SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  7
Télécharger pour lire hors ligne
SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 1
REVISTA GALEGOS ÉZARO EDICIONES
UN SECTOR LÁCTEO PRÓSPERO
MARCELINO FERNÁNDEZ MALLO
Setembro 2015
A transcendencia que dende a antigüidade se atribúe ao gando vacún nalgúns pobos
queda reflectido no uso que os celtas daban á vaca como unidade de medida co fin de
asignar un valor a unha transacción. Así, por exemplo, para taxar un terreo ou un
carro, se sinalaba a súa equivalencia en escravos ou vacas. Seica unha escrava equivalía
a seis cuxos ou a tres vacas leiteiras.
A vaca non deixa de ter un certo valor telúrico en territorios como Galicia onde a súa
imaxe mesmo se utiliza en bandeiras ou prendas de roupa. Un rabaño de vacas
pastando constitúe aínda unha escena definitoria da paisaxe galega e mesmo un risco
da conciencia deste país que non sabe como tratar o seu pasado na construción do seu
futuro.
Cómpre analizar o presente a fin de detectar as eivas e oportunidades da realidade do
sector lácteo cunha idea central na cabeza: a prosperidade. O sector lácteo galego
debe acometer as reformas, ou máis ben, a reestruturación necesaria para garantir un
futuro próspero dos seus axentes así como unha contribución que se nos antolla
imprescindible na metamorfose da propia economía galega.
A análise so pode facerse dende unha perspectiva integrada e fuxindo de espazos
illados e os intereses selectivos. Unha das claves a implantar ha ser o ben común do
sector ao longo da cadea de valor, evitando deste xeito os inevitables fallos do
mercado que provocan as posicións dispares dos distintos axentes produtivos e
comercializadores.
O lácteo galego hoxe
Galicia é de lonxe a Comunidade Autónoma máis importante do Estado español en
termos de produción leiteira. A nivel europeo, ocupa o noveno posto no ranking
rexional. Bretaña resulta ser a líder desta clasificación cunha produción que máis ca
duplica o total de leite galego.
A situación actual do sector lácteo en Galicia estaría definida pola seguinte realidade:
1. As explotacións lácteas de Galicia representaban en 2013 o 55% do total
español o que supón un lixeiro aumento dende o 53% de 2001. Quere isto dicir
SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 2
que a desaparición de explotacións resulta algo común a tódalas Comunidades
Autónomas e de feito o fenómeno semella algo menos intenso en Galicia onde
se conservan un número próximo ás 10.000.
2. Respecto ao censo de vacún, o peso de Galicia sobre o total español pasou do
37% en 2001 ao 44% en 2013 nova demostración da positiva evolución do
sector en relación ao conxunto do Estado. A comparación desta evolución e da
referida no punto 1 anterior implica ademais que Galicia corrixiu parte da
diferenza existente consonte o número medio de reses por explotación, agora
en 31 cabezas por granxa. Fica non obstante lonxe das 40 de España (un 29%
superior), 49 de Francia ou 79 de Holanda.
3. En termos de produción, a porcentaxe do leite galego sobre o total español
pasou do 31% en 2001 ao 37% en 2013. Dúas novas consecuencias de
relevancia: as explotacións galegas son menos produtivas ca no conxunto do
Estado (ten o 44% das reses para o 37% da produción), con diferenzas moi
notables respecto a algunhas Comunidades Autónomas, e ademais a
comparativa neste aspecto evolucionou de xeito lixeiramente negativo nos
últimos anos. Un dato que demostra a virulencia do fenómeno: mentres na
campaña 2004-2005, a media de produción por explotación quedou nas 105 Tn
anuais en Galicia, na 2013-2014 esa cifra más que se duplicou ata as 223 Tn.
4. A superficie media das explotacións galegas é de 18 Has. fronte ás 27 Has. do
total español (un 50% superior) e as 35 de Andalucía, as 62 de Aragón ou as 63
de Castela - A Mancha. Debe subliñarse a importancia desta variable que se
utiliza como unidade básica de cálculo para as subvencións da PAC. Unha
explotación principalmente intensiva como a maioría das galegas vese
prexudicada por este criterio da política agraria común.
5. O diferencial de prezo resulta igualmente significativo. O prezo pagado en
Galicia ós gandeiros está cando se redacta este artigo en 28,7 céntimos por
litro, o máis baixo de España, en tanto que en Asturias supera os 33 céntimos. A
media española sitúase nos 31,1 céntimos e ningunha outra Comunidade
Autónoma baixa dos 30 céntimos por litro.
6. Dende 2008, experimentouse unha aguda redución das marxes de explotación,
común ao conxunto do Estado, que levou as contas de resultados de moitas
explotacións a números vermellos sobre todo a partir de 2012.
7. Galicia perde peso a medida que avanza a cadea de valor do sector. Así,
mentres que o leite representa como se indicou o 37% do total español, a
industria láctea localizada en Galicia supón menos do 10% da radicada no
conxunto do Estado.
8. As empresas de transformación de capital galego limítanse ao Grupo Leche Río-
Leyma, Feiraco e Clesa ademais de pequenas queixerías. Estas empresas
unicamente transforman ao redor do 25% do leite producido polos gandeiros
galegos. Tal como sinala o profesor López Iglesias, “o leite comercializado polos
SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 3
