SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  9
Télécharger pour lire hors ligne
RESPOSTAS MODULO 2




             Agustín Valiño Pino
Volvo a comentar este logotipo .Está composto por un cadrado que é
                       símbolo de terra e que ten dúas verticais, que representan o equilibrio e o
                       principio activo e quente que se libera do horizontal, e dúas horizontais que
                       representan o repouso frío ; liñas que determinan o abaixo-arriba e a dereita-
                       esquerda. Tranquilidade e equilibrio son dous significados esencias que debe
                       transmitir o logotipo no seu mensaxe visual Tamén culturalmente sabemos
                       que é unha caixa,un contedor ou un edificio.

                               Non ten marco esta imaxe, co cal o que interesa son as relacións entre
                       as diferentes formas. O cadrado negro e atravesado con gran dinamismo por
                       un triángulo ( que eiquí representamos en vermello para visualizalo) moi
                       agudo, grande , que emerxe ascendendo de abaixo arriba,atravesando os
                       límites do cadrado co cal non xera tensións e é percibido nunha secuencia
                       temporal; contrasta co cadrado negro en ton ( contraste máximo ), en
                       orientación e en configuración, pero se relaciona con el por superposición e
                       estruturalmente a través dos lados que coinciden cos vértices da diagonal
                       ascendente do cadrado, xerando dous puntos quentes que se alternan como
                       nun xogo; e remata o seu vértice en contacto con outro triángulo mais
pequeno co cal non hai tensións senón harmonía xa que son formas triangulares e co mesmo eixo
estrutural e formando un ritmo de tamaños e ángulos. Os dous triángulos representan tamén forza
motriz, son a abstracción dun avión a reacción e o seu chorro de fume tal como o vemos no ceo. O
cadrado e o aeroporto ( edificio e pista de despegue ), e o triángulo branco tamén pode ser visto
como a raia central da pista (en perspectiva cónica ). É o logotipo do aeroporto de Heathrow .
Caixa metafísica ( Oteiza )
                                      A caixa ou cubo (definido por seis cadrados) contedor ou
                            receptor, feminino e terra ( Gea ) , forma platónica e que nesta Caixa
                            Metafísica Oteiza xoga co vacuo e o cheo, co aberto e o pechado, co
                            terreal e co espiritual
                                      Pureza formal a do cubo coas súas caras cadradas, os ángulos
                            rectos....que nos achegan ao divino e que delimitan neste caso un
                            espacio vacuo que opera como contedor ou casa, ao cal se abren unhas
                            ventás, que o relacionan co resto do espazo ou universo. Esas aberturas
                            están delimitadas por liñas rectas que nin son horizontais nin verticais
                            nin diagonais , tampouco pasan polo centro e non forman ángulos
                            rectos ; liñas libres acéntricas e que dotan as caras e ao conxunto de
                            dinamismo, que contrasta coa quietude do cubo. Dinamismo que tamén
está presente no xeito de mirar esta obra ( punto de vista móbil). A súa vez esta ventás permiten a
entrada da luz que proxecta sombras e todo un xogo de matices de gris no interior da caixa.
        Podemos apreciar que os ángulos desas liñas libres son moi próximos ao recto e non crean
grandes acentos ou tensións , aminorada tamén porque esas liñas chegan aos límites dos planos e
perden toda tensión




        Cal é a relación entre caras? ; podemos apreciar relacións de igualdade dimensional,
coincidencia e continuidade de liñas entre caras contiguas,....: pero, como é o conxunto de todas
esas liñas e de onde sae?.Unha posibilidade que ocórreseme é de que nos remiten a outra estrutura
que está oculta na súa totalidade e da que so vemos unha parte .
        Para ver a caixa temos que movernos arredor dela ( punto de vista móbil) e así captar as
relacións do interior co exterior, as relacións en cada cara e as relacións dunha cara coas contiguas
        Probo con estas dúas, a segunda e múltiplo da primeira; compároas con fotografías pero non
hai coincidencias.
Fago estas probas, vendo tamén o desenrolo o cubo.... e non chego a ningunha conclusión.

