A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no II Encontro de equipos e de docentes pola normalización, que terá lugar o sábado 11 de febreiro de 2012 no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.
Do mesmo xeito có curso pasado, será un espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballan pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüística tal e como establece a lexislación.
Ao longo da xuntanza teremos a posibilidade de compartir experiencias que se desenvolven nos institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.
II Encontro de Equipos e Docentes pola Normalización
1. II Encontro
de equipos e de docentes pola normalización
11/febreiro/2012 PROGRAMA
no IES AS FONTIÑAS 10,00-10,45 / Centros plurilingües: un modelo axeitado de educación
lingüística para Galicia?
(Santiago de Compostela) José Manuel Vez Jeremías (Catedrático de Didáctica da Lingua e a Literatura da USC)
Asistencia gratuíta previa inscrición en: 10,45-11,30: Tratamento Integrado de Linguas: unha proposta didáctica
correo@coordinadoraendl.org plurilingüe alternativa
Mercedes Queixas Zas (CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco)
11,30-12,00: Pausa-café
12,00-12,45: Primeira rolda simultánea de experiencias e propostas
para os ENDL
Normalizar e dinamizar en primaria e secundaria con escasos recursos
Manuel Rosende Torres (IES A Sangriña da Guarda)
Miguel Louzao Outeiro (CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis)
Deseñar e desenvolver proxectos normalizadores para centros de :primaria
(contornos galegofalantes e castelanfalantes)
Albina Lorenzo Lorenzo (CEIP Pazos de Reis de Tui)
Belén Escariz Ferrín (CEIP Quintela de Moaña)
Deseñar e desenvolver proxectos para centros de secundaria
(contornos galegofalantes e castelanfalantes)
Xosefa Martínez Fernández (IES Rodeira de Cangas)
Valentina Formoso Gosende (IES Félix Muriel de Rianxo)
As novas tecnoloxías, unha oportunidade para a normalización lingüística
Román Cerqueiro Landín (CPI Manuel Padín Truiteiro de Soutomaior)
Aproveitamento do audio-curso “Isto é Galego” para os ENDL
Bea Ulalume e Fernando Liñares (Cuac FM)
Subtitular películas ao galego para as aulas: unha posibilidade
de normalización
Manuel Rosales Graña (IES Aquis Celenis de Caldas de Reis)
O voluntariado lingüístico como actividade normalizadora
Anxo Iglesias Mariño (IES Auga da Laxe de Gondomar)
12,45-13,30: Segunda rolda simultánea de experiencias e propostas para os
ENDL
13.30-13.45: Propostas do Consello Directivo da CGENDL
— Accións ao redor de Valentín Paz Andrade (normalizar no ámbito da
empresa, comercio...)
— Premio Leixaprén
13,45-14,00: As necesidades da prensa galega hoxe: presentación de
Vitaminas para o galego. Xurxo Salgado e Fernando de Paz
14,00: Clausura
EXPOSICIÓN DOS MATERIAIS DOS EQUIPOS
(Ao longo da mañá poderanse ver diferentes materiais dos centros educativos
que desexen darlle visibilidade ao seu traballo e compartir experiencias)