SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  5
UNHA MENSAXE PARA AS RAPAZAS
Os casos de violencia de xénero lamentablemente son moitos e están á orde do día. O importante desta
novela é o proceso de sedución de Marta, como sen decatarse vai perdendo o control sobre a súa propia
vida, o que a leva á autodestrución. As rapazas tedes a responsabilidade de evitar en todo o posible invo-
lucrarvos en relacións que vos fagan sufrir e que no peor dos casos vos vaian provocar danos psicolóxi-
cos ou físicos.
                                 UNHA MENSAXE PARA OS RAPACES
Os rapaces podedes contribuír difundindo as vosas ideas sobre como se debe tratar a unha rapaza e re-
flexionando sobre o proceso de maltrato á parella. Tamén podedes axudar ese amigo que perde os ner-
vios e trata mal a súa rapaza, convencéndoo cos vosos argumentos de que cambie de actitude.

                                  OS AGRESORES DE MULLERES
-É importante aceptar que as persoas que agreden as súas parellas non as queren de verdade, porque
non poden ou non saben amar.
-Son persoas egocéntricas, que antepoñen o seu punto de vista e as súas necesidades ás da outra per-
soa. Isto vese no episodio no que lle envía o ramo de flores, sabendo que acaban de coñecerse e que a
pon nun compromiso cando apenas acaba de sufrir unha ruptura amorosa e se encontra vulnerable.
-Adaptan o seu comportamento ás circunstancias simplemente para lograr o seu obxectivo. Como cando
ela lle quere parar os pés e a el dille que en realidade tamén está na mesma situación emocional e só
quere amizade. (Entón, por que lle regalou as flores cunha nota amorosa?)
-Hai dous tipos básicos de agresores: os dependentes e os psicópatas.
OS AGRESORES DEPENDENTES
-Son persoas inseguras e susceptibles, adoitan abusar do alcohol e mostrarse esaxeradamente celosos.
Séntense fortes en función do dominio que teñan sobre a súa parella.
-Son os que se suicidan despois de asasinar as súas parellas. Non é un acto de arrepentimento, senón de
impotencia, porque acaba de desaparecer a vítima que os fai sentirse fortes ao ter o control sobre ela.
-Crense máis homes porque maltratan as súas mulleres e/ou os seus fillos.
-O seu ámbito de agresividade é o doméstico, pois fora de casa non se mostran agresivos.
OS AGRESORES PSICÓPATAS
-Teñen maior tendencia a causar dano sádico que lles produce pracer.
-Necesitan ter o control de todo o que está no seu ambiente.
-Non queren a ninguén, non teñen vinculación afectiva coa vítima, só a necesidade de sentir o pracer de
controlala e de causarlle dano.
-Son manipuladores e mentireiros, máis que os agresores dependentes. O episodio do ramo de rosas é
un exemplo de manipulación.
-Non se poñen nerviosos cando se comportan de xeito antisocial (a diferenza dos agresores dependentes,
que se mostran máis irrascibles). Isto permítelles actuar con maior sangue frío. Na novela vese todo o
plan de mentiras para conseguir o achegamento da moza, facela sentir pena, responsabilidade ou culpa-
bilidade, ata chegar a ter o completo control sobre a súa vida.
-Adoitan finxir un grande encanto exterior. Isto vese ben na escena da comida cos pais de Marta.
-Este encanto facilítalles o proceso de perdón e esquecemento dos "malos momentos" por parte da rapa-
za, que se conmove coa súa simpatía.
-Queren que se faga todo como eles queren, pretenden ter o control e ser os líderes.
-Moitos convértense en "parasitos", viven á conta das súas vítimas.

                                        NON SON ENFERMOS
-Non se pode xustificar o maltrato botando a culpa ao alcohol. Moitos dos maltratadores xa eran violentos
antes e durante o consumo de alcohol e/ou drogas. O que acontece é que o alcohol aumenta a desinhibi-
ción, a perda do autocontrol, o que facilita o comportamento violento.
-O maltratador psicópata pode mostrar sentimentos de amor profundo a través das súas palabras e feitos,
pero en realidade non os senten.
-Non son perturbados mentais, senón que planean os seus actos e son conscientes de cada paso que
dan para lograr os seus obxectivos. En realidade non están enfermos, pero conseguen facer enfermar ás
súas parellas.

