativa (“A muller loba”, “A raposa boreal”, “A osa que chove”, etc.). Sempre me encantaron os animais e, de neno, tiven gatos e dúas cadelas chamadas Lilith e Lúa. 9. Segue vostede a pensar que o erotismo é “o impulso máis auténtico da vida” ou tamén teriamos que considerar outros temas coma o social, o cultural... para amosar ese impulso? Todos os temas son importantes, pero o erotismo é o que está máis naturalmente entrañado coa vida, posto que esta vén del, así que para min segue a ser o pulo vital máis auténtico. lunes 17 de febrero de 2014 Claudio Rodríguez Fer nun tranvía da illa de Man
  • 5. Claudio Rodríguez Fer 10. Que a un escritor ou escritora lle editen unha publicación onde se recolleite toda a súa obra (como ocorreu coa súa obra Contos e descontos onde se recolleitou toda a súa narrativa) supón que se lle marque unha liña final para seguir a publicar ese xénero? Seguiu Vostede a escribir narrativa despois do 2011? A reunión de obras faise necesaria para facilitar a súa lectura cando se esgotan as edicións anteriores, pero non ten porqué influír na escritura, que adoita provir de causas máis profundas. Dito isto, eu escribín sempre moita menos narrativa que poesía e, en consecuencia, seguín escribindo poesía dende que se reuniron as miñas obras poéticas en Amores e clamores e non, polo menos de momento, relatos, dende que se reuniron as miñas obras narrativas en Contos e descontos. O último conto que escribín, incluído nesta obra, é “O neno que non quería ir á guerra”, composto por tres historias sobre a miña infancia: “Eu teño un canciño”, “A vaca con zocas” e “A republiquiña dos animais”. 11. Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer. Que atrancos e que realidades, anécdotas... tivo Vostede cando se mergullou na literatura galega durante a guerra civil para a súa tese doutoral? Tiven moitas dificultades, porque non me deixaban acceder a determinados arquivos e porque moita xente non quería que se investigase ou que se soubese a verdade, así que mesmo recibín algunha ameaza, sobre todo en Galicia. Fóra de Galicia había outro tipo de obstáculos máis técnicos; por exemplo, foime imposible dar en Rusia cos álbums de debuxos publicados por Castelao alí durante a guerra civil. Polo contrario, houbo outras persoas que me axudaron moito, por exemplo as agradecidas viúvas de escritores represaliados, como Dieste, Carballo Calero, Ángel Johán ou Aníbal Otero, que case me adoptan como fillo. 12. Non podiamos deixar de lle preguntar polo papel desempeñado especialmente na súa obra literaria por Carmen Blanco. Carmen Blanco inspiroume moitos poemas e algún relato, polo que lle dediquei expresamente varios libros, dende o meu inicial Poemas de amor sen morte. Ademais, ela deseñou por completo Tigres de ternura para as súas tres primeiras edicións e ilustrou Historia da lúa, A muller núa e Vulva, todos dedicados a ela, como tamén Cebra, A boca violeta, Extrema Europa e A unha muller descoñecida. Mais tamén aparece poetizada na triloxía da memoria e no meu último poemario publicado, Unha tempada no paraíso. Por outra parte con ela promovín os cadernos Unión libre, os caderniños Poesía para Tod@s e a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, entre outros moitos proxectos culturais e cívicos comúns. lunes 17 de febrero de 2014
