SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  46
Profesor: Adán Gonçalves
1.1. QUE É A BIODIVERSIDADE?QUE É A BIODIVERSIDADE?
O termo “biodiversidade” foi acuñado polo biólogo Edward O. Wilson no
Foro Nacional sobre Diversidade Biolóxica de Estados Unidos de 1985.
Podemos definila, de xeito sinxelo, como a diversidade de seres vivos
que habitaron e habitan este planeta.
Tras o Convenio sobre diversidade biolóxica de 1992, en Río de Xaneiro,
o termo ampliou o seu significado facendo referencia a tres conceptos:
 Diversidade Xenética:Diversidade Xenética: o acervo xenético de cada especie.
 Diversidade de Especies:Diversidade de Especies: todas as especies.
 Diversidade de Ecosistemas:Diversidade de Ecosistemas: variedade de espazos ou hábitats.
Estos tres niveis de competencia da biodiversidade están íntimamente
relacionados e presentan unha xerarquía; o primeiro está incluido no
segundo e éste a súa vez no terceiro.
2.2. DISTRIBUCIÓN DA BIODIVERSIDADEDISTRIBUCIÓN DA BIODIVERSIDADE
A Biodiversidade non se reparte de xeito uniforme ao longo do
planeta.
En xeral, aumenta a medida que nos desprazamos dende os polos cara
o ecuador. As zonas de maior diversidade biolóxica atópanse nos
trópicos (selvas tropicais, arrecifes de corais e chairas abisais) e
arredor deles.
Supoñen o 1,4% das terras emerxidas e neles atopamos o 45% das
plantas vasculares e o 35% dos vertebrados.
Estas zonas que constitúen verdadeiros bancos de diversidade
reciben o nome de “puntos quentes”“puntos quentes” da biodiversidade, e normalmente
están sometidos tamén a fortes impactos negativos.
A conca mediterránea é un deles.
3.3. IMPORTANCIA E BENEFICIOS DAIMPORTANCIA E BENEFICIOS DA
BIODIVERSIDADEBIODIVERSIDADE
Dende os inicios da vida neste planeta ata a actualidade sucedéronse
extincións masivasextincións masivas que acabaron con boa parte da biodiversidade.
Polo de agora, tras estos procesos de mortandade masiva a
biodiversidade volveu a xurdir: novas especies aproveitaron
(adaptáronse) os nichos ecolóxicos e hábitats que quedaron “libres”.
Por tanto, o proceso evolutivo continuou, permitindo a gran
biodiversidade actual: é dicir, a biodiversidade actual débese a
diversidade biolóxica que a precedeu é será a que permita a
biodiversidade futura.
Agora cabe preguntarse:
Por que preocuparnos pola biodiversidade? Cales son os beneficios que
nos aporta?
3.3. IMPORTANCIA E BENEFICIOS DAIMPORTANCIA E BENEFICIOS DA
BIODIVERSIDADEBIODIVERSIDADE
Debemos conservar a biodiversidade do planeta porque supón múltiples
beneficios:
 Favorece a estabilidade do clima (control do efecto invernadoiro,
humidade ambiental...), o mantemento da fertilidade do solo (reciclaxe
da materia, protección fronte a erosión...) e a calidade das augas (filtro
verde, reciclaxe da materia orgánica evitando fenómenos de
eutrofización, riqueza biolóxica...).
 Dela obtemos moitas materias primas: alimentos (o 99% do que
comemos), mediciñas, produtos industriais (cortiza, tinguiduras,
madeira, la…) e tamén enerxía (biomasa, combustibles fósiles...).
 Protexela implica coñecer mellor os ecosistemas.
 A natureza é de por sí un valor: espazo recreativo, artístico...
4.4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE
Habitualmente estamos afeitos a valorar as cousas polo seu precio, un
coche ou unha casa son valoradas en función do seu precio no mercado.
Pero cóstanos moito admitir que certas cousas que carecen de precio
poden ter un valor incalculable; a biodiversidade é unha delas.
Como acabamos de ver porque nos supón múltiples beneficios, pero
ademais a perda deste legado de valor incalculable tamén nos destruiría
nós mesmos. Levamos un suspiro en termos xeolóxicos neste planeta, pero
xa somos capaces de ignorar as normas do equilibrio natural, porque a
nosa capacidade científico-tecnolóxica permítenos en certa medida
escapar dos mecanismos da selección natural.
Pero tamén seremos ben ignorantes, se non pensamos na fraxiliadade da
nosa especie e a súa dependencia respecto das outras formas de vida.
As alarmas do planeta están ahí, e a perda de biodiversidade é una de elas.
4.4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE
Ao longo da historia, como dixemos, xa se sucederon outras extincións
masivas, e incluso outras menores. A actual é a sexta gran extinción,
pero neste caso é evitable porque as principais causas son
antropoxénicas:
 Destrución e fragmentación de hábitats:Destrución e fragmentación de hábitats: consecuencia do
descontrolado crecemento demográficocrecemento demográfico (sobre todo a partir da
Revolución Industrial do XIX que multiplica por seis a poboación
mundial) e o desenvolvemento agrícola, industrial e urbanodesenvolvemento agrícola, industrial e urbano. Este
crecemento provocou efectos adversos: deforestación, desertización,
sobrepastoreo, incremeto das áreas de cultivo e das cidades,
contaminación...
A Fundación Biodiversidade indica que a desertización afecta xa en
España ao 37% do noso territorio e establece que a pérdida de hábitats
é a principal causa da extinción do 87% das aves e do 45% dos
mamíferos (excluíndo os micromamíferos) en terra firme.
4.4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE
 O cambio climático:O cambio climático: fundamentalmente debido ao incremento do
efecto invernadoiro. Este cambio está a provocar a destrución de
hábitats o desprazamento de especies a alteracións dos ciclos
reprodutivos...
O século pasado a temperatura incrementouse en 0,6ºC a nivel mundial.
En Europa 0,95ºC e en España 1,5ºC. Que efectos ten?
A rá patilonga que só vive en España desapereceu do Sistema Central.
Algúns osos da cordilleira cantábrica xa non hibernan. (Fundación
Biodiversidade).
 A introdución de especies exóticas:A introdución de especies exóticas: as especies introducidas compiten
coas autóctonas. Na actualidade hai unhas 400000 especies foráneas e
os seus efectos poden ser devastadores na fauna nativa. Un dos
exemplos máis escandalosos é o da perca do Nilo introducida no lago
Victoria nos anos cincuenta; é a principal responsable da extinción, polo
momento, de 200 especies.
4.4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE
4.4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE
 Sobreexplotación das especies:Sobreexplotación das especies: a sobreexplotación ocorre cando
se sobrepasa a sostenibilidade do recurso.
Débese a caza e pesca descontroladas, o comercio ilegal de especies
exóticas, ao coleccionismo...
5.5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADEPROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE
A protección do medioambiente non é sinxela porque soe topar con
intereses económicos e políticos, e a conservación da biodiversidade
non é unha excepción.
Existen convenios, normativas e directivas proteccionistas nos países
desenvolvidos que non sempre se cumpren.
Nos países en vías de desenvolvemento, onde as restriccións
medioambientais vense supeditadas aos ingresos derivados da
explotación dos recursos biolóxicos con maior facilidade e a presión
dos interese económicos do primeiro mundo, a situación é complicada e
normalmente é o medio o que sae perdendo.
Pero tamén nos países do chamado 1º mundo temos unha débeda
enorme co medio natural: en Europa centos de hábitats están en
declive, o 42% dos mamíferos, o 15% das aves e o 52% dos peixes
doceacuícolas atópanse en perigo de extinción.
5.5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADEPROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE
Na actualidade, a protección da biodiversidade é un dos eixes
fundamentais das políticas medioambientais comunitarias xunto coa
