SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  20
Os ecos

da Rosalía




       Lois Pérez Díaz
PERSONAXES

                             Bardo 1
                             Bardo 2
                             Rosalía
                             Cunqueiro
                             Castelao
                             Marqués do Silencio
                             Músico da orquesta
                             O Raio Vermello
                             Neno 1
                             Neno 2
                             Neno 3
                             Neno 4
                             Neno 5
                             Neno 6




O silencio e a voz. A forza da palabra e o valor da imaxinación. O diálogo cos que xa
non están a través da literatura. O Marqués do Silencio, porque cambian os tempos pero
non cambian as persoas.
As ganas de pasalo ben, as ganas de celebrar, e a poesía.
Cunqueiro, Castelao e Rosalía, sobre todo, Rosalía. E tantos outros que co seu esforzo
lle deron pulos á nosa lingua: bonita, divertida, culta, atemporal. Disfrutádea. Falando,
escribindo, recitando, querendo.
Escea 1

Chega o solpor. Algunhas luces, óense ouveos ao lonxe, algúns cantos dos
paxaros, zoa o vento, os nenos e nenas xogan na rúa antes de ir cearen.

Entra o bardo en escea pola esquerda da escea, arrastrado por dous nenos,
acariñando un arpa

Bardo 1: Nin ás escuras!

-Todo está negro, as sombras envolven a vereda,
e nin o ceu ten ollos, nin o pinar ten lengua.

¡Vamos! Do que hai oculto, ¿quen mideu as fonduras?
¡Alma non habrá que sepa...! ¡Ven...! A noite está escura.

-¿Escura...?; mais relumbra non sei qué luz traidora...
- É unha estrela que brila nas augas bulidoras.

-¿E non oes que remuxe algo onde aquel herbal?
-É o vento que anda tolo correndo entre a follaxe.

-Escoita, sinto pasos, e asoma seica un bulto...
-¡Si é un vivo, matarémolo; non fala si é difunto!

Mais aquí onde este cómaro, hai unha cova fonda:
Ven, e santos ou demos, que nos atopen agora.

Entra o segundo bardo pola dereita da escea, arrastrado por dous nenos,
acariñando outro arpa.

Bardo 2:

¿Adonde iréi conmigo? ¿Dónde me esconderei,
que xa ninguén me vexa e eu non vexa a ninguén?

A luz do día asómbrame, pásmame a das estrelas,
e as olladas dos homes na alma me penetran.

É que o que dentro levo de min, penso que ao rostro
Me sae, cal sae o mare ao cabo un corpo morto.

¡Houbera, e que saíra...!, máis non: dentro te levo,
¡fantasma pavoroso dos meus remordementos!
Só sentiche da febre o mortal frío
Que helou ata os teus osos.


As cousas no seu tempo,
E as feras no seu tobo.



Nena 1: Eu non xogo máis! Facedes trampa! Non vale!

Neno 2: Non sexas chorimicas!

Nena 1: Non tal!

Neno 3: Si tal!

Nena 1: Non tal!

Nena 4: Si tal!

Nena 1: Non tal!

Neno 5: Si tal!

A nena 1 vírase anoxada.

Neno 6: Si tal, imos cear, deixádeo, non paga a pena.

Neno 2(tocando a fronte, reparando nel mesmo): Estou suando, estou roxo
coma un tomate.

Nena 3: Si, igual ca hoxe na clase cando che preguntou a mestra se sabías algo
de Rosalía de Castro.

Neno 4: E que vou saber eu desa muller? Se morreu hai moitos anos!

Neno 5: Pois terías que saber que...

Nena 3: Bueno, xa comeza este outra vez! Pesado, xa sabemos que es un chapón!

Nena1: Pero poderá falar, tampouco sexades malos.

Neno 2: Iso! A min interésame. O saber non ocupa lugar.

Neno 4: E eu que teño que saber dela? Non quero saber nada. Pero se queres,
dígoche a alineación do Sofán contra o Muros, no choque do dous mil oito!

Nena 6: Esa si que é boa! Ti que vas saber!
Nena 4: Escoita: Lupi, Manu Dosil, Gabi , Teo, Mayuyo, Aaron , Maxi, Gelo ,
Jaro , Bibi e Brais. Xogaron tamén Iván, Adán, Álvaro, Quico e Piti.

Nena 1: Árbitro?

Neno 4: Señor Vázquez Expósito, do colexio da Coruña, houbo protestas por
alineación indebida.

Nena 2(ollando cara o público, acenando): Mimá!

Neno 5: Manda truco!

Nena 3: Róncalle os...

Nena 1: Nin se che ocorra! Non xures.

Nena 3: Non se xura porque o dixo o cura.

Nena 5: Iso rima!

Nena 3: Eu non son túa prima.

Todos a un tempo: Iso rima tamén.

Neno 4: Dixo a parroquia amén!

Todos a un tempo: Amén!!

Neno 2: É verdade! Dixo así, dixo así: Parroquia, direivos dúas cousas!

Neno 1,3,4,6: Cales?

Neno 2(moi solemne, sinalando co dedo cara arriba): A primeira...! Somos a
segunda parroquia que máis xura. E a segunda...! Que comamodemo se temos
que ser a primeira.

Todos comezan a rir a gargalladas.


Neno 1: Agora estabamos a rimar, e non se che vía nada aburrido.

Neno 4: Xa, pero isto é divertido, e a Rosalía de Castro, iso, iso...Iso é un
aburrimento.

Nena3: Algo de razón ten, porque agora que chega o Día das Letras Galegas,
vailles dar aos mestres co rollo de sempre: veña chapar datas de nacemento,

Todos: Vaia tormento!

Nena 3: E onde tiñan a súa casa!
Todos: Que lles pasa?!

Nena 3: E milagres da súa vida.

Todos: Que movida!
Cruza a escena un descoñecido correndo e berrando: Cambia agora o ton do
teu móbil! Envía tono ao 678milnovecentoscorentamillonsoitentaecatrooo!!!


Nena 6: E ese quen era?

Neno 3: Iso é cousa dos americanos. Están en todas partes. Díxoo o mestre de
música.

Neno 2: Os músicos non saben o que din, cala a boca.

Neno 1: De que estabamos a falar?

Todos: Das letras galegas.

Neno 4: Pois eu sigo sen saber quen é Rosalía de Castro.

Neno 5: A ver, Ángel, ilústrao.

Neno 6: Rosalía de Castro, naceu o 24 de febreiro de 1837.

