2. Revista ASTRONOMÍA
A publicación de referencia para os afeccionados en
España fai en decembro 31 anos de presenza
continuada nos quioscos. Vén de recibir un moi
merecido Premio Especial do Xurado nos Premios
Prismas que outorgan os Museos Científicos Coruñeses.
Dende novembro está á túa disposición cada mes na
biblioteca do Fórum Metropolitano.
3. ONDE ESTÁS, ANDRÓMEDA?
Anna Almécija &
María José Sancho
“Aquela noite, Alba quería observar as estrelas, pero só
puido ver unha nube brillante que cubría o ceo da súa
cidade”. Un conto ilustrado que fala de contaminación
luminosa, ideal para lérllelo aos máis pequenos da casa e
sementar neles a curiosidade polo firmamento.
4. DESDE EL JARDÍN, LAS ESTRELLAS
Ana Ulla
Se tes máis de 10 anos, este é o teu libro. Unha novela
protagonizada por un neno e un lagarto que comparten a
paixón de mirar as estrelas. Da man desta parella singular
iremos sabendo máis, páxina a páxina, sobre as
constelacións, as mulleres astrónomas, os tipos de
telescopios… Unha delicia escrita pola astrofísica galega
Ana Ulla.
6. LAS VIDAS DE GALILEO
Fiami
O autor de banda deseñada Fiami leva anos dedicando
moito esforzo á divulgación da ciencia e así xurdiron libros
dedicados ás vidas de Einstein, Marie Curie e Galileo. O de
Galileo acadou unha gran difusión no marco do Ano
Internacional da Astronomía 2009 e en España foi
publicado pola Universidade de Santiago de Compostela.
9. EL UNIVERSO PARA ULISES
Juan Carlos Ortega
Máis coñecido como humorista, Juan Carlos Ortega é
tamén unha persoa apaixonada polo coñecemento e un
gran divulgador. Este libro é un acto de amor: de amor ao
fillo, Ulises, e de amor á astronomía. O que fomos
aprendendo co paso dos séculos sobre o universo exposto
diante nosa cunha linguaxe clara e con prosa emocionante.
11. EL UNIVERSO EN TU MANO
Christophe Galfard
Físico teórico formado en Cambridge, onde traballou con
Stephen Hawking, o francés Christophe Galfard promove
unha maneira diferente de divulgar conceptos moi
complexos. O seu libro é puro texto, non precisa de
fórmulas nin expresións matemáticas, tampouco de
esquemas e gráficos, para falarnos do universo nunha viaxe
fascinante polo espazo e o tempo. Ás veces, si, unha palabra
vale máis ca mil imaxes.
12. E=mc2
David Bodanis
David Bodanis con formación en física, matemáticas e
economía vence o desafío de facer accesíbel a
relatividade con este libro, que se autodefine como unha
“biografía” da ecuación máis famosa do mundo.
15. E FIXEMOS A LUZ!
Salvador Bará
Un libro para ler e reler durante anos, tan conciso coma
ambicioso. Fala da historia do estudo da luz, un fenómeno
que estimulou dende sempre a creatividade humana, e das
súas múltiples aplicacións, por exemplo na medicina actual.
Por suposto, a astronomía ocupa un lugar preferente: case
todo o que sabemos do universo coñecémolo analizando as
súas pegadas en forma de radiación. Tamén hai espazo
para falar da luz que mancha o ceo, a contaminación
luminosa que nos borra a necesaria escuridade da noite.
16. 24/7. EL CAPITALISMO AL ASALTO DEL SUEÑO
Jonathan Crary
Un ensaio tan polémico coma inspirador que reflexiona
sobre a sociedade na que vivimos, operativa as 24 horas
do días, os sete días da semana, e o que iso supón para a
ruptura total do ciclo natural do día e a noite, a vixilia e o
descanso. Un libro que non deixa indiferente.
19. LOS PLANETAS
Dava Sobel
A neoiorquina Dava Sobel fixo das historias da ciencia a
base para varios bestsellers e hoxe até pode presumir de
que un asteroide leva o seu nome (o 30935 Davasobel). O
sistema solar é o obxecto central deste libro, xa un clásico,
que por suposto explora a presenza dos planetas na cultura
e a mitoloxía ao longo dos séculos.
20. EL UNIVERSO DE CRISTAL
Dava Sobel
Na segunda metade do XIX o observatorio da Universidade
de Harvard empezou a incorporar mulleres coma
“calculadoras” para interpretar os resultados das
observacións que facían os homes pola noite. O “universo
de cristal” do título alude ao medio millón de placas
fotográficas que o grupo de mulleres de Harvard escrutou e
analizou para sentar as bases da astrofísica do século XX.
Un libro excelente, moi ameno e ben documentado.
21. LAS MUJERES DE LA LUNA
Daniel Roberto Altschuler &
Fernando J. Ballesteros
1586 cráteres da Lúa, entre os millóns que hai na súa
superficie, recibiron nomes que honran a personalidades
de todos os tempos. Deses 1586, só 28 corresponden a
mulleres, e son as súas biografías as que ocupan as
páxinas deste libro. Entre estas 28 (ou quizais 27)
mulleres hai científicas a maioría astrónomas,
divulgadoras e astronautas, e a inmensa maioría delas
aínda agarda por un xusto recoñecemento dos seus
méritos.
22. FIGURAS OCULTAS
Margot Lee Shetterly
Un dos éxitos cinematográficos do ano ten como base un
libro de historia da ciencia que investiga as traxectorias
de catro mulleres afroamericanas pioneiras. Dorothy
Vaughan, Mary Jackson, Katherine Johnson e Christine
Darden traballaron na NASA nos primeiros anos da
carreira espacial nunha altura na que nos EEUU persistían
leis de segregación racial. A loita polos dereitos civís e o
esforzo científico para saír ao espazo corren en paralelo
nas súas biografías apaixonantes.
27. COSMOS (serie documental)
Carl Sagan
En la orilla del oceáno cósmico / Viajes a través del
espacio y el tiempo / La vida de las estrellas / El filo de la
eternidad / La persistencia de la memoria / Enciclopedia
galáctica / Una voz en la fuga cósmica...