1. Un ano máis o Advento sitúanos ante nós e
ante a realidade cunha actitude nova: con
esperanza.
Advento é mirar cara aos días próximos,
cara a adiante, máis que cara atrás.
Advento é alegría, gozo contido vibrando
con algo que case tocamos coas nosas
mans: a presenza liberadora de Deus
Salvador nas nosas vidas.
2. A NOSA ESPERANZA É
espertar,
A NOSA ESPERANZA É
limpar os nosos soños de
conquistas e sentirse
conquistado polo Señor.
3. A NOSA ESPERANZA É abrir os ollos e
ver que Deus, desde sempre, está ao
noso lado.
A NOSA ESPERANZA É abrir os ollos e
ver e oír en Xesús, no Xesús de Belén,
unha palabra de amor infinito para
connosco
4. O Advento nin
existe, nin se vive,
se non empeza en
min, se non se
mira ao que virá,
ao que encherá e
iluminará os nosos
corazóns.