SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  14
Télécharger pour lire hors ligne
Margaret
Burbidge
(1919-2020)
Eleanor Margaret Peachey naceu
en Stockport, unha vila próxima a
Manchester, o 12 de agosto de 1919.
Aos catro anos, antes de comezar a
escola, descubriu a beleza das
estrelas nunha viaxe en barco de
Inglaterra a Francia: “foi o primeiro
paso cara a un amor duradeiro
pola astronomía”.
A súa curiosidade alimentouse cos
libros que lle deixaban os pais
sobre todas as ciencias naturais e a
boa disposición destes para
explicarlle á filla as marabillas da
natureza, as flores, as plantas e as
árbores.
Imaxe: Godfrey Argent Studio / Royal Society
Cando tiña 12 ou 13 anos o seu avó
achegoulle os libros de divulgación da
astronomía de Sir James Jeans, un dos
fundadores da cosmoloxía británica. Foi
unha revelación que asociaba ademais a
súa paixón polas estrelas coa fascinación
polos grandes números.
Estuda no University College de Londres.
Inclinada inicialmente cara á Química ou
as Matemáticas, descobre que a
universidade ofrece un curso de
astronomía e apúntase a el. Cando se
gradúa Europa está inmersa na II Guerra
Mundial e durante uns anos tócalle
sumarse á causa nacional participando
no mantemento de equipos, mais tiña
acceso a un telescopio de 24 polgadas co
cal puido iniciar os traballos do seu
doutoramento.
Sir James Jeans (1877-1946)
Imaxe: Wikipedia [Dominio público]
Ao final da guerra en Europa postúlase
para unha praza no observatorio de
Monte Wilson, en California. Foi
rexeitada porque nesa altura o posto
estaba exclusivamente reservado para
homes. Malia a inxusta discriminación,
non se desanima. En 1947 coñece nun
curso a Geoffrey Burbidge, que será o
seu marido e colaborador. Casan o 2 de
abril de 1948.
A parella ingresa na IAU e empeza a
traballar no campo dos espectros das
estrelas. Pasan unhas semanas no
observatorio da Alta Provenza en
Francia e logo encontran destino no
Instituto de Astrofísica de París.
Geoffrey Burbidge (1925-2010)
Imaxe: NOIRLab/NSF/AURA
É un tempo de precariedade para Geoffrey
e Margaret, mais tamén é cando se fan
amigos de Fred Hoyle, con quen acabarán
publicando un artigo lendario.
Unha bolsa permítelle á familia Burbidge
establecerse nos Estados Unidos. Agora si,
Margaret consegue ter acceso a un
telescopio. Arredor de 1953 interésanse en
serio por un asunto que naquel tempo
estaba pendente de resolver: de onde
veñen os elementos químicos que existen
no universo. De onde vén o ferro do
sangue, o calcio dos ósos ou o oxíxeno que
respiramos; onde, cando e en que
cantidades se forman. Ese será o traballo
que xustifica a súa importancia na historia
da ciencia.
Fred Hoyle (1915-2001)
Imaxe: Cardiff University
En outubro de 1957 publican un
mítico artigo con Fred Hoyle e
William Fowler, “Synthesis of the
Elements in Stars” (Síntese dos
elementos nas estrelas), que
habitualmente se cita como B2
FH,
polas iniciais dos apelidos das catro
persoas asinantes. O artigo comeza
con dúas citas de Shakespeare:
“Son as estrelas, as estrelas
enriba de nós, que nos
gobernan” (O Rei Lear)
mais quizais
“A culpa, Bruto, non está nas
estrelas, senón en nós
mesmos” (Xulio César).
Margaret Burbidge, Geoffrey Burbidge, William Fowler e Fred Hoyle arredor de 1971. Imaxe: Donald Clayton.
O artigo foi un paso decisivo para a
aceptación da nucleosíntese estelar, a
formación dos elementos químicos en
procesos estelares. Os elementos químicos
distintos do hidróxeno e o helio fórmanse a
partir dos máis lixeiros en fusións nucleares
dentro das estrelas nas fases avanzadas dos
seus ciclos de vida. Cando as estrelas
“morren”, ben sexa estoupando como
supernovas (as menos) ou de forma máis
discreta (a inmensa maioría), dispersan ese
novo material que produciron, que á súa vez
se recombina para formar novas estrelas e
os obxectos que as orbitan, caso dos
planetas. Todo o material que nos rodea está
composto por átomos fabricados en
procesos cósmicos.
Geoffrey e Margaret Burbidge
Imaxe: W. W. Girdner | Caltech Archives
Imaxe: Marta Cortacans para Agrupación Astronómica Coruñesa Ío,
a partir das ilustracións de molasaber.org (Carlos Pazos).
Imaxe: Marta Cortacans para
Agrupación Astronómica Coruñesa
Ío, a partir das ilustracións de
molasaber.org (Carlos Pazos).
Nucleosíntese dos elementos
químicos
Imaxe: tradución ao galego da orixinal creada por Cmglee para
Wikipedia, elaborada a partir de datos de Jennifer Johnson da
Universidade de Ohio.
En 1971 Margaret Burbidge acepta a
dirección do Observatorio Real de
Greenwich. Durante o seu mandato
tomou unha decisión polémica, que
resultou ser moi acertada e trouxo
fabulosas repercusións científicas para
España: a busca dun novo emprazamento
para o telescopio Isaac Newton de 100
polgadas. Lonxe de Inglaterra, nalgún
lugar con mellores condicións de
observación. Acabaron elixindo La Palma,
nas Canarias, e isto supuxo o verdadeiro
lanzamento internacional da illa como
unha das capitais mundiais da
astronomía.
Para Margaret e etapa en Greenwich foi
un ano e medio de infelicidades e acabou
por presentar a súa dimisión.
Telescopio Isaac Newton en La Palma
Imaxe: IAC
“Un principio de actuación activouse na miña vida: se o teu esforzo choca contra
un muro de pedra ou calquera tipo de bloqueo, tes que atopar un camiño: outro
camiño cara ao obxectivo. Este é o consello que lle dei a moitas mulleres que se
enfrontan a situacións semellantes. Eu dígolles: “inténtao, funciona”.
Imaxe:
University of
Chicago
Photographic
Archive
En 1971 obtivo o premio Annie Jump
Cannon e rexeitouno por ser un premio
dedicado a mulleres astrónomas:
considerábao de facto unha
discriminación. Era a súa maneira de
protestar contra o feito de que as mulleres
quedaran historicamente á marxe dos
máis grandes premios científicos e debían
conformarse con premios “para elas”.
Margaret Burbidge morreu aos cen anos
de idade o 5 de abril de 2020 en San
Francisco (EE UU).
Imaxe: Center for Astrophysics and Space Sciences,
UC San Diego

