SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  22
CONCURSO
A MULLER GALEGA
NA CIENCIA
8 DE MARZO
DÍA DA MULLER
11 DE FEBREIRO
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Naceu o 20 de maio de 1880, na
Coruña.
Filla dun periodista, escritor e
farmacéutico importante. Tamén tiña un
irmán científico.
Comezou a traballar en 1908 como
profesora auxiliar na escola normal da
Coruña.
En 1911 converteuse nunha profesora
titular e foi directora da escola en
distintas ocasións ata que se xubilou en
1946.
En 1919 participou como poñente no
primero congreso de Estudos Galegos
no que defendeu o tema da importancia
que para Galicia tería a creación dunha
estación de bioloxía mariña na Coruña.
Foi pioneira na incorporación da muller a
cultura científica a principios do século
XX.
1. EDUCACIÓN CIENTÍFICA
Nada en Vigo en 1961. É unha
informática galega, catedrática da
UDC, investigadora en intelixencia
artificial.
Durante o bienio 2016-2017 foi a
presidenta da Asociación
Española de Inteligencia Artificial e
é a coordinaroda do grupo de
investigación LIDIA (Laboratorio
de I+D en Intelixencia Artificial) da
Facultade de Informática da
Coruña.
2. INFORMÁTICA
INTELIXENCIA ARTIFICIAL
3. MATEMÁTICAS
Foi unha matemática que desenvolveu os
seus traballos de investigadora en Estados
Unidos e en Canadá.
Nada o 17 de xullo de 1927, en Oleiros e
faleceu o 14 de xuño de 2014 en A Coruña.
No concello de Oleiros un parque leva o seu
nome para homenaxear a esta matemática
experta en teoría de grupos clásicos en
Álxebra de Clifford, especialmente na súa
aplicación en física e na teoría de
representacións álxebras.
Foi profesora e investigadora en institucións
como a universidade de Buffalo, a de Toronto
e a de Indiana, tamén foi investigadora do
instituto matemático Jorge Juan del centro
superior de investigacións científicas.
No ano 2006 a Xunta de Galicia creou o
premio que leva o seu nome para recoñecer
a traxectoria de mulleres relevantes no eido
das ciencias. O premio entrégase cada ano a
unha científica diferente.
4. BIOLOXÍA
Nada na Coruña en 1992, foi alumna do
IES Monelos e licenciouse posteriormente
en Bioloxía.
Actualmente é unha grande divulgadora da
ciencia en Instagram a través da conta
@Putamen_T, nome que fai referencia a
unha parte do cerebro.
Fixo un máster en Neurociencia e
especializouse no comportamento
humano. Actualmente investiga na súa
tese doutoral como utilizar a divulgación
científica como prevención de riscos para
a saúde.[
Publicou na editoral Paidós La biología
aprieta pero no ahoga con enorme éxito de
lectores.
5. MATEMÁTICAS-
INFORMÁTICA
Nada en Santiago de Compostela no ano
1942. Foi a primeira programadora
española. Os seus inicios na
computación foron na sede Bull General
Electric, en Madrid. En poucos meses a
través de moitos cursos e esforzo
chegou a ser programadora de tal
empresa.
Traballou como operadora en Bull
General Electric, cando volveu a Galicia
comezou a traballar na caixa de aforros
de Santiago de Compostela cas
maquinas de Philips e IBM máis
avanzadas da epoca. Tamen foi licencia
en filosofía e CC. da educación.
6. MEDICINA
Nada na Coruña en 1977, é unha científica
galega no ámbito da medicina.
Ao rematar o bacharelato en 1995, marchou a
estudar biomedicina á Phillips Academy
Andover de Massachusetts. Ao ano seguinte
comezou medicina na Universidade
Autónoma de Madrid e iniciou as súas
investigacións sobre enfermidades
