SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  52
Télécharger pour lire hors ligne
AS CAPAS FLUIDAS DA TERRA
Profesor: Adán Gonçalves
©Paul Harrison
Cianobacterias
CAPAS DA TERRA
A Terra
Xeosfera Atmosfera Hidrosfera Biosfera
Capas fluidas
1. A ATMOSFERA ENVÓLVENOS
A atmosfera é a capa máis externa da Terra, por ser a
máis lixeira.
É fundamental para a vida, xa que contén gases
necesarios (O2, CO2,, N2...) para os seres vivos e protexe
das radiacións solares.
A atmosfera é unha mestura de gases que rodea a
terra ata uns 1000 Km.
Faise máis tenue coa altitude ata confundirse co
espazo exterior.
1.1. A ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPO
1. Hai uns 4000 m.a. o planeta tiña unha gran actividade volcánica e
atopábase a altas temperaturas en superficie.
Estas erupcións foron as responsables da formación da atmosfera primitiva
con gases como o CO2, óxidos de xofre ou de nitróxeno, vapor de auga
(posible procedencia meteoritos), argón e metano.
2. Co paso do tempo o planeta foise arrefriando, permitindo a condensación
(paso de gas a líquido) do vapor de auga da atmosfera .
Esta auga, xa líquida, precipitou dando lugar as primeiras choivas.
Discurríu pola superficie terrestre formando os primeiros mares, ríos…
1.1. A ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPO
3. As sales características dos medios mariños foron arrastradas por estas
primeiras choivas dende a superficie cara o mar.
4. Nun principio a atmosfera non posuía osíxeno.
A aparición da vida tamén provocou cambios: primeiro as bacterias
fotosintéticas (Precámbrico 2500 m.a.: “A Gran oxidación”), e despois as
algas e as plantas capturaban o CO2 na fotosíntese e desprendían O2 cara a
atmosfera, permitindo a aparición deste gas na mesma.
5. A aparición do osíxeno na atmosfera permitiu a formación da capa de
ozono (O3) que nos protexe das radiacións ultravioletas.
Exercicios 1-7 Edixgal 1
O Osíxeno na atmosfera
1.2. COMPOSICIÓN DA ATMOSFERA
A atmosfera contén un 78% de nitróxeno, un 21% de osíxeno.
O 1 % restante fórmano o argón (0,9%), o dióxido de carbono (0,03%) e
outros gases.
Posúe tamén vapor de auga procedente da evaporación da auga de mar, das
erupcións e da transpiración dos seres vivos.
Por último, ten contaminantes orixinados de xeito natural ou polas
actividades humanas.
2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA)
Cando estudamos a atmosfera dende a superficie ata a
altitude onde se confunde co espazo exterior,
observamos diferenzas na súa composición e na súa
temperatura.
Por iso establécense varias capas separadas por zonas
de transición.
As zonas de transición denomínanse co nome da capa
anterior (a que queda por baixo da zona considerada)
rematado en -pausa.
Así, p.e. a zona de transición entre a troposfera (inferior)
e a estratosfera (superior) é a tropopausa.
A continuación veremos as distintas capas dende abaixo
cara arriba:
 Troposfera: Comeza na superficie terrestre e chega ata os 12 Km de altura
en media (Polo: 10 Km/Ecuador: 17 Km). Na superficie temos en media uns
15ºC e diminúe coa altitude ata uns -70ºC a 12 Km de altura.
Esta capa concentra a maior parte dos gases: osíxeno, nitróxeno, díóxido de
carbono, vapor de auga...
Nela prodúcense tódolos fenómenos meteorolóxicos.
A uns 500 m de altitude atópase a denominada “capa sucia” onde se atopan a
maior parte dos contaminantes atmosféricos.
 Estratosfera: Vai dende os 12 Km de altitude ata os 50 Km. O aire xa é escaso
e a temperatura aumenta lentamente coa altura ata chegar a uns 4ºC no
límite superior. Entre os 15 e os 30 Km hai unha gran cantidade de ozono. Por
iso esta zona denomínase capa de ozono, e é moi importante para os seres vivos.
 Mesosfera: Comeza aos 50 Km de altura e chega ata os 80 Km. Contén
moi pouco aire e a temperatura vai descendendo coa altitude ata os -80 ºC.
Cando pequenos meteoritos atravesan e se desintegran nesta capa dan lugar ás
estrelas fugaces debido o rozamento co aire que eleva a súa temperatura
liberando luz e calor.
 Termosfera: dende os 80 Km de altura ata os 600 Km.
A temperatura aumenta coa altitude ata os 2000 ºC. Esencial nas
comunicacións pois nela rebotan as ondas de radio e tv. Tamén nela
prodúcense as auroras boreais e austrais.
 Exosfera: É a última capa; vai dos 600 Km de altura aos 1000Km. Apenas
existe aire e a continuación está o espazo interplanetario.
Cuestións:
1. Despois desta explicación,
serías quen de deducir a que
altura atopamos a estratopausa?
2. Por que pensas que se na
troposfera a temperatura diminúe
coa altitude, na estratosfera
prodúcese un aumento deste
parámetro? E por que sucede o
mesmo na termosfera respecto da
mesosfera?
Exercicios 2-7 Edixgal 2
Troposfera
Estratosfera
Mesosfera
3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA
A atmosfera é imprescindible para os seres vivos fundamentalmente por
posuír dous gases: o osíxeno (respiración) e o dióxido de carbono
(fotosíntese).
É responsable do mantemento da temperatura en superficie (efecto
invernadoiro natural).
É o lugar onde se producen os fenómenos meteorolóxicos.
É tamén o noso escudo protector fronte as radiacións solares e os
meteoritos.
3.1. O Osíxeno é vida
É esencial para a vida, xa que a maioría dos organismos utilízano para
respirar (aerobios).
A respiración permítenos aos aerobios obter enerxía dos alimentos.
Moitas bacterias e outros organismos son chamados anaerobios porque non
precisan o osíxeno para obter enerxía p.e. Os lévedos do pan, do viño ou da
cervexa.
3.2. A atmosfera é un filtro protector
Parte do osíxeno da atmosfera atópase na estratosfera en forma de ozono (O3).
Este ozono como sabedes protéxenos da radiación ultravioleta (uv)
procedente do Sol, evitando os seus efectos letais sobre o noso material
xenético.
Ademais en capas máis altas outros gases protéxenos de radiacións solares
prexudiciais de alta enerxía como os raios X.
3.3 A atmosfera protéxenos dos meteoritos
Ao noso planeta chegan moitos pequenos fragmentos rochosos atraídos pola
gravidade que ao atravesar a atmosfera a gran velocidade, como xa
comentamos, desintégranse.
Só os meteoritos maiores poden chegar a superficie da Terra, pero son moi
pouco frecuentes.
3.4. O dióxido de carbono
O CO2 ten dúas funcións importantes para os seres vivos:
