SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  16
Télécharger pour lire hors ligne
Un reloxo nocturno
Todas as noites do ano e ao longo de toda a noite temos sempre 
no  ceo  o  “Carro”,  o  ben  coñecido  grupo  de  sete  estrelas  (ou 
deberamos dicir oito?) na constelación da Osa Maior. No xiro 
aparente  e  constante  do  ceo  arredor  da  estrela  Polar  van 
asomando  unhas  constelacións  e  outras  ímolas  perdendo  de 
vista,  mais  aquelas  próximas  á  estrela  que  sinala  a  dirección 
norte non chegan nunca a desaparecer baixo o horizonte.
Grazas  a  iso  podemos  empregar  esas  constelacións  para 
determinar,  por  exemplo,  a  hora  da  noite  de  maneira 
aproximada.  O  Carro  e  a  Polar  vannos  servir,  pois,  de  reloxo 
nocturno.
Debemos imaxinar un disco de 
reloxo  centrado  na  estrela 
Polar  (lembrade  que  é  moi 
fácil  localizala  prolongando 
cinco veces a “liña” traseira da 
caixa do Carro, definida polas 
estrelas Merak e Dubhe).
O  noso  reloxo  nocturno  ten 
dúas  características  especiais. 
A primeira é que está dividido 
en 24 horas, non en 12 coma 
os  reloxos  de  man.  A  outra 
singularidade  é  que  se  move 
no  sentido  contrario  ao 
habitual, “cara á esquerda” en 
vez  de  “cara  á  dereita”.  Así, 
teremos as 0h xusto enriba da 
Polar,  as  6h  á  esquerda  dela, 
as  12  debaixo  e  as  18h  á  súa 
dereita,  con  estes  puntos  de 
referencia  marcando  entre  si 
ángulos de 90º.
Agora imaxinamos unha agulla 
que  vai  de  Dubhe  á  Estrela 
Polar.  O  que  debemos  facer  é 
“ler  a  hora”  con  normalidade 
nese reloxo do ceo. Estimamos 
a  ollo  que  hora  marcaría  a 
agulla Dubhe­Polar  nese disco 
virtual  coa  precisión  que  nos 
vexamos  capaces  de  definir: 
quizais  nos  conformemos  con 
dar  horas  exactas,  quizais  nos 
atrevamos  a  estimar  medias 
horas
Á hora que estimemos sumámoslle 29. Logo restamos o número 
de quincenas que leve o ano na data na que nos atopemos. O 16 
de febreiro, por exemplo, o ano levará 3 quincenas completas. O 
29 de abril, máis ou menos oito. O 18 de xullo, 13 (6 meses x 2 
+  1).  O  23  de  novembro,  21  (10  meses  x  2  +  1),  aínda  que 
poderíamos  axustar  un  pouco  máis  e  engadir  0,5  pola  “media 
quincena” que excede dende mediados dese mes. 
Se  o  número  que  nos  sae  é  maior  ca  24,  restamos  24h  para 
darlle  ao  resultado  o  formato  de  hora  definitivo;  se  non, 
deixámolo  como  está.  Esa  sería  a  hora  en  “tempo  universal”. 
Para converter á hora oficial hai que engadir 1 hora en inverno 
e 2 horas en verán.
16 de febreiro
16 de febreiro
Hora estimada: 19h 30min.
Sumamos 29: 48h 30min. 
Restamos quincenas (3): 45h 30 min. 
Restamos 24: 21h 30 min.
Axustamos ao horario de inverno 
(+1): 22h 30min.
29 de abril
29 de abril
Hora estimada: 2h.
Sumamos 29: 31h.
Restamos quincenas (8): 23h.
Como obtivemos un resultado 
<24 non é preciso restar 24h, 
así que axustamos directamente 
ao horario de verán (+2): 1h.
18 de xullo
18 de xullo
Hora estimada: 7h.
Sumamos 29: 36h.
Restamos quincenas (13): 23h.
Axustamos ao horario de verán 
(+2): 1h.
23 de novembro
23 de novembro
Hora estimada: 16h. 
Sumamos 29: 45h. 
Restamos quincenas (21): 
24h.
Restamos 24: 0h. 
Axustamos ao horario de 
inverno: 1h.

