SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  4
Télécharger pour lire hors ligne
deaula
OllOs ANO III - Nº 19 - Febreiro 2015
Revista para as familias do alumnado
A intelixencia
emocional
Cando acudir ao
Departamento de
Orientación?
Centros
plurilingües
Da lingua
A última palabra
8
Cando se trata da lingua, hai quen só mira polo espello retrovi-
sor; nós, en troques, pensamos nas nosas fillas e fillos, no deve-
zo de lles deixar en herdo un instrumento comunicativo e un elo
comunitario. Porque usar o galego non é un acto de morriña,
senón de intelixencia emocional e afectiva.
Cando se trata da lingua, hai quen pretende asustarnos con
xigantes onde só hai muíños, metendo a todos os/as galegofa-
lantes no mesmo saco, ideolóxico ou enxebrista; nós, en troques,
sabemos que cada persoa é un universo en si mesma, e que o
galego non é propiedade exclusiva de ninguén, senón de toda a
comunidade, máis alá de grupos tribais e de tirapuxas partidistas
que nos deixan sen azos.
Cando se trata da lingua, hai quen pretende facer excluínte o
concepto de plurilingüismo, arredando o galego de ámbitos
como o científico e o tecnolóxico, ou impoñendo o inglés como
medida única de coñecemento; nós, en troques, sabemos que os
únicos valos de arame residen no corazón dos intolerantes, eses
que só ven na nosa fala un exotismo folclórico ou un produto de
laboratorio.
Cando se trata da lingua, hai quen gusta de enturbar as augas;
nós, en troques, propoñemos beber de regatos transparentes,
que abrollan de fonte limpa; con respecto aos demais, pero con
orgullo de seguir escoitando na rúa eses fonemas que nos dis-
tinguen entre todos os das culturas do universo, pois enchen a
nosa gorxa de afecto e diversidade.
Cando se trata da lingua… a última palabra tamén a tes ti, o teu
contorno, a túa familia.
2
Revista editada pola CGENDL
www.coordinadoraendl.org
ollosdeaula@gmail.com
Deseño-maquetación:tallerDD.com
Se queres levar
todos os sinónimos
da nosa lingua no
teu móbil, podes
descargar a aplicación
Sinónimos do galego
da Universidade de
Vigo en
http://ir.gl/e1b8e0.
Dispoñible para
Android e iOS
Onde estás? Que
queres facer? Cando?
Prepara os teus
plans buscando
recomendacións e
lugares na guía de
eventos culturais
vivea.gal .
Tes un Apple e
gustaríache que
“falase” galego? Podes
apoiar a iniciativa
queremosapplegalego na
web http://ir.gl/eb5243
Se buscas recursos
para gozar do
entroido co teu
fillo/a (disfraces,
historias, xogos…),
podes atopalos en
http://ir.gl/91f245
Nace unha
publicación en liña
especializada en
literatura infantil e
xuvenil. Chámase
Criaturas e podes
lela en
criaturas.gal
A Asociación de
Escritores en Lingua
Galega convídanos
a celebrar o 24 de
febreiro o Día de
Rosalía de Castro.
Participa enviando
un vídeo. Tes toda a
información en aelg.org
7
CADENCIASGracia Santorum
Para escoitar
Para loitar
Para ler
Leviatán [Ramón Trigo, Faktoría K]. Pouco tex-
to, sempre na páxina esquerda, para falarnos dun-
ha viaxe incansable na procura dunha balea que
semella unha pantasma, unha illa, unha lata, un...
soño inalcanzable, en realidade, porque cómpre
coidar a vida de cadaquén para proseguir o cami-
ño, para seguir camiñando cara a adiante. Metali-
teratura polas referencias inevitables que o lector
realizará con Moby Dick, carga simbólica que se
establece entre a relación complexa entre ser hu-
mano e natureza, esta última tan agredida e que
tenta sobrevivir.
Lucecús [Editorial Galaxia]. O grupo Piri-
lampo, con ilustracións de Federico Fernán-
dez, ofrece dez temas tradicionais con xogos
de voces, frauta, acordeón, guitarra, percusión,
