SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  32
Télécharger pour lire hors ligne
OS BOLECHAS VISITAN O COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA EN CERCEDA

Estou seguro de que moitos de vós tedes oído falar de Sogama e que incluso sabedes cal é a súa actividade en Galicia, que non é
outra que a de dar tratamento ao lixo que xeramos nos nosos fogares. Agora ben, cántos coñecedes o Complexo Medioambiental
de Cerceda? Vístelo algunha vez? Sabedes que se fai cos residuos que chegan alí?

O máis probable é que nunca visitárades estas instalacións, xa que, por cuestións de seguridade, só poden acceder ás mesmas os
escolares maiores de 9 anos, pero a través dos nosos amigos “Os Bolechas” teredes a oportunidade de realizar unha viaxe, case
real, ao lugar no que acaban os desperdicios que producimos nas nosas casas para ser aproveitados de novo. Con este obxectivo,
en Sogama separamos, por un lado, os materiais que poden ser transformados en novos produtos, remitíndoos aos centros
recicladores, e, por outro, a parte non reciclable (por exemplo, restos de alimentos, pañais, roupa vella en mal estado, etc), que
convertemos en enerxía eléctrica. Por certo, sabiades que coa enerxía producida neste Complexo Medioambiental se pode
subministrar electricidade a aproximadamente 100.000 vivendas? Ademais, a produción desta enerxía faise dunha forma limpa,
sen que afecte ao medio ambiente. E como logra isto Sogama? Pois a través duns sistemas que depuran os gases que se emiten á
atmosfera, evitando que estes contaminen o aire que respiramos. Así, o tratamento do lixo non carrexa problemas para o contorno
no que vivimos.

Pero, a pesar do labor que leva a cabo Sogama, a colaboración de todos nós resulta esencial para que ao Complexo chegue a
menor cantidade de residuos posible. E como podemos axudar? Pois poñendo en marcha os tres erres, isto é, reducindo o lixo que
producimos a cotío, reutilizando os materiales o maior número de veces posible antes de convertelos en residuos e clasificando en
orixe os distintos materiais a fin de depositar cada tipoloxía no contedor correspondente. Recordade, no amarelo, os envases de
plástico, as latas e os briks; no azul, o papel e cartón; no iglú verde, as botellas, tarros e frascos de vidro; e no xenérico, o que xa
non se pode reciclar.

Coidar hoxe o medio ambiente é protexer o noso futuro. Os Bolechas enséñannos cómo facelo.

                                                           Luis Lamas Novo
                                                          Presidente SOGAMA
Carlos   Loli   Pili   Braulio   Sonia   Tatá   Chispa
que se fai co lixo que chega ao Complexo Medioambiental de Sogama




                   Edicións A NOSA TERRA
4


                       CONTEDOR
                       XENÉRICO




    Os Bolechas queren saber onde vai o lixo que producimos nas nosas
    casas. Diariamente botamos nos contedores da rúa toneladas de lixo:
    espiñas, ósos, latas, bolsas, envases, trapos, cartóns... Onde vai todo isto?
PLANTA
                     TERMOELÉCTRICA
                                                    Unha grande parte do lixo que          5
                                                     producimos en Galicia vai ao
                                                     Complexo Medioambiental de
                                                  Sogama, que está no concello de
                                                        Cerceda, entre Santiago e
     PLANTA DE
ELABORACIÓN DE CDR                                               A Coruña, onde
                                      PLANTA DE
                                       SECADO
                                                                          recibe o
                                                                       tratamento
                                                                               que
                                                                          veremos
                                                                      nas páxinas
                                                                        seguintes.
                                                                                 ALMACÉN
                                                                                  DE CDR



                                                       PLANTA DE CLASIFICACIÓN
                                                          DE ENVASES LIXEIROS
6   Os concellos que están lonxe do Complexo Medioambiental de
    Sogama levan o seu lixo á planta de transferencia máis
    próxima. En Galicia hai 37. As plantas de transferencia
    son instalacións pechadas nas que os camións
    municipais descargan o lixo que recollen na
    rúa. Desde estas plantas é
    transportado a Cerceda.