infecciosas como a leishmaniose ou a
meninxite. En 2001 recibe unha bolsa do
Centro Nacional de Investigacións
Oncolóxicas para estudar os mecanismos
xenéticos da resistencia do linfoma T cutáneo
á inmunoterrapia. Remata a súa carreira na
Universidade Pierre-et-Marie-Curie de París e
en 2003 inicia os seus estudos de
doutoramento na Universidad de Harvard
sobre a formación de células nai do sangue a
partir de células nai embrionarias.
En 2008 recibiu o premio Hauser que outorga
esa universidade.
7. BIOLOXÍA.
OCEANOGRAFÍA
Nada en Vigo en 1947 e finada en
Moaña o 22 de Decembro de 2015 con
68 anos. Foi unha bióloga galega.
Estudou na Escola de Comercio de
Vigo e traballou na súa mocidade
nunha imprenta. Posteriormente
comezou a traballar como axudante no
Instituto de Investigación Mariña de
Vigo,o que a levou a estudar de novo e
a licenciarse en bioloxía pola
Universidade de Santiago.
Foi directora no instituto de
Investigacións Mariñas de Vigo entre
2006 e 2011.
En 2015 ingresou na Real Academia
Galega de Ciencias na súa sección de
bioloxía, foi a terceira muller que
ingresaba, logo de María José Alonso e
de Alicia Estévez
8. Informática
Nada na Coruña en 1969, é unha
investigadora galega e doutora pola UDC
en informática no eido da intelixencia
artificial, aprendizaxe computacional e os
sistemas baseados no coñecemento. Os
seus estudos aplicáronse en medicina
para realizar diagnoses antenatais,
diagnoses de motores e en predición e
xestión de incendios forestais.
É membro activo do Grupo de
Investigación LIDA (Laboratorio de
Investigación e Desenvolvemento en
Intelixencia Artificial) e colaboradora da
Subdirección Xeral da Axencia Nacional
de Avaliación e Prospectiva (ANEP) para
a subárea científica de Sistemas
Intelixentes.
9. FARMACIA
BIOLOXÍA
Nada en Pontevedra o 20 de
novembro de 1955 é unha
cientifíca galega. Está
especializada en ictioloxia.
Está licenciada en farmacia, foi
catedrática en microbioloxía e
estudou as patoloxías dos peixes
e os moluscos. É responsable no
instituto de agricultura na facultade
de bioloxía da universidade de
Santiago de Compostela.
É membro activo de dez
sociedades científicas e da
Unidade de Muller e Ciencia da
Xunta de Galicia.[
10. QUÍMICA
Nada na Coruña en 1995 é
química e divulgadora de ciencia,
que mantén no blog Dimetisulfuro.
Dirixiu diversas xornadas de
divulgación científica, como as de
Arte & Ciencia no Museo
Guffenheim de Bilbaou ou a
cátedra de Cultura Científica da
Universidade do País Vasco.
Ademais é membro da Asociación
Española de Divulgación Científica
e colaboradora de Efervescencia.
En 2018 participou no programa
Girl Stem.
Ten publicado na editorial Paidós
obras como Todo es cuestión de
química ou ¡Qué se le van las
vitaminas!
11. MEDICINA
Nada na Veiga (Asturias) en 1895 e finada
en Compostela en 1984. Foi unha médica
vencellada a Galizia, pioneira e promotora
da xenética en España.
Filla dun médico de renome. Xunto á súa
irmá xemelga chamada Elisa; elas foron as
primeiras mulleres en estudar nunha
universidade galega. Foron admitidas na
facultade de Medicina da Universidade de
Santiago. Remataron xuntas a carreira, e
concedéronlle o Premio Extraordinario.
Foi profesora na Cátedral de Patoloxía
Xeral da Universidade Central de Madrid.
Durante a guerra civil axudou como
médico militar en Santiago de Compostela
no hospital instalado no Seminario de San
Martín Pinario. Cando rematou a guerra
volveu á Madrid. Deu clases na Facultade
