SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  8
Télécharger pour lire hors ligne
OllOs
deaula

ANO II - Nº 10 - Novembro 2013

Revista para as familias do alumnado

Cando se pode
falar de acoso
escolar?
A coeducación,
a mellor das
herdanzas
Proxecto
interdisciplinar
Non perdas o Culturgal,
a Feira da cultura
galega que se vai
celebrar en Pontevedra
o 29 e 30 de novembro
e o 1 decembro. Toda a
información en
www.culturgal.com.

A promoción da nosa
lingua perdeu con Feijoo
o 67% do seu orzamento.
Fraga dedicáballe o
0,43% do presuposto da
Xunta, Feijoo o 0,06%.
Todos os datos en
http://ir.gl/27778d e
http://ir.gl/8cf5b9.

200 preguntas, 3
concellos, 5 campos…
iso é o Trivial da Terra
de Melide. Descárgao
para Android dende
http://ir.gl/b08d4e e a
ver canto sabes!

Máis de 500 inscritos
nos I Premios Galegos
da Música Martín Códax.
Podes seguir as votacións
e gozar da súa música
en http://ir.gl/f8147e/
Orgullosos/as da nosa
música!

2

Manuel Álvarez
Torneiro vén
de gañar o
Premio Nacional
de Poesía co
seu poemario
en galego Os
ángulos da brasa.
Orgullosos/as da
nosa lingua!

Queres sabelo todo sobre
o mundo dos coches e
das motos? Entón tes que
ler Sprint Motor, a revista
galega dedicada ao mundo
do motor.
www.sprintmotor.com/

Revista editada pola CGENDL
www.coordinadoraendl.org
ollosdeaula@gmail.com
Deseño-maquetación:tallerDD.com
A preguntaCando se pode falar de acoso escolar?

?

Responde: Nuria Míguez Mon
[Orientadora do CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis - Pontevedra)]

Hai varios elementos que deben darse nunha conduta para que
poida falarse de “acoso escolar” (tamén chamado “maltrato entre
iguais” ou “bullying”) e non confundila con outras agresións que,
aínda que sexan puntuais, e absolutamente rexeitables e sobre as que
tamén hai que intervir de forma inmediata e efectiva, non constitúen
unha situación de acoso escolar. Eses elementos serían, fundamentalmente, a intencionalidade, o desequilibrio de poder, a indefensión e a repetición.
Tamén temos que ter claro que cando falamos de acoso escolar non
falamos só de agresións físicas (pelexas, calugadas, destrozar ou agochar cousas), senón tamén de intimidacións
verbais (insultos, alcumes, falar mal de alguén, pintadas
no encerado), intimidacións psicolóxicas (ameazas,
provocar medo, obrigar a alguén a facer cousas que
non quere), illamento social (ignorar, desprezar,
excluír das actividades, deixar só no patio, facer
parellas ou grupos sen contar con esa persoa) ou
ciberacoso (mensaxes ao móbil ou a través de
internet). Estas condutas convértense, como
diciamos antes, en acoso escolar cando existe
a intención de facer dano, ao minar primeiro a autoestima da vítima, crear unha
situación na que esta se sinta indefensa, incapaz de pedir axuda
ou de saír desta situación por si
soa... e que sitúa o acosador/a
nun plano de superioridade
sobre a vítima ao permitir que a conduta se repita, teña continuidade no tempo.

3
O tema
Se difícil resulta a tarefa de educar, moito
máis resulta aínda a de
coeducar. Educar para
a igualdade real entre
nenas e nenos, mulleres
e homes, significa inventar algo novo, ofrecerlles ás nosas fillas e
fillos algo que nós non
recibimos na nosa infancia nin na vida adulta e que, por desgraza,
non se pode adquirir
en ningunha tenda. Se
a isto engadimos que
o primeiro principio da
educación é predicar co
exemplo, que aprendemos máis do que vemos
facer que dos discursos
que escoitamos, a dificultade resulta evidente: o sexismo presente
en toda a sociedade
apréndese e reprodúcese en gran medida nos
fogares, na maior parte
dos casos de maneira
acrítica e inconsciente.

