SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  8
Télécharger pour lire hors ligne
Manuel Pereira
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
martes 30 de abril de 2013
Eu facía os quince anos cando remataba a década dos sesenta e a miña conciencia social e política estaba moi limitada, como a de
toda a sociedade nesa época, por un sistema informativo precario e absolutamente parcial.
Coido que si, que aquel ambiente, dun ou doutro xeito, condicionou a miña maneira de ver o mundo.
Manuel Pereira
1. Como lembra Vostede aquela sociedade dos sesenta so aquel xugo da ditadura? Marcouno no seu futuro persoal e literario?
2. Ouzande, A Estrada, Zaragoza... que supuxeron para aquel xove estes tres lugares un tanto diferentes na súa xuventude? Como
podería xustificar que xamais renegase do seu idioma nativo a pesar da súa pronta “emigración”, do seu país, como fixeron
outras moitas persoas que sempre viviron por aquí?
Hai outro espazo de emigración anterior a Zaragoza: Asturias. Alí destinaron a miña nai no ano 63, como mestra. É dicir, que de
xeito continuo, vivín en Galicia sete anos, despois estiven fóra.
Verbo do idioma, eu fun educado en castelán, pero todo o mundo que me rodeaba na aldea era de fala galega e eu sentía un
inmenso agarimo cara a esta lingua. Ademais, miña nai, que nacera en La Habana, que ao vir para España estudara Maxisterio e
que falaba en español, sentía un gran respecto polo galego. Cando eu tiña cinco ou seis anos, líame poemas de Rosalía de Castro e
despois animoume a aprendelos de memoria para recitalos nun festival que houbo no Teatro Principal en 1961 organizado por
Radio Estrada. Dese xeito a min, inconscientemente, quedoume a idea temperá de que o galego posuía unha expresión culta. Penso
que o meu amor e fervor polo galego comezou aí. Para min, a elección do galego como lingua persoal aos dezaoito anos non foi
consecuencia de ningún proceso ideolóxico, senón o desenvolvemento natural dun sentimento infantil que progresou a pesar da
miña educación en lugares alleos ao galego.
3. A súa vida estivo un tanto marcada polo “Maxisterio”, ben de proxenitores, ben de
Vostede mesmo. Chámanos a atención que na súa obra literaria non figure un espazo
para os máis cativos, ou é que “todo se andará”?
A verdade é que nunca sentín esa necesidade como autor. Relaciónome coa literatura infantil
de xeito funcional, xa que traballo con nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, pero nunca con
vistas a editar.
Por suposto, é un xénero que me gusta e, aínda que sinto unha inmensa responsabilidade
perante el, é posible que algún día me decida por el. Por dicilo coas vosas palabras: talvez,
“todo se andará”.
Na súa casa en
Ouzande
martes 30 de abril de 2013
A escrita de poesía e de narrativa foron á par dende o principio, outra cousa é a publicación. O meu primeiro relato editouse no
ano 1992, nun volume que recollía os tres traballos gañadores no concurso de relatos da Casa de Galicia en León. Dependendo do
tratamento dun tema aparece unha modalidade ou outra. A prosa ou o verso son opcións determinadas por unha necesidade
literaria ou, tamén, de descanso dun xénero para pasar ao outro. Igual que na pregunta anterior respecto da literatura infantil,
non sei se escribirei teatro algún día. De momento non está nos meus plans. Pero nunca se sabe.
En realidade, o meu tempo de dedicación á literatura é limitado e a miña capacidade tamén, o que me obriga a escoller, acoutar e
aproveitar os recursos.
Manuel Pereira
4. Até 2005 só publicou poesía. Como decidiu inmiscirse no mundo da narrativa? En cal dos dous xéneros se sente máis a gusto?
Para cando teatro?
5. Os seus diferentes espazos vitais (Ouzande, Galiza, Zaragoza, Madrid) están moi presentes nas súas obras (“Interior con