e traballou no hospital de San Carlos. A
finais dos anos 40, sacou as oposicións a
médico de balneario e fíxose cargo do de
Guitiriz.
12. QUÍMICA
Nada en 1946, é doutora en química.
Dende 2009 é profesora da Universidade
de Vigo do departamento de Didácticas
especiais na Facultade de Ciencias da
Educación e do Deporte de Pontevedra. É
vicepresidenta do Seminario
Interdisciplinario de Estudos de Xénero da
Universidade. O seu labor docente e
investigador en xénero, ciencia e
educación foi recoñecido con diversos
premios.
En 2016 comezou a formar parte da
"Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza
e Sociedade" no Consello da Cultura
Galega, na que participa con publicacións
e como relatora.
En 2017 foi galardoada co Premio Uviguala
2017 da Universidade de Vigo polo seu
compromiso coa igualdade de xénero.
Forma parte do Comité de Sabias da
Cátedra de Feminismos 4.0 da
Universidade de Vigo.
13. FARMACIA
Nada en Bandeira (Pontevedra) en 1947.
Foi licenciada e doutorada na Universidade
de Santiago de Compostela. Incorporouse
en 1985 na Universidade de Navarra, foi
decana na facultade de farmacia entre
1986 e 1994.
Durante moitos anos desempeñou o cargo
de vicerrectora da Universidade de
Navarra
Ingresou na academia de farmacia de
Galicia e na Real Academia Galega de
Ciencias no 1978, e en 1990 foi nomeada
membro da Real Academia de Farmacia
en Madrid.
A catedrática de farmacia na Universidade
de Navarra realizou dúas estancias, unha
no departamento de fisioloxía da
Universidade de Sheffield, e outra cunha
beca no CSIC na Universidade de Oxford.
Recibiu a medalla de ouro da Universidade
de Navarra.
14. BIOLOXÍA
Nada en Ponteareas en 1977, é
licenciada en bioloxía pola Universidade
de Vigo.
A súa especialidade é a proteómica
avanzada e a bioloxía de sistemas, no
contexto da seguridade alimentaria e a
alerxia aos alimentos de orixe mariña.
A súa actividade e experiencia científica
viuse reflectida coa participación e
liderado de numerosos proxectos
nacionais e internacionais, colabora
activamente impartindo clases oficiais
en diferentes programas de mestrado e
doutoramento, participa en diferentes
actividades de divulgación da ciencia e
é conselleira de diferentes sociedades
internacionais de Proteómica e
Alimentos. É autora de máis de 50
publicacións científicas.
15. FÍSICA
Nada en Pontevedra o 14 de
Novembro de 1928, é unha influínte
científica galega.
É Doutora en Física (1963). Foi a
primeira muller catedrática de física
aplicada na Universidade de Santiago
de Compostela.
Ampliou estudos en Manchester e en
1964 introduciu a microcalorimetría en
España.
Coordinou o equipo que elaborou o
sistema experto para predicir o perigo
de incendios forestais en Galicia e o
proxecto THOR.
Algúns dos seus recoñecementos:
Recibiu a Medalla de Ouro da Real
Sociedad Española de Física (1992), o
Premio Galicia de Investigación
Antonio Casares e Rodrigo (1999), o
Premio María Wonenburger e a
medalla Castelao (2008).
16. QUÍMICA
Nada en Vigo en 1961, é licenciada en
química pola Universidade de Compostela.
Durante 25 anos desenvolveu o seu labor
investigador na área de contaminación
mariña e protección ambiental, centrada na
avaliación e carcterización de
contaminantes químicos en mostras
ambientais. Asi mesmo participou no
seguimento do impacto xerado por
verteduras mariñas tales como as do
Casón, a do desastre de Aznalcóllar, o Mar
Exeo ou o Prestige.