 Intervén na fotosíntese: os vexetais utilizan este proceso para fabricar o
seu alimento. Para elo, toman dióxido de carbono da atmosfera e
expulsan osíxeno.
Os vexetais tamén respiran (consomen osíxeno), pero a fotosíntese libera
máis O2 do que consome a respiración.
 É o responsable do efecto invernadoiro natural. Este efecto permite que
a temperatura en superficie sexa axeitada para a vida. En media uns
15ºC, en lugar dos -18ºC que tería se non existise.
Exercicios 1-2 Edixgal 4
Como se produce o efecto invernadoiro?
1.- Durante o día
a radiación solar
atravesa
a atmosfera e quenta
a superficie
2.- O terreo quente devolve
parte da calor absorbida
(radiación Infravermella)
3.- Os gases da troposfera (CO2 e
vapor de auga entre outros), absorben
as radiacións infravermellas e elevan
a temperatura do aire
4. O REPARTO DESIGUAL DA ENERXÍA SOLAR
 A atmosfera retén e devolve ao espazo unha
grande parte da enerxía que chega do sol. Ata
a Terra chega case exclusivamente luz visible.
 Cando a terra e a auga absorben esta luz,
quecen. Pero este quecemento é desigual.
 No ecuador os raios chegan moi
perpendiculares, polo que atravesan unha
espesura de aire moi fina e o quecemento é moi
efectivo. Nestas zonas “vai calor”.
 Nos polos, en cambio, os raios chegan oblícuos
atravesando unha espesura de aire moito maior
sendo menos efectivos. Nestas zonas “vai frío”.
CORRENTES OCEÁNICAS E ATMOSFÉRICAS
Como consecuencia do
reparto desigual da enerxía
solar, no planeta hai zonas
máis cálidas e zonas máis
frías.
Esto orixina correntes de
auga e de aire entre unhas
zonas e outras.
Por que?
DIFERENZAS DE TEMPERATURA E O MOVEMENTO DUN FLUÍDO
Fíxate no debuxo:
A auga quente é menos densa (máis
lixeira) e ascende.
A auga fría máis densa descende.
Esto orixina unha corrente de auga.
Ollo! A causa do movemento non é que a temperatura sexa
alta, senón a diferenza de temperatura.
Na atmosfera e nos océanos sucede algo similar debido ao desigual reparto da
enerxía solar:
 O aire quente vai do ecuador cara os polos; e o frío o revés.
 As augas frías desprázanse dende os polos cara o ecuador e viceversa.
Porén, este desprazamento non é en liña recta debido ao movemento de
rotación.
5. FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS
Presión atmosférica: forza que exerce a columna de aire
nunha determinada área da superficie terrestre. Depende de
dous factores:
 Altitude: a maior altura menor presión (menos columna
de aire)
 Temperatura: o aire quente é menos denso e ascende
diminuíndo a presión nesa zona; o contrario que o aire
frío que descende e a aumenta.
Atendendo a presión atmosférica diferenzamos:
 Borrascas: son zonas de baixas presións. Son áreas de
inestabilidade e fortes ventos.
 Anticiclóns: son zonas de altas presións. Son áreas en
calma porque o aire frío descende e se expande en
superficie lentamente.
As masas de aire móvense sempre dende
os anticiclóns cara ás borrascas. A estes
movementos denominámolos ventos.
Fertilizando o Amazonas
A partir dos datos de presións
realízanse os mapas de
isobaras. As isobaras
representan no mapa áreas de
igual presión.
Por enriba de 1013 mb altas presións, por baixo baixas presións.
COMO SE FORMAN AS NUBES?
1) Cando o aire arrefía, se ten humidade,
pode condersarse e fomar nubes. Nas
borrascas como o aire chega de todas as
direccións pode traer humidade que ao
ascender arrefía e produce nubosidade.
(Convección térmica)
2) Tamén poden formarse nubes cando
chocan un fronte cálido e un frío. (Frontes)
3) Por último poden xerarse nubes cando o
aire cálido e húmido vese obrigado a
ascender unha montaña.
Efecto Foehn
PRECIPITACIÓNS
Cando as gotas son o suficientemente grandes como para que caían por
gravidade prodúcense as precipitacións:
 Chuvia: gotas en estado líquido.
 Neve: gotas en forma de cristais de xeo.
 Saraiba: gotas de xeo producidas por ascensos e descensos sucesivos que
provocan a aparición de capas concéntricas de xeo.
 Rocío: o vapor de auga condensa sobre a superficie terrestre.
6. CONTAMINACIÓN DA ATMOSFERA
A contaminación atmosférica é a presenza de substancias na atmosfera
que prexudican ó medio natural e os seres vivos.
Segundo a orixe dos contaminantes podemos clasificalos en:
 Contaminantes naturais
Son producidos de xeito natural como as erupcións volcánicas, os incendios
non provocados ou os gases de orixe animal.
 Contaminantes de orixe humano
Son orixinados polas actividades humanas, principalmente o uso dos
combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas natural), os incendios
provocados e as actividades industriais.
6.1. Tipos de contaminantes:
Os que máis nos afectan son:
 Son gases contaminates o monóxido de carbono,
o dióxido de carbono, e os óxidos de nitróxeno e
xofre procedentes do uso dos combustibles fósiles
(os vehículos e as industrias térmicas
principalmente). Tamén son moi contaminantes e
danan a capa de ozono, os CFC
(clorofluorocarbonados) dos frigoríficos, dos
aerosois ou dos aparatos de aire acondicionado.
 As partículas en suspensión que son cinzas e
fumes procedentes das combustións, e das néboas
industriais que emiten as actividades de moitas
industrias como a siderurxia, as químicas ou as
refinerías.
6.2. Efectos dos contaminantes
Os máis importantes son:
 A destrucción da capa de ozono. Os principais responsables, como
acabamos de ver, son os CFC. O diminuír esta capa aumenta a radiación uv
que provoca un aumento de alerxias e cancro e unha diminución das algas e
plancto.
 Aumento do efecto invernadoiro, como xa dixemos este efecto é beneficioso,
pero as actividades humanas (uso de combustibles fósiles) está a aumentar os
gases de efecto invernadoiro (sobre todo CO2 e a provocar un aumento na
temperatura media do planeta.
 A chuvia ácida, os óxidos de nitróxeno e xofre, coa humidade da atmosfera
forman ácidos que ao caer coa chuvia, destrúen a vexetación e acidifican solos
e augas.
Destrucción capa de ozono
Chuvia ácida
Efecto invernadoiro artificial; Aumento do CO2
6.3. Medidas para reducir os contaminantes
Entre outras poden ser:
 Reducir o uso de combustibles fósiles
 Apostar polas enerxías renovables.
 Substituír os CFC´s por outros gases non contaminantes e obrigar
ao uso de filtros nas emisións.