        Podería ser que non houbera estrutura superior, que sexan liñas “libres” que por unha banda
farían planos ou aberturas en xeración ,a partires dun punto e que non terían nada a ver coa estrutura
cadrada (nin co centro , nin coas medianas nin paralelismo ), pero si son liñas rectas e polo tanto
harmonizan co cubo e sería a expresión dunha racionalidade na creación desas ventás da caixa, e
que falaría dun xeito de relacionarse a traveso da razón co mundo exterior.
LA DANZA (Matisse)


                                                           Este cadro Matisse de
                                                  formato rectangular horizontal e que
                                                  acentúa a terrenalidade que lle quere
                                                  conferir ao tratamento do tema,está
                                                  composto por un plano verde
                                                  redondo que pode representar o
                                                  universo pero dende logo reducido
                                                  eiquí a Terra e que por chegar aos
                                                  límites do plano básico non mostra
                                                  tensións e expándese fora dos límites.
                                                  Forma pesada e na zona da terra,
mentras outro plano azul representa o ceo e o infinito, ocupando a zona livián do
cadro.
              Encerrados nos límites desa terrealidade atópanse un conxunto de figuras
humanas que a pesares de ocupar todo o espazo non xeran tensións ao tocar os
límites dese marco terreal. Os brazos forman un óvalo que é a proxección dunha
circunferencia e por tanto debe ser vista como unha figura harmónica. Esa mesma
liña repítese nos pes.
       Tódalas liñas do cadro son curvas e polo tanto están en harmonía, o contraste
ven pola cor.
       Terrealidade, harmonía universal, humanidade son palabras clave para falar
deste cadro
       As figuras humanas ,unidas en círculo, poden ser expresadas por liñas curvas
                                                ou por triángulos, e transmiten a
                                                sensacións de dinamismo e actividade.
                                                     Habería que falar da cor e do
                                                ritmo,      tamén,     como       unhas
                                                características moi importantes deste
                                                cuadro.
TRISQUEL

                                          O deseño deste trisquel, vórtice ou torbeliño
                                   está composto polas figuras que se ven na figura , e é
                                   obvia a súa construción xeométrica. O canteiro, para
                                   que o deseño destacara no granito, tivo que recorrer a
                                   un refundido plano que xerase unhas sombras para
                                   conseguir contraste por ton.
                                          A lectura desta imaxe faise dende a periferia ao
                                   centro, guiados por dúas circunferencias concéntricas
                                   e unha serie de liñas curvas que se cortan no centro
                                   provocando un gran punto de interese que reforza a
                                   idea de centro.
                                          O círculo exterior representa o universo, o todo
e a forma perfecta orixinal, e neste marco desenrolase un vórtice, un movemento
circular expresado a traveso das aspas, debuxadas por unha sucesión de
circunferencias en simétrica radial, en total harmonía co círculo exterior ou universo.
Esta sensación de movemento é reforzada pola estrutura oblicua de diámetros que
pasan polos centros das curvas das aspas. Todo isto fálanos dunha concepción
cosmocéntrica dun universo en evolución, en movemento infinito, pero predicible e
en harmonía
       O deseño pode lerse de dous xeitos ( as aspas refundidas como figura ou noutra
lectura como fondo) e provocando nesa alternancia de lecturas unha forma de
                                       intranquilidade. Pero non están equilibradas as
                                       dúas xa que o refundido pode verse con unha
                                       forma pechada e o outro ( o plano superior),as tres
                                       aspas semellan expansionarse.
                                          A sensación de xiro no sentido contrario as
                                       agullas do relo non ten dúbidas para min, así o
                                       percibo. Si facemos caso a o que sinala
                                       Kandinsky no seu libro “Punto e liña sobre o
                                       plano”referido a que as curvas posúen unha
                                       tensión principal que actúa sobre o arco, a
                                       conxunción desas tensións provocaría a sensación
                                       de xiro. E.H.Gombrich, no seu libro “ O sentido
                                       do orden” fala do vórtice e preguntase de onde
procede esta enerxía; suxire unha explicación acorde ao que defende no libro e
remata “É dubidoso que esta reacción ante as formas xiratorias poida ser explicada en
conxunto tan so en función da visión”.A sensación de xiro para min e explicable con
un coñecemento do comportamento das masas en movemento, refírome ao concepto
da Física da inercia ( si a estrutura de diámetros imprímeselle un xiro, estes tenderían
a deformarse semellando o deseño de aspas ). Tamén a experiencia que temos do
noso mundo pode levarnos a esa percepción, refírome aos debuxos dos torbeliños
nos fluídos e que son motivados, algúns, pola aceleración de coriolis.
Cadrado branco sobre un cadro
                                         cadrado: acentuación da calidade cadrado. O
                                         cadrado como forma equilibrada entre
                                         horizontais frías e pasivas e verticais quentes
                                         e activas, perpendicularidade, simetría e
                                         forma simbólica, está eiquí reforzado ao estar
                                         paralelo ao plano do cadro. A esta acentuación
                                         oponse a acentralidade da posición , que xera
                                         unha combinacións de tensións cos límites do
                                         cadro.
                                                    Facendo un percorrido visual pola
                                         periferia do plano básico no sentido das
agullas do reloxo vemos que a separación do cadrado cos límites vai en aumento e as
tensións van diminuíndo. Esa separación está estruturada nunha serie de rectángulos
nos que aparecen unha serie de acentos: plano azul, tensión da liña que non chega ao
límite vertical-esquerdo ( na parte superior ), plano amarelo,plano negro e plano
vermello. Como estas planos e as liñas que os delimitan tocan os límites, perden
tensión e semella que a estrutura de liñas negras continúa.
Contraste    entre    as   formas
                                         curvilíneas, suaves e expansivas coas
                                         formas puntiagudas, agresivas e con unha
                                         direccionalidade moi potente xa que se
                                         trata de tres puntas ou conos moi agudos
                                         e rectos. Contraste entre o volume
                                         tridimensional ( o macizo e o oco ) e o
                                         punto ao que concorren as tres puntas;
                                         puro punto inmaterial onde se anulan as
                                         tensións ( as tres puntas están moi
                                         próximas e perden tensión) que parecen
                                         anunciar as tres puntas na súa evolución,
e que en conxunto fan outro contraste.
Na imaxe debúxanse as figuras
                                               básicas que compoñen a fachada deste
                                               edificio. Tomarémolo como un cadro
                                               xa que o deseño arquitectónico reforza
                                               a frontalidade e o punto de vista único.
                                                   O simetría sobre un eixo vertical
                                               sentido     é    unha     característica
                                               importante desta fachada xa que
                                               expresa o equilibrio e a igualdade de
                                               pesos a un lado e outro.
                                                   O cadrado da totalidade da fachada
                                               expresa o equilibrio, o real e a vida
                                               cotiá e sua base coincide co plano
                                               horizontal da rua e tamén co cadrado
da entrada ( non hai tensións entre os dous cadrados ) e reforza a unión co cotiá ,non
hai elevación e polo tanto faio mais democrático.
       Partindo da base horizontal xorden catro columnas ou vectores verticais
ascensionais que nos falan dunha actividade equilibrada e superior, e que conecta cun
poder representado polo triángulo isósceles .Poder que que está dentro dese cadrado
do cal falabamos antes e na parte superior, facendo referencia a unha actividade
superior e que non xera tensions tampouco co cadrado porque está en contacto con el.
       É un palacio de xustiza?

