SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  84
CASTELAO
Aspiramos a que Galiza sexa
simplemente un paraíso.
ÍNDICE
1. Castelao. A vida
• O artista plástico
• O escritor
• O político
2. Castelao. A morte
3. Castelao. A pegada
ENDLG e Departamento de Galego do IES Félix Muriel.
Rianxo, 30 de xaneiro de 2015
Castelao. A vida
Non lle
poñades
chatas á obra
mentres non
se remate. O
que pense que
vai mal que
traballe nela,
hai sitio para
todos.
O 30 de xaneiro de 1886 naceu en
Rianxo Alfonso Rodríguez Castelao,
fillo do patrón de pesca Mariano
Rodríguez Dios e de Xaquina Castelao
Jannes.
O seu nome familiar nunca foi Afonso
como lle puxera o crego, senón
Daniel, como o profeta Daniel, a quen
o Mestre Mateo retratou sorrindo no
Pórtico da Gloria por ser o primeiro
santo que soubo rir.
Castelao. A vida (1886)
Casa familiar de Castelao en Rianxo
Castelao. A vida (1895)
A experiencia da emigración percorre toda a existencia
de Castelao.
O neno Daniel viviuna en carne propia desde fóra e
desde dentro:
• fillo dun pai emigrado ás Pampas arxentinas ao
pouco de nacer, en 1886
• estadía de tres anos nas propias Pampas, onde se
reencontra co pai en 1895.
O adulto Castelao acabará sufrindo a emigración
forzosa:
• a experiencia do exilio
• morte en Bos Aires en 1950
Castelao recollerá estas experiencias e a vida de
moitos galegos “desterrados” nas súas obras
(Cousas, Retrincos, Os dous de sempre); mais tamén
as causas desa emigración-exilio serán obxecto de
análise no seu ensaio Sempre en Galiza. Castelao cando embarcou
para Arxentina
Castelao. A vida (1900)
De regreso da emigración, no inicio do século XX, Castelao
vai cursar en Compostela o bacharelato e a carreira de
Medicina.
Despois renunciará a exercer a profesión e só axudará
circunstancialmente como médico rural nas epidemias de
gripe que se producen na segunda década do século.
Nos anos composteláns xorde a súa vocación pola pintura
e pola caricatura na súa vertente humorística,
desempeñando papeis en obras de teatro e participando
na tuna universitaria.
Castelao actuando como tuno nos seus
anos de estudante en Compostela.
Fíxenme
médico por
amor ao
meu pai.
Non exerzo
a profesión
por amor á
humanidade.
Castelao. A vida
Castelao actuando nunha obra teatral galega nos
seus anos de estudante en Compostela.
Castelao. A vida
Na miña primeira mocedade dina da
Casa da Troya, cando a miña ialma
sofría de xarampón e non pensaba
máis que en saír de tuno tocando a
guitarra polas rúas, fixen os
primeiros debuxos humorísticos
nunha revista pra americanos.
Acúsome de ser eu quen dou empezo
a isas carantoñas porcas, a ises
monicreques noxentos, a ise
humorismo de taberna que aínda
hoxe campa na mesma revista pra
regalía dos Licenciados da
Castelao actuando como tuno nos seus
anos de estudante en Compostela.
Da man do seu pai (alcalde de Rianxo en dúas
ocasións), Castelao comeza a militar no Partido
Conservador de Antonio Maura en 1910. Vai tomar
parte activa nas loitas locais como director
administrativo do voceiro satírico conservador El
Barbero Municipal, combatendo o caciquismo
practicado polo bando liberal, que ten como
máximo expoñente a Viturro.
A súa ideoloxía política aínda non está formada nin
é encadrábel no conservadorismo.
Ese Partido Conservador viña de asumir certos
postulados do rexionalismo. Talvez por iso, algúns
motivos reivindicativos do Castelao maduro (como a
vaca esquelética muxida polo cacique, que acabará
simbolizando á propia Galiza no cartel da campaña
do Estatuto de 1936), con lixeiras variacións, xa
aparecen nas páxinas desta publicación local.
Castelao. A vida (1910)
Castelao casa en 1912 coa
moza estradense Virxinia
Pereira, compañeira da
maior parte dos seus días,
das súas viaxes e de case
todos os seus avatares.
Neste mesmo ano adhírese
ao movemento agrario de
Basilio Álvarez, a Liga
Agraria de Acción Gallega.
Castelao. A vida (1912)
Castelao e a súa dona, Virxinia.
No crucial ano de 1916,
oposita á praza de Auxiliar de
Estatística e fixa a súa
residencia en Pontevedra,
cidade da súa vida e da súa
obra, tal e como confesa no
folleto Meu Pontevedra!,
feito público anos despois no
exilio.
Castelao. A vida (1916)
Castelao na porta da súa casa en
Pontevedra, en compañía do pintor Luís
Seoane e outros artistas.
Eu vivín longos anos de ledicia en Pontevedra, aferrado á
fermosura dos seus arredores, coma quen non pode
desprenderse dos brazos mornos dunha noiva. E débolle a
Pontevedra o mellor da miña vida e agora padezo saudades
Comeza por estes anos a publicar na
prensa as estampas do álbum Nós, nas
que se conxuga o amor polas nosas clases
populares e unha crecente preocupación
polos dereitos nacionais de Galiza. Case
simultaneamente, en Ourense aparece La
Centuria (1917), breve experiencia
neosófica e esotérica do que pouco máis
tarde será o Grupo Nós. Os intelectuais
inadaptados, Vicente Risco, Otero
Pedrayo e López Cuevillas acaban
ingresando nas Irmandades da Fala en
1918, na primeira Asemblea Nacionalista.
Por estes anos, Castelao é dos que
experimentan a revelación da nación
oprimida e senten o temor ante a
posibilidade da súa morte por asimilación
a unha cultura allea.
Castelao. A vida (1916)
Alfredo Brañas xa morrera e a
nosa terra deixábase asimilar
estupidamente, sen azos para
revivir. Eu, daquela, tíñame polo
derradeiro supervivente dunha
Patria suicida. E foi nese intre
cando chegou a min a voz de Vilar
Ponte, voz que xuntou a uns
cantos “bos e xenerosos” que non
nos coñeciamos pero que dende
entón ficamos trabados por unha
irmandade que ningún
acontecimento pode romper xa. O
nome de Vilar Ponte significa para
min a orixe do galeguismo.
Castelao. A vida
No retorno de Antón Vilar Ponte
(Castelao. A Nosa Terra, 1934)
Vilar Ponte nunha caricatura de Castelao.
Castelao é consciente das fondas
transformacións que se están a
dar no noso país, sumido
secularmente na subordinación e
no atraso. Faise eco da historia
dun pobo cargado de
sufrimentos. Comparte a
aspiración a conseguir a
propiedade da terra librándoa
dos foros e a modernización das
estruturas agrarias, e retrata os
episodios represivos contra as
mobilizacións agrarias, tal e
como testemuñan o álbum Nós e
Un ollo de vidro. Neste contexto
Castelao ve a especificidade da
realidade galega e a necesidade
dun proxecto político propio.
Castelao. A vida (1918)
A asunción do nacionalismo faise inequívoca a partir
da celebración da I Asemblea Nacionalista (Lugo, 18
de novembro de 1918).
Tendo Galiza
tódal-as
características
esenciais de
nazonalidade, nós
nomeámonos, de
hoxe para
sempre,
nazonalistas
galegos, xa que a
verba
“rexionalismo”
Castelao. A vida (1918)
A asunción do nacionalismo faise inequívoca a partir
da celebración da I Asemblea Nacionalista (Lugo, 18
de novembro de 1918).
En 1919 nace o Castelao narrador,
coa publicación de catro relatos
breves na revista A Nosa Terra.
Este estilo literario, tan
característico da obra de Castelao,
comezou a publicarse como contos
pero pronto pasou a constituírse
nas Cousas, primeiro formadas só
por textos e logo por textos
ilustrados por el mesmo e que foron
publicándose en distintos medios e,
anos despois, agrupados baixo
formato libro (con modificacións
formais, engadidos e supresións)
baixo os títulos de Cousas. Primeiro
libro (1926), Cousas. Segundo libro
(1929) ou Retrincos (1934).
Castelao. A vida (1919)
En Castelao sintetízase, desde un
primeiro momento, o amplo abano de
tarefas culturais que cómpre acometer
de inmediato sobre Galiza: a pintura, o
debuxo humorístico, os valores
etnográficos, a caricatura, o gravado, o
cartelismo, as cruces de pedra, o
refraneiro popular, a ilustración de
libros, xornais, revistas, o teatro de
Arte, etc. Exemplos destas
contribucións fanse patentes na revista
Nós (1920), que tiña como principal
obxectivo restaurar e universalizar a
cultura galega e na que Castelao
exerceu como director artístico.
Castelao. A vida (1920)
Castelao. A vida (1921)
En 1921, grazas a unha bolsa
de viaxe da Xunta de
Ampliación de Estudos, viaxou
a Francia (París), Bélxica
(Bruxelas, Gante, Bruxas e
Antuerpen) e Alemaña (Berlín
e Múnic)para estudar a arte
deses países; froito desa viaxe
realizada entre xaneiro e
outubro foi o diario que
escribiu e que publicou
parcialmente a revista Nós en
1922-1923, e en 1977 saiu á luz
co título de Diario 1921.
En 1922 publica a súa obra Un ollo de
vidro. Memorias dun esquelete (o
seu primeiro relato publicado como
libro independente). Publicouna a
editorial Céltiga, promovida polas
Irmandades da Fala de Ferrol.
Pretendía contribuír á divulgación da
literatura en lingua galega entre as
clases populares cun xénero doado de
ler e atractivo polos asuntos tratados.
Semella concibida para a intervención
pública: foi inserida previamente na
conferencia “Humorismo. Debuxo
humorístico. Caricatura”,
Castelao. A vida (1922)
“Debaixo do humorismo hai sempre
unha grande door; por iso no ceo non
hai humoristas” (cita de Mark Twain).
Oíndolles decir que o
progreso vai cara á unidade
tomei a parola para aclarar
que o progreso iña cara a
harmonía e que se o
progreso fose cara isa
unidade antipática,
antiestética, antinatural e
criminal, por riba do
progreso está a perfeución
e que nós, os galegos, por un
desexo de perfeución e por
unha dinidade que xa vai
Castelao. A vida (1922)
“Debaixo do humorismo hai sempre
unha grande door; por iso no ceo non
hai humoristas” (cita de Mark Twain).
Castelao. A vida (1926)
A obra narrativa de Castelao arranca dos
pés literarios dos seus debuxos e
estampas, que van ocupando cada vez
maior extensión.
En 1926 e 1929 publícanse os dous
libros de Cousas, formado por relatos
con ilustracións. É considerado un
“subxénero autóctono” e unha das máis
orixinais creacións da literatura galega
contemporánea.
No limiar, “A carón da Natureza”,
Castelao reflexiona sobre as limitacións
da pintura á hora de expresarse; por iso
decide ser “un ventureiro das letras”.
Castelao sérvese do Modernismo
para a estética decorativa deste libro
Castelao. A vida (1926)
Chamábanlle a ‘marquesiña’ e
os seus peíños endexamais se
calzaron
Vai á fonte, depelica patacas
e chámanlle a Marquesiña.
Non foi á escola por non ter
chambra que pór, e chámanlle
a Marquesiña.
Non probou máis lambetadas
que unha pedra de azucre, e
chámanlle a Marquesiña.
A súa nai é tan probe que
traballa de xornaleira na casa
As clases populares, labregos,
mariñeiros, mulleres e nenos son os
protagonistas de Cousas
Castelao. A vida (1927)
En Pontevedra comeza a
colaborar axiña cos
intelectuais da vila e nos
círculos culturais que alí
existían, como o coro Aires
da Terra, e na creación da
Coral Polifónica . O Castelao
escenógrafo naceu
precisamente para os
decorados dunha das
representacións desta Coral.
Máis adiante, en 1927,
participará como membro
fundador do Museo de
Pontevedra.