gandeiros galegos multiplica por máis de 40 ó recollido das explotacións na
Comunidade de Madrid; sen embargo, o VEB da industria láctea de Madrid
supera claramente o de Galiza”.
En termos cualitativos, o sector lácteo galego amosa unha alarmante falta de cohesión
nas relacións entre gandeiros, industria e distribución que provoca unha inestabilidade
das condicións de recollida, nomeadamente os prezos, e unha vulnerabilidade extrema
das explotacións. O sector lamenta tamén certa falta de formación pois en Galicia
apenas existen opcións académicas tanto en educación de nivel básico como técnico o
de xestión especializadas no tratamento do gando vacún e do leite.
Cómpre facer un comentario outrosí no eido da investigación pois malia contar Galicia
cun centro de primeiro nivel, o Centro de Investigación Agraria de Mabegondo, así
como outras instalacións de menor relevancia, a redución de recursos aplicada nos
últimos anos está ameazando a actividade de I+D do sector que habería ser unha das
claves de calquera estratexia de futuro. Debe subliñarse tamén que, segundo o
Observatorio Europeo do Sector Lácteo, entre 2012 e 2014 se investiron 5.500 millóns
de euros en 190 proxectos de desenvolvemento da actividade leiteira nos países da
Unión Europea. Pois ben, ningún deses proxectos tivo lugar en Galicia.
Por último, mencionaremos que, tal como indica o profesor Andrade Calvo, “a
estrutura territorial de Galicia, caracterizada pola escasa dimensión das parcelas unido
á práctica inexistencia dun mercado de terras que facilite a súa mobilización produtiva,
actúan como freo para mellorar a competitividade e rendibilidade das explotación
agrícolas, gandeiras e forestais”. Ninguén pon en dúbida que a falta de aproveitamento
da superficie produtiva dispoñible e máis a rixidez na xestión da terra representan
outras eivas de crítica relevancia para o sector agrogandeiro galego.
A cadea de valor do lácteo
Hai apenas uns meses, en concreto o 1 de Abril pasado, desapareceu o sistema da cota
láctea que tanta presión exerceu sobre moitos gandeiros que viron restrinxida a súa
capacidade de produción así como as súas opcións de negociación de prezos. A
desaparición das cotas traerá seguramente unha maior produción en Europa o que
afectará os prezos na dirección contraria. Semella que o leite se move
permanentemente en escenarios de redución dos seus marxes de explotación.
Como anticipabamos uns parágrafos atrás, a busca da fórmula que permita mellorar a
competitividade do gando lácteo galego e con iso recuperar rendibilidade, debe
facerse a través da análise da cadea de valor do sector. Entendemos por cadea de valor
a secuencia de actividades que se desenvolven nun sector económico e as distintas
opcións estratéxicas dispoñibles a fin de maximizar o valor que se engade en cada fase
ou elo.
SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 4
A cadea de valor do sector lácteo quedaría deseñado polo gráfico adxunto:
Describiremos sucintamente cada unha das fases da cadea:
Insumos: as opcións estratéxicas serían a adquisición de pensos nos mercados globais,
o pasto ou a forraxe seca. A variedade da alimentación resulta outro factor a
considerar. Mentres que o pasto adóitase relacionar coa gandería extensiva, as outras
fórmulas alimentarias tenden a utilizarse na gandería intensiva, é dicir, coas reses
estabuladas permanentemente.
Xestión do gando: ademais da alimentación mencionada no punto anterior, cuestións
como a variedade de razas, o coidado da xenética, a prevención de doenzas, o
chamado confort do animal, o tamaño do rabaño, e a propia organización e
tecnificación da granxa condicionarán a capacidade de produción por vaca.
Loxística: está definida por las propias condicións das empresas que realizan a recollida
do leite. A maioría da produción é recollida por marcas con fábricas en Galicia, caso de
Leche Río, Lactalis (propietaria de Puleva), Central Lechera Asturiana, Leche Celta y
Feiraco; en total, captan arredor do 66% do leite galego. Outras empresas sen fábrica
en Galicia recollen en torno a un 14%: Reny Picot, Nestlé, Pascual ou Danone. O 20%
restante é adquirido por intermediarios e, unha pequena proporción, por empresas
galegas de reducida dimensión fabricantes de queixos e outros derivados.
Transformación: as posibilidades neste elo da cadea son múltiples, dende a entrega do
leite cru ata a elaboración de produtos funcionais de base láctea. No medio quedan o
leite en po, a manteiga, o requeixo, o queixo, os iogures e os xeados, entre outros, e
en cada caso, con espazo para a dotación de calidades complementarias en termos de
presentación, sabor, porcentaxe de graxa, carácter ecolóxico, contido vitamínico ou
Insumos Gando Loxística
Transfor-
mación
Distri-
bución
Consumo
Investigación e Desenvolvemento
SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 5
atención a nichos concretos de consumo. Cómpre considerar así mesmo a posible
transformación dos residuos orgánicos que se producen nas granxas. A aplicación
dunha marca e as técnicas de marketing en xeral, así como a creatividade e a
innovación, haberían contemplarse tamén nesta fase.
Distribución: o peso crecente das grandes superficies na distribución do produto final
