2. Definición dos estereotipos
O estereotipo somático masculino na
publicidade de estética
A Publicidade
A Perspectiva do xénero
3. É unha imaxe trillada, con poucos detalles acerca
dun grupo de xente que comparte certas
calidades, características e habilidades. Polo xeral
xa foi aceptada pola maioría como patrón ou
modelo de calidades ou de conduta.
4. Usase moito para identificar e nombrar a aquelas
persoas ou cousas que normalmente se agrupan e
comparten, xa sexa calidades ou características
físicas.
5. O camiño destas xeneralizacións, as veces,
desemboca en casos de encasillamento das
persoas antes de coñecelas e aí entran en xogo os
prexuicios, que poden avanzar e agravarse,
acabando en situacións de discriminación.
6. A preocupación polo aspecto físico, a autoimaxe e
a sobrevaloración do corpo afecta igualmente a
homes e mulleres. Nos varóns, o estereotipo
culturalmente establecido e transmitido polos
medios de comunicación de masas, exerce unha
maior presión social cara ao exercicio físico que
propicie unha imaxe de forza e potencia.
7. Mentras que as modelos femininas reflexarían
máis una actividade física dirixida á consecución
dunha imaxe corporal delgada e definida .
8. Na percepción social do fermoso, a beleza está
íntimamente asociada á sensualidade
―sensualidade dos corpos e dos obxectos―, e
cando a beleza se fai discurso, a súa finalidade
manifesta é precisamente a seducción pola vía da
sensualidade.
9. A publicidade crea imaxe, vende imaxe. Referirse
á publicidade e as representacións e símbolos
culturais, que están detrás dela, invítanos a
adentrarnos nun continente de procedementos,
técnicas, manexo da imaxe, de ideas e estereotipos
que se articulan co único obxectivo de persuadir
e/ou estimular as persoas os desexos de adquirir
un produto.
10. Se estamos inmersos dentro dun contexto dunha
economía globalizada, cun mercado fragmentado,
unha economía dominada pola oferta, e clientes
cada vez máis exixentes; a publicidade
convértese, entón, no vehículo de comunicación
máis importante.
11. O noso interese radica nos tipos de imaxes que
elaboran, crean e recrean as mensaxes
publicitarias; os estereotipos a partir dos cales se
deseñan os spots publicitarios.
12. Defínese como unha técnica produtora de
información cuxa finalidade non é o dato senón a
representación. En outras palabras, técnica
reprodutora de datos, de coñecementos en forma
de imaxes articuladas para entender -interpretar,
discernir-unha marca.
13. Apunta hacia un obxectivo bastante claro:
atribuír calidades cognoscibles a elementos
materiais. O obxectivo publicitario non é a
expresión misma, senon o consumo dunha marca.
14. Respecto do concepto do xénero, o concebimos
como un constructo socio cultural, que se erixe a
partir das diferencias biolóxicas das persoas, e
que cruza todas as nosas relación sociais e
persoais.
15. Ao falar de masculinidade, hai que ter claro que
non existe un só tipo senon hai distintas
masculinidades, como veremos máis adiante no
análise dos spots publicitarios, incluso será
distinto dentro dunha mesma cultura, ata dentro
dunha mesma persoa e de acordo ao ciclo da vida
na que se atopa.
16. Son os estereotipos, o que conta para as axencias
publicitarias. Piñuel dirá con claridade a imaxe do
consumidor é un modelo que representa un tipo
ideal de personaxe co que identificarse, e
recoñecerse a sí mesmo ante os demais; é por
conseguinte, un estereotipo que funciona como
símbolo de afiliación.