    Este lixo vai xa separado: o
    procedente do contedor
    amarelo por un lado e o
    procedente do contedor
    xenérico por outro.
    O contedor de lixo xenérico é
    normalmente de cor verde.
7



PLANTA DE TRANSFERENCIA
8   O lixo que os camións municipais
                  levan ás plantas de
             transferencia deposítase
                        en contedores
                            grandes e
                       transportábeis.




                      CONTEDOR
                    TRANSPORTÁBEL
9
                                                         UN TREN EQUIVALE A
                                                            30 CAMIÓNS




Os contedores transportábeis van en camión ou en tren desde as plantas
de transferencia a Cerceda. O tren é moito máis respectuoso co medio
ambiente, mais non pasa por todos os concellos.
10   O tren e os
     camións
     descargan os
     contedores en
     Sogama. O lixo
     procedente dos        OS ENVASES LIXEIROS
     contedores            SON OS ENVASES DE
                         PLÁSTICO, AS LATAS E OS

     amarelos vai á              BRIKS.


     Planta de
     Clasificación de
     Envases Lixeiros.
     Nesta planta
     selecciónanse
     automaticamente
     segundo o tipo
     de envase.
AÍNDA QUE OS ENVASES SON SELECCIONADOS
                                         11
    POR MÁQUINAS, HAI QUE REVISALOS
MANUALMENTE, PORQUE PODE ESCAPAR ALGÚN
           MAL SELECCIONADO.
12   Unha vez clasificados os envases procedentes do
     contedor amarelo, pasan por unha máquina que
     os empaqueta para envialos a reciclar.




                                  ENVASES
                               EMPAQUETADOS
13




Cos envases reciclados fanse outras cousas que volvemos utilizar: bolsas,
roupa, mobiliario urbano, sinais de tránsito, bancos para parques,
caldeiros, etc. A reciclaxe é unha boa maneira de aproveitarmos o lixo.
14




                                                            ENVASES
                          PAPEL E CARTÓN    XENÉRICO        LIXEIROS
             VIDRO




     Para poder reciclar o lixo, é imprescindíbel separalo antes na casa,
     porque, se botamos os envases lixeiros mesturados cos outros residuos,
     non se poderán reciclar.
XENÉRICO


                   PAPEL E CARTÓN
                                                                         15
        ENVASES
        LIXEIROS



VIDRO




Na rúa, debemos botar cada cousa no seu contedor. A Sogama só
chega o lixo dos contedores xenéricos e amarelos. O vidro, o papel e o
cartón recólleos o concello ou empresas que os envían a reciclar.
16
O lixo xenérico que      17
chega a Sogama
descárgase na Planta
de Elaboración de
Combustíbel.
En total, chega cada
día ás instalacións de
Sogama o lixo
procedente de 294
concellos galegos, o
que producimos máis
de dous millóns de
habitantes.
18




                                           DO LIXO XENÉRICO QUE CHEGA A
                                            ESTA PLANTA, SÓ O FERRO E O
                                          ALUMINIO PODEN SER RECICLADOS.




     O lixo xenérico que chega á Planta de Elaboración de Combustíbel,
     xeralmente non se pode reciclar, por iso é moi importante que, cando
     merquemos algo nunha tenda, escollamos produtos reciclabéis.
TOBEIRA
                                                                              19




Un guindastre recolle o lixo do foso cunha pinza xigante e bótao nunha
tobeira. A parte grosa do lixo tritúrase e a parte máis fina transpórtase á
planta de secado.
20                             A parte grosa triturada e
                               a parte fina, xa seca,
                               mestúranse e obtense
                               con elas un combustíbel
                               que se chama CDR
                               (Combustíbel Derivado
                               de Residuos). O CDR
                               pasa despois á Planta
                               Termoeléctrica, onde se
                               queima de maneira
         A CANTIDADE DE
     ELECTRICIDADE PRODUCIDA   controlada para
       DARÍA PARA ABASTECER
        100.000 VIVENDAS.      producir electricidade.
                               Esta electricidade vai ás
                               casas e tamén a consume
                               a propia Sogama.
21




Sogama emprega unha tecnoloxía
que permite reducir en grande
medida as emisións de gases
contaminantes que saen ao aire.
22

                        SACOS DE CINZAS




                                                                      As escouras son restos
                                                                      de pedras, cerámica e
                                                                       anacos de ladrillo que
                                                                        veñen mesturados co
                                                                     lixo. As escouras poden
                                                                     reutilizarse no firme das
                                                                              estradas.