representa un condicionante importante na fixación dos prezos debido á forza de
negociación destas canles. Os supermercados tenden a manter a súa cota e o comercio
de proximidade continúa a minguar as vendas en termos comparados. Xorden novas
fórmulas de distribución, como as tendas gourmet e as ecolóxicas, ademais da
distribución directa ao consumidor do que houbo algunha experiencia.
Mercado de consumo: o consumidor representa o último elo da cadea, sempre
transcendente pois será quen determine a maior ou menor aceptación do produto.
Existen catro grandes espazos con distintos requirimentos de competitividade: o
mercado propio, Galicia; o mercado español; o espazo da Unión Europea; e os países
exteriores cunha evolución importante da súa demanda como Rusia, Asia ou mesmo
África.
Calquera política de modernización e competitividade do sector lácteo galego debe
contemplar cada unha das fases da cadea de valor aquí definidas.
Á busca da prosperidade
Co sistema de cotas liquidado na Unión Europea, o sector lácteo enfronta unha nova
etapa da transformación iniciada nos anos 80. O grande reto será conseguir que tanto
gandeiros como industria transformadora resulten competitivos no mercado de
produción libre ao tempo que se corrixe a eiva de produtividade que asola a maior
parte das explotacións.
Mantendo presente a análise realizada nas seccións anteriores, o sector lácteo galego
precisa a adopción dun programa estratéxico a desenvolver entre os poderes públicos
e a iniciativa privada que contemple as liñas de actuación seguintes:
ϋ Reactivar e fortalecer o proceso de agregación de superficie agrícola que
representou o Banco de Terras. En palabras do profesor Andrade Calvo, “a
función principal do Banco de Terras é a de dinamizar e mediar entre as persoas
propietarias e aquelas que precisan terras con vocación agrícola e gandeira, así
como dar garantías, confianza e seguridade na xestión e no uso das fincas.”
Subliña este profesor da Universidade da Coruña a innovación que supuxo
BANTEGAL ao promover un uso e unha xestión activa das terras agrícolas sen
alterar e modificar a propiedade, ao tempo que advirte da necesidade de dotar
de axilidade ao procedemento administrativo e reforzar os medios técnicos do
SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 6
proxecto. A expansión do Banco de Terras implicará unha maior produción de
forraxe e, xa que logo, un menor recurso á importación de pensos.
ϋ Promover e fortalecer o movemento cooperativo nas fases de
aprovisionamento, produción, loxística e relación coa industria que permita a
optimización da xestión do ciclo produtivo e unha maior capacidade de
negociación. Buscar a colaboración tamén nos proxectos de distribución directa
ao consumidor.
ϋ Resulta imprescindible consolidar unhas relacións interprofesionais no sector
que fomenten a cultura da interlocución e que garantan transparencia e
estabilidade na relación entre gandeiros e industrias sobre unha base de
beneficio mutuo.
ϋ Outro factor crítico ha ser o asesoramento, a capitalización e a colaboración
das pequenas factorías galegas de produtos lácteos de modo que se aumente o
valor engadido conxunto do sector e se reduza a dependencia de axentes
exteriores. A integración vertical de cooperativas de produción no eido da
transformación será outra iniciativa de grande valor potencial. Utilizando as
palabras do empresario Xosé Turnes: “Galicia é unha potencia en produción
pero o noso leite, na súa inmensa maioría, segue viaxando nun paquete ou
dentro dunha cisterna”.
ϋ Así mesmo deben constituírse empresas comercializadoras e consorcios de
exportación que, de xeito uni ou plurisectorial, poñan en práctica atinadas e
potentes estratexias de marketing para o acceso do produto lácteo e derivados
aos mercados externos a Galicia.
ϋ Por último, pero con tanta ou incluso máis transcendencia que os puntos
anteriores, é fundamental reforzar poderosamente a actividade de I+D e de
innovación no sector e aplicala a cada elo da cadea, dende o tratamento dos
insumos ata a comercialización, pasando pola xestión do gando, a loxística, a
transformación e os factores ecolóxicos e ambientais.
Habemos ser conscientes do valor do leite para tornar o rural galego nunha contorna
próspera e sustentable de características propias que aborden un futuro de progreso a
partir dunhas condicións únicas e unha tradición digna de ser honrada. Galicia necesita
o leite para o seu desenvolvemento e o leite precisa do compromiso de Galicia para a
súa prosperidade.
SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 7
Termino cunha nova e atinada frase do empresario Xosé Turnes: “Temos produción,
temos territorio, temos gandeiros e temos necesidade de potenciar o que realmente
ten posibilidades. O noso leite é unha materia prima estratéxica.”
Principais fontes utilizadas:
Informe de monitorización y seguimiento de la producción de leche en el sector vacuno
lechero, Enero 2015. Ministerio de Agricultura, Medio Ambiente y Alimentación
Documento: Evolución principales magnitudes sector lácteo, Parte I. Producción.
Secretaría General de Productos Ganaderos del MAGRAMA
Estadísticas do SIGLAC: Sistema de Gestión de Cuotas Lácteas.
Conxunto de documentos publicados no sitio web terraeleite.org