 Promover a reforestación para que sexa absorbido o exceso de
dióxido de carbono.
1. A AUGA: UNHA SUBSTANCIA ASOMBROSA
A auga é unha substancia moi común na Terra e no resto do
Universo
Na Terra, a auga pode encontrarse nos tres estados: sólido,
líquido e gasoso.
A Hidrosfera é a capa da Terra
constituída por todas as augas
que nela se atopan, tanto
continentais como oceánicas.
Propiedades da auga
1. A auga é unha substancia composta por osíxeno (O) e
hidróxeno (H) cuxa fórmula química é H2O.
2. Temperatura de fusión: 0ºC (por riba dos 0º C é líquida e por
baixo é sólida)/ Temperatura de ebullición: 100ºC (por riba
gas e por baixo líquida).
3. En xeral, a maioría das substancias ocupan menos volume en
estado sólido que en estado líquido, dicimos que son máis
densas en estado sólido. Pero, na auga sucede o revés e por iso
o xeo flota na auga, permitíndo a vida nos lugares máis fríos
do planeta.
A auga ao solidificarse
aumenta de Volume
Diminúe a súa densidade
O xeo flota na auga
líquida
Propiedades da auga
4. A auga quéntase e enfríase moi lentamente, e dicir, costa moito variar a
súa temperatura e por iso é un estupendo regulador da temperatura. Esta
propiedade permítenos controlar a nosa temperatura corporal e tamén é
responsable das temperaturas máis mornas nas zonas costeiras en relación
co interior.
5. A auga é o mellor disolvente. Esto permite que a nosa sangue (90% de
auga) transporte os nutrientes por todo o corpo.
Exercicios 1, 3 e 6 Edixgal 1
2. DISTRIBUCIÓN DA AUGA
Esta especial distribución determina a súa disponibilidade e debe
concienciarnos dunha xestión responsable da auga.
3. O CICLO DA AUGA
Conxunto de procesos cíclicos
mediante os cales a auga pasa da
atmosfera a superficie terrestre e
desta de novo a atmosfera.
 O vapor de auga da atmosfera
condénsase e orixina as nubes que
orixinan as precipitacións.
 Parte da auga precipitada se
evapora ou e transpirada (plantas)
que a devolven de novo a atmosfera
sen chegar a superficie.
 Outra parte discorre pola
superficie (ríos) ata os mares ou
infíltrase no solo (augas
subterráneas).
 A auga dos océanos está a evaporarse
constantemente e transfirese a
atmosfera.
 As augas subterráneas, cun tempo
variable, rematan vertendo os mares
polo que esta auga tamén retorna a
atmosfera.
Estes retornos a atmosfera supoñen o
peche e novo inicio do ciclo da auga.
O motor deste movemento cíclico da
auga é a enerxía do sol xunto coa
gravidade.
Exercicios 1,3,4 e 5 Edixgal 3
4. IMPORTANCIA DA AUGA PARA A VIDA
1. Mantén a temperatura corporal dos organismos pola súa
capacidade reguladora.
2. É o transportador de todas as substancias, tanto nutrientes
como refugallos (ouriños e suor).
3. Disolve o osíxeno, capacidade esencial para os organismos
mariños.
4. O xeo flota sobre a auga líquida permitindo a vida por debaixo
del.
5. Pode ascender por condutos moi finos (capilaridade) permitindo
levar substancias dende as raíces ás follas nas plantas.
5. USOS DA AUGA
Os usos poden ser:
 Usos Consuntivos
Aqueles nos que consumimos a auga que utilizamos: os usos
domésticos e urbanos (fogar e regado de xardíns), os agrícolas (auga
de rega) e industriais cando se usa como materia prima (p.e.: auga de
lavado).
 Usos non Consuntivos
Aqueles nos que non se consome a auga que empregamos: usos
recreativos (piscinas, deportes acuáticos...), usos industriais que non
supoñen consumo como refrixerante e determinados usos enerxéticos
como os dunha central hidroeléctrica.
Exercicios 3-4 Edixgal 5
Exercicio 6 Edixgal 6
Consumo de auga diario en España: 140 litros/hab e día
O debuxo representa o consumo para unha familia de dúas persoas
6. CONTAMINACIÓN DAS AUGAS
A contaminación da auga é calquera proceso que provoca a alteración
das propiedades da mesma producindo un prexuízo para o medio e/ou
para a nosa saúde. Débese a vertedura de substancias que
denominamos contaminantes.
Os contaminantes poden ser:
 Augas residuais urbanas que conteñen residuos fecais, deterxentes e
microorganismos que poden provocar infeccións.
 Os fertilizantes procedentes da agricultura que se filtran no solo e
poden inutilizar os acuíferos.
 As actividades industriais descontroladas que verten as augas
contaminantes (substancias químicas, materiais de embalaxes...).
 Os verquidos durante o transporte por auga ( mareas negras e
sentinadas de produtos derivados do petróleo son os máis graves).
Augas residuais uso doméstico Augas residuais uso industrial
7. XESTIÓN SOSTIBLE DA AUGA
A auga doce é un recurso renovable debido ao ciclo hidrolóxico, sempre que:
 Non a contaminemos.
 Non consumamos máis da que pode rexenerarse de xeito natural.
Por iso, igual que de cualquier outro recurso, debemos facer unha xestión
sostible que é aquela que cubre as nosas necesidades sen comprometer ás
das xeracións vindeiras.
Para alcanzar esta xestión sostible:
 Extracción racional das reservas.
 Reducción do consumo: aforro de auga.
 Depuración da auga usada e reutilización (limpeza de rúas e rega).
 Boa distribución: evitar as perdas en canalizacións, filtracións...
Potabilización e depuración da auga
A auga potable é aquela que:
 Está libre de microorganismos patóxenos e contaminantes.
 Non ten olor, nin sabor desagradable, nin presenta turbidez.
 Contén unha pequena cantidade de sales minerais.
A potabilización son un conxunto de procesos que converten a auga
da natureza en potable. (EPA: Estación potabilizadora).
A depuración é a extracción de contaminantes das augas residuais
para que sexan axeitadas para retornar o medio natural. (EDAR:
estación depuradora de augas residuais).
Estación depuradora de augas residuais
(EDAR)
GRAZAS POR ATENDERME
WEBGRAFÍA:
www.astroyciencia.com
www.catedra-cereghetti1.idoneos.com
www.ciennatura.es
http://www.cienciasatlantico.blogsek.es/2014/11/07/anticiclones-borrascas-y-
viento/
www.ecologismo.com
www.esu.edu
www.dibujitosconhumor.blogspot.com
www.grandesproblemasambientales-myr.blogspot.com
www.gcastro2010.wordpress.com
www.haciendofotos.com
www.inteldig.com
www.kalipedia.com
www.lafisica-lafisica.blogspot.com
www.librosvivos.net
www.mctpcpi2portaceli.blogspot.com
www.miniyo.tumblr.com
www.nasa.gov
www.omicrono.com
www.pucp.edu.pe
www.recursostic.educacion.es
www.rpp.com.pe
www.ticylasciencias.blogspot.com
www.varia2s.blogspot.com