             É POSIBLE CAMBIAR A UN MALTRATADOR POLO AMOR DA SÚA PARELLA?
-Non, o amor non consegue facer cambiar a un maltratador.
-A felicidade da parella só é posible cando hai unha coincidencia esencial entre as súas dúas personali-
dades.
-A personalidade componse dos principios ou valores esenciais que ten cada un, os hábitos ou activida-
des diarias e as preferencias, que son as decisións ou eleccións que un toma nun momento dado. Por
exemplo, ler ou practicar deporte poden ser hábitos, pero facelo pola mañá ou pola tarde son preferen-
cias.
-Os valores esenciais son os que non poden modificarse se non é con grande esforzo e dor, o que en rea-
lidade supón un gran proceso de transformación persoal.
-Nós non podemos cambiar no esencial a ninguén se se trata de modificar os seus valores ou principios
esenciais, ou se implica cambiar moitos dos hábitos que axudan a estruturar a súa vida. Como moito po-
deremos cambiar as súas preferencias e algún que outro hábito.
-Se é unha persoa violenta, por moito que lle queiras non o vas poder cambiar.
-Ao contrario, os teus intentos por axudalo, por cambiar a súa forma de ser, o que farán será incrementar
o seu control sobre ti, porque aprenderá que actuando como fai cada vez te terá máis pendente del.
-Polo tanto, intentar cambialo e conseguir que sexa sempre tan encantador como ás veces parece só
conduce a encadear a rapaza cada vez máis ao rapaz que quere.
-A idea de salvar o meu rapaz" (dos celos, do alcohol ou dunha infancia desgraciada) non serve para na-
da porque el non te quere en absoluto, só quere controlarte. Recordemos a Marta cando quere axudar
a Héctor e xustifica os seus ataques de celos porque pensa que está traumatizado pola morte da súa nai
e pola mala relación co seu pai.
                                 COMO SABER SE UNHA PERSOA É PERIGOSA?
1. AUTOCOÑECEMENTO:
-As parellas máis felices son as que, ademais de gustarse e estar namorados, coinciden moito nos valo-
res esenciais, comparten bastantes hábitos e saben adaptar as súas preferencias para facer agradable a
vida do outro. O amor a longo prazo nunha parella é produto da atracción persoal e da compatibilidade
entre valores e hábitos.
-O primeiro que tes que facer é coñecerte a ti mesmo: mirar no teu interior e preguntarte que é o impor-
tante para ti na vida, cales son os teus desexos e valores que queres que os que están ao teu arredor
compartan ou polo menos respecten.
-Hai épocas na vida nos que unha persoa se encontra máis insegura, con dúbidas sobre un mesmo. Este
é o momento no que unha rapaza pode ter máis probabilidades de converterse en vítima dun agresor.
-Unha boa relación de comunicación coa familia pode axudar a reducir o proceso de dependencia da mu-
ller con respecto ao home. No caso de Marta, ela séntese insegura pois foi abandonada pola súa anterior
parella e séntese culpable. Ademais é filla única, ten sempre os seus pais pendentes dela, trátana como a
unha nena, co que non hai unha relación de igualdade que lle permita a ela comunicarse cos seus pais de
igual a igual. Iso fai que asuma con moito medo a responsabilidade de ser unha muller autónoma.
-Cando unha persoa non ten confianza en si mesma, adoita achacarse a responsabilidade, a culpa dos
problemas, co que entra no círculo vicioso de crer que merece o castigo. Pola contra, alguén que confía
en si mesmo, é capaz de afrontar os problemas con resignación e polo tanto ser capaces de buscar alter-
nativas.
-Cando un di: "fixen o posible por facer isto e xa non se pode facer máis", asumimos que o fixemos o me-
llor posible aínda que nos equivocásemos.
-Só podemos gobernar o noso propio comportamento, polo que non podemos pretender que os demais se
comporten como nós queremos ou esperamos deles.
- A obsesión pola culpa pode ser moito máis dolorosa cando se está nesa etapa de incerteza, cando unha
persoa ha de tomar as rendas da súa vida e non acha lazos afectivos a poidan axudar a que empregar o
sentido común e mirar con ollos realistas á hora de xulgar a súa situación. Cando coñecemos cales son
os nosos valores esenciais e os hábitos sobre os que instalamos a nosa vida, é moito máis doado que
nos decatemos se unha persoa está amenazando cos seus actos e esixencias eses elementos centrais
da nosa personalidade. Doutro modo: as rapazas e rapaces inseguros descoñecen quen son eles, como
son, que é de verdade o que desexan e estiman, e desta forma poden aceptar con maior facilidade os
cambios e manipulacións que os seus "namorados" lles impoñen. "
2. INTUICIÓN:
-A intuición é un coñecemento que temos a nivel inconsciente a partir da experiencia que temos na vida.
É unha mensaxe que nos envía a nosa mente avisándonos de que prestemos maior atención.
-Quizais ese rapaz do que nos alerta a nosa intuición non sexa finalmente un perigo, pero o que conse-
guiu é que estudes máis detidamente os feitos que che fixeron sentir alerta.
-Un dos valores esenciais que todos temos é o de necesitar ser coidado e querido, e non golpeado ou
humillado. Polo tanto, poñer atención aos sinais de alarma que nos avisan de que ese valor se pode estar
a vulnerar pode ser a nosa primeira medida de prevención.
3. OS MITOS DO AMOR
- É falso que o amor o poida todo e poidamos salvar un home violento por amor e facer que sexa unha
persoa sensible e respectuosa coa súa parella.
- É falso que unha persoa nos poida querer e pegar ao mesmo tempo ou maltratarnos psicoloxicamente.
Normalmente o agresor adoita desculparse dicindo: "eu non son así", volvinme tolo, "non volverá suce-
der". E adoitan rematar cun intento de manipulación ou chantaxe emocional: "non" sei "que faría se me
deixases".
- A vida non é unha película de ficción: un home que te golpea, te illa e te humilla, non se vai converter en
mellor persoa por moito que o soportes e o queiras.
4. INDICADORES PARA PREDICIR O MALTRATO : Se coinciden varios deles deberiamos poñer aten-
ción e tomar medidas. Algúns dos indicadores son:
-Resolve os conflitos con hostilidade, intimidación ou sendo agresivo.
-Emprega palabras e argumentos que supoñen abuso psicolóxico: insulta, humilla...
-Usa ameazas ou intimidación como medio de control: dar malleiras, mentir, restrinxir a liberdade, revelar
segredos, deixala sen diñeiro, sen amigos, sen fillos, abandonala, cometer suicidio.
-Rompe cousas nos seus ataques de ira, normalmente con contido simbólico: fotos, obxectos significati-
vos para a parella...
-Toma alcohol e drogas facilitadores da violencia.
-Asegura que o alcohol ou as drogas teñen a culpa dos seus actos violentos.
-É celoso ante calquera persoa ou actividade que lle quite o control sobre a súa parella, pide explicacións
de todo o que ela fai.
-Non acepta ser rexeitado.
-Dá por feito que a súa relación é para sempre.
-Fala moito da súa parella deixando entrever que gran parte da súa valía persoal se debe a que o ten a el
como parella.
-Se a relación se rompeu, intenta implicar os familiares e amigos dela para que lle axuden a volver xuntos.
-Cre que as persoas que rodean a súa parella están na súa contra.
-Sofre cambios de humor repentinos, pode estar enfadado ou deprimido.
-Adoita botar a culpa a outros dos seus erros, non se responsabiliza das súas accións.
-Emprega os privilexios de ser varón: trata a muller como unha criada, toma as decisións importantes, usa
expresións despectivas co sexo feminino...
-Viviu de neno nun ambiente de violencia.

