1. “Atención: gardádevos da cobiza,
que, por moito que un teña,
non por iso a súa vida depende dos seus bens”.
Díxolles Xesús:
2. “Os campos de certo home rico deron moito froito.
Púxose entón a cavilar:
“Como vou facer, que non teño onde meter o froito”?
Lc 12, 13-21
Propúxolles unha parábola:
3. Dicía o filósofo Bertrand Russell:
O ideal do home contemporáneo está:
• en comprar cousas que non necesita,
• a prezos que non pode pagar,
• en cómodos prazos que non vai cumprir,
• para deixar asombrados os amigos que tampouco ten.
4. Na celebración deste domingo proclámase
a parábola do rico necio
Un rico agricultor ten unha gran colleita e fai plans
para ampliar os seus hórreos
e gozar moitos anos da súa sorte.
Pero a voz de Deus vólveo á realidade:
“Necio, esta noite vanche esixir a vida.
O que amoreaches, de quen será?”
5. Lucas amósase tan preocupado polos pobres
como pola idolatría da riqueza
A realidade máis verdadeira do ser humano
non se reduce ás súas
6. Tampouco este relato se limita a ridiculizar a avaricia,
senón que nos revela a grandeza e a maxestade de Deus,
dono da vida e único Señor da existencia humana.
Non hai ningún Deus máis que o Deus vivo.
E ningunha outra cousa merece adoración
7. A parábola do rico necio está precedida
por dúas observacións
da literatura sapiencial.
A cobiza revela o interese da persoa
polos bens deste mundo.
A cobiza absorbe o seu tempo e as súas
enerxías.
Vólvea cega para outros valores do espírito
e péchaa no seu egoísmo.
“Gardádevos de toda clase de cobiza”
8. “Por moito que un teña, a súa vida
non depende dos seus bens”
Non se pode esquecer que o “ser” de persoa
non se pode reducir a “ter”.
O ser humano é máis que as cousas que apetece.
9. Señor Xesús, ti non tiñas onde reclinar a
cabeza.
Naciches na pobreza e morriches absolutamente
pobre.
Que o teu exemplo de vida nos anime
a buscar os verdadeiros tesouros da vida
10. Texto: José Román Flecha Andrés
PALABRA do SEÑOR –Salamanca -
Presentación: Antonia Castro Panero
Música: A New Day