Contenu connexe

En vedette

3. caldo de pollo imagen-signo test
3.  caldo de pollo  imagen-signo test3.  caldo de pollo  imagen-signo test
3. caldo de pollo imagen-signo testRossyPalmaM Palma M
 
O Magnesio Magico
O Magnesio MagicoO Magnesio Magico
O Magnesio Magicoprimaquim
 
GESTÃO COLORIDO
GESTÃO COLORIDOGESTÃO COLORIDO
GESTÃO COLORIDOprimaquim
 
O amor natural Uefs Drummond
O amor natural Uefs DrummondO amor natural Uefs Drummond
O amor natural Uefs DrummondUEFS
 
Rejected Pictures
Rejected PicturesRejected Pictures
Rejected PicturesAnique
 
Plano de Marketing Búzios Convention and Visitors Bureau
Plano de Marketing Búzios Convention and Visitors BureauPlano de Marketing Búzios Convention and Visitors Bureau
Plano de Marketing Búzios Convention and Visitors BureauTomas Pinheiro
 
Paracompreender
ParacompreenderParacompreender
Paracompreenderprimaquim
 
July 2016 Punta Marroig (Palma nova) and Cala des Gats (Costa de la calma)
July 2016 Punta Marroig (Palma nova) and Cala des Gats (Costa de la calma)July 2016 Punta Marroig (Palma nova) and Cala des Gats (Costa de la calma)
July 2016 Punta Marroig (Palma nova) and Cala des Gats (Costa de la calma)Christina Kastin
 
Direitos consumidor idoso
Direitos consumidor idosoDireitos consumidor idoso
Direitos consumidor idosoDenizecomZ
 
Folder envelhecimento[3]
Folder envelhecimento[3]Folder envelhecimento[3]
Folder envelhecimento[3]Elias Jaques
 
