SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  5
Télécharger pour lire hors ligne
Lingua e Literatura Galega 4ºeso


                     A LINGUA NO 1º TERZO DO S. XX



   Se o século XIX supuxo un momento fundamental para a lingua, ao se recuperar a
nivel escrito despois da longa decadencia dos Séculos Escuros (séculos XVI-XVIII), o
século XX vai significar outro avance cualitativo importante, consistente en proxectar o
galego a outros campos (ensaio político e científico, xornalismo, actos públicos...) dos
que ata entón estivera excluído. Reivindícase así o galego como medio de expresión
natural en todas as facetas da vida. Este avance vén marcado pola aparición de
importantes movementos de carácter nacionalista que continúan o labor iniciado no
século anterior polos movementos provincialista e rexionalista.
   A vinculación da loita a favor da lingua co movemento nacionalista é tan clara que
precisamente este naceu co nome de Irmandades da Fala (fundadas na Coruña en
1916) e dotouse dun medio de expresión exclusivamente en galego, a xa histórica
publicación A nosa terra. Mais se as Irmandades naceron co obxectivo de defender a
dignificación e a ampliación de usos da lingua, dous anos máis tarde, en 1918, e xa
formando parte delas figuras tan destacadas como os irmáns Vilar Ponte, Castelao,
Risco, Losada Diéguez ou Cabanillas, formulan un plano xeral de actuación política
tendente a lograr o autogoberno pleno para Galicia e a súa federación co resto das
nacións que compoñen a Península Ibérica. Ao lado desta proposta, formulada polo
sector "político", vai cobrando forza o sector "culturalista", que pretende a potenciación
e defensa da cultura galega e renuncia desde un comezo á loita política.
   No ano 1920, comeza a publicación da revista Nós, voceiro da xeración cultural do
mesmo nome á que se vinculan, entre outros, Risco, Cuevillas, Castelao e Otero
Pedraio. O seu programa consiste en sacar a cultura galega do folclorismo e do influxo
da cultura castelá, tentando por un lado, modernizala, tirándolle o exceso de
localismo, ruralismo e costumismo que ata entón a caracterizaba e, por outro lado,
universalizala, ao poñela en contacto directo coas ideas e os movementos culturais
vixentes en Europa. Para tal fin, os homes da revista Nós acollen nas súas páxinas
traducións, informacións ou noticias do que se fai noutras literaturas ao tempo que se
preocupan por todos os aspectos da cultura galega. Con eles, o galego logra a súa
madureza literaria e é empregado en obras de carácter científico de todo tipo (historia,
etnografía, arqueoloxía, filosofía, socioloxía...).
   Como herdeiros e fillos ideolóxicos da xeración Nós, un grupo de estudantes
universitarios entre os que figuran Carvalho Calero, Filgueira Valverde e Bouza Brey
funda en 1923 o Seminario de Estudos Galegos, coa finalidade de dotar a Galiza
dunha institución que fixese posible o estudo de todos os seus aspectos. Con eles,
potenciarase e ampliarase o uso do galego na prosa científica e técnica e
desenvolverase unha actividade investigadora e divulgadora en diferentes campos.
   Chegada a República, en 1931, todo o galeguismo vai confluír no Partido
Galeguista, que tiña como obxectivo a consecución da autonomía política para
Galicia, centrando os seus esforzos na redacción dun estatuto de autonomía que será
aprobado polas Cortes españolas en 1936. Neste estatuto establécese, no artigo 40,
a cooficialidade de galego e castelán. O golpe de Estado franquista impide a súa
entrada en vigor.
  A preocupación fundamental dos intelectuais galeguistas do primeiro terzo do
