SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  2
Télécharger pour lire hors ligne
A escrita a través do tempo
     A lingua, entendida como un conxunto de sons que nos permiten comunicarnos coas
persoas que nos rodean, é o medio de comunicación máis perfecto que existe, mais ten
unha limitación: as mensaxes emitidas oralmente non se conservan no tempo. Para
solucionar este problema os seres humanos inventaron a lingua escrita.
     As primeiras manifestacións da lingua escrita datan de hai máis de 50.000 anos.
Dende esa época até hoxe a escrita pasou por tres etapas principais. Durante a fase da
escrita sintética empregábanse signos pictóricos que representan unha frase ou un
enunciado completo. Na escrita analítica empréganse signos -chamados ideogramas-
que representan unha palabra. Na escrita fonética cada signo representa un fonema ou
grupo de fonemas.
     A escrita sintética foi empregada polas sociedades primitivas e hoxe case non quedan
restos dela. A escrita analítica foi usada polos sumerios no ano 3000 a.C., polos exipcios
no 2000 a.C. e polos chineses sobre o 1300 a.C. Na actualidade esta escrita continúa
vixente na China e no Xapón, principalmente. A escrita fonética foi creada polos semíticos
occidentais no segundo milenio antes de Cristo e hoxe é a empregada pola maior parte das
linguas do mundo.
     A escrita fonética emprega o alfabeto e, segundo os sons que representa, pode ser
silábica, aquela que representa as sílabas; consonántica, que representa as consoantes; e
consonántica e vocálica, que representa as consoantes e as vogais. Hoxe a escrita silábica
é empregada por algunhas linguas da India e polo etíope, a consonántica polo árabe, polo
hebreo, etc. A escrita consonántica e vocálica foi inventada polos gregos sobre o século X
a.C. Os gregos tamén perfeccionaron o alfabeto que inventaran os fenicios e que despois
completarían os latinos. O alfabeto romano é o sistema de escrita alfabética mais usado
hoxe no mundo. Componse de 26 letras mais algunhas adicionais dependendo do idioma
do que se trate (por ex., o español engade o “ñ”, o catalán o “ç”...). Utilízase este alfabeto
na maioría das linguas da UE, em América, na África Subsahariana e nas Illas do Pacífico.

    A escrita en Galiza
      Aínda que sexa algo arriscado, é posíbel considerar que os petróglifos son a
primeira manifestación escrita, en forma de pictogramas, que existe en Galiza. Eses
petróglifos indican que, desde tempos remotos, os seres humanos sentiron a necesidade
de se expresaren por escrito, aínda que no comezo fora a través de imaxes, servíndose da
flora e da fauna que os rodeaba.
      De épocas posteriores temos manifestacións escritas, manuais, da época romana e
da época medieval. Do prelo galego de Monterrei saíu o primeiro libro publicado en Galiza,
no ano 1494. O galego aparece por primeira vez nun libro impreso no ano 1697. O
primeiro libro escrito enteiramente en galego é do ano 1863.


    Os alfabetos
       As diferentes escritas que existen hoxe baséanse nuns poucos alfabetos. O alfabeto
galego, igual que o resto das escritas europeas, naceu do grego e do latino. O alfabeto
cirílico procede do grego e emprégase nos países eslavos. O árabe escríbeno todos os
pobos musulmáns. O grego moderno conserva características do antigo alfabeto, aínda
que simplificadas. O xaponés é unha síntese dos ideogramas chineses adaptados aos
sons da linguaxe.


  MÁIS INFORMACIÓN: HISTORIA DA ESCRITURA (YOUTUBE)

  ACTIVIDADE: CONVERTER ESTE TEMA NUN ESQUEMA.
DE COMO VEU A RIANXO UNHA BALEA

     Cando eu era rapazote chegou un día a Rianxo, paréceme que ás dez e mdida da
mañá, unha balea. Algúns, para lle restar mérito á nosa vila din que era unha balea moi
pequena, unha criaturiña de balea. Faladurías, envexa, non saben o que din. Eu non
digo que fose coma un consistorio a aboiar pola ría, non son tan argalleiro; pero a eslora
dun patache poida que a tivese ben, e aquí entre vós hai outros que a viron e poden dar
razón. E os que non a viros que peche a boca.
(…)
     Os entendidos din que viña perdida, que entrou pola boca da ría coma nunha
gaiola, e que de moito dar voltas se topar saida, foi dar alí sen folgos, deixouse estar un
intre, e como eran as mareas vivas e moito o calado, foise un pouco o mar e varou. Eu
moito non entendo, máis coido que debeu de ser así.
(…)
    Nisto que chegan as lanchas todas a remo para non ter que busca-las voltas ó
vento na punta de Fincheira, e que se poñen arredor do lombo da balea, onde
esmorecían as ondas como nas beiras dunha ínsua.
     Houbo moito rebumbio entre os mariñeiros sobre do que conviña. Alí estaba tamén
o Contramestre, e para semellar máis entendido abaneaba a testa, sorría e erguía o
ollos, mais non pasaba de dicir, sen comprometer consello:
      - Así non fas nada, home. Estás perdendo o tempo. Facede a cousa con orde.
    Con orde, está moi ben. O que pasaba era que non se sabía que cousa era a que
había que facer con orde. Botáronlle un rizón, pero escorregaba e non prendía.
Empuxanron con remos, non se ben para qué, e recuaban as lanchas, desatracando
dela como dun trans-atlántico. Fixéronse enliadas maniobras, con moitos berros e
xuramentos, para lle pasar un cabo arredor, pero alguén dixo que aquilo era como
querer levar preso cun fío a Oitentaenove (o Hércules da vila), e tiña razón. As mociñas
que foran chegando ó areal fartábanse de rir e de xogar coa escuma.
    Eu estaba nunha lancha desas que chaman burriños. Non sei se fun deica alí nunha
gamela ou descalzándome e pasando por algún bote medio varado que me servise de
ponte. O certo é que estiven no sitio máis arriscado.
(…)
     Agora para rematar o conto direivos que non topou as portas do seu grande mar, e
foi morrer a Vilanova.
(…)
       Estes textos son fragmentos escollidos do conto de Rafael Dieste "De como veu a Rianxo
                         unha balea", do libro "Dos Arquivos do Trasno", Rafael Dieste (1926).


