2. Pepe Carballude
1.
Como lembra aquela aldea, aquela escola, aqueles labores... daqueles fins dos cincuenta e comezos do sesenta? Que pegadas
puideron deixar en Vostede e na súa obra literaria futura?
Eran tempos de traballo arreo, no campo, duro certamente, pero que me permitiron apalpar en carne propia a dignidade de noso,
da lingua, da cultura e de todo o que eramos. Aprendín de onde viña para non esquecelo nunca máis. Non me arrepinto daquela
escola por dura que fose.
2.
Con doce anos colleu as maletas para se ir interno nin máis nin menos que a Ourense
(supoñemos que só sabía desta provincia polos seus estudos de xeografía...) Que
supuxo aquel afastamento de familia, amizades... para Vostede e un mundo novo,
independente...?
Foi durísimo porque daquela para o caso nunca saíra da aldea e supuxo unha caste de
emigración, de desterro, de saudade dos amigos, dos xogos, do coñecido… Tiven que
aprender case todo.
3.
Os seus primeiros contactos coa nosa literatura foi precisamente no seu “exilio”
estudantil a Ourense. Que supuxeron para Vostede aqueles mestres literarios e até
que punto influíron no seu compromiso futuro coa nosa literatura?
Ourense para min no literario foi un descubrimento, primeiro porque alí comecei a ler en
galego e a valoralo (cousa impensable na aldea porque estaba vetado); e despois porque
coñecín escritores vivos. Eu pensaba que todos os escritores estaban mortos (Cervantes,
Quevedo, García Lorca…) e de súpeto un día coñecín a Blanco Amor, Méndez Ferrín,
Carlos Casares… e iso abriume unha xanela nova.
4.
No ano 1975 produciuse o seu desembarco en Compostela. Novo mundo, sociedade convulsa, últimos anos da ditadura... Que
supuxo este contacto con aquel mundo novo para Vostede?
Si. Eran anos certamente difíciles, de trincheiras, de protestas, de aprender a facer vida só. Teño que dicir que procurei non
meterme en moitos compromisos.
miércoles 26 de febrero de 2014
3. Pepe Carballude
5.
Decidiuse polos estudos da Filoloxía Clásica. A que se debeu esta escolla? Volvería a escoller esta especialidade? Por que na súa
futura literatura apenas se amosa este mundo de heroes clásicos, algo sen embargo moi presente na literatura para os máis
cativos?
Na universidade aprendín moito. Lin, na súa lingua orixinal, unha chea de autores gregos e latinos, que conformaron a miña
formación. Homero, Virxilio, Horacio, Ovidio, Séneca, Catulo… foron e seguen a ser compañeiros de viaxe ós que acudo a miúdo
seguro de atopar conforto. Na miña literatura aparecen poucos heroes ó estilo clásico, pero en todos os meus libros nótase o pouso
das lecturas. Son dos que pensa que o escritor crea a partir de vivencias, de lecturas e de imaxinación.
6.
A súa extensísima obra practicamente só abrangue o espazo da literatura infanto-xuvenil. Como se podería xustificar esta
escolla? Quedan nos seus baúis algúns intentos de se mergullar na lírica ou no teatro así coma nunha narrativa para os máis
adultos?
Estou a gusto escribindo para nenos e mozos, aínda que cada día teño menos clara esa distinción. Escribo libros que pode ler
calquera, tamén os nenos e mozos.
7.
Tamén observamos un feito excepcional: o de compartir autoría dunha obra
narrativa. Como se pode xustificar este feito máxime se pensamos que o
feito de imaxinar, de escribir, de crear... se restrinxe ao autor da obra?
Quería saber como era iso de escribir a dúas mans con outra persoa. Coñecía
casos de escritores que o fixeran e eu quixen experimentar. Foi algo moi bonito
que me fixo ver que escribir a medias é algo coma casar: perdemos parte do
noso para adquirir un complemento do outro. Unha experiencia interesante,
pero acabou.
miércoles 26 de febrero de 2014
4. Pepe Carballude
8.
En que se inspira para a creación dos seus personaxes? Sabemos que algúns dos personaxes pertencen á vida real ou á súa vida
familiar... até que punto as súas obras se inspiran na súa propia vida e até que punto bota man á imaxinación?