En 2017 recolleu a Medalla de Ouro da
Cidade outorgada ao Centro Oceanográfico
pola Corporación Municipal de Vigo e a
Medalla Castelao, o máximo
recoñecemento que outorga a Xunta de
Galicia ao traballo da sociedade civil.
17. QUÍMICA
FARMACIA
Nada o 2 de xuño de 1934.
Obtivo a licenciatura en farmacia
(1958) en ciencias químicas (1963)
con premio extraordinario na
Universidade de Santiago de
Compostela e posteriormente o
doutorado en farmacia (1964)
trasladándose despois á Universidade
de Nancy Francia.
Comezou a traballar na década de
1960 no Consello de Superior de
investigacións científicas. Mantendo
na actualidade un campo de
investigación sobre solucións para
recuperar terreos en zona afectada
polo lume.
Recibiu o premio María Wonenburger
en 2012.
Escribiu un libro titulado “El suelo y los
incendios forestales en Galicia” .
18. FÍSICA
MATEMÁTICAS
Nada en Novelín (Rendar, O Incio) en
1975, é licenciada en física na
Universidade de Compostela e
profesora na City, Universidade de
Londres.
Especializada en física de partículas.
Na docencia universitaria concéntrase
principalmente nas matemáticas e as
súas aplicacións. Ten dado cursos de
cálculo, programación, ecuacións
diferenciais, sistemas dinámicos, teoría
dos números, etc. A súa área de
Investigación especialízase no estudo
de sistemas cuánticos unidimensionais
coñecidos como sistemas integrables.
Tamén é membro do comité de
Igualdade, Diversidade e Inclusión da
súa facultade e membro do comité
Athena Swan que traballa na
eliminación da discriminación de xénero
no mundo académico, particularmente
nas carreiras científicas.
19. BIOLOXÍA
OCEANOGRAFÍA
Nada en Serantes (Ferrol) en 1916.
Viviu en España, Reino Unido e en Estados
Unidos. Faleceu en 2005 en EEUU.
Foi Oceonógrafa e bióloga mariña.
De 1941 ata 1948 impartiu clases como
profesora de bióloxía, zooloxía, botánica, e
xeoloxía.
Obtivo o recoñecemento como exemplo de
muller científica en women tech world.
En 2015 a real academia galega de
ciencias (RAGC) celebrou o 1 de xuño, o
día da ciencia en Galicia homenaxeando
por primeira vez a unha investigagora
muller.
Publicou libros como:
1951. Anguías e angulas: bioloxía, pesca e
consumo.
1969. Los Quetognatos del Atlántico:
distribución y notas sistemáticas
esenciales.
20. MICROBIOLOXÍA
Nada en Lugo en 1975, é unha
experta no estudo de infeccións
causadas polo virus da
inmunodeficiencia humana (VIH) e o
virus da hepatite B, C e delta. En
2012 foi
galardoada co Premio para mulleres
científicas L’Oréal-UNESCO como
recoñecemento á excelencia do
traballo científico desenvolvido no
Campo das Ciencias da Vida.
Destaca tamén a súa implicación en
actividades de divulgación como a
súa participación no proxecto
financiado pola FECYT Biomedicina
con e para a sociedade ou a
coordinación da participación do
INIBIC no Día da Ciencia na Rúa da
Coruña.
21. ASTRONOMÍA
Nada en Ourense o 13 de maio de
1914. Foi ao colexio con sete anos,
e con nove anos xa estaba
preparada para ir ao instituto, por
esa razón a súa familia trasladouse
a Santiago de Compostela. Estudou
bacharelato e estivo de axudante no
Departamento de Ciencias no
Instituto Arcebispo Xelmírez II.
Comezou os estudos superiores na
Facultade de Ciencias da USC. Ao
acabar a carreira empezou a
traballar, desde o 1934 hasta o 1936
traballou como profesora axudante
en prácticas. Faleceu o 6 de agosto
de 2009.
Foi a primeira muller española en
defender unha tese sobre
astronomía no ano 1963.

