SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  72
Télécharger pour lire hors ligne
A FUNCIÓN DE RELACIÓN
Profesor: Adán Gonçalves
INTRODUCIÓN
Se unha pomba chega por primeira vez a unha praza dunha cidade,
asustarase as primeiras veces que un coche toque o claxón ou frene
bruscamente, pero pasado un tempo habituarase a ese son e aprenderá
que non hai perigo.
Do mesmo xeito os cisnes dun estanque ou os peixes dun acuario
aproxímanse aos marxes do mesmo porque saben que neses puntos
atópase o suministro de comida.
Igualmente cando unha manda de ñúes e cebras é atacada por un
depredador, por exemplo un grupo de leoas; toda a manda sae en fuga
aínda que non todos os animais observan, nin escoitan ao agresor.
Nas plantas, tamén hai respostas a estímulos externos como a orientación
cara a luz ou a humidade, aínda que en xeral, esas respostas non
supoñen movementos tan precisos, nin son tan elaboradas como nos
animais.
En outras ocasións os estímulos son internos, por exemplo un aumento
do azúcre (glucosa) no sangue aumenta a produción de insulina no
páncreas para diminuír a súa concentración.
Se comprendiches o anterior...
 Que é un estímulo? Pon un exemplo.
 Que é unha resposta? Pon un exemplo.
 De onde proveñen os estímulos?
 Se che doe a barriga por un empacho, esto sería un estímulo?
1. A FUNCIÓN DE RELACIÓN
A relación é a función vital que permite aos organismos captar cambios
no medio (estímulos) dentro ou fóra do seu corpo e respostar o mellor
posible para sobrevivir.
Elementos da función de Relación:
 Estímulos: variacións do medio externo ou interno capaces de desencadear unha
resposta.
Segundo a súa natureza poden ser: físicos (luz, Tª...), químicos como a presenza ou
ausencia dunha substancia (auga, sales...) ou bióticos (influenciados por outros
organismos).
Asemade segundo a súa procedencia poden ser internos ou externos se teñen a súa
orixe dentro ou fóra do corpo.
 Receptores: son estruturas que captan os estímulos. Nos animais, os receptores
externos agrúpanse formando os órganos dos sentidos.
 Coordinadores: órganos que reciben a información dos receptores. Encárgarse de
interpretala e elaborar as respostas. Nos animais hai dous sistemas de
coordinación: o sistema nervioso e o sistema endócrino ou hormonal.
 Efectores: son as estruturas que levan a cabo as repostas elaboradas polos
coordinadores. Son os músculos e as glándulas.
ELEMENTOS DA FUNCIÓN DE RELACIÓN
O proceso polo cal un receptor sensorial reacciona dun xeito axeitado ante
un estímulo determinado denomínase transdución sensorial.
Atendendo a localización falamos de:
 Exterorreceptores: sitúanse na superficie corporal e captan estímulos
externos. Nos animais, como dixemos, forman os órganos dos sentidos.
P.e.: os ollos, os ocelos, as antenas...
 Interorreceptores: localízanse no interior do corpo e captan estímulos
internos. P.e.: os receptores da dor (nociceptores), os receptores de
posición das articulacións...
Atendendo ao tipo de estímulo diferenciamos:
 Receptores mecánicos: son os sensibles ao tacto, á presión, á dor (fálase
de nociceptores), ao movemento e ao son. P.e.: o oído.
 Receptores químicos: captan unha/s substancia/s no medio. P.e: as
papilas gustativas de moitos vertebrados.
 Receptores térmicos: perciben cambios de temperatura. P.e.: os
repartidos pola pel nos vertebrados.
 Receptores luminosos: reciben luz e permiten a visión. P.e: os ollos
simples e compostos en moitos artrópodos.
A RESPOSTA
A resposta é a acción ou accións que executa un organismo fronte a un
estímulo.
Hai dous tipos de respostas:
 Motora: supón un movemento e é levada a cabo polos músculos que
son os efectores neste caso. P.e.: correr cando vemos que se vai o
autobus.
 Secretora: supón a produción dunha substancia, é dicir, unha
secrección. Neste caso os efectores son as glándulas. P.e.: salivar
cando vemos nun escaparate un alimento apetecible.
Estímulos e respostas
COMPORTAMENTO E ADAPTACIÓN
O comportamento é o conxunto de respostas dun ser vivo fronte aos estímulos
externos. Diferenciamos dous tipos:
 Innato ou instintivo: debido a herdanza, o posúe o animal dende o seu
nacemento e non require aprendizaxe. P.e: a succión das mamas nos
mamíferos, os patiños que seguen a súa nai...
 Adquirido ou aprendido: ven dado polo ambiente e é resultado dunha
aprendizaxe. Este comportamneto é modificable. P.e: as pombas que
escapan do ruido na praza ou o caso dos peixes do acuario...
Todos os animais teñen capacidade de aprendizaxe o que varía é o grao de
adquisición do mesmo porque esta capacidade relaciónase coa intelixencia.
SISTEMAS DE COORDINACIÓN
Os sistemas de coordinación permiten aos organismos realizar
simultaneamente múltiples funcións dun xeito coordinado.
Nos animais hai dous sistemas de coordinación:
 Sistema Nervioso: que regula e coordina as funcións mediante
impulsos nerviosos. Controla funcións que esixen respostas rápidas e
pouco duraderas.
 Sistema Endócrino: que exerce a súa regulación mediante a produción de
hormonas que son vertidas ao sangue. Controla funcións que requiren
respostas lentas, pero duradeiras.
SISTEMAS DE COORDINACIÓN
Características Sistema Nervioso Sistema Hormonal
Vía utilizada Nervios Sangue
Transmisión Impulso nervioso Hormonas
Velocidade resposta Rápida Lenta
Duración Curta Duradeira
Funcións que regula As que esixen resposta
rápidas: locomoción,
actos reflexos...
As que precisan
respostas mantidas no
tempo: crecemento,
metabolismo...
2. OS SENTIDOS E OS ÓRGANOS DOS SENTIDOS
2.1. O SENTIDO DO TACTO
Localizado na pel, infórmanos das variación
de temperatura e presión, da dor, da
textura...
Está formado por receptores que perciben
estímulos físicos:
Termorreceptores: Calor (Corpúsculo
de Ruffini) e frío (Corpúsculo de Krause)
Mecanorreceptores: Contacto
(Corpúsculo de Meissner) e presión
(Corpúsculo de Pacini-Vater)
Nociceptores: Dor (terminacións
nerviosas libres)
A pel esta formada por 3 capas:
 Epiderme: a máis externa. Epitelial.
 Derme: intermedia. Conxuntivo.
 Hipoderme: a máis interna. Capa
graxa.
A excepción dos nociceptores,
que son terminacións nerviosas,
os receptores alóxanse en
corpúsculos dérmicos.
Funcións da pel:
 Nela reside o tacto.
 É a nosa barreira de defensa fronte axente externos.
 Regula a nosa temperatura corporal grazas ao tecido adiposo
subcutáneo (hipodermis), as glándulas sudoríparas e os capilares
sanguíneos.
2.2. OLFACTO
Sentido encargado de detectar os
olores. No home reside no nariz e
está formado por
quimiorreceptores que compoñen o
epitelio olfactorio e detectan
substancias químicas gasosas.
No interior das fosas nasais
atopamos dúas zonas, na parte
superior a pituitaria amarela onde
se atopan as células olfactivas e na
inferior a pituitaria vermella (chea
de capilares sanguíneos) que se
ocupa de quentar e humedecer o
aire.
2.3. GUSTO
Capta substancias químicas solubles na saliva. Constituido por
quimiorreceptores.
Os receptores do gusto son células agrupadas en botóns gustativos, que
a súa vez, agrúpanse pra formar papilas gustativas que sa atopan no
interior da boca, sobre todo na lingua. A lingua ten unhas 8000 papilas.
As sensacións percibidas son os sabores, que
resultan da combinación de catro sabores
básicos: doce, salgado, ácido e amargo. Na
actualidade inclúese tamén como sabor
básico umami que representa a percepción de
alimentos ricos en glutamato (salsas,
carnes...)
2.4. VISTA
Consiste na captación de estímulos luminosos levada a cabo por
fotorreceptores localizados na retina (membrana interna do globo
ocular).
O OLLO:
O ollo está formado polo globo
ocular e os órganos anexos.
Os órganos anexos son as
pálpebras (internamente
tapizados pola conxuntiva que
tamén cobre o frontal do ollo),
as pestanas, as cellas, as
glándulas lacrimais e os
músculos oculares.
O globo ocular sitúase nunha cavidade do
cranio chamada órbita. Ten tres capas:
- Esclerótica: a máis externa de cor branco.
Transparente na parte anterior onde
orixina a córnea.
- Coroide: capa intermedia de cor escuro
que na parte anterior pode ter cores
variables orixinando o iris. O iris posúe
unha abertura denominada pupila ou
nena de diámetro variable.
- Retina: a máis interna. É onde se atopan
os fotorreceptores: conos (cores) e bastóns
(excítanse xa a baixa intensidade
luminosa). Na retina hai unha zona de
máxima visibilidade chamada fóvea.
FUNCIONAMENTO DO OLLO