batería, baixo e gaita que arroupan cancións
de berce sobre Pedro Chosco, un tema sobre
o Apalpador, outro sobre bruxas ou o que ten
o Tío Nicanor e os seus animais como prota-
gonistas.
Recinto Gris [Ledicia Costas, Xerais]. Este libro vén de
ser escollido para formar parte da colección dos mellores
libros do mundo para rapaces e rapazas con discapacida-
de dentro da IBBY Collection 2015 CollectionofBooks for
YoungPeoplewithDisabilities. A novela realiza unha posta
en valor da diferenza e os seus protagonistas son todos pe-
culiares, estigmatizados e recluídos, e serán precisamente
esas diferenzas as que os axuden a liberarse. Nela abórdan-
se temas como a solidariedade, a opresión, a colaboración,
a violencia ou a utopía.
3
A pregunta
?
Responde: Carmen Díaz Simón
[Orientadora no IES Lucus Augusti (Lugo)]
Cando acudir ao Departamento de Orientación?
Compartimos de M. Álvarez e R. Bisquerra o seu enfoque de orien-
tación socio-psicopedagóxica: consiste nun proceso de axuda
continuo e sistemático, dirixido a todas as persoas, en todos os seus
aspectos, poñendo unha énfase especial na prevención e no desen-
volvemento (persoal, social e académico-profesional), que se realiza
ó longo de toda a vida, coa implicación dos diferentes axentes edu-
cativos (profesorado, persoas titoras e orientadoras) e sociais (fami-
lia, profesionais externos/as, etc). Entendemos a orientación como
unha labor de todo o equipo docente e, por extensión, de toda a
comunidade educativa, sendo o/a orientador/a un elemento dinami-
zador deste proceso. Os principios que van guiar a nosa actuación
orientadora son: planificación, prevención e desenvolvemento.
As intervencións serán, xa que logo, prioritariamente indirectas,
grupais, internas e proactivas. Isto non quere dicir que non se aten-
dan demandas puntuais, dos diferentes sectores. As familias con
fillos/as con diversidade funcional xa van estar en contacto continuo
co departamento. Circunstancias sobrevidas ao longo do curso,
consellos especializados, etc. serán
motivo destas consultas individuais.
O enfoque da tarefa orientadora será
colaborativo, co obxectivo de ir pro-
piciando cambios de mellora na prác-
tica educativa, a través da potencia-
ción da comunicación entre todos
os membros que conformamos
a comunidade educativa, coa
idea de lograr os obxectivos
comúns que pretendemos.
6
Lines Salgado
Palabras do ensino
{CENTROS PLURILINGÜES E
SECCIÓNS BILINGÜES}
Desde hai uns poucos anos fixéronse habituais en Galicia; nas
entradas dalgúns centros escolares, hai unhas plaquiñas coa fra-
se “Centro Plurilingüe”. E iso que significa? Pois que todos os
colexios e institutos que contan con esa denominación imparten
algunha materia non lingüística nunha lingua estranxeira, normal-
mente en inglés. Neste curso o número de centros adscritos a esta
rede é de 220, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de
Educación.
Todo isto comezou hai uns poucos anos coa introdución das sec-
cións bilingües no noso sistema educativo. O docente que orga-
niza unha sección bilingüe dá a súa materia (matemáticas,
debuxo, música, etc.) a un grupo determina-
do utilizando unha lingua estranxeira, polo
menos durante o 50% do tempo. Para fo-
mentar a introdución do idioma estranxeiro
xa desde infantil, a Consellería premiou a
creación de seccións bilingües dando pre-
ferencia para escoller grupo aos profesores
participantes e ofrecendo dotacións eco-
nómicas aos centros, aos que tamén
agasallaba coa plaquiña de “Centro
plurilingüe”.
Son todas estas iniciativas realmente
efectivas á hora de mellorar a compe-
tencia do noso alumnado na lingua estranxeira? Teño
