2. Nunha viaxe de tren, ao longo do traxecto, poden suceder unha gran diversidade de situacións.
3. A nosa existencia terreal pode ser comparada a unha desas viaxes, máis ou menos longas.
4. Primeiro, porque está chea de embarques e desembarques, algúns accidentes, sorpresas agradables nalgúns embarques, e grandes tristezas nalgunhas partidas.
5. Cando nacemos, entramos no tren e encontrámonos con persoas que desexamos que sigan sempre connosco: os nosos pais.
6. Infelizmente, iso non vai suceder: nalgunha estación eles descenderán e deixarannos orfos dos seus cariños, amizade e compaña insubstituibles.
7. Mais durante a viaxe, outras persoas especiais embarcarán e seguirán viaxe connosco: os nosos irmáns, amigos, amores e fillos.
8. A viaxe non é igual para todos. Algúns fan un paseo, outros só ven tristezas, e outros aínda circulan polo tren, prontos para axudar a quen precise.
9. Moitos descenden e deixan nostalxias eternas... Outros pasan dunha forma que, cando desocupan o seu asento, ninguén se decata.
10. Curioso é constatar que algúns pasaxeiros que nos son queridos, se acomodan en vagóns distantes do noso, o cal non impide, está claro, que durante o percurso nos aproximemos a eles e os abracemos, aínda que xamais poidamos seguir xuntos, porque haberá alguén ao seu lado ocupando aquel lugar.
11. Mais iso non importa, pois a viaxe está chea de atropelos, soños, fantasías, esperas, despedidas. O importante, é que fagamos a noso viaxe da mellor maneira posible, buscando relacionarnos ben cos demais pasaxeiros, vendo en cada un deles o mellor que teñen.
12. Debemos acordarnos sempre que, nalgún momento do traxecto, eles poderán fraquear e precisamos entendelos, pois nós tamén fraquearemos moitas veces e queremos que haxa alguén que nos entenda.
13. A gran diferenza, ao final, é que no tren da vida, nunca sabemos en que estación teremos que descender, e moito menos en que estación descenderán os nosos amores, nin aínda aquel que está sentado ao noso lado.
14. É posible que, cando teñamos que desembarcar, a morriña nos veña facer compaña. Porque non é fácil separarnos dos amigos, nin deixar que os fillos sigan viaxe sós.
15. Mentres tanto, nalgún lugar, hai unha estación principal para onde todos seguimos. Alá nos reencontramos todos. E cando chegue esa hora, teremos grandes emocións en poder abrazar os nosos amores e matar a morriña que nos fixo compaña por longo tempo...
16. Que a nosa breve viaxe sexa unha grande oportunidade de aprender e ensinar, entender e atender a aqueles que viaxan ao noso lado, porque non foi o azar que os colocou alí..
17. Que aprendamos a amar e a servir, comprender e perdoar, pois non sabemos canto tempo aínda nos resta ata a estación onde teremos que deixar o tren.
18. Se a súa viaxe non transcorre exactamente como esperaba, déalle unha nova dirección.
19. Observe a paisaxe marabilosa con que Deus adornou todo o traxecto... Busque unha maneira de dar utilidade ás súas horas.