 A Planta Termoeléctrica tamén produce cinzas e escouras. As cinzas
 almacénanse en sacos nun depósito de seguridade, porque, de momento, non
 se poden reutilizar. As escouras van noutro recinto e poden ser reutilizadas.
Consellos para producir menos lixo:                                        23


                                              LEVANDO A
                                            BOLSA DA CASA,
                                            PARA NON USAR
                                               BOLSAS DE
                                               PLÁSTICO.




                                                                  APROVEITANDO
                                                                  AS SOBRAS DA
                                                                  COMIDA, NON
                                                                   TIRÁNDOAS.
             USANDO PANOS
             DE TEA, NON DE
                  PAPEL..




  Tratar o lixo que producimos costa moito diñeiro e deteriora o medio
  ambiente. Por iso é importantísimo reducilo. Canto menos lixo
  produzamos, mellor. Todos podemos axudar, como Carlos, Pili e Braulio.
24




                                  RESIDUOS
                                ORGÁNICOS:
                                FOLLAS, PAUS,
                                 RESTOS DE
                                 COMIDA...




     Nas casas con terreo e nos concellos do rural, pódense aproveitar os
     residuos orgánicos para facer compost doméstico, que é un fertilizante
     natural para plantas e cultivos.
25




                   NO
            COMPOSTEIRO OS                     COMPOST
            RESTOS CHEGAN
                A 60 ° DE
              TEMPERATURA




O compost faise mesturando nun composteiro residuos vexetais e residuos
da cociña. Despois reméxese esta mestura durante varias semanas,
humedécese, e, cando estiver pronta, quítase pola parte de abaixo.
26   Temos que mudar os hábitos de consumo, para producirmos menos lixo.
     Mais o mellor é non producilo: lixo cero.




     Os fabricantes e comerciantes producirían moito menos lixo, eliminando
     envases e envoltorios innecesarios. Nós tamén podemos colaborar adquirindo
     produtos con pouca embalaxe e escollendo materiais reciclábeis e reciclados.
O máis importante é pór en práctica os tres R:                          27
Reducindo.               Reutilizando.            Separando para
Por exemplo,             Por exemplo, debuxando   Reciclar.
mercando produtos        polas dúas caras do      Botando o lixo no
que non veñan            papel ou en papeis       caldeiro e contedor
envasados.               vellos.                  que corresponda.
28
     Lembra:

     No Complexo Medioambiental de Sogama, en Cerceda,
     trátase a maior parte do lixo que producimos en Galicia.

     Os envases lixeiros (envases de plástico, latas e briks)
     pódense reciclar.

     Para poder reciclar os residuos, é imprescindíbel
     separalos antes na casa.

     A Sogama chega o lixo que producen máis de dous
     millóns de habitantes de 294 concellos galegos.
29

Temos que mudar os hábitos de consumo para producir
menos lixo. Mais o mellor é non producilo: lixo CERO é a
meta que debemos conseguir.

Nas casas con terreo e nos concellos do rural, pódense
aproveitar os residuos orgánicos para facer compost
doméstico.