as miñas dúbidas: non sempre o profesorado ten o
coñecemento efectivo da lingua na que imparte a ma-
teria; ademais, a introdución da lingua estranxeira en eta-
pas moi temperás non é sinónimo de éxito, senón máis
ben de confusión (como mostra, dicir que en Finlandia o idioma
estranxeiro iniciase a partir dos 10 anos, cando xa está afianzada
a lingua materna). E unha última cuestión: non son centros pluri-
lingües tamén aqueles nos que a comunidade educativa utiliza a
galego e o castelán na súa actividade cotiá?
Como estimular a
intelixencia emocional
primeiro que hai que facer é reflexionar e logo actuar
dunha forma pacífica, sen mancar a outras persoas para
solucionar o problema.
- Ensinarlles que hai que preocuparse por un
mesmo, coidarse, pero tamén polas outras per-
soas. Aplaude cando o teu fillo/a aprenda, traba-
lle ou xogue en equipo.
- A capacidade de automotivarse e poste-
riormente motivar as outras persoas está
intimamente ligada co optimismo e a auto-
estima. Un neno/a que recibe recoñecemento
polo que fai, raramente será agresivo e pesimista.
- Ensinarlles a pedir perdón cando realizan
unha acción negativa.
Nas relacións sociais, ensinarlles aos nenos/as que a
mellor maneira de solucionar con-
flitos é conversando, non agre-
dindo nin física nin verbalmente
a outra persoa.
- Conversar cos nenos/
as. O ideal é que os valores
fundamentais sexan propor-
cionados desde a familia e a escola. Axudalos
a comprender a realidade, propoñendo xuízo
crítico.
- Felicitar o neno/a cada vez que enfronte
unha emoción negativa de maneira ade-
cuada, é dicir, utilizando unha das técnicas
que se lle ensinaron ou que xurdiu del mesmo.
Isto axudará a que o neno/a faga consciente a
súa aprendizaxe e, consecuentemente, automatice
xeneralizándoa a situacións novas. Ademais, mellorará
en optimismo e autoestima.
Howard Gardner,
profesor da
Universidade de
Harvard, propuxo,
hai agora algo máis
de trinta anos, unha
nova definición
de intelixencia na
que diferenciaba
sete tipos: espacial,
lingüística, musical,
naturalista, corporal,
matemática e
emocional. O tema
deste mes imos
dedicarllo a esta
última, á intelixencia
emocional.
4
O tema
Mª Dolores González Piñeiro
[Orientadora do CEIP San Clemente (Caldas de Reis - Pontevedra)]
QUE É A INTELIXENCIA EMOCIONAL?
A intelixencia emocinal refírese á capacidade de
recoñecer os nosos propios sentimentos e
os alleos, de motivarnos e de manexar
ben as emocións, en nós mesmos e
nas nosas relacións.
ESTRATEXIAS PARA ESTIMULAR
A INTELIXENCIA EMOCIONAL
- Ensinarlles a dar nome e reco-
ñecer os sentimentos e/ou emo-
cións. Son de grande axuda os xogos,
contos, tarxetas con debuxos, etc. Apro-
veitar o espazo de contar contos para que
os nenos/as poidan identificar as diferentes
emocións dos personaxes. Axudarlles a que
debuxen os rostros dos personaxes ilus-
trando a emoción que están sentindo.
- Deixar que os nenos/as expresen os
seus sentimentos e emocións. Como
adultos, escoitar e expresar as propias.
- Relacionar xestos faciais con senti-
mentos: por exemplo, se te ris, dicirlles
que este sentimento é ledicia. Se mos-
tras unha cara triste é porque non che
gusta o que está pasando. É funda-
mental que os nenos/as poidan apren-
der a “ler” as caras das persoas coas
que interactúan para entender como se
están sentindo e, eventualmente, de ser
necesario, modificar a súa conduta.
- Ensinarlles que na vida non sempre se
pode ter todo o que queremos. Deben apren-
der a esperar. É importante o autocontrol e auto-
dominio.
- Ensinarlles que cando se ten un problema, o
A mellor maneira de
ensinar e educar é
mediante o exemplo

