Perigos e inconvenientes do uso das redes sociais en idades de risco de 12 a 16 anos. Presentación realizada a nenos de 6º curso de Primaria do CEIP Caixanova de Vigo.
1. Quen son os meus verdadeiros amigos?
Andrés Rozados
Comunicador e xestor de redes sociais
andresrozados@yahoo.es
2. Que é unha rede social?
A pesar do boom das redes sociais, dende o comezo da
existencia dos primeiros seres humanos, estes xa tiñan unha
estrutura de relacións que os unía os uns aos outros.
Estas relacións pódense manter tanto de xeito provocado(na
nosa clase), como de xeito casual (o profesor que vos vén a dar a
charla hoxe)
3. Desta maneira, podemos ter unha rede social tan grande como
queiramos, achegándonos aos nosos familiares, aos nosos
amigos e compañeiros de clase, aos nosos mestres…
4. Que coñecemos por rede social?
Unha rede social coñécese como un espazo de internet no que
un grupo de persoas están conectadas entre sí POR VONTADE
PROPIA para compartir ideas e opinións a través de
publicacións.
Desta maneira, poden saber como se atopan, onde están, que
gustos teñen e que cousas adoitan facer a determinadas horas
do día, compartindo tamén fotografías, enlaces doutras páxinas
de internet, vídeos e noticias que lles poidan resultar
interesantes.
6. En que redes sociais podo
conectarme con outras persoas?
Existen centos de redes sociais de todo tipo:
De contactos
De antigos alumnos: Classmates (1994)
Profesionais
Temáticas (sobre videoxogos, cinema, televisión…)
De marcas comerciais (Movistar creou hai tres anos unha
rede social)
Xuvenís e para mozos
8. Que é Facebook?
Facebook é unha rede social creada xa en 2004 que colle o nome
dos anuarios que fan os estudantes de bacharelato e
universidade ao final do curso
CARA + LIBRO = Libro de caras
9. Máis de 13 millóns de usuarios en España.
Máis de 500 millóns de usuarios en todo o mundo.
Se Facebook fóra un país, sería o terceiro máis grande do mundo,
despois de China e India e por diante dos Estados Unidos
COMPARATIVA: CHINA- INDIA- FACEBOOK- EEUU
10. Que é Tuenti?
Tuenti é unha rede social xuvenil española creada hai máis
cinco anos, na que os usuarios adoitan ter entre 14 e 18 anos.
Conta con máis de 8 millóns de usuarios en España.
11. Que podo facer nas redes
sociais?
Podo compartir…
Información sobre min
Fotografías e vídeos
Noticias e enlaces doutras páxinas
Gustos, aficións e hábitos
Amizade con diferentes persoas
Podo conectarme….
Con calquera usuario que estea rexistrada en Facebook
Podo conversar….
A través do chat de mensaxería instantánea cos amigos que teño
aceptados
12. Quen é a REDE SOCIAL?
Aínda que unha rede social estea dispoñible na rede para o uso
de calquera navegante, é unha ferramenta que está controlada
por un grupo de persoas que manexan todos os datos que os
usuarios comparten en Internet.
A información pode ser vista por moitas outras persoas que
estean conectadas senón somos precavidos e empregamos ben
os mecanismos de privacidade.
Toda información, fotografía e vídeo que subamos a Facebook,
poden facer uso, os creadores da rede social.
13. Por que teño que ter
coidado?
Teño que saber quen son os meus amigos e con quen quero
compartir as miñas cousas.
Non todos os usuarios de Facebook son persoas reais: moitas
veces utilizan identidades falsas para obter información e
comercializar con ela.
En España, hai máis de 13 millóns de perfiles creados na rede
social Facebook, dos cales, unha importante porcentaxe,
pertence a empresas e usuarios descoñecidos e non recoñecidos.
14. A información que colocamos na rede, aínda que a poñamos
como privada, está almacenada e os creadores da rede poden
facer uso dela.
As redes sociais viven da publicidade: en calquera momento
podemos recibir anuncios publicitarios mentres estamos
conectados a Internet.
Ademais, as redes sociais fanse de ouro cos datos cos que lles
facilitan as persoas rexistradas, xa que, moitas empresas
interésalles saber cal é a nosa idade, a nosa localidade, os nosos
gustos e aficións, para despois facer unha mellor publicidade.
15. Non todos os usuarios da rede social teñen unha identidade real
-> Hai moitos perfís que son falsos.
A maioría destes usuarios buscan invadir a privacidade e
intimidade das persoas, sendo molestos ata que non acadan a
información que desexan.
Todos estamos expostos a que comenten sobre nós: tanto de
xeito negativo coma de xeito positivo.
O feito de DESACTIVAR unha conta nunha rede social, non
significa que esa conta xa NON EXISTA. (exemplo a
continuación coa miña conta)
18. “Suplantan en Facebook la identidad de un conocido DJ de Vigo
y estafan a varias personas”
19.
20. Cantos de vós tedes
teléfono móbil?
7 de cada 10 rapaces entre 11 e
13 anos teñen un teléfono
móbil en propiedade en
España.
21. Cantos de vós tedes
conta en Messenger?
9 de cada 10 rapaces entre 11 e
13 anos teñen un perfil ou
conta creado en Yahoo/MSN
Messenger.
22. Cantos de vós tedes
conta nalgunha outra rede
social?
6 de cada 10 rapaces entre 11 e
13 anos teñen un perfil ou
conta creado en redes sociais
como Facebook ou Tuenti.
23. A cantos de vós contactouvos polas
redes sociais algún descoñecido/a ou
coñeces a alguien que o contactaran?
3 de 4 nenos dos países da
Unión Europea foron
contactados nalgunha
ocasión por algún estrano/a.
24. Cantos de vós respostástedes a
esa persoa estrana ou sabedes
que alguén lles respostou?
4 de 10 rapaces contactados
por algún estrano/a,
responderon as preguntas
25. Que podo facer para ter
control sobre a rede social?
Le as condicións de uso e a política de privacidade
Non compartas o teu contrasinal.
Configura adecuadamente o teu nivel de privacidade
Non ofrezas datos da túa ubicación física
Engade só a amigos que coñezas previamente
Publica contidos que sexan da túa propiedade
Antes de publicar fotos, obtén permiso de quen aparezan
nelas
Usa as ferramentas Tuenti e Facebook de reporte para
denunciar.
26. Algúns conselliños
Poñer un contrasinal longa
Cambiala a miúdo
Non poñer fotos comprometidas
Configurar correctamente os niveis de privacidade
Non comentar o que non comentarías en público
Non aceptar a quen non coñezas
27. Non importa a cantidade, senón a calidade.
Debémonos preguntar:
Quen son os meus verdadeiros amigos?
Con quen quero falar e compartir as miñas cousas?
Quen quero que saiba que estou aí por se pasa algo?
Quen quero que vexa as miñas fotos e vídeos?
28. Se tedes calquera pregunta, podédesme contactar en:
http://andresrozados.wordpress.com
andresrozados@yahoo.es