2. QUE É O ACOSO ESCOLAR?
O acoso escolar é unha especie de tortura na que o agresor maltrata á
vítima, a miúdo co silencio, a indiferenza ou a complicidade de outros
compañeiros.
O obxectivo do acoso escolar é intimidar, reducir, someter, emocional e
intelectualmente á vítima, con vistas a obter algún resultado favorable
para quen acosa ao satisfacer unha necesidade de dominar, someter,
agredir e destruír aos demais.
3.
4. 1.- CAL É A PERSOA ESPECIALIZADA QUE ACOSTUMA
SOLUCIONAR A SITUACIÓN DE ACOSO?
a) Os compañeiros/as
b) As persoas mediadoras
c) Os profesores/as
d) Os amigos/amigas da persoa acosadora
5. 2.- QUEN PENSAS QUE PODE PARTICIPAR NO ACOSO
ESCOLAR?
a) A persoa acosadora e a vítima
b) As persoas mediadoras
c) A vítima, a persoa acosadora e as persoas espectadoras
d) A vítima, a persoa acosadora, as persoas mediadoras e as
persoas espectadoras
6. 3.- O PROFESORADO DO CENTRO DEBERÍA AXUDAR?
a) Si
b) Non
c) Depende do caso
d) Non, só poden axudar as persoas mediadoras
7. 4.- SINALA A OPCIÓN CO PERFIL QUE NON SOE TER A
VÍTIMA
a) Persoa débil de carácter, cualificacións non demasiado
satisfactorias
b) Persoa con boas cualificacións e unha autoestima axustada
c) Persoa cun rasgo físico característico
d) Persoa sen amigos/as
8. 5.- COMO TE COMPORTARÍAS SE FORAS UNHA PERSOA
ESPECTADORA?
a) Non faría nada ao respecto
b) Riríame da vítima, paleto/a
c) Avisaría ao profesorado
d) Pegaría e insultaría a persoa acosadora