En certa ocasión díxome Torrente Ballester que a literatura por moi fantástica que sexa parte sempre de algo real, concreto, porque
un non pode escribir do que descoñece. Os meus personaxes, por moi fantasiosos que parezan, son sempre reais. Tan reais que ás
veces están sacados do entorno familiar ou de amigos, transformados iso si pola miña imaxinación, pero recoñecibles tan axiña como
se esgaravelle un chisco. Lembro que un día lle preguntaron a García Márquez quen era o mellor lector da súa obra. El contestou
que era súa nai porque ela coñecía as claves primeiras, a intrahistoria das historias. “Ela sabe que no fondo eu sei que ela sabe”,
expuxo maxistralmente Gabo.
9.
Que pretende cando revive nas súas obras crenzas, mitos... da nosa Galiza como
serían os propios gazafellos, Pedro Chosco...? Era Vostede consciente que estes mitos
eran locais pero que gardaban fondas concomitancias con outros doutras terras
galegas?
Pretendo que non se perdan. Son personaxes da miña infancia que coma tantas outras
cousas desaparecerían. Un xeito de que perduren é darlles vida literaria.
10.
Tamén tocou Vostede o apartado das traducións, no seu caso de obras clásicas. Bota
de menos máis tradución de clásicos estranxeiros ou tamén que a nosa literatura se
traduza en maior proporción a outros idiomas?
Traducín as Fábulas de Fedro e algunha obra de Cicerón. Poder ler no noso idioma as
obras da literatura latina paréceme un xeito de normalizar. Por iso o fixen. Cada día vai
habendo máis traducións ó galego, non así autores galegos traducidos a outros idiomas.
Se non estamos traducidos non nos coñecerán fóra e iso tamén é importante.
miércoles 26 de febrero de 2014
5. Pepe Carballude
11.
Como pode xustificar que até o 2001 case tirase unha obra por
ano, ou máis, e a partir de aí a sua produción se espaciase máis?
Imponlle cada vez máis o intentar superarse ou cre que a súa
aportación á nosa produción xa está case consolidada?
Era máis novo e tiña máis fogaxe. Hoxe son máis esixente,
interésame menos publicar por publicar. Non quero arrepentirme
dun libro feito á presa, para publicalo canto antes.
12.
Acábase de entregar a 25ª edición do Premio de Novela García
Barros. Non lle gustaría a Vostede ser o primeiro estradense en
acadar semellante galardón? Poderíanos confesar se algunha vez
presentou unha novela súa a este certame?
Gustaríame, claro que si. De feito presenteime unha vez ( hai dous
ou tres anos) e cheguei á final. O libro titulábase Xograres dun
tempo novo.
Retrato de Pepe Carballude realizado por:
André Díaz, alumno do MGB
miércoles 26 de febrero de 2014
7. Un personaxe galego e
un estranxeiro?
ra
a ob
h
e un ?
-a
tor/ alegos
u
e
ha a aria g
n/ ter
quí
U
de a
.
li
rre .
To les
A cu
ér
H
Cal é a súa fonte de
inspiración
axe l
i
iden terario c
o qu
tifiq
e se
ue?
Segu
ram
ente
de N
con
eira
Balb
Vila
ino
seU
lises
Hom
Unha película de cine?
de
ero.
“Viaje a ninguna parte” de
Fernando Fernán Gómez. “O
bosque animado” de Cuerda.
Unha obra teatral?
“Edipo rei” de Sófocles.
O traballo de todos os días.
miércoles 26 de febrero de 2014
erson
Urbano Lugrís.
Estranxeiro, Tiziano.
ente nqueiro
? “X Cu
n só á” de
U
acol
de
nto
e
um l?
on be
n m ientá
U
sal
de
Un p
a
obr
a
nh s?
u
a e xeiro
or/ ran
de
t
u
a a ia est
ad”
n/h erar
oled z.
U it
e s ue
l
sd
ño Márq
a
en rcía
“Ci Ga
8. Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
Un feito histórico?
O suicidio colectivo
no Monte Medulio.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Rural con praia
preto.
zar?
eali
por r
eio
anc
n
Estambul. Calquera cidade con mar
de fondo.
s
mái
r
ra te .
U
e pa min
rm
bila o para
Xu
p
tem
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
Plenamente con ningún. T
ento ser
eu mesmo.
Outro entretemento
ademais da lectura?
A arte e os artistas nosos.
miércoles 26 de febrero de 2014
Un tipo
de músi
ca? Unh
a
canción
?
A de can
tautor. “
Al
alba” de
Luís Ed
uardo
Aute.
Un l
ugar
a
xeita
lectu do para
ra?
a
O sa
lón d
con l
a mi
ña c
ume
asa
e chu
via f
óra.
nha
U
?
opía
ut
que
ntes dos
erna ben
Gob polo
iren mais.
m
de