A coeducación,
a mellor das herdanzas
Mª Sonia Fernández Casal
[Docente de Matemáticas no IES Fontexería (Muros-A Coruña)]

Lonxe de botarlles a culpa ás familias, especialmente
ás mulleres, como responsables de perpetuaren o
machismo –argumento inxusto onde os haxa, pero
que se escoita acotío–, cómpre reivindicar a capacidade de cambiar a sociedade dende as pequenas
accións do día a día, especialmente cando afectan
ás nenas e nenos do presente, persoas adultas do
futuro.
Velaquí algúns exemplos de
actitudes que podemos coidar
para romper a correa de transmisión do sexismo no contorno
familiar:
a) dirixirnos a nenas e nenos
co mesmo ton de voz e expresións; permitirlles chorar a
ambos se se mancan ou están
tristes, regalar bicos, apertas
e aloumiños sen diferenzas de
sexo, por parte de nais e pais.
Favorecer tamén a expresión
e xestión das emocións, especialmente no caso dos nenos,
ensinándolles que hai crenzas
que resultan erradas (prexuízos)
e non deben reproducir.
b) permitir e promover que nenas e nenos xoguen
xuntos: que as nenas corran, gabeen, lixen a roupa,
xoguen ao fútbol... coa mesma liberdade que o
fan os nenos. Que os nenos xoguen ás casiñas, aos
papás... coa mesma liberdade que o fan as nenas.

4
Amosarlles que non existen xogos de
nenos e xogos de nenas, a pesar do
que perciban como socialmente aceptable. Por suposto, fomentar xogos,
xoguetes e contos non sexistas.

físico: “que guapa estás, que vestido tan bonito”, poñendo en valor
outras cualidades que lles permitan
ter unha maior confianza en si mesmas.

c) vestir as nenas con roupa e calzado
cómodos que lles permitan explorar
a súa contorna e as súas habilidades
físicas en condicións favorables. Evitar
comentarios reiterados por parte de
persoas adultas sobre o seu aspecto

d) dar protagonismo ás nenas nas
intervencións públicas, prestándolles
a mesma atención que reciben os
nenos.
e) ensinar a participar das tarefas
domésticas por igual: poñer ou recoller a mesa, facer a cama, regar as
plantas, facer a compra... De adultos
precisarán saber facelo!
f) evitar as expresións pexorativas
sobre cada sexo, promovendo unha
visión positiva de ambos, sen asignar
comportamentos preestablecidos.
En definitiva, dar unha oportunidade
á igualdade entre nenas e nenos
representa unha aposta por criar
persoas máis libres, autónomas e
completas do que nos aprenderon
a nós. Significa facilitarlle a vida a
unha xeración que se enfronta a un
porvir no que todo vai ser cambiante
e no que, sen dúbida, as relacións
sociais, as relacións entre homes e
mulleres, entre a vida doméstica e a
laboral, van experimentar transformacións considerables.
De nós depende que sexa para mellor.

5
Palabras do ensino
Lines Salgado

Nos boletíns de
{PROXECTO
notas de 1º da
	 INTERDISCIPLINAR} ESO aparece unha
materia denominada Proxecto Interdisciplinar que moitas veces provoca
certo desconcerto entre as familias, pois non se sabe moi
ben que é nin que se fai nela.
Foi a LOE a que introduciu o Proxecto no currículo do
primeiro curso. Ten asignada unha hora semanal, e é dirixido, preferiblemente, polo titor ou titora do grupo. Falando propiamente, non poderiamos dicir que é unha materia, porque
do que se
trata é de levar

adiante unha investigación ou tarefa (de aí
o nome
de “Proxecto”), utilizando o maior número posible de
coñecementos e habilidades. Procúrase que haxa varios
departamentos implicados (especialmente os de linguas e
o de tecnoloxía) e que os rapaces aprendan a traballar de
xeito autónomo, utilizando fontes de información diversas. O resultado final deberá presentárselles aos demais
compañeiros nunha exposición oral ou escrita. O proxecto
interdisciplinar vaise avaliando trimestralmente, pero non
ten unha cualificación nas actas finais. Porén, dálle unha
información moi valiosa ao profesorado sobre a competencia xeral dos estudantes.