Neno 1: Naceu( e dirixíndose ao público) Na-...?!

Neno 2: Xogou(dirixíndose ao público) Xo-...?

Neno 3: Creceu(dirixíndose ao público) Cre-...?

Neno 4: Estudou(dirixíndose ao público)Estu-...?

Neno 5: Loitou. Loi-tou? Foi á guerra?

Neno 1: Hai moitos xeitos de loitar, ho! Unha palabra ben dita pode ser máis
poderosas cás balas.

Neno 2: Dígocho eu! Cando se quenta o meu avó, chimpámonos todos da
lámpada da cociña!

Neno 3: E logo o teu avó é poeta?

Neno 4(adiantándose cara ao público): Poeta son eu, mira: patada no cú, non
sexas lambón! Tururú, tururú! Non me chamo Ramón!

Neno 1: Xa, pero iso non lles tivo graza.

Todos: A quen lle falas ti? Estás tolo.
Neno: Pois a quen lle vou falar! Ao público! Estades aí? Non vos escoito!
Estades aí?

Neno 2: Este está tolo.

Neno 3: Ves, non hai ninguén. Nin ti es poeta, nin hai público ningún.

Neno 4(anoxado): Ahh! O que eu dicía, ata dubido de que todos eses, incluída a
Rosalía existiran, son todo lerias.

Neno 1(ollando cara ningures): Disparar palabras, (moi devagar)
ratatatatatatá...Disparar palabras...

Neno 4: Pero por moitas palabras que disparara, debían ser moi aburridos
todos daquela, ou non reparaches ti en todas esas fotos en branco e negro?

Neno 1: Iso! Na consola é todo luces,(acenando) chas,chas! é moi divertido, e a
tele está moi ben tamén, os debuxos, e non toda esa xente vestida de negro.

Neno 2: Home, en cor non podían ser pero por iso non serían aburridos, ou?

Neno 3: Iso é certo. Serían coma nós todos eses? A Rosalía, o Cunqueiro, o
Castelao, o Novoneyra...

Neno 4(abaneando as mans e acenando cara o público): Ti levas esta
avaliación notablemente notable. Como controla!

Neno 1: Pois serían nenos coma nós, ou que vos pensades!

Neno 2: Non sei eu...

Neno 3: Non sei que che diga...

Neno 4: Non sei que che diga, Rodriga.

Todos(acenando ao mesmo tempo): Iso rima!

Neno 2: Faise tarde, e o meu bandullo está que arde!

Neno 3: A fame veu coa noite, e queren que as escoite!

Neno 4: Teño sono e sopra o vento, e aquí só pasa o tempo!

Neno 1: Si, será mellor que nos vaiamos.(todos se van agás o neno 1 que se
detén e acena que dispara ao aire, polo miúdo) Ratatataata, disparando
palabras: eco, noite, frío, lume, lúa, lúa, lúa...

Todo escurece. Soa a música.
Escea segunda



De fondo, a natureza. Óese o vento, a auga, os paxaros, os cabalos, as polas

das árbores. Misteriosamente, unha cama no medio de todo isto.

Na cama, o neno revírase unha e outra vez, está a soñar. Desfilan na súa

cabeza as imaxes deses descoñecidos dos que a mestra lle falou na escola:

Rosalía, Castelao, Cunqueiro...E alguén



Bardo 1(aparece na marxe esquerda do proscenio, empurrado por dous nenos

que marchan):

Baixaron os ánxeles

Onda ela estaba,

Fixéronlle un leito

Coas prácidas alas,

E lonxe lévano

Na noite calada.

Bardo 2(aparece na marxe dereita da escena, empurrado por outros dous

nenos que marchan):

Cando á alba do día

Tocou a campana,

E no alto da torre

Cantou a calandria,
Os ánxeles mesmos,

Pregadas as alas,

“¿por qué –marmúrano-,

por qué despertala...?”

Volta a música. Sobre a cama da nena durmindo comezan a desfilar as imaxes

do seu soño. De súpeto, a música cesa e as personaxes oníricas semellan reais.

A cama desaparece da escea. Aparece a pequena Rosalía, camiñando perdida

polo medio do monte.



Rosalía:

Camiño do meu contento;

I en tanto o sol non se esconde

Nunha pedriña me sento.



E sentada estou mirando

Cómo a lúa vai saíndo,

Cómo o sol se vai deitando...



Entra na escea Álvaro Cunqueiro, que se achega á Rosalía, fitándoa de

esguello.

Cunqueiro(ollándoa):

Se me fago árbore vella á outra beira do río,

E tócame ser a árbore que lembra e soña,

Podes estar ben segura de que soñarei contigo,

Cos teus ollos grises coma o mencer,

E co teu sorriso,
Co que se vestiron os beizos dos rosais,

Nos días máis felices.



Rosalía(erguendo e camiñando): E ti quen es?

Cunqueiro: Eu chámome Álvaro, pero todos me coñecerán coma

Cunqueiro(achegándose ao público) Cunqueiro! (mudando o ton, levando as

mans ao estómago) Ai, teño algo de fame, os libros baleiran o bandullo.

Rosalía: Que son eses ruídos?

Cunqueiro: Seguro que é un corvo que fala, ou un sombreiro que quere ser

home, ou un camiño que non ten fin, ou o mago Merlín! O mundo está cheo de

cousas moi estranas.



Entra na escea Castelao correndo, deténse no medio de Rosalía e Cunqueiro.



Castelao(abrindo os brazos, esaxerando): As cousas estranas poderémolas

cambiar, pero lembrade: que a fogueira do espírito siga quentando as vosas

vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares.

Cunqueiro: Ti tes futuro, rapaz, ti tes futuro! Dígocho eu! Coma que son de

Mondoñedo!

Rosalía(ollando para Cunqueiro): Que ben fala este rapaz, e non serás de

Rianxo?

Castelao: Son.

Cunqueiro: En Rianxo voan sós os sombreiros?

Rosalía: Xa o sabía eu. Gústame a calma da natureza.

Castelao: Podíamos xogar a algo. Porque todo isto de falar e escribir está moi

ben, pero eu quero xogar. Quero xogar!
Cunqueiro: Que vos parece se...

De súpeto, escurece a escea e chega a treboada, aparece na escea o Marqués

do Silencio. Todos reparan nel cunha mestura de curiosidade e medo.

O Marqués do Silencio camiña arredor dos tres nenos.

Cunqueiro: Comeuche a lingua o gato, mangallón?