                            A AGRESIÓN PSICOLÓXICA Á MULLER
Algúns maltratadores son especialistas en violencia psicolóxica, aínda que nunca empreguen a violencia
física ou só o fagan en circunstancias de moito estrés. Eles controlan unha situación que se repite día tras
día: unha tortura emocional que pode desequilibrar unha muller e facela sufrir durante moitos anos da súa
vida. Algunhas das condutas habituais de agresión psicolóxica á muller:
-Impediume ver os meus familiares ou amigos.
-Controloume o uso do teléfono ou o correo.
-Insultoume: subnormal, imbécil...
-Fíxome pasar vergoña en público.
-Humilloume en privado.
-Controloume o diñeiro ao máximo.
-Ménteme e manipúlame con frecuencia.
-Asegura que son un fracaso absoluto: no traballo, no colexio, na parella...
-Obrígame a que estea pendente de que todo estea ao seu gusto.
-Ten celos de modo desmesurado.
 Estas condutas poden axudarte a decatarte de se a túa parella está a adoptar unha posición de superio-
ridade e de control sobre ti intolerables.
O ACOSO : O acoso ou persecución obsesiva, control permanente das túas actividades é unha das for-
mas máis destrutoras de terror psicolóxico. As persoas máis celosas e que queren saber onde estás en
cada momento son as que máis tendencia teñen a acosar. No inferno de Marta hai moitos indicadores de
acoso e agresión psicolóxica:
-a excesiva implicación amorosa ao principio da relación, cando apenas se coñecen.
-O obsequio das flores e a chamada de teléfono, que poñen a Marta no compromiso de volver velo.
-Cando Marta se sente avasalada ao notar a man de Héctord eslizándose polas súas costas.
-Como pouco a pouco el vaise convertendo na súa sombra.
-Como provoca a separación das súas amigas e a vai illando e dominando cada vez máis.
-Como ela se vai afastando do mundo para non enfrontar a verdade e baixo a presión dos celos de Héctor
por non querer facelo sufrir.
-Todo unido ao desexo de evitar novas situacións de maltrato, o intento de agradar a Héctor, de non irritar
a persoa que nos di que nos ama. "Héctor díxolle a Marta que era celoso porque a quería moito, e ela cre-
eullo e fixo todo o posible por non irritalo. "
-Marta non abandonou a Héctor a pesar das agresións físicas porque tiña a esperanza de que el cambia-
se e ademais sentíase culpable de que el a tratase mal e tiña medo de que ninguén máis a quixese se o
deixaba.
-Marta trata de encontrar unha explicación lóxica ao feito de que Héctor a maltrate, a razón da agresión, e
iso é o que o leva a sentirse culpable e a perdoalo unha e outra vez.
-Esa culpabilidade nace da súa inseguridade. Moitas mulleres néganse a aceptar que as persoas toman
decisións na vida sen que unha teña que ser a responsable das eleccións doutros. Martas éntese culpa-
ble pola marcha de Marcelo sen ter razóns para iso.
-Cando xa aguantou moito, sente que lle faltan as forzas, chega a unha situación psicolóxica de desespe-
ranza ou desamparo aprendido: pensa que faga o que faga, todo seguirá igual.
COMO ENCONTRAR A SAÍDA?
-A vítima ten que recoñecer que o feito de ter permanecido xunto ao agresor foi unha decisión súa. "Ela
elixira crelo... "
-Chega un momento en que ela ve, de súpeto esperta, decátase da situación na que está involucrada.
-Isto provoca unha rabia interior que lle dá coraxe para recoñecer a verdade, querer saír desa situación e
loitar pola súa dignidade.
-Entón prodúcese o estrañamento, de preguntarse como é posible que ela fixese todo o que fixo durante
esa relación. A Marta acontécelle ao ver as fotos e decatarse de que en realidade non sabe nada da vida
de Héctor.
-Este é o momento de pedir axuda, falando cun adulto do que te fíes ou contactando cos servizos de
atención á muller.
1.- O amor e o enamoramento.
a) Que sucede cando estamos enamorados?