Guia para orientadores de padres as
Guia para orientadores de padres asGuia para orientadores de padres as
Guia para orientadores de padres asRossyPalmaM Palma M
 

En vedette (20)

Como não fazer uma excelente apresentação
Como não fazer uma excelente apresentaçãoComo não fazer uma excelente apresentação
Como não fazer uma excelente apresentação
 
Cv raquelgouveia
Cv raquelgouveiaCv raquelgouveia
Cv raquelgouveia
 
3. caldo de pollo imagen-signo test
3.  caldo de pollo  imagen-signo test3.  caldo de pollo  imagen-signo test
3. caldo de pollo imagen-signo test
 
Cuadro
CuadroCuadro
Cuadro
 
O Magnesio Magico
O Magnesio MagicoO Magnesio Magico
O Magnesio Magico
 
GESTÃO COLORIDO
GESTÃO COLORIDOGESTÃO COLORIDO
GESTÃO COLORIDO
 
O amor natural Uefs Drummond
O amor natural Uefs DrummondO amor natural Uefs Drummond
O amor natural Uefs Drummond
 
Rejected Pictures
Rejected PicturesRejected Pictures
Rejected Pictures
 
Egglympics
EgglympicsEgglympics
Egglympics
 
Quando
QuandoQuando
Quando
 
Plano de Marketing Búzios Convention and Visitors Bureau
Plano de Marketing Búzios Convention and Visitors BureauPlano de Marketing Búzios Convention and Visitors Bureau
Plano de Marketing Búzios Convention and Visitors Bureau
 
Paracompreender
ParacompreenderParacompreender
Paracompreender
 
July 2016 Punta Marroig (Palma nova) and Cala des Gats (Costa de la calma)
July 2016 Punta Marroig (Palma nova) and Cala des Gats (Costa de la calma)July 2016 Punta Marroig (Palma nova) and Cala des Gats (Costa de la calma)
July 2016 Punta Marroig (Palma nova) and Cala des Gats (Costa de la calma)
 
15 educaion fisica_web0
15 educaion fisica_web015 educaion fisica_web0
15 educaion fisica_web0
 
Crucigramas
CrucigramasCrucigramas
Crucigramas
 
Inadi guia-para-docentes
Inadi guia-para-docentesInadi guia-para-docentes
Inadi guia-para-docentes
 
Cefireprimer (1).
Cefireprimer (1).Cefireprimer (1).
Cefireprimer (1).
 
Direitos consumidor idoso
Direitos consumidor idosoDireitos consumidor idoso
Direitos consumidor idoso
 
Folder envelhecimento[3]
Folder envelhecimento[3]Folder envelhecimento[3]
Folder envelhecimento[3]
 
Guia para orientadores de padres as
Guia para orientadores de padres asGuia para orientadores de padres as
Guia para orientadores de padres as
 

Dernier

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Dernier (7)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