Contenu connexe

Tendances (20)

Marte
MarteMarte
Marte
 
Capas fluidas da terra
Capas fluidas da terraCapas fluidas da terra
Capas fluidas da terra
 
Capas fluidas da terra agrupamento
Capas fluidas da terra agrupamentoCapas fluidas da terra agrupamento
Capas fluidas da terra agrupamento
 
Formación e evolución da terra. yago presas e brais quintairos. 1º bach a
Formación e evolución da terra. yago presas e brais quintairos. 1º bach aFormación e evolución da terra. yago presas e brais quintairos. 1º bach a
Formación e evolución da terra. yago presas e brais quintairos. 1º bach a
 
Unidade 4 tempo e clima
Unidade 4 tempo e climaUnidade 4 tempo e clima
Unidade 4 tempo e clima
 
Atmosfera
AtmosferaAtmosfera
Atmosfera
 
AS CAPAS DA TERRA
AS CAPAS DA TERRAAS CAPAS DA TERRA
AS CAPAS DA TERRA
 
A enerxía que nos chega do sol_Eva
A enerxía que nos chega do sol_EvaA enerxía que nos chega do sol_Eva
A enerxía que nos chega do sol_Eva
 
Atmosfera
AtmosferaAtmosfera
Atmosfera
 
Atmosfera
AtmosferaAtmosfera
Atmosfera
 
U 5. tempo e clima
U 5. tempo e climaU 5. tempo e clima
U 5. tempo e clima
 
A atmosfera terrestre
A atmosfera terrestreA atmosfera terrestre
A atmosfera terrestre
 
O tempo e o clima
O tempo e o climaO tempo e o clima
O tempo e o clima
 
PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas
PresentacióN T 7. DináMica Das Masas FluidasPresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas
PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas
 
