2. DECENIO DAS NACIÓNS UNIDAS DA EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE (2005-2014) OBXECTIVO: Integrar os valores inherentes ao desenvolvemento sostible en todos os aspectos da aprendizaxe, para promover cambios no comportamento que nos leven a unha sociedade máis sostible e xusta. DEFINICIÓN: A educación para o Desenvolvemento Sostible (EDS) é un proceso de aprendizaxe baseado nas ideas e principios subxacentes ásostenibilidade, que abarca unha ampla variedade de experiencias e programas. A EDS apoia fundamentalmente cinco clases de aprendizaxe para facilitar unha educación de calidade e fomentar o desenvolvemento humano sostible: aprender a coñecer, aprender a ser, aprender a convivir, aprender a facer e aprender a transformarse un mesmo e á sociedade.
3. EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE TEMAS: Reducción da pobreza Modos de vida sostible Cambio Climático Equidade de xénero Responsabilidade social corporativa Protección das Culturas indíxenas Empoderamiento das persoas de todas as idades para asumir as súas responsabilidades para crear e disfrutar dun futuro sostible.
4. EDUCACIÓN PARA A SOSTENIBILIDADE As pautas de producción e consumo imperantes nas sociedades industrializadas no poden manterse sen deteriorar gravemente os recursos do planeta. Consecuentemente, ese modelo insostible non é xeneralizable ao conxunto dos países da Terra. Desde 1987, a Comisión Mundial do Medio ambiente e o Desenvolvemento identifica o desenvolvemento sostible como “o desenvolvemento que satisface as necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras de satisfacer as súas propias necesidades”.
5. CARACTERÍSTICAS DA EDUCACIÓN PARA A SOSTENIBILIDADE Está baseada en valores acordes co desenvolvemento sostible Desenvolve o pensamento crítico, enfronta dilemas e capacita na búsqueda de solucións. Está orientada á acción e debe promover compromisos. Asume a participación na toma de decisións. Adopta un enfoque interdisciplinar e “holístico”. Utiliza múltiples cauces e recursos didácticos. É significativa para quen aprende e a comunidade. Considera tanto a escala local como a global.