1. Lydia Sandá Celeiro 1º BACH A
ANAGNÓRISE
Grazas a isto, o rapaz sente unha estraña sensación de conexión que ten medo a romper se
pregunta polo nome e a vida da muller, a cal parece non querer descubrir tampouco.
Ela acompaña ao rapaz a través do longo túnel no que se ve inmerso dándolle algo de luz.
Concédelle un espello co que verse a si mesmo e ao mundo que o rodea cos seus propios ollos,
unha burbulla coa que distanciarse do exterior e poder coñecerse a si mesmo, unha luz coa que
iluminar a realidade mais alá dos estereoƟpos e as falsas ideas.
E que fácil é idenƟficarse co personaxe de Nicolau, que emprende unha viaxe chea de incógnitas
para fuxir da súa vida e dos seus problemas. Un rapaz coas ideas moi revoltas que busca pousar un
corazón que leva moito tempo na súa man. E canto necesitaríamos tamén a alguén como Xulia, esa
muller misteriosa, intelixente, intuiƟva e de conviccións firmes que acolle a Nicolau no seu coche e
o leva da man durante o traxecto cara o descubrimento da súa idenƟdade.
Anagnórise é unha novela que florece lentamente. Axústase á perfección co formato de novela de
viaxe onde os descubrimentos e revelacións van ao seu tempo. Nicolau preséntase como un mozo
cuns pensamentos moi dispersos que precisa de claridade na súa vida, e ao longo do traxecto
vemos como se arraigan as súas ideas e crece como persoa. Ao seu lado está unha muller da que
non coñecemos mais que o seu ideal feminista, e que durante a novela nos vai descubrindo
pequenas partes dela ata coñecer a súa verdadeira idenƟdade.
A autora nos introduce co ơtulo a ese mundo de crecemento persoal e coñecemento propio co que
todos nos senƟmos recoñecidos desde o primeiro momento. Fala do amor xuvenil con todos os
seus inconvenientes, das malas amizades e, sobre todo, fai unha forte críƟca ao machismo aínda
latente na nosa sociedade. É unha obra que nos invita a abrir os ollos e nos ensina os camiños e as
voltas da vida. Unha novela sacrificada que vale a pena ler.
“As ơas non saben conducir. As ơas non paran para coller a ninguén”, son as
primeiras palabras da viaxe pola que María Victoria Moreno nos leva a través
da mente de Nicolau.
Pero despois dunha longa mañá de autostop, ela si parou a recollelo. Unha
muller que en nada se parecía a un camioneiro ou a un home novo con
moita conversa como Nicolau esperaba. Unha muller que si sabía conducir,
sen medo a nada e cunha gran capacidade de intuición.
El, desconfiado e con poucas ganas de percorrer setecentos quilómetros ao
lado dunha muller, decide permanecer calado e responder con algunha
menƟra ás preguntas que ela lle faga. O que non esperaba era que ela non
preguntase nin polo seu nome. E moito menos que os seus silencios serían
un libro aberto que ela podería ler libremente.