xestión dos residuos e da auga.
De que modo podemos protexela?
A conservación da biodiversidade pode levarse a cabo de dous xeitos:
 Conservación “in situ”:Conservación “in situ”: conservación dos hábitats e ecosistemas onde
habitan as especies ameazadas:
- En grandes áreas: “hot spots”, Reservas da Biosfera, Red Natura
2000...
- Locais: Parques nacionais, paisaxes protexidos...
 Conservación “ex situ”:Conservación “ex situ”: consiste en recuperar as especies fóra do
seu hábitat, en parques zoolóxicos, centros de investigación,
invernadoiros...
5.5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADEPROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE
No cumio de Gotemburgo de 2001 os países membros da Unión Europea
acordaron levar a cabo as seguintes medidas para a protección dos
hábitats e especies máis importantes:
 Establecer lugares protexidoslugares protexidos: parques nacionais, parques naturais,
reservas da biosfera... Para a conservación de especies ou polo interese
ecolóxico.
 Crear centrosCrear centros botánicos e zoolóxicos para aplicar a biotecnoloxía na
constitución de bancos de xenes, de sementes e a clonación.
 Recuperar especies ameazadas ou en perigo de extinciónRecuperar especies ameazadas ou en perigo de extinción para o que
se fan catálogos de especies nestas situacións e se prohibe a súa caza e
comercio.
 Preservar e restaurar a biodiversidadePreservar e restaurar a biodiversidade
 Restablecer as poboacións de peixes e os hábitats mariñosRestablecer as poboacións de peixes e os hábitats mariños
5.5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADEPROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE
 Reducir o impacto do comercioReducir o impacto do comercio internacional na biodiversidade,
especialmente co fin de limitar a deforestación tropical.
 Limitar as emisións de gases de efecto invernadoiroLimitar as emisións de gases de efecto invernadoiro para frear o
cambio climático.
 Fomentar a investigaciónFomentar a investigación
 Decretar e respectar as leis de conservación do medioDecretar e respectar as leis de conservación do medio
 Fomentar a educación na conservación e o desenvolvemento sostibleFomentar a educación na conservación e o desenvolvemento sostible
Non só os estados como tales teñen responsabilidade e poden facer
algo. Os cidadáns tamén podemos aportar moito cambiando os nosos
hábitos: reducir os residuos e xestionar sostiblemente os que
producimos, aforrar auga, usar o transporte público, respectar o medio
natural e as especies que nel viven, non mercar animais exóticos
ilegais...
6.6. CANTA BIODIVERSIDADE?CANTA BIODIVERSIDADE?
Dende que LinneoLinneo, a finais do XVIII, establecerá o seu sistema
binomial de clasificación e nomeara 9000 especies os engadidos a esta
listaxe non deixou de crecer ata actualidade.
Hoxe coñecemos cerca de 2 millóns de especies, pero a riqueza
biolóxica do planeta é moi difícil de cuantificar, xa que os científicos
estiman que podería haber uns 13 ou 14 millóns de especies.
E dicir, descoñecemos a maioría dos organismos que poboan o noso
planeta.
A maior parte das especies identificadas (que non por elo estudadas)
atópanse no medio terrestre (85%).
O grupo máis numeroso é o dos coleópteros (escaravellos), unhas
850.000 especies.
6.6. CANTA BIODIVERSIDADE?CANTA BIODIVERSIDADE?
Das plantas, unhas 250.000 especies, a maioría son espermatófitas.
A medida que investigamos novos ecosistemas aparecen novas especies,
cada ano descubrimos unhas cen novas.
Os organismos máis coñecidos son os macroscópicos, sobre todo aves e
mamíferos que soen alcanzar os tamaños máis grandes.
Os microorganismos, a pesar de pasar desapercibidos, xogan un papel
fundamental na vida na Terra. Os últimos métodos de estudo establecen
unha diversidade maior da que consideramos ata agora (5%). Foron os
primeiros moradores e os responsables do inicio dalgunhas das
transformacións esenciais (osixenación da atmosfera e formación da
capa de ozono, captación do dióxido de carbono...) que se sucederon
neste planeta para que poidera albergar a diversidade biolóxica da
actualidade.
7.7. AS ADAPTACIÓNS AO MEDIOAS ADAPTACIÓNS AO MEDIO
A biodiversidade é consecuencia das adaptacións dos organismos aos
diferentes medios e as fluctuacións que neles se producen no espazo e
no tempo.
Unha adaptación é un conxunto de características dun ser vivo que lle
permiten sobrevivir nun medio determinado, reproducirse, e deixar
descendencia. As adaptacións poden ser:
 Anatómicas ou morfolóxicas:Anatómicas ou morfolóxicas: refírense a forma ou aparencia do
organismo. p.e.:tipos de peteiros nas aves, follas transformadas en
espiñas e talo de reserva dos cactos, dentinción mamífera...
 Fisiolóxicas:Fisiolóxicas: teñen que ver co funcionamento do organismo. p.e.:
ecolocalización nos golfiños e morcegos, plantas CAM...
 Comportamentais:Comportamentais: relaciónanse coas respostas a determinados
estímulos. p.e.: bancos ou manadas de animais, baños de sol dos réptiles...
7.7. AS ADAPTACIÓNS AO MEDIOAS ADAPTACIÓNS AO MEDIO
 Adaptacións nas plantasAdaptacións nas plantas
Como as plantas non se desprazan, non soen ter adaptacións
comportamentais.
Os factores determinantes soen ser a auga, a temperatura, a luz...
Adaptacións nos animaisAdaptacións nos animais
Nos animais aparecen os tres tipos de adaptacións xa comentados.Nos animais aparecen os tres tipos de adaptacións xa comentados.
8.8. A BIODIVERSIDADE EN ESPAÑAA BIODIVERSIDADE EN ESPAÑA
O noso país é o máis diverso do continente europeo, é isto non é só un
privilexio, senón que leva consigo unha grande responsabilidade.
Algúns datos de interese:Algúns datos de interese:
 España alberga 121 dos 217 hábitats terrestres declarados de
interese comunitario pola Directiva de Hábitats.
 3 dos 11 grandes ecosistemas mariños das augas europeas
podémolos atopar no noso país. Especial mención merece o
Mediterráneo, que sendo somente o 0,8% da superficie mariña alberga
o 4% das especies mariñas descritas ata hoxe.
 Posuímos entre 8000-9000 sp. De plantas vasculares (80% da UE),
e ademais destas 1500 son endemismos patrios. De feito, a metade
dos endemismos europeos do noso continente atopámolos no nosos
país.
8.8. A BIODIVERSIDADE EN ESPAÑAA BIODIVERSIDADE EN ESPAÑA
 Albergamos 1000 sp. de musgos, 2000 de liques e uns 20000 fungos.
 Somos o estado con maior variedade de mamíferos e réptiles e o
terceiro en anfibios e peixes.
 España contén o 50% das especies de vertebrados e invertebrados
europeas.
Cales son as causas desta riqueza biolóxica?
 A localización xeográfica e a orografía que proporcionan gran variedade
de ecosistemas e hábitats.
 Ser ponte de unión entre dous continentes (Europa-África), sendo paso
para numerosas especies migratorias.
 As características diferentes das illas Canarias (illamento.climatoloxía).
 Industralización tardía respecto o resto de Europa que mantivo mellor
conservadas grandes áreas naturais.
ESPECIES REPRESENTATIVAS DA FLORA ESPAÑOLAESPECIES REPRESENTATIVAS DA FLORA ESPAÑOLA
 Carballo albarCarballo albar (Quercus(Quercus
robur)robur):: predomina no norte de
España onde forma grandes
carballeiras.
A aciñeiraA aciñeira (Quercus ilex)(Quercus ilex) e ae a
sobreirasobreira (Q. suber)(Q. suber) típicas do
bosque mediteráneo.
O pineiro albarO pineiro albar (Pinus sylvestris)(Pinus sylvestris) ee
o piñeiro do paíso piñeiro do país (P. pinaster)(P. pinaster) que
atopamos por encima dos 1000 m
de altitude.
Os bosques de Pinus canariensisPinus canariensis e a laurisulva predominan nas illas canarias.
As faiasAs faias (Fagus sylvatica)(Fagus sylvatica) ee