Contenu connexe

Tendances (17)

Astrónomos boa
Astrónomos boaAstrónomos boa
Astrónomos boa
 
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
"Historia do tempo" de Stephen Hawking por Andrea Fernández Novoa
 
Os movementos da Terra
Os movementos da TerraOs movementos da Terra
Os movementos da Terra
 
Cinto de asteroides daniel romano gude
Cinto de asteroides daniel romano gudeCinto de asteroides daniel romano gude
Cinto de asteroides daniel romano gude
 
Preguntas cmc
Preguntas cmcPreguntas cmc
Preguntas cmc
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
Astronomos.
Astronomos.Astronomos.
Astronomos.
 
Preguntas cmc 1 c
Preguntas cmc 1 cPreguntas cmc 1 c
Preguntas cmc 1 c
 
Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.
 
Jocelyn bell
Jocelyn bellJocelyn bell
Jocelyn bell
 
Comprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei KeplerComprobación 2ª lei Kepler
Comprobación 2ª lei Kepler
 
Trabajo cmc
Trabajo cmcTrabajo cmc
Trabajo cmc
 
Galaxias
GalaxiasGalaxias
Galaxias
 
Tema 5. apuntamentos o universo. i
Tema 5. apuntamentos o universo. iTema 5. apuntamentos o universo. i
Tema 5. apuntamentos o universo. i
 
Orixe do universo 2013 2014
Orixe do universo 2013 2014Orixe do universo 2013 2014
Orixe do universo 2013 2014
 
Cómo a logrado el hombre
Cómo a logrado el hombreCómo a logrado el hombre
Cómo a logrado el hombre
 
Premio fonseca
Premio fonsecaPremio fonseca
Premio fonseca
 

Similaire à Margaret Burbidge (20)

Grandes científicas
Grandes científicasGrandes científicas
Grandes científicas
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OS
 
Irene Juliet Curie
Irene Juliet CurieIrene Juliet Curie
Irene Juliet Curie
 
Máis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomasMáis mulleres astrónomas
Máis mulleres astrónomas
 
Grandes astrónomos
Grandes astrónomosGrandes astrónomos
Grandes astrónomos
 
Presentación2 (2)
Presentación2 (2)Presentación2 (2)
Presentación2 (2)
 
Premio Fonseca
Premio FonsecaPremio Fonseca
Premio Fonseca
 
Williamina Fleming
Williamina FlemingWilliamina Fleming
Williamina Fleming
 
La clave secreta del universo
La clave secreta del universoLa clave secreta del universo
La clave secreta del universo
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelas
 