Contenu connexe

En vedette

Garden Club Presentation Final May 2011
Garden Club Presentation Final May 2011Garden Club Presentation Final May 2011
Garden Club Presentation Final May 2011Charles Bertram
 
Claves elementales para entender la Economía
Claves elementales para entender la Economía Claves elementales para entender la Economía
Claves elementales para entender la Economía Marcelino Fernández Mallo
 
동탄휴게텔≪다솜넷≫청주오피≪동탄건마,선릉역오피방
동탄휴게텔≪다솜넷≫청주오피≪동탄건마,선릉역오피방동탄휴게텔≪다솜넷≫청주오피≪동탄건마,선릉역오피방
동탄휴게텔≪다솜넷≫청주오피≪동탄건마,선릉역오피방dasom49
 
2014 summer B 805
2014 summer B 805 2014 summer B 805
2014 summer B 805 bagrutonline
 
Contas, contas e mais contas - o ensino e a aprendizagem de cálculo mental, e...
Contas, contas e mais contas - o ensino e a aprendizagem de cálculo mental, e...Contas, contas e mais contas - o ensino e a aprendizagem de cálculo mental, e...
Contas, contas e mais contas - o ensino e a aprendizagem de cálculo mental, e...Everaldo Gomes
 
RDSO Training ppt
RDSO Training pptRDSO Training ppt
RDSO Training pptPooja A
 
Addition 12 16
Addition 12   16Addition 12   16
Addition 12 16Mrsjalland
 
Subtraction 14 17
Subtraction 14   17Subtraction 14   17
Subtraction 14 17Mrsjalland
 
Subtraction 1 8
Subtraction 1   8Subtraction 1   8
Subtraction 1 8Mrsjalland
 

En vedette (12)

Garden Club Presentation Final May 2011
Garden Club Presentation Final May 2011Garden Club Presentation Final May 2011
Garden Club Presentation Final May 2011
 
Powerilha
PowerilhaPowerilha
Powerilha
 
Claves elementales para entender la Economía
Claves elementales para entender la Economía Claves elementales para entender la Economía
Claves elementales para entender la Economía
 
동탄휴게텔≪다솜넷≫청주오피≪동탄건마,선릉역오피방
동탄휴게텔≪다솜넷≫청주오피≪동탄건마,선릉역오피방동탄휴게텔≪다솜넷≫청주오피≪동탄건마,선릉역오피방
동탄휴게텔≪다솜넷≫청주오피≪동탄건마,선릉역오피방
 
2014 summer B 805
2014 summer B 805 2014 summer B 805
2014 summer B 805
 
Contas, contas e mais contas - o ensino e a aprendizagem de cálculo mental, e...
Contas, contas e mais contas - o ensino e a aprendizagem de cálculo mental, e...Contas, contas e mais contas - o ensino e a aprendizagem de cálculo mental, e...
Contas, contas e mais contas - o ensino e a aprendizagem de cálculo mental, e...
 