século é dignificar a lingua, rescatándoa dos estereotipos de ruralidade e incultura cos
que viña asociado. De aí que realicen un labor intenso no estudo do idioma e na
ampliación dos seus ámbitos de uso, outorgándolle un prestixio que lle negaba a vida
oficial e administrativa, totalmente castelanizada. Combaten así tamén os argumentos
demagóxicos dos detractores do galego que afirmaban que o seu uso só servía para
illarnos e incomunicarnos da cultura universal. A tese destes autores é precisamente a
contraria: só desde a identificación coa lingua e cultura propias se pode acceder a
outras linguas e culturas.
    Os escritores deste período caracterízanse por intentar superar o dialectalismo ou
interdialectalismo do período anterior, en favor dun intento de supradialectalismo que
constituirá o xerme dunha posterior normativa unificadora. A tarefa principal é a
purificación da lingua de castelanismos. Este labor, acometido sen unha seria base
lingüística por parte dos escritores, levará á adopción de formas pseudoevolucionadas
ou simplemente inventadas por un afán diferencialista do castelán. Rexéitanse
formas cultas coincidentes co castelán, empregándose no seu lugar outras
hipergaleguizadas ou vulgares (así, por exemplo, palabras como brillar, organizar,
ambiente, concepción, pobre, ou esperanza aparecen con frecuencia como brilar,
orgaizar, ambente, conceución, probe e espranza). Moitos destes erros perdurarán ata
os nosos días.
   Por outra parte, a toma de contacto co galego medieval a raíz das edicións das
cantigas e outros documentos, unida a un desexo de depuración da lingua e á
necesidade de cubrir os baleiros léxicos levan a certos escritores a retomar formas
arcaicas e xa desaparecidas na lingua, moitas veces coa mesma intención
diferencialista (e encontrámonos así con formas como outo, conquerir, coor, cibdade
ou parescer en lugar das correctas alto, conseguir, cor, cidade, parecer). Configúrase
así un galego en parte afastado da fala real, arbitrario e en certa medida de laboratorio
que continuará vixente nos anos de posguerra.
    No que respecta á cuestión ortográfica, o castelán continúa a ser a referencia
fundamental. Persiste unha grande inseguridade gráfica, fundamentalmente naqueles
fenómenos exclusivos do galego para os que o castelán non aporta solucións. En
materia de acentuación non hai uniformidade en ningún autor, continúan as vacilacións
no emprego do h, no de b e v ou no de i e y (encontrámonos con beira e veira,
Hespaña e España, hai e hay). Tampouco se resolve a cuestión da representación do
fonema / /. Aínda que a maioría dos autores opta polo uso de x, algúns tan
importantes como López Cuevillas ou Vicente Viqueira son constantes no uso
etimolóxico de g, j, x (geral, hoje, deixar). No que si houbo un acordo bastante
xeneralizado foi na práctica dunha escritura foneticista herdeira da do século XIX na
reprodución de fenómenos de fonética sintáctica propios da fala que dá pé a unha
gran profusión de apóstrofos e guións de enlace (s´asconden, sobr´esto, quen-o, non-
o).
   Durante estes anos materialízanse os primeiros intentos de camiñar cara á
consecución dunha lingua estándar, entre os que destacan o Compendio de
Gramática Galega promovido polas Irmandades da Fala, do que é autor Carré
Alvarellos e, sobre todo, o traballo titulado Algunhas normas pra a unificazón do idioma
galego do Seminario de Estudos Galegos que, pensado en principio para uso
exclusivamente interno, tivo unha gran difusión, sendo adoptado na súa totalidade polo
boletín A Nosa Terra, daquela órgano de expresión do Partido Galeguista.
DIALECTALISMO