Para protexer o medio ambiente, lembra sempre os tres
R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Libros publicados na colección            Os Bolechas pelexan cunha avespa
                                       OS BOLECHAS:                              Os Bolechas van a un festival
                                       Os Bolechas lavan o can                   Os Bolechas van en caravana
                                       Os Bolechas xogan ás escondidas           Os Bolechas rifan no cuarto de baño
                                       Os Bolechas van ao cine                   Os Bolechas teñen unha curmá
                                       Os Bolechas fan maxia
                                       Os Bolechas van ao médico                 Libros publicados na colección
                                       Os Bolechas van ao supermercado           OS BOLECHAS van de viaxe:
                                       Os Bolechas van de excursión              Buscan a Linda en Pontevedra
                                       Os Bolechas van á praia                   A moeda de Lugo
                                       Os Bolechas van pola rúa                  Primeiro amor en Ferrol
                                       Os Bolechas teñen medo                    A vaca da Amaía
                                       Os Bolechas xogan co ordenador            O castelo encantado d’O Porriño
                                       Os Bolechas van mercar roupa              Carreiras en Poio
                                       Os Bolechas cortan o pelo                 O tesouro de Baiona
                                       Os Bolechas van ao circo
                                       Os Bolechas van á aldea                   Libros publicados na colección
© PROMOCIÓNS CULTURAIS GALEGAS, S.A.
                                       Os Bolechas van á piscina                 OS BOLECHAS queren saber...:
                                       Os Bolechas van de acampada               que é o aire
Deseño da colección, texto e debuxos   Os Bolechas van a un cumpreanos           que é a enerxía
de Pepe Carreiro                       Os Bolechas van de pesca                  que é a auga
                                       Os Bolechas teñen gato                    que é o lixo
ISBN: 000000                           Os Bolechas fan pis                       que é o solo
D.L.: VG-000000                        Os Bolechas fan un carro                  cómo é un parque de bombeiros
Impresión e encadernación:
                                       Os Bolechas están namorados               cómo é a policía local
Comercial Gráfica Nós, S.A.
Rúa do Príncipe, 22. 36202 Vigo
                                       Os Bolechas perderon o can                cómo é unha biblioteca
                                       Os Bolechas van ao parque de atraccións   cómo é un acuario
                                       Os Bolechas vaná hamburguesería           Cómo é un castro
                                       Os Bolechas xogan ao baloncesto
Os bolechas
Os bolechas

Contenu connexe

Similaire à Os bolechas

Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursoselsapataky
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursoselsapataky
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursoselsapataky
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursoselsapataky
 
Desar sustent residu correx manu
Desar sustent residu correx manuDesar sustent residu correx manu
Desar sustent residu correx manumackerel100
 
Guía didáctica recíclate con sogama (1)
Guía didáctica recíclate con sogama (1)Guía didáctica recíclate con sogama (1)
Guía didáctica recíclate con sogama (1)ceipcoiron
 
Xestión de residuos Daniel Romano Gude
Xestión de residuos Daniel Romano GudeXestión de residuos Daniel Romano Gude
Xestión de residuos Daniel Romano Gudeencarnavilla
 
Reciclaxe,presentacion de Alejandro Combarro
Reciclaxe,presentacion de Alejandro CombarroReciclaxe,presentacion de Alejandro Combarro
Reciclaxe,presentacion de Alejandro CombarroAleexCombii
 

Similaire à Os bolechas (11)

Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
 
Desar sustent residu correx manu
Desar sustent residu correx manuDesar sustent residu correx manu
Desar sustent residu correx manu
 
Reducir.pdf
Reducir.pdfReducir.pdf
Reducir.pdf
 
Guía didáctica recíclate con sogama (1)
Guía didáctica recíclate con sogama (1)Guía didáctica recíclate con sogama (1)
Guía didáctica recíclate con sogama (1)
 
Xestión de residuos Daniel Romano Gude
Xestión de residuos Daniel Romano GudeXestión de residuos Daniel Romano Gude
Xestión de residuos Daniel Romano Gude
 
Presentación Sogama escolares 9-11 anos
Presentación Sogama escolares 9-11 anosPresentación Sogama escolares 9-11 anos
Presentación Sogama escolares 9-11 anos
 
Reciclaxe,presentacion de Alejandro Combarro
Reciclaxe,presentacion de Alejandro CombarroReciclaxe,presentacion de Alejandro Combarro
Reciclaxe,presentacion de Alejandro Combarro
 

Plus de Educación Medioambiental Sogama (7)

Libro receitas sobras comida def nov 2010
Libro receitas sobras comida def nov 2010Libro receitas sobras comida def nov 2010
Libro receitas sobras comida def nov 2010
 
Consellos redución residuos
Consellos redución residuosConsellos redución residuos
Consellos redución residuos
 
Conto limpiña, a praia máis bonitiña
Conto limpiña, a praia máis bonitiñaConto limpiña, a praia máis bonitiña
Conto limpiña, a praia máis bonitiña
 
Conto da papeleira feliz
Conto da papeleira felizConto da papeleira feliz
Conto da papeleira feliz
 
Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)
Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)
Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)
 
Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)
Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)
Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)
 