RDSO Training ppt
RDSO Training pptRDSO Training ppt
RDSO Training ppt
 
City Club Presentation
City Club Presentation City Club Presentation
City Club Presentation
 
RDSO Training
RDSO TrainingRDSO Training
RDSO Training
 
Addition 12 16
Addition 12   16Addition 12   16
Addition 12 16
 
Subtraction 14 17
Subtraction 14   17Subtraction 14   17
Subtraction 14 17
 
Subtraction 1 8
Subtraction 1   8Subtraction 1   8
Subtraction 1 8
 

Plus de Marcelino Fernández Mallo

17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin
17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin
17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald PerrinMarcelino Fernández Mallo
 
O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...
O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...
O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...Marcelino Fernández Mallo
 
Entender los estados financieros de la empresa
Entender los estados financieros de la empresa Entender los estados financieros de la empresa
Entender los estados financieros de la empresa Marcelino Fernández Mallo
 
Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...
Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...
Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...Marcelino Fernández Mallo
 
Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
Modelo e Plan de Futuro para a Economía GalegaModelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
Modelo e Plan de Futuro para a Economía GalegaMarcelino Fernández Mallo
 

Plus de Marcelino Fernández Mallo (8)

eucaliptos falacias (1).pdf
eucaliptos falacias (1).pdfeucaliptos falacias (1).pdf
eucaliptos falacias (1).pdf
 
17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin
17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin
17 Microrrelatos alrededor de El émulo de Reginald Perrin
 
O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...
O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...
O novo ecosistema económico como oportunidade para os territorios periféricos...
 
Empty coruna udc 2018
Empty coruna udc 2018Empty coruna udc 2018
Empty coruna udc 2018
 
Entender los estados financieros de la empresa
Entender los estados financieros de la empresa Entender los estados financieros de la empresa
Entender los estados financieros de la empresa
 
Conceptos y relaciones básicos en Economía
Conceptos y relaciones básicos en EconomíaConceptos y relaciones básicos en Economía
Conceptos y relaciones básicos en Economía
 
Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...
Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...
Presentación de "El Danubio no pasa por Buenos Aires" en la Feria Internacion...
 
Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
Modelo e Plan de Futuro para a Economía GalegaModelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
Modelo e Plan de Futuro para a Economía Galega
 

Un sector lácteo próspero (set 15)