O Museo de Pontevedra fundouse en
1927 no Pazo de Castro Monteagudo,
edificación de 1760
O seu único fillo, Alfonso Xesús,
que nace ao ano seguinte de
casaren, morrerá prematuramente
en 1928, con só catorce anos. Este
feito dramático, unido á segunda
crise de cegueira sufrida por
Castelao nas mesmas datas (a
primeira fora en 1914) son o
preludio da súa entrega á causa
política do país.
Castelao. A vida (1928)
Castelao co seu fillo, en Cambados.
Cunha nova axuda da Xunta de
Ampliación de Estudos, marchou en 1929
a Bretaña coa súa dona, para estudar os
cruceiros bretóns, que recolleu no libro As
cruces de pedra na Bretaña, editado polo
Seminario de Estudos Galegos en 1930.
Outra publicación desta época de especial
transcendencia foi un traballo en
colaboración con Fermín Bouza-Brey
sobre os Escudos de Rianxo, publicado en
Nós. De aí sairá o modelo do futuro
escudo de Galiza coa serea, a bandeira e a
lenda Denantes mortos que escravos.
Castelao. A vida (1929)
En 1930 publícase o seu libro
de debuxos Cincoenta homes
por dez reás. Hai moita
tenrura galega e moita
apelación á autoestima, a
recoñecérmonos como pobo.
Castelao segue fiel nos seus
desenvolvementos narrativos
ao principio de mínima
extensión e máxima
intensidade, ao que
chamamos “simplificación”,
propia da caricatura
Castelao. A vida (1930)
Eu non sei se vos
decataredes do
valimento dos meus
homes. Son
abreviaturas, estractos,
esencias, resumos. Son
homes que podedes
trocar en personaxes de
novela. E se vos peta
darlle máis aquel ó voso
xogo que ó meu talento,
aínda podedes dicir que
os inventades.
Para calificar ós homes
Castelao. A vida (1930)
O compromiso con Galiza
de Castelao, canalizado por
vía artística até o de agora,
vaise converter en acción
política incesante ata a súa
morte. Como persoa de
recoñecida popularidade,
Castelao é dos artistas ou
dos intelectuais que
renuncian a acabar a súa
obra por asumir un lugar na
política, por necesidade e
por imperativo moral,
porque “para modelar un
povo de barro é forzoso
luxar as mans”.
Castelao. A vida (1931)
Fundación do Partido Galeguista en Pontevedra
en Decembro de 1931, significou a unificación do
nacionalismo político.
No contexto do Estado
español imos asistir, coa
instauración da segunda
República en 1931 á
apertura dun novo e
efémero réxime de
liberdades formais, que
posibilita a formulación
das reivindicacións
nacionais galegas con
meridiana claridade, mais
non permite aínda asentar
unha estrutura de Estado
de carácter plurinacional
nin o mínimo
recoñecemento para
linguas como o galego.
Castelao. A vida (1931)
Castelao e Otero Pedrayo, deputados en Cortes da República,
son recibidos na Generalitat de Catalunya, en xullo de 1931.
Castelao. A vida (1931)
O compromiso coas clases
populares e a ideoloxía
nacionalista de Castelao recóllense
nas estampas de Nós, que se dan a
coñecer na prensa entre os anos
dezaseis e dezaoito, “cando Galiza
se esperguizaba dun longo sono”,
tal e como se recolle nas palabras
do limiar do álbum que será
publicado en 1931. Atopamos aquí
xa unha declarada vocación de
reflectir a totalidade da
problemática galega; en síntese, o
pobo e a nación.
Castelao. A vida (1931)
Cincuenta imaxes que
conforman unha radiografía
completa das “tremendas
angurias do decotío labrego
e mariñeiro” da Galiza de
comezos do século XX.
A intencionalidade declarada
é provocar desacougos,
chamar a rebeldías, amosar
inconformismo cara ás vellas
inxustizas; non hai “vocación
de estupefaciente”, como el
mesmo declara.
Castelao. A vida (1931)
Yo no he cultivado jamás el
arte por el arte. El arte para
mí no ha sido más que un
elemento, un recurso, un
medio de expresión y con el
lápiz o la pluma sólo he
querido ser un intérprete
fiel de mi pueblo, de sus
dolores y de sus esperanzas.
Dibujé siempre en gallego;
escribí siempre en gallego; y
si sacáis lo que hay de
gallego y de humano en mi
Castelao. A vida (1931)
Este album debe
considerarse un fito
inaugural da súa arte e da
súa traxectoria ideolóxica.
Recolle nel tres
pensamentos fundamentais
na súa traxectoria política:
• A negación da
asimilación…
Lástema de bois!,
Castelao. A vida (1931)
• A analoxía ou afinidade
con outras loitas
exemplares de liberación
nacional, como Irlanda.
-Érguete pelengrín, que o paxaro
está enriba de ti.
“Como en Irlanda, érguete e anda
Castelao. A vida (1931)
•A reintegración.
Na beira do Miño.
E os da banda de alá
son máis estranxeiros que os de
(Non se sabe que lle respondeu o
En xullo de 1933 foi nomeado
académico da Real Academia
Galega e o acto de ingreso
realizouse en 1934. O 25 de
xullo deste ano Castelao tomou
posesión co discurso sobre As
cruces de pedra na Galiza,
libro que se publicaría tras a
súa morte. Respondeu a este
discurso Antón Vilar Ponte.
O 25 de xullo de 1933, os
galeguistas promoven unha
alianza cos nacionalistas vascos
e cataláns, o que se coñeceu
como pacto Galeusca.
Castelao. A vida (1933)
Recepción de Castelao e Vilar Ponte con motivo do seu
ingreso na RAG o 25 de xullo de 1934 .
Castelao fala no limiar de “retrincos en
carne viva que poden amostrarse tal
como se conservan na memoria”,
pregándonos que os tomemos por
certos e verdadeiros. Porén, sabedor
de que a verosimilitude é clave na obra
de arte literaria, remata matizando con
ironía: “se coidades que son mentiras
eu perdónovos por adiantado”.
Son 5 relatos aparentemente
autobiográficos, que van desde as
vivencias da emigración nas Pampas ao
Castelao deputado das Cortes
Constituíntes.
Retrincos (1934)
Retrincos (1934)
Tiña eu once anos
cando meu pai, que
estaba na
Arxentina, nos
chamou cabo de si;
e alá fomos
embarcados miña
nai e mais eu, nun
paquete alemán.
Castelao. O segredo,
Retrincos
Os dous de sempre (1934)
Esta novela, publicada pola editorial Nós
en 1934, leva dedicatoria cun epígrafe
dirixido “ÓS MOZOS GALEGOS”.
Seguramente un Castelao xa inmerso na
loita política pola dignificación de Galiza e
consciente das dificultades da mesma, vía
no campo da mocidade un grande
potencial para o nacionalismo e para o
futuro de Galiza.
É a primeira novela de Castelao e a
derradeira entrega na traxectoria da súa
narrativa.
A crítica literaria española colocouna no xénero picaresco e como réplica de El
Quijote. Concluíu que Castelao era un gran prosista, mais un novelista falido.
Os dous de sempre (1934)
A interpretación filosófica da novela cuestiona o
mito da liberdade individual (o Rañolas
representado polo paxaro da estampa da
portada), evidencia as limitacións impostas
polas circunstancias: determinismos sociais,
educacionais e fisiolóxicos.
As tendencias dominantes en Pedriño e en
Rañolas, sendo diferentes, son as dúas
egocéntricas, individualistas e autodestrutivas.
Castelao quere transmitirnos que a verdadeira
realización e felicidade humanas só se
conseguirán superando o individualismo e
dotando os individuos de conciencia social e
altruísta, dentro dun modelo de sociedade
alternativo ao capitalista.
Desde a óptica da Filosofía aplicada a obra posúe unha enorme complexidade.
Os dous de sempre (1934)
“Os tortos consellos da
miseria fórano empurrando
cara a escravitude ¡Malia o
día que conquireu o
“dereito ao traballo” para
trocarse de home ceibe en
escravo do fisco i en
azacán dos “burgueses” que
lle levaban relós de ouro
para compoñer!
Durante o Bienio Negro
de Lerroux, Castelao
sofre un desterro de
dez meses, ao igual que
o Secretario de
Organización do Partido
Galeguista, Alexandre
Bóveda. Será neste
intre, en Badaxoz,
cando Castelao comece
a redacción do Sempre
en Galiza.
Castelao. A vida (1934)
Castelao emprega o topónimo Galiza, porque é a denominación orixinaria do Reino, posterior ao nome romano
de Gallequia. Termo de preferencia usado no galego medieval, Galiza caeu en desuso durante os «Séculos
Escuros» (desde Isabel a Católica ata 1863, ano de publicación de Cantares Gallegos). Actualmente, as Normas
do idioma galego tamén aceptan Galiza como forma lexítima en galego xunto á forma Galicia.
Castelao ten un papel de primeira
orde na redacción, plebiscito e
promulgación do Estatuto de
Autonomía, concibido como
instrumento indispensábel para
avanzar no recoñecemento da
autodeterminación de Galiza. Tanto
Castelao como o Partido Galeguista
defenderon o obxectivo de lograr a
“Autodeterminación política de
Galiza dentro da forma de goberno
republicana”.
Castelao confiaba en que este era un
primeiro paso cara ao
recoñecemento mínimo do carácter
plurinacional do Estado e mesmo a
confederación con Portugal.
Castelao. A vida (1936)
Castelao nun mítin polo Estatuto, no
Paseo da Ferradura, en Santiago.
Castelao non abdicou dos seus
principios e, tras non poucos
avatares e estorbos, conseguiu
que o texto do Estatuto tomase
estado parlamentario.
Á súa firmeza e perseveranza
neste acto debemos hoxe os
galegos o feito de que Galiza sexa
considerada nacionalidade
histórica ao igual que Euskadi e
Cataluña.
Castelao. A vida (1936)
Castelao mantén o seu compromiso
antifascista durante a Guerra civil desde a
especificidade galega.
Nun dos episodios máis negros da historia de
España, Castelao é quen de conxugar na
práctica o seu compromiso democrático,
republicano e antifascista coas súas
conviccións de nacionalista galego que aspira
a que o seu pobo poida desenvolver o seu
futuro en paz e liberdade. As atrocidades
cometidas polos insurrectos fascistas en
Galiza, dan pé ás estarrecedoras imaxes dos
álbumes Atila en Galicia, Galicia mártir e
Milicianos, coas que Castelao foi embaixador
da causa republicana ante o mundo (URSS,
EUA, Cuba, Arxentina...).
Castelao. A vida (1936-39)
Castelao. A vida (1936-39)
Castelao. A vida (1936-39)
Castelao. A vida (1936-39)
Eisí sería Hespaña
Castelao no exilio
continuou a loita
pola causa galega.
Unha vez que se
instaura o rexime
franquista será en
Buenos Aires onde
comece o seu exilio
no que morrerá en
1950. Xunto a moitos
outros galegos
exiliados ou
emigrados, vai tratar
de manter a loita
política en diversas
frontes.
Castelao. A vida (1938-50)
Castelao nun acto a prol da República Española
en New York. Á súa dereita Suárez Picallo e á
súa esquerda Basilio Álvarez.
Desde o exilio, Castelao
contribuirá á reflotación da
cultura galega con obras da
magnitude de Os vellos non
deben de namorarse (1941),
Sempre en Galiza (1944) ou As
cruces de pedra na Galiza
(1949); manterá acesa a
lexitimidade democrática das
eleccións de 1936 (Consello de
Galiza); coordenará esforzos con
outras formacións nacionalistas
do Estado de cara ao
recoñecemento plurinacional
deste (Galeuzca); colaborará cos
gobernos republicanos no exilio
(ministro do Goberno Giral).
Castelao. A vida (1938-50)
Castelao en Rio de Janeiro, nunha recepción
aos galeguistas e aos republicanos , cando
marchou a París a integrar o Goberno da
República no exilio.
Cando cheguéi a Bós Aires, sentáronme
nunha cadeira, cobríronme cun fanal e