Os conos e bastóns excítanse coa luz e producen un impulso nervioso
que é transmitido cara o cerebro (córtex) polos nervios ópticos.
Antes de chegar á retina a luz pasa polo globo ocular onde ocorren dous
procesos:
1. Regulación da intensidade de luz: a maior ou menor apertura da
pupila permite controlar a intensidade.
2. Enfoque: modificando o grosor do cristalino que actúa como unha
lente. Aplánase para enfocar de lonxe e cúrvase para enfocar o que está
cerca.
A imaxe que se forma na retina está invertida, pero o cerebro intrepreta
correctamente esta imaxe.
FORMACIÓN DA IMAXE E ALTERACIÓNS NA FORMACIÓN DA IMAXE
Curvatura irregular da córnea orixina
imaxes deformadas
2.5. SENTIDOS DO OÍDO E O EQUILIBRIO
Os oídos son órganos sensoriais aloxados nas sens que captan dous
tipos de estímulos distintos: sons e cambios de posición (equilibrio).
No oído diferéncianse tres partes: externo, medio e interno.
Oído externo: formado polo pavillón
auricular, o conduto auditivo
externo e o tímpano (membrana
elástica).
- Oído medio: Contén a cadea de
osiños (martelo, bigornia e estribo).
O martelo apóiase no tímpano e o
estribo no labirinto. A trompa de
Eustaquio regula a presión.
- Oído interno: formado polo labirinto
que contén: os condutos
semicirculares, o vestíbulo (onde
están os receptores do equilibrio) e a
cóclea ou caracol (onde se aloxa o
órgano de Corti (mecanorreceptores
da audición))
Mecanismos da audición e o equilibrio
Dentro do labirinto hai uns líquidos que se moven, ben debido a
vibración no aire (son) ou ben polos cambios de posición (equilibrio).
Estes estímulos son percibidos por mecanorreceptores diferentes.
Cando se produce un son o aire se move e fai vibrar o tímpano que
transmite esta vibración a cadea de osiños e de aquí aos líquidos
internos do labirinto. Os movementos destes líquidos son percibidos
polos receptores do son na cóclea (Órgano de Corti).
Cando realizamos cambios da nosa posición o líquido que temos nos
canais semicirculares se move e excita a receptores do equilibrio
situados no vestíbulo.
Esta información é percibida polos nervios correspondentes (auditivo e
do equilibrio) que se encargan de levala ao cerebro para ser
interpretada.
HÁBITOS SAUDABLES DOS ÓRGANOS DOS SENTIDOS
OLLOS OÍDO FOSAS
NASAIS
GUSTO TACTO
Non forzar a
vista
Non
introducir
obxectos
Soar o nariz
correctamen
te
Evitar
alimentos
moi quentes
e moi fríos
Non toques
obxectos moi
quentes ou
moi fríos
Usar gafas
se é preciso
Controlar o
volume
Evitar olores
fortes
Non morder
obxectos
Mantén a
hixiene da túa
pel.
Non
ensuciar os
ollos
Usar tapóns
para evitar a
entrada de
auga cando
te bañas.
Non
introducir
nada se che
sangra o
nariz,
presiona e
espera que
deixe de
sangrar.
Lavalos
dentes e
visitar ao
dentista
Emprega
protectores
solares cando
tomes o sol
Manter unha
distancia
mínima coas
pantallas.
Non abusar
dos
picantes,
nin ácedos
Bebe auga
para manter a
túa pel
hidratada
3. OS EFECTORES
Como xa dixemos as respostas poden ser motoras, implican movemento,
ou secretoras, supoñen a secreción dunha substancia.
3.1. APARATO LOCOMOTOR E RESPOSTA MOTORA
Para levar a cabo un movemento os animais dispoñen dun aparello
especializado chamado aparello locomotor (sistema esquelético + muscular)
Os vertebrados posúen un esqueleto interno formado polos ósos que se unen
mediante articulacións (sistema esquelético). As articulacións permiten o
movemento duns ósos respecto os outros cando movemos uns órganos con
capacidade de contraerse e relaxarse (os músculos + tendóns: sistema
muscular).
O esqueleto ademais de darnos forma, serve de mecanismo de ancoraxe para
os músculos esqueléticos e de protección para determinados órganos
(pulmóns, corazón, cerebro...).
Os músculos únense aos ósos mediante unhas estruturas chamadas
tendóns.
OS ÓSOS
Segundo a forma os ósos poden ser: planos (p.e. bóveda craneal), curtos
(p.e. falanxes) e longos (p.e. fémur). As veces fálase de ósos irregulares
(sen forma definida; p.e. vértebras).
Divídese en:
 Esqueleto axial (protexe as partes
brandas) formado por:
 Cranio (protexe o cerebro)
 Columna vertebral (protexe a medula
espiñal)
 Caixa torácica, formada polo esterno e
as costelas (protexe o corazón e os
pulmóns).
 Esqueleto apendicular, formado por:
 Extremidades superiores: destacan
clavícula, húmero, cúbito e radio.
 Extremidades inferiores: destacan
fémur, tibia e peroné.
OS MÚSCULOS
Os máis importantes son:
 Orbiculares (abren-pechan
os ollos)
 Maseter (mastigar)
 Deltoide (o ombreiro)
 Biceps (flexiona o brazo)
 Tríceps (estende o antebrazo)
 Glúteos (forma as nalgas)
 Cuádriceps (estende a perna)
 Xemelgos (para camiñar)
HÁBITOS SAUDABLES DO LOCOMOTOR
4. SISTEMAS DE COORDINACIÓN: O SISTEMA NERVIOSO
O sistema nervioso é o conxunto de órganos e estruturas nerviosas que
coordina, recibe información dos receptores, interpretaa e elabora
respostas que levan a cabo os efectores. As súas células especializadas
son as neuronas.
EVOLUCIÓN DO SISTEMA NERVIOSO
Sistema Nervioso de Invertebrados
É máis sinxelo e destacan dous modelos de organización:
 As redes nerviosas soen ser unha rede difusa que se distribúe polo corpo
do animal, como nos celentéreos.
 O sistema ganglionar formado por ganglios (agrupacións de neuronas)
unidos por cordóns nerviosos. Os ganglios máis grandes concéntranse
na cabeza constituíndo o cerebro. É típico de anélidos, moluscos e
artrópodos.
Sistema Nervioso de Vertebrados
Posúen sistemas máis complexos formados por centros nerviosos e
nervios.
 Centros nerviosos: son os órganos que reciben a información
dos receptores, a interpretan, e elaboran respostas que envían
aos efectores. Son o encéfalo e a médula espiñal.
 Nervios: formados por fibras nerviosas (prolongacións das
neuronas). Os nervios forman unha rede que transmite os
impulsos nerviosos. Hai dous tipos de nervios:
- Sensitivos: levan a información dende os receptores ata os
centros nerviosos.
- Motores: conducen a información dende os centros nerviosos
ata os efectores ( músculos ou glándulas).
COMO SON AS NEURONAS?
As neuronas teñen un corpo celular, onde se atopa o núcleo da
célula. Arredor deste corpo celular hai numerosas ramificacións
chamadas dendritas e unha prolongación longa chamada axón. A
dirección do impulso sempre é dende as dendritas cara o axón.
COMO SE COMUNICAN AS NEURONAS?
A neurona que transmite a mensaxe é a neurona presináptica e a que a
recibe é a neurona postsináptica.
A sinapse é a comunicación funcional entre neuronas a través do espazo
sináptico e mediante unhas substancias denominadas
neurotransmisores (adrenalina, dopamina...)
ORGANIZACIÓN DO SISTEMA NERVIOSO
O sistema nervioso divídese en dúas partes:
 Sistema Nervioso Central (SNC) formado polo encéfalo (constituído por
cerebro, cerebelo e bulbo raquídeo protexidos polo cranio) e a médula
espiñal (que percorre o interior da columna vertebral).
 Sistema Nervioso Periférico (SNP) formado por ganglios e nervios
(craneais e espiñais). Divídese en: sistema nervioso somático (realiza
actos voluntarios e controla ós músculos esqueléticos) e sistema
nervioso autónomo (leva a cabo os actos involuntarios e controla as
glándulas e vísceras).
O cerebro xestiona a maior parte das funcións (percepcións, conciencia,
aprendizaxe e accións voluntarias). O cerebelo ocúpase da coordinación
dos movementos e o bulbo raquídeo realiza a regulación das funcións vitais
(dixestión, latexo cardíaco, respiración...).
O cerebro divídese en dous hemisferios de funcións diferentes e que se
comunican polo corpo caloso.
No encéfalo e na médula espiñal hai substancia branca e gris, pero sitúanse
ao revés nunha estrutura e noutra. No encéfalo a branca queda por dentro e
na médula queda por fóra.
SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO = SOMÁTICO + AUTÓNOMO
O sistema nervioso autónomo está formado por dous sistemas de accións
antagonistas, se un activa un órgano o outro o detén. Estos dous sistemas
son o simpático (alerta) e o parasimpático (relaxación).
FUNCIONAMENTO DO SISTEMA NERVIOSO
1. Os receptores captan un estímulo e envían esta información
mediante os nervios sensitivos cara os centros nerviosos (encéfalo e
médula espiñal). O estímulo pode ser unha imaxe, un son, un olor,
dor...
2. Os centros nerviosos interpretan a información, elaboran unha
resposta e envíana mediante os nervios motores ou secretores cara
os efectores (músculos ou glándulas).
