3. 1.-DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS
• O mundo coñecido polos europeos era moi reducido, pois limitábase a
Europa, parte de Asia e de Africa e o Mar Mediterráneo. O descubrimento
de novos mundos debeuse a diferentes causas:
• a)Políticas: os estados cristiáns españoles desexaban novos territorios en
Africa.
• b)Económicas: Buscábanse novas rutas para acceder ao ouro de Sudán e
traer produtos de India e China pois os turcos pecharon o paso por
Constantinopla.
• c)Científicas e xeográficas: difundíronse libros que sostiñan que a terra era
redonda polo que podía chegarse á India navegando polo oeste.
• d)Técnicas: A navegación por mar mellorou co compás e astrolabio que
permitiu orientarse. Construíronse novos barcos como a carabela e a nao,
adaptados para aproveitar o vento e soportar as ondas do Atlántico.
• e)Ideolóxicas e relixiosas: a nova mentalidade promoveu o afán de
aventuras, fama e riqueza; e a relixiosidade, o desexo de estender a fe por
novos territorios.
4. 2.-OS DESCUBRIMENTOS
XEOGRÁFICOS. Vixaxes portuguesas
• Dende mediados do século XV, o infante portugués Henrique o
Navegante impulsou a navegación e as viaxes de exploración polas
costas africanas.
• O obxectivo de Portugal era acceder ao ouro de Sudán e comerciar
coa India, bordeando para iso a Costa de África. A rivalidade con
Castela nesta zona solucionouse coa firma do TRATADO DE
ALCAÇOVAS. Nel, Portugal cedía a Castela a conquista de Canarias e
esta aceptaba que Portugal explorase a costa africana ao sur do
Cabo Borjador.
• En sucesivas exploracións pola costa africana, os portugueses
ocuparon as Illas Madeira, Azores e Cabo Verde, pasaron o cabo
Borjador e chegaron ao golfo de Guinea. Finalmente, Bartolomé
Dias dobrou o Cabo de Boa Esperanza e Vasco de Gama chegou a
India.
• Nas costas africanas e asiáticas os portugueses fundaron factorías.
5.
6.
7.
8. 2.-DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS.
Descubrimento de América
• O descubrimento de América debeuse a Cristobal Colón. Este mariño,
posiblemente de orixe xenovés, ideou chegar á India navegando polo
Oeste. Presentou primeiro o seu proxecto ao rei de Portugal Joao II que
rexeitou. Despois, levouno aos Reis Católicos, que o aceptaron e asinaron
as Capitulacións de Santa Fe. Este contrato concedíalle a Colón o título de
Almirante do mar Océano e de vicerrei e gobernador das terras que
descubrise, máis a décima parte das ganancias obtidas.
• Colón empredeu a viaxe dende o Porto dde Palos (Huelva), fixo escala en
Canarias e o 12 de outubro de 1492 chegou a Guanahaní (Bahamas) que
bautizou como San Salvador. Tras volver outras tres veces ao novo mundo
morreu crendo que chegar á India. O descubridor de América, como novo
continente, foi o navegante italiano Américo Vespuccio.
• Os Reis Católicos recibiron do papa a soberanía da India. Para evitar
conflitos con Portugal asinaron o Tratado de Tordesillas que trazaba un
meridiano a 370 leguas ao oeste de Cabo Verde. As terras situadas ao
oeste desta liña serían para Castela, e as situadas ao Leste, para Portugal.
Como consecuencia Portugal estableceuse en Brasil.
9. MONARQUÍAS AUTORITARIAS
O REI REFORZA O PODER
Unifica
Territorio
Con alianzas
matrimoniais
Sometemento
De todos os
Poderes limitando
O poder dos nobres
Melloraron
A administración
Con funcionarios
E creando capitais
De Estado
Teñen un
exército
Establecen
Relacións
internacionais
10.
11.
12.
13.
14.
15. A Vulgata é unha tradución da Biblia ao latín, realizada a
finais do século IV (no 382 d.C.) por Jerónimo de Estridón.
Foi encargada polo papa Dámaso I dous anos antes da súa
morte (366-384). A versión toma o seu nome da frase vulgata
editio (edición para o pobo) e escribiuse nun latín corrente en
contraposición co latín clásico de Cicerón, que Jerónimo de
Estridón dominaba. O obxectivo da Vulgata era ser máis fácil
de entender e máis exacta que as súas predecesoras.
A Biblia latina utilizada antes da Vulgata, a Vetus Latina, non
foi traducida por unha única persoa ou institución e nin
sequera editouse de forma uniforme. A calidade e o estilo dos
libros individuais variaba. As traducións do Antigo
Testamento proviñan case todas da Septuaginta grega.
16.
17.
18.
19. Pintura renacentista
• Temas diversos:
relixiosos, mitolóxicos,
retratos.
• Preocupación pola
perspectiva
• Representantes
destacados: Masaccio,
Boticelli, Leonardo da
Vinci, Rafael, Miguel
Angel.