Contenu connexe

Tendances (18)

As estrelas
As estrelasAs estrelas
As estrelas
 
Astronomia
AstronomiaAstronomia
Astronomia
 
Sidereus Nuncius
Sidereus NunciusSidereus Nuncius
Sidereus Nuncius
 
A vía láctea
A vía lácteaA vía láctea
A vía láctea
 
Da Terra E Do Ceo
Da Terra E Do CeoDa Terra E Do Ceo
Da Terra E Do Ceo
 
Tema 1. 1º eso
Tema 1. 1º esoTema 1. 1º eso
Tema 1. 1º eso
 
O Universo e O sistema solar. Clase 2b
O Universo e O sistema solar. Clase 2bO Universo e O sistema solar. Clase 2b
O Universo e O sistema solar. Clase 2b
 
A vía láctea
A vía lácteaA vía láctea
A vía láctea
 
Universo
UniversoUniverso
Universo
 
Neptunoooo
NeptunooooNeptunoooo
Neptunoooo
 
Estrutura do universo galaxias e estrelas. cristina silva e maría sotelo. 1º ...
Estrutura do universo galaxias e estrelas. cristina silva e maría sotelo. 1º ...Estrutura do universo galaxias e estrelas. cristina silva e maría sotelo. 1º ...
Estrutura do universo galaxias e estrelas. cristina silva e maría sotelo. 1º ...
 
Os límites da visión
Os límites da visiónOs límites da visión
Os límites da visión
 
Jorge Mira Traballo realizado por Daniel Bostán
Jorge Mira  Traballo realizado por Daniel BostánJorge Mira  Traballo realizado por Daniel Bostán
Jorge Mira Traballo realizado por Daniel Bostán
 
A terra, o noso planeta (1)
A terra, o noso planeta (1)A terra, o noso planeta (1)
A terra, o noso planeta (1)
 
OS COMETAS E OS ASTEROIDES
OS COMETAS E OS ASTEROIDESOS COMETAS E OS ASTEROIDES
OS COMETAS E OS ASTEROIDES
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
C De Inverno
C De InvernoC De Inverno
C De Inverno
 
6 teoria
6 teoria6 teoria
6 teoria
 

Plus de Agrupación Astronómica Coruñesa Ío (11)

Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
 
Astronautas vivos das misións Apollo
Astronautas vivos das misións ApolloAstronautas vivos das misións Apollo
Astronautas vivos das misións Apollo
 
Grandes ideas da astronomía
Grandes ideas da astronomíaGrandes ideas da astronomía
Grandes ideas da astronomía
 
CEA2020: Guía de inscripción
CEA2020: Guía de inscripciónCEA2020: Guía de inscripción
CEA2020: Guía de inscripción
 
Eclipses na Coruña
Eclipses na CoruñaEclipses na Coruña
Eclipses na Coruña
 
O ceo deste verán
O ceo deste veránO ceo deste verán
O ceo deste verán
 
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum MetropolitanoRecomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
 
Contaminación luminosa: accións divulgativas
Contaminación luminosa: accións divulgativasContaminación luminosa: accións divulgativas
Contaminación luminosa: accións divulgativas
 
Introdución á contaminación luminosa
Introdución á contaminación luminosaIntrodución á contaminación luminosa
Introdución á contaminación luminosa
 
Introducció a contaminació lumínica
Introducció a contaminació lumínicaIntroducció a contaminació lumínica
Introducció a contaminació lumínica
 
Nota informativa sobre contaminación luminosa
Nota informativa sobre contaminación luminosaNota informativa sobre contaminación luminosa
Nota informativa sobre contaminación luminosa
 

Un reloxo nocturno