1. 28 xuño 201528 xuño 2015
13º Tempo13º Tempo
OrdinarioOrdinario
Marcos 5, 21-4Marcos 5, 21-43
Música: Bilitis PourcelMúsica: Bilitis Pourcel
Presentación: B.Areskurrinaga HCPresentación: B.Areskurrinaga HC
Euskaraz: D. AmundarainEuskaraz: D. Amundarain
José Antonio PagolaJosé Antonio Pagola
2. Non coñecemos o seu nome. É unha muller
insignificante, perdida no medio do xentío que segue
a Xesús. Non se atreve a falar con el como Xairo, o
xefe da sinagoga, que conseguiu que Xesús se dirixa
cara a súa casa.
Ela non poderá ter nunca esa sorte.
3. Ninguén sabe
que é unha muller
marcada por unha
enfermidade secreta.
Os mestres da Lei
ensináronlle a ollarse
como unha muller
«impura», mentres teña
pérdidas de sangue.
Pasou moitos anos
buscando un curador,
pero ninguén logrou
sandala.
Onde poderá encontrar
a saúde que necesita
para vivir con
dignidade??
4. Moitas persoas viven entre
nós experiencias
parecidas.
Humilladas por feridas
secretas que ninguén
coñece, sen forzas para
confiar a alguén a súa
«enfermidade», buscan
axuda, paz e consolo sen
saber onde atopalos.
Séntense culpables cando
moitas veces só son
vítimas.
5. Persoas boas que se senten indignas de achegarse a recibir aPersoas boas que se senten indignas de achegarse a recibir a
Cristo na comuñón; cristiáns piadosos que viviron sufrindo deCristo na comuñón; cristiáns piadosos que viviron sufrindo de
maneira insá porque se lles ensinou a ver como sucio,maneira insá porque se lles ensinou a ver como sucio,
humillante e pecaminoso todo o relacionado co sexo; crenteshumillante e pecaminoso todo o relacionado co sexo; crentes
que, ao final da súa vida, non saben como romper a cadea deque, ao final da súa vida, non saben como romper a cadea de
confesións e comuñonsconfesións e comuñons
supostamente sacrílegas...supostamente sacrílegas...
Non poderán coñecer nunca a paz?Non poderán coñecer nunca a paz?
6. Segundo o relato, a muller enferma
«oe falar de Xesús»
e intúe que está ante alguén que pode arrancar a
«impureza» do seu corpo e da súa vida enteira.
Xesús non fala de dignidade ou indignidade.
A súa mensaxe fala de amor.
A súa persoa irradia forza curadora.
7. A muller busca o seu propio camiño
para encontrarse con Xesús. Non se sente
con forzas para miralo aos ollos: achegarase
por detrás. Dálle vergonza falarlle da súa
enfermidade: actuará caladamente. Non pode
tocalo fisicamente: tocaralle só o manto.
Non importa. Non importa nada. Para
sentirse limpa abonda esa confianza grande
en Xesús.
8. Dío el mesmo.
Esta muller non se ha de avergoñar ante
ninguén.
O que fixo non é malo.
É un xesto de fe.
9. Xesús ten os seus camiños para curar feridas
secretas, e dicir a quen o buscan:
«Filla, fillo, a túa fe curoute.
Vai en paz e con saúde».
10.
FERIDAS SECRETAS
Non coñecemos o seu nome. É unha muller insignificante, perdida no medio do xentío
que segue a Xesús. Non se atreve a falar con el como Xairo, o xefe da sinagoga, que conseguiu
que Xesús se dirixa cara a súa casa. Ela non poderá ter nunca esa sorte.
Ninguén sabe que é unha muller marcada por unha enfermidade secreta. Os mestres da
Lei ensináronlle a mirarse como unha muller «impura», mentres teña pérdas de sangue. Pasou
moitos anos buscando un curador, pero ninguén logrou sandala. Onde poderá atopar a saúde que
necesita para vivir con dignidade?
Moitas persoas viven entre nós experiencias parecidas. Humilladas por feridas secretas
que ninguén coñece, sen forzas para confiar a alguén a súa «enfermidade», buscan axuda, paz e
consolo sen saber onde atopalos. Séntense culpables cando moitas veces só son vítimas.
Persoas boas que se senten indignas de achegarse a recibir a Cristo na comuñon;
cristiáns piadosos que viviron sufrindo de maneira insá porque se lles ensinou a ver como sucio,
humillante e pecaminoso todo o relacionado co sexo; crentes que, ao final da súa vida, non saben
como romper a cadea de confesións e comuñons supostamente sacrílegas... Non poderán coñecer
nunca a paz?
Segundo o relato, a muller enferma «oe falar de Xesús» e intúe que está ante alguén
que pode arrancar a «impureza» do seu corpo e da súa vida enteira. Xesús non fala de dignidade
ou indignidade. A súa mensaxe fala de amor. A súa persoa irradia forza curadora.
A muller busca o seu propio camiño para encontrarse con Xesús. Non se sente con
forzas para miralo aos ollos: achegarase por detrás. Dálle vergoña falarlle da súa enfermidade:
actuará caladamente. Non pode tocalo fisicamente: tocaralle só o manto. Non importa. Non
importa nada. Para sentirse limpa abonda esa confianza grande en Xesús.
Dío el mesmo. Esta muller non se ha de avergoñar ante ninguén. O que fixo non é malo.
É un xesto de fe. Xesús ten os seus camiños para curar feridas secretas, e dicir a quen o buscan:
«Filla, fillo, a túa fe curoute. Vai en paz e con saúde».
José Antonio Pagola