6
CADENCIAS

Gracia Santorum

Para escoitar
Pan de millo [Migallas, Ed. Kalandraka]. Libro
disco con 14 cancións infantís e versións de temas
tradicionais do grupo Migallas xunto coas ledas ilustracións de Dani Padrón. Co proceso de elaboración
do pan de millo como fío condutor, o libro e as cancións axudan a recuperar a memoria dos avós, ademais
de procurar un divertimento. Os temas tratan cuestións
actuais como a colaboración fronte á competición, a promoción da
paz ou o exceso de actividades extraescolares, incluíndose propostas da expresión plástica ou dramática.

Para ler...
Oliver Twist [C. Dickens, Ed. Baía]. Nesta fermosa edición da editorial Baía poderemos coñecer as desventuras
de Oliver Twist, un neno orfo de nove anos que sofre explotacións, fame e maltrato. Mesmo terá de se converter
en ladrón para sobrevivir. Unha adaptación magnífica da
novela de Charles Dickens, un clásico que non debe faltar
en ningún fogar, xa que é un libro atemporal que constituíu a primeira novela inglesa cun neno como protagonista onde destaca o escasamente romántico tratamento do
mundo dos criminais e as súas sórdidas vidas.

Para facer
Esta é unha recomendación xeral, a de
acudir ao teatro sempre que poidades,
cando haxa unha función na vosa vila,
na vosa cidade, unha función infantil,
unha función de actores e actrices afeccionados/as, de profesionais. Dá igual, é
importante que os máis pequenos comprendan que esta arte é un xénero diferente, unha boa opción para rir, para emocionarse, para chorar…
Procuremos que a última vez que fomos ao teatro non sexa a
derradeira, que non desapareza o teatro.

7
Da lingua

A roupa de domingo

Como cada curso escolar, moitos dos esforzos dos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros educativos céntranse
en organizaren un calendario anual de actividades en torno ás celebracións culturais que comezan en novembro polo Samaín e rematan
polo 17 de maio, co Día das Letras Galegas. E hai que recoñecer que,
sen o esforzo e entusiasmo dos equipos, moitas desas actividades
festivas terían menos éxito, ou nin sequera chegarían a se celebrar.
Non obstante, ás veces semella que os equipos de normalización fican
reducidos a unha especie de comisión de festas, encargada de “animar” as datas festivas marcadas no calendario oficial, deixando nun
segundo plano outras angueiras máis evidentes, como a necesaria
promoción da lingua no día a día, tanto dentro das aulas como fóra
delas.
Tamén as familias debemos entender que a lingua galega non constitúe unha especie de “roupa de domingo” que se usa só en ocasións
especiais, e que logo se garda no armario, entre bólas de alcanfor,
para que non se desgaste polo uso que se lle podería dar nos días
laborais. Pois semella que estamos moi orgullosos de vivir como galegos, mais non tanto de falar como tales.
Este uso folclórico do idioma non pode resolverse con ningunha lei
ou decreto educativo: somos nós, pais e nais, os que
debemos dar un paso adiante, para que a
lingua non resulte un adorno exótico
nas vitrinas dos museos, senón
unha ferramenta útil
nas nosas bocas.
E mentres todos nós non
asumamos
estas contradicións,
seguiremos
a predicar,
mais sen dar
trigo.

8

Contenu connexe

Tendances

Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
satelite1
 

Tendances (20)

Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
Lajartiño13
Lajartiño13Lajartiño13
Lajartiño13
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 
Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 

En vedette (6)

"O monstro"
"O monstro" "O monstro"
"O monstro"
 
Material violencia de xénero
Material violencia de xéneroMaterial violencia de xénero
Material violencia de xénero
 
A LOMCE resta aínda máis galego
A LOMCE resta aínda máis galegoA LOMCE resta aínda máis galego
A LOMCE resta aínda máis galego
 
Cap master-presentation
Cap master-presentationCap master-presentation
Cap master-presentation
 
