1. TEÑO UNHA DIETA EQUILIBRADA?
Para levar a cabo o traballo debedes ter en conta as seguintes instrucións:
Como en todos os traballos que mandei ata agora debe existir:
1. PORTADA
Nun só folio. Debe aparecer o título que lle deades o traballo e os nomes dos
integrantes do grupo.
2. ÍNDICE
Cos distintos apartados do traballo e paxinado.
3. INTRODUCIÓN
Debe darnos información de que é unha dieta equilibrada e que importancia ten para a
saúde.
Tamén deberíamos falar resumidamente da roda dos alimentos e de que son os
glícidos, as graxas ou lípidos e as proteínas.
4. DESENVOLVEMENTO DO TEMA
Basearase na explicación do procedemento para calcular o aporte enerxético da dieta
de alomenos un día da semana de cada un dos membros do grupo e a analise dos datos
obtidos. Un pouco máis abaixo explico os puntos esenciais para elaborar o traballo.
5. CONCLUSIÓNS
Despois de todo o traballo realizado deberedes expoñer as vosas conclusión aos
resultados obtidos. Pensade en preguntas como as seguintes:
Que membro do grupo ten unha dieta máis equilibrada? Quen debe correxir a súa
dieta? Que podedes dicir dos nutrientes que incorporades na vosa dieta?...
6. RESUMO
En media carilla deberedes dar unha idea xeral do traballo realizado.
7. BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA
Debe estar ordenada alfabéticamente e disposta a información como indicamos na
clase:
2. No caso da bibliografía a orde sería:
- Apelidos e nome dos autores. Ano. Título. Editorial. País. Cidade.
Na webgrafía rexistraremos a información que poidamos atopar e tamén ordenada
alfabéticamente, como mínimo debemos tomar nota da dirección web e a data na que
consultáchedes a información.
INFORMACIÓN EXTRA DE INTERESE:
QUILOCALORÍAS DIARIAS
Segundo a OMS (Organización Mundial para a Saude) o aporte calórico recomendado é
de 2000 a 2500 Kcal/día nun varón adulto e de 1500 a 2000 Kcal/día no caso das
mulleres.
ELABORACIÓN DA DIETA INDIVIDUAL PARA CADA MEMBRO DO EQUIPO
Elaboramos unha listaxe diferenciando as cinco comidas (almorzo, media mañá, comida,
merenda e cea) dun día da semana calquera de cada un dos membros do grupo. Se non
sabedes os gramos podedes poñer unha cantidade aproximada (por exemplo 10
aceitunas con oso ou o aceite para un ovo fritido), xa que a través da páxina web que
utilizaremos despois podremos facer os cálculos igualmente coa opción que máis se
achege a realidade.
APORTE ENERXÉTICO
Para cada alimento incluido na listaxe da nosa dieta tomaremos os seguintes datos:
enerxía (en Kcal), proteínas (en gramos), hidratos de carbono (en gramos) e graxa
total (en gramos).
A enerxía total non se corresponderá co aportado por estos tres nutrientes
exactamente debido a que hai algún outro aporte calórico, pero sérvenos como
aproximación.
Obteremos a información na páxina web http://www.dietas.net/tablas-y-
calculadoras/tabla-de-composicion-nutricional-de-los-alimentos/ (tedes tamén a
ligazón no meu blog).
Así mesmo, calcularemos a porcentaxe enerxética de cada un dos nutrientes
3. mencionados (glícidos, lípidos e proteínas).
Por exemplo: o aceite de fritir un ovo segundo a táboa que nos facilita a páxina
dietas.net infórmanos de:
- Enerxía (Kcal): 89,90
- Proteína (g) 0,10
- Hidratos de carbono (g) 0,00
- Graxa total (g) 9,99
Sabendo que 1g de graxa apórtanos 9 Kcal, 1g de glícidos 3,7 Kcal e 1g de proteína 4
Kcal, facemos un cálculo sinxelo:
0,10 g de proteína x 4Kcal/g= 0,40 Kcal
0,99 g de graxa x 9 Kcal/g= 89,91 Kcal
0 g de glicidos x 3,7 Kcal/g= 0 Kcal
Polo tanto, o aceite de fritir un ovo apórtanos 89,90 Kcal aproximadamente e este
aporte débese prácticamente aos lípidos (o aporte proteico neste caso é
despreciable ó carón da graxa).
Neste alimento consideraríamos un aporte enerxético 100% debido ás graxas.
DIETA EQUILIBRADA
Unha das características dunha dieta equilibrada e que aportemos todos os nutrientes
nas cantidades axeitadas. Para simplificalo, tomaremos como referencia que na nosa
dieta debemos inxerir un aporte enerxético distribuido do seguinte xeito:
55% de glícidos
30% de lípidos
15% de proteínas
Tras os cálculos realizados no punto anterior, debemos comprobar se a nosa dieta se
aproxima a esto. Por iso é importante facer un cálculo, en porcentaxe, do aporte de
cada tipo de nutriente ao alimento que consumimos.