Teoria idades da terra
Teoria idades da terraTeoria idades da terra
Teoria idades da terra
 
part 2
part 2part 2
part 2
 
Planeta Terra - Guillermo C e Carmen H
Planeta Terra - Guillermo C e Carmen HPlaneta Terra - Guillermo C e Carmen H
Planeta Terra - Guillermo C e Carmen H
 
1 universo e _terra1
1 universo e _terra11 universo e _terra1
1 universo e _terra1
 
Cambio global 2012
Cambio global 2012Cambio global 2012
Cambio global 2012
 
Unidade 2 climas
Unidade 2 climasUnidade 2 climas
Unidade 2 climas
 

Similaire à Capas fluidas da terra mugardos (17)

Tema 3. a atmosfera
Tema 3. a atmosferaTema 3. a atmosfera
Tema 3. a atmosfera
 
2º eso.tema 7. a enerxía que nos chega do sol
2º eso.tema 7. a enerxía que nos chega do sol2º eso.tema 7. a enerxía que nos chega do sol
2º eso.tema 7. a enerxía que nos chega do sol
 
Atmosfera
AtmosferaAtmosfera
Atmosfera
 
A enerxía que nos chega do sol (t7)
A enerxía que nos chega do sol (t7)A enerxía que nos chega do sol (t7)
A enerxía que nos chega do sol (t7)
 
A hidrosfera
A hidrosferaA hidrosfera
A hidrosfera
 
Como funciona-a-terra
Como funciona-a-terraComo funciona-a-terra
Como funciona-a-terra
 
Tema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e climaTema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e clima
 
Tempo e clima
Tempo e climaTempo e clima
Tempo e clima
 
O co2 e os seus colegas office 97 2003 musica
O co2 e os seus colegas  office 97 2003 musicaO co2 e os seus colegas  office 97 2003 musica
O co2 e os seus colegas office 97 2003 musica
 
Cambio climatico
Cambio climaticoCambio climatico
Cambio climatico
 
A terra sara martinez
A terra sara martinezA terra sara martinez
A terra sara martinez
 
Tema4 O CLIMA
Tema4 O CLIMATema4 O CLIMA
Tema4 O CLIMA
 
Cambios No Clima Na Historia E Factor Humano
Cambios No Clima Na Historia E Factor HumanoCambios No Clima Na Historia E Factor Humano
Cambios No Clima Na Historia E Factor Humano
 
Unidade 2 climas
Unidade 2 climasUnidade 2 climas
Unidade 2 climas
 
02a clima intro
02a clima intro02a clima intro
02a clima intro
 
Dinámica interna
Dinámica internaDinámica interna
Dinámica interna
 
A dinámica interna do planeta (t9) maria casares
A dinámica interna do planeta (t9) maria casaresA dinámica interna do planeta (t9) maria casares
A dinámica interna do planeta (t9) maria casares
 

Plus de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

Plus de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 
A célula unidade de vida
A célula unidade de vidaA célula unidade de vida
A célula unidade de vida
 

Dernier

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (12)