dixéronme que era un "símbolo". Axiña
comprendín que a cadeira era un ataúde, o
fanal era unha sepultura i eu era o "difunto
Castelao". Comparábanme a Curros e a
Rosalía, e cicáis por eso mesmo non
concebían que estivese vivo. Invitábanme a
facer o morto —a ver, ouvir e calar—, porque
deste xeito recibiría moitas honras [...]. Pero
sucedéu que non quixen morrer dentro dun
fanal, atafegado nunha campana pneumática,
Castelao. A vida (1940)
Castelao. A vida (1941)
En 1941 estréase en Bos Aires, pola
Compañía de Maruxa Villanueva, a
única peza teatral de Castelao, Os
vellos non deben de namorarse. O
texto desta obra sería publicado
pola editorial Galaxia en 1953, mais
habería que agardar para ollala
representada na súa terra até 1961.
O propio autor dirixiu a obra e
encargouse da escenografía, das
máscaras, do vestiario… Talvez por
iso resulta unha obra imaxinada
máis por un pintor que por un
literato.
Primeira edición de Galaxia, en 1953
Castelao. A vida (1941)
Desde os anos vinte, Castelao viña
matinando na idea de innovar a
produción teatral galega, seguindo as
orientacións das Irmandades da Fala,
cun proxecto próximo ao Teatro de Arte
no que primase un discurso
interartístico con confluencias musicais,
elementos pictóricos, danza, folclore,
etc.
Castelao bota man da súa formación
como artista plástico e escolle a fórmula
da caricatura para elaborar esta peza
dramática, que cualifica como “síntesis
artística ou máis ben artimaña
escenográfica”.
Primeira edición de Galaxia, en 1953
Castelao expresou a través
da súa práctica política,
artística ou literaria o seu
pensamento, mais tamén
empregou o ensaio como
xeito de deixar formalizado
doutrinalmente a súas
conviccións mais fondas.
Sempre en Galiza é a
sintese do seu ideario,
publicado en 1944 en Bos
Aires, grazas ao apoio
económico dos emigrados
galegos.
Castelao. A vida (1944)
Ensaio cumio do nacionalismo galego ou “biblia do galeguismo”, nace como resultado de situar a Galiza
como problema esencial, de preocupación polo estudo da súa historia e de confianza no seu futuro.
“Eu dígovos que
os galegos soio
impoñeremos
respeto cando
se nos considere
capaces de
tronzar os
vencellos que
nos xunguen a
Hespaña e cando
nós mesmos
deprendamos a
Castelao. A vida (1944)
(...) Hespaña, cuio
nome tivemos que
humedecer cunha
letra de máis para
facelo respeitable
aos nosos ollos, pois
do seu goberno sóio
se nos ocurre decir
que é máis odioso por
hipócrita que por
tiránico. Sacámolle á
verba España todo
canto ten de prosapia
castelán (abonda
engadirlle unha H
Castelao. A vida (1944)
Hespañoes
somos, de
hespañoes
debemos
prezarnos
tódolos
habitantes da
península; pero
de casteláns,
non.
Castelao. A vida (1944)
Cataluña, Euzcadi
e Galiza teñen a
misión histórica de
transformaren a
estructura
xurídica de
Hespaña; pero
Galiza ten,
ademáis, outra
misión
trascendente: a de
atraguer Portugal
á comunidade da
Castelao. A vida (1944)
Concebimos a
Hespaña como
un soio estado,
constituído polo
libre
consentimento
de catro pobos:
Castela,
Cataluña,
Euzcadi e Galiza.
Castelao. A vida (1944)
Unha nación é soberán e
ten dereito a
organizarse
autonomicamente, sen
máis límites que os
derivados do respeito
ao dereito igoal das
demais nacionalidades.
A nación ten dereito a
federarse con outras e
a separarse da
federación cando lle
conviñer. Unha
nacionalidade, pois, ten
dereito, incluso, a
constituírse en Estado
independente.
Castelao. A vida (1944)
Os ingleses aldraxan
aos escoceses; os
franceses aos bretóns;
os casteláns aos
galegos. E todos eses
aldraxes non son máis
que un recoñecemento
tácito do "carácter
nacional".
Non somos separatistas
da Hespaña verdadeira
nin tan siquera da falsa
e ficticia, se é que esta
nos permite creer na
súa transformación; é
decir, se nos deixa
manifestar os nosos
Castelao. A vida (1944)
¿Ten Galiza un
idioma proprio?
Estamos fartos de
saber que o povo
galego fala un
idioma de seu, fillo
do latín, irmán do
castelán e pai do
portugués. Idioma
apto e axeitado
para ser vehículo
dunha cultura
moderna e co que
aínda podemos
Castelao. A vida (1944)
¿Con que dereito se
nos obriga a
deprendermos a
lingua de Castela e
non se obriga aos
casteláns a
deprenderen a
nosa?
E xa é hora de
decir que Galiza
será forte en
Hespaña cando se
negue a falar en
Castelao. A vida (1944)
Un pobo sometido á
loita de dous
idiomas acaba por
non saber espresar
o que sinte. Cando a
un pobo que canta e
fala nunha língoa
creada polo seu
proprio xenio, se lle
impón a obriga de
adoptar un idioma
estraño á súa
personalidade
afectiva, prodúcese
Castelao. A vida (1944)
A dominación de
Galiza
endexamais será
efectiva
entrementras
fale un idioma
diferente do
castelán.
Castelao. A vida (1944)
Se aínda somos galegos é por obra e gracia do
En 1948 pronúncia o ALBA DE
GRORIA, o seu discurso máis
fermoso e tamén o derradeiro, no
Centro Galego de Buenos Aires. Nel
Castelao expresa a saudade dos
emigrados pola terra lonxana e
sérvese da imaxe da Santa Compaña
para falar de galegos inmortais:
comeza por Prisciliano e acaba por
Alfredo Brañas e Don Ramón...
Pero, unha vez que pasou a Santa
Compaña de “inmortais galegos”,
veñen os verdadeiros galegos e
galegas...
Castelao. A vida (1948)
Derradeiro discurso lido por
Castelao o Día de Galiza de 1948 .
(...) veremos xurdir do Humos
da terra-nai, da terra, da nosa
terra, saturada de cinzas
humáns, unha infinida
moitedume de luciñas e
vagalumes, que son os seres
innominados que ninguén
recorda xa, e que todos
xuntos forman o substractum
insobornabel da patria
galega”.
(...) Esas ánimas sen nome son
as que crearon o idioma que en
Castelao. A vida (1948)
Derradeiro discurso lido por
Castelao o Día de Galiza de 1948 .
Castelao, recluído no seu
domicilio e cada vez con
maiores dores –que el
describía como que "xa está
eiquí o corvo, xa está o corvo
peteirando", dedícase a
preparar a edición de As cruces
de pedra na Galiza pero só
consegue ver impresas e asinar
as primeiras páxinas.
Castelao. A vida (1949)
Castelao. A vida (1949-50)
Nos últimos anos da súa vida,
Castelao seguía a pensar que o
peor desterro é o que se sofre
na propia terra privada de
liberdade, á que non estaba
disposto a renunciar.
Por iso, aínda que desde
1936 a 1950 non puido pisar
terra galega, seguía tendo a
Galiza no centro do
pensamento. Derradeira fotografía de Castelao vivo. Na
Biblioteca do Centro Ourensán de Bos Aires.
Castelao. A morte (1950)
O 7 de xaneiro de 1950, Castelao morre en Bos Aires. Foi embalsamado para
cumprir o seu desexo de, algún día, regresar a Galiza. Os seus foron envoltos coa
bandeira, para el sagrada, da patria galega e cubertos por terra tamén galega.
Castelao. A morte (1950)
Velatorio de Castelao no salón principal do Centro
Galego en Bos Aires
Castelao. A morte (1950)
Os restos de Daniel Castelao foron conducidos nunha carroza, seguida
de multitude de carrozas florais, cos honores dun xefe de estado polas
avenidas de Bos Aires camiño do cemiterio de La Chacarita, en 1950.
Castelao. A morte (1950)
Inhumación de Castelao no Panteón do Centro
Galego de Bos Aires, no cemiterio de La Chacarita.
Castelao. A segunda morte (1984)
Os restos de Daniel Castelao
foron repatriados en 1984
desde Bos Aires, nunhas
condicións polémicas, con
protestas e mobilizacións do
nacionalismo galego contra a
manipulación da súa memoria.
Hoxe repousan no Panteón de
Galegos Ilustres en San
Domingos de Bonaval.
Imaxes gravadas pola TVG o 28 de xuño de
1984
Castelao.
O artista
Castelao é orixinal por unha serie de
características:
a) Porque traduce conscientemente o
compromiso político do autor, mais sen ser
panfletaria;
b) Porque a súa escrita oscila entre o popular e o
culto, entre o tradicional e a estilización e a
innovación;
c) Porque se dá unha constante asociación entre
a obra gráfica e a literaria, constatándose unha
evolución desde a obra gráfica á literaria;
d) Porque é a expresión da singularidade galega
para chegar á universalidade, toda ela está percorrida
por valores dun fondo humanismo;
e) Porque o procedemento máis característico é a
“simplificación”, a selección dun “intre de máxima
intensidade” que pode definir toda unha vida, propio
da caricatura.
Castelao. A pegada
Castelao.
O político
Castelao era consciente de estar
intervindo no devir histórico do seu
país e coidaba que o seu legado
ideolóxico había de dar froito en
vida súa ou na dos seus herdeiros
políticos.
Escribiré un segundo tomo
de “Sempre en Galiza”, con
la crónica exacta y
documentada de todo
cuanto ocurrió desde que
mi tierra perdió su
libertad, y si no llego a ver
al pueblo gallego con los
Castelao. A pegada
Castelao. A pegada
Olla meu irmáu
honrado
o que acontez con
Daniel:
os que o tiñan
desterrado
agora falan ben del.
(Continuar lendo...)
Poema de Celso Emilio Ferreiro,
Castelao. A pegada
–Eu non teño culpa de que Galicia posúa
as caracerísticas dunha nacionalidade,
mais creo que debe renunciar a parte
dos seus dereitos naturais. Con que
poida respirar libremente abóndalle. A
Galicia abóndalle con poder resolver os
seus problemas vitais e eu gostaría
dunha Galicia coas portas abertas, sen
carabineiros. Somos internacionalistas
por convencemento e universalistas por
natureza. Lembra que no ceo quedou un
camiño de estrelas para sinalar a nosa
comunicación co mundo antigo e no
fondo do Atlántico debe existir un
Aplicación para móbil
de Sempre en Galiza
Castelao pola paz, especialmente a
lingüística, cada 30 de Xaneiro
Debuxo de
Castelao pola
paz, na
tarxeta que
milleiros de
demócratas
de Europa e
de América
enviaron á
ONU.
FONTES
• Número especial de A Nosa Terra adicado a
Castelao no Día de Galiza de 1950
•Curso online ofrecido pola Central Intersindical
Galega e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega,
con materiais e recursos de Xan Garrido, Xan Leira,
M. Rei Romeu e Paulo Porta.
•CASTELAO E OS IRMÁNS DA LIBERDADE (Xan Leira)
•Singularidade de Castelao (M. REI ROMEU)
•EVOLUCION ARTÍSTICA DE CASTELAO (Paulo Porta)
•ESTRELA NA ALBA, O PENSAMENTO POLÍTICO DE
CASTELAO (Xan Garrido)
FONTES NA REDE
•Galipedia
•Pinterest
•Alex Ferreiro
•Dous inéditos de Castelao na rede
•Castelao obra gráfica (en español)
•Recursos sobre Castelao na rede
(Concello de Pontevedra)
•Castelao na rede (web)
FONTES DAS IMAXES
A insua de Insua
Sei o que nos figestes..
Revista Nós
Galipedia
Fundación Otero
Pedrayo
Terra e tempo
Galipedia
Fundación Plácido
Castro
RAG
Sermos Galiza
Gorinho
A C Suárez Picallo
Galipedia
allPaintings allPaitings
Todocolección.net
FONTES DAS IMAXES
Os libros de anxel casal Galiza.cig
As imaxes utilizadas nesta presentación que carecen de hiperligazón foron obtidas no
número especial de A Nosa Terra adicado a Castelao no Día de Galiza de 1950
latostadora Literalingua
Castelao na
rede
Xabre.gal
presbookspresbookspresbookspresbooks
todocoleccion,.net