FONTE: CRA DE RIANXO
ACTIVIDADE: CONVERTER O CONTO DE DIESTE NUNHA NOTICIA XORNALÍSTICA.

Contenu connexe

Similaire à A escrita no tempo

Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec escanagagon
 
Cultura clasica
Cultura clasicaCultura clasica
Cultura clasicanereha
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaVinseiro
 
séculos escuros
séculos escurosséculos escuros
séculos escurosxenevra
 
Literatura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaLiteratura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaSusana Ferreiro
 
Linguae Latinae Historia
Linguae Latinae HistoriaLinguae Latinae Historia
Linguae Latinae HistoriaAlfonso Blanco
 
A historia da escritura
A historia da escrituraA historia da escritura
A historia da escrituradomenechino
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galegajandroxixi
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galegaalexinho97
 
As orixes do galego presentacion
As orixes do galego presentacionAs orixes do galego presentacion
As orixes do galego presentacionAdrián
 
Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.aitorhveiga
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medievalxenevra
 

Similaire à A escrita no tempo (20)

Linguas indoeuropeas
Linguas indoeuropeasLinguas indoeuropeas
Linguas indoeuropeas
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
A lírica medieval
A lírica medievalA lírica medieval
A lírica medieval
 
Lit sec esc
Lit sec escLit sec esc
Lit sec esc
 
Cultura clasica
Cultura clasicaCultura clasica
Cultura clasica
 
06 Viaxemusical
06 Viaxemusical06 Viaxemusical
06 Viaxemusical
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesa
 
Alfabeto Latino
Alfabeto LatinoAlfabeto Latino
Alfabeto Latino
 
séculos escuros
séculos escurosséculos escuros
séculos escuros
 
Literatura galego portuguesa
Literatura galego portuguesaLiteratura galego portuguesa
Literatura galego portuguesa
 
Que é literatura?
Que é literatura?Que é literatura?
Que é literatura?
 
Linguae Latinae Historia
Linguae Latinae HistoriaLinguae Latinae Historia
Linguae Latinae Historia
 
A historia da escritura
A historia da escrituraA historia da escritura
A historia da escritura
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galega
 
Historia da lingua galega
Historia da lingua galegaHistoria da lingua galega
Historia da lingua galega
 
QVARE LINGVA LATINA
QVARE LINGVA LATINAQVARE LINGVA LATINA
QVARE LINGVA LATINA
 
As orixes do galego presentacion
As orixes do galego presentacionAs orixes do galego presentacion
As orixes do galego presentacion
 
Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.
 
Diana
DianaDiana
Diana
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
 

Plus de Marlou

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaMarlou
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoMarlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
MilicianosMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroMarlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en GalizaMarlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártirMarlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Decembro
DecembroDecembro
DecembroMarlou
 