froiteiro e feridas”/“Malas cartas”/ “Tatuaxes”...) ben na narrativa, ben na lírica. Sería quen de empregar espazos
imaxinarios, descoñecidos, nas súas obras? Que importancia lle concede Vostede ao espazo na súa literatura?
Nas miñas obras case todos os espazos son imaxinarios, aínda que de procedencia real porque me gusta escribir dende o concreto.
O caso máis evidente é Vilaio, a vila de “Malas cartas”, pero tamén en “Traxectos curtos” hai poboacións con topónimos e formas
semellantes a algunhas aldeas ou cidades do interior ou da costa. Estes lugares inventados conviven con outros reais: Pontevedra,
Santiago, Madrid...
E o mesmo sucede na poesía, onde aparecen cidades, viaxes e xeografías.
Ademais, considero que calquera espazo tratado literariamente convértese nun territorio imaxinario.
6. Sabemos da súa afección pola fotografía, de feito fotos súas ilustran algunhas obras súas (“Tatuaxes”...). Pódese ser
obxectivo detrás da cámara ou tamén aí o narrador (?) cobra un peso importante? Sacou as fotos antes de escribir ou despois
xa coa fin de ilustrar?
Hai tres obras nas que están as miñas fotografías: “Traxectos curtos”, a segunda edición de “Todo morte” e “Tatuaxes”. As fotos
foron feitas para os textos, non tanto coa intención de ilustrar como de acompañar, con certa coherencia, personalidade e
sentido narrativo.
martes 30 de abril de 2013
Escribir, para min, é dialogar, dirixirse a alguén que motiva e impulsa inicialmente
esa conversa que, naturalmente, despois se multiplica. Nese sentido a relación con
outras idades é imprescindible e así aparece nas miñas obras. “Días do final” trata
de manifestar unha relación, unha sensación e un diálogo imposible co pai finado. E
antes, en “Todo morte”, a nai era obxecto central de memoria e homenaxe.
Manuel Pereira
7. En “Días do final” achamos como protagonista a seu pai, é coma unha
homenaxe ao seu proxenitor. Até que punto as diferentes xeracións marcaron,
ou marcan, a súa obra literaria?
8. En que idioma escribiu e pensou a súa obra “Interior con froiteiro e feridas”
que se publicou en edición bilingüe? Até que punto un poema traducido perde
do seu ao pasar a outro idioma?
“Interior con froiteiro e feridas” naceu en galego. Até que non estivo escrito de todo, e o texto fixado, non o traducín. Por unha
cuestión de tipo práctico e de comodidade.
En canto á perda na tradución, podo dicir que eu só teño dous libros traducidos: “Interior con froiteiro e feridas” e “Tatuaxes”. Os
dous ao castelán en versións feitas por min, cousa que prefiro porque que dá a liberdade plena de variacións e reescritura se fose
necesario. Por exemplo, en “Tatuaxes” hai un soneto no que tiven que modificar, por necesidades métricas, o último terceto. Nese
caso prefiro facelo eu a que sexa outra persoa. Isto, claro está, só se pode facer se coñeces ben o idioma ao que traduces, como
ocorre no meu caso co castelán. Sen este coñecemento habería que aceptar o criterio e o oficio do tradutor.
9. É Vostede asiduo colaborador en prensa e incluso acadou algunha “Mención de honra” nalgún certame. Axuda a literatura á
hora de escribir xornalismo ou é á inversa?
As miñas colaboracións, con certa regularidade, ocuparon dous anos aproximadamente. Publicaba cada quince ou vinte días.
Supuxeron unha experiencia magnífica, pero unha excepción.
Considero o xornalismo unha profesión nobre, delicada e difícil. Oficio que diferencio do que eu facía: colaboracións máis ou menos
frecuentes sen ningún tipo de presión. Semellaban microensaios, pequenas crónicas ou páxinas de diario, pero non se pode falar de
xornalismo no sentido estrito.
Contestando á vosa pregunta, tanto a literatura como o xornalismo son tarefas nas que as ferramentas esenciais son as palabras e
