Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Parques nacionales de españa
1. Clase de bioloxía de 1º de
Bacharelato IES ANXEL FOLE
Grupo B
CURSO 2015-2016
“Para beneficio y disfrute del pueblo”
Theodore Roosevelt, 1872
2. Extensión: deberá ter unha superficie adecuada para poder
manter a súa evolución natural.
Continuidade territorial: o territorio debe ser continuo, sen
enclavados, e non deben existir elementos de
fragmentación.
Estado de conservación: a intervención humana debe ser
escasa.
Representación: ten que representar o sistema natural ó
que pertence.
Asentamento dos humanos: non incluír asentamentos
humanos no interior.
3.
4. Constituído por catro Arquipélagos:
Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes, que resgardan
a costa galega, desde a Ría de Arousa ata a de
Vigo. Xuntas conforman o único Parque
Nacional da nosa comunidade. Ofrécennos
desde paisaxes terrestres con zonas costeiras
ata fondos mariños oceánicos (de rocha, de
area, de cuncha...). Neste último medio,
podemos atopar buques afundidos agochando
quen sabe que tesouros do Parque.
5. Observamos costas irregulares e abruptas con
numerosos cantís e depósitos de area. Fai
varios millóns de anos, unha cadea
montañosa afundiu no mar quedando á vista
só estas illas que agora vemos cheas dunha
gran riqueza de biodiversidade.
Illas Cíes
7. Grazas á diversidade de escenarios, atopamos un
gran número de especies: plantas adaptadas ó
medio (que viven entre as fendas dos cantís ou a
area das dunas), aves mariñas que aniñan nas
repisas dos cantís e pescan en augas pouco
profundas, máis de 200 tipos de algas entre as
que conviven gran cantidade de peixes e
moluscos...
Dúas especies endémicas de Galicia coroan ás
nosas illas: a herba de namorar ( Armeria
marítima) e o toxo ( Cytisus insularis). Entre a
fauna, podemos destacar entre as aves mariñas ao
corvo mariño cristado (Phalacrocórax aristotelis)
e á gaivota patiamarela (Larus michahellis).
Tamén atopamos ó lagarto máis grande de
Europa cun tamaño medio entre 15 e 18 cm: o
lagarto ocelado (Lacerta lepida).
9. Curiosidade: a herba de namorar recibe o seu
nome polas propiedades máxicas que as lendas
lle atribúen. Din que na noite de San Xoán, se
consegues facerlle chegar esta flor (aconsellan
metela nun peto) a aquela persoa que queres
conquistar... os vosos destinos quedarán unidos
irremisiblemente.
10. Neste parque aparece a maior formación calcaria da
Europa Atlántica, un macizo montañoso que chega a superar
os 2500 m de altitude. Presenta importantes procesos
kársticos, erosión glaciar moi patente e algúns lagos.
Divídese en tres máis pequenos: o macizo Occidental ou
Cornión, o macizo Central ou dos Urrieles e o macizo
Oriental ou de Ándara.
11. Aínda que a vexetación predominante correspóndese coa
dun Bosque Atlántico, o Bosque Mediterráneo tamén está
representado nalgunhas zonas. Porén, vemos bosques de
faias, carballos, castiñeiros, abeleiras, pradairos, olmos...
acompañados por especies como acivros, abruñeiros,
arandeiras e queirogas.
Unha das árbores máis abundantes é o carballo (Quercus
robur e Quercus petraea). Tamén a aciñeira (Quercus
rotundifolia), o freixo (Fraxinus excelsior). Como especie
endémica, cabe destacar á estrela dos Pirineos ou Aster
pyrenaeus. Estrela dos Pirineos
12. En canto á fauna, destaca polo gran número de especies de
aves que ten: máis de cen. Podemos destacar entre elas o pito
negro (Dryocopus martius), a pita do monte (Tetrao urogallus)
e o oso pardo (Ursus Arctos), e entre as grandes rapaces o
voitre leonado (Gyps fulvus) e a aguia real (Aquila chrysaetos).
Pito Negro
Pita do Monte
Oso Pardo
Voitre Leonardo
Aguia Real
13. Este parque está situado nos Pirineos; presenta
un mosaico de ecosistemas con gran variedade de
flora e fauna, debido a combinación de canóns e
vales e a variabilidade da altitude.