Plus de Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 

A escrita no tempo

  • 1. A escrita a través do tempo A lingua, entendida como un conxunto de sons que nos permiten comunicarnos coas persoas que nos rodean, é o medio de comunicación máis perfecto que existe, mais ten unha limitación: as mensaxes emitidas oralmente non se conservan no tempo. Para solucionar este problema os seres humanos inventaron a lingua escrita. As primeiras manifestacións da lingua escrita datan de hai máis de 50.000 anos. Dende esa época até hoxe a escrita pasou por tres etapas principais. Durante a fase da escrita sintética empregábanse signos pictóricos que representan unha frase ou un enunciado completo. Na escrita analítica empréganse signos -chamados ideogramas- que representan unha palabra. Na escrita fonética cada signo representa un fonema ou grupo de fonemas. A escrita sintética foi empregada polas sociedades primitivas e hoxe case non quedan restos dela. A escrita analítica foi usada polos sumerios no ano 3000 a.C., polos exipcios no 2000 a.C. e polos chineses sobre o 1300 a.C. Na actualidade esta escrita continúa vixente na China e no Xapón, principalmente. A escrita fonética foi creada polos semíticos occidentais no segundo milenio antes de Cristo e hoxe é a empregada pola maior parte das linguas do mundo. A escrita fonética emprega o alfabeto e, segundo os sons que representa, pode ser silábica, aquela que representa as sílabas; consonántica, que representa as consoantes; e consonántica e vocálica, que representa as consoantes e as vogais. Hoxe a escrita silábica é empregada por algunhas linguas da India e polo etíope, a consonántica polo árabe, polo hebreo, etc. A escrita consonántica e vocálica foi inventada polos gregos sobre o século X a.C. Os gregos tamén perfeccionaron o alfabeto que inventaran os fenicios e que despois completarían os latinos. O alfabeto romano é o sistema de escrita alfabética mais usado hoxe no mundo. Componse de 26 letras mais algunhas adicionais dependendo do idioma do que se trate (por ex., o español engade o “ñ”, o catalán o “ç”...). Utilízase este alfabeto na maioría das linguas da UE, em América, na África Subsahariana e nas Illas do Pacífico. A escrita en Galiza Aínda que sexa algo arriscado, é posíbel considerar que os petróglifos son a primeira manifestación escrita, en forma de pictogramas, que existe en Galiza. Eses petróglifos indican que, desde tempos remotos, os seres humanos sentiron a necesidade de se expresaren por escrito, aínda que no comezo fora a través de imaxes, servíndose da flora e da fauna que os rodeaba. De épocas posteriores temos manifestacións escritas, manuais, da época romana e da época medieval. Do prelo galego de Monterrei saíu o primeiro libro publicado en Galiza, no ano 1494. O galego aparece por primeira vez nun libro impreso no ano 1697. O primeiro libro escrito enteiramente en galego é do ano 1863. Os alfabetos As diferentes escritas que existen hoxe baséanse nuns poucos alfabetos. O alfabeto galego, igual que o resto das escritas europeas, naceu do grego e do latino. O alfabeto cirílico procede do grego e emprégase nos países eslavos. O árabe escríbeno todos os pobos musulmáns. O grego moderno conserva características do antigo alfabeto, aínda que simplificadas. O xaponés é unha síntese dos ideogramas chineses adaptados aos sons da linguaxe. MÁIS INFORMACIÓN: HISTORIA DA ESCRITURA (YOUTUBE) ACTIVIDADE: CONVERTER ESTE TEMA NUN ESQUEMA.
  • 2. DE COMO VEU A RIANXO UNHA BALEA Cando eu era rapazote chegou un día a Rianxo, paréceme que ás dez e mdida da mañá, unha balea. Algúns, para lle restar mérito á nosa vila din que era unha balea moi pequena, unha criaturiña de balea. Faladurías, envexa, non saben o que din. Eu non digo que fose coma un consistorio a aboiar pola ría, non son tan argalleiro; pero a eslora dun patache poida que a tivese ben, e aquí entre vós hai outros que a viron e poden dar razón. E os que non a viros que peche a boca. (…) Os entendidos din que viña perdida, que entrou pola boca da ría coma nunha gaiola, e que de moito dar voltas se topar saida, foi dar alí sen folgos, deixouse estar un intre, e como eran as mareas vivas e moito o calado, foise un pouco o mar e varou. Eu moito non entendo, máis coido que debeu de ser así. (…) Nisto que chegan as lanchas todas a remo para non ter que busca-las voltas ó vento na punta de Fincheira, e que se poñen arredor do lombo da balea, onde esmorecían as ondas como nas beiras dunha ínsua. Houbo moito rebumbio entre os mariñeiros sobre do que conviña. Alí estaba tamén o Contramestre, e para semellar máis entendido abaneaba a testa, sorría e erguía o ollos, mais non pasaba de dicir, sen comprometer consello: - Así non fas nada, home. Estás perdendo o tempo. Facede a cousa con orde. Con orde, está moi ben. O que pasaba era que non se sabía que cousa era a que había que facer con orde. Botáronlle un rizón, pero escorregaba e non prendía. Empuxanron con remos, non se ben para qué, e recuaban as lanchas, desatracando dela como dun trans-atlántico. Fixéronse enliadas maniobras, con moitos berros e xuramentos, para lle pasar un cabo arredor, pero alguén dixo que aquilo era como querer levar preso cun fío a Oitentaenove (o Hércules da vila), e tiña razón. As mociñas que foran chegando ó areal fartábanse de rir e de xogar coa escuma. Eu estaba nunha lancha desas que chaman burriños. Non sei se fun deica alí nunha gamela ou descalzándome e pasando por algún bote medio varado que me servise de ponte. O certo é que estiven no sitio máis arriscado. (…) Agora para rematar o conto direivos que non topou as portas do seu grande mar, e foi morrer a Vilanova. (…) Estes textos son fragmentos escollidos do conto de Rafael Dieste "De como veu a Rianxo unha balea", do libro "Dos Arquivos do Trasno", Rafael Dieste (1926). FONTE: CRA DE RIANXO ACTIVIDADE: CONVERTER O CONTO DE DIESTE NUNHA NOTICIA XORNALÍSTICA.