os abetos (Abies alba)os abetos (Abies alba) son as
especies características dos
bosques húmedos.
Os bosques de ribeirabosques de ribeira constituidos por especies como os salgueirossalgueiros (Salix sp.)(Salix sp.),
os ameneirosameneiros ( Alnus glutinosa),( Alnus glutinosa), aveleirasaveleiras (Corylus avellana),(Corylus avellana), álamosálamos (populus(populus
sp.)sp.) e bidueirose bidueiros (Betula sp.)(Betula sp.)
O pinsapopinsapo (Abies pinsapo)(Abies pinsapo) é un abeto
característico das serras de Cádiz e
Málaga.
As praderas de posidoniasposidonias
(Posidonia oceanica)(Posidonia oceanica) son típicas
dos fondos mariños
mediteráneos.
ESPECIES REPRESENTATIVAS DA FAUNA ESPAÑOLAESPECIES REPRESENTATIVAS DA FAUNA ESPAÑOLA
Hai en España unhas 100 especies de mamíferos...
Delfín mular (Tursiops truncatus)(Tursiops truncatus)
Oso pardo (Ursus arctus)Ursus arctus)
Lince ibérico (Lynx pardina)(Lynx pardina)
Unhas 460 especies de aves...
Aguia real (Aquila(Aquila
chrysaetos)chrysaetos)
Bubela (Upupa(Upupa
epops)epops)
Pita do monte (Tetrao(Tetrao
urogallus)urogallus)
Quebrantaósos (Gypaetus barbatus)(Gypaetus barbatus)
83 de réptiles, 28 de anfibios...
Víbora de Seoane ou
cantábrica (Vipera seoanei)(Vipera seoanei)
Ra de San Antón (Hyla arborea)(Hyla arborea)
Lagarto arnal (Timon(Timon
lepidus)lepidus)
E unhas 70 de peixes continentais
Salmo truttaSalmo trutta
Lampreta fluviatisLampreta fluviatis
9.9. OS ENDEMISMOSOS ENDEMISMOS
Os endemismosendemismos son especies dunha zona xeográfica que non se atopan
noutro lugar do mundo.
Orixínanse pola imposibilidade dunha especie para cruzarse con outras
poboacións.
As especies endémicas viven en zonas cunhas condicións moi determinadas.
Esa zona de distribución pode ser unha serra, unha illa, un país ou
territorios de varios países nos que atopamos as condicións que precisan.
Por esta razón faise imprescindible aclarar sempre o ámbito dun
endemismo: endemimo peninsular, endemismo canario, endemismo
noroccidental ...
Un endemismos adquire maior interese canto menor é a súa área de
distribución.
Na Península estímanse un 1000 endemismos e nas Canarias hai arredor
duns 500.
9.9. OS ENDEMISMOSOS ENDEMISMOS
Algúns endemismos do noso territorio son:
Furapresas ibérico (Galemys pyrenaicus)(Galemys pyrenaicus)
Rana pirenaica (Rana pyrenaica)(Rana pyrenaica)
Lobo ibérico (Canis lupus(Canis lupus
sygnatus)sygnatus)
9.9. OS ENDEMISMOSOS ENDEMISMOS
Cangrexo cego-Jameito
(Muridopsis polymorpha)(Muridopsis polymorpha).
Endemismo de Lanzarote.
Saramaganta (Chioglossa lusitanica)(Chioglossa lusitanica)Drago grancanario (Dracaena tamaranae)(Dracaena tamaranae)
10.10. ESPECIES EN PERIGOESPECIES EN PERIGO
Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) unha
especie en perigo de extinciónperigo de extinción é aquela que corre perigo de desaparecer se
seguen actuando os factores que a ameazan, se diminúe drásticamente o seu
número ou o seu hábitat.
Esta organización internacional xunto con outras asesoras dende 1963 elabora a
listaxe ou libro vermello de especies ameazadaslistaxe ou libro vermello de especies ameazadas que se actualiza anualmente.
Nesta listaxe establécense varias categoriascategorias segundo o grao de ameaza nas que
se basa o Catálogo Nacional de Especies AmeazadasCatálogo Nacional de Especies Ameazadas do noso país que establece
dúas categorías:
 En perigo de extinción:En perigo de extinción: taxóns ou poboacións cuxa supervivencia é pouco
probable se continúan actuando os factores negativos. P.e. : visón europeo.
 Vulnerable:Vulnerable: taxóns ou poboacións que corren o risco de pasar á seguinte
categoría se non se corrixen os factores adversos. P.e.: Sisón común.
A inclusión neste catálogo supón medidas restrictivas para procurar a súa
conservación. Por exemplo en 2013 había 176 en perigo e 120 como vulnerables.
Hoxe: 192 en perigo e 134 vulnerables.
Algúns taxóns vulnerables en EspañaAlgúns taxóns vulnerables en España
Zapaticos da Virxe (Sarcocapnos baeticaSarcocapnos baetica
subsp. Baetica)subsp. Baetica) Cangrexo de río (Austropotamobius pallipes)(Austropotamobius pallipes)
Rana pirenaica (Rana pyrenaica)(Rana pyrenaica) Furapresas ibérico (Galemys pyrenaicus)(Galemys pyrenaicus)- Vulnerable en
todas as poboacións excepto no Sistema Central onde
se atopa en perigo de extinción.
Algúns taxóns en perigo de extinción en EspañaAlgúns taxóns en perigo de extinción en España
Fento de sombra (Diplazium caudatum)(Diplazium caudatum)
nesta categoría a nivel penínsular.
Cangrexo cego-Jameito (Muridopsis(Muridopsis
polymorpha)polymorpha). Endemismo de
Lanzarote.
Lagarto xigante de El Hierro
Gallotia simonyi)Gallotia simonyi) Lince ibérico (Lynx pardina)(Lynx pardina)
11.11. A IMPORTANCIA DAS PLANTAS NOA IMPORTANCIA DAS PLANTAS NO
MANTEMENTO DA VIDAMANTEMENTO DA VIDA
Prácticamente todos os seres vivos dependen das plantas para a súa
supervivencia, xa que desempeñan función primordiais nos ecosistemas:
 Captan enerxía solar e liberan materia orgánica.
 Liberan osíxeno á atmosfera.
 Absorben o dióxido de carbono da atmosfera.
 Incorporan substancias inorgánicas moi importantes para os
ecosistemas (fósforo, nitróxeno, xofre , carbono...).
 Regulan o clima a través do control da humidade do aire.
 Participan no ciclo hidrolóxico: evapotranspiración, diminúen a
escorrentía e favorecen a infiltración.
 Ofrecen hábitats variados.
 Protexen da erosión do solo.
Bibliografía e Webgrafía:Bibliografía e Webgrafía:
- Castillo de la Torre, Aurelio; Meléndez Hevia, Ignacio; Madrid Rangel, Miguel Ángel; Blanco Kroeger, Marcos.
2008.“Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato”. Proxecto A Casa do Saber. Obradoiro-Santillana. Santiago de
Compostela. España.
- Díaz da Silva, Juan Ignacio; Cartelle, Yosi. 2007. “Guía dos Mamíferos de Galicia”. Baía Edicións. A Coruña.
- Galán Regalado, Pedro; Fernández Arias, Gustavo. 1993. “Anfibios e réptiles de Galicia”. Edicións Xerais de Galicia.
Vigo (Pontevedra).
www.adelaleiro.com
www.anita3b.blogspot.com
www.asturnatura.com
http://www.asturnatura.com/especie/salmo-trutta.html
ganar-ganar.mx - 450 × 300
http://www.biodiversidad.gob.mx/biodiversidad/que_es.html
blog.canariasviaja.com
www.cienciahoy.org.ar
www.efefuturo.com 
www.floraprotegida.es
http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&ved=0CC8QFjAA&url=http%3A%2F%2Fwww.figueraspacheco.com%2FEPlaS%2FCiES
%2FDocuments%2FBiodiversidad%2FDiversidad_biologica_en_Espana.pptx&ei=c8e2Uo7jEeWX7QaM3ICAAQ&usg=AFQjCNEj4JMCuYnLW_p-
PB0B23y40MCDnA&bvm=bv.58187178,d.Yms
http://www.historia.fcs.ucr.ac.cr/articulos/2010/esp_j0809/10isayfabriciociasur.html
www.inecc.gob.mx
signatus.org 
http://www.slideshare.net/FundacionBiodiveridad/que-es-la-biodiversidad?from_search=1
elllugar.wordpress.com
http://lapozadelanaturaleza.blogspot.com.es/2012/08/endemismos-de-nuestra-fauna.html
http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies-amenazadas/catalogo-nacional-de-especies-amenazadas/default.aspx
manu007ecologiayevolucion.blogspot.com
mexico.cnn.com 
montagnamontagna.com
nea.educastur.princast.es 
pacozamora.blogia.com
personal.cricyt.edu.ar
pponavarro.blogspot.com
www.sellavirtual.com 
solucionesambientalesefectivas.blogspot.com 
www.taringa.net
www.tiempodeexito.com
www.scielo.cl
www.sindioses.org
www.verdenorte.com
www.vertebradosibericos.org
www.wikipedia.org
http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Peces_continentales_de_la_pen%C3%ADnsula_ib%C3%A9rica
http://es.wikipedia.org/wiki/Chioglossa_lusitanica
http://es.wikipedia.org/wiki/Lista_Roja_de_la_UICN
m.wwf.es