Castelao: E logo non falas?

Rosalía: Nin fala nin oe,(achegándose ao Marqués) Oes?

Marqués do Silencio(erguendo os brazos, e levando a man á boca, pedindo

silencio): Tsss!! Silencio! Silencio! Silencio!

Cunqueiro: Toleaches, rapaz?

Castelao: E porque teríamos que estar calados?

Marqués do Silencio: Quero silencio! Quero silencio! E vós?(achegándose ao

público) Queredes silencio? Abonda!!

Rosalía: Vós, que vos quentades á llama de vivos lumiares,

        E só vivir vos compre baixo un ardente sol,

        Calade, se non entendedes encantos destos lares,

        E non entendendo os vosos, tamén calamos nós.



Cunqueiro: Ti sabías que un elefante voador vale máis cá mil silencios,

paspallán?

Marqués do Silencio(achegándose ao centro da escea): Un silencio perfecto!

Algún día falarase só de min, do Marqués do Silencio! Que ergueu grandes

murallas, e construcións magníficas, e en silencio apañou e apañou grandes

riquezas. Dentro de cen anos só se falará de min. Do Marqués do silencio.

Castelao: Estás tolo, e non tés cabeza, roubároncha e prantáronche un bolo.

O neno do soño érguese da cama. Repara neles estranado.
Neno: Que facedes no meu soño?

Rosalía: Soñar.

Castelao: Pensar.

Cunqueiro: Imaxinar.

Marqués do Silencio: Calar! Silencio! Caládevos!

Neno: Pois eu non me penso calar se non quero, e vós, nenos?

Rosalía: Soño ou realidade, hai cen anos ou na eternidade, sempre quere

mandar calar alguén, que non se oian as verdades, que non fale ninguén!!

Neno: Teño unha idea!!

Cunqueiro: Iso non é nada. Eu teño dúas mil.

Castelao: Déixalle falar, deixa que o rapaz se explique, non é malo dialogar.

Neno: Se isto é un soño, viaxa ao futuro entón, pídello ao demo, viaxa cen anos

e descubrirás si se fala de ti, abondará con que vaias a unha biblioteca. Se eres

famoso, nos libros sairás moi fermoso.

Marqués do Silencio(pensativo, cos brazos cruzados, ollando cara arriba):

Uuhmm! Non é mala idea. O futuro...O futuro!! Viaxarei ao futuro, irei a unha

biblioteca, abrirei un libro, e saírei alí: fermoso, famoso, silencioso. Inmortal!!

(comeza a rir a gargalladas) E ninguén se acordará de vós, calareivos para

sempre, malditos!!

O Marqués do Silencio marcha.

Rosalía: ¡Señor, daille descanso

         na terra que o crióu!

         ¡Que o polvo torne ó polvo,

         i o espírito ó ceo, bon Dios!

Cunqueiro: E recitas ben, tes madeira de poetisa, non é cousa de risa, pero

agora perdo o tren!! Adeus, nenos!
Castelao: Que será do Marqués? Aínda non aprendeu que o tempo silandeiro,

ás veces déixalle aos últimos seren os primeiros. Eu marcho tamén, imaxina,

oio murmurios da Arxentina.

Rosalía: ¡Por Dios..., non vos vaiás! ¡Qué doce, mais qué triste tamén é a

soledad!

Rosalía marcha atrás deles.

Neno: Que soño máis raro! Que lle acontecerá ao Marqués do Silencio, meu

coitado? Falarán os libros del no futuro? Iso sería bastante duro, cecais o

saiba deitado.

O neno déitase na cama e a escea queda ás escuras.



Escea terceira

Óese música, e óense estoupidos de festa, e barafunda de fondo. Os nenos

entran correndo, e axiña sentan para falar.

Neno 1: Podíamos ir desconectarlles os cables aos da orquesta, que vos

parece?

Neno 2: Pois eu era máis partidario de ir roubar uns refrescos á barra.

Neno 3: Vaia ambientazo! Imos ás lanchas?

Músico da orquesta: Uff! Estou canso! Deixádesme sentar con vós?

Neno 4: Senta oh, senta! Deixade as falcatruadas, que alí está o alcalde(polo

baixo) Moito traxe, pero traía os zapatos cheos de lama.

Neno 1: Onte tiven un soño.

Neno 2: Eu tamén. Soñei que era o rei do mundo.

Neno 3: Pois eu soñei que ti soñabas que eras o rei do mundo.

Neno 4: Pois eu soñei que ti soñabas que el soñaba que era o rei do mundo.
Neno 1: Pois eu soñei coa Rosalía de Castro, co Cunqueiro e co Castelao e co

Marqués do Silencio, parecía o demo e...

Todos: Oooohhh!!

Músico da orquesta: Pois eu non soñei nada. Durmín debaixo do palco.

Neno 1: E porqué?

Músico da orquesta: Porque se escoita mellor o ruído da terra.

Neno 2: E para soñar con tantos escritores, cearías sopa de letras ou?

Neno 3(virándose de costas e cantando): A,e, i, o,u, dinlle ao demo sete

patadas no seu cú!

Neno 2: Toleaches?

Neno 1: Non, non, en serio. Estaban alí, e eran moi moi reais. Pero o Marqués

do Silencio quería que calaran todos, e logo foi ao futuro ver se aparecía nos

libros e era inmortal...

Neno 4(achegándose ao neno 1): Está ben, doutor, mirarémoslle a febre!

Neno 3(ao tempo que o suxeitan os dous): Non presenta síntomas. A

temperatura é normal.

Neno 2: E ti pensas que o Marqués do Silencio existe?

Neno 1: Existe ho! El é o culpable de moitas inxustizas que pasan no mundo,

e...

Neno 3: Nada, non hai que facerlle, toleou(achegándose ao público) Verdade

que toleou, nenos?

Neno 1: Que si, que si! E a Rosalía, e o Cunqueiro, e o Castelao, claro que

existen! (dirixíndose aos nenos) Verdade que existe a Rosalía? E o Cunqueiro,

existe? E o Castelao, existe?

Neno 2: Pero se están mortos.

Neno 3: É verdade.
Neno 4: Que crueldade.

Músico da orquesta(sinalando para o palco): Ei, están subindo ao palco os da

comisión de festas.

Todos: Recoiro!!

Os nenos e o músico quedan escoitando aos da comisión, logo volta escoitarse

a música. De súpeto, óense tronos e vento, cesa a música. Entra en escea o

Marqués do Silencio.