CAP Workshop
CAP WorkshopCAP Workshop
CAP Workshop
 
GE CHANGE MANAGEMENT(CAP)
GE CHANGE MANAGEMENT(CAP)GE CHANGE MANAGEMENT(CAP)
GE CHANGE MANAGEMENT(CAP)
 

Similaire à Ollos de aula. nº 10

O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
satelite1
 
Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
satelite1
 
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
bibliobrozos
 
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)
REME BUDIÑO
 

Similaire à Ollos de aula. nº 10 (20)

Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Cara Unha EducacióN Non Sexista
Cara Unha EducacióN Non SexistaCara Unha EducacióN Non Sexista
Cara Unha EducacióN Non Sexista
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
 
Argalladas 2012 2013
Argalladas 2012  2013Argalladas 2012  2013
Argalladas 2012 2013
 
Xeracións na estacada
Xeracións na estacadaXeracións na estacada
Xeracións na estacada
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
A socialización diferencial
A socialización diferencialA socialización diferencial
A socialización diferencial
 
Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
 
xenero_bac_7abr.pdf
xenero_bac_7abr.pdfxenero_bac_7abr.pdf
xenero_bac_7abr.pdf
 
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
 
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdf
 
Recomendacións para o verán
Recomendacións para o veránRecomendacións para o verán
Recomendacións para o verán
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 

Plus de Coordinadora Galega ENDL

Plus de Coordinadora Galega ENDL (9)