Contenu connexe

En vedette

A diversidade dos seres vivos
A diversidade dos seres vivosA diversidade dos seres vivos
A diversidade dos seres vivos
Carlos Duarte
 
Aula Classificação dos Seres Vivos
Aula Classificação dos Seres VivosAula Classificação dos Seres Vivos
Aula Classificação dos Seres Vivos
Plínio Gonçalves
 
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e GaliciaTema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
Santi Pazos
 
La historia de los ordenadores
La historia de los ordenadoresLa historia de los ordenadores
La historia de los ordenadores
carlotaypaloma11
 
A diversidade climática
A diversidade climáticaA diversidade climática
A diversidade climática
Rosacidgalante
 
Climas y-medios-naturales-1229625984597631-1
Climas y-medios-naturales-1229625984597631-1Climas y-medios-naturales-1229625984597631-1
Climas y-medios-naturales-1229625984597631-1
Popifresh
 
Climas y biomas del mundo
Climas y biomas del mundoClimas y biomas del mundo
Climas y biomas del mundo
JaimeTrelles
 
Entrevista com a coruja
Entrevista com a corujaEntrevista com a coruja
Entrevista com a coruja
Raquel Becker
 

En vedette (20)

A diversidade dos seres vivos
A diversidade dos seres vivosA diversidade dos seres vivos
A diversidade dos seres vivos
 
I.3 classificação seres vivos
I.3 classificação seres vivosI.3 classificação seres vivos
I.3 classificação seres vivos
 
Aula Classificação dos Seres Vivos
Aula Classificação dos Seres VivosAula Classificação dos Seres Vivos
Aula Classificação dos Seres Vivos
 
Alaska2
Alaska2Alaska2
Alaska2
 
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e GaliciaTema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
 
Seres vivos
Seres vivosSeres vivos
Seres vivos
 
El arenque rojo
El arenque rojoEl arenque rojo
El arenque rojo
 
La historia de los ordenadores
La historia de los ordenadoresLa historia de los ordenadores
La historia de los ordenadores
 
Climas del mundo
Climas del mundoClimas del mundo
Climas del mundo
 
A diversidade climática
A diversidade climáticaA diversidade climática
A diversidade climática
 
Climas y-medios-naturales-1229625984597631-1
Climas y-medios-naturales-1229625984597631-1Climas y-medios-naturales-1229625984597631-1
Climas y-medios-naturales-1229625984597631-1
 
Dominios bioclimáticos españoles I. Los climas
Dominios bioclimáticos españoles I. Los climasDominios bioclimáticos españoles I. Los climas
Dominios bioclimáticos españoles I. Los climas
 
Los Climas Y Paisajes De EspañA
Los Climas Y Paisajes De EspañALos Climas Y Paisajes De EspañA
Los Climas Y Paisajes De EspañA
 
Climas y biomas del mundo
Climas y biomas del mundoClimas y biomas del mundo
Climas y biomas del mundo
 
Climas 1 eso
Climas 1 esoClimas 1 eso
Climas 1 eso
 
1 organização e diversidade dos seres vivos (cap01
1 organização e diversidade dos seres vivos  (cap011 organização e diversidade dos seres vivos  (cap01
1 organização e diversidade dos seres vivos (cap01
 
CLIMAS DE AMÉRICA.
CLIMAS DE AMÉRICA.CLIMAS DE AMÉRICA.
CLIMAS DE AMÉRICA.
 
