ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRAS CONTRATADAS POLO CONCELLO DA BAÑA
ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRAS CONTRATADAS POLO CONCELLO DA BAÑA
Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRAS CONTRATADAS POLO CONCELLO DA BAÑA
1. ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE
INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRAS
CONTRATADAS POLO CONCELLO DA BAÑA
Exposición de motivos.
Os contratos de obra pública son, ademais de un instrumento de intercambio, un mecanismo de
asignación ou reparto de riscos e, consecuentemente, tamén de retribucións. Para que tal
intercambio sea xusto, é preciso procurar a maior correlación posible entre os riscos que cada
parte asume e as retribucións que percibe, de maneira tal que cada unha corra cos riscos que
mellor pode controlar. Así, a correlación entre o control dos riscos asignados e as retribucións
ou perdas é o mellor acicate para a dilixencia das partes no estricto cumprimento das súas
obligacións e a garantía máis eficaz da innovación e o bon facer, tanto na xestión de recursos
como nas aplicacións tecnolóxicas.
O Concello da Baña entende a función de inspección, dirección e coordinación de seguridade e
saúde das obras municipais non só como un conxunto de instruccións e solucións técnicas,
ademais da actividade de control material da execución, senón como un eficaz mecanismo de
permanente interlocución entre o Concello e o contratista, garantindo a coordinación dos
programas sen interferencias indesexables na actividade xeral do Concello e dos particulares
afectados, as boas prácticas constructivas e a sensibilidade medioambiental. De igual xeito,
debe facilitar a función fiscalizadora interna, para garantir a transparencia e a eficiencia na
xestión dos recursos públicos. E finalmente, anticipar e correxir prácticas que puderan afectar á
responsabilidade patrimonial subsidiaria do Concello da Baña.
Por todo eso, o Concello da Baña resolveu establecer a presente Ordenanza e aprobar o
seguinte texto articulado.
Artigo 1.–Fundamentos e natureza.
En uso das facultades conferidas por los arts. 133.2 y 142 da Constitución e polos artigos 105 e
seguintes da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade
co artigo 57, en relación co 20, do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se
aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais o Concello da Baña establece a
taxa por prestación de servizos de asistencias técnicas de inspección e dirección de obra, que
se rexerá pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.–Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación de traballos facultativos dos servizos de
inspección, dirección e coordinación de seguridade e saúde das obras de competencia
municipal de calquera natureza, prestados polos Técnicos e funcionarios que o Concello
designe, legalmente capacitados para asumir tales funcións.
Artigo 3.–Suxeitos pasivos.
Son suxeitos pasivos, e están obligados ó pago da taxa regulada nesta Ordenanza, os
contratistas ou empresarios adxudicatarios das obras e os concesionarios de calesquera obras
de competencia municipal.
2. Artigo 4.–Responsables.
1. Responderán solidariamente das obligacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas
e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades, os interventores ou
liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co
alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.–Devengo.
A taxa devéngase dende o momento en que se reciba no rexistro do Concello a correspondente
certificación de obra expedida polo técnico designado ou, cando sexa o caso, acta de
inspección, o que acredita a prestación dos servizos expresados no artigo 1 desta Ordenanza.
Artigo 6.–Base impoñible.
A base para a determinación das taxas estará constituida polo importe da execución material da
obra según o prezo de adxudicación. Cando se trate de obras exclusivamente suxetas a
inspección, consideraráse o prezo de execución material que se conteña no proxecto aportado
polo contratista ou concesionario, sen prexuízo da valoración técnica municipal que no seu caso
proceda.
Artigo 7.–Tipos de gravamen.
A contía da taxa regulada nesta Ordenanza é a seguinte
1. Por inspección de obra 1% da base impoñible.
2. Por dirección de obra da 3% da base impoñible.
3. Por coordinación de seguridade e saúde 1% da base impoñible.
Artigo 8.–Exencións e bonificacións.
Procederán as exencións e bonificacións que así sexan recollidas na normativa de xeral
aplicación, correspondendo ó suxeito pasivo aportar a documentación acreditativa que en cada
caso corresponda.
Artigo 9.–Xestión, liquidación e ingreso da taxa.
1. A liquidación desta taxa estará a cargo da Intervención municipal e practicarase en cada
certificación de obra ou acta de inspección que se someta a aprobación dos órganos
competentes do Concello.
2. Se as obras foran dirixidas e inspeccionadas por técnicos funcionarios ou contratados en
réxime de Dereito Laboral, sen dereito a percibir honorarios, o importe da taxa de honorarios
ingresarase a favor do Concello. No suposto de que os técnicos designados para dirixir e
inspeccionar as obras non sexan empregados do Concello, procederase ó pago aos citados
técnicos dos importes correspondentes.
3. Artigo 10.–Infraccións e sancións
En todo o relativo a infraccións tributarias, así como as sancións que correspondan en cada
caso, estaráse ó disposto na Lei xeral tributaria e R.D. 2063/2004, do 15 de outubro, polo que
se aproba o regulamento xeral do réxime sancionador tributario.
Disposición adicional.
Os servicios económicos e técnicos do Concello elaborarán, no prazo dun mes dende a data de
entrada en vigor desta ordenanza, unha guía de circulación documental que garanta a eficaz
coordinación de cara á fiscalización de todas as incidencias e permita anticipar, no seu caso, as
decisións financieiras correspondentes. Elaborarán, como mínimo os seguintes documentos
estandarizados:
– Folla-control de execución. Cronograma e desviacións.
– Folla-control de incidencias. Explicación, alcance e solucións.
– Propostas de modificación e avaliación. Explicación e proposta.
– Folla de fiscalización e aprobación de modificacións.
– Acta de Inspección.
Autorízase ó alcalde para a súa aprobación e, no seu caso, publicación.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín
Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
A Baña, 1 de agosto de 2016.
O Alcalde,
José Andrés García Cardeso