Contenu connexe

Similaire à Concurso a muller galega na ciencia

Similaire à Concurso a muller galega na ciencia (8)

Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicas
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundo
 
As mulleres científicas máis influíntes na historia
As mulleres científicas máis influíntes na historiaAs mulleres científicas máis influíntes na historia
As mulleres científicas máis influíntes na historia
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundo
 
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdfPresentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
Presentación Farmacología Medicina Corporativo Profesional Azul Rojo.pdf
 
Anxo carracedo alvarez cv resumo 2010 doc
Anxo carracedo alvarez cv resumo 2010 docAnxo carracedo alvarez cv resumo 2010 doc
Anxo carracedo alvarez cv resumo 2010 doc
 
5 científicos galegos
5 científicos galegos5 científicos galegos
5 científicos galegos
 
Respostas mércores
Respostas mércoresRespostas mércores
Respostas mércores
 

Plus de Agrela Elvixeo

Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosMulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosAgrela Elvixeo
 

Plus de Agrela Elvixeo (20)

Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos GalegosMulleres no Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
 

Concurso a muller galega na ciencia

  • 1. CONCURSO A MULLER GALEGA NA CIENCIA 8 DE MARZO DÍA DA MULLER 11 DE FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
  • 2. Naceu o 20 de maio de 1880, na Coruña. Filla dun periodista, escritor e farmacéutico importante. Tamén tiña un irmán científico. Comezou a traballar en 1908 como profesora auxiliar na escola normal da Coruña. En 1911 converteuse nunha profesora titular e foi directora da escola en distintas ocasións ata que se xubilou en 1946. En 1919 participou como poñente no primero congreso de Estudos Galegos no que defendeu o tema da importancia que para Galicia tería a creación dunha estación de bioloxía mariña na Coruña. Foi pioneira na incorporación da muller a cultura científica a principios do século XX. 1. EDUCACIÓN CIENTÍFICA
  • 3. Nada en Vigo en 1961. É unha informática galega, catedrática da UDC, investigadora en intelixencia artificial. Durante o bienio 2016-2017 foi a presidenta da Asociación Española de Inteligencia Artificial e é a coordinaroda do grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) da Facultade de Informática da Coruña. 2. INFORMÁTICA INTELIXENCIA ARTIFICIAL
  • 4. 3. MATEMÁTICAS Foi unha matemática que desenvolveu os seus traballos de investigadora en Estados Unidos e en Canadá. Nada o 17 de xullo de 1927, en Oleiros e faleceu o 14 de xuño de 2014 en A Coruña. No concello de Oleiros un parque leva o seu nome para homenaxear a esta matemática experta en teoría de grupos clásicos en Álxebra de Clifford, especialmente na súa aplicación en física e na teoría de representacións álxebras. Foi profesora e investigadora en institucións como a universidade de Buffalo, a de Toronto e a de Indiana, tamén foi investigadora do instituto matemático Jorge Juan del centro superior de investigacións científicas. No ano 2006 a Xunta de Galicia creou o premio que leva o seu nome para recoñecer a traxectoria de mulleres relevantes no eido das ciencias. O premio entrégase cada ano a unha científica diferente.
  • 5. 4. BIOLOXÍA Nada na Coruña en 1992, foi alumna do IES Monelos e licenciouse posteriormente en Bioloxía. Actualmente é unha grande divulgadora da ciencia en Instagram a través da conta @Putamen_T, nome que fai referencia a unha parte do cerebro. Fixo un máster en Neurociencia e especializouse no comportamento humano. Actualmente investiga na súa tese doutoral como utilizar a divulgación científica como prevención de riscos para a saúde.[ Publicou na editoral Paidós La biología aprieta pero no ahoga con enorme éxito de lectores.
  • 6. 5. MATEMÁTICAS- INFORMÁTICA Nada en Santiago de Compostela no ano 1942. Foi a primeira programadora española. Os seus inicios na computación foron na sede Bull General Electric, en Madrid. En poucos meses a través de moitos cursos e esforzo chegou a ser programadora de tal empresa. Traballou como operadora en Bull General Electric, cando volveu a Galicia comezou a traballar na caixa de aforros de Santiago de Compostela cas maquinas de Philips e IBM máis avanzadas da epoca. Tamen foi licencia en filosofía e CC. da educación.
  • 7. 6. MEDICINA Nada na Coruña en 1977, é unha científica galega no ámbito da medicina. Ao rematar o bacharelato en 1995, marchou a estudar biomedicina á Phillips Academy Andover de Massachusetts. Ao ano seguinte comezou medicina na Universidade Autónoma de Madrid e iniciou as súas investigacións sobre enfermidades infecciosas como a leishmaniose ou a meninxite. En 2001 recibe unha bolsa do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas para estudar os mecanismos xenéticos da resistencia do linfoma T cutáneo á inmunoterrapia. Remata a súa carreira na Universidade Pierre-et-Marie-Curie de París e en 2003 inicia os seus estudos de doutoramento na Universidad de Harvard sobre a formación de células nai do sangue a partir de células nai embrionarias. En 2008 recibiu o premio Hauser que outorga esa universidade.