Los medios naturales y su conservación
Los medios naturales y su conservaciónLos medios naturales y su conservación
Los medios naturales y su conservación
 
Entrevista com a coruja
Entrevista com a corujaEntrevista com a coruja
Entrevista com a coruja
 
Climas del mundo 1º eso
Climas del mundo 1º esoClimas del mundo 1º eso
Climas del mundo 1º eso
 

Similaire à Diversidade dos seres vivos

Cambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemasCambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemas
irenetraba
 
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e MaríaA biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
guesta313896
 
A biodiversidade por alba, cris y maría
A biodiversidade por alba, cris y maríaA biodiversidade por alba, cris y maría
A biodiversidade por alba, cris y maría
guesta313896
 
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e MaríaA biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
guesta313896
 
Módulo de sensibilización ambiental
Módulo de sensibilización ambientalMódulo de sensibilización ambiental
Módulo de sensibilización ambiental
Juan Santolino
 
Unidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izanUnidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izan
paulaif
 
Tema 8 os ecosistemas e o ser humano
Tema 8  os ecosistemas e o ser humanoTema 8  os ecosistemas e o ser humano
Tema 8 os ecosistemas e o ser humano
irenetraba
 
Especies en perigo
Especies en perigoEspecies en perigo
Especies en perigo
iesasorey
 
Dm Medio Ambiente
Dm Medio AmbienteDm Medio Ambiente
Dm Medio Ambiente
iesasorey
 

Similaire à Diversidade dos seres vivos (20)

Cambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemasCambios nos ecosistemas
Cambios nos ecosistemas
 
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e MaríaA biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
 
A biodiversidade por alba, cris y maría
A biodiversidade por alba, cris y maríaA biodiversidade por alba, cris y maría
A biodiversidade por alba, cris y maría
 
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e MaríaA biodiversidade: por Alba, Cris e María
A biodiversidade: por Alba, Cris e María
 
Organizacion e diversidade da biosfera
Organizacion e diversidade da biosferaOrganizacion e diversidade da biosfera
Organizacion e diversidade da biosfera
 
Organización y diversidad en la biosfera
Organización y diversidad en la biosferaOrganización y diversidad en la biosfera
Organización y diversidad en la biosfera
 
Módulo de sensibilización ambiental
Módulo de sensibilización ambientalMódulo de sensibilización ambiental
Módulo de sensibilización ambiental
 
Unidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izanUnidad 3 diego-e_izan
Unidad 3 diego-e_izan
 
Os ecosistemas novo
Os ecosistemas novoOs ecosistemas novo
Os ecosistemas novo
 
Tema 8 os ecosistemas e o ser humano
Tema 8  os ecosistemas e o ser humanoTema 8  os ecosistemas e o ser humano
Tema 8 os ecosistemas e o ser humano
 
Especies en perigo
Especies en perigoEspecies en perigo
Especies en perigo
 
O Desenvolvemento
O DesenvolvementoO Desenvolvemento
O Desenvolvemento
 
Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Dm Medio Ambiente
Dm Medio AmbienteDm Medio Ambiente
Dm Medio Ambiente
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
A contaminación e a sobreexplotación
A contaminación e a sobreexplotaciónA contaminación e a sobreexplotación
A contaminación e a sobreexplotación
 
Tema 11 CMC
Tema 11 CMCTema 11 CMC
Tema 11 CMC
 
Tema 12. a dinámica dos ecosistemas
Tema 12. a dinámica dos ecosistemasTema 12. a dinámica dos ecosistemas
Tema 12. a dinámica dos ecosistemas
 
O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundo
 
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
A estrutura dos ecosistemas maría casares (t 5)
 

Plus de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

Plus de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Microorganismos
MicroorganismosMicroorganismos
Microorganismos
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Enxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutaciónsEnxeñería xenética e mutacións
Enxeñería xenética e mutacións
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 

Dernier

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (11)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 

