1. Dicíalle Xesús á xente:
O Reino de Deus é como un gran de mostaza.
Ao sementalo na terra, é a máis pequena das sementes.
Pero unha vez sementada, medra e faise maior
que calquera hortaliza. Mc 4, 26-32
2. «A paciencia é un tesouro, porque do chumbo fai ouro»
Esta virtude
é a capacidade de aguante
na adversidade,
e a esperanza que afronta
as dificultades do presente
en vistas do ben que se agarda.
3. Pero a paciencia hoxe perdeu popularidade.
Queremos ver o éxito dos nosos programas
de evanxelización.
Inqueitámonos ao non recibir o froito inmediato.
4. Para Israel,
a paciencia é un dos grandes atributos de Deus.
« O Señor é compasivo e misericordioso, lento á ira
e rico en clemencia… (Sal 103, 8-9)
5. Deus non mira tanto as humildes orixes
como o proxecto final.
Dunha ponla de cedro pode
sacar unha árbore que dea
abeiro
a todas as aves.
A paciencia é a capacidade
de afrontar o ritmo lento
dos tempos sen tratar
de adiantar o futuro.
6. O evanxeo de Marcos
preséntanos a parábola
da semente
que crece por si soa
sen que o labrador saiba como.
Xunto a ela engade
a do gran de mostaza.
Con elas Xesús invita a vivir o presente, confiando
máis na mensaxe que na forza do mensaxeiro.
7. A paciencia, hoxe, evoca a harmonía persoal
tan necesaria nun mundo agresivo.
Todos necesitamos máis capacidade de autodominio para:
• Conservar a paz interior
• Conservar a serenidade de ánimo
• Ter un sabio equilibrio para tomar decisións.
8. A paciencia dános sabedoría para contar cos prazos
para alcanzar as metas máis humanas.
A urxencia compulsiva para lograr os nosos obxectivos
inmediatamente é unha proba da infantilidade
da nosa sociedade.
9. A paciencia denota a nosa relación con Deus.
Se a fe se abre ao recoñecemento de Deus Pai,
a paciencia será confianza agradecida e estará aberta
á esperanza e impregnada da forza do amor.
10. Señor Xesús, sabemos que ti es o dono e señor da seara.
Agradecémosche que contases coa nosa colaboración e
pedímosche a humilde paciencia de quen non se atribúe
os froitos. Amén.
11. José Román Flecha Andrés
PALABRA DO SEÑOR –Salamanca
Presentación: Antonia Castro Panero
Música: Irish Greens