  • 8. 7. BIOLOXÍA. OCEANOGRAFÍA Nada en Vigo en 1947 e finada en Moaña o 22 de Decembro de 2015 con 68 anos. Foi unha bióloga galega. Estudou na Escola de Comercio de Vigo e traballou na súa mocidade nunha imprenta. Posteriormente comezou a traballar como axudante no Instituto de Investigación Mariña de Vigo,o que a levou a estudar de novo e a licenciarse en bioloxía pola Universidade de Santiago. Foi directora no instituto de Investigacións Mariñas de Vigo entre 2006 e 2011. En 2015 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias na súa sección de bioloxía, foi a terceira muller que ingresaba, logo de María José Alonso e de Alicia Estévez
  • 9. 8. Informática Nada na Coruña en 1969, é unha investigadora galega e doutora pola UDC en informática no eido da intelixencia artificial, aprendizaxe computacional e os sistemas baseados no coñecemento. Os seus estudos aplicáronse en medicina para realizar diagnoses antenatais, diagnoses de motores e en predición e xestión de incendios forestais. É membro activo do Grupo de Investigación LIDA (Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial) e colaboradora da Subdirección Xeral da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP) para a subárea científica de Sistemas Intelixentes.
  • 10. 9. FARMACIA BIOLOXÍA Nada en Pontevedra o 20 de novembro de 1955 é unha cientifíca galega. Está especializada en ictioloxia. Está licenciada en farmacia, foi catedrática en microbioloxía e estudou as patoloxías dos peixes e os moluscos. É responsable no instituto de agricultura na facultade de bioloxía da universidade de Santiago de Compostela. É membro activo de dez sociedades científicas e da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.[
  • 11. 10. QUÍMICA Nada na Coruña en 1995 é química e divulgadora de ciencia, que mantén no blog Dimetisulfuro. Dirixiu diversas xornadas de divulgación científica, como as de Arte & Ciencia no Museo Guffenheim de Bilbaou ou a cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco. Ademais é membro da Asociación Española de Divulgación Científica e colaboradora de Efervescencia. En 2018 participou no programa Girl Stem. Ten publicado na editorial Paidós obras como Todo es cuestión de química ou ¡Qué se le van las vitaminas!
  • 12. 11. MEDICINA Nada na Veiga (Asturias) en 1895 e finada en Compostela en 1984. Foi unha médica vencellada a Galizia, pioneira e promotora da xenética en España. Filla dun médico de renome. Xunto á súa irmá xemelga chamada Elisa; elas foron as primeiras mulleres en estudar nunha universidade galega. Foron admitidas na facultade de Medicina da Universidade de Santiago. Remataron xuntas a carreira, e concedéronlle o Premio Extraordinario. Foi profesora na Cátedral de Patoloxía Xeral da Universidade Central de Madrid. Durante a guerra civil axudou como médico militar en Santiago de Compostela no hospital instalado no Seminario de San Martín Pinario. Cando rematou a guerra volveu á Madrid. Deu clases na Facultade e traballou no hospital de San Carlos. A finais dos anos 40, sacou as oposicións a médico de balneario e fíxose cargo do de Guitiriz.
  • 13. 12. QUÍMICA Nada en 1946, é doutora en química. Dende 2009 é profesora da Universidade de Vigo do departamento de Didácticas especiais na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. É vicepresidenta do Seminario Interdisciplinario de Estudos de Xénero da Universidade. O seu labor docente e investigador en xénero, ciencia e educación foi recoñecido con diversos premios. En 2016 comezou a formar parte da "Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade" no Consello da Cultura Galega, na que participa con publicacións e como relatora. En 2017 foi galardoada co Premio Uviguala 2017 da Universidade de Vigo polo seu compromiso coa igualdade de xénero. Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.
  • 14. 13. FARMACIA Nada en Bandeira (Pontevedra) en 1947. Foi licenciada e doutorada na Universidade de Santiago de Compostela. Incorporouse en 1985 na Universidade de Navarra, foi decana na facultade de farmacia entre 1986 e 1994. Durante moitos anos desempeñou o cargo de vicerrectora da Universidade de Navarra Ingresou na academia de farmacia de Galicia e na Real Academia Galega de Ciencias no 1978, e en 1990 foi nomeada membro da Real Academia de Farmacia en Madrid. A catedrática de farmacia na Universidade de Navarra realizou dúas estancias, unha no departamento de fisioloxía da Universidade de Sheffield, e outra cunha beca no CSIC na Universidade de Oxford. Recibiu a medalla de ouro da Universidade de Navarra.