  • 1. SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 1 REVISTA GALEGOS ÉZARO EDICIONES UN SECTOR LÁCTEO PRÓSPERO MARCELINO FERNÁNDEZ MALLO Setembro 2015 A transcendencia que dende a antigüidade se atribúe ao gando vacún nalgúns pobos queda reflectido no uso que os celtas daban á vaca como unidade de medida co fin de asignar un valor a unha transacción. Así, por exemplo, para taxar un terreo ou un carro, se sinalaba a súa equivalencia en escravos ou vacas. Seica unha escrava equivalía a seis cuxos ou a tres vacas leiteiras. A vaca non deixa de ter un certo valor telúrico en territorios como Galicia onde a súa imaxe mesmo se utiliza en bandeiras ou prendas de roupa. Un rabaño de vacas pastando constitúe aínda unha escena definitoria da paisaxe galega e mesmo un risco da conciencia deste país que non sabe como tratar o seu pasado na construción do seu futuro. Cómpre analizar o presente a fin de detectar as eivas e oportunidades da realidade do sector lácteo cunha idea central na cabeza: a prosperidade. O sector lácteo galego debe acometer as reformas, ou máis ben, a reestruturación necesaria para garantir un futuro próspero dos seus axentes así como unha contribución que se nos antolla imprescindible na metamorfose da propia economía galega. A análise so pode facerse dende unha perspectiva integrada e fuxindo de espazos illados e os intereses selectivos. Unha das claves a implantar ha ser o ben común do sector ao longo da cadea de valor, evitando deste xeito os inevitables fallos do mercado que provocan as posicións dispares dos distintos axentes produtivos e comercializadores. O lácteo galego hoxe Galicia é de lonxe a Comunidade Autónoma máis importante do Estado español en termos de produción leiteira. A nivel europeo, ocupa o noveno posto no ranking rexional. Bretaña resulta ser a líder desta clasificación cunha produción que máis ca duplica o total de leite galego. A situación actual do sector lácteo en Galicia estaría definida pola seguinte realidade: 1. As explotacións lácteas de Galicia representaban en 2013 o 55% do total español o que supón un lixeiro aumento dende o 53% de 2001. Quere isto dicir
  • 2. SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 2 que a desaparición de explotacións resulta algo común a tódalas Comunidades Autónomas e de feito o fenómeno semella algo menos intenso en Galicia onde se conservan un número próximo ás 10.000. 2. Respecto ao censo de vacún, o peso de Galicia sobre o total español pasou do 37% en 2001 ao 44% en 2013 nova demostración da positiva evolución do sector en relación ao conxunto do Estado. A comparación desta evolución e da referida no punto 1 anterior implica ademais que Galicia corrixiu parte da diferenza existente consonte o número medio de reses por explotación, agora en 31 cabezas por granxa. Fica non obstante lonxe das 40 de España (un 29% superior), 49 de Francia ou 79 de Holanda. 3. En termos de produción, a porcentaxe do leite galego sobre o total español pasou do 31% en 2001 ao 37% en 2013. Dúas novas consecuencias de relevancia: as explotacións galegas son menos produtivas ca no conxunto do Estado (ten o 44% das reses para o 37% da produción), con diferenzas moi notables respecto a algunhas Comunidades Autónomas, e ademais a comparativa neste aspecto evolucionou de xeito lixeiramente negativo nos últimos anos. Un dato que demostra a virulencia do fenómeno: mentres na campaña 2004-2005, a media de produción por explotación quedou nas 105 Tn anuais en Galicia, na 2013-2014 esa cifra más que se duplicou ata as 223 Tn. 4. A superficie media das explotacións galegas é de 18 Has. fronte ás 27 Has. do total español (un 50% superior) e as 35 de Andalucía, as 62 de Aragón ou as 63 de Castela - A Mancha. Debe subliñarse a importancia desta variable que se utiliza como unidade básica de cálculo para as subvencións da PAC. Unha explotación principalmente intensiva como a maioría das galegas vese prexudicada por este criterio da política agraria común. 5. O diferencial de prezo resulta igualmente significativo. O prezo pagado en Galicia ós gandeiros está cando se redacta este artigo en 28,7 céntimos por litro, o máis baixo de España, en tanto que en Asturias supera os 33 céntimos. A media española sitúase nos 31,1 céntimos e ningunha outra Comunidade Autónoma baixa dos 30 céntimos por litro. 6. Dende 2008, experimentouse unha aguda redución das marxes de explotación, común ao conxunto do Estado, que levou as contas de resultados de moitas explotacións a números vermellos sobre todo a partir de 2012. 7. Galicia perde peso a medida que avanza a cadea de valor do sector. Así, mentres que o leite representa como se indicou o 37% do total español, a industria láctea localizada en Galicia supón menos do 10% da radicada no conxunto do Estado. 8. As empresas de transformación de capital galego limítanse ao Grupo Leche Río- Leyma, Feiraco e Clesa ademais de pequenas queixerías. Estas empresas unicamente transforman ao redor do 25% do leite producido polos gandeiros galegos. Tal como sinala o profesor López Iglesias, “o leite comercializado polos