b) É o mesmo amor que namoramento? Define ambos.


c) Que pode suceder cando se remata o enamoramiento?


2. - Os mitos do amor
a) O amor é omnipotente?


b) Cantos tipos de amor conoces?


c) Poderemos lograr que alguén que non nos quere nos queira a base de amalo/amucho más?


d) Alguén que non nos respecta ou nos maltrata, pódenos querer?


3. - O autocoñecmento
a) Consideras importante coñecerse a si mesmo? Por qué?


b) Que é a autoestima?


c) a teoría dos círculos concéntricos do amor. Explica en que consistía. Pista: falaba de tres conceptos:
núcleo, hábitos e preferencias.


d) Á hora de manter unha relación de parella, que partes da teoría anterior decíamos que se podían cam-
biar e cales non se podían cambiar? Por que ?


e) Podo deixar de ser eu mesmo/a porque alguén mo pida?


f) A miña parella cambiará porque eu llo pida?

Contenu connexe

Similaire à Unha mensaxe para as rapazas

Relacións entre mozas e mozos.
Relacións entre mozas e mozos.Relacións entre mozas e mozos.
Relacións entre mozas e mozos.Luisa
 
Analizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionario
Analizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionarioAnalizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionario
Analizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionarioeducacionenigualdade
 
Revoluciona a educación
Revoluciona a educaciónRevoluciona a educación
Revoluciona a educaciónale last
 
Acoso escolar
Acoso escolarAcoso escolar
Acoso escolarStf
 
Acoso Escolar CEIP Coutada-Beade
Acoso Escolar CEIP Coutada-BeadeAcoso Escolar CEIP Coutada-Beade
Acoso Escolar CEIP Coutada-BeadeManuel Perez Perez
 
Maltrato de xénero na adolescencia
Maltrato de xénero na adolescenciaMaltrato de xénero na adolescencia
Maltrato de xénero na adolescenciazuceac
 
Folleto familias acoso escolar
Folleto familias acoso escolarFolleto familias acoso escolar
Folleto familias acoso escolarEDLGVILAVERDE
 
Campaña de prevencion
Campaña de prevencionCampaña de prevencion
Campaña de prevencionlauritamc2000
 
Violencia de Xénero
Violencia de XéneroViolencia de Xénero
Violencia de XéneroTaniaopino
 
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020Montserrat Pérez Castiñeira
 

Similaire à Unha mensaxe para as rapazas (20)

Relacións entre mozas e mozos.
Relacións entre mozas e mozos.Relacións entre mozas e mozos.
Relacións entre mozas e mozos.
 
Analizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionario
Analizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionarioAnalizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionario
Analizando a violencia nas relacións amorosas. cuestionario
 
Todos contra o acoso escolar
Todos contra o acoso escolarTodos contra o acoso escolar
Todos contra o acoso escolar
 
7 principios de ecoloxía emocional
7 principios de ecoloxía emocional7 principios de ecoloxía emocional
7 principios de ecoloxía emocional
 
3º eso ppt apoio fichas
3º eso ppt apoio fichas3º eso ppt apoio fichas
3º eso ppt apoio fichas
 
Revoluciona a educación
Revoluciona a educaciónRevoluciona a educación
Revoluciona a educación
 
Acoso escolar
Acoso escolarAcoso escolar
Acoso escolar
 
El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández
El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez FernándezEl arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández
El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández
 
Acoso Escolar CEIP Coutada-Beade
Acoso Escolar CEIP Coutada-BeadeAcoso Escolar CEIP Coutada-Beade
Acoso Escolar CEIP Coutada-Beade
 
Maltrato de xénero na adolescencia
Maltrato de xénero na adolescenciaMaltrato de xénero na adolescencia
Maltrato de xénero na adolescencia
 
Folleto familias acoso escolar
Folleto familias acoso escolarFolleto familias acoso escolar
Folleto familias acoso escolar
 
Pps acoso
Pps acosoPps acoso
Pps acoso
 
Campaña de prevencion
Campaña de prevencionCampaña de prevencion
Campaña de prevencion
 
Canto te me quero
Canto te me queroCanto te me quero
Canto te me quero
 
Violencia de Xénero
Violencia de XéneroViolencia de Xénero
Violencia de Xénero
 
Objetivos BáSicos De Tratamiento Con Los Padres
Objetivos BáSicos De Tratamiento Con Los PadresObjetivos BáSicos De Tratamiento Con Los Padres
Objetivos BáSicos De Tratamiento Con Los Padres
 
Expectativas
ExpectativasExpectativas
Expectativas
 
Sexismo
SexismoSexismo
Sexismo
 
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
 
Afectos e emocións. o amor romántico
Afectos e emocións. o amor románticoAfectos e emocións. o amor romántico
Afectos e emocións. o amor romántico
 