  • 15. 14. BIOLOXÍA Nada en Ponteareas en 1977, é licenciada en bioloxía pola Universidade de Vigo. A súa especialidade é a proteómica avanzada e a bioloxía de sistemas, no contexto da seguridade alimentaria e a alerxia aos alimentos de orixe mariña. A súa actividade e experiencia científica viuse reflectida coa participación e liderado de numerosos proxectos nacionais e internacionais, colabora activamente impartindo clases oficiais en diferentes programas de mestrado e doutoramento, participa en diferentes actividades de divulgación da ciencia e é conselleira de diferentes sociedades internacionais de Proteómica e Alimentos. É autora de máis de 50 publicacións científicas.
  • 16. 15. FÍSICA Nada en Pontevedra o 14 de Novembro de 1928, é unha influínte científica galega. É Doutora en Física (1963). Foi a primeira muller catedrática de física aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Ampliou estudos en Manchester e en 1964 introduciu a microcalorimetría en España. Coordinou o equipo que elaborou o sistema experto para predicir o perigo de incendios forestais en Galicia e o proxecto THOR. Algúns dos seus recoñecementos: Recibiu a Medalla de Ouro da Real Sociedad Española de Física (1992), o Premio Galicia de Investigación Antonio Casares e Rodrigo (1999), o Premio María Wonenburger e a medalla Castelao (2008).
  • 17. 16. QUÍMICA Nada en Vigo en 1961, é licenciada en química pola Universidade de Compostela. Durante 25 anos desenvolveu o seu labor investigador na área de contaminación mariña e protección ambiental, centrada na avaliación e carcterización de contaminantes químicos en mostras ambientais. Asi mesmo participou no seguimento do impacto xerado por verteduras mariñas tales como as do Casón, a do desastre de Aznalcóllar, o Mar Exeo ou o Prestige. En 2017 recolleu a Medalla de Ouro da Cidade outorgada ao Centro Oceanográfico pola Corporación Municipal de Vigo e a Medalla Castelao, o máximo recoñecemento que outorga a Xunta de Galicia ao traballo da sociedade civil.
  • 18. 17. QUÍMICA FARMACIA Nada o 2 de xuño de 1934. Obtivo a licenciatura en farmacia (1958) en ciencias químicas (1963) con premio extraordinario na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente o doutorado en farmacia (1964) trasladándose despois á Universidade de Nancy Francia. Comezou a traballar na década de 1960 no Consello de Superior de investigacións científicas. Mantendo na actualidade un campo de investigación sobre solucións para recuperar terreos en zona afectada polo lume. Recibiu o premio María Wonenburger en 2012. Escribiu un libro titulado “El suelo y los incendios forestales en Galicia” .
  • 19. 18. FÍSICA MATEMÁTICAS Nada en Novelín (Rendar, O Incio) en 1975, é licenciada en física na Universidade de Compostela e profesora na City, Universidade de Londres. Especializada en física de partículas. Na docencia universitaria concéntrase principalmente nas matemáticas e as súas aplicacións. Ten dado cursos de cálculo, programación, ecuacións diferenciais, sistemas dinámicos, teoría dos números, etc. A súa área de Investigación especialízase no estudo de sistemas cuánticos unidimensionais coñecidos como sistemas integrables. Tamén é membro do comité de Igualdade, Diversidade e Inclusión da súa facultade e membro do comité Athena Swan que traballa na eliminación da discriminación de xénero no mundo académico, particularmente nas carreiras científicas.
  • 20. 19. BIOLOXÍA OCEANOGRAFÍA Nada en Serantes (Ferrol) en 1916. Viviu en España, Reino Unido e en Estados Unidos. Faleceu en 2005 en EEUU. Foi Oceonógrafa e bióloga mariña. De 1941 ata 1948 impartiu clases como profesora de bióloxía, zooloxía, botánica, e xeoloxía. Obtivo o recoñecemento como exemplo de muller científica en women tech world. En 2015 a real academia galega de ciencias (RAGC) celebrou o 1 de xuño, o día da ciencia en Galicia homenaxeando por primeira vez a unha investigagora muller. Publicou libros como: 1951. Anguías e angulas: bioloxía, pesca e consumo. 1969. Los Quetognatos del Atlántico: distribución y notas sistemáticas esenciales.
  • 21. 20. MICROBIOLOXÍA Nada en Lugo en 1975, é unha experta no estudo de infeccións causadas polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH) e o virus da hepatite B, C e delta. En 2012 foi galardoada co Premio para mulleres científicas L’Oréal-UNESCO como recoñecemento á excelencia do traballo científico desenvolvido no Campo das Ciencias da Vida. Destaca tamén a súa implicación en actividades de divulgación como a súa participación no proxecto financiado pola FECYT Biomedicina con e para a sociedade ou a coordinación da participación do INIBIC no Día da Ciencia na Rúa da Coruña.
  • 22. 21. ASTRONOMÍA Nada en Ourense o 13 de maio de 1914. Foi ao colexio con sete anos, e con nove anos xa estaba preparada para ir ao instituto, por esa razón a súa familia trasladouse a Santiago de Compostela. Estudou bacharelato e estivo de axudante no Departamento de Ciencias no Instituto Arcebispo Xelmírez II. Comezou os estudos superiores na Facultade de Ciencias da USC. Ao acabar a carreira empezou a traballar, desde o 1934 hasta o 1936 traballou como profesora axudante en prácticas. Faleceu o 6 de agosto de 2009. Foi a primeira muller española en defender unha tese sobre astronomía no ano 1963.