1. Confesión de Fe de grandes científicos Oprima la barra espaciadora para avanzar los slides
2. Johannes Kepler 1571-1630, un dos maiores astrónomos: ” Deus é grande, grande é o seu poder, infinita a súa sabedoría. Lóeno ceos e terra, sol, lúa e estrelas coa súa propia linguaxe. Meu Señor e meu Creador! A magnificencia das túas obras quixer eu anunciala aos homes na medida en que a miña limitada intelixencia pode comprendela.”
3. Copérnico (1473- 1543), fundador da mundovisión moderna: “ Quen vive en íntimo contacto coa orde máis consumada e a sabedoría divina, non se sentirá estimulado ás aspiracións máis sublimes? Quen non adorará o Arquitecto de todas estas cousas ?
4. Newton (1643- 1727) fundador da física teórica clásica: “ O que sabemos é unha pinga, o que ignoramos, un inmenso océano. A admirable disposición e harmonía do universo, non puido senón saír do plan dun Ser omnisciente e omnipotente”
5. Linneo (1707- 1778) fundador da botánica sistemática: “ Vin pasar de cerca o Deus eterno, infinito, omnisciente e omnipotente e prostreime de xeonllos en adoración”
6. Volta (1745- 1827), descubriu as nocións básicas da electricidade: “ Eu confeso a fe santa, apostólica, católica e romana. Dou grazas a Deus que me concedeu esta fe, na que teño o firme propósito de vivir e de morrer”
7. Ampère (1775- 1836), descubriu a lei fundamental da corrente eléctrica: “ Que grande é Deus, e a nosa ciencia una miudeza!”
8. Cauchy (1789- 1857) insigne matemático: “ Son cristián, ou sexa, creo na divinidade de Cristo, como todos os grandes astrónomos, todos os grandes matemáticos do pasado ”
9. Gauss (1777- 1855), un dos máis grandes matemáticos e científicos alemáns: “ Cando soe a nosa última hora, será grande e inefable o noso gozo ao ver a quen en todo o noso quefacer só temos podido vislumbrar”
10. Liebig (1803- 1873), célebre químico: “ A grandeza e infinita sabedoría do Creador recoñeceraa realmente só o que se esforce por extraer as súas ideas do gran libro que chamamos a natureza”
11. Robert Mayer (1814- 1878), científico naturalista (Lei da Conservación da Enerxía) “ Acabo a miña vida con unha convicción que brota do máis fondo do meu corazón: a verdadeira ciencia e a verdadeira filosofía non poden ser outra cousa que unha propedéutica da relixión cristiá”
12. Secchi (1803- 1895), célebre astrónomo: “ De contemplar o ceo a Deus hai un treito curto”
13. Darwin (1809- 1882), Teoría da evolución: “ Xamais neguei a existencia de Deus. Penso que a teoría da evolución é totalmente compatible coa fe en Deus. O argumento máximo da existencia de Deus creo que é a imposibilidade de demostrar e comprender que o universo inmenso, sublime sobre toda medida, e o home teñan sido froitos do azar”
14. Edison (1847- 1931) , o inventor máis fecundo, 1200 patentes: “ O meu máximo respeto e a miña máxima admiración a todos os enxeñeiros, especialmente ao maior de todos eles: Deus”
15. Schleich (1859- 1922), célebre cirurxián: “ Fíxenme crente á miña maneira polo microscopio e a observación da natureza, e quero, en cuanto está ao meu alcance, contribuír á plena concordia entre a ciencia e a relixión”
16. Marconi (1874- 1937), inventor da telegrafía sen fíos, Premio Nobel 1909: “ Declaro con orgullo: son crente. Creo no poder da oración, e creo, non só como católico, senón tamén como científico”
17. Millikan (1868- 1953), gran físico americano, Premio Nobel 1923: “ Podo da miña parte aseverar con toda decisión que a negación da fe carece de toda base científica. Ao meu xuízo xamais se encontrará unha verdadera contradición entre a fe e a ciencia”
18. Eddingtong (1882- 1946) Célebre astrónomo inglés: “ Ningún dos inventores do ateísmo foi naturalista. Todos eles foron filósofos moi mediocres”
19. Albert Einstein (1879- 1955), fundador da física contemporánea ( teoría da relatividade e premio Nobel 1921): “ Todo aquel que está seriamente comprometido co cultivo da ciencia, chega a convencerse de que en todas as leis do universo está manifesto un espíritu infinitamente superior ao home, e ante o cal nós, cos nosos poderes, debemos sentirnos humildes”
20. Plank (1858- 1947), fundador da física cuántica, premio Nobel 1918: “ Nada pois nolo impide, e o impulso do noso coñecemento o esixe…relacionar mutuamente a orde do universo e o Deus da relixión. Deus está para o crente no principio dos seus discursos, para o físico, no remate dos mesmos"
21. Schrödinger (1887- 1961), creador da mecánica ondulatoria, premio Nobel 1933: “ A obra mestra máis fina é a feita por Deus, segundo os principios da mecánica cuántica…”
22. Hathaway, pai do Cerebro electrónico. “ A moderna física ensíname que a natureza non é capaz de ordenarse a si mesma. O universo supón unha enorme masa de orde. Por iso require unha “Causa Primeira” grande, que non está sometida á segunda lei da transformación da enerxía e que polo mesmo, é Sobrenatural”
23. Wernher Von Braun (1912- 1977), construtor alemán- americano dos foguetes espaciais: “ Por encima de todo está a gloria de Deus, que creou o gran universo, que o home e a ciencia van escudriñando e investigando día tras día en profunda adoración”
24. Charles Townes (Compartiu o premio Nobel de física 1964 por descubrir os principios do láser): “ Como relixioso, sinto a presenza e intervención dun ser Creador que vai máis alá de min mesmo, pero que sempre está achegado…a intelixencia tivo algo que ver coa creación das leis do universo”
25. Allan Sandage (1926-) Astrónomo profesional, calculou a velocidad coa que se expande o universo e a idade do mesmo pola observación de estrelas distantes: “ Era case un ateo practicamente na nenez. A ciencia foi a que me levou á conclusión de que o mundo é moito máis complexo do que podemos explicar. O misterio da existencia só podo explicalo mediante o Sobrenatural”
26. Unha Tarxeta e unha sorpresa: “ Un mozo universitario viaxaba no mesmo compartimento do tren cun venerable ancián que ía rezando o seu rosario. O mozo atreveuse a dicirlle: “Por que en vez de rezar o rosario non se dedica a aprender e instruírse un pouco máis? Eu pódolle enviar algún libro para que se instrúa”. O ancián respondeulle: “ Agradeceríalle que me enviase o libro a esta dirección, e entregoulle a súa tarxeta. Na tarxeta dicía: Luis Pasteur, instituto de Ciencias de París. O universitario ficou avergoñado. Pretendera darlle consellos ao máis famoso sabio do seu tempo, o inventor das vacinas, estimado en todo el mundo e devoto do rosario”