15. Zapatiño da dama Agrimonia
Coroa de Rei
Edelweiss
Grasilla
F
L
O
R
A
16. O seu principal sinal de identidade corresponde a máis
de 200 lagoas, os seus impresionantes riscos de “Els
Encantatas” e a seus característicos meandros da alta
montaña (as aigüestortes). É un verdadeiro paraíso para
os amantes da natureza: lagoas, torrentes, cascadas,
turbeiras, canchales, agrestes picos e frondosos bosques
de pino negro, abeto, piñeiro silvestre, bidueiro e faia,
conforman o fogar de multitude de animais de orixe
alpino ou boreal. Conta cunha superficie total de 14.119
hectáreas.
En 1932, o Plan Macià contemplou o Parque Nacional do
Alto Pirineo coma unha magnífica representación das
formacións xeolóxicas da cordilleira pirenaica axial, así
coma da súa flora e fauna, ademais de constituír unha
das mellores manifestacións do glaciarismo cuaternario.
19. É unha cadea cadea montañosa de 500 km
de lonxitude que cruza de leste a oeste a
Penísula Ibérica.
No seu medio físico predominan os circos e
lagoas glaciares e roquedos graníticos, no seu
medio vexetal abundan os ecosistemas de alta
montaña e os extensos piñeirais de piñeiro
albar.
20. As especies animais máis representativas deste
parque son: cervos, xabarís, corzos, gamos, cabras
montesas, gatos monteses, algúns mustélidos,
lebres, e aves como á aguia imperial e o voitre
negro.
Gamo
Gato Montés
Aguia Imperial
21. AS ESPECIES VEXETAIS MÁIS
REPRESENTATIVAS SON:
O piñeiro silvestre, o carballo, o zimbro, a
aciñeira e o piorno.
Carballo
Pino Silvestre
Piorno
22. Situado no centro da provincia de Cáceres, esténdese en torno aos
encoros de dous grandes ríos, o Teixo e o Tiétar. Constitúe o primeiro
espazo protexido de Estremadura.
Predominan tres hábitats principais: o bosque e o sotobosque
mediterráneo, as praderías, os penedais e as masas de auga (ríos e
encoros).
Ademais de Parque Nacional goza doutras figuras de protección:
Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA )
E, en xullo de 2003 foi declarada "Reserva da Biosfera", en recoñecemento á boa relación que
desde séculos existe nestas terras entre o home e o medio.
É unha zona privilexiada para gozar do voo das cegoñas negras,
voitres ou a, xa moi escasa, aguia imperial
VALORES NAURAIS:
En Monfragüe atopamos a máis extensa e mellor conservada mancha
de monte mediterráneo a nivel mundial.
23. Entre as árbores destacan a aciñeira (Quercus
rotundifolia), oliveira silvestre (Olea europaea
sylvestris), as sobreiras (Quercus suber) o
escornacabra (Pistacia terebinthus).
Protexendo as beiras dos ríos da erosión,
atópanse: ameneiros (Alnus glutinosa), salgueiros
(Salix sps.) e freixos (Fraxinus angustifolia) Entre
os arbustos destacan os érbedos (Arbutus unedo)
e a urce branca (Erica arborea)...
25. A especie máis emblemática do parque é a aguia
imperial (Aquila adalberti). Está catalogada como
especie en perigo de extinción. No parque aniñan 12
parellas e no mundo calcúlase que quedan unhas 200.
O voitre negro (Aegypius monachus) –280 parellas-,
catalogada como vulnerable é a ave voadora máis
grande de Europa.
Cegoña negra (Ciconia nigra). É unha especie
vulnerable que aniña preferentemente neste Parque.
No medio acuático o único mamífero representado en
Monfragüe é a lontra (Lutra lutra).
27. O 3 de maio de 1973 declarouse o Parque
Nacional das Tablas de Daimiel, cunha
superficie total de 3.030 hectáreas.
Mestura as características dunha chaira de
inundación, producida polos desbordamentos
dos ríos Guadiana e Gigüela, coa dunha área
de descarga de augas subterráneas
procedentes dun acuífero de gran tamaño.