3. Os músculos móvense ou as glándulas segregan unha
substancia química.
FUNCIONAMENTO DO SISTEMA NERVIOSO
Cando as respostas son sinxelas, rápidas e involuntarias (o animal
non é consciente) falamos dun acto reflexo. Habitualmente son
accións evasivas ou defensivas fronte un perigo. P.e.: retirar a man
cando tocamos unha pota quente.
Estos actos son realizados por unha unidade operativa chamada
arco reflexo e son respostas nas que non intervén o encéfalo, só a
médula espiñal.
Sistema Nervioso
sinapsis documental
ENFERMIDADES DO SISTEMA NERVIOSO
ACCIDENTE CEREBROVASCULAR
5. SISTEMAS DE COORDINACIÓN: O SISTEMA ENDÓCRINO
O sistema endócrino está formado por unhas estruturas
especializadas chamadas glándulas endócrinas. Estas glándulas
producen hormonas que son substancias químicas que verten o
sangue e actúan como mensaxeiros.
As hormonas distribúense polo corpo e actúan en lugares específicos
(células diana) provocando unha resposta.
Habitualmente teñen efectos máis lentos e prolongados no tempo.
Algunhas accións reguladas deste xeito son os cambios na
pubertade, a metamorfose nalgúns animais, o control dos niveis de
azúcre en sangue...
As hormonas actúan a baixas concentracións, polo que debe existir
un control na súa produción.
Esta regulación é levada a cabo principalmente polo S.N.C., e de
xeito fundamental polo hipotálamo.
O HIPOTÁLAMO
O hipotálamo é unha parte do cerebro
conectada a hipófese. As neuronas do
hipotálamo producen neurotransmisores
que regulan a hipófese (factores
hipotalámicos de activación e
inhibición).
Ademais produce dúas hormonas: a
oxitocina (contracción uterina) e a
vasopresina (antidiurética-ADH). Son
almacenadas na hipófise.
A HIPÓFISE produce hormonas que actúan sobre outras glándulas e
órganos (hormona do crecemento, prolactina…)
Deste xeito o eixe hipotálamohipofisario é capaz de regular a acción de
todo o sistema endócrino.
MECANISMO DE CONTROL
O aumento na concentración das hormonas liberadas polas glándulas que
estimula o eixe hipotálamo-hipófise é detectado por el, polo que o
hipotálamo e a hipófise deixan de estimular a súa produción.
Este tipo de regulación por
retroalimentación negativa
ou feed-back é moi habitual
na regulación hormonal.
Asemade a carencia dunha
hormona tamén produce
unha estimulación da
glándula que a produce
(feed-back positivo).
TIROIDE E PARATIROIDE
CÁPSULAS SUPRARRENAIS
PÁNCREAS
Nos illotes de Langerhans prodúcense insulina e glicagón, que actúan sobre
a concentración de glicosa no sangue: a insulina redúcea e o glicagón
auméntaa.
TESTÍCULOS E OVARIOS
ENFERMEDADES DO SISTEMA ENDÓCRINO
Bocio: tipo de hipotiroidismo que provoca un crecemento anormal da
glándula tiroide como resposta aos baixos niveis de tiroxina por falta de
iodo na dieta.
Axentes externos (virus, po, protozoos...) que poden ser patóxenos
chegan a tomar contacto coa pel e as mucosas, incluso co sangue a
través das feridas.
Entón, cómo é posible que non estemos constantemente enfermos?
Débese ao noso Sistema Inmunitario que neutraliza as actividades
destes axentes estranos.
Podemos dividir o sistema inmunitario en tres niveis de defensa:
 Barreiras Físicas
 Resposta inmunitaria inespecífica-.A Reacción inflamatoria.
 Resposta inmunitaria específica-A xeración de anticorpos
6. AS DEFENSAS DO ORGANISMO: O SISTEMA INMUNITARIO
BARREIRAS FÍSICAS:
 A pel e as mucosas.
 Secrecións: bágoas e saliva (posúen lisozima), suor, mucosidades,
cerume dos oídos, ácido do estómago (HCl)...
RESPOSTA INMUNITARIA INESPECÍFICA
Se a pesar das barreiras atopadas no seu camiño os patóxenos
logran entran no organismo a segunda liña de defensa entra en
acción;
A Reacción Inflamatoria:
•É unha reposta inespecífica porque actúa sempre igual
independentemente do patóxeno.
•É rápida, pero puco duradeira.
•E levada a cabo por uns glóbulos brancos denominados
fagocitos ou células fagocitarias que se encargan de dixerir os
patóxenos. Os máis importantes son os macrófagos que derivan
dos monocitos do torrente sanguíneo.
Reacción inflamatoria:
1. Tras a entrada dos xermes, os capilares sanguíneos dilátanse
na zona afectada para achegar máis sangue o que provoca o
arrubiamento e o aumento da temperatura local.
2. O plasma sae dos capilares (suministra materiais de
reparación) e produce inchazo (edema); ademais aumenta a
sensibilidade nerviosa (dor) e soe producirse tumoración.
3. Os monocitos saen dos vasos sanguíneos cara o tecido
afectado transformándose en fagocitos macrófagos.
4. Os fagocitos capturan e dixiren os xermes.
5. Na zona de infección pode aparecer pus que é un acumulo de
restos celulares, xermes e fagocitos.
Reacción inflamatoria
RESPOSTA INMUNITARIA ESPECÍFICA
 Constitúe a terceira liña de defensa.
 É específica porque actúa recoñecendo o axente estraño que penetra no
organismo.
 É máis lenta que a inespecífica, pero máis duradeira.
 Lévana a cabo principalmente outros glóbulos brancos, os linfocitos, coa
cooperación doutras células defensivas.
 Baséase na produción de anticorpos por parte dos linfocitos que
neutralizan específicamente o axente patóxeno (antíxeno).
 Tras vencer a infección, os linfocitos manteñen a súa capacidade de
produción de anticorpos específicos frente ese patóxeno (“células
memoria”); o que permite unha resposta máis rápida e eficaz se se
produce unha nova entrada do axente (Inmunización).
Conceptos clave:
• Anticorpo: proteína producida polos linfocitos para neutralizar o
antixeno.
• Antíxeno: substancia recoñecida polo organismo como estrana que é
capaz de activar a resposta inmunitaria.
Pasos da resposta específica:
1. Os macrófagos (fagocitos) fagocitan os xermes patóxenos.
2. Trala inxestión os macrófago presentan cara os linfocitos unhas
“sinais” que lles permite aos linfocitos producir anticorpos específicos
contra o antíxeno.
3. Os anticorpos neutralizan o patóxeno e os linfocitos destrúen as
células infectadas.
RESPOSTA INMUNITARIA ESPECÍFICA
Uso de soros, vacinas e antibióticos.
 Soros
 Son preparados artificiais que
conteñen anticorpos específicos
contra o patóxeno.
 Obtéñense a partir do sangue
dunha persoa o dun animal
(cabalo).
 Vacinas
 Preparados que conteñen o axente
patóxeno (virus ou bacterias) que
causa a enfermidade, pero
atenuado, morto ou fragmentado.
 Deste xeito o axente non
desenvolve a enfermidade.
Loita contra as enfermidades infecciosas
 Antibióticos
 Son substancias
producidas por
microorganismos e
que en pequeñas
cantidades combaten
ás bacterias. Non se
debe abusar deles
para non xerar
resistencia.
ENFERMEDADES DO SISTEMA INMUNITARIO
ALERXIAS
O Sistema inmunitario
identifica como patóxeno
algo que non o é
AUTOINMUNIDAE
O inmunitario ataca ao propio
corpo. Por exemplo a esclerose
múltiple
INMUNODEFICIENCIA
O sistema inmune está deprimido o
que facilita as infeccións e a aparición
de cancros. Un exemplo é o SIDA
provocado polo VIH.
GRAZAS POR ATENDERME
WEBGRAFÍA
 https://bioagus.files.wordpress.com/2012/06/sinapsis.jpg
 http://biogeo.esy.es/BG3ESO/3eso_htm_files/19442.jpg
 http://biologiaygeologia.org/unidadbio/a_biohumana/sentidos/images/sentidos.jpg
 https://biomolecularblog.files.wordpress.com/2016/08/ela.jpg
 http://3.bp.blogspot.com/-DZxiDFpc7tg/URFJL-_ueyI/AAAAAAAAAA4/-oMhyNiz1WU/s1600/imagenn2.jpg
 http://www.cosmetologiayspa.com/wp-content/uploads/2014/08/Partes-de-la-Piel1.jpg
 http://cn2eso09.blogspot.com.es/2013/10/elementos-de-la-relacion.html
 http://www.fisioterapiacristinavila.nos.gl/_movil/especialidades.html
 https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/736x/51/b6/74/51b674e9e6e729785095f70aab51eb00.jpg
 http://memoriaemocional.com/wp-content/uploads/2015/10/que-es-la-alergia-2.jpg
 http://iespoetaclaudio.centros.educa.jcyl.es/sitio/upload/sist_nervioso_enfermedades_3eso.pdf
 http://matigastoncejas.blogspot.com.es/2013/10/enfermedades-de-las-glandulas-endocrinas.html
 http://navegandoconlacienciaeg2.blogspot.com.es/2015/10/el-siatema-nervioso.html
 https://image.slidesharecdn.com/relacinycoordinacinhumanaiilossentidosyelaparatolocomotor2012-120526035638-
phpapp01/95/relacin-y-coordinacin-humana-ii-los-sentidos-y-el-aparato-locomotor-2012-45-728.jpg?cb=1363617103
 http://tiposde.info/wp-content/uploads/2013/09/Tipos-de-receptores-sensoriales.jpg
 https://image.slidesharecdn.com/vihsida-150209224107-conversion-gate01/95/vih-sida-2-638.jpg?cb=1423522323
 http://usuarios.discapnet.es/ojo_oido/esquemas_cuerpo_humano/ojo3.jpg