Contenu connexe

Tendances

1ª P Federico GarcíA Lorca
1ª P Federico GarcíA Lorca1ª P Federico GarcíA Lorca
1ª P Federico GarcíA Lorcamiliki
 
El caballero de Olmedo
El caballero de OlmedoEl caballero de Olmedo
El caballero de Olmedonievescuevas
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2noagaliza
 
generacion del 27
generacion del 27generacion del 27
generacion del 27ginaivette
 
Presentación sobre la generación del 27
Presentación sobre la generación del 27Presentación sobre la generación del 27
Presentación sobre la generación del 27jsaboritbasanta
 
Adiós, ríos; adiós, fontes-Rosalia de castro
Adiós, ríos; adiós, fontes-Rosalia de castroAdiós, ríos; adiós, fontes-Rosalia de castro
Adiós, ríos; adiós, fontes-Rosalia de castronillopez14
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 
Poesía culta en la Edad Media. 3º E.S.O.
Poesía culta en la Edad Media. 3º E.S.O.Poesía culta en la Edad Media. 3º E.S.O.
Poesía culta en la Edad Media. 3º E.S.O.Alfredo Márquez
 
Literatura no ENEM
Literatura no ENEMLiteratura no ENEM
Literatura no ENEMYasmin Matos
 
Modelo de comentario barroco
Modelo de comentario barrocoModelo de comentario barroco
Modelo de comentario barrocoAntonio G
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 
La vella
La vellaLa vella
La vellaguil17
 
A Geração De 30 (Verso) - Prof. Kelly Mendes - Literatura
A Geração De 30 (Verso) - Prof. Kelly Mendes - LiteraturaA Geração De 30 (Verso) - Prof. Kelly Mendes - Literatura
A Geração De 30 (Verso) - Prof. Kelly Mendes - LiteraturaHadassa Castro
 
señas de identidad de juan goytisolo
señas de identidad de juan goytisoloseñas de identidad de juan goytisolo
señas de identidad de juan goytisolojosepjeff
 

Tendances (20)

1ª P Federico GarcíA Lorca
1ª P Federico GarcíA Lorca1ª P Federico GarcíA Lorca
1ª P Federico GarcíA Lorca
 
El caballero de Olmedo
El caballero de OlmedoEl caballero de Olmedo
El caballero de Olmedo
 
Becquer
BecquerBecquer
Becquer
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
 
generacion del 27
generacion del 27generacion del 27
generacion del 27
 
Presentación sobre la generación del 27
Presentación sobre la generación del 27Presentación sobre la generación del 27
Presentación sobre la generación del 27
 
Adiós, ríos; adiós, fontes-Rosalia de castro
Adiós, ríos; adiós, fontes-Rosalia de castroAdiós, ríos; adiós, fontes-Rosalia de castro
Adiós, ríos; adiós, fontes-Rosalia de castro
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Poesía culta en la Edad Media. 3º E.S.O.
Poesía culta en la Edad Media. 3º E.S.O.Poesía culta en la Edad Media. 3º E.S.O.
Poesía culta en la Edad Media. 3º E.S.O.
 