Neno 1: É el! É el! O Marqués do Silencio! Vedes, é real.

Neno 2: Mimá!

Neno 3: Mimá!

Neno 4: Mimá!

Músico da orquesta: Mami!

Marqués do Silencio: Silencio! Silencio! Silencio!

Neno 2: E porque íamos calar, mangallón?

Neno 3: É certo. Ti non nos calarás.

Neno 4: E a que ven tanto berro, ti que pides silencio?

Músico da orquesta: E haberá que comer, digo eu, que de tanto falar entroume

a fame.

Neno 1: E que, viaxaches ao futuro?

Marqués do Silencio(abafado, sen folgos, derrotado, ollando cara o chan):

Viaxei.

Neno 1: E fuches á biblioteca?

Marqués do Silencio: Fun.

Neno 1: E que aconteceu? Falábase moito de ti?

Marqués do Silencio: Nada, non se falaba nada de min. Nada. Moito peor.

Neno 2: E logo?
Marqués do Silencio: Os libros falan da Rosalía, do Cunqueiro, do Castelao.

Falan daqueles nenos que non me obedecían e falaban, e falaban...

Neno 3: Coitado do Marqués, quería ser inmortal, non sabía que o silencio é

un grande mal.

O Marqués do Silencio marcha.

Músico da orquesta: Que peor tristura que estar calado,

                      Que non darlle voz ao sentimento,

                      Ao príncipe que vive afogado,

                      na grandeza que portamos dentro.

Neno 4: Mimá! Ti para ser músico aínda lle dás ben á rima.



Entra a Rosalía na escea. Os nenos e o músico quedan abraiados.

Neno 1: Rosalía. Pero ti estabas no meu soño!

Rosalía: Estaba.

Neno 2: Pero vives?

Rosalía: Algo así.

Neno 3: Non o entendo.

Neno 4: Eu tampouco. Como é posible?

Rosalía: Vivo sempre que me falades, vivimos sempre que nos ledes.

Músico da orquesta: E como é iso?

Rosalía: Os libros son grandes porque levan vida.

Neno 1: Como?

Rosalía: Porque nos poñen en contacto coas persoas que viviron antes ca nós.

Neno 2: Entón nós lemos...

Rosalía: E nós vivimos.

Neno 3: E se seguimos lendo...
Rosalía: Nós seguimos vivindo.

Neno 4: E nós podemos darlle a nosa voz aos que veñan?

Rosalía: Podedes. Tan só tedes que querelo. Sempre estaremos aí, se nos

buscades.

Rosalía marcha. Os nenos quedan estranados, pero sorrintes. Comeza a soar

de novo o ruído da orquesta e da festa. Saen todos os nenos e nenas á escea.


Todos:

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.




                                 FIN
Os ecos da Rosalía
Os ecos da Rosalía
Os ecos da Rosalía

Contenu connexe

Tendances

Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroBelén Mariño
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaAsnosasletras
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Álvaro Cunqueiro (`por Rita Mirón)
Álvaro Cunqueiro (`por Rita Mirón)Álvaro Cunqueiro (`por Rita Mirón)
Álvaro Cunqueiro (`por Rita Mirón)Marlou
 
Antoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasAntoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasradiorasca
 
Boletín abril 2011
Boletín abril 2011Boletín abril 2011
Boletín abril 2011martafp
 
Traballo final: Os xéneros menores e a prosa medieval
Traballo final: Os xéneros menores e a prosa medievalTraballo final: Os xéneros menores e a prosa medieval
Traballo final: Os xéneros menores e a prosa medievalcfernandezvp
 
O roubo de pontenova clara brage 5º primaria
O roubo de pontenova clara brage 5º primariaO roubo de pontenova clara brage 5º primaria
O roubo de pontenova clara brage 5º primariasatelite1
 
Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16Xenza
 
Novoneyra "A natureza-o tempo"
Novoneyra "A natureza-o tempo"Novoneyra "A natureza-o tempo"
Novoneyra "A natureza-o tempo"monadela
 
Novoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxeNovoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxemonadela
 

Tendances (20)

Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Francisco Pillado
Francisco PilladoFrancisco Pillado
Francisco Pillado
 
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de Castro
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Álvaro Cunqueiro (`por Rita Mirón)
Álvaro Cunqueiro (`por Rita Mirón)Álvaro Cunqueiro (`por Rita Mirón)
Álvaro Cunqueiro (`por Rita Mirón)
 
Antoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasAntoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtas
 
Boletín abril 2011
Boletín abril 2011Boletín abril 2011
Boletín abril 2011
 
Rosaliadecastro
RosaliadecastroRosaliadecastro
Rosaliadecastro
 
Triptico2013
Triptico2013Triptico2013
Triptico2013
 
Traballo final: Os xéneros menores e a prosa medieval
Traballo final: Os xéneros menores e a prosa medievalTraballo final: Os xéneros menores e a prosa medieval
Traballo final: Os xéneros menores e a prosa medieval
 
O roubo de pontenova clara brage 5º primaria
O roubo de pontenova clara brage 5º primariaO roubo de pontenova clara brage 5º primaria
O roubo de pontenova clara brage 5º primaria
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Carreiros 7 (2008)
Carreiros 7 (2008)Carreiros 7 (2008)
Carreiros 7 (2008)
 
Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16
 
Novoneyra "A natureza-o tempo"
Novoneyra "A natureza-o tempo"Novoneyra "A natureza-o tempo"
Novoneyra "A natureza-o tempo"
 
Novoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxeNovoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxe
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 

En vedette

2008: Marketing 2.0 In Action
2008: Marketing 2.0 In Action2008: Marketing 2.0 In Action
2008: Marketing 2.0 In Actionrchopra13
 
Architettura Dellinformazione_SdcExpert@Work
Architettura Dellinformazione_SdcExpert@WorkArchitettura Dellinformazione_SdcExpert@Work
Architettura Dellinformazione_SdcExpert@WorkRoberta Sanzani
 
Wire Wrapped Bracelet/ Handbag
Wire Wrapped Bracelet/ HandbagWire Wrapped Bracelet/ Handbag
Wire Wrapped Bracelet/ Handbagalysiamae
 

En vedette (7)

Ciudad y paisaje
Ciudad y paisajeCiudad y paisaje
Ciudad y paisaje
 
2008: Marketing 2.0 In Action
2008: Marketing 2.0 In Action2008: Marketing 2.0 In Action
2008: Marketing 2.0 In Action
 