Diversidade dos seres vivos

  • 2. 1.1. QUE É A BIODIVERSIDADE?QUE É A BIODIVERSIDADE? O termo “biodiversidade” foi acuñado polo biólogo Edward O. Wilson no Foro Nacional sobre Diversidade Biolóxica de Estados Unidos de 1985. Podemos definila, de xeito sinxelo, como a diversidade de seres vivos que habitaron e habitan este planeta. Tras o Convenio sobre diversidade biolóxica de 1992, en Río de Xaneiro, o termo ampliou o seu significado facendo referencia a tres conceptos:  Diversidade Xenética:Diversidade Xenética: o acervo xenético de cada especie.  Diversidade de Especies:Diversidade de Especies: todas as especies.  Diversidade de Ecosistemas:Diversidade de Ecosistemas: variedade de espazos ou hábitats. Estos tres niveis de competencia da biodiversidade están íntimamente relacionados e presentan unha xerarquía; o primeiro está incluido no segundo e éste a súa vez no terceiro.
  • 3. 2.2. DISTRIBUCIÓN DA BIODIVERSIDADEDISTRIBUCIÓN DA BIODIVERSIDADE A Biodiversidade non se reparte de xeito uniforme ao longo do planeta. En xeral, aumenta a medida que nos desprazamos dende os polos cara o ecuador. As zonas de maior diversidade biolóxica atópanse nos trópicos (selvas tropicais, arrecifes de corais e chairas abisais) e arredor deles. Supoñen o 1,4% das terras emerxidas e neles atopamos o 45% das plantas vasculares e o 35% dos vertebrados. Estas zonas que constitúen verdadeiros bancos de diversidade reciben o nome de “puntos quentes”“puntos quentes” da biodiversidade, e normalmente están sometidos tamén a fortes impactos negativos. A conca mediterránea é un deles.
  • 4.
  • 5. 3.3. IMPORTANCIA E BENEFICIOS DAIMPORTANCIA E BENEFICIOS DA BIODIVERSIDADEBIODIVERSIDADE Dende os inicios da vida neste planeta ata a actualidade sucedéronse extincións masivasextincións masivas que acabaron con boa parte da biodiversidade. Polo de agora, tras estos procesos de mortandade masiva a biodiversidade volveu a xurdir: novas especies aproveitaron (adaptáronse) os nichos ecolóxicos e hábitats que quedaron “libres”. Por tanto, o proceso evolutivo continuou, permitindo a gran biodiversidade actual: é dicir, a biodiversidade actual débese a diversidade biolóxica que a precedeu é será a que permita a biodiversidade futura. Agora cabe preguntarse: Por que preocuparnos pola biodiversidade? Cales son os beneficios que nos aporta?
  • 6. 3.3. IMPORTANCIA E BENEFICIOS DAIMPORTANCIA E BENEFICIOS DA BIODIVERSIDADEBIODIVERSIDADE Debemos conservar a biodiversidade do planeta porque supón múltiples beneficios:  Favorece a estabilidade do clima (control do efecto invernadoiro, humidade ambiental...), o mantemento da fertilidade do solo (reciclaxe da materia, protección fronte a erosión...) e a calidade das augas (filtro verde, reciclaxe da materia orgánica evitando fenómenos de eutrofización, riqueza biolóxica...).  Dela obtemos moitas materias primas: alimentos (o 99% do que comemos), mediciñas, produtos industriais (cortiza, tinguiduras, madeira, la…) e tamén enerxía (biomasa, combustibles fósiles...).  Protexela implica coñecer mellor os ecosistemas.  A natureza é de por sí un valor: espazo recreativo, artístico...
  • 7. 4.4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE Habitualmente estamos afeitos a valorar as cousas polo seu precio, un coche ou unha casa son valoradas en función do seu precio no mercado. Pero cóstanos moito admitir que certas cousas que carecen de precio poden ter un valor incalculable; a biodiversidade é unha delas. Como acabamos de ver porque nos supón múltiples beneficios, pero ademais a perda deste legado de valor incalculable tamén nos destruiría nós mesmos. Levamos un suspiro en termos xeolóxicos neste planeta, pero xa somos capaces de ignorar as normas do equilibrio natural, porque a nosa capacidade científico-tecnolóxica permítenos en certa medida escapar dos mecanismos da selección natural. Pero tamén seremos ben ignorantes, se non pensamos na fraxiliadade da nosa especie e a súa dependencia respecto das outras formas de vida. As alarmas do planeta están ahí, e a perda de biodiversidade é una de elas.
  • 8. 4.4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE Ao longo da historia, como dixemos, xa se sucederon outras extincións masivas, e incluso outras menores. A actual é a sexta gran extinción, pero neste caso é evitable porque as principais causas son antropoxénicas:  Destrución e fragmentación de hábitats:Destrución e fragmentación de hábitats: consecuencia do descontrolado crecemento demográficocrecemento demográfico (sobre todo a partir da Revolución Industrial do XIX que multiplica por seis a poboación mundial) e o desenvolvemento agrícola, industrial e urbanodesenvolvemento agrícola, industrial e urbano. Este crecemento provocou efectos adversos: deforestación, desertización, sobrepastoreo, incremeto das áreas de cultivo e das cidades, contaminación... A Fundación Biodiversidade indica que a desertización afecta xa en España ao 37% do noso territorio e establece que a pérdida de hábitats é a principal causa da extinción do 87% das aves e do 45% dos mamíferos (excluíndo os micromamíferos) en terra firme.
  • 9. 4.4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE  O cambio climático:O cambio climático: fundamentalmente debido ao incremento do efecto invernadoiro. Este cambio está a provocar a destrución de hábitats o desprazamento de especies a alteracións dos ciclos reprodutivos... O século pasado a temperatura incrementouse en 0,6ºC a nivel mundial. En Europa 0,95ºC e en España 1,5ºC. Que efectos ten? A rá patilonga que só vive en España desapereceu do Sistema Central. Algúns osos da cordilleira cantábrica xa non hibernan. (Fundación Biodiversidade).
  • 10.
  • 11.  A introdución de especies exóticas:A introdución de especies exóticas: as especies introducidas compiten coas autóctonas. Na actualidade hai unhas 400000 especies foráneas e os seus efectos poden ser devastadores na fauna nativa. Un dos exemplos máis escandalosos é o da perca do Nilo introducida no lago Victoria nos anos cincuenta; é a principal responsable da extinción, polo momento, de 200 especies. 4.4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE
  • 12. 4.4. PERDA DE BIODIVERSIDADEPERDA DE BIODIVERSIDADE  Sobreexplotación das especies:Sobreexplotación das especies: a sobreexplotación ocorre cando se sobrepasa a sostenibilidade do recurso. Débese a caza e pesca descontroladas, o comercio ilegal de especies exóticas, ao coleccionismo...
  • 13. 5.5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADEPROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE A protección do medioambiente non é sinxela porque soe topar con intereses económicos e políticos, e a conservación da biodiversidade non é unha excepción. Existen convenios, normativas e directivas proteccionistas nos países desenvolvidos que non sempre se cumpren. Nos países en vías de desenvolvemento, onde as restriccións medioambientais vense supeditadas aos ingresos derivados da explotación dos recursos biolóxicos con maior facilidade e a presión dos interese económicos do primeiro mundo, a situación é complicada e normalmente é o medio o que sae perdendo. Pero tamén nos países do chamado 1º mundo temos unha débeda enorme co medio natural: en Europa centos de hábitats están en declive, o 42% dos mamíferos, o 15% das aves e o 52% dos peixes doceacuícolas atópanse en perigo de extinción.