Literatura no ENEM
Literatura no ENEMLiteratura no ENEM
Literatura no ENEM
 
As Vangardas
As VangardasAs Vangardas
As Vangardas
 
Modelo de comentario barroco
Modelo de comentario barrocoModelo de comentario barroco
Modelo de comentario barroco
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
La vella
La vellaLa vella
La vella
 
A Geração De 30 (Verso) - Prof. Kelly Mendes - Literatura
A Geração De 30 (Verso) - Prof. Kelly Mendes - LiteraturaA Geração De 30 (Verso) - Prof. Kelly Mendes - Literatura
A Geração De 30 (Verso) - Prof. Kelly Mendes - Literatura
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
señas de identidad de juan goytisolo
señas de identidad de juan goytisoloseñas de identidad de juan goytisolo
señas de identidad de juan goytisolo
 
Marília de Dirceu
Marília de DirceuMarília de Dirceu
Marília de Dirceu
 
Contemporaneidade
Contemporaneidade Contemporaneidade
Contemporaneidade
 

En vedette

Lucía Buela. O Suso
Lucía Buela. O  SusoLucía Buela. O  Suso
Lucía Buela. O SusoMarlou
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXLuciano Fernández
 
A lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxA lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxMarlou
 
A situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraA situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraMarlou
 
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)Marlou
 
A ditadura
A ditaduraA ditadura
A ditaduraMarlou
 
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquistaTraballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquistaMarlou
 
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.Marlou
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaSusana Losada
 
Linguas europeas
Linguas europeasLinguas europeas
Linguas europeasMarlou
 
As linguas peninsulares.
As linguas peninsulares.As linguas peninsulares.
As linguas peninsulares.Marlou
 
Ecolingüismo
EcolingüismoEcolingüismo
EcolingüismoMarlou
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
Elementos da narración
Elementos da narraciónElementos da narración
Elementos da narraciónMarlou
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Marlou
 

En vedette (15)

Lucía Buela. O Suso
Lucía Buela. O  SusoLucía Buela. O  Suso
Lucía Buela. O Suso
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XX
 
A lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxA lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xx
 
A situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraA situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditadura
 
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
O GALEGO HOXE. (Traballo de investigación)
 
A ditadura
A ditaduraA ditadura
A ditadura
 
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquistaTraballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
Traballo. A_lingua_baixo_a_ditadura_franquista
 
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do Idioma
 
Linguas europeas
Linguas europeasLinguas europeas
Linguas europeas
 
As linguas peninsulares.
As linguas peninsulares.As linguas peninsulares.
As linguas peninsulares.
 
Ecolingüismo
EcolingüismoEcolingüismo
Ecolingüismo
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
Elementos da narración
Elementos da narraciónElementos da narración
Elementos da narración
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 

Similaire à Castelao

Similaire à Castelao (20)

Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Castelao en Marín
Castelao en MarínCastelao en Marín
Castelao en Marín
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
Castelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e DavidCastelao, traballo de Jorge e David
Castelao, traballo de Jorge e David
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
Castelao2
Castelao2Castelao2
Castelao2
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
LUÍS SEOANE
LUÍS SEOANELUÍS SEOANE
LUÍS SEOANE
 
Manuel Antonio
Manuel AntonioManuel Antonio
Manuel Antonio
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 

Plus de Marlou

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaMarlou
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoMarlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
MilicianosMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroMarlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en GalizaMarlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártirMarlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Decembro
DecembroDecembro
DecembroMarlou
 