                     Uso literario de formas dialectais correspon-
                     dentes á zona propia de cada escritor


INTERDIALECTALISMO

                     Uso literario de formas dialectais proceden-
                     tes de diferentes áreas lingüísticas mestura-
                     das, sen ningún criterio filolóxico


SUPRADIALECTALISMO

                     Procura dun modelo de lingua unificado,va-
                     léndose das formas existentes na fala galega,
                     Escollidos con criterios científicos
SELECCIÓN DE TEXTOS

   Texto 1. Acto de constitución da Real Academia Galega (1906)
   No acto de constitución oficial da Real Academia Galega fíxose un uso peculiar das linguas galega e
castelán: o galego foi utilizado nos poemas que se leron do decurso da cerimonia inaugural, pero os
discursos oficiais foron pronunciados en castelán. Este paradoxo manifesta moi claramente a situación
sociolingüística da época, na que o emprego do galego na poesía era aceptado con normalidade, pero os
actos formais de tipo institucional permanecían reservados ao castelán; incluso se eran, como é este
caso, de marcado carácter galeguista.
   Porque el idioma de cada pueblo es el característico más puro y más poderoso de la nacionalidad.
Gentes que hablan la lengua que no le es propia es un pueblo que no se pertenece... (Manuel Murguía,
Discurso do presidente)

   Já chegarán os días,                      Veu a maturidade,
   Q´os bardos anunciarán;                   Vosa miés verdecente;
   D´as gándras largazías,                   Gallegos, despertáde,
   As brétomas escuras s´alongaran           Baruda e forte gente,...     (Eduardo Pondal)

            Texto 2. Tres poemas de R. Cabanillas.
                                                       A Porteiro Garea                   A rosa que sangra
           Acción Galega     ¡Irmáns! En pé, sereos,                      A ALMA é unha roseira
                             a limpa frente erguida,                      frorecida, cuaxada
¡Irmáns! ¡Irmáns gallegos!   envoltos na brancura                         de rosiñas bermellas
¡Dende Ortegal ó Miño        da luz que cai de riba,                      e de rosiñas brancas.
a folla do fouciño           o corazón aberto
fagamos ebrillar!            a toda verba amiga,                          Alegrías e penas
                             e nunha man a fouce                          son o vento que pasa;
Que vexa a Vila podre,       e noutra man a oliva,                        ás veces trebonada.
coveira da canalla,          arredor da bandeira azul e branca,
á Aldea que traballa         arredor da bandeira de Galicia,              Unha bágoa que surde,
disposta para loitar.        cantémo-lo dereito                           unha rosa que estala...
                             a libre nova vida!                           son rosiñas que caien
Antes de ser escravos,                                                    da roseira da alma!
¡irmáns, irmáns gallegos!    Validos de treidores
que corra o sangue a regos   a noite da Frouseira                         Miña nai que me arrola,
dende a montana ó mar.       á patria escravizaron                        un amor que me chama,
                             uns reises de Castela.                       a estreliña da groria
¡Ergámonos sin medo!         Comestas polo tempo,                         no sendeiro da espranza...
¡Que o lume da toxeira       xa afloxan as cadeas…                        Cando a vida comenza,
envolva na fogueira          ¡irmáns asoballados                          ¡cántas rosiñas brancas!
o pazo siñorial!             de xentes estranxeiras,
                             ergámo-la bandeira azul e branca!            Un filliño que morre,
Xa o fato de caciques,       ¡E ó pé da enseña da nazón galega            un amor que se apaga,
Iadróns e herexes, fuxe      cantémo-lo dereito                           a ilusión que se afoga
ó redentor empuxe            a libertar a Terra!                          no remuílo das ágoas...
da alma rexional.                                                         ¡Cántas rosas bermellas
                             ¡Irmáns no amor á Suevia                     ao mediar a xornada!
Antes de ser escravos,       de lexendaria historia,
¡irmáns, irmáns gallegos!    ¡en pé! ¡en pé dispostos                     Xa son vello, e o vento,
que corra a sangre a regos   a non morrer sin loita!                      vento de trebonada,
dende a montana ó val.       ¡O día do Medulio                            desfolloume a roseira,
                             con sangue quente e roxa                     a roseira da alma.
                             mercámo-lo dereito
                             a libre, honrada chouza!                     Pero esta dór da Terra
                             ¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!   ferida e escravizada...
                             ¡A oliva nunha man, a fouce noutra,          ¡qué rosiña bermella!
                             berremos alto e forte:                       ¡Cómo doi! ¡Cómo sangra!
                             “¡A nosa terra é nosa!”
Texto 3. Fragmentos dun artigo de Antón Vilar Ponte (1917)