Guía didáctica reciclaxe educación primaria (2010)
Guía didáctica reciclaxe educación primaria (2010)Guía didáctica reciclaxe educación primaria (2010)
Guía didáctica reciclaxe educación primaria (2010)
 

Dernier

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (11)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Os bolechas

  • 1. OS BOLECHAS VISITAN O COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA EN CERCEDA Estou seguro de que moitos de vós tedes oído falar de Sogama e que incluso sabedes cal é a súa actividade en Galicia, que non é outra que a de dar tratamento ao lixo que xeramos nos nosos fogares. Agora ben, cántos coñecedes o Complexo Medioambiental de Cerceda? Vístelo algunha vez? Sabedes que se fai cos residuos que chegan alí? O máis probable é que nunca visitárades estas instalacións, xa que, por cuestións de seguridade, só poden acceder ás mesmas os escolares maiores de 9 anos, pero a través dos nosos amigos “Os Bolechas” teredes a oportunidade de realizar unha viaxe, case real, ao lugar no que acaban os desperdicios que producimos nas nosas casas para ser aproveitados de novo. Con este obxectivo, en Sogama separamos, por un lado, os materiais que poden ser transformados en novos produtos, remitíndoos aos centros recicladores, e, por outro, a parte non reciclable (por exemplo, restos de alimentos, pañais, roupa vella en mal estado, etc), que convertemos en enerxía eléctrica. Por certo, sabiades que coa enerxía producida neste Complexo Medioambiental se pode subministrar electricidade a aproximadamente 100.000 vivendas? Ademais, a produción desta enerxía faise dunha forma limpa, sen que afecte ao medio ambiente. E como logra isto Sogama? Pois a través duns sistemas que depuran os gases que se emiten á atmosfera, evitando que estes contaminen o aire que respiramos. Así, o tratamento do lixo non carrexa problemas para o contorno no que vivimos. Pero, a pesar do labor que leva a cabo Sogama, a colaboración de todos nós resulta esencial para que ao Complexo chegue a menor cantidade de residuos posible. E como podemos axudar? Pois poñendo en marcha os tres erres, isto é, reducindo o lixo que producimos a cotío, reutilizando os materiales o maior número de veces posible antes de convertelos en residuos e clasificando en orixe os distintos materiais a fin de depositar cada tipoloxía no contedor correspondente. Recordade, no amarelo, os envases de plástico, as latas e os briks; no azul, o papel e cartón; no iglú verde, as botellas, tarros e frascos de vidro; e no xenérico, o que xa non se pode reciclar. Coidar hoxe o medio ambiente é protexer o noso futuro. Os Bolechas enséñannos cómo facelo. Luis Lamas Novo Presidente SOGAMA
  • 2. Carlos Loli Pili Braulio Sonia Tatá Chispa
  • 3. que se fai co lixo que chega ao Complexo Medioambiental de Sogama Edicións A NOSA TERRA
  • 4. 4 CONTEDOR XENÉRICO Os Bolechas queren saber onde vai o lixo que producimos nas nosas casas. Diariamente botamos nos contedores da rúa toneladas de lixo: espiñas, ósos, latas, bolsas, envases, trapos, cartóns... Onde vai todo isto?
  • 5. PLANTA TERMOELÉCTRICA Unha grande parte do lixo que 5 producimos en Galicia vai ao Complexo Medioambiental de Sogama, que está no concello de Cerceda, entre Santiago e PLANTA DE ELABORACIÓN DE CDR A Coruña, onde PLANTA DE SECADO recibe o tratamento que veremos nas páxinas seguintes. ALMACÉN DE CDR PLANTA DE CLASIFICACIÓN DE ENVASES LIXEIROS
  • 6. 6 Os concellos que están lonxe do Complexo Medioambiental de Sogama levan o seu lixo á planta de transferencia máis próxima. En Galicia hai 37. As plantas de transferencia son instalacións pechadas nas que os camións municipais descargan o lixo que recollen na rúa. Desde estas plantas é transportado a Cerceda. Este lixo vai xa separado: o procedente do contedor amarelo por un lado e o procedente do contedor xenérico por outro. O contedor de lixo xenérico é normalmente de cor verde.