Contenu connexe

Tendances

1 caracteristicas seres vivos 2012
1 caracteristicas seres vivos 20121 caracteristicas seres vivos 2012
1 caracteristicas seres vivos 2012Carmen Cid Manzano
 
Bioloxía clasificación dos seres vivos.docx
Bioloxía clasificación dos seres vivos.docxBioloxía clasificación dos seres vivos.docx
Bioloxía clasificación dos seres vivos.docxirenegonzalez1bac10
 
Función de nutrición celular
Función de nutrición celularFunción de nutrición celular
Función de nutrición celularCarmen Cid Manzano
 
Resumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quintoResumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quintoFiz
 
Microbioloxia 2009
Microbioloxia 2009Microbioloxia 2009
Microbioloxia 2009juanapardo
 
01 caracteristicas seres_vivos
01 caracteristicas seres_vivos01 caracteristicas seres_vivos
01 caracteristicas seres_vivosjuanapardo
 
22 celula procariota
22 celula procariota22 celula procariota
22 celula procariotajuanapardo
 

Tendances (20)

Relación e coordinación
Relación e coordinaciónRelación e coordinación
Relación e coordinación
 
Mantemento da vida
Mantemento da vidaMantemento da vida
Mantemento da vida
 
A información xenética
A información xenéticaA información xenética
A información xenética
 
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
 
1 caracteristicas seres vivos 2012
1 caracteristicas seres vivos 20121 caracteristicas seres vivos 2012
1 caracteristicas seres vivos 2012
 
Tema 1. A CÉLULA
Tema 1. A CÉLULATema 1. A CÉLULA
Tema 1. A CÉLULA
 
Ceula
CeulaCeula
Ceula
 
Reprodución
ReproduciónReprodución
Reprodución
 
Bioloxía clasificación dos seres vivos.docx
Bioloxía clasificación dos seres vivos.docxBioloxía clasificación dos seres vivos.docx
Bioloxía clasificación dos seres vivos.docx
 
Función de nutrición celular
Función de nutrición celularFunción de nutrición celular
Función de nutrición celular
 
Resumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quintoResumo temas i-ii-coñec-quinto
Resumo temas i-ii-coñec-quinto
 
Microbioloxia 2009
Microbioloxia 2009Microbioloxia 2009
Microbioloxia 2009
 
01 caracteristicas seres_vivos
01 caracteristicas seres_vivos01 caracteristicas seres_vivos
01 caracteristicas seres_vivos
 
A nosa especie mugardos
A nosa especie mugardosA nosa especie mugardos
A nosa especie mugardos
 
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
 
Reprodución celular
Reprodución celularReprodución celular
Reprodución celular
 
Formas acelulares en pdf
Formas acelulares en pdfFormas acelulares en pdf
Formas acelulares en pdf
 
Xenética molecular
Xenética molecularXenética molecular
Xenética molecular
 
Tema1
Tema1Tema1
Tema1
 
22 celula procariota
22 celula procariota22 celula procariota
22 celula procariota
 

Similaire à Relación i

A función de relación nos seres vivos
A función de relación nos seres vivosA función de relación nos seres vivos
A función de relación nos seres vivososcarprego
 
Tema 3 a función de relación
Tema 3 a función de relaciónTema 3 a función de relación
Tema 3 a función de relaciónSara Martínez
 
Boletín repaso temas 3 y 4 solucións
Boletín repaso temas 3 y 4 soluciónsBoletín repaso temas 3 y 4 solucións
Boletín repaso temas 3 y 4 soluciónsmariavarey
 
Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6Fiz
 
Estímulo e-resposta.receptores-e-efectores
Estímulo e-resposta.receptores-e-efectoresEstímulo e-resposta.receptores-e-efectores
Estímulo e-resposta.receptores-e-efectoresPilar Crespo Amado
 
Experiencia sensible
Experiencia sensibleExperiencia sensible
Experiencia sensibleEva Garea
 
resumo das reaccions das plantas
resumo das reaccions das plantasresumo das reaccions das plantas
resumo das reaccions das plantasaniit28
 
distintos tipos de organos sensoriais
distintos tipos de organos sensoriaisdistintos tipos de organos sensoriais
distintos tipos de organos sensoriaisaniit28
 