   Texto 4. Vicente Risco, "Nós, os inadaptados" (1933)
    Ja dixen como pelengriñamos polas cosmogonías, polas metafísecas e polas estéticas. Pois ben, coma aquil
inglés de Chesterton que despoixas de moitas viages polo mundo, atopou unha terra descoñecida que resultou
ser a fin de contas Gran Bretaña, igual nos pasou a nós. Despois de tantas voltas e revoltas, despois de tantas
viravoltas e trasvoltas polas lonjanías do espazo e do tempo, en precura de algo inédito que nos salvara do
habitual e vulgar, viñemos dar na solprendente descoberta de que Galiza, a nosa Terra, oculta ao noso ollar por
un espeso estrato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea, ofercíanos un mundo tan esteso, tan novo, tan
inédito, tan descoñecido, como os que andábamos a precurar por aí adiante.
    Pra salvármonos do vulgar, pra redimírmonos do habitual, non cumpría ollar ao longe; cumpría ollar ben
perto, arredor de nós, en nós mesmos, adentro de nós mesmos. Á beira nosa, constituíndo o meio natural no
que cecais non se movera o noso entendemento,mais no que de seguro movíase o noso esprito, ise siñal da
man de Deus nas almas escolleitas, estaba, donándolle vida e seiva, a nosa Terra desfigurada e descolecida.
Adentro de nós, constituíndo o máis fondo do noso ser, estaba a ialma de Galiza.

Contenu connexe

Tendances

Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Marlou
 
Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)Marlou
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegatrafegandoronseis
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Marlou
 
Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Marlou
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMarlou
 
castelao
castelaocastelao
castelaoxenevra
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Marlou
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaRomán Landín
 
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristiantrafegandoronseis
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 

Tendances (20)

Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
 
Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
 
Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)
 
Méndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania PoseMéndez Ferrín por Tania Pose
Méndez Ferrín por Tania Pose
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Gnosnoe
GnosnoeGnosnoe
Gnosnoe
 
Vangardas 1
Vangardas 1Vangardas 1
Vangardas 1
 
A literatura do exilio
A literatura do exilioA literatura do exilio
A literatura do exilio
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporánea
 
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e CristianRafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
Rafael Dieste, traballo de Alba e Cristian
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 

En vedette

Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Lucía Buela. O Suso
Lucía Buela. O  SusoLucía Buela. O  Suso
Lucía Buela. O SusoMarlou
 
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquistaTraballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquistaMarlou
 
A situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraA situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraMarlou
 
A ditadura
A ditaduraA ditadura
A ditaduraMarlou
 
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)Marlou
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaSusana Losada
 
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.Marlou
 
Linguas europeas
Linguas europeasLinguas europeas
Linguas europeasMarlou
 
As linguas peninsulares.
As linguas peninsulares.As linguas peninsulares.
As linguas peninsulares.Marlou
 
Ecolingüismo
EcolingüismoEcolingüismo
EcolingüismoMarlou
 
Elementos da narración
Elementos da narraciónElementos da narración
Elementos da narraciónMarlou
 

En vedette (12)

Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Lucía Buela. O Suso
Lucía Buela. O  SusoLucía Buela. O  Suso
Lucía Buela. O Suso
 
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquistaTraballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
 
A situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraA situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditadura
 
A ditadura
A ditaduraA ditadura
A ditadura
 
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do Idioma
 
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
 
Linguas europeas
Linguas europeasLinguas europeas
Linguas europeas
 
As linguas peninsulares.
As linguas peninsulares.As linguas peninsulares.
As linguas peninsulares.
 