28.
29.
30. Unha das primeiras referencias coñecidas das Tablas
de Daimiel encóntrase no "Libro da Caza" do Infante
D. Juan Manuel, polo ano 1325, quen as describe
como un lugar propio para a caza e onde afirma que a
súa pertenza corresponde á Orde de Calatrava.
A mediados do século XIX, as Tablas adquiren gran
fama como magnífico lugar de caza, como así o
divulga D. Francisco Marti de Veses, que impulsa a
Sociedade de Cazadores. En 1959 díctase a Orde
Ministerial pola que se prohibe definitivamente a
caza nas Tablas, e en 1966 As Tablas de Daimiel
convírtense en Reserva Nacional de Caza,
recoñecéndose a necesidade de iniciar un programa
de protección e conservación da fauna.
31. Unha das primeiras referencias coñecidas das Tablas
de Daimiel encóntrase no "Libro da Caza" do Infante
D. Juan Manuel, polo ano 1325, quen as describe
como un lugar propio para a caza e donde afirma que
a súa pertenza corresponde á Orde de Calatrava.
A mediados do século XIX, as Tablas adquiren gran
fama como magnífico lugar de caza, como así o
divulga D. Francisco Marti de Veses, que impulsa a
Sociedade de Cazadores. En 1959 díctase a Orde
Ministerial pola que se prohibe definitivamente a
caza nas Tablas, e en 1966 As Tablas de Daimiel
convírtense en Reserva Nacional de Caza,
reconocéndose a necesidad de iniciar un programa de
protección e conservación da fauna.
32.
33.
34. No século XIV construíuse o castelo para
protexer a illa dos ataques dos piratas
berberiscos, que se mantendán ao longo dos
séculos seguintes, marcando a historia das
Illas Baleares. Cando os vixiantes outeaban
un barco pirata, comunicábanllo con sinais de
lume ás atalayas do sur de Maiorca, e de alí ao
resto da illa. Contan as crónicas que unha das
penas máis duras, peor incluso que ir a
galeras, era a de ser vixía en Cabrera.
35. Doñana
Localización: Huelva e Sevilla (Andalucía).
Ecosistemas que contén: praias, a vera, dunas, cotos e marismas.
Superficie: 54.252 ha
DOÑANA
36. As marismas: Son os ecosistema máis abundantes deste parque
natural. Fórmanse grazas ao aporte da auga da chuvia e dos
regatos, producindo así una estacionalidade moi marcada.
As praias: Recollen as areas, traídas polo mar e o vento,
deposítandoas como baixos e frechas ao longo de toda a costa.
Ademáis, a intensa dinámica costeira modifica o perfil destas.
Dunas: Destacan as dunas móbiles, sendo un dos poucos
parques naturais da Península que as conteñen.
Cotos ou zonas de matorral: representan unha etapa intermedia
do ecosistema terminal e maduro do bosque mediterráneo.
A vera: O contacto entre a marisma e as areas estabilizadas,
orixina este novo ecosistema no cal coinciden especies de ambos
os dous. Ademáis, aflora a humidade filtrada polas areas e
predominan os alcornoques e os fieitos.
40. As súas empinadas cimas, á vez que dominan un inmenso
horizonte, matizado de pobos e de caseríos, con pradeiras
cheas de verdor, están cubertas de neve e de xeos, que á
altura de 9.180 pés son perpetuos. A súa superficie total e
dunhas 85.883 hectáreas.
Representa os "sistemas naturais ligados á media e alta
montaña mediterránea".Destaca unha especie endémica, a
violeta de Serra Nevada. A cabra montesa é a especie más
característica do parque.
Na idade media denominábase “Serra do Sol”. Alberga un
rico patrimonio cultural e histórico no que se solapan e
enriquecen legados tartesos, romanos y visigodos. O mais
significativo do período musulmán son as sofisticadas
técnicas de regadío, cuxas acequias e regatos surcan as
laderias recollendo auga do desxeo e a escorrentía para ser
aproveitada en usos e actividades tradicionais
41. Búho real (Bubo bubo)
Halcón peregrino (Falco peregrinus)
Rata de auga
(Arvicola sapidus)
F
A
U
N
A
49. O parque encóntrase nunha illa volcánica de 12
millóns de anos de antigüidade. O norte da illa
caracterízase pola súa espectacular formación
xeolóxica e o sur polos impresionantes barrancos,
produto dunha continuada erosión durante os dos
últimos millóns de anos.