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

Capas fluidas da terra mugardos

  • 1. AS CAPAS FLUIDAS DA TERRA Profesor: Adán Gonçalves ©Paul Harrison Cianobacterias
  • 2. CAPAS DA TERRA A Terra Xeosfera Atmosfera Hidrosfera Biosfera Capas fluidas
  • 3. 1. A ATMOSFERA ENVÓLVENOS A atmosfera é a capa máis externa da Terra, por ser a máis lixeira. É fundamental para a vida, xa que contén gases necesarios (O2, CO2,, N2...) para os seres vivos e protexe das radiacións solares. A atmosfera é unha mestura de gases que rodea a terra ata uns 1000 Km. Faise máis tenue coa altitude ata confundirse co espazo exterior.
  • 4. 1.1. A ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPO 1. Hai uns 4000 m.a. o planeta tiña unha gran actividade volcánica e atopábase a altas temperaturas en superficie. Estas erupcións foron as responsables da formación da atmosfera primitiva con gases como o CO2, óxidos de xofre ou de nitróxeno, vapor de auga (posible procedencia meteoritos), argón e metano. 2. Co paso do tempo o planeta foise arrefriando, permitindo a condensación (paso de gas a líquido) do vapor de auga da atmosfera . Esta auga, xa líquida, precipitou dando lugar as primeiras choivas. Discurríu pola superficie terrestre formando os primeiros mares, ríos…
  • 5. 1.1. A ATMOSFERA A TRAVÉS DO TEMPO 3. As sales características dos medios mariños foron arrastradas por estas primeiras choivas dende a superficie cara o mar. 4. Nun principio a atmosfera non posuía osíxeno. A aparición da vida tamén provocou cambios: primeiro as bacterias fotosintéticas (Precámbrico 2500 m.a.: “A Gran oxidación”), e despois as algas e as plantas capturaban o CO2 na fotosíntese e desprendían O2 cara a atmosfera, permitindo a aparición deste gas na mesma. 5. A aparición do osíxeno na atmosfera permitiu a formación da capa de ozono (O3) que nos protexe das radiacións ultravioletas. Exercicios 1-7 Edixgal 1 O Osíxeno na atmosfera
  • 6. 1.2. COMPOSICIÓN DA ATMOSFERA A atmosfera contén un 78% de nitróxeno, un 21% de osíxeno. O 1 % restante fórmano o argón (0,9%), o dióxido de carbono (0,03%) e outros gases. Posúe tamén vapor de auga procedente da evaporación da auga de mar, das erupcións e da transpiración dos seres vivos. Por último, ten contaminantes orixinados de xeito natural ou polas actividades humanas.
  • 7. 2. UNHA VIAXE POLA ATMOSFERA (ESTRUTURA) Cando estudamos a atmosfera dende a superficie ata a altitude onde se confunde co espazo exterior, observamos diferenzas na súa composición e na súa temperatura. Por iso establécense varias capas separadas por zonas de transición. As zonas de transición denomínanse co nome da capa anterior (a que queda por baixo da zona considerada) rematado en -pausa. Así, p.e. a zona de transición entre a troposfera (inferior) e a estratosfera (superior) é a tropopausa. A continuación veremos as distintas capas dende abaixo cara arriba:
  • 8.  Troposfera: Comeza na superficie terrestre e chega ata os 12 Km de altura en media (Polo: 10 Km/Ecuador: 17 Km). Na superficie temos en media uns 15ºC e diminúe coa altitude ata uns -70ºC a 12 Km de altura. Esta capa concentra a maior parte dos gases: osíxeno, nitróxeno, díóxido de carbono, vapor de auga... Nela prodúcense tódolos fenómenos meteorolóxicos. A uns 500 m de altitude atópase a denominada “capa sucia” onde se atopan a maior parte dos contaminantes atmosféricos.  Estratosfera: Vai dende os 12 Km de altitude ata os 50 Km. O aire xa é escaso e a temperatura aumenta lentamente coa altura ata chegar a uns 4ºC no límite superior. Entre os 15 e os 30 Km hai unha gran cantidade de ozono. Por iso esta zona denomínase capa de ozono, e é moi importante para os seres vivos.
  • 9.  Mesosfera: Comeza aos 50 Km de altura e chega ata os 80 Km. Contén moi pouco aire e a temperatura vai descendendo coa altitude ata os -80 ºC. Cando pequenos meteoritos atravesan e se desintegran nesta capa dan lugar ás estrelas fugaces debido o rozamento co aire que eleva a súa temperatura liberando luz e calor.  Termosfera: dende os 80 Km de altura ata os 600 Km. A temperatura aumenta coa altitude ata os 2000 ºC. Esencial nas comunicacións pois nela rebotan as ondas de radio e tv. Tamén nela prodúcense as auroras boreais e austrais.  Exosfera: É a última capa; vai dos 600 Km de altura aos 1000Km. Apenas existe aire e a continuación está o espazo interplanetario.
  • 10. Cuestións: 1. Despois desta explicación, serías quen de deducir a que altura atopamos a estratopausa? 2. Por que pensas que se na troposfera a temperatura diminúe coa altitude, na estratosfera prodúcese un aumento deste parámetro? E por que sucede o mesmo na termosfera respecto da mesosfera? Exercicios 2-7 Edixgal 2 Troposfera Estratosfera Mesosfera
  • 11. 3. A VIDA NECESITA Á ATMOSFERA A atmosfera é imprescindible para os seres vivos fundamentalmente por posuír dous gases: o osíxeno (respiración) e o dióxido de carbono (fotosíntese). É responsable do mantemento da temperatura en superficie (efecto invernadoiro natural). É o lugar onde se producen os fenómenos meteorolóxicos. É tamén o noso escudo protector fronte as radiacións solares e os meteoritos.
  • 12. 3.1. O Osíxeno é vida É esencial para a vida, xa que a maioría dos organismos utilízano para respirar (aerobios). A respiración permítenos aos aerobios obter enerxía dos alimentos. Moitas bacterias e outros organismos son chamados anaerobios porque non precisan o osíxeno para obter enerxía p.e. Os lévedos do pan, do viño ou da cervexa. 3.2. A atmosfera é un filtro protector Parte do osíxeno da atmosfera atópase na estratosfera en forma de ozono (O3). Este ozono como sabedes protéxenos da radiación ultravioleta (uv) procedente do Sol, evitando os seus efectos letais sobre o noso material xenético. Ademais en capas máis altas outros gases protéxenos de radiacións solares prexudiciais de alta enerxía como os raios X.
  • 13. 3.3 A atmosfera protéxenos dos meteoritos Ao noso planeta chegan moitos pequenos fragmentos rochosos atraídos pola gravidade que ao atravesar a atmosfera a gran velocidade, como xa comentamos, desintégranse. Só os meteoritos maiores poden chegar a superficie da Terra, pero son moi pouco frecuentes.