  • 8. 8 O lixo que os camións municipais levan ás plantas de transferencia deposítase en contedores grandes e transportábeis. CONTEDOR TRANSPORTÁBEL
  • 9. 9 UN TREN EQUIVALE A 30 CAMIÓNS Os contedores transportábeis van en camión ou en tren desde as plantas de transferencia a Cerceda. O tren é moito máis respectuoso co medio ambiente, mais non pasa por todos os concellos.
  • 10. 10 O tren e os camións descargan os contedores en Sogama. O lixo procedente dos OS ENVASES LIXEIROS contedores SON OS ENVASES DE PLÁSTICO, AS LATAS E OS amarelos vai á BRIKS. Planta de Clasificación de Envases Lixeiros. Nesta planta selecciónanse automaticamente segundo o tipo de envase.
  • 11. AÍNDA QUE OS ENVASES SON SELECCIONADOS 11 POR MÁQUINAS, HAI QUE REVISALOS MANUALMENTE, PORQUE PODE ESCAPAR ALGÚN MAL SELECCIONADO.
  • 12. 12 Unha vez clasificados os envases procedentes do contedor amarelo, pasan por unha máquina que os empaqueta para envialos a reciclar. ENVASES EMPAQUETADOS
  • 13. 13 Cos envases reciclados fanse outras cousas que volvemos utilizar: bolsas, roupa, mobiliario urbano, sinais de tránsito, bancos para parques, caldeiros, etc. A reciclaxe é unha boa maneira de aproveitarmos o lixo.
  • 14. 14 ENVASES PAPEL E CARTÓN XENÉRICO LIXEIROS VIDRO Para poder reciclar o lixo, é imprescindíbel separalo antes na casa, porque, se botamos os envases lixeiros mesturados cos outros residuos, non se poderán reciclar.
  • 15. XENÉRICO PAPEL E CARTÓN 15 ENVASES LIXEIROS VIDRO Na rúa, debemos botar cada cousa no seu contedor. A Sogama só chega o lixo dos contedores xenéricos e amarelos. O vidro, o papel e o cartón recólleos o concello ou empresas que os envían a reciclar.
  • 16. 16
  • 17. O lixo xenérico que 17 chega a Sogama descárgase na Planta de Elaboración de Combustíbel. En total, chega cada día ás instalacións de Sogama o lixo procedente de 294 concellos galegos, o que producimos máis de dous millóns de habitantes.
  • 18. 18 DO LIXO XENÉRICO QUE CHEGA A ESTA PLANTA, SÓ O FERRO E O ALUMINIO PODEN SER RECICLADOS. O lixo xenérico que chega á Planta de Elaboración de Combustíbel, xeralmente non se pode reciclar, por iso é moi importante que, cando merquemos algo nunha tenda, escollamos produtos reciclabéis.
  • 19. TOBEIRA 19 Un guindastre recolle o lixo do foso cunha pinza xigante e bótao nunha tobeira. A parte grosa do lixo tritúrase e a parte máis fina transpórtase á planta de secado.
  • 20. 20 A parte grosa triturada e a parte fina, xa seca, mestúranse e obtense con elas un combustíbel que se chama CDR (Combustíbel Derivado de Residuos). O CDR pasa despois á Planta Termoeléctrica, onde se queima de maneira A CANTIDADE DE ELECTRICIDADE PRODUCIDA controlada para DARÍA PARA ABASTECER 100.000 VIVENDAS. producir electricidade. Esta electricidade vai ás casas e tamén a consume a propia Sogama.
  • 21. 21 Sogama emprega unha tecnoloxía que permite reducir en grande medida as emisións de gases contaminantes que saen ao aire.
  • 22. 22 SACOS DE CINZAS As escouras son restos de pedras, cerámica e anacos de ladrillo que veñen mesturados co lixo. As escouras poden reutilizarse no firme das estradas. A Planta Termoeléctrica tamén produce cinzas e escouras. As cinzas almacénanse en sacos nun depósito de seguridade, porque, de momento, non se poden reutilizar. As escouras van noutro recinto e poden ser reutilizadas.