  • 14. 5.5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADEPROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE Na actualidade, a protección da biodiversidade é un dos eixes fundamentais das políticas medioambientais comunitarias xunto coa xestión dos residuos e da auga. De que modo podemos protexela? A conservación da biodiversidade pode levarse a cabo de dous xeitos:  Conservación “in situ”:Conservación “in situ”: conservación dos hábitats e ecosistemas onde habitan as especies ameazadas: - En grandes áreas: “hot spots”, Reservas da Biosfera, Red Natura 2000... - Locais: Parques nacionais, paisaxes protexidos...  Conservación “ex situ”:Conservación “ex situ”: consiste en recuperar as especies fóra do seu hábitat, en parques zoolóxicos, centros de investigación, invernadoiros...
  • 15. 5.5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADEPROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE No cumio de Gotemburgo de 2001 os países membros da Unión Europea acordaron levar a cabo as seguintes medidas para a protección dos hábitats e especies máis importantes:  Establecer lugares protexidoslugares protexidos: parques nacionais, parques naturais, reservas da biosfera... Para a conservación de especies ou polo interese ecolóxico.  Crear centrosCrear centros botánicos e zoolóxicos para aplicar a biotecnoloxía na constitución de bancos de xenes, de sementes e a clonación.  Recuperar especies ameazadas ou en perigo de extinciónRecuperar especies ameazadas ou en perigo de extinción para o que se fan catálogos de especies nestas situacións e se prohibe a súa caza e comercio.  Preservar e restaurar a biodiversidadePreservar e restaurar a biodiversidade  Restablecer as poboacións de peixes e os hábitats mariñosRestablecer as poboacións de peixes e os hábitats mariños
  • 16. 5.5. PROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADEPROTECCIÓN DA BIODIVERSIDADE  Reducir o impacto do comercioReducir o impacto do comercio internacional na biodiversidade, especialmente co fin de limitar a deforestación tropical.  Limitar as emisións de gases de efecto invernadoiroLimitar as emisións de gases de efecto invernadoiro para frear o cambio climático.  Fomentar a investigaciónFomentar a investigación  Decretar e respectar as leis de conservación do medioDecretar e respectar as leis de conservación do medio  Fomentar a educación na conservación e o desenvolvemento sostibleFomentar a educación na conservación e o desenvolvemento sostible Non só os estados como tales teñen responsabilidade e poden facer algo. Os cidadáns tamén podemos aportar moito cambiando os nosos hábitos: reducir os residuos e xestionar sostiblemente os que producimos, aforrar auga, usar o transporte público, respectar o medio natural e as especies que nel viven, non mercar animais exóticos ilegais...
  • 17. 6.6. CANTA BIODIVERSIDADE?CANTA BIODIVERSIDADE? Dende que LinneoLinneo, a finais do XVIII, establecerá o seu sistema binomial de clasificación e nomeara 9000 especies os engadidos a esta listaxe non deixou de crecer ata actualidade. Hoxe coñecemos cerca de 2 millóns de especies, pero a riqueza biolóxica do planeta é moi difícil de cuantificar, xa que os científicos estiman que podería haber uns 13 ou 14 millóns de especies. E dicir, descoñecemos a maioría dos organismos que poboan o noso planeta. A maior parte das especies identificadas (que non por elo estudadas) atópanse no medio terrestre (85%). O grupo máis numeroso é o dos coleópteros (escaravellos), unhas 850.000 especies.
  • 18. 6.6. CANTA BIODIVERSIDADE?CANTA BIODIVERSIDADE? Das plantas, unhas 250.000 especies, a maioría son espermatófitas. A medida que investigamos novos ecosistemas aparecen novas especies, cada ano descubrimos unhas cen novas. Os organismos máis coñecidos son os macroscópicos, sobre todo aves e mamíferos que soen alcanzar os tamaños máis grandes. Os microorganismos, a pesar de pasar desapercibidos, xogan un papel fundamental na vida na Terra. Os últimos métodos de estudo establecen unha diversidade maior da que consideramos ata agora (5%). Foron os primeiros moradores e os responsables do inicio dalgunhas das transformacións esenciais (osixenación da atmosfera e formación da capa de ozono, captación do dióxido de carbono...) que se sucederon neste planeta para que poidera albergar a diversidade biolóxica da actualidade.
  • 19.
  • 20. 7.7. AS ADAPTACIÓNS AO MEDIOAS ADAPTACIÓNS AO MEDIO A biodiversidade é consecuencia das adaptacións dos organismos aos diferentes medios e as fluctuacións que neles se producen no espazo e no tempo. Unha adaptación é un conxunto de características dun ser vivo que lle permiten sobrevivir nun medio determinado, reproducirse, e deixar descendencia. As adaptacións poden ser:  Anatómicas ou morfolóxicas:Anatómicas ou morfolóxicas: refírense a forma ou aparencia do organismo. p.e.:tipos de peteiros nas aves, follas transformadas en espiñas e talo de reserva dos cactos, dentinción mamífera...  Fisiolóxicas:Fisiolóxicas: teñen que ver co funcionamento do organismo. p.e.: ecolocalización nos golfiños e morcegos, plantas CAM...  Comportamentais:Comportamentais: relaciónanse coas respostas a determinados estímulos. p.e.: bancos ou manadas de animais, baños de sol dos réptiles...
  • 21. 7.7. AS ADAPTACIÓNS AO MEDIOAS ADAPTACIÓNS AO MEDIO  Adaptacións nas plantasAdaptacións nas plantas Como as plantas non se desprazan, non soen ter adaptacións comportamentais. Os factores determinantes soen ser a auga, a temperatura, a luz... Adaptacións nos animaisAdaptacións nos animais Nos animais aparecen os tres tipos de adaptacións xa comentados.Nos animais aparecen os tres tipos de adaptacións xa comentados.
  • 22.
  • 23.
  • 24.
  • 25. 8.8. A BIODIVERSIDADE EN ESPAÑAA BIODIVERSIDADE EN ESPAÑA O noso país é o máis diverso do continente europeo, é isto non é só un privilexio, senón que leva consigo unha grande responsabilidade. Algúns datos de interese:Algúns datos de interese:  España alberga 121 dos 217 hábitats terrestres declarados de interese comunitario pola Directiva de Hábitats.  3 dos 11 grandes ecosistemas mariños das augas europeas podémolos atopar no noso país. Especial mención merece o Mediterráneo, que sendo somente o 0,8% da superficie mariña alberga o 4% das especies mariñas descritas ata hoxe.  Posuímos entre 8000-9000 sp. De plantas vasculares (80% da UE), e ademais destas 1500 son endemismos patrios. De feito, a metade dos endemismos europeos do noso continente atopámolos no nosos país.
  • 26. 8.8. A BIODIVERSIDADE EN ESPAÑAA BIODIVERSIDADE EN ESPAÑA  Albergamos 1000 sp. de musgos, 2000 de liques e uns 20000 fungos.  Somos o estado con maior variedade de mamíferos e réptiles e o terceiro en anfibios e peixes.  España contén o 50% das especies de vertebrados e invertebrados europeas. Cales son as causas desta riqueza biolóxica?  A localización xeográfica e a orografía que proporcionan gran variedade de ecosistemas e hábitats.  Ser ponte de unión entre dous continentes (Europa-África), sendo paso para numerosas especies migratorias.  As características diferentes das illas Canarias (illamento.climatoloxía).  Industralización tardía respecto o resto de Europa que mantivo mellor conservadas grandes áreas naturais.
  • 27. ESPECIES REPRESENTATIVAS DA FLORA ESPAÑOLAESPECIES REPRESENTATIVAS DA FLORA ESPAÑOLA  Carballo albarCarballo albar (Quercus(Quercus robur)robur):: predomina no norte de España onde forma grandes carballeiras.
  • 28. A aciñeiraA aciñeira (Quercus ilex)(Quercus ilex) e ae a sobreirasobreira (Q. suber)(Q. suber) típicas do bosque mediteráneo.
  • 29. O pineiro albarO pineiro albar (Pinus sylvestris)(Pinus sylvestris) ee o piñeiro do paíso piñeiro do país (P. pinaster)(P. pinaster) que atopamos por encima dos 1000 m de altitude.
  • 30. Os bosques de Pinus canariensisPinus canariensis e a laurisulva predominan nas illas canarias.