As funcións en animais
As funcións en animaisAs funcións en animais
As funcións en animaisirenetraba
 
T 12-coordinación e locomoción
T 12-coordinación e locomociónT 12-coordinación e locomoción
T 12-coordinación e locomociónmartamosquera
 
Resumo t2 naturais_6
Resumo t2 naturais_6Resumo t2 naturais_6
Resumo t2 naturais_6Fiz
 
Os procesos da función de relacion
Os procesos da función de relacionOs procesos da función de relacion
Os procesos da función de relacionaniit28
 
Ossentidosppt
OssentidospptOssentidosppt
Ossentidospptbcode
 

Similaire à Relación i (20)

A función de relación nos seres vivos
A función de relación nos seres vivosA función de relación nos seres vivos
A función de relación nos seres vivos
 
Tema 3: Función de relación
Tema 3: Función de relaciónTema 3: Función de relación
Tema 3: Función de relación
 
Relación
Relación Relación
Relación
 
Tema 3 a función de relación
Tema 3 a función de relaciónTema 3 a función de relación
Tema 3 a función de relación
 
Tema6 150128032852-conversion-gate02
Tema6 150128032852-conversion-gate02Tema6 150128032852-conversion-gate02
Tema6 150128032852-conversion-gate02
 
Boletín repaso temas 3 y 4 solucións
Boletín repaso temas 3 y 4 soluciónsBoletín repaso temas 3 y 4 solucións
Boletín repaso temas 3 y 4 solucións
 
Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6Resumo t6 naturais_6
Resumo t6 naturais_6
 
Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
Órganos e aparellos en animais (introdutorio)Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
Órganos e aparellos en animais (introdutorio)
 
Estímulo e-resposta.receptores-e-efectores
Estímulo e-resposta.receptores-e-efectoresEstímulo e-resposta.receptores-e-efectores
Estímulo e-resposta.receptores-e-efectores
 
Experiencia sensible
Experiencia sensibleExperiencia sensible
Experiencia sensible
 
resumo das reaccions das plantas
resumo das reaccions das plantasresumo das reaccions das plantas
resumo das reaccions das plantas
 
distintos tipos de organos sensoriais
distintos tipos de organos sensoriaisdistintos tipos de organos sensoriais
distintos tipos de organos sensoriais
 
Tema 8. Funcións Vitais dos Animais
Tema 8. Funcións Vitais dos AnimaisTema 8. Funcións Vitais dos Animais
Tema 8. Funcións Vitais dos Animais
 
As funcións en animais
As funcións en animaisAs funcións en animais
As funcións en animais
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
T 12-coordinación e locomoción
T 12-coordinación e locomociónT 12-coordinación e locomoción
T 12-coordinación e locomoción
 
Ficha tema 2 cs
Ficha tema 2 csFicha tema 2 cs
Ficha tema 2 cs
 
Resumo t2 naturais_6
Resumo t2 naturais_6Resumo t2 naturais_6
Resumo t2 naturais_6
 
Os procesos da función de relacion
Os procesos da función de relacionOs procesos da función de relacion
Os procesos da función de relacion
 
Ossentidosppt
OssentidospptOssentidosppt
Ossentidosppt
 

Plus de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia.

Plus de Adán Gonçalves. Consellería de Educación. Xunta de Galicia. (20)

Biosfera
BiosferaBiosfera
Biosfera
 
Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
Evolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboaciónsEvolución e xenética de poboacións
Evolución e xenética de poboacións
 
Xenética mendeliana
Xenética mendelianaXenética mendeliana
Xenética mendeliana
 
Metabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismoMetabolismo iii anabolismo
Metabolismo iii anabolismo
 
Metabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismoMetabolismo ii catabolismo
Metabolismo ii catabolismo
 
Metabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimasMetabolismo i enzimas
Metabolismo i enzimas
 
Nutrición ii
Nutrición iiNutrición ii
Nutrición ii
 
Nutrición vexetais
Nutrición vexetaisNutrición vexetais
Nutrición vexetais
 
Célula iii
Célula iiiCélula iii
Célula iii
 
Célula ii
Célula iiCélula ii
Célula ii
 
A célula unidade de vida
A célula unidade de vidaA célula unidade de vida
A célula unidade de vida
 
Base química da vida v ácidos nucleicos
Base química da vida v ácidos nucleicosBase química da vida v ácidos nucleicos
Base química da vida v ácidos nucleicos
 
Nutrición i
Nutrición iNutrición i
Nutrición i
 
Base química da vida iv proteínas
Base química da vida iv proteínasBase química da vida iv proteínas
Base química da vida iv proteínas
 
Base química da vida iii lipidos
Base química da vida iii lipidosBase química da vida iii lipidos
Base química da vida iii lipidos
 