Plus de Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 

Castelao

  • 1. CASTELAO Aspiramos a que Galiza sexa simplemente un paraíso.
  • 2. ÍNDICE 1. Castelao. A vida • O artista plástico • O escritor • O político 2. Castelao. A morte 3. Castelao. A pegada ENDLG e Departamento de Galego do IES Félix Muriel. Rianxo, 30 de xaneiro de 2015
  • 3. Castelao. A vida Non lle poñades chatas á obra mentres non se remate. O que pense que vai mal que traballe nela, hai sitio para todos.
  • 4. O 30 de xaneiro de 1886 naceu en Rianxo Alfonso Rodríguez Castelao, fillo do patrón de pesca Mariano Rodríguez Dios e de Xaquina Castelao Jannes. O seu nome familiar nunca foi Afonso como lle puxera o crego, senón Daniel, como o profeta Daniel, a quen o Mestre Mateo retratou sorrindo no Pórtico da Gloria por ser o primeiro santo que soubo rir. Castelao. A vida (1886) Casa familiar de Castelao en Rianxo
  • 5. Castelao. A vida (1895) A experiencia da emigración percorre toda a existencia de Castelao. O neno Daniel viviuna en carne propia desde fóra e desde dentro: • fillo dun pai emigrado ás Pampas arxentinas ao pouco de nacer, en 1886 • estadía de tres anos nas propias Pampas, onde se reencontra co pai en 1895. O adulto Castelao acabará sufrindo a emigración forzosa: • a experiencia do exilio • morte en Bos Aires en 1950 Castelao recollerá estas experiencias e a vida de moitos galegos “desterrados” nas súas obras (Cousas, Retrincos, Os dous de sempre); mais tamén as causas desa emigración-exilio serán obxecto de análise no seu ensaio Sempre en Galiza. Castelao cando embarcou para Arxentina
  • 6. Castelao. A vida (1900) De regreso da emigración, no inicio do século XX, Castelao vai cursar en Compostela o bacharelato e a carreira de Medicina. Despois renunciará a exercer a profesión e só axudará circunstancialmente como médico rural nas epidemias de gripe que se producen na segunda década do século. Nos anos composteláns xorde a súa vocación pola pintura e pola caricatura na súa vertente humorística, desempeñando papeis en obras de teatro e participando na tuna universitaria. Castelao actuando como tuno nos seus anos de estudante en Compostela.
  • 7. Fíxenme médico por amor ao meu pai. Non exerzo a profesión por amor á humanidade. Castelao. A vida Castelao actuando nunha obra teatral galega nos seus anos de estudante en Compostela.
  • 8. Castelao. A vida Na miña primeira mocedade dina da Casa da Troya, cando a miña ialma sofría de xarampón e non pensaba máis que en saír de tuno tocando a guitarra polas rúas, fixen os primeiros debuxos humorísticos nunha revista pra americanos. Acúsome de ser eu quen dou empezo a isas carantoñas porcas, a ises monicreques noxentos, a ise humorismo de taberna que aínda hoxe campa na mesma revista pra regalía dos Licenciados da Castelao actuando como tuno nos seus anos de estudante en Compostela.
  • 9. Da man do seu pai (alcalde de Rianxo en dúas ocasións), Castelao comeza a militar no Partido Conservador de Antonio Maura en 1910. Vai tomar parte activa nas loitas locais como director administrativo do voceiro satírico conservador El Barbero Municipal, combatendo o caciquismo practicado polo bando liberal, que ten como máximo expoñente a Viturro. A súa ideoloxía política aínda non está formada nin é encadrábel no conservadorismo. Ese Partido Conservador viña de asumir certos postulados do rexionalismo. Talvez por iso, algúns motivos reivindicativos do Castelao maduro (como a vaca esquelética muxida polo cacique, que acabará simbolizando á propia Galiza no cartel da campaña do Estatuto de 1936), con lixeiras variacións, xa aparecen nas páxinas desta publicación local. Castelao. A vida (1910)
  • 10.
  • 11. Castelao casa en 1912 coa moza estradense Virxinia Pereira, compañeira da maior parte dos seus días, das súas viaxes e de case todos os seus avatares. Neste mesmo ano adhírese ao movemento agrario de Basilio Álvarez, a Liga Agraria de Acción Gallega. Castelao. A vida (1912) Castelao e a súa dona, Virxinia.
  • 12. No crucial ano de 1916, oposita á praza de Auxiliar de Estatística e fixa a súa residencia en Pontevedra, cidade da súa vida e da súa obra, tal e como confesa no folleto Meu Pontevedra!, feito público anos despois no exilio. Castelao. A vida (1916) Castelao na porta da súa casa en Pontevedra, en compañía do pintor Luís Seoane e outros artistas. Eu vivín longos anos de ledicia en Pontevedra, aferrado á fermosura dos seus arredores, coma quen non pode desprenderse dos brazos mornos dunha noiva. E débolle a Pontevedra o mellor da miña vida e agora padezo saudades
  • 13. Comeza por estes anos a publicar na prensa as estampas do álbum Nós, nas que se conxuga o amor polas nosas clases populares e unha crecente preocupación polos dereitos nacionais de Galiza. Case simultaneamente, en Ourense aparece La Centuria (1917), breve experiencia neosófica e esotérica do que pouco máis tarde será o Grupo Nós. Os intelectuais inadaptados, Vicente Risco, Otero Pedrayo e López Cuevillas acaban ingresando nas Irmandades da Fala en 1918, na primeira Asemblea Nacionalista. Por estes anos, Castelao é dos que experimentan a revelación da nación oprimida e senten o temor ante a posibilidade da súa morte por asimilación a unha cultura allea. Castelao. A vida (1916)
  • 14. Alfredo Brañas xa morrera e a nosa terra deixábase asimilar estupidamente, sen azos para revivir. Eu, daquela, tíñame polo derradeiro supervivente dunha Patria suicida. E foi nese intre cando chegou a min a voz de Vilar Ponte, voz que xuntou a uns cantos “bos e xenerosos” que non nos coñeciamos pero que dende entón ficamos trabados por unha irmandade que ningún acontecimento pode romper xa. O nome de Vilar Ponte significa para min a orixe do galeguismo. Castelao. A vida No retorno de Antón Vilar Ponte (Castelao. A Nosa Terra, 1934) Vilar Ponte nunha caricatura de Castelao.
  • 15. Castelao é consciente das fondas transformacións que se están a dar no noso país, sumido secularmente na subordinación e no atraso. Faise eco da historia dun pobo cargado de sufrimentos. Comparte a aspiración a conseguir a propiedade da terra librándoa dos foros e a modernización das estruturas agrarias, e retrata os episodios represivos contra as mobilizacións agrarias, tal e como testemuñan o álbum Nós e Un ollo de vidro. Neste contexto Castelao ve a especificidade da realidade galega e a necesidade dun proxecto político propio. Castelao. A vida (1918) A asunción do nacionalismo faise inequívoca a partir da celebración da I Asemblea Nacionalista (Lugo, 18 de novembro de 1918).
  • 16. Tendo Galiza tódal-as características esenciais de nazonalidade, nós nomeámonos, de hoxe para sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba “rexionalismo” Castelao. A vida (1918) A asunción do nacionalismo faise inequívoca a partir da celebración da I Asemblea Nacionalista (Lugo, 18 de novembro de 1918).
  • 17. En 1919 nace o Castelao narrador, coa publicación de catro relatos breves na revista A Nosa Terra. Este estilo literario, tan característico da obra de Castelao, comezou a publicarse como contos pero pronto pasou a constituírse nas Cousas, primeiro formadas só por textos e logo por textos ilustrados por el mesmo e que foron publicándose en distintos medios e, anos despois, agrupados baixo formato libro (con modificacións formais, engadidos e supresións) baixo os títulos de Cousas. Primeiro libro (1926), Cousas. Segundo libro (1929) ou Retrincos (1934). Castelao. A vida (1919)
  • 18. En Castelao sintetízase, desde un primeiro momento, o amplo abano de tarefas culturais que cómpre acometer de inmediato sobre Galiza: a pintura, o debuxo humorístico, os valores etnográficos, a caricatura, o gravado, o cartelismo, as cruces de pedra, o refraneiro popular, a ilustración de libros, xornais, revistas, o teatro de Arte, etc. Exemplos destas contribucións fanse patentes na revista Nós (1920), que tiña como principal obxectivo restaurar e universalizar a cultura galega e na que Castelao exerceu como director artístico. Castelao. A vida (1920)
  • 19. Castelao. A vida (1921) En 1921, grazas a unha bolsa de viaxe da Xunta de Ampliación de Estudos, viaxou a Francia (París), Bélxica (Bruxelas, Gante, Bruxas e Antuerpen) e Alemaña (Berlín e Múnic)para estudar a arte deses países; froito desa viaxe realizada entre xaneiro e outubro foi o diario que escribiu e que publicou parcialmente a revista Nós en 1922-1923, e en 1977 saiu á luz co título de Diario 1921.
  • 20. En 1922 publica a súa obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (o seu primeiro relato publicado como libro independente). Publicouna a editorial Céltiga, promovida polas Irmandades da Fala de Ferrol. Pretendía contribuír á divulgación da literatura en lingua galega entre as clases populares cun xénero doado de ler e atractivo polos asuntos tratados. Semella concibida para a intervención pública: foi inserida previamente na conferencia “Humorismo. Debuxo humorístico. Caricatura”, Castelao. A vida (1922) “Debaixo do humorismo hai sempre unha grande door; por iso no ceo non hai humoristas” (cita de Mark Twain).
  • 21. Oíndolles decir que o progreso vai cara á unidade tomei a parola para aclarar que o progreso iña cara a harmonía e que se o progreso fose cara isa unidade antipática, antiestética, antinatural e criminal, por riba do progreso está a perfeución e que nós, os galegos, por un desexo de perfeución e por unha dinidade que xa vai Castelao. A vida (1922) “Debaixo do humorismo hai sempre unha grande door; por iso no ceo non hai humoristas” (cita de Mark Twain).
  • 22. Castelao. A vida (1926) A obra narrativa de Castelao arranca dos pés literarios dos seus debuxos e estampas, que van ocupando cada vez maior extensión. En 1926 e 1929 publícanse os dous libros de Cousas, formado por relatos con ilustracións. É considerado un “subxénero autóctono” e unha das máis orixinais creacións da literatura galega contemporánea. No limiar, “A carón da Natureza”, Castelao reflexiona sobre as limitacións da pintura á hora de expresarse; por iso decide ser “un ventureiro das letras”. Castelao sérvese do Modernismo para a estética decorativa deste libro
  • 23. Castelao. A vida (1926) Chamábanlle a ‘marquesiña’ e os seus peíños endexamais se calzaron Vai á fonte, depelica patacas e chámanlle a Marquesiña. Non foi á escola por non ter chambra que pór, e chámanlle a Marquesiña. Non probou máis lambetadas que unha pedra de azucre, e chámanlle a Marquesiña. A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa As clases populares, labregos, mariñeiros, mulleres e nenos son os protagonistas de Cousas
  • 24. Castelao. A vida (1927) En Pontevedra comeza a colaborar axiña cos intelectuais da vila e nos círculos culturais que alí existían, como o coro Aires da Terra, e na creación da Coral Polifónica . O Castelao escenógrafo naceu precisamente para os decorados dunha das representacións desta Coral. Máis adiante, en 1927, participará como membro fundador do Museo de Pontevedra. O Museo de Pontevedra fundouse en 1927 no Pazo de Castro Monteagudo, edificación de 1760