Marie Curie
Marie CurieMarie Curie
Marie Curie
 
Grandes astronomos
Grandes astronomosGrandes astronomos
Grandes astronomos
 
Amalur
AmalurAmalur
Amalur
 
Cmc científicos século xx (resumo).docx
Cmc científicos século xx (resumo).docxCmc científicos século xx (resumo).docx
Cmc científicos século xx (resumo).docx
 
Grandes Científicos Touro_2015
Grandes Científicos Touro_2015Grandes Científicos Touro_2015
Grandes Científicos Touro_2015
 
Grandes Científicos Touro_2015
Grandes Científicos Touro_2015Grandes Científicos Touro_2015
Grandes Científicos Touro_2015
 
Marie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena Torrano
Marie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena TorranoMarie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena Torrano
Marie Curie por Lucía Bayón, María Pena e Lorena Torrano
 
22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas22 mulleres matemáticas
22 mulleres matemáticas
 
Stephen Hawking
Stephen HawkingStephen Hawking
Stephen Hawking
 
Astrónomos
AstrónomosAstrónomos
Astrónomos
 

Plus de anoiteenecesaria

CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solarCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solaranoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA EstrelasCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelasanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na CoruñaCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruñaanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoanoiteenecesaria
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoanoiteenecesaria
 
As mulleres na carreira ao espazo
As mulleres na carreira ao espazoAs mulleres na carreira ao espazo
As mulleres na carreira ao espazoanoiteenecesaria
 
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións anoiteenecesaria
 
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solaranoiteenecesaria
 
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxicoanoiteenecesaria
 
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámicoanoiteenecesaria
 
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a díaanoiteenecesaria
 
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidadeanoiteenecesaria
 
Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)anoiteenecesaria
 

Plus de anoiteenecesaria (20)

CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solarCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA O sistema solar
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA EstrelasCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Estrelas
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na CoruñaCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Eclipses na Coruña
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noiteCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Salvemos a noite
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelaciónsCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA Nomes galegos constelacións
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Recoñecermos o ceo
 
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universoCURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
CURSO DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: O noso lugar no universo
 
As mulleres na carreira ao espazo
As mulleres na carreira ao espazoAs mulleres na carreira ao espazo
As mulleres na carreira ao espazo
 
Annie Jump Cannon
Annie Jump CannonAnnie Jump Cannon
Annie Jump Cannon
 
Os límites da visión
Os límites da visiónOs límites da visión
Os límites da visión
 
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
Proposta de nomes en galego para as 88 constelacións
 
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
7. Todas as persoas vivimos nun pequeno planeta no sistema solar
 
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
5. A astronomía benefíciase de e estimula o desenvolvemento tecnolóxico
 
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
 
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día2. Os fenómenos astronómicos podemos  experimentalos no noso día a día
2. Os fenómenos astronómicos podemos experimentalos no noso día a día
 
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
1. A astronomía é unha das ciencias máis antigas da humanidade
 
Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)Einstein e a(s) relatividade(s)
Einstein e a(s) relatividade(s)
 