Ecolingüismo
EcolingüismoEcolingüismo
Ecolingüismo
 
Elementos da narración
Elementos da narraciónElementos da narración
Elementos da narración
 

Similaire à A lingua no 1º terzo do s.xx

O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXxenevra
 
Tema2 09
Tema2 09Tema2 09
Tema2 09xenevra
 
tema2_09
tema2_09tema2_09
tema2_09xenevra
 
Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)Marlou
 
Discurso manolo acto 28 de abril
Discurso manolo acto 28 de abrilDiscurso manolo acto 28 de abril
Discurso manolo acto 28 de abrilcenlf
 
Orixe da lingua
Orixe da linguaOrixe da lingua
Orixe da linguaMeri Rez
 
Orixe da lingua
Orixe da linguaOrixe da lingua
Orixe da linguaMeri Rez
 
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)Marlou
 
Galicia na Idade Media
Galicia na Idade MediaGalicia na Idade Media
Galicia na Idade MediasusanaNB
 
O reintegracionismo na historia da lingua galega
O reintegracionismo na historia da lingua galegaO reintegracionismo na historia da lingua galega
O reintegracionismo na historia da lingua galegaIsa Vigo Rodríguez
 
seculos escuros de la literatura gallega
seculos escuros de la literatura gallegaseculos escuros de la literatura gallega
seculos escuros de la literatura gallegavomig96891
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuroslanagl
 
Linguas en contacto. Desvíos normativos.
Linguas en contacto. Desvíos normativos.Linguas en contacto. Desvíos normativos.
Linguas en contacto. Desvíos normativos.Marlou
 
Historia da lingua
Historia da linguaHistoria da lingua
Historia da linguaaldeatotal
 
A Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaA Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaRomán Landín
 
Literatura no século xix
Literatura no século xixLiteratura no século xix
Literatura no século xixmati2011
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroLoli Cid Cid
 

Similaire à A lingua no 1º terzo do s.xx (20)

Reintegracionismo
ReintegracionismoReintegracionismo
Reintegracionismo
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XX
 
Reintegracionismo
ReintegracionismoReintegracionismo
Reintegracionismo
 
Lingua das irmandades
Lingua das irmandadesLingua das irmandades
Lingua das irmandades
 
Tema2 09
Tema2 09Tema2 09
Tema2 09
 
tema2_09
tema2_09tema2_09
tema2_09
 
Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)Carvalho Calero (por Laura Rubio)
Carvalho Calero (por Laura Rubio)
 
Discurso manolo acto 28 de abril
Discurso manolo acto 28 de abrilDiscurso manolo acto 28 de abril
Discurso manolo acto 28 de abril
 
Orixe da lingua
Orixe da linguaOrixe da lingua
Orixe da lingua
 
Orixe da lingua
Orixe da linguaOrixe da lingua
Orixe da lingua
 
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
Ramón Piñeiro (por Marcos Gómez)
 
Galicia na Idade Media
Galicia na Idade MediaGalicia na Idade Media
Galicia na Idade Media
 
O reintegracionismo na historia da lingua galega
O reintegracionismo na historia da lingua galegaO reintegracionismo na historia da lingua galega
O reintegracionismo na historia da lingua galega
 
seculos escuros de la literatura gallega
seculos escuros de la literatura gallegaseculos escuros de la literatura gallega
seculos escuros de la literatura gallega
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
 
Linguas en contacto. Desvíos normativos.
Linguas en contacto. Desvíos normativos.Linguas en contacto. Desvíos normativos.
Linguas en contacto. Desvíos normativos.
 
Historia da lingua
Historia da linguaHistoria da lingua
Historia da lingua
 
A Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade MediaA Lingua na Idade Media
A Lingua na Idade Media
 
Literatura no século xix
Literatura no século xixLiteratura no século xix
Literatura no século xix
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
 

Plus de Marlou

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaMarlou
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoMarlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
MilicianosMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroMarlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en GalizaMarlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártirMarlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Decembro
DecembroDecembro
DecembroMarlou
 