División celular
División celularDivisión celular
División celular
 
A nosa especie
A nosa especieA nosa especie
A nosa especie
 

Relación i

  • 1. A FUNCIÓN DE RELACIÓN Profesor: Adán Gonçalves
  • 2. INTRODUCIÓN Se unha pomba chega por primeira vez a unha praza dunha cidade, asustarase as primeiras veces que un coche toque o claxón ou frene bruscamente, pero pasado un tempo habituarase a ese son e aprenderá que non hai perigo. Do mesmo xeito os cisnes dun estanque ou os peixes dun acuario aproxímanse aos marxes do mesmo porque saben que neses puntos atópase o suministro de comida. Igualmente cando unha manda de ñúes e cebras é atacada por un depredador, por exemplo un grupo de leoas; toda a manda sae en fuga aínda que non todos os animais observan, nin escoitan ao agresor. Nas plantas, tamén hai respostas a estímulos externos como a orientación cara a luz ou a humidade, aínda que en xeral, esas respostas non supoñen movementos tan precisos, nin son tan elaboradas como nos animais.
  • 3. En outras ocasións os estímulos son internos, por exemplo un aumento do azúcre (glucosa) no sangue aumenta a produción de insulina no páncreas para diminuír a súa concentración. Se comprendiches o anterior...  Que é un estímulo? Pon un exemplo.  Que é unha resposta? Pon un exemplo.  De onde proveñen os estímulos?  Se che doe a barriga por un empacho, esto sería un estímulo?
  • 4. 1. A FUNCIÓN DE RELACIÓN A relación é a función vital que permite aos organismos captar cambios no medio (estímulos) dentro ou fóra do seu corpo e respostar o mellor posible para sobrevivir. Elementos da función de Relación:
  • 5.  Estímulos: variacións do medio externo ou interno capaces de desencadear unha resposta. Segundo a súa natureza poden ser: físicos (luz, Tª...), químicos como a presenza ou ausencia dunha substancia (auga, sales...) ou bióticos (influenciados por outros organismos). Asemade segundo a súa procedencia poden ser internos ou externos se teñen a súa orixe dentro ou fóra do corpo.  Receptores: son estruturas que captan os estímulos. Nos animais, os receptores externos agrúpanse formando os órganos dos sentidos.  Coordinadores: órganos que reciben a información dos receptores. Encárgarse de interpretala e elaborar as respostas. Nos animais hai dous sistemas de coordinación: o sistema nervioso e o sistema endócrino ou hormonal.  Efectores: son as estruturas que levan a cabo as repostas elaboradas polos coordinadores. Son os músculos e as glándulas. ELEMENTOS DA FUNCIÓN DE RELACIÓN
  • 6. O proceso polo cal un receptor sensorial reacciona dun xeito axeitado ante un estímulo determinado denomínase transdución sensorial.
  • 7. Atendendo a localización falamos de:  Exterorreceptores: sitúanse na superficie corporal e captan estímulos externos. Nos animais, como dixemos, forman os órganos dos sentidos. P.e.: os ollos, os ocelos, as antenas...  Interorreceptores: localízanse no interior do corpo e captan estímulos internos. P.e.: os receptores da dor (nociceptores), os receptores de posición das articulacións...
  • 8. Atendendo ao tipo de estímulo diferenciamos:  Receptores mecánicos: son os sensibles ao tacto, á presión, á dor (fálase de nociceptores), ao movemento e ao son. P.e.: o oído.  Receptores químicos: captan unha/s substancia/s no medio. P.e: as papilas gustativas de moitos vertebrados.  Receptores térmicos: perciben cambios de temperatura. P.e.: os repartidos pola pel nos vertebrados.  Receptores luminosos: reciben luz e permiten a visión. P.e: os ollos simples e compostos en moitos artrópodos.
  • 9. A RESPOSTA A resposta é a acción ou accións que executa un organismo fronte a un estímulo. Hai dous tipos de respostas:  Motora: supón un movemento e é levada a cabo polos músculos que son os efectores neste caso. P.e.: correr cando vemos que se vai o autobus.  Secretora: supón a produción dunha substancia, é dicir, unha secrección. Neste caso os efectores son as glándulas. P.e.: salivar cando vemos nun escaparate un alimento apetecible.
  • 11. COMPORTAMENTO E ADAPTACIÓN O comportamento é o conxunto de respostas dun ser vivo fronte aos estímulos externos. Diferenciamos dous tipos:  Innato ou instintivo: debido a herdanza, o posúe o animal dende o seu nacemento e non require aprendizaxe. P.e: a succión das mamas nos mamíferos, os patiños que seguen a súa nai...  Adquirido ou aprendido: ven dado polo ambiente e é resultado dunha aprendizaxe. Este comportamneto é modificable. P.e: as pombas que escapan do ruido na praza ou o caso dos peixes do acuario... Todos os animais teñen capacidade de aprendizaxe o que varía é o grao de adquisición do mesmo porque esta capacidade relaciónase coa intelixencia.
  • 12. SISTEMAS DE COORDINACIÓN Os sistemas de coordinación permiten aos organismos realizar simultaneamente múltiples funcións dun xeito coordinado. Nos animais hai dous sistemas de coordinación:  Sistema Nervioso: que regula e coordina as funcións mediante impulsos nerviosos. Controla funcións que esixen respostas rápidas e pouco duraderas.  Sistema Endócrino: que exerce a súa regulación mediante a produción de hormonas que son vertidas ao sangue. Controla funcións que requiren respostas lentas, pero duradeiras.
  • 13. SISTEMAS DE COORDINACIÓN Características Sistema Nervioso Sistema Hormonal Vía utilizada Nervios Sangue Transmisión Impulso nervioso Hormonas Velocidade resposta Rápida Lenta Duración Curta Duradeira Funcións que regula As que esixen resposta rápidas: locomoción, actos reflexos... As que precisan respostas mantidas no tempo: crecemento, metabolismo...
  • 14. 2. OS SENTIDOS E OS ÓRGANOS DOS SENTIDOS 2.1. O SENTIDO DO TACTO Localizado na pel, infórmanos das variación de temperatura e presión, da dor, da textura... Está formado por receptores que perciben estímulos físicos: Termorreceptores: Calor (Corpúsculo de Ruffini) e frío (Corpúsculo de Krause) Mecanorreceptores: Contacto (Corpúsculo de Meissner) e presión (Corpúsculo de Pacini-Vater) Nociceptores: Dor (terminacións nerviosas libres)
  • 15. A pel esta formada por 3 capas:  Epiderme: a máis externa. Epitelial.  Derme: intermedia. Conxuntivo.  Hipoderme: a máis interna. Capa graxa. A excepción dos nociceptores, que son terminacións nerviosas, os receptores alóxanse en corpúsculos dérmicos.
  • 16.
  • 17. Funcións da pel:  Nela reside o tacto.  É a nosa barreira de defensa fronte axente externos.  Regula a nosa temperatura corporal grazas ao tecido adiposo subcutáneo (hipodermis), as glándulas sudoríparas e os capilares sanguíneos.
  • 18. 2.2. OLFACTO Sentido encargado de detectar os olores. No home reside no nariz e está formado por quimiorreceptores que compoñen o epitelio olfactorio e detectan substancias químicas gasosas. No interior das fosas nasais atopamos dúas zonas, na parte superior a pituitaria amarela onde se atopan as células olfactivas e na inferior a pituitaria vermella (chea de capilares sanguíneos) que se ocupa de quentar e humedecer o aire.
  • 19. 2.3. GUSTO Capta substancias químicas solubles na saliva. Constituido por quimiorreceptores. Os receptores do gusto son células agrupadas en botóns gustativos, que a súa vez, agrúpanse pra formar papilas gustativas que sa atopan no interior da boca, sobre todo na lingua. A lingua ten unhas 8000 papilas. As sensacións percibidas son os sabores, que resultan da combinación de catro sabores básicos: doce, salgado, ácido e amargo. Na actualidade inclúese tamén como sabor básico umami que representa a percepción de alimentos ricos en glutamato (salsas, carnes...)
  • 20.
  • 21. 2.4. VISTA Consiste na captación de estímulos luminosos levada a cabo por fotorreceptores localizados na retina (membrana interna do globo ocular). O OLLO: O ollo está formado polo globo ocular e os órganos anexos. Os órganos anexos son as pálpebras (internamente tapizados pola conxuntiva que tamén cobre o frontal do ollo), as pestanas, as cellas, as glándulas lacrimais e os músculos oculares.
  • 22. O globo ocular sitúase nunha cavidade do cranio chamada órbita. Ten tres capas: - Esclerótica: a máis externa de cor branco. Transparente na parte anterior onde orixina a córnea. - Coroide: capa intermedia de cor escuro que na parte anterior pode ter cores variables orixinando o iris. O iris posúe unha abertura denominada pupila ou nena de diámetro variable. - Retina: a máis interna. É onde se atopan os fotorreceptores: conos (cores) e bastóns (excítanse xa a baixa intensidade luminosa). Na retina hai unha zona de máxima visibilidade chamada fóvea.