  • 25. O seu único fillo, Alfonso Xesús, que nace ao ano seguinte de casaren, morrerá prematuramente en 1928, con só catorce anos. Este feito dramático, unido á segunda crise de cegueira sufrida por Castelao nas mesmas datas (a primeira fora en 1914) son o preludio da súa entrega á causa política do país. Castelao. A vida (1928) Castelao co seu fillo, en Cambados.
  • 26. Cunha nova axuda da Xunta de Ampliación de Estudos, marchou en 1929 a Bretaña coa súa dona, para estudar os cruceiros bretóns, que recolleu no libro As cruces de pedra na Bretaña, editado polo Seminario de Estudos Galegos en 1930. Outra publicación desta época de especial transcendencia foi un traballo en colaboración con Fermín Bouza-Brey sobre os Escudos de Rianxo, publicado en Nós. De aí sairá o modelo do futuro escudo de Galiza coa serea, a bandeira e a lenda Denantes mortos que escravos. Castelao. A vida (1929)
  • 27. En 1930 publícase o seu libro de debuxos Cincoenta homes por dez reás. Hai moita tenrura galega e moita apelación á autoestima, a recoñecérmonos como pobo. Castelao segue fiel nos seus desenvolvementos narrativos ao principio de mínima extensión e máxima intensidade, ao que chamamos “simplificación”, propia da caricatura Castelao. A vida (1930)
  • 28. Eu non sei se vos decataredes do valimento dos meus homes. Son abreviaturas, estractos, esencias, resumos. Son homes que podedes trocar en personaxes de novela. E se vos peta darlle máis aquel ó voso xogo que ó meu talento, aínda podedes dicir que os inventades. Para calificar ós homes Castelao. A vida (1930)
  • 29. O compromiso con Galiza de Castelao, canalizado por vía artística até o de agora, vaise converter en acción política incesante ata a súa morte. Como persoa de recoñecida popularidade, Castelao é dos artistas ou dos intelectuais que renuncian a acabar a súa obra por asumir un lugar na política, por necesidade e por imperativo moral, porque “para modelar un povo de barro é forzoso luxar as mans”. Castelao. A vida (1931) Fundación do Partido Galeguista en Pontevedra en Decembro de 1931, significou a unificación do nacionalismo político.
  • 30. No contexto do Estado español imos asistir, coa instauración da segunda República en 1931 á apertura dun novo e efémero réxime de liberdades formais, que posibilita a formulación das reivindicacións nacionais galegas con meridiana claridade, mais non permite aínda asentar unha estrutura de Estado de carácter plurinacional nin o mínimo recoñecemento para linguas como o galego. Castelao. A vida (1931) Castelao e Otero Pedrayo, deputados en Cortes da República, son recibidos na Generalitat de Catalunya, en xullo de 1931.
  • 31. Castelao. A vida (1931) O compromiso coas clases populares e a ideoloxía nacionalista de Castelao recóllense nas estampas de Nós, que se dan a coñecer na prensa entre os anos dezaseis e dezaoito, “cando Galiza se esperguizaba dun longo sono”, tal e como se recolle nas palabras do limiar do álbum que será publicado en 1931. Atopamos aquí xa unha declarada vocación de reflectir a totalidade da problemática galega; en síntese, o pobo e a nación.
  • 32. Castelao. A vida (1931) Cincuenta imaxes que conforman unha radiografía completa das “tremendas angurias do decotío labrego e mariñeiro” da Galiza de comezos do século XX. A intencionalidade declarada é provocar desacougos, chamar a rebeldías, amosar inconformismo cara ás vellas inxustizas; non hai “vocación de estupefaciente”, como el mesmo declara.
  • 33. Castelao. A vida (1931) Yo no he cultivado jamás el arte por el arte. El arte para mí no ha sido más que un elemento, un recurso, un medio de expresión y con el lápiz o la pluma sólo he querido ser un intérprete fiel de mi pueblo, de sus dolores y de sus esperanzas. Dibujé siempre en gallego; escribí siempre en gallego; y si sacáis lo que hay de gallego y de humano en mi
  • 34. Castelao. A vida (1931) Este album debe considerarse un fito inaugural da súa arte e da súa traxectoria ideolóxica. Recolle nel tres pensamentos fundamentais na súa traxectoria política: • A negación da asimilación… Lástema de bois!,
  • 35. Castelao. A vida (1931) • A analoxía ou afinidade con outras loitas exemplares de liberación nacional, como Irlanda. -Érguete pelengrín, que o paxaro está enriba de ti. “Como en Irlanda, érguete e anda
  • 36. Castelao. A vida (1931) •A reintegración. Na beira do Miño. E os da banda de alá son máis estranxeiros que os de (Non se sabe que lle respondeu o
  • 37. En xullo de 1933 foi nomeado académico da Real Academia Galega e o acto de ingreso realizouse en 1934. O 25 de xullo deste ano Castelao tomou posesión co discurso sobre As cruces de pedra na Galiza, libro que se publicaría tras a súa morte. Respondeu a este discurso Antón Vilar Ponte. O 25 de xullo de 1933, os galeguistas promoven unha alianza cos nacionalistas vascos e cataláns, o que se coñeceu como pacto Galeusca. Castelao. A vida (1933) Recepción de Castelao e Vilar Ponte con motivo do seu ingreso na RAG o 25 de xullo de 1934 .
  • 38. Castelao fala no limiar de “retrincos en carne viva que poden amostrarse tal como se conservan na memoria”, pregándonos que os tomemos por certos e verdadeiros. Porén, sabedor de que a verosimilitude é clave na obra de arte literaria, remata matizando con ironía: “se coidades que son mentiras eu perdónovos por adiantado”. Son 5 relatos aparentemente autobiográficos, que van desde as vivencias da emigración nas Pampas ao Castelao deputado das Cortes Constituíntes. Retrincos (1934)
  • 39. Retrincos (1934) Tiña eu once anos cando meu pai, que estaba na Arxentina, nos chamou cabo de si; e alá fomos embarcados miña nai e mais eu, nun paquete alemán. Castelao. O segredo, Retrincos
  • 40. Os dous de sempre (1934) Esta novela, publicada pola editorial Nós en 1934, leva dedicatoria cun epígrafe dirixido “ÓS MOZOS GALEGOS”. Seguramente un Castelao xa inmerso na loita política pola dignificación de Galiza e consciente das dificultades da mesma, vía no campo da mocidade un grande potencial para o nacionalismo e para o futuro de Galiza. É a primeira novela de Castelao e a derradeira entrega na traxectoria da súa narrativa. A crítica literaria española colocouna no xénero picaresco e como réplica de El Quijote. Concluíu que Castelao era un gran prosista, mais un novelista falido.
  • 41. Os dous de sempre (1934) A interpretación filosófica da novela cuestiona o mito da liberdade individual (o Rañolas representado polo paxaro da estampa da portada), evidencia as limitacións impostas polas circunstancias: determinismos sociais, educacionais e fisiolóxicos. As tendencias dominantes en Pedriño e en Rañolas, sendo diferentes, son as dúas egocéntricas, individualistas e autodestrutivas. Castelao quere transmitirnos que a verdadeira realización e felicidade humanas só se conseguirán superando o individualismo e dotando os individuos de conciencia social e altruísta, dentro dun modelo de sociedade alternativo ao capitalista. Desde a óptica da Filosofía aplicada a obra posúe unha enorme complexidade.
  • 42. Os dous de sempre (1934) “Os tortos consellos da miseria fórano empurrando cara a escravitude ¡Malia o día que conquireu o “dereito ao traballo” para trocarse de home ceibe en escravo do fisco i en azacán dos “burgueses” que lle levaban relós de ouro para compoñer!
  • 43. Durante o Bienio Negro de Lerroux, Castelao sofre un desterro de dez meses, ao igual que o Secretario de Organización do Partido Galeguista, Alexandre Bóveda. Será neste intre, en Badaxoz, cando Castelao comece a redacción do Sempre en Galiza. Castelao. A vida (1934) Castelao emprega o topónimo Galiza, porque é a denominación orixinaria do Reino, posterior ao nome romano de Gallequia. Termo de preferencia usado no galego medieval, Galiza caeu en desuso durante os «Séculos Escuros» (desde Isabel a Católica ata 1863, ano de publicación de Cantares Gallegos). Actualmente, as Normas do idioma galego tamén aceptan Galiza como forma lexítima en galego xunto á forma Galicia.
  • 44. Castelao ten un papel de primeira orde na redacción, plebiscito e promulgación do Estatuto de Autonomía, concibido como instrumento indispensábel para avanzar no recoñecemento da autodeterminación de Galiza. Tanto Castelao como o Partido Galeguista defenderon o obxectivo de lograr a “Autodeterminación política de Galiza dentro da forma de goberno republicana”. Castelao confiaba en que este era un primeiro paso cara ao recoñecemento mínimo do carácter plurinacional do Estado e mesmo a confederación con Portugal. Castelao. A vida (1936) Castelao nun mítin polo Estatuto, no Paseo da Ferradura, en Santiago.
  • 45. Castelao non abdicou dos seus principios e, tras non poucos avatares e estorbos, conseguiu que o texto do Estatuto tomase estado parlamentario. Á súa firmeza e perseveranza neste acto debemos hoxe os galegos o feito de que Galiza sexa considerada nacionalidade histórica ao igual que Euskadi e Cataluña. Castelao. A vida (1936)
  • 46. Castelao mantén o seu compromiso antifascista durante a Guerra civil desde a especificidade galega. Nun dos episodios máis negros da historia de España, Castelao é quen de conxugar na práctica o seu compromiso democrático, republicano e antifascista coas súas conviccións de nacionalista galego que aspira a que o seu pobo poida desenvolver o seu futuro en paz e liberdade. As atrocidades cometidas polos insurrectos fascistas en Galiza, dan pé ás estarrecedoras imaxes dos álbumes Atila en Galicia, Galicia mártir e Milicianos, coas que Castelao foi embaixador da causa republicana ante o mundo (URSS, EUA, Cuba, Arxentina...). Castelao. A vida (1936-39)
  • 47. Castelao. A vida (1936-39)
  • 48. Castelao. A vida (1936-39)
  • 49. Castelao. A vida (1936-39) Eisí sería Hespaña
  • 50. Castelao no exilio continuou a loita pola causa galega. Unha vez que se instaura o rexime franquista será en Buenos Aires onde comece o seu exilio no que morrerá en 1950. Xunto a moitos outros galegos exiliados ou emigrados, vai tratar de manter a loita política en diversas frontes. Castelao. A vida (1938-50) Castelao nun acto a prol da República Española en New York. Á súa dereita Suárez Picallo e á súa esquerda Basilio Álvarez.
  • 51. Desde o exilio, Castelao contribuirá á reflotación da cultura galega con obras da magnitude de Os vellos non deben de namorarse (1941), Sempre en Galiza (1944) ou As cruces de pedra na Galiza (1949); manterá acesa a lexitimidade democrática das eleccións de 1936 (Consello de Galiza); coordenará esforzos con outras formacións nacionalistas do Estado de cara ao recoñecemento plurinacional deste (Galeuzca); colaborará cos gobernos republicanos no exilio (ministro do Goberno Giral). Castelao. A vida (1938-50) Castelao en Rio de Janeiro, nunha recepción aos galeguistas e aos republicanos , cando marchou a París a integrar o Goberno da República no exilio.