pretenden a comunicación co público. Inmediata, unha; máis serena, a outra. As dúas manexan tempos, necesidades e esixencias
diferentes, pero a súa relación é evidente. A literatura benefíciase do estilo áxil e elástico do xornalismo e este debe fuxir de toda
tentativa superficial, serenar o impulso inmediato e profundar nos temas desbotando a pura eficiencia narrativa.
Presentación en Ouzande
da obra “Interior con froteiro
e feridas”.
martes 30 de abril de 2013
Manuel Pereira
10. “A distancia”, “o paso do tempo”, “o amor”, “a soidade”... son temas abondo recorrentes na súa obra. Hai outros temas que se
nos pasasen algo desapercibidos (Galiza, o compromiso co país, coa sociedade...)? Está no seu maxín escribir con outros temas
de fondo?
Raras veces a elección do tema é unha imposición de partida. Hai varios temas que
xorden, que me preocupan e que me interpelan na vida e iso leva a que me
ocupen literariamente. Ningún está excluído, pero hai que ter en conta que na
literatura poden non evidenciarse, senón derivarse ou deducirse de certas
posturas ou diálogos dos personaxes. Neste sentido penso que si hai outros temas
na miña obra, pero non me corresponde a min enuncialos, senón aos posibles
lectores descubrilos. Mesmo poden aparecer outros cos que eu non contaba.
11. E para rematarmos, cerrarase nun futuro o seu ciclo vital voltando ao seu Ouzande natal?
É certo que non vivo en Ouzande mais ca dous meses ao ano. Pero por dedicarme ao ensino podo volver con periodicidade e así
estar en contacto coa miña aldea, coa Estrada, con Carballo –concello onde nacera meu pai– e con Galicia, en xeral. Quero dicir
que non me sinto, nin me sentín nunca, afastado definitivamente e, por tanto, co devezo imperioso da volta. Cando me retire,
pasarei tempadas longas en Ouzande e outras en Madrid, onde está a miña familia e grandísimos amigos e amigas galegos cos que
me iniciei e medrei no mundo literario galego.
Homenaxe a Isaac Diaz Pardo
Con Amancio Prada
martes 30 de abril de 2013
CUESTIONARIO
martes 30 de abril de 2013
O cruceiro de
Ouzande.
Un monumento
salientábel?
Rosalía de Castro.
“Cantares gallegos”.Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Entendo que vos referides
a personaxes literarios. Por
exemplo, “os feirantes” de
Cunqueiro e o
protagonista do “Relato de
un náufrago” de García
Márquez.
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Valle-Inclán e “Luces de
bohemia”.Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
Con ningúnespecialmente.
Un personaxe literario co
que se identifique?
“O home que matou a
Liberty Vallance” de
John Ford.
Unha película de cine?
A vida con todos os seus
recantos e engrenaxes.
Cal é a súa fonte de
inspiración
“Calígula” de Albert
Camus.
Unha obra teatral?
martes 30 de abril de 2013
Escribir un libro ao que levo
moitos anos dándolle voltas.Un anceio por realizar?
Todo, nas doses
convenientes.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Calquera ao que me leve o amor
ou a ilusión. Para descansar,
Ouzande e a praia da Lanzada.
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
Calquera proceso de
paz.
Un feito histórico?
Que a forza non
esmague a razón.
Unha utopía?
A paixón pola lectura axeita
lugares insospeitados.
Un lugar axeitado para a
lectura?
A chamada decantautores. Varias deAmancio Prada e doutrose outras artistas.
Un tipo de música? Unhacanción?
Identificarme, con
ningún en concreto.
Admirar, a moitísimos/
as.
Un/ha autor/-a con quen
se identifique?
A literatura non é un
entretemento no meu caso,
senón un afecto esencial e
un oficio. Entretementos
son o cine, a fotografía, a
conversa e camiñar.
Outro entretemento
ademais da lectura?
martes 30 de abril de 2013