  • 23.
  • 24. FUNCIONAMENTO DO OLLO Os conos e bastóns excítanse coa luz e producen un impulso nervioso que é transmitido cara o cerebro (córtex) polos nervios ópticos. Antes de chegar á retina a luz pasa polo globo ocular onde ocorren dous procesos: 1. Regulación da intensidade de luz: a maior ou menor apertura da pupila permite controlar a intensidade. 2. Enfoque: modificando o grosor do cristalino que actúa como unha lente. Aplánase para enfocar de lonxe e cúrvase para enfocar o que está cerca. A imaxe que se forma na retina está invertida, pero o cerebro intrepreta correctamente esta imaxe.
  • 25. FORMACIÓN DA IMAXE E ALTERACIÓNS NA FORMACIÓN DA IMAXE Curvatura irregular da córnea orixina imaxes deformadas
  • 26. 2.5. SENTIDOS DO OÍDO E O EQUILIBRIO Os oídos son órganos sensoriais aloxados nas sens que captan dous tipos de estímulos distintos: sons e cambios de posición (equilibrio). No oído diferéncianse tres partes: externo, medio e interno. Oído externo: formado polo pavillón auricular, o conduto auditivo externo e o tímpano (membrana elástica). - Oído medio: Contén a cadea de osiños (martelo, bigornia e estribo). O martelo apóiase no tímpano e o estribo no labirinto. A trompa de Eustaquio regula a presión. - Oído interno: formado polo labirinto que contén: os condutos semicirculares, o vestíbulo (onde están os receptores do equilibrio) e a cóclea ou caracol (onde se aloxa o órgano de Corti (mecanorreceptores da audición))
  • 27. Mecanismos da audición e o equilibrio Dentro do labirinto hai uns líquidos que se moven, ben debido a vibración no aire (son) ou ben polos cambios de posición (equilibrio). Estes estímulos son percibidos por mecanorreceptores diferentes. Cando se produce un son o aire se move e fai vibrar o tímpano que transmite esta vibración a cadea de osiños e de aquí aos líquidos internos do labirinto. Os movementos destes líquidos son percibidos polos receptores do son na cóclea (Órgano de Corti). Cando realizamos cambios da nosa posición o líquido que temos nos canais semicirculares se move e excita a receptores do equilibrio situados no vestíbulo. Esta información é percibida polos nervios correspondentes (auditivo e do equilibrio) que se encargan de levala ao cerebro para ser interpretada.
  • 28. HÁBITOS SAUDABLES DOS ÓRGANOS DOS SENTIDOS OLLOS OÍDO FOSAS NASAIS GUSTO TACTO Non forzar a vista Non introducir obxectos Soar o nariz correctamen te Evitar alimentos moi quentes e moi fríos Non toques obxectos moi quentes ou moi fríos Usar gafas se é preciso Controlar o volume Evitar olores fortes Non morder obxectos Mantén a hixiene da túa pel. Non ensuciar os ollos Usar tapóns para evitar a entrada de auga cando te bañas. Non introducir nada se che sangra o nariz, presiona e espera que deixe de sangrar. Lavalos dentes e visitar ao dentista Emprega protectores solares cando tomes o sol Manter unha distancia mínima coas pantallas. Non abusar dos picantes, nin ácedos Bebe auga para manter a túa pel hidratada
  • 29. 3. OS EFECTORES Como xa dixemos as respostas poden ser motoras, implican movemento, ou secretoras, supoñen a secreción dunha substancia. 3.1. APARATO LOCOMOTOR E RESPOSTA MOTORA Para levar a cabo un movemento os animais dispoñen dun aparello especializado chamado aparello locomotor (sistema esquelético + muscular) Os vertebrados posúen un esqueleto interno formado polos ósos que se unen mediante articulacións (sistema esquelético). As articulacións permiten o movemento duns ósos respecto os outros cando movemos uns órganos con capacidade de contraerse e relaxarse (os músculos + tendóns: sistema muscular). O esqueleto ademais de darnos forma, serve de mecanismo de ancoraxe para os músculos esqueléticos e de protección para determinados órganos (pulmóns, corazón, cerebro...). Os músculos únense aos ósos mediante unhas estruturas chamadas tendóns.
  • 30. OS ÓSOS Segundo a forma os ósos poden ser: planos (p.e. bóveda craneal), curtos (p.e. falanxes) e longos (p.e. fémur). As veces fálase de ósos irregulares (sen forma definida; p.e. vértebras).
  • 31. Divídese en:  Esqueleto axial (protexe as partes brandas) formado por:  Cranio (protexe o cerebro)  Columna vertebral (protexe a medula espiñal)  Caixa torácica, formada polo esterno e as costelas (protexe o corazón e os pulmóns).  Esqueleto apendicular, formado por:  Extremidades superiores: destacan clavícula, húmero, cúbito e radio.  Extremidades inferiores: destacan fémur, tibia e peroné.
  • 32. OS MÚSCULOS Os máis importantes son:  Orbiculares (abren-pechan os ollos)  Maseter (mastigar)  Deltoide (o ombreiro)  Biceps (flexiona o brazo)  Tríceps (estende o antebrazo)  Glúteos (forma as nalgas)  Cuádriceps (estende a perna)  Xemelgos (para camiñar)
  • 34. 4. SISTEMAS DE COORDINACIÓN: O SISTEMA NERVIOSO O sistema nervioso é o conxunto de órganos e estruturas nerviosas que coordina, recibe información dos receptores, interpretaa e elabora respostas que levan a cabo os efectores. As súas células especializadas son as neuronas. EVOLUCIÓN DO SISTEMA NERVIOSO Sistema Nervioso de Invertebrados É máis sinxelo e destacan dous modelos de organización:  As redes nerviosas soen ser unha rede difusa que se distribúe polo corpo do animal, como nos celentéreos.  O sistema ganglionar formado por ganglios (agrupacións de neuronas) unidos por cordóns nerviosos. Os ganglios máis grandes concéntranse na cabeza constituíndo o cerebro. É típico de anélidos, moluscos e artrópodos.
  • 35. Sistema Nervioso de Vertebrados Posúen sistemas máis complexos formados por centros nerviosos e nervios.  Centros nerviosos: son os órganos que reciben a información dos receptores, a interpretan, e elaboran respostas que envían aos efectores. Son o encéfalo e a médula espiñal.  Nervios: formados por fibras nerviosas (prolongacións das neuronas). Os nervios forman unha rede que transmite os impulsos nerviosos. Hai dous tipos de nervios: - Sensitivos: levan a información dende os receptores ata os centros nerviosos. - Motores: conducen a información dende os centros nerviosos ata os efectores ( músculos ou glándulas).
  • 36.
  • 37. COMO SON AS NEURONAS? As neuronas teñen un corpo celular, onde se atopa o núcleo da célula. Arredor deste corpo celular hai numerosas ramificacións chamadas dendritas e unha prolongación longa chamada axón. A dirección do impulso sempre é dende as dendritas cara o axón.
  • 38. COMO SE COMUNICAN AS NEURONAS? A neurona que transmite a mensaxe é a neurona presináptica e a que a recibe é a neurona postsináptica. A sinapse é a comunicación funcional entre neuronas a través do espazo sináptico e mediante unhas substancias denominadas neurotransmisores (adrenalina, dopamina...)
  • 39. ORGANIZACIÓN DO SISTEMA NERVIOSO O sistema nervioso divídese en dúas partes:  Sistema Nervioso Central (SNC) formado polo encéfalo (constituído por cerebro, cerebelo e bulbo raquídeo protexidos polo cranio) e a médula espiñal (que percorre o interior da columna vertebral).  Sistema Nervioso Periférico (SNP) formado por ganglios e nervios (craneais e espiñais). Divídese en: sistema nervioso somático (realiza actos voluntarios e controla ós músculos esqueléticos) e sistema nervioso autónomo (leva a cabo os actos involuntarios e controla as glándulas e vísceras).
  • 40.
  • 41. O cerebro xestiona a maior parte das funcións (percepcións, conciencia, aprendizaxe e accións voluntarias). O cerebelo ocúpase da coordinación dos movementos e o bulbo raquídeo realiza a regulación das funcións vitais (dixestión, latexo cardíaco, respiración...). O cerebro divídese en dous hemisferios de funcións diferentes e que se comunican polo corpo caloso.
  • 42. No encéfalo e na médula espiñal hai substancia branca e gris, pero sitúanse ao revés nunha estrutura e noutra. No encéfalo a branca queda por dentro e na médula queda por fóra.
  • 43. SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO = SOMÁTICO + AUTÓNOMO
  • 44. O sistema nervioso autónomo está formado por dous sistemas de accións antagonistas, se un activa un órgano o outro o detén. Estos dous sistemas son o simpático (alerta) e o parasimpático (relaxación).
  • 45.
  • 46. FUNCIONAMENTO DO SISTEMA NERVIOSO 1. Os receptores captan un estímulo e envían esta información mediante os nervios sensitivos cara os centros nerviosos (encéfalo e médula espiñal). O estímulo pode ser unha imaxe, un son, un olor, dor... 2. Os centros nerviosos interpretan a información, elaboran unha resposta e envíana mediante os nervios motores ou secretores cara os efectores (músculos ou glándulas). 3. Os músculos móvense ou as glándulas segregan unha substancia química.
