Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

A bruxa catuxa (1)

814 vues

Publié le

Actividade - taller de infantil: taller de vasoiras coa bruxa Catuxa

Publié dans : Formation
  • Soyez le premier à commenter

  • Soyez le premier à aimer ceci

A bruxa catuxa (1)

  1. 1. A BRUXA CATUXA CONTO: A bruxa Catuxa
  2. 2. A bruxa Catuxa é unha bruxa moi especial. A esta bruxiña o que máis lle gusta é axudar. A bruxa Catuxa emprega súa vasoira para voar e visitar aos nenos que están tristes. Logo séntase a súa beira e cóntalles historias moi divertidas. Gústalle moito contar cando lle puxéronlle dúas multas: por deixar a vasoira mal aparcada, e por exceso de velocidade.
  3. 3. Tamén usa a súa vasoira para apagar o lume, para facerlles cóxegas as nubes, para que se boten a rir e reguen os hortos, para peitar as árbores, para facerlles aloumiños ao sol, para bailar, para pintar o arco da vella e ata para dar concertos tocando a vasoira coma se fose unha guitarra. Hai días nos que Catuxa, coa súa vasoira, se dedica a varrer: varre os enfados , as rabechas, os insultos, as mentiras e tira todo isto ao lixo para que ninguén o poida empregar nunca máis. Catuxa é unha bruxiña moi guapa e moi boa, que sempre está disposta a axudar a quen a poida necesitar. Un día comezou a arder o bosque, menudo incendio! As árbores choraban e os animais foron buscar a Catuxa para pedirlle axuda. Catuxa saíu voando, coa axuda das nubes e da súa vasoira logrou apagar o incendio. Ao rematar, como estaba un pouco cansa, botouse a durmir, e cando espertou non atopou a vasoira.
  4. 4. Catuxa buscou e buscou, buscou a vasoira no bosque e non atopou nada. Buscou na súa casa: no salón, no garaxe, na habitación, na cociña….pero a vasoira non aparecía. Catuxa estaba moi triste, porque sen vasoira non podía axudar aos demais, non podía voar, non podía bailar e non podía varrer. Tampouco podía ir ao concerto de bruxiñas que se ía celebrar esta fin de semana en Ourense, no barrio do Pino. Os animais do bosque querían axudar a Catuxa, por iso recolleron xestas e vimbios para facer outra vasoira e foron levarllos a súa casa. Pero ninguén sabía como facer vasoiras. O señor coello intentouno e só deu feito unha cama, o paxaro tamén quixo intentalo e fixo unha casa, e por máis que se esforzou o rato acabou facendo unha estrada. Catuxa, o día que explicaran na escola como se facían as vasoiras, non puidera ir ao cole porque tiña gripe.
  5. 5. Pensou en preguntarlle a súa nai, a súa avoíña, ou a profe de manualidades, pero deuse conta de que se ían enfadar moito cando descubriran que perdera a vasoira. Íanlle dicir que era unha irresponsable, e a Catuxa esta palabra non lle gustaba nada, nadiña. Catuxa estivo pensando durante moitos días que podía facer, e de súpeto acordouse da mascota do noso horto. Acordouse de “Traste” porque ela contáralle que os nenos da nosa escola sabían coidar do horto e sabían axudar cando alguén tiña un problema Catuxa chamou a Traste e a nosa mascota díxolle: -Non te preocupes seguro que os nenos das profes Conchi, María Xosé e Pilar saben facer vasoiras. Catuxa púxose moi contenta porque contaba coa nosa axuda. Asique ímoslle facer unha vasoira nova para que poida voar, axudar, bailar , varrer e ir ao concerto de bruxiñas esta fin de semana.
  6. 6. CANCIÓN: A vasoira da bruxa TALLER :FACENDO UNHA VASOIRA PARA CATUXA

×