Plus de Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 

Dernier

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

A lingua no 1º terzo do s.xx

  • 1. Lingua e Literatura Galega 4ºeso A LINGUA NO 1º TERZO DO S. XX Se o século XIX supuxo un momento fundamental para a lingua, ao se recuperar a nivel escrito despois da longa decadencia dos Séculos Escuros (séculos XVI-XVIII), o século XX vai significar outro avance cualitativo importante, consistente en proxectar o galego a outros campos (ensaio político e científico, xornalismo, actos públicos...) dos que ata entón estivera excluído. Reivindícase así o galego como medio de expresión natural en todas as facetas da vida. Este avance vén marcado pola aparición de importantes movementos de carácter nacionalista que continúan o labor iniciado no século anterior polos movementos provincialista e rexionalista. A vinculación da loita a favor da lingua co movemento nacionalista é tan clara que precisamente este naceu co nome de Irmandades da Fala (fundadas na Coruña en 1916) e dotouse dun medio de expresión exclusivamente en galego, a xa histórica publicación A nosa terra. Mais se as Irmandades naceron co obxectivo de defender a dignificación e a ampliación de usos da lingua, dous anos máis tarde, en 1918, e xa formando parte delas figuras tan destacadas como os irmáns Vilar Ponte, Castelao, Risco, Losada Diéguez ou Cabanillas, formulan un plano xeral de actuación política tendente a lograr o autogoberno pleno para Galicia e a súa federación co resto das nacións que compoñen a Península Ibérica. Ao lado desta proposta, formulada polo sector "político", vai cobrando forza o sector "culturalista", que pretende a potenciación e defensa da cultura galega e renuncia desde un comezo á loita política. No ano 1920, comeza a publicación da revista Nós, voceiro da xeración cultural do mesmo nome á que se vinculan, entre outros, Risco, Cuevillas, Castelao e Otero Pedraio. O seu programa consiste en sacar a cultura galega do folclorismo e do influxo da cultura castelá, tentando por un lado, modernizala, tirándolle o exceso de localismo, ruralismo e costumismo que ata entón a caracterizaba e, por outro lado, universalizala, ao poñela en contacto directo coas ideas e os movementos culturais vixentes en Europa. Para tal fin, os homes da revista Nós acollen nas súas páxinas traducións, informacións ou noticias do que se fai noutras literaturas ao tempo que se preocupan por todos os aspectos da cultura galega. Con eles, o galego logra a súa madureza literaria e é empregado en obras de carácter científico de todo tipo (historia, etnografía, arqueoloxía, filosofía, socioloxía...). Como herdeiros e fillos ideolóxicos da xeración Nós, un grupo de estudantes universitarios entre os que figuran Carvalho Calero, Filgueira Valverde e Bouza Brey funda en 1923 o Seminario de Estudos Galegos, coa finalidade de dotar a Galiza dunha institución que fixese posible o estudo de todos os seus aspectos. Con eles, potenciarase e ampliarase o uso do galego na prosa científica e técnica e desenvolverase unha actividade investigadora e divulgadora en diferentes campos. Chegada a República, en 1931, todo o galeguismo vai confluír no Partido Galeguista, que tiña como obxectivo a consecución da autonomía política para Galicia, centrando os seus esforzos na redacción dun estatuto de autonomía que será aprobado polas Cortes españolas en 1936. Neste estatuto establécese, no artigo 40, a cooficialidade de galego e castelán. O golpe de Estado franquista impide a súa entrada en vigor. A preocupación fundamental dos intelectuais galeguistas do primeiro terzo do século é dignificar a lingua, rescatándoa dos estereotipos de ruralidade e incultura cos que viña asociado. De aí que realicen un labor intenso no estudo do idioma e na