Unha mensaxe para as rapazas

  • 1. UNHA MENSAXE PARA AS RAPAZAS Os casos de violencia de xénero lamentablemente son moitos e están á orde do día. O importante desta novela é o proceso de sedución de Marta, como sen decatarse vai perdendo o control sobre a súa propia vida, o que a leva á autodestrución. As rapazas tedes a responsabilidade de evitar en todo o posible invo- lucrarvos en relacións que vos fagan sufrir e que no peor dos casos vos vaian provocar danos psicolóxi- cos ou físicos. UNHA MENSAXE PARA OS RAPACES Os rapaces podedes contribuír difundindo as vosas ideas sobre como se debe tratar a unha rapaza e re- flexionando sobre o proceso de maltrato á parella. Tamén podedes axudar ese amigo que perde os ner- vios e trata mal a súa rapaza, convencéndoo cos vosos argumentos de que cambie de actitude. OS AGRESORES DE MULLERES -É importante aceptar que as persoas que agreden as súas parellas non as queren de verdade, porque non poden ou non saben amar. -Son persoas egocéntricas, que antepoñen o seu punto de vista e as súas necesidades ás da outra per- soa. Isto vese no episodio no que lle envía o ramo de flores, sabendo que acaban de coñecerse e que a pon nun compromiso cando apenas acaba de sufrir unha ruptura amorosa e se encontra vulnerable. -Adaptan o seu comportamento ás circunstancias simplemente para lograr o seu obxectivo. Como cando ela lle quere parar os pés e a el dille que en realidade tamén está na mesma situación emocional e só quere amizade. (Entón, por que lle regalou as flores cunha nota amorosa?) -Hai dous tipos básicos de agresores: os dependentes e os psicópatas. OS AGRESORES DEPENDENTES -Son persoas inseguras e susceptibles, adoitan abusar do alcohol e mostrarse esaxeradamente celosos. Séntense fortes en función do dominio que teñan sobre a súa parella. -Son os que se suicidan despois de asasinar as súas parellas. Non é un acto de arrepentimento, senón de impotencia, porque acaba de desaparecer a vítima que os fai sentirse fortes ao ter o control sobre ela. -Crense máis homes porque maltratan as súas mulleres e/ou os seus fillos. -O seu ámbito de agresividade é o doméstico, pois fora de casa non se mostran agresivos. OS AGRESORES PSICÓPATAS -Teñen maior tendencia a causar dano sádico que lles produce pracer. -Necesitan ter o control de todo o que está no seu ambiente. -Non queren a ninguén, non teñen vinculación afectiva coa vítima, só a necesidade de sentir o pracer de controlala e de causarlle dano. -Son manipuladores e mentireiros, máis que os agresores dependentes. O episodio do ramo de rosas é un exemplo de manipulación. -Non se poñen nerviosos cando se comportan de xeito antisocial (a diferenza dos agresores dependentes, que se mostran máis irrascibles). Isto permítelles actuar con maior sangue frío. Na novela vese todo o plan de mentiras para conseguir o achegamento da moza, facela sentir pena, responsabilidade ou culpa- bilidade, ata chegar a ter o completo control sobre a súa vida. -Adoitan finxir un grande encanto exterior. Isto vese ben na escena da comida cos pais de Marta. -Este encanto facilítalles o proceso de perdón e esquecemento dos "malos momentos" por parte da rapa- za, que se conmove coa súa simpatía. -Queren que se faga todo como eles queren, pretenden ter o control e ser os líderes. -Moitos convértense en "parasitos", viven á conta das súas vítimas. NON SON ENFERMOS -Non se pode xustificar o maltrato botando a culpa ao alcohol. Moitos dos maltratadores xa eran violentos antes e durante o consumo de alcohol e/ou drogas. O que acontece é que o alcohol aumenta a desinhibi- ción, a perda do autocontrol, o que facilita o comportamento violento. -O maltratador psicópata pode mostrar sentimentos de amor profundo a través das súas palabras e feitos, pero en realidade non os senten.
  • 2. -Non son perturbados mentais, senón que planean os seus actos e son conscientes de cada paso que dan para lograr os seus obxectivos. En realidade non están enfermos, pero conseguen facer enfermar ás súas parellas. É POSIBLE CAMBIAR A UN MALTRATADOR POLO AMOR DA SÚA PARELLA? -Non, o amor non consegue facer cambiar a un maltratador. -A felicidade da parella só é posible cando hai unha coincidencia esencial entre as súas dúas personali- dades. -A personalidade componse dos principios ou valores esenciais que ten cada un, os hábitos ou activida- des diarias e as preferencias, que son as decisións ou eleccións que un toma nun momento dado. Por exemplo, ler ou practicar deporte poden ser hábitos, pero facelo pola mañá ou pola tarde son preferen- cias. -Os valores esenciais son os que non poden modificarse se non é con grande esforzo e dor, o que en rea- lidade supón un gran proceso de transformación persoal. -Nós non podemos cambiar no esencial a ninguén se se trata de modificar os seus valores ou principios esenciais, ou se implica cambiar moitos dos hábitos que axudan a estruturar a súa vida. Como moito po- deremos cambiar as súas preferencias e algún que outro hábito. -Se é unha persoa violenta, por moito que lle queiras non o vas poder cambiar. -Ao contrario, os teus intentos por axudalo, por cambiar a súa forma de ser, o que farán será incrementar o seu control sobre ti, porque aprenderá que actuando como fai cada vez te terá máis pendente del. -Polo tanto, intentar cambialo e conseguir que sexa sempre tan encantador como ás veces parece só conduce a encadear a rapaza cada vez máis ao rapaz que quere. -A idea de salvar o meu rapaz" (dos celos, do alcohol ou dunha infancia desgraciada) non serve para na- da porque el non te quere en absoluto, só quere controlarte. Recordemos a Marta cando quere axudar a Héctor e xustifica os seus ataques de celos porque pensa que está traumatizado pola morte da súa nai e pola mala relación co seu pai. COMO SABER SE UNHA PERSOA É PERIGOSA? 