Contenu connexe

Tendances

Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
Asnosasletras
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
Asnosasletras
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
Asnosasletras
 

Tendances (20)

Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Marilar aleixandre
Marilar aleixandreMarilar aleixandre
Marilar aleixandre
 

En vedette (6)

Xosé ignacio taibo
Xosé ignacio taiboXosé ignacio taibo
Xosé ignacio taibo
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Salvador garcia bodaño
Salvador garcia bodañoSalvador garcia bodaño
Salvador garcia bodaño
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Francisco castro
Francisco castroFrancisco castro
Francisco castro
 

Similaire à Manuel pereira (16)

Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Entrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón CarideEntrevista a Ramón Caride
Entrevista a Ramón Caride
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
Xose luna
Xose lunaXose luna
Xose luna
 

Plus de Asnosasletras

Plus de Asnosasletras (18)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Manuel pereira

  • 1. Manuel Pereira Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 30 de abril de 2013
  • 2. Eu facía os quince anos cando remataba a década dos sesenta e a miña conciencia social e política estaba moi limitada, como a de toda a sociedade nesa época, por un sistema informativo precario e absolutamente parcial. Coido que si, que aquel ambiente, dun ou doutro xeito, condicionou a miña maneira de ver o mundo. Manuel Pereira 1. Como lembra Vostede aquela sociedade dos sesenta so aquel xugo da ditadura? Marcouno no seu futuro persoal e literario? 2. Ouzande, A Estrada, Zaragoza... que supuxeron para aquel xove estes tres lugares un tanto diferentes na súa xuventude? Como podería xustificar que xamais renegase do seu idioma nativo a pesar da súa pronta “emigración”, do seu país, como fixeron outras moitas persoas que sempre viviron por aquí? Hai outro espazo de emigración anterior a Zaragoza: Asturias. Alí destinaron a miña nai no ano 63, como mestra. É dicir, que de xeito continuo, vivín en Galicia sete anos, despois estiven fóra. Verbo do idioma, eu fun educado en castelán, pero todo o mundo que me rodeaba na aldea era de fala galega e eu sentía un inmenso agarimo cara a esta lingua. Ademais, miña nai, que nacera en La Habana, que ao vir para España estudara Maxisterio e que falaba en español, sentía un gran respecto polo galego. Cando eu tiña cinco ou seis anos, líame poemas de Rosalía de Castro e despois animoume a aprendelos de memoria para recitalos nun festival que houbo no Teatro Principal en 1961 organizado por Radio Estrada. Dese xeito a min, inconscientemente, quedoume a idea temperá de que o galego posuía unha expresión culta. Penso que o meu amor e fervor polo galego comezou aí. Para min, a elección do galego como lingua persoal aos dezaoito anos non foi consecuencia de ningún proceso ideolóxico, senón o desenvolvemento natural dun sentimento infantil que progresou a pesar da miña educación en lugares alleos ao galego. 3. A súa vida estivo un tanto marcada polo “Maxisterio”, ben de proxenitores, ben de Vostede mesmo. Chámanos a atención que na súa obra literaria non figure un espazo para os máis cativos, ou é que “todo se andará”? A verdade é que nunca sentín esa necesidade como autor. Relaciónome coa literatura infantil de xeito funcional, xa que traballo con nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, pero nunca con vistas a editar. Por suposto, é un xénero que me gusta e, aínda que sinto unha inmensa responsabilidade perante el, é posible que algún día me decida por el. Por dicilo coas vosas palabras: talvez, “todo se andará”. Na súa casa en Ouzande martes 30 de abril de 2013