Architettura Dellinformazione_SdcExpert@Work
Architettura Dellinformazione_SdcExpert@WorkArchitettura Dellinformazione_SdcExpert@Work
Architettura Dellinformazione_SdcExpert@Work
 
Maple
MapleMaple
Maple
 
Wire Wrapped Bracelet/ Handbag
Wire Wrapped Bracelet/ HandbagWire Wrapped Bracelet/ Handbag
Wire Wrapped Bracelet/ Handbag
 
Roi Metodo Gasp
Roi Metodo GaspRoi Metodo Gasp
Roi Metodo Gasp
 
BFC Slide Show
BFC Slide ShowBFC Slide Show
BFC Slide Show
 

Similaire à Os ecos da Rosalía

Similaire à Os ecos da Rosalía (20)

Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Nuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power point
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
 
Literatura medieval
Literatura medieval Literatura medieval
Literatura medieval
 
Rabuñando novos Cantares
Rabuñando novos CantaresRabuñando novos Cantares
Rabuñando novos Cantares
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
06 Viaxemusical
06 Viaxemusical06 Viaxemusical
06 Viaxemusical
 
Daniel ferreiro
Daniel ferreiroDaniel ferreiro
Daniel ferreiro
 
Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010Día das letras galegas 2010
Día das letras galegas 2010
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 

Plus de Loisperez

Kandinsky e cunqueiro no foguete
Kandinsky e cunqueiro no fogueteKandinsky e cunqueiro no foguete
Kandinsky e cunqueiro no fogueteLoisperez
 
Soleiro en figura de corvo
Soleiro en figura de corvoSoleiro en figura de corvo
Soleiro en figura de corvoLoisperez
 
Proxecto irradio lingua
Proxecto irradio linguaProxecto irradio lingua
Proxecto irradio linguaLoisperez
 
Fotos mariscadoras
Fotos mariscadorasFotos mariscadoras
Fotos mariscadorasLoisperez
 
Presentación panadaría
Presentación panadaríaPresentación panadaría
Presentación panadaríaLoisperez
 
Presentación teatro na natureza bemantes 11.0
Presentación teatro na natureza bemantes 11.0Presentación teatro na natureza bemantes 11.0
Presentación teatro na natureza bemantes 11.0Loisperez
 
O soño infinito de pai yu
O soño infinito de pai yuO soño infinito de pai yu
O soño infinito de pai yuLoisperez
 
Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)
Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)
Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)Loisperez
 
Fotos samain bemantes 2010
Fotos samain bemantes 2010Fotos samain bemantes 2010
Fotos samain bemantes 2010Loisperez
 
Presentación samaín ultima
Presentación samaín ultimaPresentación samaín ultima
Presentación samaín ultimaLoisperez
 
Presentación samaín pdf
Presentación samaín pdfPresentación samaín pdf
Presentación samaín pdfLoisperez
 
Sono escena segunda
Sono escena segundaSono escena segunda
Sono escena segundaLoisperez
 

Plus de Loisperez (12)

Kandinsky e cunqueiro no foguete
Kandinsky e cunqueiro no fogueteKandinsky e cunqueiro no foguete
Kandinsky e cunqueiro no foguete
 
Soleiro en figura de corvo
Soleiro en figura de corvoSoleiro en figura de corvo
Soleiro en figura de corvo
 
Proxecto irradio lingua
Proxecto irradio linguaProxecto irradio lingua
Proxecto irradio lingua
 
Fotos mariscadoras
Fotos mariscadorasFotos mariscadoras
Fotos mariscadoras
 
Presentación panadaría
Presentación panadaríaPresentación panadaría
Presentación panadaría
 
Presentación teatro na natureza bemantes 11.0
Presentación teatro na natureza bemantes 11.0Presentación teatro na natureza bemantes 11.0
Presentación teatro na natureza bemantes 11.0
 
O soño infinito de pai yu
O soño infinito de pai yuO soño infinito de pai yu
O soño infinito de pai yu
 
Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)
Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)
Conto de nadal(adaptación para o alumnado de bemantes)
 
Fotos samain bemantes 2010
Fotos samain bemantes 2010Fotos samain bemantes 2010
Fotos samain bemantes 2010
 
Presentación samaín ultima
Presentación samaín ultimaPresentación samaín ultima
Presentación samaín ultima
 
Presentación samaín pdf
Presentación samaín pdfPresentación samaín pdf
Presentación samaín pdf
 
Sono escena segunda
Sono escena segundaSono escena segunda
Sono escena segunda
 

Dernier

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (7)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Os ecos da Rosalía