  • 47. FUNCIONAMENTO DO SISTEMA NERVIOSO Cando as respostas son sinxelas, rápidas e involuntarias (o animal non é consciente) falamos dun acto reflexo. Habitualmente son accións evasivas ou defensivas fronte un perigo. P.e.: retirar a man cando tocamos unha pota quente. Estos actos son realizados por unha unidade operativa chamada arco reflexo e son respostas nas que non intervén o encéfalo, só a médula espiñal. Sistema Nervioso sinapsis documental
  • 50. 5. SISTEMAS DE COORDINACIÓN: O SISTEMA ENDÓCRINO O sistema endócrino está formado por unhas estruturas especializadas chamadas glándulas endócrinas. Estas glándulas producen hormonas que son substancias químicas que verten o sangue e actúan como mensaxeiros. As hormonas distribúense polo corpo e actúan en lugares específicos (células diana) provocando unha resposta. Habitualmente teñen efectos máis lentos e prolongados no tempo. Algunhas accións reguladas deste xeito son os cambios na pubertade, a metamorfose nalgúns animais, o control dos niveis de azúcre en sangue... As hormonas actúan a baixas concentracións, polo que debe existir un control na súa produción. Esta regulación é levada a cabo principalmente polo S.N.C., e de xeito fundamental polo hipotálamo.
  • 51. O HIPOTÁLAMO O hipotálamo é unha parte do cerebro conectada a hipófese. As neuronas do hipotálamo producen neurotransmisores que regulan a hipófese (factores hipotalámicos de activación e inhibición). Ademais produce dúas hormonas: a oxitocina (contracción uterina) e a vasopresina (antidiurética-ADH). Son almacenadas na hipófise. A HIPÓFISE produce hormonas que actúan sobre outras glándulas e órganos (hormona do crecemento, prolactina…)
  • 52. Deste xeito o eixe hipotálamohipofisario é capaz de regular a acción de todo o sistema endócrino.
  • 53. MECANISMO DE CONTROL O aumento na concentración das hormonas liberadas polas glándulas que estimula o eixe hipotálamo-hipófise é detectado por el, polo que o hipotálamo e a hipófise deixan de estimular a súa produción. Este tipo de regulación por retroalimentación negativa ou feed-back é moi habitual na regulación hormonal. Asemade a carencia dunha hormona tamén produce unha estimulación da glándula que a produce (feed-back positivo).
  • 56. PÁNCREAS Nos illotes de Langerhans prodúcense insulina e glicagón, que actúan sobre a concentración de glicosa no sangue: a insulina redúcea e o glicagón auméntaa.
  • 58.
  • 59.
  • 60. ENFERMEDADES DO SISTEMA ENDÓCRINO Bocio: tipo de hipotiroidismo que provoca un crecemento anormal da glándula tiroide como resposta aos baixos niveis de tiroxina por falta de iodo na dieta.
  • 61. Axentes externos (virus, po, protozoos...) que poden ser patóxenos chegan a tomar contacto coa pel e as mucosas, incluso co sangue a través das feridas. Entón, cómo é posible que non estemos constantemente enfermos? Débese ao noso Sistema Inmunitario que neutraliza as actividades destes axentes estranos. Podemos dividir o sistema inmunitario en tres niveis de defensa:  Barreiras Físicas  Resposta inmunitaria inespecífica-.A Reacción inflamatoria.  Resposta inmunitaria específica-A xeración de anticorpos 6. AS DEFENSAS DO ORGANISMO: O SISTEMA INMUNITARIO
  • 62. BARREIRAS FÍSICAS:  A pel e as mucosas.  Secrecións: bágoas e saliva (posúen lisozima), suor, mucosidades, cerume dos oídos, ácido do estómago (HCl)...
  • 63. RESPOSTA INMUNITARIA INESPECÍFICA Se a pesar das barreiras atopadas no seu camiño os patóxenos logran entran no organismo a segunda liña de defensa entra en acción; A Reacción Inflamatoria: •É unha reposta inespecífica porque actúa sempre igual independentemente do patóxeno. •É rápida, pero puco duradeira. •E levada a cabo por uns glóbulos brancos denominados fagocitos ou células fagocitarias que se encargan de dixerir os patóxenos. Os máis importantes son os macrófagos que derivan dos monocitos do torrente sanguíneo.
  • 64. Reacción inflamatoria: 1. Tras a entrada dos xermes, os capilares sanguíneos dilátanse na zona afectada para achegar máis sangue o que provoca o arrubiamento e o aumento da temperatura local. 2. O plasma sae dos capilares (suministra materiais de reparación) e produce inchazo (edema); ademais aumenta a sensibilidade nerviosa (dor) e soe producirse tumoración. 3. Os monocitos saen dos vasos sanguíneos cara o tecido afectado transformándose en fagocitos macrófagos. 4. Os fagocitos capturan e dixiren os xermes. 5. Na zona de infección pode aparecer pus que é un acumulo de restos celulares, xermes e fagocitos.
  • 66. RESPOSTA INMUNITARIA ESPECÍFICA  Constitúe a terceira liña de defensa.  É específica porque actúa recoñecendo o axente estraño que penetra no organismo.  É máis lenta que a inespecífica, pero máis duradeira.  Lévana a cabo principalmente outros glóbulos brancos, os linfocitos, coa cooperación doutras células defensivas.  Baséase na produción de anticorpos por parte dos linfocitos que neutralizan específicamente o axente patóxeno (antíxeno).  Tras vencer a infección, os linfocitos manteñen a súa capacidade de produción de anticorpos específicos frente ese patóxeno (“células memoria”); o que permite unha resposta máis rápida e eficaz se se produce unha nova entrada do axente (Inmunización).
  • 67. Conceptos clave: • Anticorpo: proteína producida polos linfocitos para neutralizar o antixeno. • Antíxeno: substancia recoñecida polo organismo como estrana que é capaz de activar a resposta inmunitaria. Pasos da resposta específica: 1. Os macrófagos (fagocitos) fagocitan os xermes patóxenos. 2. Trala inxestión os macrófago presentan cara os linfocitos unhas “sinais” que lles permite aos linfocitos producir anticorpos específicos contra o antíxeno. 3. Os anticorpos neutralizan o patóxeno e os linfocitos destrúen as células infectadas.
  • 69. Uso de soros, vacinas e antibióticos.  Soros  Son preparados artificiais que conteñen anticorpos específicos contra o patóxeno.  Obtéñense a partir do sangue dunha persoa o dun animal (cabalo).  Vacinas  Preparados que conteñen o axente patóxeno (virus ou bacterias) que causa a enfermidade, pero atenuado, morto ou fragmentado.  Deste xeito o axente non desenvolve a enfermidade. Loita contra as enfermidades infecciosas  Antibióticos  Son substancias producidas por microorganismos e que en pequeñas cantidades combaten ás bacterias. Non se debe abusar deles para non xerar resistencia.
  • 70. ENFERMEDADES DO SISTEMA INMUNITARIO ALERXIAS O Sistema inmunitario identifica como patóxeno algo que non o é AUTOINMUNIDAE O inmunitario ataca ao propio corpo. Por exemplo a esclerose múltiple INMUNODEFICIENCIA O sistema inmune está deprimido o que facilita as infeccións e a aparición de cancros. Un exemplo é o SIDA provocado polo VIH.
  • 72. WEBGRAFÍA  https://bioagus.files.wordpress.com/2012/06/sinapsis.jpg  http://biogeo.esy.es/BG3ESO/3eso_htm_files/19442.jpg  http://biologiaygeologia.org/unidadbio/a_biohumana/sentidos/images/sentidos.jpg  https://biomolecularblog.files.wordpress.com/2016/08/ela.jpg  http://3.bp.blogspot.com/-DZxiDFpc7tg/URFJL-_ueyI/AAAAAAAAAA4/-oMhyNiz1WU/s1600/imagenn2.jpg  http://www.cosmetologiayspa.com/wp-content/uploads/2014/08/Partes-de-la-Piel1.jpg  http://cn2eso09.blogspot.com.es/2013/10/elementos-de-la-relacion.html  http://www.fisioterapiacristinavila.nos.gl/_movil/especialidades.html  https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/736x/51/b6/74/51b674e9e6e729785095f70aab51eb00.jpg  http://memoriaemocional.com/wp-content/uploads/2015/10/que-es-la-alergia-2.jpg  http://iespoetaclaudio.centros.educa.jcyl.es/sitio/upload/sist_nervioso_enfermedades_3eso.pdf  http://matigastoncejas.blogspot.com.es/2013/10/enfermedades-de-las-glandulas-endocrinas.html  http://navegandoconlacienciaeg2.blogspot.com.es/2015/10/el-siatema-nervioso.html  https://image.slidesharecdn.com/relacinycoordinacinhumanaiilossentidosyelaparatolocomotor2012-120526035638- phpapp01/95/relacin-y-coordinacin-humana-ii-los-sentidos-y-el-aparato-locomotor-2012-45-728.jpg?cb=1363617103  http://tiposde.info/wp-content/uploads/2013/09/Tipos-de-receptores-sensoriales.jpg  https://image.slidesharecdn.com/vihsida-150209224107-conversion-gate01/95/vih-sida-2-638.jpg?cb=1423522323  http://usuarios.discapnet.es/ojo_oido/esquemas_cuerpo_humano/ojo3.jpg