  • 14. 3.4. O dióxido de carbono O CO2 ten dúas funcións importantes para os seres vivos:  Intervén na fotosíntese: os vexetais utilizan este proceso para fabricar o seu alimento. Para elo, toman dióxido de carbono da atmosfera e expulsan osíxeno. Os vexetais tamén respiran (consomen osíxeno), pero a fotosíntese libera máis O2 do que consome a respiración.  É o responsable do efecto invernadoiro natural. Este efecto permite que a temperatura en superficie sexa axeitada para a vida. En media uns 15ºC, en lugar dos -18ºC que tería se non existise. Exercicios 1-2 Edixgal 4
  • 15. Como se produce o efecto invernadoiro? 1.- Durante o día a radiación solar atravesa a atmosfera e quenta a superficie 2.- O terreo quente devolve parte da calor absorbida (radiación Infravermella) 3.- Os gases da troposfera (CO2 e vapor de auga entre outros), absorben as radiacións infravermellas e elevan a temperatura do aire
  • 16. 4. O REPARTO DESIGUAL DA ENERXÍA SOLAR  A atmosfera retén e devolve ao espazo unha grande parte da enerxía que chega do sol. Ata a Terra chega case exclusivamente luz visible.  Cando a terra e a auga absorben esta luz, quecen. Pero este quecemento é desigual.  No ecuador os raios chegan moi perpendiculares, polo que atravesan unha espesura de aire moi fina e o quecemento é moi efectivo. Nestas zonas “vai calor”.  Nos polos, en cambio, os raios chegan oblícuos atravesando unha espesura de aire moito maior sendo menos efectivos. Nestas zonas “vai frío”.
  • 17. CORRENTES OCEÁNICAS E ATMOSFÉRICAS Como consecuencia do reparto desigual da enerxía solar, no planeta hai zonas máis cálidas e zonas máis frías. Esto orixina correntes de auga e de aire entre unhas zonas e outras. Por que?
  • 18. DIFERENZAS DE TEMPERATURA E O MOVEMENTO DUN FLUÍDO Fíxate no debuxo: A auga quente é menos densa (máis lixeira) e ascende. A auga fría máis densa descende. Esto orixina unha corrente de auga. Ollo! A causa do movemento non é que a temperatura sexa alta, senón a diferenza de temperatura.
  • 19. Na atmosfera e nos océanos sucede algo similar debido ao desigual reparto da enerxía solar:  O aire quente vai do ecuador cara os polos; e o frío o revés.  As augas frías desprázanse dende os polos cara o ecuador e viceversa. Porén, este desprazamento non é en liña recta debido ao movemento de rotación.
  • 20. 5. FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS Presión atmosférica: forza que exerce a columna de aire nunha determinada área da superficie terrestre. Depende de dous factores:  Altitude: a maior altura menor presión (menos columna de aire)  Temperatura: o aire quente é menos denso e ascende diminuíndo a presión nesa zona; o contrario que o aire frío que descende e a aumenta. Atendendo a presión atmosférica diferenzamos:  Borrascas: son zonas de baixas presións. Son áreas de inestabilidade e fortes ventos.  Anticiclóns: son zonas de altas presións. Son áreas en calma porque o aire frío descende e se expande en superficie lentamente.
  • 21. As masas de aire móvense sempre dende os anticiclóns cara ás borrascas. A estes movementos denominámolos ventos. Fertilizando o Amazonas A partir dos datos de presións realízanse os mapas de isobaras. As isobaras representan no mapa áreas de igual presión. Por enriba de 1013 mb altas presións, por baixo baixas presións.
  • 22. COMO SE FORMAN AS NUBES? 1) Cando o aire arrefía, se ten humidade, pode condersarse e fomar nubes. Nas borrascas como o aire chega de todas as direccións pode traer humidade que ao ascender arrefía e produce nubosidade. (Convección térmica) 2) Tamén poden formarse nubes cando chocan un fronte cálido e un frío. (Frontes) 3) Por último poden xerarse nubes cando o aire cálido e húmido vese obrigado a ascender unha montaña. Efecto Foehn
  • 23. PRECIPITACIÓNS Cando as gotas son o suficientemente grandes como para que caían por gravidade prodúcense as precipitacións:  Chuvia: gotas en estado líquido.  Neve: gotas en forma de cristais de xeo.  Saraiba: gotas de xeo producidas por ascensos e descensos sucesivos que provocan a aparición de capas concéntricas de xeo.  Rocío: o vapor de auga condensa sobre a superficie terrestre.
  • 24. 6. CONTAMINACIÓN DA ATMOSFERA A contaminación atmosférica é a presenza de substancias na atmosfera que prexudican ó medio natural e os seres vivos. Segundo a orixe dos contaminantes podemos clasificalos en:  Contaminantes naturais Son producidos de xeito natural como as erupcións volcánicas, os incendios non provocados ou os gases de orixe animal.  Contaminantes de orixe humano Son orixinados polas actividades humanas, principalmente o uso dos combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas natural), os incendios provocados e as actividades industriais.
  • 25. 6.1. Tipos de contaminantes: Os que máis nos afectan son:  Son gases contaminates o monóxido de carbono, o dióxido de carbono, e os óxidos de nitróxeno e xofre procedentes do uso dos combustibles fósiles (os vehículos e as industrias térmicas principalmente). Tamén son moi contaminantes e danan a capa de ozono, os CFC (clorofluorocarbonados) dos frigoríficos, dos aerosois ou dos aparatos de aire acondicionado.  As partículas en suspensión que son cinzas e fumes procedentes das combustións, e das néboas industriais que emiten as actividades de moitas industrias como a siderurxia, as químicas ou as refinerías.
  • 26. 6.2. Efectos dos contaminantes Os máis importantes son:  A destrucción da capa de ozono. Os principais responsables, como acabamos de ver, son os CFC. O diminuír esta capa aumenta a radiación uv que provoca un aumento de alerxias e cancro e unha diminución das algas e plancto.  Aumento do efecto invernadoiro, como xa dixemos este efecto é beneficioso, pero as actividades humanas (uso de combustibles fósiles) está a aumentar os gases de efecto invernadoiro (sobre todo CO2 e a provocar un aumento na temperatura media do planeta.  A chuvia ácida, os óxidos de nitróxeno e xofre, coa humidade da atmosfera forman ácidos que ao caer coa chuvia, destrúen a vexetación e acidifican solos e augas.