  • 1. Os ecos da Rosalía Lois Pérez Díaz
  • 2. PERSONAXES Bardo 1 Bardo 2 Rosalía Cunqueiro Castelao Marqués do Silencio Músico da orquesta O Raio Vermello Neno 1 Neno 2 Neno 3 Neno 4 Neno 5 Neno 6 O silencio e a voz. A forza da palabra e o valor da imaxinación. O diálogo cos que xa non están a través da literatura. O Marqués do Silencio, porque cambian os tempos pero non cambian as persoas. As ganas de pasalo ben, as ganas de celebrar, e a poesía. Cunqueiro, Castelao e Rosalía, sobre todo, Rosalía. E tantos outros que co seu esforzo lle deron pulos á nosa lingua: bonita, divertida, culta, atemporal. Disfrutádea. Falando, escribindo, recitando, querendo.
  • 3. Escea 1 Chega o solpor. Algunhas luces, óense ouveos ao lonxe, algúns cantos dos paxaros, zoa o vento, os nenos e nenas xogan na rúa antes de ir cearen. Entra o bardo en escea pola esquerda da escea, arrastrado por dous nenos, acariñando un arpa Bardo 1: Nin ás escuras! -Todo está negro, as sombras envolven a vereda, e nin o ceu ten ollos, nin o pinar ten lengua. ¡Vamos! Do que hai oculto, ¿quen mideu as fonduras? ¡Alma non habrá que sepa...! ¡Ven...! A noite está escura. -¿Escura...?; mais relumbra non sei qué luz traidora... - É unha estrela que brila nas augas bulidoras. -¿E non oes que remuxe algo onde aquel herbal? -É o vento que anda tolo correndo entre a follaxe. -Escoita, sinto pasos, e asoma seica un bulto... -¡Si é un vivo, matarémolo; non fala si é difunto! Mais aquí onde este cómaro, hai unha cova fonda: Ven, e santos ou demos, que nos atopen agora. Entra o segundo bardo pola dereita da escea, arrastrado por dous nenos, acariñando outro arpa. Bardo 2: ¿Adonde iréi conmigo? ¿Dónde me esconderei, que xa ninguén me vexa e eu non vexa a ninguén? A luz do día asómbrame, pásmame a das estrelas, e as olladas dos homes na alma me penetran. É que o que dentro levo de min, penso que ao rostro Me sae, cal sae o mare ao cabo un corpo morto. ¡Houbera, e que saíra...!, máis non: dentro te levo, ¡fantasma pavoroso dos meus remordementos!
  • 4. Só sentiche da febre o mortal frío Que helou ata os teus osos. As cousas no seu tempo, E as feras no seu tobo. Nena 1: Eu non xogo máis! Facedes trampa! Non vale! Neno 2: Non sexas chorimicas! Nena 1: Non tal! Neno 3: Si tal! Nena 1: Non tal! Nena 4: Si tal! Nena 1: Non tal! Neno 5: Si tal! A nena 1 vírase anoxada. Neno 6: Si tal, imos cear, deixádeo, non paga a pena. Neno 2(tocando a fronte, reparando nel mesmo): Estou suando, estou roxo coma un tomate. Nena 3: Si, igual ca hoxe na clase cando che preguntou a mestra se sabías algo de Rosalía de Castro. Neno 4: E que vou saber eu desa muller? Se morreu hai moitos anos! Neno 5: Pois terías que saber que... Nena 3: Bueno, xa comeza este outra vez! Pesado, xa sabemos que es un chapón! Nena1: Pero poderá falar, tampouco sexades malos. Neno 2: Iso! A min interésame. O saber non ocupa lugar. Neno 4: E eu que teño que saber dela? Non quero saber nada. Pero se queres, dígoche a alineación do Sofán contra o Muros, no choque do dous mil oito! Nena 6: Esa si que é boa! Ti que vas saber!
  • 5. Nena 4: Escoita: Lupi, Manu Dosil, Gabi , Teo, Mayuyo, Aaron , Maxi, Gelo , Jaro , Bibi e Brais. Xogaron tamén Iván, Adán, Álvaro, Quico e Piti. Nena 1: Árbitro? Neno 4: Señor Vázquez Expósito, do colexio da Coruña, houbo protestas por alineación indebida. Nena 2(ollando cara o público, acenando): Mimá! Neno 5: Manda truco! Nena 3: Róncalle os... Nena 1: Nin se che ocorra! Non xures. Nena 3: Non se xura porque o dixo o cura. Nena 5: Iso rima! Nena 3: Eu non son túa prima. Todos a un tempo: Iso rima tamén. Neno 4: Dixo a parroquia amén! Todos a un tempo: Amén!! Neno 2: É verdade! Dixo así, dixo así: Parroquia, direivos dúas cousas! Neno 1,3,4,6: Cales? Neno 2(moi solemne, sinalando co dedo cara arriba): A primeira...! Somos a segunda parroquia que máis xura. E a segunda...! Que comamodemo se temos que ser a primeira. Todos comezan a rir a gargalladas. Neno 1: Agora estabamos a rimar, e non se che vía nada aburrido. Neno 4: Xa, pero isto é divertido, e a Rosalía de Castro, iso, iso...Iso é un aburrimento. Nena3: Algo de razón ten, porque agora que chega o Día das Letras Galegas, vailles dar aos mestres co rollo de sempre: veña chapar datas de nacemento, Todos: Vaia tormento! Nena 3: E onde tiñan a súa casa!
  • 6. Todos: Que lles pasa?! Nena 3: E milagres da súa vida. Todos: Que movida! Cruza a escena un descoñecido correndo e berrando: Cambia agora o ton do teu móbil! Envía tono ao 678milnovecentoscorentamillonsoitentaecatrooo!!! Nena 6: E ese quen era? Neno 3: Iso é cousa dos americanos. Están en todas partes. Díxoo o mestre de música. Neno 2: Os músicos non saben o que din, cala a boca. Neno 1: De que estabamos a falar? Todos: Das letras galegas. Neno 4: Pois eu sigo sen saber quen é Rosalía de Castro. Neno 5: A ver, Ángel, ilústrao. Neno 6: Rosalía de Castro, naceu o 24 de febreiro de 1837. Neno 1: Naceu( e dirixíndose ao público) Na-...?! Neno 2: Xogou(dirixíndose ao público) Xo-...? Neno 3: Creceu(dirixíndose ao público) Cre-...? Neno 4: Estudou(dirixíndose ao público)Estu-...? Neno 5: Loitou. Loi-tou? Foi á guerra? Neno 1: Hai moitos xeitos de loitar, ho! Unha palabra ben dita pode ser máis poderosas cás balas. Neno 2: Dígocho eu! Cando se quenta o meu avó, chimpámonos todos da lámpada da cociña! Neno 3: E logo o teu avó é poeta? Neno 4(adiantándose cara ao público): Poeta son eu, mira: patada no cú, non sexas lambón! Tururú, tururú! Non me chamo Ramón! Neno 1: Xa, pero iso non lles tivo graza. Todos: A quen lle falas ti? Estás tolo.