  • 3. A escrita de poesía e de narrativa foron á par dende o principio, outra cousa é a publicación. O meu primeiro relato editouse no ano 1992, nun volume que recollía os tres traballos gañadores no concurso de relatos da Casa de Galicia en León. Dependendo do tratamento dun tema aparece unha modalidade ou outra. A prosa ou o verso son opcións determinadas por unha necesidade literaria ou, tamén, de descanso dun xénero para pasar ao outro. Igual que na pregunta anterior respecto da literatura infantil, non sei se escribirei teatro algún día. De momento non está nos meus plans. Pero nunca se sabe. En realidade, o meu tempo de dedicación á literatura é limitado e a miña capacidade tamén, o que me obriga a escoller, acoutar e aproveitar os recursos. Manuel Pereira 4. Até 2005 só publicou poesía. Como decidiu inmiscirse no mundo da narrativa? En cal dos dous xéneros se sente máis a gusto? Para cando teatro? 5. Os seus diferentes espazos vitais (Ouzande, Galiza, Zaragoza, Madrid) están moi presentes nas súas obras (“Interior con froiteiro e feridas”/“Malas cartas”/ “Tatuaxes”...) ben na narrativa, ben na lírica. Sería quen de empregar espazos imaxinarios, descoñecidos, nas súas obras? Que importancia lle concede Vostede ao espazo na súa literatura? Nas miñas obras case todos os espazos son imaxinarios, aínda que de procedencia real porque me gusta escribir dende o concreto. O caso máis evidente é Vilaio, a vila de “Malas cartas”, pero tamén en “Traxectos curtos” hai poboacións con topónimos e formas semellantes a algunhas aldeas ou cidades do interior ou da costa. Estes lugares inventados conviven con outros reais: Pontevedra, Santiago, Madrid... E o mesmo sucede na poesía, onde aparecen cidades, viaxes e xeografías. Ademais, considero que calquera espazo tratado literariamente convértese nun territorio imaxinario. 6. Sabemos da súa afección pola fotografía, de feito fotos súas ilustran algunhas obras súas (“Tatuaxes”...). Pódese ser obxectivo detrás da cámara ou tamén aí o narrador (?) cobra un peso importante? Sacou as fotos antes de escribir ou despois xa coa fin de ilustrar? Hai tres obras nas que están as miñas fotografías: “Traxectos curtos”, a segunda edición de “Todo morte” e “Tatuaxes”. As fotos foron feitas para os textos, non tanto coa intención de ilustrar como de acompañar, con certa coherencia, personalidade e sentido narrativo. martes 30 de abril de 2013
  • 4. Escribir, para min, é dialogar, dirixirse a alguén que motiva e impulsa inicialmente esa conversa que, naturalmente, despois se multiplica. Nese sentido a relación con outras idades é imprescindible e así aparece nas miñas obras. “Días do final” trata de manifestar unha relación, unha sensación e un diálogo imposible co pai finado. E antes, en “Todo morte”, a nai era obxecto central de memoria e homenaxe. Manuel Pereira 7. En “Días do final” achamos como protagonista a seu pai, é coma unha homenaxe ao seu proxenitor. Até que punto as diferentes xeracións marcaron, ou marcan, a súa obra literaria? 8. En que idioma escribiu e pensou a súa obra “Interior con froiteiro e feridas” que se publicou en edición bilingüe? Até que punto un poema traducido perde do seu ao pasar a outro idioma? “Interior con froiteiro e feridas” naceu en galego. Até que non estivo escrito de todo, e o texto fixado, non o traducín. Por unha cuestión de tipo práctico e de comodidade. En canto á perda na tradución, podo dicir que eu só teño dous libros traducidos: “Interior con froiteiro e feridas” e “Tatuaxes”. Os dous ao castelán en versións feitas por min, cousa que prefiro porque que dá a liberdade plena de variacións e reescritura se fose necesario. Por exemplo, en “Tatuaxes” hai un soneto no que tiven que modificar, por necesidades métricas, o último terceto. Nese caso prefiro facelo eu a que sexa outra persoa. Isto, claro está, só se pode facer se coñeces ben o idioma ao que traduces, como ocorre no meu caso co castelán. Sen este coñecemento habería que aceptar o criterio e o oficio do tradutor. 