  • 27. Destrucción capa de ozono Chuvia ácida
  • 29. 6.3. Medidas para reducir os contaminantes Entre outras poden ser:  Reducir o uso de combustibles fósiles  Apostar polas enerxías renovables.  Substituír os CFC´s por outros gases non contaminantes e obrigar ao uso de filtros nas emisións.  Promover a reforestación para que sexa absorbido o exceso de dióxido de carbono.
  • 30. 1. A AUGA: UNHA SUBSTANCIA ASOMBROSA A auga é unha substancia moi común na Terra e no resto do Universo Na Terra, a auga pode encontrarse nos tres estados: sólido, líquido e gasoso. A Hidrosfera é a capa da Terra constituída por todas as augas que nela se atopan, tanto continentais como oceánicas.
  • 31. Propiedades da auga 1. A auga é unha substancia composta por osíxeno (O) e hidróxeno (H) cuxa fórmula química é H2O. 2. Temperatura de fusión: 0ºC (por riba dos 0º C é líquida e por baixo é sólida)/ Temperatura de ebullición: 100ºC (por riba gas e por baixo líquida). 3. En xeral, a maioría das substancias ocupan menos volume en estado sólido que en estado líquido, dicimos que son máis densas en estado sólido. Pero, na auga sucede o revés e por iso o xeo flota na auga, permitíndo a vida nos lugares máis fríos do planeta.
  • 32.
  • 33. A auga ao solidificarse aumenta de Volume Diminúe a súa densidade O xeo flota na auga líquida
  • 34. Propiedades da auga 4. A auga quéntase e enfríase moi lentamente, e dicir, costa moito variar a súa temperatura e por iso é un estupendo regulador da temperatura. Esta propiedade permítenos controlar a nosa temperatura corporal e tamén é responsable das temperaturas máis mornas nas zonas costeiras en relación co interior. 5. A auga é o mellor disolvente. Esto permite que a nosa sangue (90% de auga) transporte os nutrientes por todo o corpo. Exercicios 1, 3 e 6 Edixgal 1
  • 36. Esta especial distribución determina a súa disponibilidade e debe concienciarnos dunha xestión responsable da auga.
  • 37. 3. O CICLO DA AUGA Conxunto de procesos cíclicos mediante os cales a auga pasa da atmosfera a superficie terrestre e desta de novo a atmosfera.  O vapor de auga da atmosfera condénsase e orixina as nubes que orixinan as precipitacións.  Parte da auga precipitada se evapora ou e transpirada (plantas) que a devolven de novo a atmosfera sen chegar a superficie.  Outra parte discorre pola superficie (ríos) ata os mares ou infíltrase no solo (augas subterráneas).
  • 38.  A auga dos océanos está a evaporarse constantemente e transfirese a atmosfera.  As augas subterráneas, cun tempo variable, rematan vertendo os mares polo que esta auga tamén retorna a atmosfera. Estes retornos a atmosfera supoñen o peche e novo inicio do ciclo da auga. O motor deste movemento cíclico da auga é a enerxía do sol xunto coa gravidade. Exercicios 1,3,4 e 5 Edixgal 3
  • 39. 4. IMPORTANCIA DA AUGA PARA A VIDA 1. Mantén a temperatura corporal dos organismos pola súa capacidade reguladora. 2. É o transportador de todas as substancias, tanto nutrientes como refugallos (ouriños e suor). 3. Disolve o osíxeno, capacidade esencial para os organismos mariños. 4. O xeo flota sobre a auga líquida permitindo a vida por debaixo del. 5. Pode ascender por condutos moi finos (capilaridade) permitindo levar substancias dende as raíces ás follas nas plantas.
  • 40. 5. USOS DA AUGA Os usos poden ser:  Usos Consuntivos Aqueles nos que consumimos a auga que utilizamos: os usos domésticos e urbanos (fogar e regado de xardíns), os agrícolas (auga de rega) e industriais cando se usa como materia prima (p.e.: auga de lavado).  Usos non Consuntivos Aqueles nos que non se consome a auga que empregamos: usos recreativos (piscinas, deportes acuáticos...), usos industriais que non supoñen consumo como refrixerante e determinados usos enerxéticos como os dunha central hidroeléctrica.
  • 41.
  • 42.
  • 43. Exercicios 3-4 Edixgal 5 Exercicio 6 Edixgal 6 Consumo de auga diario en España: 140 litros/hab e día O debuxo representa o consumo para unha familia de dúas persoas
  • 44. 6. CONTAMINACIÓN DAS AUGAS A contaminación da auga é calquera proceso que provoca a alteración das propiedades da mesma producindo un prexuízo para o medio e/ou para a nosa saúde. Débese a vertedura de substancias que denominamos contaminantes. Os contaminantes poden ser:  Augas residuais urbanas que conteñen residuos fecais, deterxentes e microorganismos que poden provocar infeccións.  Os fertilizantes procedentes da agricultura que se filtran no solo e poden inutilizar os acuíferos.  As actividades industriais descontroladas que verten as augas contaminantes (substancias químicas, materiais de embalaxes...).  Os verquidos durante o transporte por auga ( mareas negras e sentinadas de produtos derivados do petróleo son os máis graves).
  • 45. Augas residuais uso doméstico Augas residuais uso industrial
  • 46. 7. XESTIÓN SOSTIBLE DA AUGA A auga doce é un recurso renovable debido ao ciclo hidrolóxico, sempre que:  Non a contaminemos.  Non consumamos máis da que pode rexenerarse de xeito natural. Por iso, igual que de cualquier outro recurso, debemos facer unha xestión sostible que é aquela que cubre as nosas necesidades sen comprometer ás das xeracións vindeiras. Para alcanzar esta xestión sostible:  Extracción racional das reservas.  Reducción do consumo: aforro de auga.  Depuración da auga usada e reutilización (limpeza de rúas e rega).  Boa distribución: evitar as perdas en canalizacións, filtracións...
  • 47.
  • 48. Potabilización e depuración da auga A auga potable é aquela que:  Está libre de microorganismos patóxenos e contaminantes.  Non ten olor, nin sabor desagradable, nin presenta turbidez.  Contén unha pequena cantidade de sales minerais. A potabilización son un conxunto de procesos que converten a auga da natureza en potable. (EPA: Estación potabilizadora). A depuración é a extracción de contaminantes das augas residuais para que sexan axeitadas para retornar o medio natural. (EDAR: estación depuradora de augas residuais).
  • 49. Estación depuradora de augas residuais (EDAR)
  • 50.