  • 7. Neno: Pois a quen lle vou falar! Ao público! Estades aí? Non vos escoito! Estades aí? Neno 2: Este está tolo. Neno 3: Ves, non hai ninguén. Nin ti es poeta, nin hai público ningún. Neno 4(anoxado): Ahh! O que eu dicía, ata dubido de que todos eses, incluída a Rosalía existiran, son todo lerias. Neno 1(ollando cara ningures): Disparar palabras, (moi devagar) ratatatatatatá...Disparar palabras... Neno 4: Pero por moitas palabras que disparara, debían ser moi aburridos todos daquela, ou non reparaches ti en todas esas fotos en branco e negro? Neno 1: Iso! Na consola é todo luces,(acenando) chas,chas! é moi divertido, e a tele está moi ben tamén, os debuxos, e non toda esa xente vestida de negro. Neno 2: Home, en cor non podían ser pero por iso non serían aburridos, ou? Neno 3: Iso é certo. Serían coma nós todos eses? A Rosalía, o Cunqueiro, o Castelao, o Novoneyra... Neno 4(abaneando as mans e acenando cara o público): Ti levas esta avaliación notablemente notable. Como controla! Neno 1: Pois serían nenos coma nós, ou que vos pensades! Neno 2: Non sei eu... Neno 3: Non sei que che diga... Neno 4: Non sei que che diga, Rodriga. Todos(acenando ao mesmo tempo): Iso rima! Neno 2: Faise tarde, e o meu bandullo está que arde! Neno 3: A fame veu coa noite, e queren que as escoite! Neno 4: Teño sono e sopra o vento, e aquí só pasa o tempo! Neno 1: Si, será mellor que nos vaiamos.(todos se van agás o neno 1 que se detén e acena que dispara ao aire, polo miúdo) Ratatataata, disparando palabras: eco, noite, frío, lume, lúa, lúa, lúa... Todo escurece. Soa a música.
  • 8. Escea segunda De fondo, a natureza. Óese o vento, a auga, os paxaros, os cabalos, as polas das árbores. Misteriosamente, unha cama no medio de todo isto. Na cama, o neno revírase unha e outra vez, está a soñar. Desfilan na súa cabeza as imaxes deses descoñecidos dos que a mestra lle falou na escola: Rosalía, Castelao, Cunqueiro...E alguén Bardo 1(aparece na marxe esquerda do proscenio, empurrado por dous nenos que marchan): Baixaron os ánxeles Onda ela estaba, Fixéronlle un leito Coas prácidas alas, E lonxe lévano Na noite calada. Bardo 2(aparece na marxe dereita da escena, empurrado por outros dous nenos que marchan): Cando á alba do día Tocou a campana, E no alto da torre Cantou a calandria,
  • 9. Os ánxeles mesmos, Pregadas as alas, “¿por qué –marmúrano-, por qué despertala...?” Volta a música. Sobre a cama da nena durmindo comezan a desfilar as imaxes do seu soño. De súpeto, a música cesa e as personaxes oníricas semellan reais. A cama desaparece da escea. Aparece a pequena Rosalía, camiñando perdida polo medio do monte. Rosalía: Camiño do meu contento; I en tanto o sol non se esconde Nunha pedriña me sento. E sentada estou mirando Cómo a lúa vai saíndo, Cómo o sol se vai deitando... Entra na escea Álvaro Cunqueiro, que se achega á Rosalía, fitándoa de esguello. Cunqueiro(ollándoa): Se me fago árbore vella á outra beira do río, E tócame ser a árbore que lembra e soña, Podes estar ben segura de que soñarei contigo, Cos teus ollos grises coma o mencer, E co teu sorriso,
  • 10. Co que se vestiron os beizos dos rosais, Nos días máis felices. Rosalía(erguendo e camiñando): E ti quen es? Cunqueiro: Eu chámome Álvaro, pero todos me coñecerán coma Cunqueiro(achegándose ao público) Cunqueiro! (mudando o ton, levando as mans ao estómago) Ai, teño algo de fame, os libros baleiran o bandullo. Rosalía: Que son eses ruídos? Cunqueiro: Seguro que é un corvo que fala, ou un sombreiro que quere ser home, ou un camiño que non ten fin, ou o mago Merlín! O mundo está cheo de cousas moi estranas. Entra na escea Castelao correndo, deténse no medio de Rosalía e Cunqueiro. Castelao(abrindo os brazos, esaxerando): As cousas estranas poderémolas cambiar, pero lembrade: que a fogueira do espírito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares. Cunqueiro: Ti tes futuro, rapaz, ti tes futuro! Dígocho eu! Coma que son de Mondoñedo! Rosalía(ollando para Cunqueiro): Que ben fala este rapaz, e non serás de Rianxo? Castelao: Son. Cunqueiro: En Rianxo voan sós os sombreiros? Rosalía: Xa o sabía eu. Gústame a calma da natureza. Castelao: Podíamos xogar a algo. Porque todo isto de falar e escribir está moi ben, pero eu quero xogar. Quero xogar!
  • 11. Cunqueiro: Que vos parece se... De súpeto, escurece a escea e chega a treboada, aparece na escea o Marqués do Silencio. Todos reparan nel cunha mestura de curiosidade e medo. O Marqués do Silencio camiña arredor dos tres nenos. Cunqueiro: Comeuche a lingua o gato, mangallón? Castelao: E logo non falas? Rosalía: Nin fala nin oe,(achegándose ao Marqués) Oes? Marqués do Silencio(erguendo os brazos, e levando a man á boca, pedindo silencio): Tsss!! Silencio! Silencio! Silencio! Cunqueiro: Toleaches, rapaz? Castelao: E porque teríamos que estar calados? Marqués do Silencio: Quero silencio! Quero silencio! E vós?(achegándose ao público) Queredes silencio? Abonda!! Rosalía: Vós, que vos quentades á llama de vivos lumiares, E só vivir vos compre baixo un ardente sol, Calade, se non entendedes encantos destos lares, E non entendendo os vosos, tamén calamos nós. Cunqueiro: Ti sabías que un elefante voador vale máis cá mil silencios, paspallán? Marqués do Silencio(achegándose ao centro da escea): Un silencio perfecto! Algún día falarase só de min, do Marqués do Silencio! Que ergueu grandes murallas, e construcións magníficas, e en silencio apañou e apañou grandes riquezas. Dentro de cen anos só se falará de min. Do Marqués do silencio. Castelao: Estás tolo, e non tés cabeza, roubároncha e prantáronche un bolo. O neno do soño érguese da cama. Repara neles estranado.