  • 2. ampliación dos seus ámbitos de uso, outorgándolle un prestixio que lle negaba a vida oficial e administrativa, totalmente castelanizada. Combaten así tamén os argumentos demagóxicos dos detractores do galego que afirmaban que o seu uso só servía para illarnos e incomunicarnos da cultura universal. A tese destes autores é precisamente a contraria: só desde a identificación coa lingua e cultura propias se pode acceder a outras linguas e culturas. Os escritores deste período caracterízanse por intentar superar o dialectalismo ou interdialectalismo do período anterior, en favor dun intento de supradialectalismo que constituirá o xerme dunha posterior normativa unificadora. A tarefa principal é a purificación da lingua de castelanismos. Este labor, acometido sen unha seria base lingüística por parte dos escritores, levará á adopción de formas pseudoevolucionadas ou simplemente inventadas por un afán diferencialista do castelán. Rexéitanse formas cultas coincidentes co castelán, empregándose no seu lugar outras hipergaleguizadas ou vulgares (así, por exemplo, palabras como brillar, organizar, ambiente, concepción, pobre, ou esperanza aparecen con frecuencia como brilar, orgaizar, ambente, conceución, probe e espranza). Moitos destes erros perdurarán ata os nosos días. Por outra parte, a toma de contacto co galego medieval a raíz das edicións das cantigas e outros documentos, unida a un desexo de depuración da lingua e á necesidade de cubrir os baleiros léxicos levan a certos escritores a retomar formas arcaicas e xa desaparecidas na lingua, moitas veces coa mesma intención diferencialista (e encontrámonos así con formas como outo, conquerir, coor, cibdade ou parescer en lugar das correctas alto, conseguir, cor, cidade, parecer). Configúrase así un galego en parte afastado da fala real, arbitrario e en certa medida de laboratorio que continuará vixente nos anos de posguerra. No que respecta á cuestión ortográfica, o castelán continúa a ser a referencia fundamental. Persiste unha grande inseguridade gráfica, fundamentalmente naqueles fenómenos exclusivos do galego para os que o castelán non aporta solucións. En materia de acentuación non hai uniformidade en ningún autor, continúan as vacilacións no emprego do h, no de b e v ou no de i e y (encontrámonos con beira e veira, Hespaña e España, hai e hay). Tampouco se resolve a cuestión da representación do fonema / /. Aínda que a maioría dos autores opta polo uso de x, algúns tan importantes como López Cuevillas ou Vicente Viqueira son constantes no uso etimolóxico de g, j, x (geral, hoje, deixar). No que si houbo un acordo bastante xeneralizado foi na práctica dunha escritura foneticista herdeira da do século XIX na reprodución de fenómenos de fonética sintáctica propios da fala que dá pé a unha gran profusión de apóstrofos e guións de enlace (s´asconden, sobr´esto, quen-o, non- o). Durante estes anos materialízanse os primeiros intentos de camiñar cara á consecución dunha lingua estándar, entre os que destacan o Compendio de Gramática Galega promovido polas Irmandades da Fala, do que é autor Carré Alvarellos e, sobre todo, o traballo titulado Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego do Seminario de Estudos Galegos que, pensado en principio para uso exclusivamente interno, tivo unha gran difusión, sendo adoptado na súa totalidade polo boletín A Nosa Terra, daquela órgano de expresión do Partido Galeguista.
  • 3. DIALECTALISMO Uso literario de formas dialectais correspon- dentes á zona propia de cada escritor INTERDIALECTALISMO Uso literario de formas dialectais proceden- tes de diferentes áreas lingüísticas mestura- das, sen ningún criterio filolóxico SUPRADIALECTALISMO Procura dun modelo de lingua unificado,va- léndose das formas existentes na fala galega, Escollidos con criterios científicos