Isaac Newton
Isaac NewtonIsaac Newton
Isaac Newton
 
Galileo Galilei
Galileo GalileiGalileo Galilei
Galileo Galilei
 
As leis de Kepler
As leis de KeplerAs leis de Kepler
As leis de Kepler
 

Margaret Burbidge

  • 2. Eleanor Margaret Peachey naceu en Stockport, unha vila próxima a Manchester, o 12 de agosto de 1919. Aos catro anos, antes de comezar a escola, descubriu a beleza das estrelas nunha viaxe en barco de Inglaterra a Francia: “foi o primeiro paso cara a un amor duradeiro pola astronomía”. A súa curiosidade alimentouse cos libros que lle deixaban os pais sobre todas as ciencias naturais e a boa disposición destes para explicarlle á filla as marabillas da natureza, as flores, as plantas e as árbores. Imaxe: Godfrey Argent Studio / Royal Society
  • 3. Cando tiña 12 ou 13 anos o seu avó achegoulle os libros de divulgación da astronomía de Sir James Jeans, un dos fundadores da cosmoloxía británica. Foi unha revelación que asociaba ademais a súa paixón polas estrelas coa fascinación polos grandes números. Estuda no University College de Londres. Inclinada inicialmente cara á Química ou as Matemáticas, descobre que a universidade ofrece un curso de astronomía e apúntase a el. Cando se gradúa Europa está inmersa na II Guerra Mundial e durante uns anos tócalle sumarse á causa nacional participando no mantemento de equipos, mais tiña acceso a un telescopio de 24 polgadas co cal puido iniciar os traballos do seu doutoramento. Sir James Jeans (1877-1946) Imaxe: Wikipedia [Dominio público]
  • 4. Ao final da guerra en Europa postúlase para unha praza no observatorio de Monte Wilson, en California. Foi rexeitada porque nesa altura o posto estaba exclusivamente reservado para homes. Malia a inxusta discriminación, non se desanima. En 1947 coñece nun curso a Geoffrey Burbidge, que será o seu marido e colaborador. Casan o 2 de abril de 1948. A parella ingresa na IAU e empeza a traballar no campo dos espectros das estrelas. Pasan unhas semanas no observatorio da Alta Provenza en Francia e logo encontran destino no Instituto de Astrofísica de París. Geoffrey Burbidge (1925-2010) Imaxe: NOIRLab/NSF/AURA
  • 5. É un tempo de precariedade para Geoffrey e Margaret, mais tamén é cando se fan amigos de Fred Hoyle, con quen acabarán publicando un artigo lendario. Unha bolsa permítelle á familia Burbidge establecerse nos Estados Unidos. Agora si, Margaret consegue ter acceso a un telescopio. Arredor de 1953 interésanse en serio por un asunto que naquel tempo estaba pendente de resolver: de onde veñen os elementos químicos que existen no universo. De onde vén o ferro do sangue, o calcio dos ósos ou o oxíxeno que respiramos; onde, cando e en que cantidades se forman. Ese será o traballo que xustifica a súa importancia na historia da ciencia. Fred Hoyle (1915-2001) Imaxe: Cardiff University
  • 6. En outubro de 1957 publican un mítico artigo con Fred Hoyle e William Fowler, “Synthesis of the Elements in Stars” (Síntese dos elementos nas estrelas), que habitualmente se cita como B2 FH, polas iniciais dos apelidos das catro persoas asinantes. O artigo comeza con dúas citas de Shakespeare: “Son as estrelas, as estrelas enriba de nós, que nos gobernan” (O Rei Lear) mais quizais “A culpa, Bruto, non está nas estrelas, senón en nós mesmos” (Xulio César).
  • 7. Margaret Burbidge, Geoffrey Burbidge, William Fowler e Fred Hoyle arredor de 1971. Imaxe: Donald Clayton.
  • 8. O artigo foi un paso decisivo para a aceptación da nucleosíntese estelar, a formación dos elementos químicos en procesos estelares. Os elementos químicos distintos do hidróxeno e o helio fórmanse a partir dos máis lixeiros en fusións nucleares dentro das estrelas nas fases avanzadas dos seus ciclos de vida. Cando as estrelas “morren”, ben sexa estoupando como supernovas (as menos) ou de forma máis discreta (a inmensa maioría), dispersan ese novo material que produciron, que á súa vez se recombina para formar novas estrelas e os obxectos que as orbitan, caso dos planetas. Todo o material que nos rodea está composto por átomos fabricados en procesos cósmicos. Geoffrey e Margaret Burbidge Imaxe: W. W. Girdner | Caltech Archives
  • 9. Imaxe: Marta Cortacans para Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, a partir das ilustracións de molasaber.org (Carlos Pazos).
  • 10. Imaxe: Marta Cortacans para Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, a partir das ilustracións de molasaber.org (Carlos Pazos).
  • 11. Nucleosíntese dos elementos químicos Imaxe: tradución ao galego da orixinal creada por Cmglee para Wikipedia, elaborada a partir de datos de Jennifer Johnson da Universidade de Ohio.
  • 12. En 1971 Margaret Burbidge acepta a dirección do Observatorio Real de Greenwich. Durante o seu mandato tomou unha decisión polémica, que resultou ser moi acertada e trouxo fabulosas repercusións científicas para España: a busca dun novo emprazamento para o telescopio Isaac Newton de 100 polgadas. Lonxe de Inglaterra, nalgún lugar con mellores condicións de observación. Acabaron elixindo La Palma, nas Canarias, e isto supuxo o verdadeiro lanzamento internacional da illa como unha das capitais mundiais da astronomía. Para Margaret e etapa en Greenwich foi un ano e medio de infelicidades e acabou por presentar a súa dimisión. Telescopio Isaac Newton en La Palma Imaxe: IAC
  • 13. “Un principio de actuación activouse na miña vida: se o teu esforzo choca contra un muro de pedra ou calquera tipo de bloqueo, tes que atopar un camiño: outro camiño cara ao obxectivo. Este é o consello que lle dei a moitas mulleres que se enfrontan a situacións semellantes. Eu dígolles: “inténtao, funciona”. Imaxe: University of Chicago Photographic Archive
  • 14. En 1971 obtivo o premio Annie Jump Cannon e rexeitouno por ser un premio dedicado a mulleres astrónomas: considerábao de facto unha discriminación. Era a súa maneira de protestar contra o feito de que as mulleres quedaran historicamente á marxe dos máis grandes premios científicos e debían conformarse con premios “para elas”. Margaret Burbidge morreu aos cen anos de idade o 5 de abril de 2020 en San Francisco (EE UU). Imaxe: Center for Astrophysics and Space Sciences, UC San Diego