  • 31. As faiasAs faias (Fagus sylvatica)(Fagus sylvatica) ee os abetos (Abies alba)os abetos (Abies alba) son as especies características dos bosques húmedos.
  • 32. Os bosques de ribeirabosques de ribeira constituidos por especies como os salgueirossalgueiros (Salix sp.)(Salix sp.), os ameneirosameneiros ( Alnus glutinosa),( Alnus glutinosa), aveleirasaveleiras (Corylus avellana),(Corylus avellana), álamosálamos (populus(populus sp.)sp.) e bidueirose bidueiros (Betula sp.)(Betula sp.)
  • 33. O pinsapopinsapo (Abies pinsapo)(Abies pinsapo) é un abeto característico das serras de Cádiz e Málaga. As praderas de posidoniasposidonias (Posidonia oceanica)(Posidonia oceanica) son típicas dos fondos mariños mediteráneos.
  • 34. ESPECIES REPRESENTATIVAS DA FAUNA ESPAÑOLAESPECIES REPRESENTATIVAS DA FAUNA ESPAÑOLA Hai en España unhas 100 especies de mamíferos... Delfín mular (Tursiops truncatus)(Tursiops truncatus) Oso pardo (Ursus arctus)Ursus arctus) Lince ibérico (Lynx pardina)(Lynx pardina)
  • 35. Unhas 460 especies de aves... Aguia real (Aquila(Aquila chrysaetos)chrysaetos) Bubela (Upupa(Upupa epops)epops) Pita do monte (Tetrao(Tetrao urogallus)urogallus) Quebrantaósos (Gypaetus barbatus)(Gypaetus barbatus)
  • 36. 83 de réptiles, 28 de anfibios... Víbora de Seoane ou cantábrica (Vipera seoanei)(Vipera seoanei) Ra de San Antón (Hyla arborea)(Hyla arborea) Lagarto arnal (Timon(Timon lepidus)lepidus)
  • 37. E unhas 70 de peixes continentais Salmo truttaSalmo trutta Lampreta fluviatisLampreta fluviatis
  • 38. 9.9. OS ENDEMISMOSOS ENDEMISMOS Os endemismosendemismos son especies dunha zona xeográfica que non se atopan noutro lugar do mundo. Orixínanse pola imposibilidade dunha especie para cruzarse con outras poboacións. As especies endémicas viven en zonas cunhas condicións moi determinadas. Esa zona de distribución pode ser unha serra, unha illa, un país ou territorios de varios países nos que atopamos as condicións que precisan. Por esta razón faise imprescindible aclarar sempre o ámbito dun endemismo: endemimo peninsular, endemismo canario, endemismo noroccidental ... Un endemismos adquire maior interese canto menor é a súa área de distribución. Na Península estímanse un 1000 endemismos e nas Canarias hai arredor duns 500.
  • 39. 9.9. OS ENDEMISMOSOS ENDEMISMOS Algúns endemismos do noso territorio son: Furapresas ibérico (Galemys pyrenaicus)(Galemys pyrenaicus) Rana pirenaica (Rana pyrenaica)(Rana pyrenaica) Lobo ibérico (Canis lupus(Canis lupus sygnatus)sygnatus)
  • 40. 9.9. OS ENDEMISMOSOS ENDEMISMOS Cangrexo cego-Jameito (Muridopsis polymorpha)(Muridopsis polymorpha). Endemismo de Lanzarote. Saramaganta (Chioglossa lusitanica)(Chioglossa lusitanica)Drago grancanario (Dracaena tamaranae)(Dracaena tamaranae)
  • 41. 10.10. ESPECIES EN PERIGOESPECIES EN PERIGO Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) unha especie en perigo de extinciónperigo de extinción é aquela que corre perigo de desaparecer se seguen actuando os factores que a ameazan, se diminúe drásticamente o seu número ou o seu hábitat. Esta organización internacional xunto con outras asesoras dende 1963 elabora a listaxe ou libro vermello de especies ameazadaslistaxe ou libro vermello de especies ameazadas que se actualiza anualmente. Nesta listaxe establécense varias categoriascategorias segundo o grao de ameaza nas que se basa o Catálogo Nacional de Especies AmeazadasCatálogo Nacional de Especies Ameazadas do noso país que establece dúas categorías:  En perigo de extinción:En perigo de extinción: taxóns ou poboacións cuxa supervivencia é pouco probable se continúan actuando os factores negativos. P.e. : visón europeo.  Vulnerable:Vulnerable: taxóns ou poboacións que corren o risco de pasar á seguinte categoría se non se corrixen os factores adversos. P.e.: Sisón común. A inclusión neste catálogo supón medidas restrictivas para procurar a súa conservación. Por exemplo en 2013 había 176 en perigo e 120 como vulnerables. Hoxe: 192 en perigo e 134 vulnerables.
  • 42. Algúns taxóns vulnerables en EspañaAlgúns taxóns vulnerables en España Zapaticos da Virxe (Sarcocapnos baeticaSarcocapnos baetica subsp. Baetica)subsp. Baetica) Cangrexo de río (Austropotamobius pallipes)(Austropotamobius pallipes) Rana pirenaica (Rana pyrenaica)(Rana pyrenaica) Furapresas ibérico (Galemys pyrenaicus)(Galemys pyrenaicus)- Vulnerable en todas as poboacións excepto no Sistema Central onde se atopa en perigo de extinción.
  • 43. Algúns taxóns en perigo de extinción en EspañaAlgúns taxóns en perigo de extinción en España Fento de sombra (Diplazium caudatum)(Diplazium caudatum) nesta categoría a nivel penínsular. Cangrexo cego-Jameito (Muridopsis(Muridopsis polymorpha)polymorpha). Endemismo de Lanzarote. Lagarto xigante de El Hierro Gallotia simonyi)Gallotia simonyi) Lince ibérico (Lynx pardina)(Lynx pardina)
  • 44. 11.11. A IMPORTANCIA DAS PLANTAS NOA IMPORTANCIA DAS PLANTAS NO MANTEMENTO DA VIDAMANTEMENTO DA VIDA Prácticamente todos os seres vivos dependen das plantas para a súa supervivencia, xa que desempeñan función primordiais nos ecosistemas:  Captan enerxía solar e liberan materia orgánica.  Liberan osíxeno á atmosfera.  Absorben o dióxido de carbono da atmosfera.  Incorporan substancias inorgánicas moi importantes para os ecosistemas (fósforo, nitróxeno, xofre , carbono...).  Regulan o clima a través do control da humidade do aire.  Participan no ciclo hidrolóxico: evapotranspiración, diminúen a escorrentía e favorecen a infiltración.  Ofrecen hábitats variados.  Protexen da erosión do solo.
  • 45.
  • 46. Bibliografía e Webgrafía:Bibliografía e Webgrafía: - Castillo de la Torre, Aurelio; Meléndez Hevia, Ignacio; Madrid Rangel, Miguel Ángel; Blanco Kroeger, Marcos. 2008.“Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato”. Proxecto A Casa do Saber. Obradoiro-Santillana. Santiago de Compostela. España. - Díaz da Silva, Juan Ignacio; Cartelle, Yosi. 2007. “Guía dos Mamíferos de Galicia”. Baía Edicións. A Coruña. - Galán Regalado, Pedro; Fernández Arias, Gustavo. 1993. “Anfibios e réptiles de Galicia”. Edicións Xerais de Galicia. Vigo (Pontevedra). www.adelaleiro.com www.anita3b.blogspot.com www.asturnatura.com http://www.asturnatura.com/especie/salmo-trutta.html ganar-ganar.mx - 450 × 300 http://www.biodiversidad.gob.mx/biodiversidad/que_es.html blog.canariasviaja.com www.cienciahoy.org.ar www.efefuturo.com  www.floraprotegida.es http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&ved=0CC8QFjAA&url=http%3A%2F%2Fwww.figueraspacheco.com%2FEPlaS%2FCiES %2FDocuments%2FBiodiversidad%2FDiversidad_biologica_en_Espana.pptx&ei=c8e2Uo7jEeWX7QaM3ICAAQ&usg=AFQjCNEj4JMCuYnLW_p- PB0B23y40MCDnA&bvm=bv.58187178,d.Yms http://www.historia.fcs.ucr.ac.cr/articulos/2010/esp_j0809/10isayfabriciociasur.html www.inecc.gob.mx signatus.org  http://www.slideshare.net/FundacionBiodiveridad/que-es-la-biodiversidad?from_search=1 elllugar.wordpress.com http://lapozadelanaturaleza.blogspot.com.es/2012/08/endemismos-de-nuestra-fauna.html http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies-amenazadas/catalogo-nacional-de-especies-amenazadas/default.aspx manu007ecologiayevolucion.blogspot.com mexico.cnn.com  montagnamontagna.com nea.educastur.princast.es  pacozamora.blogia.com personal.cricyt.edu.ar pponavarro.blogspot.com www.sellavirtual.com  solucionesambientalesefectivas.blogspot.com  www.taringa.net www.tiempodeexito.com www.scielo.cl www.sindioses.org www.verdenorte.com www.vertebradosibericos.org www.wikipedia.org http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Peces_continentales_de_la_pen%C3%ADnsula_ib%C3%A9rica http://es.wikipedia.org/wiki/Chioglossa_lusitanica http://es.wikipedia.org/wiki/Lista_Roja_de_la_UICN m.wwf.es