  • 3. SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 3 gandeiros galegos multiplica por máis de 40 ó recollido das explotacións na Comunidade de Madrid; sen embargo, o VEB da industria láctea de Madrid supera claramente o de Galiza”. En termos cualitativos, o sector lácteo galego amosa unha alarmante falta de cohesión nas relacións entre gandeiros, industria e distribución que provoca unha inestabilidade das condicións de recollida, nomeadamente os prezos, e unha vulnerabilidade extrema das explotacións. O sector lamenta tamén certa falta de formación pois en Galicia apenas existen opcións académicas tanto en educación de nivel básico como técnico o de xestión especializadas no tratamento do gando vacún e do leite. Cómpre facer un comentario outrosí no eido da investigación pois malia contar Galicia cun centro de primeiro nivel, o Centro de Investigación Agraria de Mabegondo, así como outras instalacións de menor relevancia, a redución de recursos aplicada nos últimos anos está ameazando a actividade de I+D do sector que habería ser unha das claves de calquera estratexia de futuro. Debe subliñarse tamén que, segundo o Observatorio Europeo do Sector Lácteo, entre 2012 e 2014 se investiron 5.500 millóns de euros en 190 proxectos de desenvolvemento da actividade leiteira nos países da Unión Europea. Pois ben, ningún deses proxectos tivo lugar en Galicia. Por último, mencionaremos que, tal como indica o profesor Andrade Calvo, “a estrutura territorial de Galicia, caracterizada pola escasa dimensión das parcelas unido á práctica inexistencia dun mercado de terras que facilite a súa mobilización produtiva, actúan como freo para mellorar a competitividade e rendibilidade das explotación agrícolas, gandeiras e forestais”. Ninguén pon en dúbida que a falta de aproveitamento da superficie produtiva dispoñible e máis a rixidez na xestión da terra representan outras eivas de crítica relevancia para o sector agrogandeiro galego. A cadea de valor do lácteo Hai apenas uns meses, en concreto o 1 de Abril pasado, desapareceu o sistema da cota láctea que tanta presión exerceu sobre moitos gandeiros que viron restrinxida a súa capacidade de produción así como as súas opcións de negociación de prezos. A desaparición das cotas traerá seguramente unha maior produción en Europa o que afectará os prezos na dirección contraria. Semella que o leite se move permanentemente en escenarios de redución dos seus marxes de explotación. Como anticipabamos uns parágrafos atrás, a busca da fórmula que permita mellorar a competitividade do gando lácteo galego e con iso recuperar rendibilidade, debe facerse a través da análise da cadea de valor do sector. Entendemos por cadea de valor a secuencia de actividades que se desenvolven nun sector económico e as distintas opcións estratéxicas dispoñibles a fin de maximizar o valor que se engade en cada fase ou elo.
  • 4. SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 4 A cadea de valor do sector lácteo quedaría deseñado polo gráfico adxunto: Describiremos sucintamente cada unha das fases da cadea: Insumos: as opcións estratéxicas serían a adquisición de pensos nos mercados globais, o pasto ou a forraxe seca. A variedade da alimentación resulta outro factor a considerar. Mentres que o pasto adóitase relacionar coa gandería extensiva, as outras fórmulas alimentarias tenden a utilizarse na gandería intensiva, é dicir, coas reses estabuladas permanentemente. Xestión do gando: ademais da alimentación mencionada no punto anterior, cuestións como a variedade de razas, o coidado da xenética, a prevención de doenzas, o chamado confort do animal, o tamaño do rabaño, e a propia organización e tecnificación da granxa condicionarán a capacidade de produción por vaca. Loxística: está definida por las propias condicións das empresas que realizan a recollida do leite. A maioría da produción é recollida por marcas con fábricas en Galicia, caso de Leche Río, Lactalis (propietaria de Puleva), Central Lechera Asturiana, Leche Celta y Feiraco; en total, captan arredor do 66% do leite galego. Outras empresas sen fábrica en Galicia recollen en torno a un 14%: Reny Picot, Nestlé, Pascual ou Danone. O 20% restante é adquirido por intermediarios e, unha pequena proporción, por empresas galegas de reducida dimensión fabricantes de queixos e outros derivados. Transformación: as posibilidades neste elo da cadea son múltiples, dende a entrega do leite cru ata a elaboración de produtos funcionais de base láctea. No medio quedan o leite en po, a manteiga, o requeixo, o queixo, os iogures e os xeados, entre outros, e en cada caso, con espazo para a dotación de calidades complementarias en termos de presentación, sabor, porcentaxe de graxa, carácter ecolóxico, contido vitamínico ou Insumos Gando Loxística Transfor- mación Distri- bución Consumo Investigación e Desenvolvemento