1. AUTOCOÑECEMENTO: -As parellas máis felices son as que, ademais de gustarse e estar namorados, coinciden moito nos valo- res esenciais, comparten bastantes hábitos e saben adaptar as súas preferencias para facer agradable a vida do outro. O amor a longo prazo nunha parella é produto da atracción persoal e da compatibilidade entre valores e hábitos. -O primeiro que tes que facer é coñecerte a ti mesmo: mirar no teu interior e preguntarte que é o impor- tante para ti na vida, cales son os teus desexos e valores que queres que os que están ao teu arredor compartan ou polo menos respecten. -Hai épocas na vida nos que unha persoa se encontra máis insegura, con dúbidas sobre un mesmo. Este é o momento no que unha rapaza pode ter máis probabilidades de converterse en vítima dun agresor. -Unha boa relación de comunicación coa familia pode axudar a reducir o proceso de dependencia da mu- ller con respecto ao home. No caso de Marta, ela séntese insegura pois foi abandonada pola súa anterior parella e séntese culpable. Ademais é filla única, ten sempre os seus pais pendentes dela, trátana como a unha nena, co que non hai unha relación de igualdade que lle permita a ela comunicarse cos seus pais de igual a igual. Iso fai que asuma con moito medo a responsabilidade de ser unha muller autónoma. -Cando unha persoa non ten confianza en si mesma, adoita achacarse a responsabilidade, a culpa dos problemas, co que entra no círculo vicioso de crer que merece o castigo. Pola contra, alguén que confía en si mesmo, é capaz de afrontar os problemas con resignación e polo tanto ser capaces de buscar alter- nativas. -Cando un di: "fixen o posible por facer isto e xa non se pode facer máis", asumimos que o fixemos o me- llor posible aínda que nos equivocásemos. -Só podemos gobernar o noso propio comportamento, polo que non podemos pretender que os demais se comporten como nós queremos ou esperamos deles. - A obsesión pola culpa pode ser moito máis dolorosa cando se está nesa etapa de incerteza, cando unha
  • 3. persoa ha de tomar as rendas da súa vida e non acha lazos afectivos a poidan axudar a que empregar o sentido común e mirar con ollos realistas á hora de xulgar a súa situación. Cando coñecemos cales son os nosos valores esenciais e os hábitos sobre os que instalamos a nosa vida, é moito máis doado que nos decatemos se unha persoa está amenazando cos seus actos e esixencias eses elementos centrais da nosa personalidade. Doutro modo: as rapazas e rapaces inseguros descoñecen quen son eles, como son, que é de verdade o que desexan e estiman, e desta forma poden aceptar con maior facilidade os cambios e manipulacións que os seus "namorados" lles impoñen. " 2. INTUICIÓN: -A intuición é un coñecemento que temos a nivel inconsciente a partir da experiencia que temos na vida. É unha mensaxe que nos envía a nosa mente avisándonos de que prestemos maior atención. -Quizais ese rapaz do que nos alerta a nosa intuición non sexa finalmente un perigo, pero o que conse- guiu é que estudes máis detidamente os feitos que che fixeron sentir alerta. -Un dos valores esenciais que todos temos é o de necesitar ser coidado e querido, e non golpeado ou humillado. Polo tanto, poñer atención aos sinais de alarma que nos avisan de que ese valor se pode estar a vulnerar pode ser a nosa primeira medida de prevención. 3. OS MITOS DO AMOR - É falso que o amor o poida todo e poidamos salvar un home violento por amor e facer que sexa unha persoa sensible e respectuosa coa súa parella. - É falso que unha persoa nos poida querer e pegar ao mesmo tempo ou maltratarnos psicoloxicamente. Normalmente o agresor adoita desculparse dicindo: "eu non son así", volvinme tolo, "non volverá suce- der". E adoitan rematar cun intento de manipulación ou chantaxe emocional: "non" sei "que faría se me deixases". - A vida non é unha película de ficción: un home que te golpea, te illa e te humilla, non se vai converter en mellor persoa por moito que o soportes e o queiras. 4. INDICADORES PARA PREDICIR O MALTRATO : Se coinciden varios deles deberiamos poñer aten- ción e tomar medidas. Algúns dos indicadores son: -Resolve os conflitos con hostilidade, intimidación ou sendo agresivo. -Emprega palabras e argumentos que supoñen abuso psicolóxico: insulta, humilla... -Usa ameazas ou intimidación como medio de control: dar malleiras, mentir, restrinxir a liberdade, revelar segredos, deixala sen diñeiro, sen amigos, sen fillos, abandonala, cometer suicidio. -Rompe cousas nos seus ataques de ira, normalmente con contido simbólico: fotos, obxectos significati- vos para a parella... -Toma alcohol e drogas facilitadores da violencia. -Asegura que o alcohol ou as drogas teñen a culpa dos seus actos violentos. -É celoso ante calquera persoa ou actividade que lle quite o control sobre a súa parella, pide explicacións de