  • 23. Consellos para producir menos lixo: 23 LEVANDO A BOLSA DA CASA, PARA NON USAR BOLSAS DE PLÁSTICO. APROVEITANDO AS SOBRAS DA COMIDA, NON TIRÁNDOAS. USANDO PANOS DE TEA, NON DE PAPEL.. Tratar o lixo que producimos costa moito diñeiro e deteriora o medio ambiente. Por iso é importantísimo reducilo. Canto menos lixo produzamos, mellor. Todos podemos axudar, como Carlos, Pili e Braulio.
  • 24. 24 RESIDUOS ORGÁNICOS: FOLLAS, PAUS, RESTOS DE COMIDA... Nas casas con terreo e nos concellos do rural, pódense aproveitar os residuos orgánicos para facer compost doméstico, que é un fertilizante natural para plantas e cultivos.
  • 25. 25 NO COMPOSTEIRO OS COMPOST RESTOS CHEGAN A 60 ° DE TEMPERATURA O compost faise mesturando nun composteiro residuos vexetais e residuos da cociña. Despois reméxese esta mestura durante varias semanas, humedécese, e, cando estiver pronta, quítase pola parte de abaixo.
  • 26. 26 Temos que mudar os hábitos de consumo, para producirmos menos lixo. Mais o mellor é non producilo: lixo cero. Os fabricantes e comerciantes producirían moito menos lixo, eliminando envases e envoltorios innecesarios. Nós tamén podemos colaborar adquirindo produtos con pouca embalaxe e escollendo materiais reciclábeis e reciclados.
  • 27. O máis importante é pór en práctica os tres R: 27 Reducindo. Reutilizando. Separando para Por exemplo, Por exemplo, debuxando Reciclar. mercando produtos polas dúas caras do Botando o lixo no que non veñan papel ou en papeis caldeiro e contedor envasados. vellos. que corresponda.
  • 28. 28 Lembra: No Complexo Medioambiental de Sogama, en Cerceda, trátase a maior parte do lixo que producimos en Galicia. Os envases lixeiros (envases de plástico, latas e briks) pódense reciclar. Para poder reciclar os residuos, é imprescindíbel separalos antes na casa. A Sogama chega o lixo que producen máis de dous millóns de habitantes de 294 concellos galegos.
  • 29. 29 Temos que mudar os hábitos de consumo para producir menos lixo. Mais o mellor é non producilo: lixo CERO é a meta que debemos conseguir. Nas casas con terreo e nos concellos do rural, pódense aproveitar os residuos orgánicos para facer compost doméstico. Para protexer o medio ambiente, lembra sempre os tres R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
  • 30. Libros publicados na colección Os Bolechas pelexan cunha avespa OS BOLECHAS: Os Bolechas van a un festival Os Bolechas lavan o can Os Bolechas van en caravana Os Bolechas xogan ás escondidas Os Bolechas rifan no cuarto de baño Os Bolechas van ao cine Os Bolechas teñen unha curmá Os Bolechas fan maxia Os Bolechas van ao médico Libros publicados na colección Os Bolechas van ao supermercado OS BOLECHAS van de viaxe: Os Bolechas van de excursión Buscan a Linda en Pontevedra Os Bolechas van á praia A moeda de Lugo Os Bolechas van pola rúa Primeiro amor en Ferrol Os Bolechas teñen medo A vaca da Amaía Os Bolechas xogan co ordenador O castelo encantado d’O Porriño Os Bolechas van mercar roupa Carreiras en Poio Os Bolechas cortan o pelo O tesouro de Baiona Os Bolechas van ao circo Os Bolechas van á aldea Libros publicados na colección © PROMOCIÓNS CULTURAIS GALEGAS, S.A. Os Bolechas van á piscina OS BOLECHAS queren saber...: Os Bolechas van de acampada que é o aire Deseño da colección, texto e debuxos Os Bolechas van a un cumpreanos que é a enerxía de Pepe Carreiro Os Bolechas van de pesca que é a auga Os Bolechas teñen gato que é o lixo ISBN: 000000 Os Bolechas fan pis que é o solo D.L.: VG-000000 Os Bolechas fan un carro cómo é un parque de bombeiros Impresión e encadernación: Os Bolechas están namorados cómo é a policía local Comercial Gráfica Nós, S.A. Rúa do Príncipe, 22. 36202 Vigo Os Bolechas perderon o can cómo é unha biblioteca Os Bolechas van ao parque de atraccións cómo é un acuario Os Bolechas vaná hamburguesería Cómo é un castro Os Bolechas xogan ao baloncesto