  • 5. SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 5 atención a nichos concretos de consumo. Cómpre considerar así mesmo a posible transformación dos residuos orgánicos que se producen nas granxas. A aplicación dunha marca e as técnicas de marketing en xeral, así como a creatividade e a innovación, haberían contemplarse tamén nesta fase. Distribución: o peso crecente das grandes superficies na distribución do produto final representa un condicionante importante na fixación dos prezos debido á forza de negociación destas canles. Os supermercados tenden a manter a súa cota e o comercio de proximidade continúa a minguar as vendas en termos comparados. Xorden novas fórmulas de distribución, como as tendas gourmet e as ecolóxicas, ademais da distribución directa ao consumidor do que houbo algunha experiencia. Mercado de consumo: o consumidor representa o último elo da cadea, sempre transcendente pois será quen determine a maior ou menor aceptación do produto. Existen catro grandes espazos con distintos requirimentos de competitividade: o mercado propio, Galicia; o mercado español; o espazo da Unión Europea; e os países exteriores cunha evolución importante da súa demanda como Rusia, Asia ou mesmo África. Calquera política de modernización e competitividade do sector lácteo galego debe contemplar cada unha das fases da cadea de valor aquí definidas. Á busca da prosperidade Co sistema de cotas liquidado na Unión Europea, o sector lácteo enfronta unha nova etapa da transformación iniciada nos anos 80. O grande reto será conseguir que tanto gandeiros como industria transformadora resulten competitivos no mercado de produción libre ao tempo que se corrixe a eiva de produtividade que asola a maior parte das explotacións. Mantendo presente a análise realizada nas seccións anteriores, o sector lácteo galego precisa a adopción dun programa estratéxico a desenvolver entre os poderes públicos e a iniciativa privada que contemple as liñas de actuación seguintes: ϋ Reactivar e fortalecer o proceso de agregación de superficie agrícola que representou o Banco de Terras. En palabras do profesor Andrade Calvo, “a función principal do Banco de Terras é a de dinamizar e mediar entre as persoas propietarias e aquelas que precisan terras con vocación agrícola e gandeira, así como dar garantías, confianza e seguridade na xestión e no uso das fincas.” Subliña este profesor da Universidade da Coruña a innovación que supuxo BANTEGAL ao promover un uso e unha xestión activa das terras agrícolas sen alterar e modificar a propiedade, ao tempo que advirte da necesidade de dotar de axilidade ao procedemento administrativo e reforzar os medios técnicos do
  • 6. SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 6 proxecto. A expansión do Banco de Terras implicará unha maior produción de forraxe e, xa que logo, un menor recurso á importación de pensos. ϋ Promover e fortalecer o movemento cooperativo nas fases de aprovisionamento, produción, loxística e relación coa industria que permita a optimización da xestión do ciclo produtivo e unha maior capacidade de negociación. Buscar a colaboración tamén nos proxectos de distribución directa ao consumidor. ϋ Resulta imprescindible consolidar unhas relacións interprofesionais no sector que fomenten a cultura da interlocución e que garantan transparencia e estabilidade na relación entre gandeiros e industrias sobre unha base de beneficio mutuo. ϋ Outro factor crítico ha ser o asesoramento, a capitalización e a colaboración das pequenas factorías galegas de produtos lácteos de modo que se aumente o valor engadido conxunto do sector e se reduza a dependencia de axentes exteriores. A integración vertical de cooperativas de produción no eido da transformación será outra iniciativa de grande valor potencial. Utilizando as palabras do empresario Xosé Turnes: “Galicia é unha potencia en produción pero o noso leite, na súa inmensa maioría, segue viaxando nun paquete ou dentro dunha cisterna”. ϋ Así mesmo deben constituírse empresas comercializadoras e consorcios de exportación que, de xeito uni ou plurisectorial, poñan en práctica atinadas e potentes estratexias de marketing para o acceso do produto lácteo e derivados aos mercados externos a Galicia. ϋ Por último, pero con tanta ou incluso máis transcendencia que os puntos anteriores, é fundamental reforzar poderosamente a actividade de I+D e de innovación no sector e aplicala a cada elo da cadea, dende o tratamento dos insumos ata a comercialización, pasando pola xestión do gando, a loxística, a transformación e os factores ecolóxicos e ambientais. Habemos ser conscientes do valor do leite para tornar o rural galego nunha contorna próspera e sustentable de características propias que aborden un futuro de progreso a partir dunhas condicións únicas e unha tradición digna de ser honrada. Galicia necesita o leite para o seu desenvolvemento e o leite precisa do compromiso de Galicia para a súa prosperidade.
  • 7. SECTOR LÁCTEO PARA GALEGOS MFM 7 Termino cunha nova e atinada frase do empresario Xosé Turnes: “Temos produción, temos territorio, temos gandeiros e temos necesidade de potenciar o que realmente ten posibilidades. O noso leite é unha materia prima estratéxica.” Principais fontes utilizadas: Informe de monitorización y seguimiento de la producción de leche en el sector vacuno lechero, Enero 2015. Ministerio de Agricultura, Medio Ambiente y Alimentación Documento: Evolución principales magnitudes sector lácteo, Parte I. Producción. Secretaría General de Productos Ganaderos del MAGRAMA Estadísticas do SIGLAC: Sistema de Gestión de Cuotas Lácteas. Conxunto de documentos publicados no sitio web terraeleite.org