Grazas aos contrastes climáticos, orixinados polo
seu acentuado relevo, permite a este parque
concentrar una incrible variedade de paisaxes
naturais. Sendo o máis característico o bosque de
Laurisilva.
53. ... o nome deste parque provén dunha bonita lenda?
“No pobo da illa da Gomera vivía unha fermosa
princesa chamada Gara e un tinerfeño chamado Jonay. Ambos
xoves namoraron. Sen embargo, un adiviño predixo que o seu
amor traería desgrazas en forma de lume e lava, polo que os país
de ambos o prohibiron. A pesar de todo, Jonay escapou nadando
sobre unas peles de cabra ata a Gomera, onde se refuxiou coa
súa amada nos bosques máis altos da illa. Ao verse acorralados,
afiaron unha lanza por ambos os dous extremos, a apoiaron
entre ambos e se fundiron nunha aperta que acabou coas súas
vidas para sempre. Hoxe, aquel bosque leva o seu nome e foi
convertido no Parque Nacional de Garajonay. ”
...é a maior reserva de laurisilva?
54. Caracterízase por ser un enorme circo de 8 km
de diámetro con aspecto de caldeira, onde
múltiples erupcións volcánicas, grandes
deslizamentos, a forza erosiva da auga e o
tempo modelaron a sua xeomorfoloxía,
convertindoa nunha escarpada paisaxe cunha
rede de córregos e torrentes de augas de gran
forza erosiva, neste medio desenvolvéronse
unha gran variedade de especies vexetais e
animais que inclúen abundantes endemismos
canarios.
55. Este Parque Nacional presenta formacións onde afloran as
lavas máis antigas da Palma. No interior da Caldeira
abundan fontes, manantiais e cascadas de gran beleza,
como a de La Desfondada. Goza dun clima mediterráneo.
56. A especie predominante é o piñeiro canario (Pinus
canariensis), unha das peculiaridades do piñeiro canario é
que tolera os incendios gracias a súa adaptación ao lume
producido polas erupcións volcánicas: queimase só a cortiza
e internamente segue vivindo. Acompañando ao pino
canario atópase o amagante(Cistus symphytifolius), estas
especies endémicas das Illas Canarias son estupendas
colonizadoras de solos moi pobres.
57. No interior da Caldeira esta presente a laurisilva:
formacións de faia (Myrica faya) e brezo (Erica
arborea), que en Canarias se denominan monte verde,
fonte de abono orgánico e condensador das brumas
que se forman na Caldeira, aportando auga ao terreo.
No interior dos barrancos atópanse restos do bosque
de lauraceas: loureiro(Laurus azorica). Outras
especies frecuentes son o salgueiro canario ( Salix
canariensis), e o bejeque (Aeonium, Greenovia,
Aichryson) Por enriba dos 1.700 metros podemos
atopar endemismos como o codeso (Adenocarpus
viscosus) e o pensamento dos cumios (Viola
palmensis).
58. A maior parte da fauna do parque está
representada por insectos; os endemismos son
abundantes. Abundan a escolopendra, que
alcanza un tamaño dun palmo de lonxitude, e
a araña lobo. A unha altura de 2000 m existe
unha cova onde vive un escaravello
cavernícola endémico da Palma que perdeu os
ollos e a pigmentación.
59. A fauna vertebrada é escasa e a maioría son especies
introducidas a excepción dos morcegos, alguns anfibios,
réptiles e peixes.
Mamíferos: o arruí, as cabras e os coellos, que son unha
grave amiaza para as plantas endémicas.
Aves: como o cernícalo (Falco tinnunculus canariensis), a
paloma bravía (Columba livia canariensis), a chova
piquirroja (Pyrrhocorax pyrrhocorax barbarus),
Anfibios: como a raniña meridional(Hyla meridionalis)
Réptiles: o perenquén de Delalande(Tarentola delalandii)ou
o lagarto tizón (Gallotia galloti).