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
 
Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

Dernier

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

Ollos de aula. nº 10

  • 1. OllOs deaula ANO II - Nº 10 - Novembro 2013 Revista para as familias do alumnado Cando se pode falar de acoso escolar? A coeducación, a mellor das herdanzas Proxecto interdisciplinar
  • 2. Non perdas o Culturgal, a Feira da cultura galega que se vai celebrar en Pontevedra o 29 e 30 de novembro e o 1 decembro. Toda a información en www.culturgal.com. A promoción da nosa lingua perdeu con Feijoo o 67% do seu orzamento. Fraga dedicáballe o 0,43% do presuposto da Xunta, Feijoo o 0,06%. Todos os datos en http://ir.gl/27778d e http://ir.gl/8cf5b9. 200 preguntas, 3 concellos, 5 campos… iso é o Trivial da Terra de Melide. Descárgao para Android dende http://ir.gl/b08d4e e a ver canto sabes! Máis de 500 inscritos nos I Premios Galegos da Música Martín Códax. Podes seguir as votacións e gozar da súa música en http://ir.gl/f8147e/ Orgullosos/as da nosa música! 2 Manuel Álvarez Torneiro vén de gañar o Premio Nacional de Poesía co seu poemario en galego Os ángulos da brasa. Orgullosos/as da nosa lingua! Queres sabelo todo sobre o mundo dos coches e das motos? Entón tes que ler Sprint Motor, a revista galega dedicada ao mundo do motor. www.sprintmotor.com/ Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com Deseño-maquetación:tallerDD.com
  • 3. A preguntaCando se pode falar de acoso escolar? ? Responde: Nuria Míguez Mon [Orientadora do CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis - Pontevedra)] Hai varios elementos que deben darse nunha conduta para que poida falarse de “acoso escolar” (tamén chamado “maltrato entre iguais” ou “bullying”) e non confundila con outras agresións que, aínda que sexan puntuais, e absolutamente rexeitables e sobre as que tamén hai que intervir de forma inmediata e efectiva, non constitúen unha situación de acoso escolar. Eses elementos serían, fundamentalmente, a intencionalidade, o desequilibrio de poder, a indefensión e a repetición. Tamén temos que ter claro que cando falamos de acoso escolar non falamos só de agresións físicas (pelexas, calugadas, destrozar ou agochar cousas), senón tamén de intimidacións verbais (insultos, alcumes, falar mal de alguén, pintadas no encerado), intimidacións psicolóxicas (ameazas, provocar medo, obrigar a alguén a facer cousas que non quere), illamento social (ignorar, desprezar, excluír das actividades, deixar só no patio, facer parellas ou grupos sen contar con esa persoa) ou ciberacoso (mensaxes ao móbil ou a través de internet). Estas condutas convértense, como diciamos antes, en acoso escolar cando existe a intención de facer dano, ao minar primeiro a autoestima da vítima, crear unha situación na que esta se sinta indefensa, incapaz de pedir axuda ou de saír desta situación por si soa... e que sitúa o acosador/a nun plano de superioridade sobre a vítima ao permitir que a conduta se repita, teña continuidade no tempo. 3
  • 4. O tema Se difícil resulta a tarefa de educar, moito máis resulta aínda a de coeducar. Educar para a igualdade real entre nenas e nenos, mulleres e homes, significa inventar algo novo, ofrecerlles ás nosas fillas e fillos algo que nós non recibimos na nosa infancia nin na vida adulta e que, por desgraza, non se pode adquirir en ningunha tenda. Se a isto engadimos que o primeiro principio da educación é predicar co exemplo, que aprendemos máis do que vemos facer que dos discursos que escoitamos, a dificultade resulta evidente: o sexismo presente en toda a sociedade apréndese e reprodúcese en gran medida nos fogares, na maior parte dos casos de maneira acrítica e inconsciente. A coeducación, a mellor das herdanzas Mª Sonia Fernández Casal [Docente de Matemáticas no IES Fontexería (Muros-A Coruña)] Lonxe de botarlles a culpa ás familias, especialmente ás mulleres, como responsables de perpetuaren o machismo –argumento inxusto onde os haxa, pero que se escoita acotío–, cómpre reivindicar a capacidade de cambiar a sociedade dende as pequenas accións do día a día, especialmente cando afectan ás nenas e nenos do presente, persoas adultas do futuro. Velaquí algúns exemplos de actitudes que podemos coidar para romper a correa de transmisión do sexismo no contorno familiar: a) dirixirnos a nenas e nenos co mesmo ton de voz e expresións; permitirlles chorar a ambos se se mancan ou están tristes, regalar bicos, apertas e aloumiños sen diferenzas de sexo, por parte de nais e pais. Favorecer tamén a expresión e xestión das emocións, especialmente no caso dos nenos, ensinándolles que hai crenzas que resultan erradas (prexuízos) e non deben reproducir. b) permitir e promover que nenas e nenos xoguen xuntos: que as nenas corran, gabeen, lixen a roupa, xoguen ao fútbol... coa mesma liberdade que o fan os nenos. Que os nenos xoguen ás casiñas, aos papás... coa mesma liberdade que o fan as nenas. 4