9. É Vostede asiduo colaborador en prensa e incluso acadou algunha “Mención de honra” nalgún certame. Axuda a literatura á hora de escribir xornalismo ou é á inversa? As miñas colaboracións, con certa regularidade, ocuparon dous anos aproximadamente. Publicaba cada quince ou vinte días. Supuxeron unha experiencia magnífica, pero unha excepción. Considero o xornalismo unha profesión nobre, delicada e difícil. Oficio que diferencio do que eu facía: colaboracións máis ou menos frecuentes sen ningún tipo de presión. Semellaban microensaios, pequenas crónicas ou páxinas de diario, pero non se pode falar de xornalismo no sentido estrito. Contestando á vosa pregunta, tanto a literatura como o xornalismo son tarefas nas que as ferramentas esenciais son as palabras e pretenden a comunicación co público. Inmediata, unha; máis serena, a outra. As dúas manexan tempos, necesidades e esixencias diferentes, pero a súa relación é evidente. A literatura benefíciase do estilo áxil e elástico do xornalismo e este debe fuxir de toda tentativa superficial, serenar o impulso inmediato e profundar nos temas desbotando a pura eficiencia narrativa. Presentación en Ouzande da obra “Interior con froteiro e feridas”. martes 30 de abril de 2013
  • 5. Manuel Pereira 10. “A distancia”, “o paso do tempo”, “o amor”, “a soidade”... son temas abondo recorrentes na súa obra. Hai outros temas que se nos pasasen algo desapercibidos (Galiza, o compromiso co país, coa sociedade...)? Está no seu maxín escribir con outros temas de fondo? Raras veces a elección do tema é unha imposición de partida. Hai varios temas que xorden, que me preocupan e que me interpelan na vida e iso leva a que me ocupen literariamente. Ningún está excluído, pero hai que ter en conta que na literatura poden non evidenciarse, senón derivarse ou deducirse de certas posturas ou diálogos dos personaxes. Neste sentido penso que si hai outros temas na miña obra, pero non me corresponde a min enuncialos, senón aos posibles lectores descubrilos. Mesmo poden aparecer outros cos que eu non contaba. 11. E para rematarmos, cerrarase nun futuro o seu ciclo vital voltando ao seu Ouzande natal? É certo que non vivo en Ouzande mais ca dous meses ao ano. Pero por dedicarme ao ensino podo volver con periodicidade e así estar en contacto coa miña aldea, coa Estrada, con Carballo –concello onde nacera meu pai– e con Galicia, en xeral. Quero dicir que non me sinto, nin me sentín nunca, afastado definitivamente e, por tanto, co devezo imperioso da volta. Cando me retire, pasarei tempadas longas en Ouzande e outras en Madrid, onde está a miña familia e grandísimos amigos e amigas galegos cos que me iniciei e medrei no mundo literario galego. Homenaxe a Isaac Diaz Pardo Con Amancio Prada martes 30 de abril de 2013
  • 7. O cruceiro de Ouzande. Un monumento salientábel? Rosalía de Castro. “Cantares gallegos”.Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Entendo que vos referides a personaxes literarios. Por exemplo, “os feirantes” de Cunqueiro e o protagonista do “Relato de un náufrago” de García Márquez. Un personaxe galego e un estranxeiro? Valle-Inclán e “Luces de bohemia”.Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Con ningúnespecialmente. Un personaxe literario co que se identifique? “O home que matou a Liberty Vallance” de John Ford. Unha película de cine? A vida con todos os seus recantos e engrenaxes. Cal é a súa fonte de inspiración “Calígula” de Albert Camus. Unha obra teatral? martes 30 de abril de 2013
  • 8. Escribir un libro ao que levo moitos anos dándolle voltas.Un anceio por realizar? Todo, nas doses convenientes. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Calquera ao que me leve o amor ou a ilusión. Para descansar, Ouzande e a praia da Lanzada. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Calquera proceso de paz. Un feito histórico? Que a forza non esmague a razón. Unha utopía? A paixón pola lectura axeita lugares insospeitados. Un lugar axeitado para a lectura? A chamada decantautores. Varias deAmancio Prada e doutrose outras artistas. Un tipo de música? Unhacanción? Identificarme, con ningún en concreto. Admirar, a moitísimos/ as. Un/ha autor/-a con quen se identifique? A literatura non é un entretemento no meu caso, senón un afecto esencial e un oficio. Entretementos son o cine, a fotografía, a conversa e camiñar. Outro entretemento ademais da lectura? martes 30 de abril de 2013