  • 12. Neno: Que facedes no meu soño? Rosalía: Soñar. Castelao: Pensar. Cunqueiro: Imaxinar. Marqués do Silencio: Calar! Silencio! Caládevos! Neno: Pois eu non me penso calar se non quero, e vós, nenos? Rosalía: Soño ou realidade, hai cen anos ou na eternidade, sempre quere mandar calar alguén, que non se oian as verdades, que non fale ninguén!! Neno: Teño unha idea!! Cunqueiro: Iso non é nada. Eu teño dúas mil. Castelao: Déixalle falar, deixa que o rapaz se explique, non é malo dialogar. Neno: Se isto é un soño, viaxa ao futuro entón, pídello ao demo, viaxa cen anos e descubrirás si se fala de ti, abondará con que vaias a unha biblioteca. Se eres famoso, nos libros sairás moi fermoso. Marqués do Silencio(pensativo, cos brazos cruzados, ollando cara arriba): Uuhmm! Non é mala idea. O futuro...O futuro!! Viaxarei ao futuro, irei a unha biblioteca, abrirei un libro, e saírei alí: fermoso, famoso, silencioso. Inmortal!! (comeza a rir a gargalladas) E ninguén se acordará de vós, calareivos para sempre, malditos!! O Marqués do Silencio marcha. Rosalía: ¡Señor, daille descanso na terra que o crióu! ¡Que o polvo torne ó polvo, i o espírito ó ceo, bon Dios! Cunqueiro: E recitas ben, tes madeira de poetisa, non é cousa de risa, pero agora perdo o tren!! Adeus, nenos!
  • 13. Castelao: Que será do Marqués? Aínda non aprendeu que o tempo silandeiro, ás veces déixalle aos últimos seren os primeiros. Eu marcho tamén, imaxina, oio murmurios da Arxentina. Rosalía: ¡Por Dios..., non vos vaiás! ¡Qué doce, mais qué triste tamén é a soledad! Rosalía marcha atrás deles. Neno: Que soño máis raro! Que lle acontecerá ao Marqués do Silencio, meu coitado? Falarán os libros del no futuro? Iso sería bastante duro, cecais o saiba deitado. O neno déitase na cama e a escea queda ás escuras. Escea terceira Óese música, e óense estoupidos de festa, e barafunda de fondo. Os nenos entran correndo, e axiña sentan para falar. Neno 1: Podíamos ir desconectarlles os cables aos da orquesta, que vos parece? Neno 2: Pois eu era máis partidario de ir roubar uns refrescos á barra. Neno 3: Vaia ambientazo! Imos ás lanchas? Músico da orquesta: Uff! Estou canso! Deixádesme sentar con vós? Neno 4: Senta oh, senta! Deixade as falcatruadas, que alí está o alcalde(polo baixo) Moito traxe, pero traía os zapatos cheos de lama. Neno 1: Onte tiven un soño. Neno 2: Eu tamén. Soñei que era o rei do mundo. Neno 3: Pois eu soñei que ti soñabas que eras o rei do mundo. Neno 4: Pois eu soñei que ti soñabas que el soñaba que era o rei do mundo.
  • 14. Neno 1: Pois eu soñei coa Rosalía de Castro, co Cunqueiro e co Castelao e co Marqués do Silencio, parecía o demo e... Todos: Oooohhh!! Músico da orquesta: Pois eu non soñei nada. Durmín debaixo do palco. Neno 1: E porqué? Músico da orquesta: Porque se escoita mellor o ruído da terra. Neno 2: E para soñar con tantos escritores, cearías sopa de letras ou? Neno 3(virándose de costas e cantando): A,e, i, o,u, dinlle ao demo sete patadas no seu cú! Neno 2: Toleaches? Neno 1: Non, non, en serio. Estaban alí, e eran moi moi reais. Pero o Marqués do Silencio quería que calaran todos, e logo foi ao futuro ver se aparecía nos libros e era inmortal... Neno 4(achegándose ao neno 1): Está ben, doutor, mirarémoslle a febre! Neno 3(ao tempo que o suxeitan os dous): Non presenta síntomas. A temperatura é normal. Neno 2: E ti pensas que o Marqués do Silencio existe? Neno 1: Existe ho! El é o culpable de moitas inxustizas que pasan no mundo, e... Neno 3: Nada, non hai que facerlle, toleou(achegándose ao público) Verdade que toleou, nenos? Neno 1: Que si, que si! E a Rosalía, e o Cunqueiro, e o Castelao, claro que existen! (dirixíndose aos nenos) Verdade que existe a Rosalía? E o Cunqueiro, existe? E o Castelao, existe? Neno 2: Pero se están mortos. Neno 3: É verdade.
  • 15. Neno 4: Que crueldade. Músico da orquesta(sinalando para o palco): Ei, están subindo ao palco os da comisión de festas. Todos: Recoiro!! Os nenos e o músico quedan escoitando aos da comisión, logo volta escoitarse a música. De súpeto, óense tronos e vento, cesa a música. Entra en escea o Marqués do Silencio. Neno 1: É el! É el! O Marqués do Silencio! Vedes, é real. Neno 2: Mimá! Neno 3: Mimá! Neno 4: Mimá! Músico da orquesta: Mami! Marqués do Silencio: Silencio! Silencio! Silencio! Neno 2: E porque íamos calar, mangallón? Neno 3: É certo. Ti non nos calarás. Neno 4: E a que ven tanto berro, ti que pides silencio? Músico da orquesta: E haberá que comer, digo eu, que de tanto falar entroume a fame. Neno 1: E que, viaxaches ao futuro? Marqués do Silencio(abafado, sen folgos, derrotado, ollando cara o chan): Viaxei. Neno 1: E fuches á biblioteca? Marqués do Silencio: Fun. Neno 1: E que aconteceu? Falábase moito de ti? Marqués do Silencio: Nada, non se falaba nada de min. Nada. Moito peor. Neno 2: E logo?
  • 16. Marqués do Silencio: Os libros falan da Rosalía, do Cunqueiro, do Castelao. Falan daqueles nenos que non me obedecían e falaban, e falaban... Neno 3: Coitado do Marqués, quería ser inmortal, non sabía que o silencio é un grande mal. O Marqués do Silencio marcha. Músico da orquesta: Que peor tristura que estar calado, Que non darlle voz ao sentimento, Ao príncipe que vive afogado, na grandeza que portamos dentro. Neno 4: Mimá! Ti para ser músico aínda lle dás ben á rima. Entra a Rosalía na escea. Os nenos e o músico quedan abraiados. Neno 1: Rosalía. Pero ti estabas no meu soño! Rosalía: Estaba. Neno 2: Pero vives? Rosalía: Algo así. Neno 3: Non o entendo. Neno 4: Eu tampouco. Como é posible? Rosalía: Vivo sempre que me falades, vivimos sempre que nos ledes. Músico da orquesta: E como é iso? Rosalía: Os libros son grandes porque levan vida. Neno 1: Como? Rosalía: Porque nos poñen en contacto coas persoas que viviron antes ca nós. Neno 2: Entón nós lemos... Rosalía: E nós vivimos. Neno 3: E se seguimos lendo...
  • 17. Rosalía: Nós seguimos vivindo. Neno 4: E nós podemos darlle a nosa voz aos que veñan? Rosalía: Podedes. Tan só tedes que querelo. Sempre estaremos aí, se nos buscades. Rosalía marcha. Os nenos quedan estranados, pero sorrintes. Comeza a soar de novo o ruído da orquesta e da festa. Saen todos os nenos e nenas á escea. Todos: Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. FIN