XEOMETRIA E ARTE

  • 1. RESPOSTAS MODULO 2 Agustín Valiño Pino
  • 2. Volvo a comentar este logotipo .Está composto por un cadrado que é símbolo de terra e que ten dúas verticais, que representan o equilibrio e o principio activo e quente que se libera do horizontal, e dúas horizontais que representan o repouso frío ; liñas que determinan o abaixo-arriba e a dereita- esquerda. Tranquilidade e equilibrio son dous significados esencias que debe transmitir o logotipo no seu mensaxe visual Tamén culturalmente sabemos que é unha caixa,un contedor ou un edificio. Non ten marco esta imaxe, co cal o que interesa son as relacións entre as diferentes formas. O cadrado negro e atravesado con gran dinamismo por un triángulo ( que eiquí representamos en vermello para visualizalo) moi agudo, grande , que emerxe ascendendo de abaixo arriba,atravesando os límites do cadrado co cal non xera tensións e é percibido nunha secuencia temporal; contrasta co cadrado negro en ton ( contraste máximo ), en orientación e en configuración, pero se relaciona con el por superposición e estruturalmente a través dos lados que coinciden cos vértices da diagonal ascendente do cadrado, xerando dous puntos quentes que se alternan como nun xogo; e remata o seu vértice en contacto con outro triángulo mais pequeno co cal non hai tensións senón harmonía xa que son formas triangulares e co mesmo eixo estrutural e formando un ritmo de tamaños e ángulos. Os dous triángulos representan tamén forza motriz, son a abstracción dun avión a reacción e o seu chorro de fume tal como o vemos no ceo. O cadrado e o aeroporto ( edificio e pista de despegue ), e o triángulo branco tamén pode ser visto como a raia central da pista (en perspectiva cónica ). É o logotipo do aeroporto de Heathrow .
  • 3. Caixa metafísica ( Oteiza ) A caixa ou cubo (definido por seis cadrados) contedor ou receptor, feminino e terra ( Gea ) , forma platónica e que nesta Caixa Metafísica Oteiza xoga co vacuo e o cheo, co aberto e o pechado, co terreal e co espiritual Pureza formal a do cubo coas súas caras cadradas, os ángulos rectos....que nos achegan ao divino e que delimitan neste caso un espacio vacuo que opera como contedor ou casa, ao cal se abren unhas ventás, que o relacionan co resto do espazo ou universo. Esas aberturas están delimitadas por liñas rectas que nin son horizontais nin verticais nin diagonais , tampouco pasan polo centro e non forman ángulos rectos ; liñas libres acéntricas e que dotan as caras e ao conxunto de dinamismo, que contrasta coa quietude do cubo. Dinamismo que tamén está presente no xeito de mirar esta obra ( punto de vista móbil). A súa vez esta ventás permiten a entrada da luz que proxecta sombras e todo un xogo de matices de gris no interior da caixa. Podemos apreciar que os ángulos desas liñas libres son moi próximos ao recto e non crean grandes acentos ou tensións , aminorada tamén porque esas liñas chegan aos límites dos planos e perden toda tensión Cal é a relación entre caras? ; podemos apreciar relacións de igualdade dimensional, coincidencia e continuidade de liñas entre caras contiguas,....: pero, como é o conxunto de todas esas liñas e de onde sae?.Unha posibilidade que ocórreseme é de que nos remiten a outra estrutura que está oculta na súa totalidade e da que so vemos unha parte . Para ver a caixa temos que movernos arredor dela ( punto de vista móbil) e así captar as relacións do interior co exterior, as relacións en cada cara e as relacións dunha cara coas contiguas Probo con estas dúas, a segunda e múltiplo da primeira; compároas con fotografías pero non hai coincidencias.
  • 4. Fago estas probas, vendo tamén o desenrolo o cubo.... e non chego a ningunha conclusión. Podería ser que non houbera estrutura superior, que sexan liñas “libres” que por unha banda farían planos ou aberturas en xeración ,a partires dun punto e que non terían nada a ver coa estrutura cadrada (nin co centro , nin coas medianas nin paralelismo ), pero si son liñas rectas e polo tanto harmonizan co cubo e sería a expresión dunha racionalidade na creación desas ventás da caixa, e que falaría dun xeito de relacionarse a traveso da razón co mundo exterior.
  • 5. LA DANZA (Matisse) Este cadro Matisse de formato rectangular horizontal e que acentúa a terrenalidade que lle quere conferir ao tratamento do tema,está composto por un plano verde redondo que pode representar o universo pero dende logo reducido eiquí a Terra e que por chegar aos límites do plano básico non mostra tensións e expándese fora dos límites. Forma pesada e na zona da terra, mentras outro plano azul representa o ceo e o infinito, ocupando a zona livián do cadro. Encerrados nos límites desa terrealidade atópanse un conxunto de figuras humanas que a pesares de ocupar todo o espazo non xeran tensións ao tocar os límites dese marco terreal. Os brazos forman un óvalo que é a proxección dunha circunferencia e por tanto debe ser vista como unha figura harmónica. Esa mesma liña repítese nos pes. Tódalas liñas do cadro son curvas e polo tanto están en harmonía, o contraste ven pola cor. Terrealidade, harmonía universal, humanidade son palabras clave para falar deste cadro As figuras humanas ,unidas en círculo, poden ser expresadas por liñas curvas ou por triángulos, e transmiten a sensacións de dinamismo e actividade. Habería que falar da cor e do ritmo, tamén, como unhas características moi importantes deste cuadro.