todo o que ela fai. -Non acepta ser rexeitado. -Dá por feito que a súa relación é para sempre. -Fala moito da súa parella deixando entrever que gran parte da súa valía persoal se debe a que o ten a el como parella. -Se a relación se rompeu, intenta implicar os familiares e amigos dela para que lle axuden a volver xuntos. -Cre que as persoas que rodean a súa parella están na súa contra. -Sofre cambios de humor repentinos, pode estar enfadado ou deprimido. -Adoita botar a culpa a outros dos seus erros, non se responsabiliza das súas accións. -Emprega os privilexios de ser varón: trata a muller como unha criada, toma as decisións importantes, usa expresións despectivas co sexo feminino... -Viviu de neno nun ambiente de violencia. A AGRESIÓN PSICOLÓXICA Á MULLER Algúns maltratadores son especialistas en violencia psicolóxica, aínda que nunca empreguen a violencia física ou só o fagan en circunstancias de moito estrés. Eles controlan unha situación que se repite día tras
  • 4. día: unha tortura emocional que pode desequilibrar unha muller e facela sufrir durante moitos anos da súa vida. Algunhas das condutas habituais de agresión psicolóxica á muller: -Impediume ver os meus familiares ou amigos. -Controloume o uso do teléfono ou o correo. -Insultoume: subnormal, imbécil... -Fíxome pasar vergoña en público. -Humilloume en privado. -Controloume o diñeiro ao máximo. -Ménteme e manipúlame con frecuencia. -Asegura que son un fracaso absoluto: no traballo, no colexio, na parella... -Obrígame a que estea pendente de que todo estea ao seu gusto. -Ten celos de modo desmesurado. Estas condutas poden axudarte a decatarte de se a túa parella está a adoptar unha posición de superio- ridade e de control sobre ti intolerables. O ACOSO : O acoso ou persecución obsesiva, control permanente das túas actividades é unha das for- mas máis destrutoras de terror psicolóxico. As persoas máis celosas e que queren saber onde estás en cada momento son as que máis tendencia teñen a acosar. No inferno de Marta hai moitos indicadores de acoso e agresión psicolóxica: -a excesiva implicación amorosa ao principio da relación, cando apenas se coñecen. -O obsequio das flores e a chamada de teléfono, que poñen a Marta no compromiso de volver velo. -Cando Marta se sente avasalada ao notar a man de Héctord eslizándose polas súas costas. -Como pouco a pouco el vaise convertendo na súa sombra. -Como provoca a separación das súas amigas e a vai illando e dominando cada vez máis. -Como ela se vai afastando do mundo para non enfrontar a verdade e baixo a presión dos celos de Héctor por non querer facelo sufrir. -Todo unido ao desexo de evitar novas situacións de maltrato, o intento de agradar a Héctor, de non irritar a persoa que nos di que nos ama. "Héctor díxolle a Marta que era celoso porque a quería moito, e ela cre- eullo e fixo todo o posible por non irritalo. " -Marta non abandonou a Héctor a pesar das agresións físicas porque tiña a esperanza de que el cambia- se e ademais sentíase culpable de que el a tratase mal e tiña medo de que ninguén máis a quixese se o deixaba. -Marta trata de encontrar unha explicación lóxica ao feito de que Héctor a maltrate, a razón da agresión, e iso é o que o leva a sentirse culpable e a perdoalo unha e outra vez. -Esa culpabilidade nace da súa inseguridade. Moitas mulleres néganse a aceptar que as persoas toman decisións na vida sen que unha teña que ser a responsable das eleccións doutros. Martas éntese culpa- ble pola marcha de Marcelo sen ter razóns para iso. -Cando xa aguantou moito, sente que lle faltan as forzas, chega a unha situación psicolóxica de desespe- ranza ou desamparo aprendido: pensa que faga o que faga, todo seguirá igual. COMO ENCONTRAR A SAÍDA? -A vítima ten que recoñecer que o feito de ter permanecido xunto ao agresor foi unha decisión súa. "Ela elixira crelo... " -Chega un momento en que ela ve, de súpeto esperta, decátase da situación na que está involucrada. -Isto provoca unha rabia interior que lle dá coraxe para recoñecer a verdade, querer saír desa situación e loitar pola súa dignidade. -Entón prodúcese o estrañamento, de preguntarse como é posible que ela fixese todo o que fixo durante esa relación. A Marta acontécelle ao ver as fotos e decatarse de que en realidade non sabe nada da vida de Héctor. -Este é o momento de pedir axuda, falando cun adulto do que te fíes ou contactando cos servizos de atención á muller.
  • 5. 1.- O amor e o enamoramento. a) Que sucede cando estamos enamorados? b) É o mesmo amor que namoramento? Define ambos. c) Que pode suceder cando se remata o enamoramiento? 2. - Os mitos do amor a) O amor é omnipotente? b) Cantos tipos de amor conoces? c) Poderemos lograr que alguén que non nos quere nos queira a base de amalo/amucho más? d) Alguén que non nos respecta ou nos maltrata, pódenos querer? 3. - O autocoñecmento a) Consideras importante coñecerse a si mesmo? Por qué? b) Que é a autoestima? c) a teoría dos círculos concéntricos do amor. Explica en que consistía. Pista: falaba de tres conceptos: núcleo, hábitos e preferencias. d) Á hora de manter unha relación de parella, que partes da teoría anterior decíamos que se podían cam- biar e cales non se podían cambiar? Por que ? e) Podo deixar de ser eu mesmo/a porque alguén mo pida? f) A miña parella cambiará porque eu llo pida?