  • 4. SELECCIÓN DE TEXTOS Texto 1. Acto de constitución da Real Academia Galega (1906) No acto de constitución oficial da Real Academia Galega fíxose un uso peculiar das linguas galega e castelán: o galego foi utilizado nos poemas que se leron do decurso da cerimonia inaugural, pero os discursos oficiais foron pronunciados en castelán. Este paradoxo manifesta moi claramente a situación sociolingüística da época, na que o emprego do galego na poesía era aceptado con normalidade, pero os actos formais de tipo institucional permanecían reservados ao castelán; incluso se eran, como é este caso, de marcado carácter galeguista. Porque el idioma de cada pueblo es el característico más puro y más poderoso de la nacionalidad. Gentes que hablan la lengua que no le es propia es un pueblo que no se pertenece... (Manuel Murguía, Discurso do presidente) Já chegarán os días, Veu a maturidade, Q´os bardos anunciarán; Vosa miés verdecente; D´as gándras largazías, Gallegos, despertáde, As brétomas escuras s´alongaran Baruda e forte gente,... (Eduardo Pondal) Texto 2. Tres poemas de R. Cabanillas. A Porteiro Garea A rosa que sangra Acción Galega ¡Irmáns! En pé, sereos, A ALMA é unha roseira a limpa frente erguida, frorecida, cuaxada ¡Irmáns! ¡Irmáns gallegos! envoltos na brancura de rosiñas bermellas ¡Dende Ortegal ó Miño da luz que cai de riba, e de rosiñas brancas. a folla do fouciño o corazón aberto fagamos ebrillar! a toda verba amiga, Alegrías e penas e nunha man a fouce son o vento que pasa; Que vexa a Vila podre, e noutra man a oliva, ás veces trebonada. coveira da canalla, arredor da bandeira azul e branca, á Aldea que traballa arredor da bandeira de Galicia, Unha bágoa que surde, disposta para loitar. cantémo-lo dereito unha rosa que estala... a libre nova vida! son rosiñas que caien Antes de ser escravos, da roseira da alma! ¡irmáns, irmáns gallegos! Validos de treidores que corra o sangue a regos a noite da Frouseira Miña nai que me arrola, dende a montana ó mar. á patria escravizaron un amor que me chama, uns reises de Castela. a estreliña da groria ¡Ergámonos sin medo! Comestas polo tempo, no sendeiro da espranza... ¡Que o lume da toxeira xa afloxan as cadeas… Cando a vida comenza, envolva na fogueira ¡irmáns asoballados ¡cántas rosiñas brancas! o pazo siñorial! de xentes estranxeiras, ergámo-la bandeira azul e branca! Un filliño que morre, Xa o fato de caciques, ¡E ó pé da enseña da nazón galega un amor que se apaga, Iadróns e herexes, fuxe cantémo-lo dereito a ilusión que se afoga ó redentor empuxe a libertar a Terra! no remuílo das ágoas... da alma rexional. ¡Cántas rosas bermellas ¡Irmáns no amor á Suevia ao mediar a xornada! Antes de ser escravos, de lexendaria historia, ¡irmáns, irmáns gallegos! ¡en pé! ¡en pé dispostos Xa son vello, e o vento, que corra a sangre a regos a non morrer sin loita! vento de trebonada, dende a montana ó val. ¡O día do Medulio desfolloume a roseira, con sangue quente e roxa a roseira da alma. mercámo-lo dereito a libre, honrada chouza! Pero esta dór da Terra ¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca! ferida e escravizada... ¡A oliva nunha man, a fouce noutra, ¡qué rosiña bermella! berremos alto e forte: ¡Cómo doi! ¡Cómo sangra! “¡A nosa terra é nosa!”
  • 5. Texto 3. Fragmentos dun artigo de Antón Vilar Ponte (1917) Texto 4. Vicente Risco, "Nós, os inadaptados" (1933) Ja dixen como pelengriñamos polas cosmogonías, polas metafísecas e polas estéticas. Pois ben, coma aquil inglés de Chesterton que despoixas de moitas viages polo mundo, atopou unha terra descoñecida que resultou ser a fin de contas Gran Bretaña, igual nos pasou a nós. Despois de tantas voltas e revoltas, despois de tantas viravoltas e trasvoltas polas lonjanías do espazo e do tempo, en precura de algo inédito que nos salvara do habitual e vulgar, viñemos dar na solprendente descoberta de que Galiza, a nosa Terra, oculta ao noso ollar por un espeso estrato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea, ofercíanos un mundo tan esteso, tan novo, tan inédito, tan descoñecido, como os que andábamos a precurar por aí adiante. Pra salvármonos do vulgar, pra redimírmonos do habitual, non cumpría ollar ao longe; cumpría ollar ben perto, arredor de nós, en nós mesmos, adentro de nós mesmos. Á beira nosa, constituíndo o meio natural no que cecais non se movera o noso entendemento,mais no que de seguro movíase o noso esprito, ise siñal da man de Deus nas almas escolleitas, estaba, donándolle vida e seiva, a nosa Terra desfigurada e descolecida. Adentro de nós, constituíndo o máis fondo do noso ser, estaba a ialma de Galiza.