  • 52. Cando cheguéi a Bós Aires, sentáronme nunha cadeira, cobríronme cun fanal e dixéronme que era un "símbolo". Axiña comprendín que a cadeira era un ataúde, o fanal era unha sepultura i eu era o "difunto Castelao". Comparábanme a Curros e a Rosalía, e cicáis por eso mesmo non concebían que estivese vivo. Invitábanme a facer o morto —a ver, ouvir e calar—, porque deste xeito recibiría moitas honras [...]. Pero sucedéu que non quixen morrer dentro dun fanal, atafegado nunha campana pneumática, Castelao. A vida (1940)
  • 53. Castelao. A vida (1941) En 1941 estréase en Bos Aires, pola Compañía de Maruxa Villanueva, a única peza teatral de Castelao, Os vellos non deben de namorarse. O texto desta obra sería publicado pola editorial Galaxia en 1953, mais habería que agardar para ollala representada na súa terra até 1961. O propio autor dirixiu a obra e encargouse da escenografía, das máscaras, do vestiario… Talvez por iso resulta unha obra imaxinada máis por un pintor que por un literato. Primeira edición de Galaxia, en 1953
  • 54. Castelao. A vida (1941) Desde os anos vinte, Castelao viña matinando na idea de innovar a produción teatral galega, seguindo as orientacións das Irmandades da Fala, cun proxecto próximo ao Teatro de Arte no que primase un discurso interartístico con confluencias musicais, elementos pictóricos, danza, folclore, etc. Castelao bota man da súa formación como artista plástico e escolle a fórmula da caricatura para elaborar esta peza dramática, que cualifica como “síntesis artística ou máis ben artimaña escenográfica”. Primeira edición de Galaxia, en 1953
  • 55. Castelao expresou a través da súa práctica política, artística ou literaria o seu pensamento, mais tamén empregou o ensaio como xeito de deixar formalizado doutrinalmente a súas conviccións mais fondas. Sempre en Galiza é a sintese do seu ideario, publicado en 1944 en Bos Aires, grazas ao apoio económico dos emigrados galegos. Castelao. A vida (1944) Ensaio cumio do nacionalismo galego ou “biblia do galeguismo”, nace como resultado de situar a Galiza como problema esencial, de preocupación polo estudo da súa historia e de confianza no seu futuro.
  • 56. “Eu dígovos que os galegos soio impoñeremos respeto cando se nos considere capaces de tronzar os vencellos que nos xunguen a Hespaña e cando nós mesmos deprendamos a Castelao. A vida (1944)
  • 57. (...) Hespaña, cuio nome tivemos que humedecer cunha letra de máis para facelo respeitable aos nosos ollos, pois do seu goberno sóio se nos ocurre decir que é máis odioso por hipócrita que por tiránico. Sacámolle á verba España todo canto ten de prosapia castelán (abonda engadirlle unha H Castelao. A vida (1944)
  • 59. Cataluña, Euzcadi e Galiza teñen a misión histórica de transformaren a estructura xurídica de Hespaña; pero Galiza ten, ademáis, outra misión trascendente: a de atraguer Portugal á comunidade da Castelao. A vida (1944)
  • 60. Concebimos a Hespaña como un soio estado, constituído polo libre consentimento de catro pobos: Castela, Cataluña, Euzcadi e Galiza. Castelao. A vida (1944)
  • 61. Unha nación é soberán e ten dereito a organizarse autonomicamente, sen máis límites que os derivados do respeito ao dereito igoal das demais nacionalidades. A nación ten dereito a federarse con outras e a separarse da federación cando lle conviñer. Unha nacionalidade, pois, ten dereito, incluso, a constituírse en Estado independente. Castelao. A vida (1944)
  • 62. Os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos bretóns; os casteláns aos galegos. E todos eses aldraxes non son máis que un recoñecemento tácito do "carácter nacional". Non somos separatistas da Hespaña verdadeira nin tan siquera da falsa e ficticia, se é que esta nos permite creer na súa transformación; é decir, se nos deixa manifestar os nosos Castelao. A vida (1944)
  • 63. ¿Ten Galiza un idioma proprio? Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo dunha cultura moderna e co que aínda podemos Castelao. A vida (1944)
  • 64. ¿Con que dereito se nos obriga a deprendermos a lingua de Castela e non se obriga aos casteláns a deprenderen a nosa? E xa é hora de decir que Galiza será forte en Hespaña cando se negue a falar en Castelao. A vida (1944)
  • 65. Un pobo sometido á loita de dous idiomas acaba por non saber espresar o que sinte. Cando a un pobo que canta e fala nunha língoa creada polo seu proprio xenio, se lle impón a obriga de adoptar un idioma estraño á súa personalidade afectiva, prodúcese Castelao. A vida (1944)
  • 66. A dominación de Galiza endexamais será efectiva entrementras fale un idioma diferente do castelán. Castelao. A vida (1944) Se aínda somos galegos é por obra e gracia do
  • 67. En 1948 pronúncia o ALBA DE GRORIA, o seu discurso máis fermoso e tamén o derradeiro, no Centro Galego de Buenos Aires. Nel Castelao expresa a saudade dos emigrados pola terra lonxana e sérvese da imaxe da Santa Compaña para falar de galegos inmortais: comeza por Prisciliano e acaba por Alfredo Brañas e Don Ramón... Pero, unha vez que pasou a Santa Compaña de “inmortais galegos”, veñen os verdadeiros galegos e galegas... Castelao. A vida (1948) Derradeiro discurso lido por Castelao o Día de Galiza de 1948 .
  • 68. (...) veremos xurdir do Humos da terra-nai, da terra, da nosa terra, saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e vagalumes, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que todos xuntos forman o substractum insobornabel da patria galega”. (...) Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma que en Castelao. A vida (1948) Derradeiro discurso lido por Castelao o Día de Galiza de 1948 .
  • 69. Castelao, recluído no seu domicilio e cada vez con maiores dores –que el describía como que "xa está eiquí o corvo, xa está o corvo peteirando", dedícase a preparar a edición de As cruces de pedra na Galiza pero só consegue ver impresas e asinar as primeiras páxinas. Castelao. A vida (1949)
  • 70. Castelao. A vida (1949-50) Nos últimos anos da súa vida, Castelao seguía a pensar que o peor desterro é o que se sofre na propia terra privada de liberdade, á que non estaba disposto a renunciar. Por iso, aínda que desde 1936 a 1950 non puido pisar terra galega, seguía tendo a Galiza no centro do pensamento. Derradeira fotografía de Castelao vivo. Na Biblioteca do Centro Ourensán de Bos Aires.
  • 71. Castelao. A morte (1950) O 7 de xaneiro de 1950, Castelao morre en Bos Aires. Foi embalsamado para cumprir o seu desexo de, algún día, regresar a Galiza. Os seus foron envoltos coa bandeira, para el sagrada, da patria galega e cubertos por terra tamén galega.
  • 72. Castelao. A morte (1950) Velatorio de Castelao no salón principal do Centro Galego en Bos Aires
  • 73. Castelao. A morte (1950) Os restos de Daniel Castelao foron conducidos nunha carroza, seguida de multitude de carrozas florais, cos honores dun xefe de estado polas avenidas de Bos Aires camiño do cemiterio de La Chacarita, en 1950.
  • 74. Castelao. A morte (1950) Inhumación de Castelao no Panteón do Centro Galego de Bos Aires, no cemiterio de La Chacarita.
  • 75. Castelao. A segunda morte (1984) Os restos de Daniel Castelao foron repatriados en 1984 desde Bos Aires, nunhas condicións polémicas, con protestas e mobilizacións do nacionalismo galego contra a manipulación da súa memoria. Hoxe repousan no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval. Imaxes gravadas pola TVG o 28 de xuño de 1984
  • 76. Castelao. O artista Castelao é orixinal por unha serie de características: a) Porque traduce conscientemente o compromiso político do autor, mais sen ser panfletaria; b) Porque a súa escrita oscila entre o popular e o culto, entre o tradicional e a estilización e a innovación; c) Porque se dá unha constante asociación entre a obra gráfica e a literaria, constatándose unha evolución desde a obra gráfica á literaria; d) Porque é a expresión da singularidade galega para chegar á universalidade, toda ela está percorrida por valores dun fondo humanismo; e) Porque o procedemento máis característico é a “simplificación”, a selección dun “intre de máxima intensidade” que pode definir toda unha vida, propio da caricatura. Castelao. A pegada
  • 77. Castelao. O político Castelao era consciente de estar intervindo no devir histórico do seu país e coidaba que o seu legado ideolóxico había de dar froito en vida súa ou na dos seus herdeiros políticos. Escribiré un segundo tomo de “Sempre en Galiza”, con la crónica exacta y documentada de todo cuanto ocurrió desde que mi tierra perdió su libertad, y si no llego a ver al pueblo gallego con los Castelao. A pegada
  • 78. Castelao. A pegada Olla meu irmáu honrado o que acontez con Daniel: os que o tiñan desterrado agora falan ben del. (Continuar lendo...) Poema de Celso Emilio Ferreiro,
  • 79. Castelao. A pegada –Eu non teño culpa de que Galicia posúa as caracerísticas dunha nacionalidade, mais creo que debe renunciar a parte dos seus dereitos naturais. Con que poida respirar libremente abóndalle. A Galicia abóndalle con poder resolver os seus problemas vitais e eu gostaría dunha Galicia coas portas abertas, sen carabineiros. Somos internacionalistas por convencemento e universalistas por natureza. Lembra que no ceo quedou un camiño de estrelas para sinalar a nosa comunicación co mundo antigo e no fondo do Atlántico debe existir un Aplicación para móbil de Sempre en Galiza
  • 80. Castelao pola paz, especialmente a lingüística, cada 30 de Xaneiro Debuxo de Castelao pola paz, na tarxeta que milleiros de demócratas de Europa e de América enviaron á ONU.
  • 81. FONTES • Número especial de A Nosa Terra adicado a Castelao no Día de Galiza de 1950 •Curso online ofrecido pola Central Intersindical Galega e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, con materiais e recursos de Xan Garrido, Xan Leira, M. Rei Romeu e Paulo Porta. •CASTELAO E OS IRMÁNS DA LIBERDADE (Xan Leira) •Singularidade de Castelao (M. REI ROMEU) •EVOLUCION ARTÍSTICA DE CASTELAO (Paulo Porta) •ESTRELA NA ALBA, O PENSAMENTO POLÍTICO DE CASTELAO (Xan Garrido)
  • 82. FONTES NA REDE •Galipedia •Pinterest •Alex Ferreiro •Dous inéditos de Castelao na rede •Castelao obra gráfica (en español) •Recursos sobre Castelao na rede (Concello de Pontevedra) •Castelao na rede (web)
  • 83. FONTES DAS IMAXES A insua de Insua Sei o que nos figestes.. Revista Nós Galipedia Fundación Otero Pedrayo Terra e tempo Galipedia Fundación Plácido Castro RAG Sermos Galiza Gorinho A C Suárez Picallo Galipedia allPaintings allPaitings Todocolección.net
  • 84. FONTES DAS IMAXES Os libros de anxel casal Galiza.cig As imaxes utilizadas nesta presentación que carecen de hiperligazón foron obtidas no número especial de A Nosa Terra adicado a Castelao no Día de Galiza de 1950 latostadora Literalingua Castelao na rede Xabre.gal presbookspresbookspresbookspresbooks todocoleccion,.net