  • 6. Claudio Rodríguez Fer 13. Que supón para Vostede cada vez que ve unha obra súa traducida a outro idioma? Considera Vostede que traducir lírica é algo perigoso ou, cando menos, unha diminución do seu significado? Gústame moito que se fagan traducións da miña poesía, aínda que partindo de que o resultado ten que ser unha obra diferente, porque as linguas non son nomenclaturas, senón sistemas complexos con sons e asociacións intraducibles. Pero diferente, non quere dicir peor, senón simplemente distinta, porque mesmo pode saír enriquecida ou mellor que o orixinal. 14. Foi Vostede amigo e especialista na obra de José Ángel Valente. Que nos podería dicir brevemente deste autor e da súa obra? Supuxo a súa obra algún influxo para Vostede? Valente foi un gran escritor políglota que viviu en distintos lugares da Europa máis avanzada sen deixar de ser antifranquista e galego, pois aínda que escribiu fundamentalmente en castelán, tamén cultivou a nosa lingua por ser a falada polos inmigrantes galegos en Suíza, onde el era funcionario internacional. A súa obra é dunha perfección e dunha apertura extremas e supuxo un exemplo mundial para moitos escritores e artistas. A min, dende que o lin, xa antes de coñecelo, estimuloume o sentido do rigor, da profundidade e da universalidade, que son as características que trato de imprimir ás miñas obras sobre el e á Cátedra Valente que dirixo na Universidade de Santiago de Compostela. 15. José Ángel Valente e Claudio Rodríguez Fer E finalmente, chámanos a atención que Vostede, un autor especialista en lírica, centrase unha gran parte da súa obra ensaística en Ánxel Fole, un especialista en narración. A que se debeu esta empatía co seu conveciño? Fole, a quen coñecín sendo adolescente, foi para min como un avó que me contaba as historias prohibidas dos tempos libres da Segunda República e que me falaba da lingua, da literatura e da cultura galegas, entón completamente marxinadas no ensino e na sociedade. Os seus preciosos contos de misterio, cheos de intriga e humor, déronme a coñecer de novo a Galicia máis profunda e arredada e quedeille agradecido para sempre. Ademais, a miña empatía con el proviña tamén de que fora profesor particular da miña nai e de que o seu xeneroso humanismo me recordaba ao do meu pai. Ánxel Fole e Claudio Rodríguez Fer nos anos 70 lunes 17 de febrero de 2014
  • 7. Retrato de Claudio Rodríguez Fer realizado por: Alex Vede Cabalar, alumno do MGB IO R A N IO T ES U C lunes 17 de febrero de 2014
  • 8. obra a unh /-a e gos? utor gale a a /ha raria oesí Un lite eap o anc ovo. l nB aN e arm e Olg C d Un personaxe galego e un estranxeiro? Un p erson axe l i iden terario c o qu tifiq Alex e se ue? is Z A estranxeira na súa patria de Rosalía de Castro e, para mal, O Gran Inquisidor de Dostoievski. orba , de N Kaz antz icos akis . nto Unha película de cine? me onu bel? e m tá s d as Dersu Uzala de olo im Un lien erm vít sa X . Akira Kurosawa. al “ polas oruña i r a mo ade” na C obr e a O m iberd smo nh s? u e l qui a e xeiro e paz fran or/ ran Unha obra teatral? t sd u do a a ia est olla n. eF a n/h erar Antígona de Sófocles. U lit ges hitm Bor t W Cal é a súa fonte de uis Wal e L de inspiración org O amor. lunes 17 de febrero de 2014 J a erb h
  • 9. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Un feito histórico? A resistencia antifascista galega e mundial. Para visitar, Nova York; para descansar, a Illa de Man. r io po e anc r? Un liza os rea es a c Depende do momento, pero, en xeral, mundo urbano e montaña. li is fe todo, a r má sobre Face is e, ero. a dem uen qu q Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Un/ha autor/-a con quen se identifique? Autora, Emily Dickinson; autor, André Breton. Outro entretemento ademais da lectura? Viaxar. lunes 17 de febrero de 2014 Un tipo de músi ca? Unh a canción ? O blues e “Ton style” de Léo Ferré. Un l O av ugar a xeita lectu do para ra? a ión, pero calq uera tamén outro . a? topí u nha U e ond a, tari esión, liber opr pía uto tira nin , nin A exis xustiza der. o non n in in p n ni sión e repr