Contenu connexe

Tendances

Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
satelite1
 

Tendances (20)

Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
Lajartiño13
Lajartiño13Lajartiño13
Lajartiño13
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11
 
Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 3. Decembro de 2012 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 

Similaire à Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara

Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
satelite1
 
TRASTORNOS XENERALIZADOS DO DESENVOLVEMENTO - XUNTA DE GALICIA
TRASTORNOS XENERALIZADOS DO DESENVOLVEMENTO - XUNTA DE GALICIATRASTORNOS XENERALIZADOS DO DESENVOLVEMENTO - XUNTA DE GALICIA
TRASTORNOS XENERALIZADOS DO DESENVOLVEMENTO - XUNTA DE GALICIA
davidpastorcalle
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
satelite1
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
satelite1
 
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonosXogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
LOPEZMOURENZA
 

Similaire à Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara (20)

Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
 
TRASTORNOS XENERALIZADOS DO DESENVOLVEMENTO - XUNTA DE GALICIA
TRASTORNOS XENERALIZADOS DO DESENVOLVEMENTO - XUNTA DE GALICIATRASTORNOS XENERALIZADOS DO DESENVOLVEMENTO - XUNTA DE GALICIA
TRASTORNOS XENERALIZADOS DO DESENVOLVEMENTO - XUNTA DE GALICIA
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
 
Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4
 
Ollos de aula. nº 5
Ollos de aula. nº 5Ollos de aula. nº 5
Ollos de aula. nº 5
 
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
 
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
 
Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1
 
Guia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudoGuia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudo
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Camiño á Educación Primaria
Camiño á Educación PrimariaCamiño á Educación Primaria
Camiño á Educación Primaria
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
 
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonosXogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
 
De infantil a primaria
De infantil a primariaDe infantil a primaria
De infantil a primaria
 

Plus de Coordinadora Galega ENDL

Plus de Coordinadora Galega ENDL (11)

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
 
Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

Dernier

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (11)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 

Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara

  • 1. deaula OllOs ANO III - Nº 19 - Febreiro 2015 Revista para as familias do alumnado A intelixencia emocional Cando acudir ao Departamento de Orientación? Centros plurilingües Da lingua A última palabra 8 Cando se trata da lingua, hai quen só mira polo espello retrovi- sor; nós, en troques, pensamos nas nosas fillas e fillos, no deve- zo de lles deixar en herdo un instrumento comunicativo e un elo comunitario. Porque usar o galego non é un acto de morriña, senón de intelixencia emocional e afectiva. Cando se trata da lingua, hai quen pretende asustarnos con xigantes onde só hai muíños, metendo a todos os/as galegofa- lantes no mesmo saco, ideolóxico ou enxebrista; nós, en troques, sabemos que cada persoa é un universo en si mesma, e que o galego non é propiedade exclusiva de ninguén, senón de toda a comunidade, máis alá de grupos tribais e de tirapuxas partidistas que nos deixan sen azos. Cando se trata da lingua, hai quen pretende facer excluínte o concepto de plurilingüismo, arredando o galego de ámbitos como o científico e o tecnolóxico, ou impoñendo o inglés como medida única de coñecemento; nós, en troques, sabemos que os únicos valos de arame residen no corazón dos intolerantes, eses que só ven na nosa fala un exotismo folclórico ou un produto de laboratorio. Cando se trata da lingua, hai quen gusta de enturbar as augas; nós, en troques, propoñemos beber de regatos transparentes, que abrollan de fonte limpa; con respecto aos demais, pero con orgullo de seguir escoitando na rúa eses fonemas que nos dis- tinguen entre todos os das culturas do universo, pois enchen a nosa gorxa de afecto e diversidade. Cando se trata da lingua… a última palabra tamén a tes ti, o teu contorno, a túa familia.
  • 2. 2 Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com Deseño-maquetación:tallerDD.com Se queres levar todos os sinónimos da nosa lingua no teu móbil, podes descargar a aplicación Sinónimos do galego da Universidade de Vigo en http://ir.gl/e1b8e0. Dispoñible para Android e iOS Onde estás? Que queres facer? Cando? Prepara os teus plans buscando recomendacións e lugares na guía de eventos culturais vivea.gal . Tes un Apple e gustaríache que “falase” galego? Podes apoiar a iniciativa queremosapplegalego na web http://ir.gl/eb5243 Se buscas recursos para gozar do entroido co teu fillo/a (disfraces, historias, xogos…), podes atopalos en http://ir.gl/91f245 Nace unha publicación en liña especializada en literatura infantil e xuvenil. Chámase Criaturas e podes lela en criaturas.gal A Asociación de Escritores en Lingua Galega convídanos a celebrar o 24 de febreiro o Día de Rosalía de Castro. Participa enviando un vídeo. Tes toda a información en aelg.org 7 CADENCIASGracia Santorum Para escoitar Para loitar Para ler Leviatán [Ramón Trigo, Faktoría K]. Pouco tex- to, sempre na páxina esquerda, para falarnos dun- ha viaxe incansable na procura dunha balea que semella unha pantasma, unha illa, unha lata, un... soño inalcanzable, en realidade, porque cómpre coidar a vida de cadaquén para proseguir o cami- ño, para seguir camiñando cara a adiante. Metali- teratura polas referencias inevitables que o lector realizará con Moby Dick, carga simbólica que se establece entre a relación complexa entre ser hu- mano e natureza, esta última tan agredida e que tenta sobrevivir. Lucecús [Editorial Galaxia]. O grupo Piri- lampo, con ilustracións de Federico Fernán- dez, ofrece dez temas tradicionais con xogos de voces, frauta, acordeón, guitarra, percusión, batería, baixo e gaita que arroupan cancións de berce sobre Pedro Chosco, un tema sobre o Apalpador, outro sobre bruxas ou o que ten o Tío Nicanor e os seus animais como prota- gonistas. Recinto Gris [Ledicia Costas, Xerais]. Este libro vén de ser escollido para formar parte da colección dos mellores libros do mundo para rapaces e rapazas con discapacida- de dentro da IBBY Collection 2015 CollectionofBooks for YoungPeoplewithDisabilities. A novela realiza unha posta en valor da diferenza e os seus protagonistas son todos pe- culiares, estigmatizados e recluídos, e serán precisamente esas diferenzas as que os axuden a liberarse. Nela abórdan- se temas como a solidariedade, a opresión, a colaboración, a violencia ou a utopía.
  • 3. 3 A pregunta ? Responde: Carmen Díaz Simón [Orientadora no IES Lucus Augusti (Lugo)] Cando acudir ao Departamento de Orientación? Compartimos de M. Álvarez e R. Bisquerra o seu enfoque de orien- tación socio-psicopedagóxica: consiste nun proceso de axuda continuo e sistemático, dirixido a todas as persoas, en todos os seus aspectos, poñendo unha énfase especial na prevención e no desen- volvemento (persoal, social e académico-profesional), que se realiza ó longo de toda a vida, coa implicación dos diferentes axentes edu- cativos (profesorado, persoas titoras e orientadoras) e sociais (fami- lia, profesionais externos/as, etc). Entendemos a orientación como unha labor de todo o equipo docente e, por extensión, de toda a comunidade educativa, sendo o/a orientador/a un elemento dinami- zador deste proceso. Os principios que van guiar a nosa actuación orientadora son: planificación, prevención e desenvolvemento. As intervencións serán, xa que logo, prioritariamente indirectas, grupais, internas e proactivas. Isto non quere dicir que non se aten- dan demandas puntuais, dos diferentes sectores. As familias con fillos/as con diversidade funcional xa van estar en contacto continuo co departamento. Circunstancias sobrevidas ao longo do curso, consellos especializados, etc. serán motivo destas consultas individuais. O enfoque da tarefa orientadora será colaborativo, co obxectivo de ir pro- piciando cambios de mellora na prác- tica educativa, a través da potencia- ción da comunicación entre todos os membros que conformamos a comunidade educativa, coa idea de lograr os obxectivos comúns que pretendemos. 