  • 6. TRISQUEL O deseño deste trisquel, vórtice ou torbeliño está composto polas figuras que se ven na figura , e é obvia a súa construción xeométrica. O canteiro, para que o deseño destacara no granito, tivo que recorrer a un refundido plano que xerase unhas sombras para conseguir contraste por ton. A lectura desta imaxe faise dende a periferia ao centro, guiados por dúas circunferencias concéntricas e unha serie de liñas curvas que se cortan no centro provocando un gran punto de interese que reforza a idea de centro. O círculo exterior representa o universo, o todo e a forma perfecta orixinal, e neste marco desenrolase un vórtice, un movemento circular expresado a traveso das aspas, debuxadas por unha sucesión de circunferencias en simétrica radial, en total harmonía co círculo exterior ou universo. Esta sensación de movemento é reforzada pola estrutura oblicua de diámetros que pasan polos centros das curvas das aspas. Todo isto fálanos dunha concepción cosmocéntrica dun universo en evolución, en movemento infinito, pero predicible e en harmonía O deseño pode lerse de dous xeitos ( as aspas refundidas como figura ou noutra lectura como fondo) e provocando nesa alternancia de lecturas unha forma de intranquilidade. Pero non están equilibradas as dúas xa que o refundido pode verse con unha forma pechada e o outro ( o plano superior),as tres aspas semellan expansionarse. A sensación de xiro no sentido contrario as agullas do relo non ten dúbidas para min, así o percibo. Si facemos caso a o que sinala Kandinsky no seu libro “Punto e liña sobre o plano”referido a que as curvas posúen unha tensión principal que actúa sobre o arco, a conxunción desas tensións provocaría a sensación de xiro. E.H.Gombrich, no seu libro “ O sentido do orden” fala do vórtice e preguntase de onde procede esta enerxía; suxire unha explicación acorde ao que defende no libro e remata “É dubidoso que esta reacción ante as formas xiratorias poida ser explicada en conxunto tan so en función da visión”.A sensación de xiro para min e explicable con un coñecemento do comportamento das masas en movemento, refírome ao concepto da Física da inercia ( si a estrutura de diámetros imprímeselle un xiro, estes tenderían a deformarse semellando o deseño de aspas ). Tamén a experiencia que temos do noso mundo pode levarnos a esa percepción, refírome aos debuxos dos torbeliños nos fluídos e que son motivados, algúns, pola aceleración de coriolis.
  • 7. Cadrado branco sobre un cadro cadrado: acentuación da calidade cadrado. O cadrado como forma equilibrada entre horizontais frías e pasivas e verticais quentes e activas, perpendicularidade, simetría e forma simbólica, está eiquí reforzado ao estar paralelo ao plano do cadro. A esta acentuación oponse a acentralidade da posición , que xera unha combinacións de tensións cos límites do cadro. Facendo un percorrido visual pola periferia do plano básico no sentido das agullas do reloxo vemos que a separación do cadrado cos límites vai en aumento e as tensións van diminuíndo. Esa separación está estruturada nunha serie de rectángulos nos que aparecen unha serie de acentos: plano azul, tensión da liña que non chega ao límite vertical-esquerdo ( na parte superior ), plano amarelo,plano negro e plano vermello. Como estas planos e as liñas que os delimitan tocan os límites, perden tensión e semella que a estrutura de liñas negras continúa.
  • 8. Contraste entre as formas curvilíneas, suaves e expansivas coas formas puntiagudas, agresivas e con unha direccionalidade moi potente xa que se trata de tres puntas ou conos moi agudos e rectos. Contraste entre o volume tridimensional ( o macizo e o oco ) e o punto ao que concorren as tres puntas; puro punto inmaterial onde se anulan as tensións ( as tres puntas están moi próximas e perden tensión) que parecen anunciar as tres puntas na súa evolución, e que en conxunto fan outro contraste.
  • 9. Na imaxe debúxanse as figuras básicas que compoñen a fachada deste edificio. Tomarémolo como un cadro xa que o deseño arquitectónico reforza a frontalidade e o punto de vista único. O simetría sobre un eixo vertical sentido é unha característica importante desta fachada xa que expresa o equilibrio e a igualdade de pesos a un lado e outro. O cadrado da totalidade da fachada expresa o equilibrio, o real e a vida cotiá e sua base coincide co plano horizontal da rua e tamén co cadrado da entrada ( non hai tensións entre os dous cadrados ) e reforza a unión co cotiá ,non hai elevación e polo tanto faio mais democrático. Partindo da base horizontal xorden catro columnas ou vectores verticais ascensionais que nos falan dunha actividade equilibrada e superior, e que conecta cun poder representado polo triángulo isósceles .Poder que que está dentro dese cadrado do cal falabamos antes e na parte superior, facendo referencia a unha actividade superior e que non xera tensions tampouco co cadrado porque está en contacto con el. É un palacio de xustiza?