  • 5. Amosarlles que non existen xogos de nenos e xogos de nenas, a pesar do que perciban como socialmente aceptable. Por suposto, fomentar xogos, xoguetes e contos non sexistas. físico: “que guapa estás, que vestido tan bonito”, poñendo en valor outras cualidades que lles permitan ter unha maior confianza en si mesmas. c) vestir as nenas con roupa e calzado cómodos que lles permitan explorar a súa contorna e as súas habilidades físicas en condicións favorables. Evitar comentarios reiterados por parte de persoas adultas sobre o seu aspecto d) dar protagonismo ás nenas nas intervencións públicas, prestándolles a mesma atención que reciben os nenos. e) ensinar a participar das tarefas domésticas por igual: poñer ou recoller a mesa, facer a cama, regar as plantas, facer a compra... De adultos precisarán saber facelo! f) evitar as expresións pexorativas sobre cada sexo, promovendo unha visión positiva de ambos, sen asignar comportamentos preestablecidos. En definitiva, dar unha oportunidade á igualdade entre nenas e nenos representa unha aposta por criar persoas máis libres, autónomas e completas do que nos aprenderon a nós. Significa facilitarlle a vida a unha xeración que se enfronta a un porvir no que todo vai ser cambiante e no que, sen dúbida, as relacións sociais, as relacións entre homes e mulleres, entre a vida doméstica e a laboral, van experimentar transformacións considerables. De nós depende que sexa para mellor. 5
  • 6. Palabras do ensino Lines Salgado Nos boletíns de {PROXECTO notas de 1º da INTERDISCIPLINAR} ESO aparece unha materia denominada Proxecto Interdisciplinar que moitas veces provoca certo desconcerto entre as familias, pois non se sabe moi ben que é nin que se fai nela. Foi a LOE a que introduciu o Proxecto no currículo do primeiro curso. Ten asignada unha hora semanal, e é dirixido, preferiblemente, polo titor ou titora do grupo. Falando propiamente, non poderiamos dicir que é unha materia, porque do que se trata é de levar adiante unha investigación ou tarefa (de aí o nome de “Proxecto”), utilizando o maior número posible de coñecementos e habilidades. Procúrase que haxa varios departamentos implicados (especialmente os de linguas e o de tecnoloxía) e que os rapaces aprendan a traballar de xeito autónomo, utilizando fontes de información diversas. O resultado final deberá presentárselles aos demais compañeiros nunha exposición oral ou escrita. O proxecto interdisciplinar vaise avaliando trimestralmente, pero non ten unha cualificación nas actas finais. Porén, dálle unha información moi valiosa ao profesorado sobre a competencia xeral dos estudantes. 6
  • 7. CADENCIAS Gracia Santorum Para escoitar Pan de millo [Migallas, Ed. Kalandraka]. Libro disco con 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais do grupo Migallas xunto coas ledas ilustracións de Dani Padrón. Co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor, o libro e as cancións axudan a recuperar a memoria dos avós, ademais de procurar un divertimento. Os temas tratan cuestións actuais como a colaboración fronte á competición, a promoción da paz ou o exceso de actividades extraescolares, incluíndose propostas da expresión plástica ou dramática. Para ler... Oliver Twist [C. Dickens, Ed. Baía]. Nesta fermosa edición da editorial Baía poderemos coñecer as desventuras de Oliver Twist, un neno orfo de nove anos que sofre explotacións, fame e maltrato. Mesmo terá de se converter en ladrón para sobrevivir. Unha adaptación magnífica da novela de Charles Dickens, un clásico que non debe faltar en ningún fogar, xa que é un libro atemporal que constituíu a primeira novela inglesa cun neno como protagonista onde destaca o escasamente romántico tratamento do mundo dos criminais e as súas sórdidas vidas. Para facer Esta é unha recomendación xeral, a de acudir ao teatro sempre que poidades, cando haxa unha función na vosa vila, na vosa cidade, unha función infantil, unha función de actores e actrices afeccionados/as, de profesionais. Dá igual, é importante que os máis pequenos comprendan que esta arte é un xénero diferente, unha boa opción para rir, para emocionarse, para chorar… Procuremos que a última vez que fomos ao teatro non sexa a derradeira, que non desapareza o teatro. 7
  • 8. Da lingua A roupa de domingo Como cada curso escolar, moitos dos esforzos dos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros educativos céntranse en organizaren un calendario anual de actividades en torno ás celebracións culturais que comezan en novembro polo Samaín e rematan polo 17 de maio, co Día das Letras Galegas. E hai que recoñecer que, sen o esforzo e entusiasmo dos equipos, moitas desas actividades festivas terían menos éxito, ou nin sequera chegarían a se celebrar. Non obstante, ás veces semella que os equipos de normalización fican reducidos a unha especie de comisión de festas, encargada de “animar” as datas festivas marcadas no calendario oficial, deixando nun segundo plano outras angueiras máis evidentes, como a necesaria promoción da lingua no día a día, tanto dentro das aulas como fóra delas. Tamén as familias debemos entender que a lingua galega non constitúe unha especie de “roupa de domingo” que se usa só en ocasións especiais, e que logo se garda no armario, entre bólas de alcanfor, para que non se desgaste polo uso que se lle podería dar nos días laborais. Pois semella que estamos moi orgullosos de vivir como galegos, mais non tanto de falar como tales. Este uso folclórico do idioma non pode resolverse con ningunha lei ou decreto educativo: somos nós, pais e nais, os que debemos dar un paso adiante, para que a lingua non resulte un adorno exótico nas vitrinas dos museos, senón unha ferramenta útil nas nosas bocas. E mentres todos nós non asumamos estas contradicións, seguiremos a predicar, mais sen dar trigo. 8