6 Lines Salgado Palabras do ensino {CENTROS PLURILINGÜES E SECCIÓNS BILINGÜES} Desde hai uns poucos anos fixéronse habituais en Galicia; nas entradas dalgúns centros escolares, hai unhas plaquiñas coa fra- se “Centro Plurilingüe”. E iso que significa? Pois que todos os colexios e institutos que contan con esa denominación imparten algunha materia non lingüística nunha lingua estranxeira, normal- mente en inglés. Neste curso o número de centros adscritos a esta rede é de 220, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Educación. Todo isto comezou hai uns poucos anos coa introdución das sec- cións bilingües no noso sistema educativo. O docente que orga- niza unha sección bilingüe dá a súa materia (matemáticas, debuxo, música, etc.) a un grupo determina- do utilizando unha lingua estranxeira, polo menos durante o 50% do tempo. Para fo- mentar a introdución do idioma estranxeiro xa desde infantil, a Consellería premiou a creación de seccións bilingües dando pre- ferencia para escoller grupo aos profesores participantes e ofrecendo dotacións eco- nómicas aos centros, aos que tamén agasallaba coa plaquiña de “Centro plurilingüe”. Son todas estas iniciativas realmente efectivas á hora de mellorar a compe- tencia do noso alumnado na lingua estranxeira? Teño as miñas dúbidas: non sempre o profesorado ten o coñecemento efectivo da lingua na que imparte a ma- teria; ademais, a introdución da lingua estranxeira en eta- pas moi temperás non é sinónimo de éxito, senón máis ben de confusión (como mostra, dicir que en Finlandia o idioma estranxeiro iniciase a partir dos 10 anos, cando xa está afianzada a lingua materna). E unha última cuestión: non son centros pluri- lingües tamén aqueles nos que a comunidade educativa utiliza a galego e o castelán na súa actividade cotiá?
  • 4. Como estimular a intelixencia emocional primeiro que hai que facer é reflexionar e logo actuar dunha forma pacífica, sen mancar a outras persoas para solucionar o problema. - Ensinarlles que hai que preocuparse por un mesmo, coidarse, pero tamén polas outras per- soas. Aplaude cando o teu fillo/a aprenda, traba- lle ou xogue en equipo. - A capacidade de automotivarse e poste- riormente motivar as outras persoas está intimamente ligada co optimismo e a auto- estima. Un neno/a que recibe recoñecemento polo que fai, raramente será agresivo e pesimista. - Ensinarlles a pedir perdón cando realizan unha acción negativa. Nas relacións sociais, ensinarlles aos nenos/as que a mellor maneira de solucionar con- flitos é conversando, non agre- dindo nin física nin verbalmente a outra persoa. - Conversar cos nenos/ as. O ideal é que os valores fundamentais sexan propor- cionados desde a familia e a escola. Axudalos a comprender a realidade, propoñendo xuízo crítico. - Felicitar o neno/a cada vez que enfronte unha emoción negativa de maneira ade- cuada, é dicir, utilizando unha das técnicas que se lle ensinaron ou que xurdiu del mesmo. Isto axudará a que o neno/a faga consciente a súa aprendizaxe e, consecuentemente, automatice xeneralizándoa a situacións novas. Ademais, mellorará en optimismo e autoestima. Howard Gardner, profesor da Universidade de Harvard, propuxo, hai agora algo máis de trinta anos, unha nova definición de intelixencia na que diferenciaba sete tipos: espacial, lingüística, musical, naturalista, corporal, matemática e emocional. O tema deste mes imos dedicarllo a esta última, á intelixencia emocional. 4 O tema Mª Dolores González Piñeiro [Orientadora do CEIP San Clemente (Caldas de Reis - Pontevedra)] QUE É A INTELIXENCIA EMOCIONAL? A intelixencia emocinal refírese á capacidade de recoñecer os nosos propios sentimentos e os alleos, de motivarnos e de manexar ben as emocións, en nós mesmos e nas nosas relacións. ESTRATEXIAS PARA ESTIMULAR A INTELIXENCIA EMOCIONAL - Ensinarlles a dar nome e reco- ñecer os sentimentos e/ou emo- cións. Son de grande axuda os xogos, contos, tarxetas con debuxos, etc. Apro- veitar o espazo de contar contos para que os nenos/as poidan identificar as diferentes emocións dos personaxes. Axudarlles a que debuxen os rostros dos personaxes ilus- trando a emoción que están sentindo. - Deixar que os nenos/as expresen os seus sentimentos e emocións. Como adultos, escoitar e expresar as propias. - Relacionar xestos faciais con senti- mentos: por exemplo, se te ris, dicirlles que este sentimento é ledicia. Se mos- tras unha cara triste é porque non che gusta o que está pasando. É funda- mental que os nenos/as poidan apren- der a “ler” as caras das persoas coas que interactúan para entender como se están sentindo e, eventualmente, de ser necesario, modificar a súa conduta. - Ensinarlles que na vida non sempre se pode ter todo o que queremos. Deben apren- der a esperar. É importante o autocontrol e auto- dominio. - Ensinarlles que cando se ten un problema, o A mellor maneira de ensinar e educar é mediante o exemplo